letras galegas

1
Cada ano no mes de xuño, a Real Academia Galega elixe o autor ou autora a quen se lle dedicará ao ano seguinte o Día das Letras Galegas. O egrexio personaxe debe cumprir co requisito de cumprirse dez anos dende o seu pasamento. O vindeiro dia 17 de maio será dedicado a loubar a figura de Roberto Vidal Bolaño. O autor naceu en Santiago de Compostela en 1950, e faleceu en 2002 , na mesma cidade. Un cancro de pulmón arrebatoulle a vida aos 52 anos de idade. Deixou a banca para facerse un personaxe do teatro e para o teatro; de feito fixo todo tipo de actividade relacionada ca dramaturxia: foi iluminador , actor, escenógrafo, director e autor. A súa obra destaca principalmente no campo dramático. É considerado como a candea necesaria, non só na literatura galega senón na dramaturxia europea. Na súa obra mostra a inquietude de harmonizar as tradicións populares cas novidades experimentais. Foi un fundamento importante para o teatro nacional galego. Un fito para o teatro galego. Ribadavia foi moitas veces a cidade que acolleu con agrado as Mostras de Teatro Abrente . Foi moi destacado a súa relación e a puxanza que lle deu o Centro Dramático Galego. Comezou a súa andadura en 1974 co grupo Antroido. Ao ano seguinte foi cofundador do grupo Abrente, e máis tarde dirixe o Centro Dramático Galego. Tamén dirixiu a produtora Olimpus Comunicación. Participou en series televisivas e películas de cine. Recibiu varios premios de teatro e audiovisuais: María Casares e Chano Piñeiro. O Max de teatro español pola súa obra Criaturas Escribiu numerosas obras teatrais como por exemplo Laudamuco, Señor de Ningures, Bailadela da morte ditosa, Agasallo de Sombras, Días sen Gloria, Saxo Tenor, As Actas Escuras, Rastros, O Día que os chífanos deixaron de Zoar . Tamén xerou obra ensaística: Perspectivas do Teatro Galego Actual, publicada no ano 2002. Fixo adaptacións teatrais de obras de Méndez Ferrín e recibiu a Medalla de ouro da cidade de Valladolid. +info:http://www.diadasletrasgalegas.com/ ROBERTO VIDAL BOLAÑO LETRAS GALEGAS 2013

Upload: fran-bouso

Post on 31-Jul-2015

11 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Letras galegas

Cada ano no mes de xuño, a Real Academia Galega elixe o autor ou autora a quen se lle dedicará ao ano seguinte o Día das Letras Galegas. O egrexio personaxe debe cumprir co requisito de cumprirse dez anos dende o seu pasamento.O vindeiro dia 17 de maio será dedicado a loubar a figura de Roberto Vidal Bolaño.O autor naceu en Santiago de Compostela en 1950, e faleceu en 2002 , na mesma cidade. Un cancro de pulmón arrebatoulle a vida aos 52 anos de idade. Deixou a banca para facerse un personaxe do teatro e para o teatro; de feito fixo todo tipo de actividade relacionada ca dramaturxia: foi iluminador , actor, escenógrafo, director e autor.

A súa obra destaca

principalmente no campodramático. É considerado como a candea necesaria, non só na literatura galega senón na dramaturxia europea.Na súa obra mostra a inquietude de harmonizar as tradicións populares cas novidades experimentais.Foi un fundamento importante para o teatro nacional galego. Un fito para o teatro galego. Ribadavia foi moitas veces a cidade que acolleu con agrado as Mostras de Teatro Abrente . Foi moi destacado a súa relación e a puxanza que lle deu o Centro Dramático Galego.Comezou a súa andadura en 1974 co grupo Antroido. Ao ano seguinte foi cofundador do grupo Abrente, e máis tarde dirixe o Centro Dramático Galego.Tamén dirixiu a produtora

Olimpus Comunicación.Participou en series televisivas e películas de cine.Recibiu varios premios de teatro e audiovisuais: María Casares e Chano Piñeiro. O Max de teatro español pola súa obra CriaturasEscribiu numerosas obras teatrais como por exemplo Laudamuco, Señor de Ningures, Bailadela da morte ditosa, Agasallo de Sombras, Días sen Gloria, Saxo Tenor, As Actas Escuras, Rastros, O Día que os chífanos deixaron de Zoar.Tamén xerou obra ensaística: Perspectivas do Teatro Galego Actual, publicada no ano 2002.Fixo adaptacións teatrais de obras de Méndez Ferrín e recibiu a Medalla de ouro da cidade de Valladolid.+info:http://www.diadasletrasgalegas.com/

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

LETRAS GALEGAS 2013