illas da rÍa de ares e as sÚas colonias de aves …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba...

20
INTRODUCCIÓN Poucos eumeses son coñecedores de que nese concello hai varias illas e menos, aínda, serán, sen dúbida, os que puxeron os seus pés nelas nalgunha ocasión da súa vida. Dende a estre- ma con Miño ata o límite con Ares, atopamos ó longo do litoral dúas illas auténticas, chamadas do Carbón e Carboeira e un grupiño de pseudo-illas (illas-penínsulas) na beiramar que se abre entre o estremo norte da praia de Perbes e punta Roiba que se converten en auténticos illotes durante as mareas altas ou en simples penínsulas ó baixa-lo nivel das augas cando mediante istmos quedan unidos ó continente. Tanto unhas coma outros xa foron visitadas por nós en varias ocasións durante a época de reproducción das aves mariñas. A primeira vez da que temos constancia escrita data do ano 1992, o que nos permite ter, agora, unha visión certamente histórica da evolución das colonias das aves mariñas que nelas se asentan durante a primavera-verán. Ademais, tamén foron obxecto de varios ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES MARIÑAS Estanislao F. de la Cigoña Núñez Illas do Carbón vistas dende a praia de Perbes. Rocha espida cun grupiño de malvaísco Lavatera arborea destacando na parte máis alta.

Upload: others

Post on 04-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

INTRODUCCIÓN

Poucos eumeses son coñecedores de que nese concello hai varias illas e menos, aínda,serán, sen dúbida, os que puxeron os seus pés nelas nalgunha ocasión da súa vida. Dende a estre-ma con Miño ata o límite con Ares, atopamos ó longo do litoral dúas illas auténticas, chamadas doCarbón e Carboeira e un grupiño de pseudo-illas (illas-penínsulas) na beiramar que se abre entre oestremo norte da praia de Perbes e punta Roiba que se converten en auténticos illotes durante asmareas altas ou en simples penínsulas ó baixa-lo nivel das augas cando mediante istmos quedanunidos ó continente.

Tanto unhas coma outros xa foron visitadas por nós en varias ocasións durante a época dereproducción das aves mariñas. A primeira vez da que temos constancia escrita data do ano 1992,o que nos permite ter, agora, unha visión certamente histórica da evolución das colonias das avesmariñas que nelas se asentan durante a primavera-verán. Ademais, tamén foron obxecto de varios

ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES MARIÑAS

Estanislao F. de la Cigoña Núñez

Illas do Carbón vistas dende a praia de Perbes. Rocha espida cun grupiño de malvaísco Lavatera arborea destacando na parte máis alta.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 7

Page 2: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

traballos específicos nosos, como se pode comprobar na bibliografía que iremos citando no lugaroportuno ó longo deste artigo, ó que engadirémo-las illas situadas fronte ó litoral de Ares para con-seguir así unha visión máis completa de todo o conxunto.

TOPONIMIA AXEITADA

Algúns dos seus nomes: Carbón, Carboeira e Mourón (esta última xunto a Redes, na costade Ares) proveñen da súa cor escura, case negra, que lle proporcionan os xistos que constitúen abase da maior parte dos afloramentos rochosos da costa e que lembra a cor moura daquel combus-tible orgánico que tanto se prodiga na natureza, aínda que nada teñan que ver con el.

MORFOLOXÍA ACORDE COA COSTA Á QUE PERTENCERON

En canto á súa constitución, as illas desta zona áchanse na chamada superficie de erosiónde Galicia, que data do período terciario. Falamos da unidade Betanzos-Arzúa, integrada no cha-mado complexo de Ordes, que se caracteriza por presentar unha estructura de pregamentos deita-dos que presentan verxencia cara oriente cunha litoloxía na que predominan os xistos e gravacas,afectados dun metamorfismo de grao medio.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

8

Coa marea baixa atópase un bo lugar de desembarcona zona máis meridional da illa de Máis á Terra, noarquipélago do Carbón. Dende o alto, vémo-la nosafráxil embarcación varada entre as pedras.

Estes xistos, ás veces cuarcíticos,soen presentar cintas ou veas de exsuda-ción de cuarzo que se fan moi patentes enillas como A Miranda e A Mirandiña,sobre todo, e que destacan axiña na super-ficie e abas daqueles farallóns pola súacor enteiramente branca que se albisca nocinza clariño que domina na color daque-las illas e dos cantís costeiros que as rode-an polo norte. A súa maior dureza respec-to ó xisto no que se achan inxeridas fanresaltar estas concrecións alongadas queen forma de longos cordóns sobresaen ataun par de centímetros da superficie, ondese fan moi conspicuos e chaman axiña aatención do visitante curioso. O desmoro-namento de parte das illas pola accióncontinuada das ondas e augas pluviaisatacando o xisto que termina por se derru-bar, xa que se trata dunha rocha bastantebranda, acaba igualmente por deita-laparte alta destes filamentos que se amon-

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 8

Page 3: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

toan ó pé dos illotes, mesturándose con grandes bloques de xisto, onde os podemos ver e clasificarfacilmente dunha simple ollada.

