indicemuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - establecer o...

27

Upload: others

Post on 28-May-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da
Page 2: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

INDICE

1. PROPOSTA DIDÁCTICA

2. PERCORRIDO POLO MUSEO

3. OBRAS DO PERCORRIDO

A/ ANTONIO JASPE MOSCOSO, O gaiteiro Farruco de Montrove B/ FRANCISCO LLORÉNS DÍAZ, Brañas C/ FRANCISCO ASOREY, Filliña D/ LUIS SEOANE, Emigrante E/ URBANO LUGRÍS, Mariña surrealista F/ FRANCISCO LEIRO, Xigante

4. RECURSOS EDUCATIVOS

A/ RECURSOS NA WEB B/ RECURSOS NOS LIBROS

GALICIA, ARTES E LETRAS 2

Page 3: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

1. PROPOSTA DIDÁCTICA

Nivel: 1º e 2º ESO Grupos: 25 alumnos Duración: 75 - 90 min. Obxectivos: - Achegar aos alumnos á colección de arte galega dos séculos XIX e XX do Museo, coñecendo obras orixinais dalgúns dos artistas sobranceiros da plástica galega. - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da observación e da lectura. - Fomentar a creatividade plástica e literaria dos alumnos a través do obradoiro que completa a visita. - Promover o respecto e valoración cara ao patrimonio cultural galego por parte dos alumnos. Descrición: Neste percorrido didáctico imos traballar coas diferentes expresións culturais producidas en Galicia desde a segunda metade do XIX ata os nosos días, relacionando os eidos das artes plásticas e da literatura. Falaremos da paisaxe e da cultura popular de Galicia - folklore, tradicións e costumes populares, traballos tradicionais, a emigración- a través das obras de artistas como Lloréns, Sotomayor, Asorey e o grupo dos Renovadores. Relacionaremos estas obras coa creación literaria dos grandes poetas galegos do XIX: Rosalía, Pondal e Curros. Veremos como evolucionou a arte galega do século XX ata a actualidade, desde a obra dos Laxeiro, Colmeiro, Souto, etc. ata os nosos días, establecendo un vencello entre artes e letras a través da obra de artistas e intelectuais como Luís Seoane, Lugrís, Cebreiro, Castelao, Granell... que cruzaron as fronteiras entre a creación plástica e literaria. Por último, remataremos a actividade cun obradoiro no que traballaremos a expresión artística e literaria dos alumnos, a través da creación dunha revista cultural semellante ás que se publicaban no primeiro tercio do XX: Ronsel, Alfar, Nós, Resol...

GALICIA, ARTES E LETRAS 3

Page 4: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

Metodoloxía: Durante esta actividade didáctica combinaremos a observación directa e comentario das obras de arte, coa lectura de textos literarios, visualización de fotografías históricas, e audición de poemas e música. Ao final do percorrido realizarase un obradoiro que consiste na realización dunha pequena revista ao modo daquelas publicacións artísticas de primeira metade do século XX, na que se combinaba obra gráfica con textos literarios e que tiñan como obxectivo espallar as novas tendencias estéticas e culturais da época. Ademais facilitamos unha serie de recursos na web e bibliográficos para que os docentes podan preparar previamente a visita ou continuar a traballar neste tema despois de vir ao museo co seu grupo.

GALICIA, ARTES E LETRAS 4

Page 5: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

2. VISITA AO MUSEO

REXURDIMENTO DAS LETRAS E DAS ARTES Non resulta doado atopar obras de arte que fagan referencia explícita a Galicia con anterioridade ao século XIX, se exceptuamos algunhas ilustracións de vilas e cidades feitas máis con carácter documental que artístico. A altura da segunda metade da centuria van confluír unha serie de circunstancias que provocan que Galicia (as súas paisaxes e xentes) sexa a protagonista das obras de moitos artistas, á vez que comeza a desenvolverse o tan esquecido arte de pintar. En primeiro lugar destacamos o xurdimento dunha xeración de artistas galegos: Isidoro Brocos, Dionisio Fierros, Serafín Avendaño, os membros pertencentes á Xeración Doente (Joaquín Vahamonde, Ovidio Murguía, Jenaro Carrero...). Moitos deles van practicar o xénero pictórico, practicamente inédito en Galicia se exceptuamos a figuras como Jenaro Pérez Villaamil. En segundo lugar, a propia evolución das tendencias artísticas permite que no século XIX os creadores poidan practicar un maior número de xéneros. Neste contexto a pintura costumista e a pintura de paisaxes van ir acadando cada vez máis importancia. Esta circunstancia leva aos nosos artistas a atopar referencias no que teñen máis preto, nas xentes e nas paisaxes de Galicia.

