iii plan de igualdad soutomaior

32
III PLAN MUNICIPAL PARA A IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES SOUTOMAIOR | 2014-2017

Upload: estratexia-plus

Post on 06-Apr-2016

230 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

III Plan de igualdade do concello de Soutomaior III Plan de igualdad del ayuntamiento de Soutomaior

TRANSCRIPT

Page 1: III Plan de igualdad Soutomaior

III PLAN MUNICIPAL PARA A

IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES SOUTOMAIOR | 2014-2017

Page 2: III Plan de igualdad Soutomaior
Page 3: III Plan de igualdad Soutomaior

PRESENTACIÓN

INTRODUCIÓN

CONTEXTO NORMATIVO

CONTEXTO SOCIO-DEMOGRÁFICO

OBXECTIVOS E ACCIÓNS POR ÁREAS DE TRABALLO

FORMACIÓN E EDUCACIÓN

INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

PARTICIPACIÓN SOCIOCULTURAL

SAÚDE E BENESTAR

ABORDAXE DA VIOLENCIA DE XÉNERO

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

CONTIDO

Page 4: III Plan de igualdad Soutomaior
Page 5: III Plan de igualdad Soutomaior

Conscientes de que aínda nos queda moito por conseguir, o Concello de Soutomaior pon a súa disposición o III Plan de Igualdade entre mulleres e homes. Afortunadamente non partimos de cero, e este III Plan nace da revisión do anterior, mellorando e innovando para adaptarse á nova realidade, e contando cunha vixencia que se prolongará ata o ano 2017. Son catorce obxectivos e 30 accións para seguir promovendo a

igualdade entre mulleres e homes no municipio. Séguennos sobrando os motivos para loitar contra a discriminación laboral e que a muller acceda ó mercado de traballo nas mesmas condicións que o home, tamén para a conciliación da vida laboral e familiar ou por erradicar, dunha vez por todas, a incomprensible e letal violencia de xénero. Este Plan de Igualdade está aberto á sociedade tendo por diante o reto

de implicarnos, xunto con toda a poboación, para convertelo en realidade dándolle diariamente un sentido práctico. É o noso desexo, que ó remate deste III Plan de Igualdade, o noso municipio conte cunha poboación máis concienciada en orden a garantir unha igualdade real, onde contemos, tanto mulleres como homes, coas mesmas oportunidades na vida política, cultural, económica

e social. Soutomaior, 21 de Novembro de 2014

Agustín Reguera Ocampo Cristina González Piedras

Alcalde Concelleira de Igualdade, Asuntos

Sociais e Sanidade

PRESENTACIÓN

Page 6: III Plan de igualdad Soutomaior

A evolución do concepto de igualdade e a perspectiva

de xénero, constitúe un obxectivo de largo percorrido que

obriga ás institucións públicas a adecuar, de forma

persistente e continua, as accións políticas en pro dunha

sociedade máis democrática e igualitaria, no exercicio

dos dereitos sociais, políticos, civís, económicos e culturais.

Os logros acadados resultan insuficientes e, aínda sendo

significativos, hai que dar o salto para pasar da igualdade

formal á igualdade real de oportunidades entre mulleres e

homes.

O dereito á igualdade interesa a toda a cidadanía do

concello de Soutomaior porque mellora a calidade de

vida, tanto na realización profesional coma na persoal,

familiar, laboral... Estamos convencidos/as de que a

máxima participación en igualdade de condicións da

muller co home, en tódolos campos, é indispensable para

o desenvolvemento pleno e completo do municipio. Polo

que impulsamos a adopción de medidas necesarias a fin

de suprimir esta discriminación en tódalas súas formas e

manifestacións. Dende o Concello de Soutomaior, coa

posta en marcha do I Plan de Igualdade de

Oportunidades (2005) e o II Plan de Igualdade entre

mulleres e homes (2008-2011; prórroga 2011-2013) quixemos

INTRODUCIÓN

Page 7: III Plan de igualdad Soutomaior

por en firme o noso compromiso co logro efectivo do

“dereito á igualdade real entre mulleres e homes”,

expresado a través da posta en marcha de políticas de

igualdade, continuando, a día de hoxe, na mesma liña.

