guia natural

20
Os soutos de Puertas de Galicia

Upload: puertas-de-galicia

Post on 28-May-2015

411 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

Guía natural desarrollada para la campaña "Os Soutos de Puertas de Galicia" que coincide con la temporada de castaña, recurso natural base de las Comarcas de Verín y Viana.

TRANSCRIPT

Page 1: Guia natural

Os soutos de Puertas de Galicia

Page 2: Guia natural
Page 3: Guia natural

No sueste de Ourense, xusto nos lindes con León e Portugal, as portas de Galicia ábrense a un paraíso de outonos dourados e carreiros que ulen a magosto.

Nesta localización xeográ�ca, as condi-cións climáticas, edá�cas e �siográ�-cas alíanse para permitirlle ao pobo gozar dos bene�cios nutritivos e ma-deireiros do cultivo dos soutos.

Non hai aldea en Riós, Vilariño de Conso, Viana, A Gudiña, A Mezquita, Vilardevós, Laza ou Castrelo de Val que non teña un souto a poucos metros das casas, como herdanza dunha econo-mía agraria tradicional na que, canda

a horta e a cabana gandeira, proporcio-nan o soporte necesario para a vida.

Co paso do tempo, os castiñeiros foron �cando ao servizo das persoas, que aprenderon a cultivalos para sacarlles o máximo proveito, experi-mentando con diferentes variedades e desenvolvendo técnicas de conserva-ción dos froitos, coma as castañas secas ou pilongas, que permitían o autoabastecemento de alimento duran-te todo o ano.

Nestas páxinas achegamos as ferramen-tas esenciais para coñecer o universo natural no que viven os poboadores dos soutos desta banda do país.

Page 4: Guia natural

Laza

Vilariñode Conso

A Gudiña

Viana do Bolo

A Mezquita

Riós

Vilardevós

Castrelode Val

Cualedro

Monterrei

Oímbra

Verín

ROTEIROS

SOUTOS

EVENTOS

CENTROS

Page 5: Guia natural

As principais zonas de souto atopámolas nos concellos orientais: Vilariño de Conso, Viana do Bolo, A Mezquita, A Gudiña, Laza, Castrelo de Val, Riós e Vilardevós, onde se alternan as exten-sións de castiñeiros centenarios con outras de recente plantación.

Ao longo dos anos, as atencións humanas, coma a poda dos rebrotes baixos, o enxerto ou a roza selectiva do sotobosque, aseguraron a superviven-cia destes castañais, ao tempo que melloraron a produción e facilitaron a recollida do froito.

Este é o legado que nos deixou o pobo romano, o costume e mais as prácticas de cultivo dos soutos que, segundo

SOUTOS

Page 6: Guia natural

informan as últimas conclusións tiradas de estudos polínicos, levan con nós dende o Pleistoceno inferior, fai arre-dor de 1.880.000 anos, inda que hai quen lle atribúe tamén aos romanos o mérito de os traeren a estas terras.

Veciños ben levados

Así como nos adentramos nos vellos castañais de Soutogrande en Vilariño de Conso ou cando paseamos polas beiras dos soutos novos de Trasestra-da en Riós, intúese a harmonía coa que castiñeiros e persoas conviven dende séculos, baixo un mutualismo só alterado pola perda de poboación nos últimos anos.

Os castiñeiros ocupan o espazo que a natureza destinara a carballos, cerqui-ños, faias e bosques mixtos de frondo-sas, por iso en moitos lugares compiten, conviven o sucédense coma veciños ben levados.

Alguén nos acompaña

Ao longo do fermoso roteiro dos Soutos, de Vilariño de Conso, en cal-quera das variantes da Ruta europea da castaña, ou nun simple paseo polos soutos de Viana, pódennos acompañar, ao seu ritmo, e case sen velos, sapos (Alytes obstetricans, Bufo calamita, Bufo bufo) píntegas (Salamandra sala-mandra) ou mesmo a víbora fuciñuda (Vipera latastei), que ten neste territorio

Page 7: Guia natural

a única zona de presenza en Galicia.

Nos soutos maduros a fauna aproveita os ocos que se forman nos vellos tron-cos para resgardarse ou facer o niño. Non é raro pois que durante a nosa visita nos crucemos con algún esquío (Sciurus vulgaris) ou teñamos a sorte de contemplar o ameazado peto formi-gueiro (Jynx torquilla) ou o rabirubio real (Phoenicurus phoenicurus), unha ave migradora transahariana que vén de ser declarada vulnerable pola Xunta de Galicia.