Por outra banda, destacamos o nacemento en Galicia -en paralelo ao que acontece noutros puntos de Europa- dunha nova conciencia de pertenza e de valoración do territorio e a cultura propia. En Galicia este proceso coñécese como Rexurdimento, sendo a figura emblemática do mesmo a poetisa Rosalía de Castro. A literatura vai, pois, á vangarda dun movemento que abrangue diversos ámbitos e que inicia a recuperación da nosa cultura e identidade en campos como a historiografía, a música, a cultura popular, o folclore e, como non, a arte. Iniciamos o percorrido diante da obra O gaiteiro Farruco de Montrove, do pintor Jaspe Moscoso. Un cadro rexionalista que abre dous vieiros polos que imos

continuar o noso percorrido: a paisaxe e o costumismo. Na sala 5 temos unha serie de cadros dedicados á paisaxe galega, entre os que destacan Ovidio Murguía, Imeldo Corral e, sobre todo, Francisco Lloréns. As paisaxes de Lloréns representan esa faciana lene, morna, bretemosa, doce, ondulada de Galicia, esa mesma que tan ben cantara Rosalía. Curiosamente o fillo desta, o pintor Ovidio Murguía, amósanos unha natureza certamente máis indómita, máis dura e salvaxe, na que a man do home case non se deixa notar, máis pondaliana en todo caso.

GALICIA, ARTES E LETRAS 5

Page 6: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

A CULTURA POPULAR A parte referida á cultura popular, anunciada no cadro do gaiteiro, atopámola de novo na sala 5, a través das obras de Fernando Álvarez de Sotomayor (Estudio para romaría, Estudio para comida de voda en Bergantiños) e da escultura de Francisco Asorey (Filliña). Sotomayor foi un mestre en representar as costumes e tradicións populares da nosa terra. Tanto nos seus cadros como na escultura de Asorey atopamos unha serie de elementos propios da cultura popular galega como son as romarías, os traxes e vestidos, a relixiosidade popular... Porén, estas imaxes representan unha Galicia un tanto idealizada, inzada de tópicos que non reflicten as diferentes realidades do país. Habería que agardar ata a seguinte xeración para atoparmos cunha representación máis verosímil da nosa terra, ademais dunha evolución na forma de pintar.

A pintura de Luís Seoane, xa na sala 6, é moi diferente á que levamos visto ata o de agora, practicando unha pintura claramente situada na arte de vangarda. No tocante á temática, a obra de Seoane ten, en moitas ocasións, unha forte compoñente de denuncia social. É o caso de Emigrante, un cadro que nos invita a reflexionar sobre o fenómeno migratorio e sobre a diáspora galega formada por milleiros de emigrantes e de exiliados da que o mesmo Seoane formou parte.

Por outra banda, a obra de Seoane, tan diferente á de Lloréns, Sotomayor ou Asorey, por citar tres nomes que levamos visto, significa a culminación do proceso de renovación da plástica galega. Unha renovación que albiscamos nas obras de Laxeiro, Colmeiro e Maside. Este proceso non supón unha ruptura radical coa arte anterior, foi máis ben unha actualización temática e estética da obra xurdida desde Galicia. O obxectivo era captar a esencia do pobo galego, máis que as súas expresións superficiais, como deixa claro o propio Seoane: «(...) os xoves, o Maside e máis eu íbamos a feira e dibuxábamos o que víamos, que era a realidade viva de Galicia, ou seña: o que nos interesaba» (Luís Seoane) Este grupo de artistas atopa os elementos representativos e diferenciais da nosa cultura nos mundos do campo e do mar, nas tarefas cotiás que as mulleres -moitas delas viúvas de vivos que se atopaban alén mar- facían con absoluta dignidade e esforzo. Representan así a unha Galicia máis pura e sinxela, sen artificios, e o fan a través dunha linguaxe artística moderna e propia. Recollen unha tradición e a actualizan con recursos propios das vangardas. O resultado disto é unha pintura con raigame na arte popular galega, evidenciada na chamada estética do granito, e influída pola arte europea de entreguerras, que asimila as ensinanzas das primeiras vangardas como cubismo e o fauvismo, pero sen perder de vista a representación realista.

GALICIA, ARTES E LETRAS 6

Page 7: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

A FANTASÍA NAS ARTES E NAS LETRAS Tanto na arte como na literatura, a creación de mundos fantásticos, moitas veces tirados do máis fondo da imaxinación e do subconsciente humano, é un recurso habitual. É o caso de Urbano Lugrís (moitas veces escribindo baixo o xenial pseudónomo de Ulyses Fingal) e Eugenio F. Granell, dous artistas próximos ao movemento surrealista cuxa obra tamén está representada na colección do museo. Os dous foron xenios creadores que tamén deixaron a súa pegada en obras de carácter literario que nos amosan como a fronteira entre litaratura é arte é, en moitas ocasións, moito máis fráxil do que parece.

A ARTE GALEGA ATA OS NOSOS DÍAS A parte final da visita á sala 6 resérvanos unha serie de tesouros en pequeno formato que cómpre poñer en destaque. En primeiro lugar salientamos a obra de Alfonso R. Castelao, figura senlleira das nosas letras e tamén da nosa plástica. Ademais das dúas pequenas obras de Castelao que conserva o Museo, destacamos as caricaturas de Álvaro Cebreiro, a Carnavalada de Laxeiro, os gravados e as capas de Seoane, as ilustracións de Arturo Souto... Despois deste repaso pola arte galega dos últimos cento cincuenta anos, botamos unha ollada ao panorama actual, no que temos artistas galegos que recollen éxitos no contexto estatal e internacional. Centrámonos na obra dun dos artistas galegos de maior sona na actualidade: Francisco Leiro. Tamén na planta baixa do museo atopamos outras obras de artistas galegos que seguen a traballar na actualidade, como é o caso de Silverio Rivas, Leopoldo Nóvoa, Roberto González, Paco Pestana... Que adoptan as diferentes linguaxes artísticas que son compartidas por artistas con orixes moi diversas. Neste grupo de obras comprobamos os diferentes vieiros expresivos que a plástica galega presenta, introducindo así os alumnos, en certa medida, no concepto de arte actual.