Dende o ano 2005, no que se desenvolveu o I Plan de

Igualdade de Oportunidades, o concello de Soutomaior non

cesou no empeño de dotarse de ferramentas que posibiliten

acadar ditos obxectivos e que permitan avanzar, ano tras

ano, na súa consecución. Para manter as accións iniciadas

no II Plan de Igualdade, desenvolver aquelas accións que

por diferentes motivos non se chegaron a realizar ou atender

ás novas necesidades detectadas na avaliación deste Plan,

o Concello pon en marcha o III Plan de Igualdade.

Este III Plan de Igualdade do Concello de Soutomaior

pretende ser un marco global que determine as actuacións

que en materia de igualdade se desenvolverán no período

temporal comprendido entre 2014 e 2017, co fin de seguir

avanzando na creación dunha sociedade igualitaria e libre

de calquera tipo de violencia, conseguindo un concello

máis xusto, onde exista una equiparación real entre mulleres

e homes.

Page 8: III Plan de igualdad Soutomaior

CONTEXTO NORMATIVO

O dereito á igualdade entre mulleres e homes está garantido

en distintos tratados de ámbito internacional, comunitario,

estatal e autonómico, que serven de referencia.

INTERNACIONAL

o Carta das Nacións Unidas [1945]. o Declaración Universal de Dereitos Humanos [1948]. o Convención sobre os dereitos políticos da muller [Resolución 640

(VII), de 20 de decembro de 1952, da Asamblea General de las Naciones Unidas]. Adhesión de España, 1974.

o Convención das Nacións Unidas para a eliminación da discriminación racial [1965].

o Pactos Internacionais de Dereitos Humanos [Pactos de New York]. o Declaración sobre a eliminación da discriminación contra a

muller. Resolución 2263 [XXII], de 7 de novembro de 1967, da Asamblea General de las Naciones Unidas.

o Convención das Nacións Unidas sobre a eliminación de todas as formas de discriminación sobre a muller [Resolución 34/180, de 18 de decembro de 1979, da Asamblea General de las Naciones Unidas].

o Declaración de Nacións Unidas sobre a eliminación da violencia contra a muller [1993].

o Protocolo Facultativo da Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller. Resolución A/54/4 de 6 de outubro de 1999, da Asamblea General de las Naciones Unidas.

o Conferencias mundiais de Nacións Unidas. o Convenios da Organización Internacional do Traballo (OIT).

Page 9: III Plan de igualdad Soutomaior

o Tratado de Roma [1957]. o Tratado de Amsterdam [1997]. o Directivas de la Unión Europea [1975] a [2006]. o Recomendación 84/635/CEE [1984]. o Plan de traballo para a igualdade entre mulleres e homes 2006-2010

[COM [2006]. o Comunicación da Comisión ó Parlamento Europeo, ó Consello, ó

Comité Económico e Social Europeo e ó Comité das Rexións de 21 de setembro de 2010, Estratexia para a igualdade entre mulleres e homes 2010-2015.

EUROPEO

o Constitución Española de 1978. o Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección

Integral contra a Violencia de Xénero. o Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a Igualdade efectiva de

mulleres e homes. o Plan Nacional de Sensibilización e Prevención da Violencia de

Xénero. o Plans Nacionais de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e

Homes.

NACIONAL

o Estatuto de autonomía de Galicia. Lei Orgánica 1/1981, de 6 de abril. (B.O.E. 28/04/1981).

o Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

o Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a Igualdade de Mulleres e Homes. o Lei 2/2007, do 28 de marzo, de Traballo en Igualdade das Mulleres de

Galicia. o Lei 11/2007, do 27 de xuño, para a Prevención e o Tratamento

Integral da Violencia de Xénero. o Plans Galegos de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e

Homes.

AUTONÓMICO

Page 10: III Plan de igualdad Soutomaior

o Carta Europea para a Igualdade de Mulleres e Homes na Vida Local.

o Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (actualizada a data 21/12/03).

o Lei orgánica 4/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

o I Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Soutomaior 2005-2006.

o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Soutomaior 2008-2010 (prórroga 2011-2013).

