libros para namorar e namorarse

6
Recomendacións de lecturas de temática amorosa que podes atopar na Biblioteca do I.E.S Leiras Pulpeiro Veinte poemas de amor y una canción desesperada de Pablo Neruda Este libro de poemas, que se converteu nunha obra clásica, conserva o encanto e a maxia do sentido e o imaxinado: expresión do amor no seus variados matices. Como agua para chocolate de Laura Esquivel Tita e Pedro ámanse. Pero ela está condenada a permanecer solteira. Toda a obra é a expresión da comunicación amorosa a través de sutís e orixinalísimos medios. Descobre cales son. El anillo de Irina de Care Santos Irina, unha moza de ascendencia rusa, namora ao protagonista Alejandro e ao seu pai, un violinista de éxito. A través da moza coñecen a historia de Rusia e a súa riquísima literatura, que axudarán a crecer ao protagonista. Hijos de un amor imposible de Joan Pla A historia de amor de María e Sergio amosa a forza imborrable do primeiro amor e a súa loita contra as convencións sociais, ao xeito dun Tristán e Isolda ou Romeo e Julieta modernos.

Upload: biblioleiras

Post on 07-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Boletín de lecturas recomendadas. Febreiro 2009.

TRANSCRIPT

Recomendacións de lecturas de temática amorosa que podes atopar na Biblioteca do I.E.S Leiras Pulpeiro

Veinte poemas de amor y una canción desesperada de Pablo Neruda

Este libro de poemas, que se converteu nunha obra clásica, conserva o encanto e a maxia do sentido e o imaxinado: expresión do amor no seus variados matices.

Como agua para chocolate de Laura Esquivel

Tita e Pedro ámanse. Pero ela está condenada a permanecer solteira.

Toda a obra é a expresión da comunicación amorosa a través de sutís e orixinalísimos medios. Descobre cales son.

El anillo de Irina de Care Santos

Irina, unha moza de ascendencia rusa, namora ao protagonista Alejandro e ao seu pai, un violinista de éxito.

A través da moza coñecen a historia de Rusia e a súa riquísima literatura, que axudarán a crecer ao protagonista.

Hijos de un amor imposible de Joan Pla

A historia de amor de María e Sergio amosa a forza imborrable do primeiro amor e a súa loita contra as convencións sociais, ao xeito dun Tristán e Isolda ou Romeo e Julieta modernos.

La chica del andén de enfrente de Jorge Gómez Soto

Novela realista sobre o amor, a amizade, as noites de copas e o descubrir a vida con só abrir un pouco máis os ollos.

El curso que me enamoré de ti de Blanca Álvarez

A chegada dun novo alumno procedente dun centro de acollida altera a vida dun instituto.

Novela xuvenil sobre bandas urbanas e a violencia gratuita.

Madame Bovary de Gustave Flaubert

Unha muller que, na súa permanente insatisfacción, busca incesantemente o amor que a libere da monotonía e da vulgaridade da sociedade rural e puritana na que vive.

El asno de oro de Apuleyo

Lucio cóntanos a súa metamorfose en asno e as peripecias no seu percorrido particular polo mundo.

Esta novela latina está chea de aventuras, feiticerías, mitos e contos como a marabillosa historia de amor entre Cupido e Psique.

Diana y Orión de Geraldine McCaughrean Este libro reúne dous mitos romanos sobre o amor imposible entre seres humanos e deuses da mitoloxía.

No primeiro, Diana decidiu que nunca casará. Pero no seu camiño crúzase Orión e namorase perdidamente del.

No segundo, Xúpiter elixe a Vulcano para casar con Venus.

Chamando ás portas do ceo de Jordi Sierra i Fabra

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India traballar como cooperante. Esta decisión que a enfronta ao noivo e aos pais cambiará a súa vida e a súa forma de pensar.

Na India coñecerá a dor e osufrimento, pero tamén a alegría e a paz. Vivirá a cabalo de tres mundos (amores): Arturo en España, Leo na India e o hindú Mahendra.

Anagnórise de Mª Victoria Moreno

Nicolau, desconsolado por un amor roto, foxe da súa casa, do seu pasado e de si mesmo. Recólleo unha muller madura descoñecida que vai ter sobre o rapaz uns efectos inesperados.