GALICIA, ARTES E LETRAS 7

Page 8: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

3. OBRAS DO PERCORRIDO

A/ ANTONIO JASPE MOSCOSO, O gaiteiro Farruco de Montrove (1876)

ANTONIO JASPE MOSCOSO, O gaiteiro Farruco de Montrove O AUTOR: Antonio Jaspe Moscoso, nacido na cidade da Coruña 1856, foi un destacado pintor da segunda metade do século XIX Como acontece coa gran maioría dos artistas galegos que destacaban naquela autura, estudiou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Continuou a súa formación en Roma e París, entrando en contacto coa obra dos grandes clásicos da pintura italiana e francesa. Desenvolveu unha interesante carreira como artista, chegando a expoñer obras en importantes mostras e acadando premios nos concursos nacionais de pintura, ata o seu falecemento prematuro no ano 1887. Ademais de ser un notable retratista, interesouse polos xéneros histórico e rexionalista, sendo autor entre outras obras, dun cadro sobre María Pita que pertence ao Concello da Coruña. Jaspe Moscoso tamén destacou na práctica do debuxo, colaborando con publicacións como La ilustración Gallega y Asturiana e La semana.

GALICIA, ARTES E LETRAS 8

Page 9: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

A OBRA: Este cadro representa un retrato de corpo enteiro do gaiteiro Farruco de Montrove acompañado por un rapaz. Os dous personaxes están a interpretar música coa gaita e máis o tamboril. Como elementos do traxe tradicional galego, Farruco leva monteira, chaqueta, cirolas e polainas; o neno da súa esquerda leva monteira, camisa, chaleco, faixa e cirolas. Os personaxes aparecen retratados atravesando un carreiro de terra no medio dun monte, rodeados de rochas e piñeiros. Este tipo de cadros de carácter rexionalista nos que se representan escenas costumistas, fanse habituais a partir da segunda metade do século XIX. A obra destaca polo tratamento realista dos personaxes e da paisaxe que enmarca a escena, denotando a formación académica de Jaspe Moscoso. O autor resalta o traxe rexional e os instrumentos que portan os dous personaxes, converténdoos así en protagonistas do cadro tanto ou máis que as facianas dos retratados. Farruco de Montrove foi un dos primeiros gaiteiros galegos que acadaron certa notoriedade en Galicia, ao igual que Avelino Cachafeiro -O Gaiteiro de Soutelo- ou o cuarteto Os tempranos de Eirís. Farruco naceu na segunda metade do século XIX e estivo activo ata ben entrado o século XX, percorrendo as festas da comarca das Mariñas. O feito de ser retratado por un pintor de certo prestixio naquela altura é un indicativo da valoración que a música popular autóctona comezaba a acadar neste último cuarto do século XIX, feito que hai que poñer en relación co desenvolvemento e a valoración da cultura propia, no contexto do Rexurdimento. OUTRAS OBRAS DE JASPE MOSCOSO NO MUSEO:

A dama triste

GALICIA, ARTES E LETRAS 9

Page 10: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

B/ FRANCISCO LLORÉNS, Brañas (1925)

FRANCISCO LLORÉNS, Brañas (1925) O AUTOR: Francisco Lloréns foi un dos mellores paisaxistas galegos. Un pintor que traballa en plein air, percorrendo as comarcas galegas e buscando as paisaxes máis belas e significativas que levar aos seus lenzos, convertidos entón en paradigma da beleza da nosa paisaxe. Francisco Lloréns naceu na cidade da Coruña en 1874. Sendo novo decidiuse a seguir a súa vocación artística e fíxose pintor formándose na Real Academia de San Fernando en Madrid. Alí foi alumno do mellor pintor de paisaxes do momento, Carlos de Haes (no Museo de Belas Artes temos algunhas obras súas). Outro dos seus mestres foi Sorolla, a quen Lloréns visitou a cotío no seu estdio durante dous anos. A influencia do mestre valenciano faise patente na obra de Lloréns, sobre todo no tocante ao tratamento da luz. Despois de pasar os seus primeiros anos de artista na Coruña, gañou unha estancia como pensionado en Roma, e viaxou por toda Italia e os Países Baixos, visitando museos e coñecendo a arte que alí se facía. Despois destas viaxes estableceuse en Madrid como pintor, mais cunha particularidade, xa que todos os veráns viaxaba a Galicia e dedicábase a percorrer as distintas comarcas na procura de paisaxes fermosos para os