LOCAL

Page 11: III Plan de igualdad Soutomaior

CONTEXTO SOCIO-DEMOGRÁFICO

O Concello de Soutomaior ten unha extensión duns 24,99 km², nos que se asenta unha poboación de máis 7.000 habitantes distribuídos en dúas parroquias, a de Arcade e a de Soutomaior.

ARCADE

SOUTOMAIOR

REDONDELA

PONTEVEDRA

PONTE CALDELAS

PAZOS DE BORBÉN

VILABOA

Page 12: III Plan de igualdad Soutomaior

O núcleo urbano do Concello de Soutomaior sitúase na

parroquia de Arcade, onde están localizados a maioría dos

establecementos do sector servizos, a biblioteca municipal, e

o Centro Multiusos, onde se atopa situado a CIM e a OMIX.

A parroquia de Soutomaior ten un carácter máis rural, nela

atópase situada a Casa do Concello, o pavillón de deportes,

o castelo de Soutomaior e diferentes zonas verdes, ademais

das praias fluviais do río Verdugo.

O núcleo urbano do Concello de Soutomaior sitúase na

parroquia de Arcade, onde están localizados a maioría dos

establecementos do sector servizos, a biblioteca municipal, e

o Centro Multiusos, onde se atopa situado a CIM e a OMIX.

A parroquia de Soutomaior ten un carácter máis rural, nela

atópase situada a Casa do Concello, o pavillón de deportes,

o castelo de Soutomaior e diferentes zonas verdes, ademais

das praias fluviais do río Verdugo.

PARROQUIA DE ARCADE

•Arcade de Riba

•A Calle

•O Conde

•Burgo

•A Devesa

•Piñeiro

•A Xesteira

PARROQUIA DE SOUTOMAIOR

•Alxán

•Aranza

•Comboa

•Cortellas

•Lourido

•A Montesiña

•Moreira

•A Pedreira

•Rial

•Romariz

•Sobral

•O Val

•A Pena

Page 13: III Plan de igualdad Soutomaior

POBOACIÓN

No ano 2013 estaban rexistradas no municipio un total de

7.302 persoas, das cales 3.662 eran mulleres e 3.640 homes. Na

actualidade, o concello presenta unha estrutura demográfica

equilibrada entre a proporción de poboación masculina e

feminina. Se ben, destaca a porcentaxe de mulleres no rango

de idade de máis de 64 anos. No caso da poboación entre os

16 e os 64 anos este segmento ten un maior peso entre a

poboación masculina que entre a feminina.

17,42% 16,11%

68,76% 64,06%

13,82% 19,83%

HOMES MULLERES

Menos de 16 De 16-64 Máis de 64

Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)

Page 14: III Plan de igualdad Soutomaior

A poboación estranxeira residente no municipio

de Soutomaior, aumenta de forma considerable

con respecto ó ano 2000, tanto en mulleres

como en homes.

99,6% 95,2% 99,5% 95,5%

0,4% 4,8% 0,5% 4,5%

2000 2013 2000 2013

HOMES MULLERES

Poboación española Poboación Estranxeira

Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)

Page 15: III Plan de igualdad Soutomaior

No ano 2011 os fogares compostos de dúas persoas son

os máis frecuentes, seguidos dos fogares compostos

por 4 persoas. Tamén é significativo o incremento

experimentado polos fogares compostos de dúas

persoas (parellas sen fillos ou fogares monoparentais)

en relación ao ano 2001.

19,7%

31,7%

26,6%

22,7%

24,7%

28,8%

14,9%

10,2%

14,2%

6,6%

2001

2011

2 persoas 3 persoas 4 persoas 5 persoas 6 ou máis persoas

Fonte: Censos de poboación e vivendas 2001 e 2011. Instituto Nacional de Estadística (INE)

Page 16: III Plan de igualdad Soutomaior

SANIDADE E EDUCACIÓN

O número de recursos humanos en atención primaria existentes

no municipio de Soutomaior no ano 2013 fan un total de 11.