Amor dos quince anos, Marilyn de Agustín Fernández Paz

Unha man bota no lume unha foto que se resiste a arder. Un amor adolescente que, moitos anos despois, permanece na memoria. Un vampiro solitario que vaga polas rúas…

Un libro que con cinco relatos quere render unha homenaxe ó cine.

¡Asústate, Merche! de Fina Caslderrey

Auria descobre unha terrible e misteriosa razón que a empuxa cara ó suicidio.

O descubrimento do amor, o sexo, a amizade, os estudos, as relacións familiares… xorden do fío argumental.

Mecanoscrito da segunda orixe de Manuel de Pedroso

Alba e Dídac son dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno ata facer do amor o acontecemento central das súas vidas.

Amor de perdición de Camilo Castelo Branco

A novela de paixón amorosa máis intensa das que se escribiron na Península.

O primeiro amor de Iván Turguiéñef

O autor considéraa a súa narración preferida.

Nela describe os episodios máis sentidos e trascendentes da súa mocidade.

Normal, diferente de Kristina Dunker

Vera faría todo por chamar a atención de Jan. E iso que as súas amigas, lle bisban que non é normal…

Ela non lles fai caso e lánzase á aventura e fai un descubrimento que a perturba.

Dear Jan…love Ruth de Nick Mclver

Dúas persoas diferentes: Jan de Polonia e Ruth de Inglaterra. “Por que non buscas un mozo inglés?” pregúntalle a Ruth a súa nai. Pero Ruth no lle fai caso, ela ama a Jan

Recomendada para alumnos do 1º ciclo de ESO.

Love on the ice

Amor no xeo é a primeira das catro historias curtas que compoñen este libro.En todas elas os protagonistas son adolescentes. O amor é o tema principal en Amor no xeo e en O concurso da revista, narradas en forma de fotonovela.

Recomendada para alumnos do 1º ciclo de ESO.

The music of love de Nick Mclver

Peter viaxa por toda Europa tocando o violin. A xente escóitao e danlle cartos. Un día coñece a Jarmila, unha fermosa estudante de Praga.

Recomendada para alumnos do 1º ciclo de ESO.

Romeo and Juliet de William Shakespeare

Ainda que Romeo e Xulieta de William Shakespeare é coñecida por ser unha das historias de amor máis famosas do mundo,esta vai máis alá dunha simple historia romántica. Fala tamén da vida e a morte, da felicidade e infelicidade e o terrible odio entre dúas familias.

Recomendada para alumnos de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Different worlds de Margaret Johnson

Sam, a protagonista de Mundos diferentes, é coma calquera rapaza adolescente excepto polo feito de que é xorda de nacemento. Agora está namorada de Jim e a cuestión é, non serán os seus mundos demasiado diferentes?

Recomendada para alumnos do 2º ciclo de ESO.

Just good friends de Penny Hancock

En Simplemente bos amigos, Stephany e Max pasan xuntos unhas vacacións por primeira vez e esperan que esta ocasión lles axude a coñecerse mellor.O lugar elixido é Italia e se aloxan nun piso na vila mediterránea de Carlo, amigo de Stephany. Pero a dona de Carlo non parece moi entusiasmada coa idea de ver a Stephany.

Recomendada para alumnos do 2º ciclo de ESO.

Two lives de Helen Naylor

Dúas vidas conta a historia de Megan e Huw, dous namorados que viven nunha pequena vila galesa. Pero, será o seu amor o suficientemente forte para que perdure? Teñen a morte, as súas familias e o paso do tempo en contra.

Recomendada para alumnos do 2º ciclo de ESO.

Pride and prejudice de Jane Austen

Orgullo e prexuízo, coma todas as historias de Jane Austen, tratan da vida da xente rica na Inglaterra do século XIX. Neste caso, unha nai ten cinco fillas para as que debe encontrar os correspondentes homes. Dous homes novos e ricos chegan á localidade e isto provoca unha gran axitación entre as mozas casadeiras.

Recomendada para alumnos de bacharelato.

Wuthering Heights de Emily Brontë

Cumbres Borrascosas de Emily Brontë é un clásico da literatura inglesa. Este relato fálanos do amor con maiúsculas que non se limita á atracción física senón á total compenetración dos espíritos. Fálanos da felicidade absoluta ó sentirse libre e comprendido e da dor e o rancor ó sentirse desprezado e discriminado.

Recomendada para alumnos de bacharelato.