GALICIA, ARTES E LETRAS 10

Page 11: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

seus cadros. Nesas longas tempadas pasadas na súa terra natal Lloréns fixo os seus mellores cadros, representando os verdes e azuis do campo e o mar galegos que tan fonda pegada deixaran na súa alma. Lloréns foi premiado en numerosas ocasións, chegando a gañar a medalla de ouro ao mellor cadro de paisaxe nas exposicións nacionais que organizaba a Academia. Tamén foi mestre doutros artistas na Academia de San Fernando -catedrático de paisaxe- onde el mesmo estudiara sendo novo. Ademais foi un home moi comprometido coa arte que se facía en Galicia, promovendo exposicións de artistas galegos, e foi amigo de grandes intelectuais e artistas galegos, como por exemplo o compositor Marcial del Adalid, deixándonos un fermoso cadro do seu xardín que podemos contemplar no museo. Resumimos así a traxectoria vital dun artista que cos seus cadros puxo en valor a beleza da paisaxe galega, da cal foi sempre un namorado. Nos seus cadros buscou esa Galicia fermosa, ideal, pintada ao natural con exquisita sensibilidade. Foi un mestre na captación da luz difusa da paisaxe galega, na representación desa atmosfera densa e bretemosa que caracteriza o ceo galego. A OBRA: As brañas son terreos húmidos, xeralmente á beira dun río, que son aproveitados como prados para o gando. En Galicia é unha pasaxe moi habitual, combinada xeralmente con fragas, campos de cultivo, cómaros, pequenas aldeas... Neste cadro de Lloréns podemos ver un bo número de elementos vexetais que lle permiten xogar ao pintor cunha ampla gama de tons verdes e amarelos, cos que vai representando a variada vexetación: amieiros, carballos, castiñeiros, piñeiros, arbustos... Vemos como neste cadro cheo de luminosidade predominan as cores claras (lembremos que Lloréns pintaba en verán). A obra representa tamén esa paisaxe ondulada de Galicia, conformada por vales polos que discorren fermosos regatos, outeiros, lombas, pequenas chairas... Na obra de Lloréns predomina a vizosa natureza galega, máis tamén albiscamos a man do home como ordenador da mesma, convivindo e transformando o elemento natural neste hábitat, representado pola casa situada xusto no medio da composición. O ceo é claro e azul pero non moi nidio, xa que aparece peneirado por unhas lenes capas de néboa que esvaecen o horizonte, feito moi característico na pintura de Lloréns. O cadro transmítenos serenidade e tranquilidade, nese morno serán de estío no que o tempo parece deterse a contemplar a fermosura da paisaxe galega.

GALICIA, ARTES E LETRAS 11

Page 12: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

OUTRAS OBRAS DE LLORÉNS NO MUSEO:

Arredores de Bruxas

Lavandeiras no río

Ría de Mera. Costas galegas

X

ardín do pazo de Marcial del Adalid

GALICIA, ARTES E LETRAS 12

Page 13: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

C/ FRANCISCO ASOREY, Filliña (1948)

FRANCISCO ASOREY, Filliña

O AUTOR: Asorey foi un dos máis importantes escultores galegos do século XX, figura emblemática no ámbito artístico e intelectual e artista de cabeceira da Xeración Nós. Francisco Asorey nace en Cambados no ano 1889. Aos catorce anos, xa cunha vocación artística irrefreable, marcha a Barcelona a formarse como escultor. Neses anos recibe a influencia do modernismo e das primeiras vangardas, coñecendo a obra dos escultores máis importantes do momento, como é o caso de Rodín. Tras unha etapa en Bilbao como mestre e outra en Madrid, aséntase definitivamente en Compostela, montando un obradoiro no campo de Caramoniña (despois cambiaría este lugar polo taller de Santa Clara). Durante a década dos anos 20 a súa sona de gran escultor vai medrando. Participa en diversas exposicións e recibe importantes encargos, acadando a primeira e a segunda medalla nas exposicións nacionais de Belas Artes. O regreso a Galicia coincide cunha nova linguaxe artística, próxima ao primitivismo e que ten como referencia a tradición escultórica galega que se remonta ao románico.

GALICIA, ARTES E LETRAS 13

Page 14: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

Nesta altura Asorey traballa a cotío en madeira; son tallas policromadas de figuras humanas, case sempre mulleres, vencelladas a terra e que actúan como iconas da galeguidade. Ademais emprega outros materiais como o bronce e, sobre todo, a pedra granítica tan representativa da xeografía física e humana de Galicia. Algunhas das súas obras monumentais son imprescindibles dentro da trama urbana das nosas cidades, como o monumento a Curros Enríquez na Coruña ou o monumento a San Francisco en Santiago de Compostela, entre outros. Nas últimas décadas da súa vida acada un gran recoñecemento, mentres dá un xiro á súa producción, achegándose ao neohumanismo e facendo numerosas obras de corte relixioso. A vida de Asorey transcorre en Compostela, ao carón da súa muller, atendendo ao encargos e achegándose, nesta última etapa, á docencia. Tamén lle chega o recoñecemento, sendo nomeado correspondente da Real Academia de San Fernando, numerario da Academia de Belas Artes Nª Señora do Rosario e académico de honra da Real Academia Galega. Asorey morre en 1961 en Compostela, deixando un legado artístico importantísimo no ámbito da escultura, amplamente representado nos museos e nas rúas de Galicia A OBRA: Filliña é unha escultura de madeira policromada feita polo artista cambadés en 1948; porén, ben podía ter sido esculpida vinte anos antes, pois Asorey reproduce nela modelos que xa empregara moitas veces con anterioridade. Unha nena axeonllada, vestida co traxe tradicional galego, presenta unha ofrenda floral. A rapaza leva mantelo vermello e mandil, unha camisa branca e un fermoso pano estampado que lle cobre a cabeza e as costas. Vai calzada cunhas zocas. Nas mans leva dous vasos de flores de cinco dedos de Sargadelos que lle ofrece á imaxe que ten xusto diante do peito. A talla máis pequena trátase dunha Inmaculada rodeada de flores, que porta unha longa capa azul con cruces brancas. Ademais do xeito de vestir da rapaza, dos vasos de Sargadelos e das cores da capa da virxe que fan referencia explícita a Galicia, a faciana da nena representa o tipo ideal racial galego: os pómulos saíntes, as fazulas rosadas, os ollos claros... Características físicas que poñen en relación a obra de Asorey coa doutros artistas galegos como Sotomayor, que crían encontrar nas características fisicas un feito diferencial galego. Estamos, pois, diante dunha imaxe cargada de simbolismo, icona da Galicia rural e tradicional. Por outra banda, o hieratismo da figura, a talla irregular e o propio tratamento do material remítennos ao legado escultórico dos nosos antergos.