No ano 2013, as entidades prestadoras de servizos sociais no

municipio de Soutomaior eran: 7 de titularidade pública, 1 de

titularidade social e 1 privada con ánimo de lucro.

No concello de Soutomaior existen un total de 3 centros en

funcionamento que imparten ensinanzas en distintos niveis

educativos.

O número de alumnos/as descendeu case un 2% dende o ano

2011, mentres que a porcentaxe de profesores/as aumentou na

mesma porcentaxe.

RECURSOS Nº

Ats/Due 4

Médico/a xeral 3

Función administrativa 2

Matrona 1

Pediatra 1

TOTAL 11

Page 17: III Plan de igualdad Soutomaior

7,4% 9,6% 3,7% 4,5%

21,4% 24,9%

6,8% 9,6%

33,7%

31,2%

19,4% 18,2%

21,5% 17,0%

35,4% 32,3%

6,3% 6,5%

12,6% 10,4%

2,0% 1,9%

7,7% 12,4%

3,8% 3,3% 8,2% 4,3%

2,0% 3,7% 3,7% 4,0%

2,0% 1,9% 2,4% 4,3%

Home Muller Home Muller

2001 2011

Grao Universitario ou equivalente e Licenciatura, Arquitectura e Enxeñería

Diplomatura universitaria, Aquitectura Técnica, Enxeñaría Técnica ou equivalente

FP grao superior, FPII, Maestría industrial ou equivalente

FP Grao Med., FP I, Ofic. Indust. ou equival., Grao Med. de Mús. e Danza, Certific. de E.O.I.

Bacharelato, BUP, Bacharelato Superior, COU, PREU

Chegou ao último curso de ESO-EXB-Bach. Elem. ou ten o Certific. de Escolar. ou de Estud. Prim.

Foi á escola 5 anos ou máis pero non chegou ao último curso de ESO, EXB ou Bacharelato Elem.

Sen estudios

Analfabetos

Existe unha importante diminución da porcentaxe de

persoas con baixo nivel educativo, tanto en mulleres

como en homes. Existen tamén importantes

incrementos nas porcentaxes de estudos de

Bacharelato e superiores, sendo, en xeral, máis

significativos no caso dos homes.

Page 18: III Plan de igualdad Soutomaior

EMPREGO

Dende o punto de vista da situación do mercado laboral

no concello e o seu impacto en canto a igualdade de

oportunidades de acceso a un posto de traballo,

obsérvase que o paro feminino é superior ao masculino,

con preto de 500 mulleres en situación de desemprego, o

que representa case o 60% do total de persoas

desempregadas rexistradas no concello na actualidade.

23 16 20 42 30 34

54 49 37 26

144 141 142

213 225

286

351 383 382

312

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

Homes

Menores de 25 anos 25 e máis anos

29 24 27 34 35 36 35 27 20 22

321 319 315

364 407

431 470 468 472 460

2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014

Homes

Os sectores de actividade que máis veñen sendo

afectados nos últimos años polo paro son os de construción

e servizos, sendo máis acusada a evolución negativa do

paro feminino no sector servizos e do paro masculino no

sector da construción.

Page 19: III Plan de igualdad Soutomaior

OBXECTIVOS E ACCIÓNS POR ÁREAS DE TRABALLO

Seguindo as prescricións normativas anteriormente mencionadas e

a dinámica de actividades e accións recollidas nos anteriores Plans

de Igualdade do Concello, o III Plan de Igualdade estrutúrase en 5

grandes áreas de traballo.

Cada unha de ditas áreas abarca os Obxectivos Xerais, Obxectivos

Específicos e Accións que resulta imprescindible abordar para o

correcto cumprimento das prescricións legais e para a

consecución do obxectivo último: a igualdade efectiva entre

mulleres e homes no Concello de Soutomaior. Así, o Plan de

Igualdade queda estruturado nas seguintes áreas:

