habitantes do bosque

35

Upload: carmen165

Post on 03-Aug-2015

878 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Habitantes do bosque
Page 2: Habitantes do bosque

• Eran seres capaces de cambiar a realidade de forma ilóxica. Tamén eran coñecidos como magos.

• Vivían nos bosques, en cabanas tenebrosas, pero relacionábanse coa xente corrente, por quen eran moi respectados e temidos, por temor a que lles fixera un conxuro e lles saíra rabo, ou ben que os converteran en cabalo…, ou calquera outro castigo. Noutras ocasións, eran mulleres vellas da aldea a quen se acudía para o remedio dunha enfermidade.

• Acostumaban a ser feos e de idade avanzada; vestían roupas vellas e sucias, e disque que odiaban a todo o mundo.

• Unha curiosidade é que herdaban os coñecementos do seu mestre feiticeiro, e así ían pasando os seus poderes de xeración en xeración.

(Laura Rodríguez, Anxo Pacheco, Daniel Burke , Lucas Cea e Mercedes Parajó.)

FEITICEIRAS E FEITICEIROS

Page 3: Habitantes do bosque
Page 4: Habitantes do bosque

O corvo branco

• Na antigüidade era coñecido por todo o país este corvo que, en vez de ser negro, tiña as plumas brancas e era un pouco máis pequeno ca os outros, de ollos marróns e brancos. Asemade, era moi espelido e rápido.

• Dise que o corvo branco era coma o cobrador da pousada Xerdiz, porque se poñía a carón das casas que lle debían cartos á pousada.

(Manuel, Uxía e Daniel Prado)

Page 5: Habitantes do bosque
Page 6: Habitantes do bosque

O home do saco

• Dise que vivía no medio do bosque. Tivo moita sona en Galicia a partires da Segunda Guerra Mundial.

• Cóntase que era un home alto, forte, que vestía roupa remendada.

• Sempre levaba ao lombo un saco, que era onde metía aos nenos que se portaban mal e collíaos polas noites. Logo, obrigáballes a facer maldades, e se non lle obedecían, matábaos.

(Jesús, Álvaro, Antonio)

Page 7: Habitantes do bosque
Page 8: Habitantes do bosque

Fadas da auga

• As fadas da auga viven en lagos, ríos, fervenzas, fontes…, en calquera sitio do bosque nos que auga é limpa, pero sempre nas profundidades. As que viven en ríos ou covas chámanse lamias; as que sucan os mares son as sereas e as das fontes, coñécense coma ninfas.

• Guían a auga pola seu cauce natural e así chega ás casas, aos colexios…Dise que se te portas mal coa natureza, poden provocar grandes catástrofes.

• A súa pel varía segundo o lugar que habitan: se é próximo ao mar, son case transparentes; se están nun lago, a súa cor é azul clariña e as dos ríos calmados teñen unha pel coma a dun bebé humano, moi clariña.

• O seu tamaño é de máis ou menos 13 cm e algunhas teñen unhas ás lixeiriñas brancas (ou tamén azuis).

• Aliméntanse das plantas, flores ou froitos do bosque. (Nerea G., Noela)

Page 9: Habitantes do bosque
Page 10: Habitantes do bosque

Chuchasangues

• Vivían en lugares escuros ou nos cemiterios, e saían dos seus

agochos polas noites. • Vestían roupas escuras; os seus incisivos eran moi longos e afiados;

as orellas, puntiagudas; saíanlle pelos nas palmas das mans e, sobre todo, tiñan moi mal alento. Así, enganaban á xente para mordela e chuparlle o seu sangue, aínda que moitas veces se transformaban en morcegos, ratas arañas, corvos…, ou en animais domésticos coma porcos, cabalos ou cans.

• Normalmente eran de sexo masculino, mais tamén existían chuchasangues femias que usaban a súa beleza para seducir ás vítimas e aproveitarse delas. Eran malvadas, pero nalgunha ocasión eran boas porque imapartían “xustiza”.

( Tais, Lucas Lodeiros, Aarón)

Page 11: Habitantes do bosque
Page 12: Habitantes do bosque

Fadas e fados perversos

• As fadas e os fados do lume eran seres malvados,

despiadados, que non dubidaban en queimar todo o que se lles puxera por diante.

• Fisicamente, eran moi atractivos para seducir as súas vítimas e convertelas en cinzas ou afogalas. Tamén empregaban o lume para facer todo tipo de falcatruadas, rápidas coma o lume. Eran espelidos coma un raposo e cun xenio coma os dun tigre.

• Distinguíanse porque vestían de vermello, levaban o pelo longo e o seu pelo lembraba ao lume, por iso se lles coñece tamén como FADAS E FADOS DO LUME.