Escoller o momento

Malia asociarse popularmente ao outono, os castiñeiros locen fermosos

durante todo o ano e proporciónanos atraentes imaxes e experiencias en cal-quera época. No outono podemos apañar os froitos, que maduran sucesi-vamente segundo a variedade á que pertenzan, dende as castañas tipo Amaralanto ata as do Rapado, que son as últimas en chegar. O verán é un un bo momento para gozar da imaxe que nos ofrecen os castiñeiros �oridos e entre o outono e a primavera podemos admirar a caída da folla, vendo como dá paso a un novo ciclo.

Page 8: Guia natural

Alén das rutas de sendeirismo xenéricas que podemos realizar en cada concello, a importancia que acadou a castaña neste territorio �xo que se deseñaran roteiros especí�cos para coñecer os soutos de primeira man.

A máis coñecida e tamén a máis longa é a Ruta Europea da Castaña, que per-corre os concellos de Vilariño de Conso, A Mezquita, A Gudiña e Riós.

Vilariño de Conso conta ademais coa Ruta dos Soutos, un percorrido a pé polos principais castañais do concello.

E a máis recente é a Ruta da castaña de Riós, un pequeno itinerario que parte do Centro de Interpretación da Castaña.

ROTEIROS

Page 9: Guia natural

Roteiro común aos concellos da comar-ca Conso-Frieiras, deseñada no marco dun proxecto internacional no que parti-cipan rexións doutros países europeos coma Francia, Italia ou Portugal.

O obxectivo da ruta, que combina traxectos a pé con outros en bicicleta ou a cabalo, é dar a coñecer a importancia que a castaña ten na comarca para valo-rizala en todos os eidos: ambiental, cultural, gastronómico e económico.

A ruta ten o epicentro na antiga Casa Reitoral de Trasestrada, en Riós, onde se aloxa o Centro de Interpretación da Castaña, e transcorre en traxectos de diferente lonxitude e complexidade polos catro concellos.

Di�cultade: variable, ten tramos de alta di�cultade debida ás elevadas penden-tes e outros de chaira ou baixadas.

Lonxitude: variable. Contén tramos liñais e circulares.

Duración estimada: variable, depende do tramo.

Máis información:www.concelloderios.es/rutac.html

Non deixes de... Visitar o vello castiñeiro da Moa en Chaguazoso, no concello da Mezquita.

Vilariñode Conso

A GudiñaA Mezquita

Riós

Ruta Europea da Castaña

Page 10: Guia natural

Roteiro circular polas marxes do Encoro do Bao, en Vilariño de Conso, ao longo de densos soutos e bosques de frondo-sas, entre os que se levantan pequenas aldeas que inda conservan as constru-cións tradicionais.

A ruta comeza en Vilariño, nun antigo camiño de carro que chega ata Conso. Dende alí sobe ata San Cristovo, onde se encontra o vello Pazo de Conso, que pertenceu ao Conde de Lemos, e baixa de novo ata Conso para regresar ao punto de partida, logo de atravesar as aldeas de O Palacio e A Veiguiña.

Na baixada, a ruta ofrece a posibilidade de coñecer a outra beira do encoro cru-zando a ponte en Auga Lavada.

Di�cultade: baixa, agás no inverno se chove ou neva.

Lonxitude: 7,9 Km a ruta circular e 3,6 Km a variante do encoro.

Duración estimada: 2 horas e 45 minu-tos a ruta circular e 1 hora a variante do encoro.

Ruta en Google Maps: http://goo.gl/maps/ri03R

Non deixes de... Achegarte a Soutogrande, preto do inicio da ruta, onde se atopan os exemplares máis antigos e fermosos.

Ruta dos Soutos

Vilariño de Conso

Page 11: Guia natural

Percorrido circular polas inmediacións do Centro de Interpretación da Castaña en Trasestrada, no concello de Riós.

A ruta sae do Centro de Interpretación, no lugar de Igrexa e continúa ata a aldea de Domiz, onde inda se conserva en funcionamento un forno comunitario tradicional.

O camiño segue ata a aldea de Souto e de aí cara á estrada OU 1003, dende a que se albiscan soutos novos, planta-dos recentemente.

Pensando nos nenos, o itinerario ten unha variante curta que só percorre os últimos tramos, dende o Centro de Interpretación a Souto e volta a Igrexa.

Di�cultade: baixa.

Lonxitude: 2,6 Km a ruta longa e 1,4 Km a variante curta.

Duración estimada: 45 minutos a ruta longa e 30 minutos a variante curta.

Ruta en Google Maps:http://goo.gl/maps/2Xlov

Non deixes de... Observar a integración dos soutos na paisaxe da aldea, complementándose cos usos hortícolas nunha sucesión soutos-casas-hortas constante.

Ruta da castaña

Riós

Page 12: Guia natural

A signi�cación do castiñeiro no modo de vida dos homes e mulleres deste extre-mo de Galicia propiciou a construción dun Centro de Interpretación da Cas-taña en Riós, un dos concellos cunha maior super�cie dedicada a souto.