Tódalas illas atópanse a pouca distancia da costa, xeralmente cabos ou puntas das que apa-recen desprendidas, deixando case sempre un regueiro de pedras, arrecife de rochas que no casodas Mirandas faise moi conspicuo e que certifican que en outros tempos formaban parte do relevocosteiro ata que a acción erosiva do mar, cencenando o istmo de unión, rompeu para sempre o cor-dón umbilical, illando o núcleo máis forte que resistiu os embates dos elementos.

AS ILLAS DO CARBÓN

Estes illotes áchanse fronte a praia de Perbes, na estrema mesma con Miño, de xeito queuns mariñeiros os consideran miñotos e outros eumeses. En realidade, como non teñen interese nin-gún, pois a súa superficie é mínima e sen proveito, ninguén os reivindica como propios e verda-deiramente pertencen con enteira propiedade ó mar que os arrodea case sempre cun anel de escu-mas que impide o seu doado achegamento.

Áchase constituído este arquipélago en miniatura por dúas illas principais, practicamentexemelgas, afastadas por unha canle estreitiña, que o baixa-la marea desaparece, quedando, entón,completamente unidas. Ambas semellan na súa forma a dous barcos abarloados, fondeados ouvarados paralelamente á praia. Ademais, hai tamén algúns rochedos moi próximos que ó subi-lasaugas fican afastados dos dous principais, polo que podemos falar con propiedade dun pequenoarquipélago no canto dunha soa illa. Atópanse separadas do continente uns 500 m, adquirindo, asdúas maiores, uns 10 metros de altura sobre o nivel das augas.

9

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

Cumio superior da illa Máis á Terra e matas de malvaísco Lavatera arbórea. Ó fondo vese a illa Carboeira.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 9

Page 4: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

O "Derroteiro", libro que describe a costa e que vai sinalando ós mariños os riscos queentraña a navegación nas súa proximidades ó falar das illas do Carbón, di moi sucintamente:"Frente a la playa de San Pedro -(de Perbes)- se encuentran las pequeñas isletas del Carbón, queson dos, muy juntas y rodeadas de arrecifes" e máis nada.

DESCRICIÓN DAS ILLAS DO CARBÓN

A máis próxima á praia de Perbes é un pouco máis alta ca outra e presenta, tamén, unhamaior superficie, amosando tanto no cumio, composto de terra e pedras, como na ladeira oriental,a máis protexida, algunha escasa vexetación herbácea entre as que destacan contadas matas de boporte de malvaísco Lavatera arborea. Diferentes plantas rupícolas, entre as que vémo-la espergu-laria Spergularia marina, a armola Atriplex laciniata, o perexil de mar Chrithmum maritimun e aherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido, senembargo, nunha grande parte da súa enrugada superficie salpicada pola ondada. Esta illa ten uns50 m de longo na dirección norte-sur e uns 20 m de anchura no senso leste-oeste, pero na parte altanon se superan os 18 m de largo por 5 m de ancho.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

10

Aínda fomos quen de ver, agochados, temerosos, entre as fendas un par de poliños de gaivota patiamarela.

A segunda das illas, a que queda un pouquiño máis mar a dentro, ó outro lado da canle,vese, aínda, bastante máis batida pola ondada, pois fai, en verdade, de autentico dique que frea afuria do océano que entra libremente pola boca da ría sen atopar outros obstáculos no seu avance.Coma consecuencia, soamente achamos contadas matiñas de perexil de mar e de herba de namo-rar que crecen nos lugares máis abrigados do interior das fendas e que resisten moi ben os ambien-tes salinos ós que se ven expostas case sempre, pois nos grandes temporais as ondas ruben pola súa

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 10

Page 5: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

encostada superficie chegando case a cubrila. A lonxitude desta segunda illa é un pouco maior caoutra: uns 65 m, sendo a base de iguais proporcións, pero o cumio é, sen embargo, apenas unhacrista de 11 m de longo, afiada mesmamente coma un coitelo.

EVOLUCIÓN DA COLONIA DE AVES MARIÑAS NAS ILLAS DO CARBÓN

A colonia reproductora asentada nestes illotes foi indo a menos, segundo as nosas anota-cións, nestes últimos tempos. Poderiamos achaca-los malos resultados do ano 2004 ó afundimen-to do petroleiro "Prestige", acaecido o 16 de novembro de 2003, e que emporcou de fuel a casetotalidade das costas galegas, pero pensamos que esa sería unha xustificación demasiado fácil,tendo en conta que, en 1993, inmediatamente despois da traxedia do tamén petroleiro "AegeanSea", nas inmediacións da cidade da Coruña, ó carón mesmo da torre de Hércules, que afectoudirecta e gravemente ás rías de Ares e Betanzos, dada a súa proximidade ó foco contaminante, acolonia non se viu afectada para nada. Máis, aínda, aquel ano, como poderemos comprobar nocadro que proporcionamos un pouco máis adiante, contabilizamos un maior número de niños queen épocas pasadas (Fernández de la Cigoña & Morales, 1992-1993).

11

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

Filigranas sobre o xisto que a erosión fai na cara interior da canle da illa de Máis á Terra, no arquipélago do Carbón.