(Sandra, Lupe, Brais Vila)

Page 13: Habitantes do bosque
Page 14: Habitantes do bosque

A fada do vento

• Esta fada é a raíña do outono. Soe vivir no alto das montañas nevadas, desde onde controla a neve e o vento e déixase levar por el coma se nada.

• Pode ser boa, e así constrúe reservas de auga, impide avalanchas…Pero tamén pode ser malvada e facerlle a vida imposible aos animais.

• So se pode ver durante o outono, vestida de morado.

• Representa a liberdade espiritual. Carmela González.

Page 15: Habitantes do bosque
Page 16: Habitantes do bosque

As fadas dos bosques

• Viven nos bosques galegos, arrodeadas de vexetación. • Como todas as fadas, son seres diminutos que poden vestir de

millóns de maneiras porque os seus traxes confecciónanos coas pólas e flores silvestres. As cores preferidas para iso son o verde, para mimetizarse coas follas, e o branco, en símbolo de bondade e pureza. Confúndense moito cos vagalumes, xa que cando voan, so se ve unha luz.

• En canto ao carácter son amables, sensitivas, esquivas, invisibles, caprichosas e amorosas. Danlle sensibilidade aos humanos, que compoñen cancións e poemas sobre elas.

• Estas fadas son as encargadas de coidar a flora e a fauna . Dise que decoran os bosques segundo as estacións, e que son elas as que colocan as pingas de orballo cada mañá.

Noa, Iria, Cristina, Iria

Page 17: Habitantes do bosque
Page 18: Habitantes do bosque

O apalpador

• O apalpador é o nome dun ser que habitaba nos montes

galegos, principalmente nas serras de Lugo e do norte de Ourense.

• Na época de Nadal (en concreto, o día 31) baixa dos montes ás casas e apálpalle as barrigas ás nenas e ós nenos para ver se están mantidos e déixalles unha presa de castañas.

• Viste cunha boina, un pantalón con moitos remendos, un xersei e fuma unha pipa.

Alán Álvarez

Page 19: Habitantes do bosque
Page 20: Habitantes do bosque

O lobishome

• Era un home que a partires da doce da noite se convertía nun lobo e se comportaba como tal.

• O seu aspecto era de metade home e metade animal, con pernas e brazos longos, abundante pelo e enormes e prateadas garras.

• Cando unha persoa sente desexos de tombarse e refregarse na terra é que está comezando o proceso de transformación e que pronto será un lobo. Entón, non haberá arma que o poida matar.

• Para liberarse desta maldición, alguén ten que facerlle sangue cunha aguillada de aceiro, bendita na igrexa o Domingo de Ramos.

(Brais Couselo, David Bello, Jorge Miranda, Hugo Martínez, P. Yared)

Page 21: Habitantes do bosque
Page 22: Habitantes do bosque

O tardo Pedro O Chosco

• É similar a un trasno, pero moito máis malévolo.

• Fisicamente, é un ser pequeno e peludo, con moitos dentes de cor verde, e usa un traxe moi vello e roto.

Álvaro

• Pedro Chosco é un ser

mitolóxico que aparece polas noites na habitación dos nenos e coas súas caricias dórmeos.

• Polo día vai entretendo ás rapazas impedíndolles traballar.

• É un home anciá de barba branca , cunhas maneiras doces e de voz grave.

Lucas Diogo

Page 23: Habitantes do bosque
Page 24: Habitantes do bosque

As fadas das flores

• Estas fadas viven nos bosques, agochadas nas flores máis belas das terras de Galicia. Pola noite, péchanse para protexer ás fadas do frío da noite. A raíña, vive nun palacio, feito con miles das flores máis bonitas da zona.

• Son tan pequenas coma a palma da man, amables, amorosas, esquivas, caprichosas ou sensitivas.. .Por iso, eran as amorosas compañeiras dos poetas, músicos, escultores…, e de toda a xente relacionada coa arte.

(Irene, Jenni, Ana López)

Page 25: Habitantes do bosque
Page 26: Habitantes do bosque

O home misterioso

O home misterioso non sabe quen é, pero viste pantalón marrón, chaqueta negra e camiseta branca, pero ninguén lle viu a cara.

Anda ao par da xente polos camiños, facéndolle sombra.

Foi avistado pola parte de Moraña.

Que é o que quere?

É un misterio… (Óscar Álvarez, Pedro Liste)

Page 27: Habitantes do bosque
Page 28: Habitantes do bosque

• Todos estes traballos proceden da investigación realizada polo alumnado cuxos nomes figuran ao pé de cada páxina.

• Para a vestimenta, contouse coa colaboración das familias, e para as pancartas, houbo no centro un proceso cooperativo de elaboración do material, como se aprecia nas imaxes seguintes…

Page 29: Habitantes do bosque
Page 30: Habitantes do bosque
Page 31: Habitantes do bosque
Page 32: Habitantes do bosque
Page 33: Habitantes do bosque
Page 34: Habitantes do bosque