ÁREAS DE TRABALLO

FORMACIÓN

E EDUCACIÓN

INFORMA- CIÓN

SENSIBILI- ZACIÓN

PARTICIPA CIÓN SOCIO-

CULTURAL

SAÚDE E BENESTAR

ABORDAXE DA VIOLENCIA DE

XÉNERO E

Page 20: III Plan de igualdad Soutomaior

ÁREA DE TRABALLO

FORMACIÓN E EDUCACIÓN

OBXECTIVO XERAL: INCORPORAR A PERSPECTIVA DE XÉNERO Á

INTEGRACIÓN LABORAL, E PROMOVER UNHA SOCIEDADE MÁIS

IGUALITARIA

Partindo do feito innegable de que aínda persisten no mercado laboral

situacións de desigualdade entre mulleres e homes, faise necesario a través de

este plan, seguir adoptando medidas concretas para rematar coas condicións

que permiten o mantemento deste escenario. As accións diríxense cara dous

grandes campos que están estreitamente vinculados: a formación e o emprego.

Os datos analizados sobre o paro rexistrado no municipio, segue a amosar un

desequilibrio moi pronunciado, sendo o desemprego feminino, en maiores de 25

anos, moi superior ó masculino. Desenvolver medidas para fomentar a

independencia económica das mulleres que lles permita tomar as súas propias

decisións, é prioritario.

ORGANISMOS IMPLICADOS

Concellería da Muller. CIM

Concellería de Xuventude.OMIX

Concellería de Educación

Concellería de Emprego e Formación

Concellería de Servizos Sociais

Centros educativos. AMPAS

Page 21: III Plan de igualdad Soutomaior

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

OBXECTIVO 1: Facilitar o acceso á formación ás mulleres para favorecer a súa

inserción laboral

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.1

Desenvolvemento de accións formativas dende unha perspectiva de

xénero, que melloren a capacitación das mulleres e amplíen así as

súas posibilidades de inserción laboral (en especial a mulleres

inmigrantes, do rural e de minorías étnicas).

Mulleres

A.2

Difusión de información sobre as alternativas formativas existentes,

promovendo especialmente a profesionalización de labores

desempeñadas clasicamente por mulleres.

Poboación en xeral

A.3

Fomento da utilización das tecnoloxías da información e a

comunicación, como ferramentas para reforzar a posición

competitiva das mulleres.

Mulleres

OBXECTIVO 2: Contribuír ó equilibrio e igualdade entre mulleres e homes en

relación coa súa incorporación ó mercado laboral

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.4

Impulso de actuacións e difusión dos recursos existentes orientados a

facilitar a mobilidade xeográfica e a autonomía das mulleres,

favorecendo a súa incorporación ó mercado laboral.

Mulleres

A.5

Divulgación de información sobre incentivos existentes na

contratación feminina, a consolidación de postos de traballo,

medidas de conciliación, subvencións e axudas.

Poboación en xeral

OBXECTIVO 3: Promover a igualdade de xénero e o empoderamento da muller

para facer realidade unha sociedade igualitaria

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.6 Desenvolvemento de actividades dirixidas a educar na igualdade e a

non discriminación por razóns de sexo. Poboación en xeral

A.7

Promover unha cultura de corresponsabilidade, posibilitando que

mulleres e homes asuman deberes similares e obrigacións nas

responsabilidades familiares, no mercado laboral e na toma de

decisións.

Poboación en xeral

Page 22: III Plan de igualdad Soutomaior

ÁREA DE TRABALLO

INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN

OBXECTIVO XERAL: CONTRIBUÍR A MODIFICAR OS PATRÓNS SOCIOCULTURAIS DE CONDUTA ASIGNADOS DE MANEIRA DIFERENCIADA A MULLERES E A HOMES

A información e sensibilización son fundamentais para modificar os patróns

socioculturais asignados de maneira diferenciada a mulleres e a homes, e

alcanzar así a consecución da igualdade de oportunidades.

Como aínda existen discriminacións por razón de xénero, o acceso á

información é clave para seguir traballando na socialización e transmisión de

valores, actitudes e comportamentos igualitarios.

ORGANISMOS IMPLICADOS

Concellería da Muller. CIM

Concellería de Xuventude. OMIX

Concellería de Educación

Centros educativos. ANPAS

Page 23: III Plan de igualdad Soutomaior

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

OBXECTIVO 1: Fomentar a igualdade nas relacións entre xéneros

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.8

Desenvolvemento de accións informativas orientadas á

ruptura de estereotipos sexistas e á educación afectivo-

sexual fomentando a igualdade nas relacións entre xéneros.