No ano 2004, o 20 de xuño, pola mañá cedo, case á saída mesma do sol, visitamos nova-mente estes illotes cun resultado pouco satisfactorio, pois na illa máis occidental ou de Mar, habíasoamente dous niños e na oriental ou de Terra, media ducia, todos eles absolutamente baleiros,xa que a temporada de cría estaba mesmamente a concluír. Tan só conseguimos atopar dous poli-ños sobreviventes, agochados, temerosos, entre as fendas das rochas da illa máis próxima á praiade Perbes.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 11

Page 6: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

Polo tanto, entre o ano 1993, primeira das nosas visitas, e o 2004, última vez que alí esti-vemos, o descenso experimentado no número de niños de gaivota patiamarela, a única ave mari-ña que cría nestas illas, acadou case un 75%. Tampouco fomos quen de descubrir ningún exem-plar de gaivota escura Larus fuscus que sen embargo atopamos na illa durante a reproducción,cando nos achegamos a elas na primavera do ano 1992 (Fernández de la Cigoña Núñez & MoralesLópez, 1993).

A ILLA CARBOEIRA

Esta illa, a maior de cantas atopamos nesta costa da parte oriental da ría de Betanzos, marcaa fronteira entre esta última ría e a de Ares. Debido a súa exposición directa ás grandes ondas donoroeste que entran sen obstáculo ningún dende o océano, aparece moi batida e rodeada de escu-mas nunha grande parte, de maneira que toda a zona norte e occidental vese sumamente acantila-da como consecuencia da erosión mariña, presentando un entrante cara a metade da illa, quizaisunha antiga furna derrubada, que seguramente acabará por dividila completamente en dúas por-cións co lento pasar dos anos.

Cristovo Ramírez (1980) no xornal "La Voz de Galicia", recolle que escoitou falar ás per-soas maiores de que houbo un tempo no que se pasaba andando dende o continente sen se molla-

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

12

EVOLUCION DO NÚMERO DE NIÑOS DE GAIVOTA NAS ILLAS CARBÓN

Anos 1992 1993 2004

Illa Carbón de Terra ou de Dentro 14 niños 19 niños 6 niños

Illa Carbón de Mar ou de Fóra 6 niños 12 niños 2 niños

TOTAIS 20 niños 31 niños 8 niños

Illa Carboeira vista dende terra: superficie cha, cuberta de vexetación herbácea, lixeiramente encostada cara ó sur.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 12

Page 7: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

los pés, pero a nós parécenos imposible que tal cousa sucedese en época recente, pois a canle supe-ra ben os cento cincuenta metros de anchura con profundidades entre tres e catro metros nas mare-as baixas. Se realmente houbese algunha vez un istmo natural entre a illa e o cabo, cousa que senos antolla evidente, debeu desaparecer hai moitísimo tempo e unha pontella en épocas recentesque permitira o paso das persoas, sería incapaz de resisti-la forza da ondada que é de tal virulenciaque a punto está de converte-lo cabo do que a illa Carboeira parece mesmamente como desprendi-da, noutra nova illa. O autor xa citado recolle sen nomear fonte bibliográfica ningunha que noutrostempos a illa foi cemiterio e que sobre a meseta na que remata levantaron os veciños a igrexaparroquial de Santiago de Boebre.

Sobre estas manifestacións de Cristovo Ramírez xa démo-la nosa opinión no seu momen-to, cando manifestamos no noso libro: "Galicia: flora, fauna, terra e mar" (Fernández de la Cigoña& Morales, 1992) no capítulo titulado: "Censando colonias de aves mariñas nas rías de A Coruña,Betanzos e Ares", os seguintes pareceres:

1º. Que os restos de pedras que aparecen na superficie da illa son moi pobres, compostosna súa maior parte de laxes pequenas, recollidas no mesmo lugar. Unha igrexa por humilde quesexa ten sempre algunhas pedras traballadas e de máis envergadura, sobre todo na fachada prin-cipal, marcos de portas e xanelas, as chamadas pedras cantoneiras, que alí non vemos por nin-gunha parte.

2º. Situa-lo cemiterio nunha illa só trae complicacións e problemas sen conto, pois candose precisa del pode haber grandes ondas, caso frecuentísimo na zona da que estamos a falar, queimpidan o paso e o desembarco durante longo tempo e polo tanto a inhumación oportuna dos cadá-veres. Por iso descartamos esta segunda posibilidade apuntada polo xornalista, que, ademais, nonten equivalencia en ningún outro lugar de Galicia.

3º. O mesmo poderiamos dicir se fose a igrexa parroquial a que estivese sobre o seu lombo,pois, nese caso, os veciños quedarían sen oficios relixiosos a maior parte das veces, sobre todo noinverno, cando máis bate o mar.

Tamén é certo que precisamos dar unha resposta razoable que xustifique dalgunha manei-ra os amoreamentos de pedras que alí achamos, polo menos en catro lugares distintos da parte cen-tral e alta do lombo do illote e que nós cremos que deberon pertencer, outrora, a unha pequenaermida, pois estas son moitas veces cativas de máis e utilizan a miúdo materiais líticos recollidosin situ para a súa construcción. Os diversos amoreamentos que fomos descubrindo entre a alta emesta vexetación poderían pertencer igualmente ós muros do adro e a algunha pequena edificaciónanexa ó edificio relixioso.

