limpando auga

9
EXPERIMENTO REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 3º A CURSO 2011/12 Proxecto auga

Upload: maria-pintos

Post on 19-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Experimento escolar

TRANSCRIPT

EXPERIMENTO

REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 3º A

CURSO 2011/12

Proxecto auga

Material necesario Auga

Un cacharro grande de plástico

Un pouco de terra

Un vaso de cristal

Unha pedra pequena

Unha bolsa de plástico

Unha pinza para cerrar a bolsa

Comezamos

No recipiente de plástico vertemos un litro de auga. Despois incorporamos a terra e remexemos para mesturalo todo moi ben.

Colocamos o vaso Cando este mesturado

colocamos o vaso de cristal no centro do recipiente.

Colocamos este conxunto dentro dunha bolsa de plástico que cerramos ben coa axuda dunha pinza.

Que quente ben o sol Logo colocamos a

pedriña sobre a bolsa de maneira que quede situada xusto enriba do vaso pero sen tocalo.

Agora colocámolo nun lugar ben soleado, onde o deixaremos o tempo suficiente para que a auga empece a evaporarse.

Abrimos e miramos Este “limpador de auga”

queda todo un día ao calor do sol.

Ao día seguinte, retiramos a bolsa de plástico e observamos o que acontece:

A auga que está no interior do vaso está COMPLETAMENTE LIMPA, sen rastro de suciedade.

Que limpa está! Grazas ao calor dos raios

do sol a auga evapórase e logo condénsase formando gotiñas de auga no interior da bolsa de plástico.

Estas gotas van escorrendo polo plástico grazas a inclinación que provoca o peso da pedriña e acaban caendo no interior do vaso de cristal pola acción da gravidade.

Conclusión Mediante a evaporación a auga libérase dos axentes

contaminantes e volve a ser auga limpa

Nas salinas utilizase a evaporación para separar o sal da auga do mar.

A natureza limpa a auga A natureza ten o seu

propio sistema de limpeza da auga: O CICLO DA AUGA.

Este comeza coa evaporación da auga dos mares, ríos e lagos que forma as nubes.

Cando se enfrían, deixan caer as precipitacións: chuvia, neve ou sarabia, que é auga totalmente purificada.