Poboación en xeral/

Centros educativos

A.9

Utilización e aproveitamento das novas tecnoloxías da

información e a comunicación como instrumento para xerar

valor cultural e social en igualdade de xénero.

Poboación en xeral

OBXECTIVO 2: Desenvolver accións de sensibilización para a prevención de

actitudes sexistas e violentas contra as mulleres

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.10

Organización de aulas/charlas/coloquios/xornadas sobre

resolución de conflitos, relacións respectuosas e prevención

de condutas violentas.

Poboación en xeral

OBXECTIVO 3: Apoiar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.11

Difusión de información sobre os servizos e recursos existentes

en materia de conciliación (lexislación, escolas infantís,

servizos de axuda no fogar…)

Poboación en xeral

A.12

Difusión, entre a poboación, de recomendacións en materia

de igualdade entre mulleres e homes, conciliación e

corresponsabilidade.

Poboación en xeral

Page 24: III Plan de igualdad Soutomaior

ÁREA DE TRABALLO

PARTICIPACIÓN SOCIOCULTURAL

OBXECTIVO XERAL: PROMOVER UNHA MAIOR PARTICIPACIÓN DAS MULLERES, FORTALECENDO O ASOCIACIONISMO E INCORPORANDO A PERSPECTIVA DE XÉNERO ÁS ACTIVIDADES CULTURAIS

A desigualdade de xénero produce un desequilibrio no tempo dedicado ás

responsabilidades familiares e ás labores do fogar, maioritariamente

desenvolvidas por mulleres. Pero este desequilibrio, non só afecta ás

responsabilidades, senón tamén, e en consecuencia directa, no desequilibrio

que se produce no tempo dedicado ó lecer e ás relacións sociais.

O aumento na participación social e cultural dos/as habitantes dentro da vida

do municipio é unha sinal inequívoca de desenvolvemento democrático, de

mellora da comunicación entre a poboación e as administracións públicas, e de

maior coherencia entre as necesidades sociais e as respostas políticas. Promover

a participación das mulleres na vida pública, seguir fortalecendo o tecido

asociativo (incorporando a perspectiva de xénero) e equilibrar o tempo

dedicado ás responsabilidades e ó lecer, son algunhas das medidas a

desenvolver neste III Plan.

ORGANISMOS IMPLICADOS

Concellería da Muller. CIM

Concellería de Cultura, Festas, Turismo e Patrimonio

Concellería de Participación Veciñal

Asociacións de mulleres e entidades de iniciativa social

Page 25: III Plan de igualdad Soutomaior

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

OBXECTIVO 1: Favorecer e fortalecer o tecido asociativo, principalmente nas

áreas rurais, promovendo unha maior participación das mulleres na vida social

do municipio

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.13

Asesoramento ás asociacións existentes, así como apoio para a

creación doutras novas, incentivando proxectos, valorando

inquietudes e fomentando o traballo en rede.

Asociacións de

mulleres

A.14

Apoio na difusión da actividade cultural do concello,

fundamentalmente a través da promoción dos traballos artísticos e

culturais realizados por mulleres do municipio.

Asociacións de

mulleres/

Poboación en xeral

A.15

Promoción da formación no ámbito da alfabetización tecnolóxica

para que as mulleres utilicen a rede como un espazo de encontro

social e virtual, obtención de información,…

Mulleres

A.16

Facilitar o acceso e promover uso dos locais e instalacións

municipais para a realización de actividades, especialmente por e

para as asociacións de mulleres

Asociacións de

mulleres

OBXECTIVO 2: Fomentar o goce do tempo libre das mulleres

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.17

Desenvolvemento de accións de apoio a familias con persoas

dependentes: fortalecemento das accións de respiro familiar, ocio e

tempo libre…

Poboación en xeral

A.18

Difusión dos recursos e actividades dirixidas á cidadanía en materia

de ocio e tempo libre, impulsando e promovendo a participación

nas mesmas das mulleres.