Ademais, unha vez derrubadas, ninguén se preocupa delas, pois a súa función e interese porparte da comunidade sempre é relativa respecto á igrexa parroquial que é a que lles ofrece os ser-vizos cotiás. Por outra banda, ermidas illeiras hai en Galicia exemplos dabondo, pois basta conbotar unha ollada ó interesante libro de Lino Pazos (1999) titulado: "Guía das ermidas illeiras nas

13

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 13

Page 8: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

Rías Baixas" para nós decatar axiña de queforon unha cousa común no noso litoral.Mesmamente, non moi lonxe da ría deAres, atopámonos coa ermida illeira deSanta Comba, ó carón mesmo da praia deCovas (Ferrol), que ben nos podería servirde exemplo ilustrativo da nosa hipótese.

DESCRICIÓN DA ILLA CARBOEIRA

Trátase, como xa dixemos, damaior das illas que atopamos no conxuntodas rías de Ares e Betanzos. Vese deitadano sentido leste-oeste, presentando as pare-des absolutamente acantiladas, máis polacara norte (uns 15 m de altura) que pola sur(7 ou 8 m). Amosa superficie cha, lixeira-mente inclinada cara ó sur. A cor do xistoque configura as súas paredes é moura, deaí venlle o nome de Carboeira.

Cando sube a marea unha parte da

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

14

Amoreamentos de pedras na illa Carboeira, supostamente pertencentes a unha antiga ermida,

da que non conseguimos ningunha información.

illa situada cara á banda occidental, baixa, rochosa e espida de vexetación, fica illada da principal,polo que, como pasaba nas illas do Carbón, o bravura do mar conseguiu esnaquizar un anaco divi-dindo o conxunto en dous.

Toda a parte alta da illa está cuberta de vexetación herbácea, principalmente fentos. Carecede árbores e de fontes. Tan só na parte sur, preto do cantil hai unha matogueira mesta, pero de poucaaltura, formada por diversos arbustos entre os que descubrimos varias sambucas Sambucus nigrade certo porte, que apenas destacan entre a vexetación circundante.

Cando a visitamos pola primeira vez, en 1992, xa nos decataramos de que presenta ata tresambientes vexetais bastante diferentes e notables. Así na parte oriental (a máis próxima a terra)domina o fento Pteridium aquilinum, na parte sur, a máis protexida dos ventos e mares vense moi-tísimos cardos Cirsium lanceolatum, mentres que ó norte e na parte occidental, batidas polo ventocargado de salitre, predominan diferentes gramíneas que forman un prado de certa extensión.

A illa carece de camiños e faise difícil andar por ela, sobre todo na parte oriental e sur, poisa vexetación é extraordinariamente mesta e alta.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 14

Page 9: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

A COLONIA DE GAIVOTAS NA ILLA CARBOEIRA NO 2004

Ás 8 horas e 10 minutos da mañá do día 20 de xuño de 2004, desembarcamos na parte surda illa Carboeira, a máis protexida das ondas, coa intención de conta-los niños de gaivota que nelacriaban. En total censamos 26 niños. Había algúns niños con ovos, pero outros tiñan xa os poliñosgrandes espallados polos arredores.

15

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

Illotes de Punta Carboeira, longos e estreitos. O máis próximo a terra con algún perexil de mar Crithmum maritimumnas partes máis elevadas.

EVOLUCION DO NÚMERO DE NIÑOS DE GAIVOTA NA ILLA CARBOEIRA

Anos 1992 2004

Número de niños 102 26

A perda de niños nestes 12 anos, os que van de 1992 a 2004, foi, polo tanto, do 75%, pro-porción que é absolutamente coincidente coa experimentada nas illas do Carbón, como xa antesexplicamos. Ademais, nesta última visita tampouco fomos quen de ver ningún exemplar de gaivo-ta escura Larus fuscus que, sen embargo, tiñamos detectado criando no ano 1992 (Fernández de laCigoña & Morales, 1993).

AS RAZÓNS QUE PODAN EXPLICAR ESTE DESCENSO

Cremos que son varias as causas que motivaron este acusado descenso no número de niñosexistentes nas illas do litoral de Pontedeume nestes últimos anos e barallámo-las seguintes posibleshipóteses:

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 15

Page 10: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

1º. O aumento esaxerado de visitantes durante a época de reproducción como consecuen-cia da creación de peiraos deportivos en Sada e outros lugares do litoral. A maior cantidade deembarcacións, maior número de excursionistas ás illas. Os visitantes levan ovos, destrúen niños,causan interferencias entre os territorios de cría das parellas, o que se traduce en liortas entre adul-tos, morte de poliños e un grao de strés moi elevado en toda a colonia. De ser continua a intromi-sión durante a época de cría debe crear graves inconvenientes a xulgar polos resultados.

2º. A supresión de numerosos depósitos de lixo en toda a franxa litoral, o que minguou acantidade de comida dispoñible para os pitos como consecuencia da execución do Plan Sogama eoutros sistemas de eliminación. Loxicamente, a menor comida dispoñible maior mortandade ediminución da poboación nidificante.