GALICIA, ARTES E LETRAS 14

Page 15: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

OUTRAS OBRAS DE ASOREY NO MUSEO:

Bosquexo para Cristo de Noia

GALICIA, ARTES E LETRAS 15

Page 16: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

D/ LUÍS SEOANE, Emigrante (1967)

LUÍS SEOANE, Emigrante O AUTOR: Luís Seoane nace en Bos Aires no ano 1910, no seo dunha familia de emigrantes galegos. Aos seis anos retornan á Coruña, cidade na que Seoane pasaría a súa infancia e xuventude ata que marcha a Santiago de Compostela a facer o bacharelato e a estudiar a carreira de dereito. Nestes anos de Compostela, sendo aínda moi novo, comeza a súa producción artística e o seu vencello cos movementos intelectuais de carácter galeguista, actividades que vai desenvolver durante toda a etapa da II República (1931-36). Unha vez que remata a carreira, Seoane comeza a traballar como avogado en asuntos laborais na Coruña. A finais do ano 1936, debido á persecución fascista tras o golpe de estado, tense que exiliar en Bos Aires para salvar a súa vida. Establécese xunto coa súa muller Maruja na súa cidade natal, onde se vai converter nun referente dentro do exilio galego no continente americano. Na capital arxentina vai desenvolver unha grande labor política e

GALICIA, ARTES E LETRAS 16

Page 17: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

intelectual, promovendo todo tipo de actividades culturais: editoriais, revistas, radio, faladoiros, exposicións, etc. Sempre cun gran compromiso cara Galicia e tamén apoiando todo tipo de causas sociais, converténdose no referente da diáspora tras a morte de Castelao no 1949. Xúntanse nesta etapa bonaerense un Castelao representante e icona da Galicia democrática no exilio cun Seoane máis novo, cheo de enerxía, traballando a reo a prol da nosa cultura, entregado a multitude de causas. Alí coincide, ademais, con outros artistas exiliados como Manuel Colmeiro e Maruja Mallo, e con escritores como Lorenzo Varela ou Rafael Dieste. No continente americano vai ir medrando como artista. Un par de viaxes por Europa na década dos 40 e dos 50 (nos que chegou a coñecer ao seu admirado Picasso) puxérono en contacto coa arte de vangarda e foi nesas décadas cando foi perfilando o seu estilo artístico. Máis adiante lle chegaría o recoñecemento: medalla de prata na Exposición Universal en Bruselas (1958), Premio Palanza (1962), membro da Academia de Belas Artes (1968). No camiño, multitude de exposicións e obras artísticas de moi diferente formato: lenzos, murais, gravados, ilustracións... En 1963 retorna a Galicia por vez primeira desde o exilio. A partir desta data, aínda que segue en Arxentina, vai ter un contacto habitual coa súa terra, fundando en 1968, xunto con Isaac Díaz Pardo o Laboratorio de Formas. Nos anos 70 retorna definitivamente a Galicia, onde vai morrer no ano 1979, deixando un extenso legado artístico, literario e intelectual, e sendo hoxe en día un gran exemplo de compromiso cara a terra e cara as causas xustas. En 1994 o pobo galego recoñece a súa traxectoria dedicándolle o día das letras galegas. A OBRA: Emigrante é un cadro que reflicte moi ben o compromiso de Seoane coa arte moderna e a función social que para el a arte debía cumprir. A pintura de Luís Seoane sitúase claramente na arte de vangarda, conectando cos movementos estéticos que se desenvolveron en Europa durante a primeira metade do século XX. Os seus cadros presentan un estilo moi persoal que destaca pola utilización de planos de cor intensos que conforman as figuras, sinxelas e planas, e trazos grosos de pintura negra, autónomos, que estruturan a composición. No tocante á temática a obra de Seoane ten, en moitas ocasións, unha forte compoñente de denuncia social. É o caso de Emigrante, un cadro que nos invita a reflexionar sobre a diáspora galega formada por milleiros de emigrantes e de exiliados da que o mesmo Seoane formou parte. Na imaxe vemos a unha muller sentada dentro dun cuarto; ten un cartel pendurado que revela a súa condición de emigrante na cidade suíza de Xenebra, ademais nos indica que é analfabeta e que precisa axuda. As cores utilizadas por Seoane neste caso transmítennos unha sensación de tristura e de anguria. Unha xanela ábrese na parede amosándonos unha noite fría e lúgubre, metáfora da situación da muller protagonista do cadro, e de milleiros de mulleres galegas, emigrantes ou viúvas de vivos, que sofren o atraso e a inxustiza á que está sometida Galicia naquela altura.