Mulleres

OBXECTIVO 3: Implicar á poboación masculina nas actividades en prol da

igualdade

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.19

Promoción de actividades de ocio de carácter familiar, centradas

especialmente na ruptura de estereotipos sexistas e fomento da

igualdade de oportunidades. Poboación en xeral

Page 26: III Plan de igualdad Soutomaior

ÁREA DE TRABALLO

SAÚDE E BENESTAR

OBXECTIVO XERAL: PROMOVER HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES PARA

CONTRIBUÍR Ó BENESTAR FÍSICO E PSÍQUICO DE MULLERES E HOMES

DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO

O concepto de saúde ademais de facer referencia á ausencia de

enfermidades esténdese de igual modo ó que se entende actualmente por

calidade de vida, é dicir, ó benestar mental e social da persoa.

A actividade pública remunerada, tanto de mulleres como de homes, non se viu

acompañada dunha maior presenza dos homes nos ámbitos da vida privada e

no espazo doméstico, é dicir, non se acompañou do necesario reparto das

responsabilidades familiares e domésticas e do coidado das persoas, dando

lugar á dobre e triplo xornada das mulleres.

Nesta área preténdese sobre todo facilitar o acceso ós recursos e promover a

saúde integral dende unha perspectiva de xénero. O principal obxectivo é

difundir información preventiva, de divulgación de hábitos de saúde e

promoción de estilo de vida sa; así como de apoio e colaboración con outras

entidades.

ORGANISMOS IMPLICADOS

Concellería da Muller. CIM

Concellería de Servizos Sociais e Sanidade

Concellería de actividades deportivas

Asociacións

Page 27: III Plan de igualdad Soutomaior

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

OBXECTIVO 1: Facilitar o acceso á información, ós recursos e á formación básica

sobre aspectos da saúde integral

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.20

Información, difusión e sensibilización en materia de prevención

de enfermidades que afectan, particularmente e de forma

diferenciada, a mulleres e a homes.

Poboación en xeral

A.21 Fomento do reparto igualitario das responsabilidades familiares

e domésticas e de coidado das persoas entre mulleres e homes. Mulleres

A.22

Potenciación do traballo en rede cos centros de saúde do

municipio e as asociacións específicas para proporcionar unha

atención máis integral ás mulleres.

Centros de saúde/

Asociacións

OBXECTIVO 2: Favorecer a educación e a saúde sexual, e eliminar estereotipos

relacionados co xénero

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.23

Difusión de información sobre educación afectivo-sexual

(prevención, métodos anticonceptivos, embarazos non

desexados e enfermidades de transmisión sexual) orientadas a

romper estereotipos sexistas e tabús sexuais.

Centros educativos/

Poboación en xeral

OBXECTIVO 3: Fomentar a participación das mulleres no deporte

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.24 Promoción dunha participación igualitaria de mulleres e homes no deporte.

Poboación en xeral

A.25

Impulsar a práctica do deporte entre as mulleres para promover hábitos saudables e o seu benestar social e psicolóxico

Mulleres

Page 28: III Plan de igualdad Soutomaior

ÁREA DE TRABALLO

ABORDAXE DA VIOLENCIA DE XÉNERO

OBXECTIVO XERAL: PREVER E ERRADICAR A VIOLENCIA CONTRA AS

MULLERES, REFORZANDO E MELLORANDO A ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS E AS SÚAS FAMILIAS

A violencia contra as mulleres maniféstase a través de moitos tipos de condutas

e non se limita ás agresións claramente manifestas, senón que abarca todas as

situacións discriminatorias que aparecen como forma de trato cotiás e

normalizadas que padecen as mulleres polo feito de selo, de xeito que a

violencia de xénero é a mostra máis dramática das desigualdades existentes

entre mulleres e homes.

A erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres é unha das

prioridades fundamentais deste III Plan. Se ben é certo que a prevención xoga

un papel primordial na redución da violencia de xénero, dada a proliferación

de casos de violencia que se producen nos últimos anos resulta básico articular

un sistema coordinado de alertas e de actuación inmediata.

