grado, grao e gran

1
GRADO, GRAO e GRAN, tres palabras semellantes pero con significados moi diferentes GRADO: Actitude positiva ou negativa que se manifesta respecto de algo. Esta é a única acep- ción que ten grado, xa que logo empregarémola só cando queiramos referirnos a “vontade” ou “gusto”. De aquí derívanse as seguintes expresións: -De bo grado: de boa gana, voluntariamente, con gusto. -De mal grado: de mala gana, sen vontade, a desgusto. Grado non se pode usar como rango, xerarquía, nivel ou calquera dos outros usos que corresponde a grao e que vemos a conti- nuación. GRAO. Ten numerosas acepcións referentes a nivel, intensidade, rango. Exemplos: Escalar ese picouto ten un alto grao de dificultade. Xoana e Millán son parentes de terceiro grao. A inva- sión de Iraq aumentou o grao de rexeitamento aos americanos. Cantas máis estrelas leve na gorra máis alto é o grao do militar. Carolina aprobou a tese e xa ten o grao de doutora Tamén ten a acepción de unidade de medida, tanto angular, como termométrica ou alcohólica. Exemplos: A auga ferve aos cen graos centígrados de temperatura. Os ángulos dun triángulo su- man cento oitenta graos. Os viños do Porto teñen arredor de dezaoito graos de alcohol. GRAN. Pode referirse á: -semente dos cereais (Ex.: gran de trigo, de millo, de arroz,...) - cada unha das partículas que conforman unha materia (Ex.: un gran de area) - pequenos tumores que abrollan na pel (Ex.: ten o corpo cheo de grans) - Apócope de grande, cando a palabra que acom- paña comeza por consoante (Ex.: París é unha gran cidade). O intento de queimar un gran do cu saltando unha fogueira ten un al- to grao de probabilida- de de producir queima- duras de terceiro grao. Cos trinta e cinco graos de temperatura que van na sombra de bo grado non saía da auga, pero teño que ir estudar.

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

616 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Grado, grao e gran

GRADO, GRAO e GRAN, tres palabras semellantes pero con significados moi diferentes

GRADO: Actitude positiva ou negativa que se manifesta respecto de algo. Esta é a única acep-ción que ten grado, xa que logo empregarémola só cando queiramos referirnos a “vontade” ou “gusto”. De aquí derívanse as seguintes expresións: -De bo grado: de boa gana, voluntariamente, con gusto. -De mal grado: de mala gana, sen vontade, a desgusto. Grado non se pode usar como rango, xerarquía, nivel ou calquera dos outros usos que corresponde a grao e que vemos a conti-nuación.

GRAO. Ten numerosas acepcións referentes a nivel, intensidade, rango. Exemplos: Escalar ese picouto ten un alto grao de dificultade. Xoana e Millán son parentes de terceiro grao. A inva-sión de Iraq aumentou o grao de rexeitamento aos americanos. Cantas máis estrelas leve na gorra máis alto é o grao do militar. Carolina aprobou a tese e xa ten o grao de doutora Tamén ten a acepción de unidade de medida, tanto angular, como termométrica ou alcohólica. Exemplos: A auga ferve aos cen graos centígrados de temperatura. Os ángulos dun triángulo su-man cento oitenta graos. Os viños do Porto teñen arredor de dezaoito graos de alcohol.

GRAN. Pode referirse á: -semente dos cereais (Ex.: gran de trigo, de millo, de arroz,...) - cada unha das partículas que conforman unha materia (Ex.: un gran de area) - pequenos tumores que abrollan na pel (Ex.: ten o corpo cheo de grans) - Apócope de grande, cando a palabra que acom-paña comeza por consoante (Ex.: París é unha gran cidade).

O intento de queimar un

gran do cu saltando

unha fogueira ten un al-

to grao de probabilida-

de de producir queima-

duras de terceiro grao.

Cos trinta e cinco graos

de temperatura que van

na sombra de bo grado

non saía da auga, pero

teño que ir estudar.