GALICIA, ARTES E LETRAS 17

Page 19: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

E/ URBANO LUGRÍS, Mariña surrealista (1969)

URBANO LUGRÍS, Mariña Surrealista O AUTOR: Urbano Lugrís, fillo dun ilustre intelectual galeguista, Manuel Lugrís Freire, e dunha pianista, Concepción González, nace na cidade da Coruña en 1908. A música e as novelas de Xulio Verne que o arrodean na súa nenez marcarán a súa producción como artista. Lugrís marcha sendo novo a Santiago, onde comeza e destacar como debuxante, e logo a Madrid, a principios da década dos 30. Na capital do estado relaciónase con intelectuais como Dieste e Lorca, chegando a participar nas Misións Pedagóxicas, e toma contacto coas obras dos autores flamengos no Museo do Prado, que resultaron unha influencia decisiva na súa obra. Antes da guerra volve á Coruña, onde participa con Seoane, Cebreiro e outros artistas nos faladoiros do taller de Luís Huici. Despois da guerra mora alternativamente entre A Coruña e Vigo, levando unha vida, en certa medida, de artista bohemio, mais chea de creatividade. Dotado dunha extraordinaria memoria, os contos, lendas e centos de anécdotas coas que deleitaba aos seus amigos fixeron de Lugrís unha personaxe entrañábel e inesquecíbel nas tabernas da Coruña e Vigo. Nos anos corenta, que pasa na cidade olívica, a actividade cultural de Lugrís é desbordante, non so no tocante á pintura, senón como colaborador en publicacións, estre as que destaca El Pueblo Gallego. Para o mundo editorial aporta os seus extraordinarios gráficos, ademais de colaborar como escritor de prosa e de poesía; para rastrexar as súas colaboracións en prensa hai que identificalo co pseudónimo Ulyses Fingal. Nesta década acada o éxito en diversas exposicións colectivas e de carácter individual.

GALICIA, ARTES E LETRAS 19

Page 20: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

Se os corenta foron os anos vigueses, os cincuenta haberíalos de pasar na Coruña. Desta época cómpre subliñar a súa faceta como pintor de murais, da que deixa pegada en varios locais da cidade así como noutras localidades galegas, e a súa crecente importancia na creación literaria, ligada agora á revista Atlántida. A morte da súa muller marca a vida dun Lugrís máis tristeiro a partir de entón. Desde 1964, data na que abandona A Coruña para instalarse en Vigo, continúa traballar, amosando o que sempre fixo, unha grande capacidade creativa e imaxinativa, porén, na súa vida persoal, os seus períodos depresivos van ser cada vez máis duradeiros, e a bohemia faise cada vez máis presente. Lugrís morre en 1973 deixando tras de si unha extensa obra dunha grande personalidade, pois foi quen de crear un universo pictórico propio e persoal. A OBRA: Mariña surrealista reflicte en boa medida o universo pictórico de Lugrís, representando un mundo mariño e submarino a través de elementos iconográficos cargados de simbolismo, onde está moi presente a influencia do surrealismo. Un mundo de fantasía do que abrollan multitude de elementos xurdidos directamente da extraordinaria imaxinación do autor, que nos remiten a un mundo máxico. Baixo un ceo irreal e evocador, que vai do branco puro ao negro máis intenso, pasando por unha ampla gama de laranxas, rosas e violetas, desenvólvese unha escena surrealista na que podemos ver unha illa misteriosa de estrañas formas que emerxe do fondo do mar, entre a area e as pozas. Ademais destacan outros obxectos igualmente desconcertantes, como unha buguina, un ovo xigante, un mastro de buque... Na composición destaca a presencia dunha fermosa serea azul que flota enriba dunha nube, atopando así acomodo fóra do seu espacio natural. Semella que o mar retirouse e deixou á vista un fondo mariño cargado de misterio, relacionado coas mitoloxías atlántica e clásica, e que transmite ao espectador un fondo sentimento de melancolía. O feito de empregar unha táboa como soporte permítelle a Lugrís explotar a súa gran capacidade para o debuxo, acadando un gran nivel de detalle. Así mesmo, nas táboas de Lugrís as cores acadan un brillo e unha beleza plástica especiais, conformando unha obra singular e feita cun estilo moi persoal.

GALICIA, ARTES E LETRAS 20

Page 22: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

F/ FRANCISCO LEIRO, Xigante 1984

FRANCISCO LEIRO, xigante

O AUTOR: Francisco Leiro nace na vila pontevedresa de Cambados en 1957. Coñece desde neno os principais materiais e procedementos ligados á tradición escultórica galega no obradoiro familiar de artesáns canteiros. Ademais desta aprendizaxe informal no seo familiar, formouse na Escola de Artes e oficios en Santiago e durante un breve período de tempo na Escuela de Bellas Artes de Madrid. Unha serie de feitos van marcar a súa traxectoria de éxito como artista. En 1975 fai a súa primeira exposición na súa vila natal. Ao ano seguinte participa nunha colectiva en Madrid. Tamén se relacionou co grupo Atlántica, participando na altura dos primeiros 80 na renovación da plástica galega. O seu talento non pasou desapercibido, participando en numerosas exposicións internacionais durante a décadas dos 80, entre a que destaca a súa presencia na Bienal de Sao Paulo. En 1990 a galería Malborough contrátao en exclusividade. Desde esta data, compaxina o seu tempo entre Cambados e New York, convertido no artista galego máis universal do momento. A súa obra forma parte de importantes