3º. Aínda que en épocas anteriores as desfeitas ecolóxicas a consecuencia de vertidos nonafectaron á reproducción da especie na zona, cando se parte xa de cantidades deficitarias si podeagora afectarlles. Lembramos que no ano 2002, o 13 de novembro, iniciábase a tristeira historia do"Prestige" e as súas nefastas consecuencias para a maior parte do litoral galego.

Anterior a estes censos foi o que realizamos no ano 1981 (Bárcena et al., 1987) no que parao conxunto das illas Carboeira e Roiba demos un total de 19 parellas reproductoras, pero o siste-ma ou método de censado foi moi diferente ós agora realizados, pois contáronse parellas nas illase non niños. Tampouco se desembarcou nas mesmas, xa que se albiscaron con prismáticos dendeterra, contando os diferentes territorios de nidificación.

ILLOTES DE PUNTA ROIBA

A restinga de rochas que desprende a chamada punta Roiba forma un pequeno grupiño depseudo-illas que quedan convertidas en península ó baixa-la marea, pois se pode acceder ás mes-mas sen molla-los pés. Outra cousa ben diferente é acada-lo cumio, pois estes presentan unha boa

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

16

Illotes de punta Roiba , que coa marea baixa quedan unidos a terra.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 16

Page 11: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

altura e as súas paredes son absolutamente verticais e inaccesibles sen medios adicionais de esca-lada que proporcionen unha certa seguridade na subida.

O tipo de vexetación é a mesma que podemos atopar en terra firme, pois dela foron des-prendidas pola erosión do mar. A maior, a máis próxima a terra, é tamén a mais alta e ten todo ocumio achairado e cuberto de vexetación herbácea moi mesta e verde todo o ano. Chamóuno-laatención a presenza abundante tanto na punta coma na illa maior da verza do país Brassica olera-cea na súa variación Sylvestris enteiramente ceibe e da que xa falamos cando visitamos este lugaro 2 de maio de 1992 (Fernández de la Cigoña & Morales, 1992: 105).

Na década dos noventa había nestas illas contados niños de gaivota patiamarela, pero navisita que lles fixemos no ano 2004 non fomos quen de certifica-la súa presencia, pois aínda quehabía un par de parellas acougando nelas, non estaban nin chocando nin atendendo a polos, poloque pensamos que non criaron.

Nun primeiro traballo (Bárcena et al., 1987), demos para o conxunto das illas de puntaRoiba e a Carboeira un total de 19 parellas no ano 1981, que censamos dende a costa. Isto é: sendesembarcar nelas. Posteriormente (Fernández de la Cigoña & Morales, 1993) concretaron as pare-llas existentes tanto na illa Carboeira, como xa explicamos anteriormente, como nos illotes des-prendidos de punta Roiba. Para estes últimos rochedos demos tan só tres parellas no ano 1992: dousna maior e unha na pequena. A desaparición da especie como nidificante encadrámola dentro daevolución negativa que está a segui-la gaivota patiamarela na totalidade das illas existentes nas ríasde Ares e Betanzos obxecto deste traballo.

ILLAS DA RÍA DE ARES

Nesta ría as illas atópanse exclusivamente na costa norte, onde destacan O Mourón e oarquipélago das Mirandas, composto á súa vez pola Mirandiña, Miranda Pequena ou de Terra e aMiranda Grande ou Miranda de Mar, por estar máis afastada do continente. Na beira sur, atopamostan só o pseudo-illote da Virxe do Carme, situado a unha carreiriña de can do espigón do peirao dePontedeume.

ILLOTE DA RABALEIRA, AGORA CHAMADO DA VIRXE DO CARME

Máis que illa trátase dun penedo de pouca altura que ó baixa-la marea queda unido a terrafirme, formando unha especie de península, atopándose a uns 50 m ó norte da ponte do ferrocarrilque atravesa a ría de Ares. Ten uns 20 m de longo e entre 5 e 6 m de ancho. A parte que mira caraá ría prolóngase nunha restinga de pedras, moitas da cales afloran ó baixa-la marea, mentres que aparte que mira á terra, por detrás da imaxe da Virxe, é abrupta, cuns 2 m de altura sobre a praia.

No cumio do penedo, de forma achairada, colocaron unha figura da Virxe do Carme de fei-tura moderna, cunha altura 1,90 m. Álzase sobre un cubo de pedra que soamente ofrece pulida a

17

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 17

Page 12: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

parte dianteira que mantén o epígrafe enletras vermellas, xa que os outros lados docubo ofrecen as caras picadas e bastas. Aimaxe foi doada por Juan Suances Mercadere leva a sinatura do artista "G. Feal" nun doslaterais. O epígrafe di:

"JUAN ANTONIOSUANCESA OS MARIÑEIROS DARÍA DE ARESAÑO 1988"

A Juan Antonio Suances Mercaderpuxéronlle unha placa de honra na fachadaprincipal da "Casa del Mar/Confraría dePescadores" de Pontedeume, non moi afas-tada do rochedo que contén a imaxe da Virxeque el xentilmente doara, na que se pode ler:

"EN LEMBRANZADEDON JUANSUANCES MERCADERPOLO AFECTO AMOSADO

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

18

Imaxe moderna da Virxe do Carme nun pseudo-illote á entrada do peirao de Pontedeume

e que Juan Antonio Suances dedicou ós mariñeiros da ría de Ares no ano 1988.

