Download - Limpando auga
Material necesario Auga
Un cacharro grande de plástico
Un pouco de terra
Un vaso de cristal
Unha pedra pequena
Unha bolsa de plástico
Unha pinza para cerrar a bolsa
Comezamos
No recipiente de plástico vertemos un litro de auga. Despois incorporamos a terra e remexemos para mesturalo todo moi ben.
Colocamos o vaso Cando este mesturado
colocamos o vaso de cristal no centro do recipiente.
Colocamos este conxunto dentro dunha bolsa de plástico que cerramos ben coa axuda dunha pinza.
Que quente ben o sol Logo colocamos a
pedriña sobre a bolsa de maneira que quede situada xusto enriba do vaso pero sen tocalo.
Agora colocámolo nun lugar ben soleado, onde o deixaremos o tempo suficiente para que a auga empece a evaporarse.
Abrimos e miramos Este “limpador de auga”
queda todo un día ao calor do sol.
Ao día seguinte, retiramos a bolsa de plástico e observamos o que acontece:
A auga que está no interior do vaso está COMPLETAMENTE LIMPA, sen rastro de suciedade.
Que limpa está! Grazas ao calor dos raios
do sol a auga evapórase e logo condénsase formando gotiñas de auga no interior da bolsa de plástico.
Estas gotas van escorrendo polo plástico grazas a inclinación que provoca o peso da pedriña e acaban caendo no interior do vaso de cristal pola acción da gravidade.
Conclusión Mediante a evaporación a auga libérase dos axentes
contaminantes e volve a ser auga limpa
Nas salinas utilizase a evaporación para separar o sal da auga do mar.