GALICIA, ARTES E LETRAS 22

Page 23: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

coleccións de arte actual en mans privadas e tamén de institucións e centros de arte. A OBRA: Un tronco de carballo, tallado e baleirado de xeito rudo, arcaizante, feito case a golpe de machado, é transformado por Leiro nunha figura cargada de expresividade. Usando os materiais propios da natureza galega, neste caso a madeira da árbore icónica das nosas fragas, o artista cambadés crea un ser de carácter mitolóxico cun gran fondo simbólico, sempre baixo o paradigma do respecto cara as características intrínsecas do material, como as fendeduras propias da madeira seca. O Xigante é un bo exemplo do universo iconográfico de Leiro, desa mestura, cargada de expresionismo e ironía, de mitoloxía e cultura popular. Unha mirada fera, azul, inzada de xenreira. Un corpo de talla monumental, en posición frontal, que acusa un deliberado arcaísmo. As guedellas e a longa barda acentúan o aspecto fero dun xigante que albisca o horizonte de brazos cruzados cun xesto que atemoriza. Ese xesto serio e impenetrable na súa faciana transmítenos, á vez, unha certa sensación de honestidade. Semella ser un xigante rudo e fero, pero en todo caso xusto. Para os galegos as obras de Leiro -como este Xigante- teñen o valor engadido de seren herdeiras dunha tradición escultórica secular, vencellada ao medio vital galego e aos materiais propios (granito, madeira...). Materias que, transformadas polas mans do mestre cambadés, acadan un alto valor estético e simbólico.

GALICIA, ARTES E LETRAS 23

Page 24: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

4. RECURSOS EDUCATIVOS

RECURSOS NA WEB

En internet temos unha serie de recursos moi útiles tanto para traballar na aula sobre a arte contemporánea de Galicia como para preparar a visita ao museo. No website do Museo de Belas Artes da Coruña pódese consultar as obras dos diferentes artistas pertencentes á colección: http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=19 Nesta mesma Web podemos descargar fichas didácticas en formato pdf. sobre diferentes cadros do museo: http://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=457 Outros museos de Galicia conteñen material interesante que se pode consultar desde a Web. O Museo de Pontevedra inclúe unha sección de persoeiros do museo con fichas de Laxeiro e Castelao, e ademais ten o catálogo da obra de Castelao conservada no centro: h(Catálogo Castelao)

ttp://www.museo.depo.es/coleccion/catalogo.castelao/ga.03110000.html

ttp://www.museo.depo.es/persoeiros/ga.99000000.html (Persoeiros do

a Web do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) pódese atopar

tp://www.cgac.org/

Fundación Caixa Galicia e a Obra Social Caixanova posúen unha

a

ttp://www.fundacioncaixagalicia.org/ (sección Arte)

ttp://www.coleccioncaixanova.com/

lgunhas Fundacións dedicadas a artistas e intelectuais galegos teñen o

undación Laxeiro: http://www.laxeiro.es/

undación Granell: http://www.fundacion-granell.org/

hmuseo) Ninformación sobre artistas galegos que están representados na colección docentro: ht Aimportante colección de arte galega. Temos acceso a ela a través das páxinas web das respectivas entidades, que ademais inclúen unha fichbibliográfica sobre os autores e comentarios sobre as obras: h h Aseu propio Website con información sobre os autores. Tamén existen espazos virtuais dedicados a creadores galegos: F F

GALICIA, ARTES E LETRAS 24

Page 25: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

Fu M M P OEugenio F. Granell que resulta moi completa e interesante:

ndación Luís Seoane: http://www.luisseoanefund.org/

useo Castelao Virtual: http://www.museocastelao.org/

anuel Colmeiro: http://www.manuelcolmeiro.com/

intores gallegos: http://www.pintoresgallegos.com

Instituto Cervantes ten unha exposición virtual sobre a figura de

ttp://cvc.cervantes.es/artes/granell/

Portal do Consello da Cultura Galega ofrece un bo número de recursos,

n

edicados á literatura galega, dos que odemos descargar materiais. Un dos máis completos é a Biblioteca

e os

de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura galega, ermite escoitar on-line e tamén descargar as voces dalgúns escritores e

1.php

ultura alega .lg3, que recolle información sobre obras e autores antigos e da

icia, a Real Academia Galega ten nha biblioteca virtual con títulos dos clásicos galegos que se poden

ia. O ar títulos

ga.org/RAGBibVir/MainPage.do (Biblioteca

h Otanto no ámbito das artes plásticas como no literario, do que docentes e alumnos poden tiran proveito. No espazo virtual Atalaia ofrece informaciósobre os artistas galegos máis importantes da actualidade: http://www.culturagalega.org/atalaia/ Na rede tamén podemos atopar sitios dpVirtual Galega, páxina da Universidade da Coruña, que posúe un índice de autores en lingua galega, con fichas biográficas e bibliográficas sobrautores, e con material escrito, de audio e vídeo. http://bvg.udc.es/ O Arquivo Sonoropintelectuais galegos representativos da últimas décadas: http://www.consellodacultura.org/arquivos/asg/biblioteca No ámbito literario destacamos tamén a páxina do Consello da CGactualidade e o portal Biblioteca das letras galegas, e máis outros dous portais dedicados ás nosas letras: http://www.culturagalega.org/lg3/ http://www.letrasgalegas.org/ http://www.prazadasletras.org/ No tocante á prensa histórica de Galuconsultar na rede, e ademais conta cunha hemeroteca virtual con exemplares dixitalizados dalgunhas das cabeceiras históricas de GalicCentro Superior Bibliográfico de Galicia tamén permite consulthistóricos da prensa galega: http://www.realacademiagale