Á CONFRARÍA DE PESCADORESDE PONTEDEUMEPONTEDEUME XULLO DE 2003"

Esta illa, debido ó seu pequeno tamaño e á moita accesibilidade que presenta, carece defauna nidificante, sendo visitada tan só por gaivotas, corvos mariños e diversas aves limícolas queacougan ou buscan alimento no seus arrecifes, sobre todo cando estes se amplían enormementedurante as baixamares.

O MOURÓN

Trátase dun illote moi próximo á costa, afastado de punta Caamouco, en Redes (SanVicente de Caamouco - Ares) por unha canle moi estreitiña, duns 5 m de anchura e uns 4 de pro-fundidade. O illote recibe este nome pola súa cor moura que lle proporcionan os xistos das súasescarpadas paredes que acadan uns 18 m de altura. Vese cuberto de mesta vexetación, incluso arbó-rea. Esta é tan mesta que impide por completo o ascenso ó cumio. Tratase das mesmas plantas quevemos en punta Caamouco, entre as que destaca o toxo, as silvas e fentos. Entre as árbores quecobren o cumio por enteiro, aparecen algúns carballos de non moito porte.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 18

Page 13: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

Cristovo Ramírez ó falar del no seu artigo sobre "O Mourón", di que o topónimo "fai refe-rencia a un lugar habitado por mouros", polo que suxire a posibilidade dun castro no seu cumio,cousa que non parece en absoluto doada, posto que o illote resulta por completo inabordable. Onome, como dixemos, débelle vir pola cor moura da pedra.

No ano 1992, desembarcamos pola parte norte, no estreito carreiro que afasta a illa depunta Caamouco e intentamos acada-lo cumio, pero non o conseguimos dado que as paredes eranmoi verticais e atopábanse absolutamente cheas de mesta vexetación que nos impediu o paso, poloque embarcamos novamente e démoslle a volta, para continuar, despois, cara ás illas da Mirandaque se achan como a uns tres quilómetros cara á bocana da ría.

Non criaba en 2004 ningunha parella de gaivota e o mesmo acontecía o 2 de maio de 2002,cando desembarcamos nel durante algúns minutos.

ARQUIPÉLAGO DAS MIRANDAS

A última vez que visitámo-las dúas illas que constitúen o arquipélago deste nome foi o día25 de xuño de 2004, aproveitando a marea baixa, o que nos permitiu pasar andando dende puntaMiranda, o estremo continental máis próximo, primeiramente, á menor das illas, a Mirandiña e,despois, á maior delas, A Miranda.

Sobre as colonias de gaivotas que aniñan nos seus cumios xa falamos por cumprido haitrece anos no capítulo titulado: "Censando colonias de aves mariñas nas rías da Coruña,Betanzos e Ares", que saíu publicado no noso libro: "Galicia: flora, fauna, terra e mar"

19

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

O illote Mourón, na costa de Redes (Ares) coa cimeira cuberta de vexetación. As súas verticais paredes impedíronnosgabea-la cima como era a nosa intención.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 19

Page 14: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

(Fernández de la Cigoña & Morales, 1992), o que nos permite, agora, ter datos precisos sobre asúa posterior evolución.

O ACCESO ÁS MIRANDAS

De dúas maneiras podemos acceder a estas illas, ben mediante embarcación, o que nosreporta unha maior comodidade e seguridade, ou simplemente a pé, dende a costa, aproveitando asmareas baixas que permiten vadea-las canles que as afastan de terra. Mellor se as baixamares sonalgo vivas, pois os curtos tramos que temos que facer a nado, desaparecen por completo.

O cantil costeiro que dá ás Mirandas protexe as illas de curiosos, pois impide, en grandemaneira, a visita, o que garante ás gaivotas criar dunha maneira bastante máis sosegada e tranqui-la que noutros illotes da ría de Betanzos dos que xa falamos neste artigo: referímonos por exemploas illas do Carbón e da Carboeira que por ficar preto de praias concorridas favorecen excursiónsque en nada benefician ás aves mariñas que as escolleron para a crianza.

Para acceder á beiramar dende o alto do cantil existe tan só un pequeno vieiro que descen-de dende un letreiro en ferro fundido que se atopa na meseta superior e que anuncia mediante unhafrecha a situación das Mirandas. Tanto o carreiro coma o cartel áchanse moi próximos á torre-bali-za que se atopa máis preto da beiramar das dúas que sinalan a "milla corrida" ós navegantes e quese divisan sen ningunha dificultade dada a súa altura dende calquera lugar próximo á costa.