ORGANISMOS IMPLICADOS

Concellería da Muller. CIM

Concellería de Servizos Sociais e Sanidade

Centros de Saúde

Corpos de Seguridade

Page 29: III Plan de igualdad Soutomaior

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

OBXECTIVO 1: Fortalecer o traballo en rede dos profesionais e potenciar a

difusión dos recursos para facer máis efectiva a loita contra a violencia de

xénero

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.26

Potenciación da colaboración e actuación conxunta de

todos/as os/as profesionais implicados na atención ás mulleres

vítimas de violencia de xénero.

Poboación en xeral

A.27

Utilización de diferentes canais de comunicación para a

difusión dos recursos existentes en materia de violencia de

xénero.

Poboación en xeral

A.28 Avanzar na atención integral (psicolóxica, social e xurídica) e

prioritaria ás persoas vítimas de malos tratos. Poboación en xeral

OBXECTIVO 2: Promover condutas alternativas á violencia para a resolución

de conflitos, as relacións de convivencia e o bo trato entre mulleres e homes

ACCIÓNS DESTINATARIOS/AS

A.29

Información e sensibilización á cidadanía en materia de

violencia de xénero e a súa prevención (estratexias para

detectar e actuar ante un maltratador, información de interese

e teléfonos de contacto…), fomentando a conciencia social.

Poboación en xeral

A.30

Impulso de actividades para a mellora da autoestima das

mulleres, creando recursos persoais que lles axuden a

desenvolver a súa capacidade de reacción e avaliación ante

situacións de risco.

Mulleres

Page 30: III Plan de igualdad Soutomaior

SEGUIMENTO E AVALIACIÓN

Durante todo o proceso de implementación do Plan de Igualdade, cuxa vixencia estableceuse ata o ano 2017, están previstos mecanismos tanto de seguimento como de avaliación continua e final. O seguimento e avaliación deste Plan de Igualdade ten, entre outros, os seguintes obxectivos: n Coñecer as accións realizadas no marco do III Plan de Igualdade; tanto por áreas de traballo como por tipos de actividades. n Identificar ós colectivos destinatarios do Plan de Igualdade. n Coñecer o grado de cumprimento do Plan, a efectos de valorar a eficacia e eficiencia finalmente alcanzada. Para facilitar o seguimento e avaliación do III Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes deseñáronse unha serie de indicadores a través dos cales o persoal técnico encargado da súa execución poida medir o grado de cumprimento dos compromisos adquiridos e analizar a efectividade das medidas adoptadas. Os indicadores definíronse de forma específica para o seguimento de cada un dos obxectivos específicos do Plan. O equipo profesional do CIM será o encargado de avaliar o III Plan de Igualdade do Concello de Soutomaior, establecendo medidas de seguimento mediante a elaboración de informes que reflictan os datos recollidos nas diferentes actuacións e o grao de consecución dos obxectivos marcados. Realizarase así mesmo unha memoria anual que englobe os avances rexistrados en cada unha das áreas de intervención e sinale as debilidades detectadas e as necesidades a cubrir de cara ao ano seguinte, para un óptimo desenvolvemento do Plan. Para medir o impacto e repercusión, ao final do Plan realizarase unha valoración en conxunto de todo o proceso seguido e se realizarán propostas de mellora e innovación para desenvolver nos vindeiros plans que se poñan en marcha.

Page 31: III Plan de igualdad Soutomaior

NÚMEROS DE INTERESE

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO A

MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO 016

TELÉFONO DA MULLER (24 H. GRATUÍTO) 900 400 273

EMERXENCIAS 112

BOMBEIROS 080

POLICÍA NACIONAL 091

GUARDA CIVIL 062 ou 986 670 262

CRUZ VERMELLA 902 222 292

PROTECCIÓN CIVIL 616 950 195

SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO 986 705 114

OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) 986 700 822

CIM (Centro de Información á Muller) 986 701 227

CENTRO SAÚDE ARCADE 986 701 026

CENTRO SAÚDE SOUTOMAIOR 986 705 167

Page 32: III Plan de igualdad Soutomaior

Concello de Soutomaior Concellaría de Igualdade,

Asuntos Sociais e Sanidade