A relevancia destas árbores in�uíu tamén na construción doutros centros de infor-mación e encontro, nos que a castaña ten un protagonismo incuestionable. É o caso dos Museos Etnográ�cos de Vilariño de Conso e Viana, onde se pode ver unha mostra dun lar galego cunha zona reservada ao secado da castaña, ou a Casa da Viúva na Gudiña, un centro de exposición e comercializa-ción de artesanía e produtos típicos.

CENTROS

Page 13: Guia natural

O Centro de Interpretación da Castaña alóxase na antiga Casa Reitoral da parroquia de Trasestrada, no concello de Riós.

O edi�cio, rehabilitado respectando os principios da arquitectura sustentable e procurando a integración no contor-no, está dotado dunha zona de alber-gue con capacidade para 36 persoas.

As salas dedicadas ao coñecemento da castaña contan cunha completa exposición permanente que achega información de utilidade sobre os aspectos ambientais, culturais e eco-nómicos que envolven os soutos, a través de diferentes paneis, maquetas e xogos interactivos.

A Igrexa s/n. Trasestrada. Riós

Teléfono: 988427690Correo e: [email protected]

Horario: L-V de 9 a 14hLocalización en Google Maps: http://goo.gl/maps/we7kG

Non deixes de... Coñecer a través da exposición per-manente a controvertida orixe dos castiñeiros en Galicia.

Centro de Interpretación

Page 14: Guia natural

Na planta baixa do edi�cio do concello de Vilariño de Conso e na Torre da Ho-menaxe de Viana do Bolo agóchase o grande tesouro dos veciños e veciñas destas terras: un compendio tanxible dos costumes, o�cios e tradicións, a través dos cales o noso pobo sobrevi-viu aos séculos.

Dende unha simple cunca de barro ata a esceni�cación dunha pequena escola rural de comezos do século XX, pasando pola historia do entroido e os traxes de cores dos boteiros ou cada un dos elementos que rodeaban a vida das castañas nas casas galegas, nestes pequenos espazos non hai lugar para o baleiro.

Rúa do Museo, 3. Vilariño de Conso Teléfono: 988340302Correo e: [email protected]

Horario: M-X 10-13 e 15-17h. S-D 15-17hLocalización en Google Maps: http://goo.gl/maps/aNi0W

Rúa da Constitución S/N. Viana do BoloTeléfono: 988340120Horario: L-D 16-21h (só no verán)Localización en Google Maps: http://goo.gl/maps/1UiCC

Non deixes de... Contemplar a peculiaridade das larei-ras adaptadas para o secado das cas-tañas pilongas.

Museos Etnográ�cos

Page 15: Guia natural

Este edi�cio alberga a o�cina de turis-mo da Gudiña, mais é tamén un centro de exposición e comercialización de artesanía e produtos locais.

A Casa da Viúva acolle dúas exposi-cións permanentes, unha de produtos agroalimentarios producidos e comer-cializados por empresas galegas, e outra con obxectos elaborados por artesáns e artesás da zona: pezas de cerámica, prata, madeira tallada, forxa, encaixes...

O centro funciona ademais como lugar de encontro e celebración de eventos relacionados coa artesanía, tales como charlas, cursos, xornadas ou exposi-cións temporais.

Beato Sebastián Aparicio, s/n. A Gudiña

Teléfono: 988594003Correo e: [email protected]

Horario: L-V 10-14h e 17-21h. S 12-14hLocalización en Google Maps: http://goo.gl/maps/2Qatb

Non deixes de... Visitar a mostra de produtos elabora-dos a partir da castaña coma as cas-tañas asadas en almibre, o puré de castañas ou o delicioso marrón glacé.

A Casa da Viúva

Page 16: Guia natural

O magosto é a festa da castaña por excelencia en Galicia, a homenaxe que cada ano a xente lle rende ao alimento que durante séculos lle asegurou o sustento. Non hai aldea na contorna que entre o 1 e o 11 de novembro non se xunte para compartir unhas boas castañas asadas.

Mais a fartura de castiñeiros na bisba-rra impulsou máis recentemente outras festas e eventos que teñen tamén que ver coas bondades culinarias do seu froito. A Feira da castaña e da seta en Riós ou a festa gastronómica do xabarín con castañas cocidas, coñeci-da como Os Bullotes, na Gudiña, son bos exemplos.

EVENTOS

Page 17: Guia natural

MagostoEn todo o territorio.

Entre o 1 e o 11 de novembro.

Feira da castaña e da setaConcello de Riós.

A comezos de novembro.

Os bullotesConcello da Gudiña.

Entre �nais de outubro e comezos de novembro.

Citas coa castaña

Page 18: Guia natural

Deseño, maquetación e elaboración de contidos:

Habitaq, S.L.

Page 19: Guia natural
Page 20: Guia natural