O acceso a pé á Mirandiña faise sen maiores complicacións dende dúas horas antes da bai-xamar. Cómpre, sen embargo, levar calzado, pois as rochas están cubertas de moitos bálanos e ouri-

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

20

Vemos, á dereita, o letreiro en ferro que sinala na costa directamente cara á Miranda Grande. Ó carón do cartel atópase a entrada ó único carreiriño que baixa cara á beiramare que precisamos seguir se queremos aborda-la s illas a pé durante a marea baixa.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 20

Page 15: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

zos, que ferirían os nosos pés, xa que moitas veces non vemos onde os poñemos, por crecer entreas pedras moita alga xaponesa Sargassum muticum que cobre por enteiro grandes porcións das can-les. O mesmo acontece cando intentamos vadea-lo paso entre a Mirandiña e A Miranda, bastantemáis longo e complicado, como logo explicaremos.

A ILLA CHAMADA MIRANDIÑA, MIRANDA PEQUENA OU MIRANDA DE TERRA

Trátase dun illote rochoso situado ó sur de punta Miranda e afastado da costa uns 150 maproximadamente, que presenta a cor grisalla, aínda que moi pálida. A canle que a separa do con-tinente vese interrompida por multitude de penedos afastados por brazos de auga, o que permite irpasando dun ó outro, mollándonos máis ou menos, dependendo da altura da baixamar, pero senprecisar de nadar en ningún momento. A auga, cando vadeámo-la canle, chegounos ata algo máisarriba da cintura.

Trátase dun illote piramidal, de ampla base rochosa que acada uns 15 m de alto. Parte doseu cumio resulta accesible pola banda que dá á illa Miranda. Está composto de xisto brando quese desmorona facilmente dende o alto, sucado por diferentes riscas de granito enteiramente brancoque destacan conspicuamente na súa superficie, como xa adiantamos. A parte máis elevada amosatres picos agudos que resultan practicamente inaccesibles.

A vexetación crece na parte alta e nos laterais protexidos. Abunda, sobre todo o perexil demar Crithmum maritimum, o malvaísco Lavatera arbórea e a herba de namorar Armeria maritima.Vese tamén algunha manzanilla de mar Chamaemelum maritimum, así como espergularia marinaSpergularia marina. En fin, as plantas rupícolas por excelencia dos rochedos litorais do noso país.

21

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

O arquipélago das Mirandas está composto pola Mirandiña, á esquerda, en forma de pirámide, e a Miranda Grande, á dereita, de figura amogotada.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 21

Page 16: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

A MIRANDA GRANDE OU MIRANDA DE MAR

Afastada da Mirandiña uns 200 m cara ó oeste, atopamos este illote de figura por comple-to cha e paredes absolutamente verticais, tanto que resulta bastante difícil chegar ó seu cumio quese eleva uns 20 m sobre o nivel das augas, acadando unha lonxitude duns 60 m e unha anchura de10 m na parte alta da illa, pois a base é bastante máis ampla.

O material base é o mesmo que atopamos na Mirandiña, polo tanto, presenta a cor grisallapálida daquela. O mar abre en el profundas furnas que se atopan principalmente nas cabeceirasnorte e sur do rochedo. Toda a canle que a afasta da Mirandiña atópase obstruída por multitude derochedos que emerxen nas baixamares e que permiten pasar dende unha illa a outra, unhas vecesnadando, pero outras moitas facendo pé sobre o fondo de pedra, polo que con mar calmado e mareaadecuada este avance faise sen moita dificultade. Tamén é certo que dada a súa posición na ría deAres, nun espazo aberto directamente a influencia do océano, soe haber sempre ondada dabondo ebastante vento que a ergue, polo que non sempre resulta doada esta forma de acceso.

Presenta forma amogotada cunha altura que calculamos nuns 20 m que se fan moi difíci-les de gabear por amosa-las caras absolutamente verticais. Soamente pola parte occidental, fomosquen de acada-lo seu cumio cando nos achegamos a el o día 2 de maio de 1992, pois en xuño de2004, renunciamos a subilo, debido o risco que entrañaba e a que íamos sós e tiñámoslle moito res-pecto, xa que de ter un posible accidente veriámonos en situación moi comprometida.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

22

EVOLUCION DO NÚMERO DE NIÑOS DE GAIVOTA NA MIRANDIÑA

Anos 1992 2004

Número de niños 6 5

Primeiro plano da Mirandiña cos seus tres vértices inexpugnables para nós.

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 22

Page 17: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

Xa adiantamos que con mareas vivas pásase andando, mollando os pés, loxicamente, dendea Mirandiña. Con mareas máis normais cómpre cubrir algúns tramos nadando pequenos percorri-dos entre os moitos rochedos que obstrúen a canle.

Nas partes altas e protexidas aparece o mesmo tipo de plantas que na Mirandiña, aínda quealgo máis abundantemente, sendo as que máis destacan o malvaísco Lavatera arborea e manzani-lla de mar Chamaemelum maritimum no costado que mira cara á terra, mentres que o cumio ató-pase cuberto pola espergularia Spergularia marina e mailo trevo branco Trifolium repens. Vista delonxe dá a sensación de que carece por enteiro de vexetación. Presenta sobre a cara norte unha seriede riscas claras, que semellan vereas, e non son outra cousa que os couces das augas pluviais quedescenden do alto durante as invernías.

Aínda que por precaución renunciamos á escalada do seu cumio na nosa última visita, con-tabilizámo-los territorios de cría que estaban ocupados, dando un total de 26, que deberían coinci-dir, máis ou menos, co número de niños asentados nas súas abas.