GALICIA, ARTES E LETRAS 25

Page 26: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

R AG)

www.realacademiagalega.org/Hemeroteca/ (Hemeroteca RAG)

ECURSOS NOS LIBROS

unha serie de recursos bibliográficos e na Web co obxectivo de que os profesores teñan a posibilidade de preparar a

ita bibliografía relacionada coa arte galega dos séculos XIX e XX. O mellor xeito de achegarse

o

posúen esta colec

Outra obra de referencia onde podemos atopar moita información sobre este período da arte en Galicia é o

te

istas en

citadas con anterioridad

demais destas obras de referencia, podémonos achegar aos movementos rtísticos e as súas principais figuras a través de catálogos de exposicións e e obras monográficas sobre diversos artistas. A continuación presentamos

ica, A Coruña, 2001

http:// http://www.csbg.org

R

A continuación facilitamos

actividade con anterioridade á visita ao museo, ou ben afondar nos contidos da mesma unha vez de volta na aula.

Na actualidade hai mo

á obra dos artistas galegos máis destacados e a colección Artistas galegos de Nova Galicia Edicións. A colección está organizada por estilos artísticos e dentro destes por autores. En cada tomo hai unha introducción á época e aestilo referido e artigos que explican a vida e obra de cadaautor feitos por diferentes historiadores da arte galegos. A colección destaca pola calidade das súas ilustracións. A Biblioteca do Museo de Belas Artes, a Biblioteca da ncial da CoruñaDeputación Provi e a Biblioteca Miguel González Garcés ción.

Proxecto Galicia de Hércules de Edicións, concretamente os tomos XV e XVI dedicados á ArContemporánea galega. Estes tomos conteñeninteresantes artigos de historiadores especial Castro e X. M. López Vázquez. Nas bibliotecas e tamén podemos atopar esta colección.

Aadunha escolma de traballos sobre diferentes artistas galegos que nos pareceninteresantes: - J. C. VALLE PÉREZ (coord.): Ovidio Murguía. Fund. Pedro Barrié de la Maza. Alva gráf

ate galega como Antón

GALICIA, ARTES E LETRAS 26

Page 27: INDICEmuseobelasartescoruna.xunta.gal/.../galicia_artes_e_letras_dossier.pdf · - Establecer o diálogo entre as artes plásticas (pintura e escultura) e a literatura a través da

- JUAN J. LUNA: Lloréns y su tiempo. Fund. Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1988 - J. C. VALLE PÉREZ (coord.): Fernando Álvarez de Sotomayor. Fund. Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 2004 - ANTÓN PATIÑO: Urbano Lugrís. Viaje al corazón del océano. Nigratrea, Vigo, 2008 - L. M. CARUNCHO AMAT: Laxeiro (catálogo da exposición) Fund. Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 2008 - X. ANTÓN CASTRO: Manuel Colmeiro. Ed. galaxia, Vigo, 1994 - VV.AA: Diccionario Seoane (catálogo da exposición Seoane a configuración do posible). Fundación Luis Seoane, 2010 - VV.AA: Eugenio Granell. Deputación Provincial da Coruña, A Coruña, 1994. - VV.AA: Castelao: A derradeira lección do mestre. Museo Provincial de Lugo, Lugo, 2010 - VV.AA: Leiro (catalogo da exposición - CGAC). Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000 Case todos os escritores cos que traballamos neste percorrido son moi populares e podemos encontrar obras deles en todas as bibliotecas de Galicia (Rosalía, Pondal, Seoane, Rivas...). A obra escrita de artistas como Eugenio Granell ou Urbano Lugrís é menos coñecida. A continuación marcamos algunhas referencias bibliográficas:

- A producción escrita de Urbano Lugrís atopámola fundamentalmente na revista Atlántida, publicada entre os anos 54 e 56, na que firma co pseudónimo de Ulyses Fingal. Nesta publicación ademais deixa grandes exemplos de obra gráfica, pois el mesmo era o encargado de ilustrala e de deseñar as capas. No libro Urbano Lugrís, viaje al corazón del océano, de Antón Patiño, inclúese unha antoloxía crítica de textos de Lugrís, que resulta de moito interese á hora de achegarse á obra escrita deste importante e artista coruñés.

- Eugenio F. Granell é autor dunha importante producción literaria que abrangue varios xéneros: ensaio, teatro, poesía... A obra escrita de Granell é máis extensa, aínda que moitos dos seus libros foron editados no exilio e non resulta doado atopalos. Destacamos as súas obras de poesía Isla cofre mítico e Estela de presagios.

GALICIA, ARTES E LETRAS 27