23

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

EVOLUCION DO NÚMERO DE NIÑOS DE GAIVOTA NA MIRANDA

Anos 1992 2004

Número de niños 31 26

Visión da Miranda Grande dende a Mirandiña

COMENTARIO

O descenso experimentado nestas illas foi moito menor que nas do Carbón e Carboeira,precisamente por se-lo seu acceso moito máis restrinxido, pois carecen de praias aptas para osbañistas nas proximidades da súa costa. Por outra banda, ó presenta-lo perímetro rodeado de arre-

illas.qxd 24/05/2005 16:53 Página 23

Page 18: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

Dende a Miranda Grande vémo-la canle salpicada de rochas que a afasta da Mirandiña e que vadeamos ás máis das veces a pé.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

24

cife rochoso, case sempre batido pola ondada, impide en grande maneira que os barcos deportivosse poidan achegar ás mesmas. Esta soidade fai que na Mirandiña, en 13 anos, soamente perdese unniño, o que representa tan só un 18%, mentres que na Miranda estas perdas achéganse a 6 unida-des, que a sitúan na mesma proporción. Lembrar que nas illas do Carbón e Carboeira estas canti-dades situábase no 75 % do total censado noutras ocasións.

Anterior a estes dous censos foi o que efectuamos no ano 1981 (Bárcena et al., 1987), noque para o conxunto das Mirandas demos un total de 70 parellas reproductoras. Tampouco se des-embarcou nas illas, se non que estas censáronse con prismáticos dende terra o que fai que a preci-sión no reconto non sexa a mellor.

OUTRAS AVES

Ata media ducia de gabitas Haematopus ostralegus pastaban nos rochedos próximos ámaior das Mirandas, que despois se pasaron á Mirandiña. Non parece, e polo menos nós nunca ato-pamos indicios serios de que estas aves puidesen criar naqueles illotes dende que iniciamos as nosasvisitas, aínda que sempre nos pareceu un sitio ideal para situa-los niños debido o seu illamento, damesma categoría da Insua da Cal ou dos Farallóns de San Ciprián, ambos na costa de Lugo, últi-mos lugares onde as atopamos criando no ano 1993 (Fernández de la Cigoña & Morales, 1994).

illas.qxd 24/05/2005 16:54 Página 24

Page 19: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

Cumio da Miranda Grande: afloramentos de pedras e diferente vexetación herbácea onde aniñan as gaivotas patiamarelas Larus cachinnans. Vese ó autor censando os niños de gaivota que criaban na curota durante a visita que lle fixo no ano 1992.

BIBLIOGRAFÍA CITADA NO TEXTO

BÁRCENA, F.; DE SOUZA, J. A.; FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, E. & J. DOMÍNGUEZ. 1987.Las colonias de aves marinas de la costa occidental de Galicia. Características, censo yevolución de sus poblaciones. Ecología, 1: 187-209. ICONA, Madrid.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. & J. MORALES LÓPEZ. 1992. Buscando nas illasdo Carbón. En: Galicia: flora fauna, terra e mar. Edita: Asociación Galega para a Culturae a Ecoloxía (AGCE). 175 pp. Vigo.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. & J. MORALES LÓPEZ. 1992. Censando coloniasde aves mariñas nas rías de A Coruña, Betanzos e Ares. En: Galicia: flora fauna, terra emar. Edita: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE). 175 pp. Vigo.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, E. & J. MORALES. Agosto1992-enero 1993. Evolución de lacolonia de gaviota patiamarilla Larus cachinnans en las islas del Carbón (Ría de Ares, LaCoruña) tras la marea negra del buque "Aegean Sea". GIAM (Boletín del Grupo Ibérico deAves Marinas de la Sociedad Española de Ornitología), nº, 17: 5.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. & J. MORALES LÓPEZ. 1993. Expansión e hibri-dación de la gaviota sombría (Larus fuscus) en la costa atlántica peninsular. Actas del IVCongreso del Grupo Ibérico de Aves Marinas- Aves Marinas Ibéricas -1992: 71-77.Hondarribia.

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, E. & J. MORALES LÓPEZ. 1994. NoticiarioOrnitológico: Ostrero Haematopus ostralegus. Ardeola, 41(1): 97.

25

Illas da Ría de Ares e as súas colonias de aves mariñas

illas.qxd 24/05/2005 16:54 Página 25

Page 20: ILLAS DA RÍA DE ARES E AS SÚAS COLONIAS DE AVES …catedra.pontedeume.es/12/catedra1201.pdfherba de namorar Armeria maritima colonizan as fendas do rochedo, completamente espido,

PAZOS PÉREZ, L. 1999. Guía das ermidas illeiras nas Rías Baixas. Servicio de Publicacións daExcma. Deputación Provincial de Pontevedra. 206 pp. Pontevedra.

RAMÍREZ, C. Islas: A Fesa. La Voz de Galicia.TISNER FERNÁNDEZ, B. 1966. Derrotero de la costa NW de España desde la Estaca de Bares

al río Miño. Instituto Hidrográfico de la Marina. Cádiz.

CÁTEDRA. Revista eumesa de estudios

26

illas.qxd 24/05/2005 16:54 Página 26