galacetic 3012
DESCRIPTION
Novela de ciencia ficción en galego e protagonizada por galegos.TRANSCRIPT
Autor: MANUEL ANTÓN MOSTEIRO
Deseño Portada: José Barbadilla
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
2
A MARCHA
Durante os anos 3602 e 3012 desenvolveuse no noso planeta unha cruel e
definitiva guerra entre os dous bloques antagónicos que se repartían o mundo, os
neocapitalista e os neocomunistas.
A tecnoloxía desenvolvida a partir do século XXV, cada vez máis destrutiva,
facía moi probable a destrución do planeta. Por iso os dirixentes dos dous bandos
adicaron anos á construción de estacións espaciais que servisen de agocho cando
chegase a hora de abandonar a vella Terra.
Coma sempre, os primeiros en instalarse no espazo foran os consellos dirixentes,
os impulsores de tan aloucada carreira cara a destrución masiva. Unha vez establecidos
nelas foron evacuando todas as persoas que lles foi posible. Non respectaron as normas
da navegación, as mulleres e nenos primeiro. Todo o contrario. Comezaron o traslado
seguindo un noxento pragmatismo: primeiro os membros do consello, despois os
membros das clases alta e media, logo, soldados, técnicos e encargados do mantemento
dos mísiles superatómicos, finalmente os mozos e mozas entre tres e trinta e tres anos.
Cando xa non había máis espazo nas estacións, adicáronse a convencer á poboación que
quedaba no planeta, a través dos medios de comunicación, de que axiña se ía asinar a
paz.
Mentres, nun recunchiño da costa atlántica, no que ata mediados do século
XXIV fora Galicia, existía un pequeno verxel rodeado por unha cúpula antiatómica.
Baixo o seu chapeu agochaba realmente unha cidade espacial que fora construída en
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
3
segredo polos galaicos. A cidade recibira o nome de GALAECIA, nome que os antigos
romanos lle deran a esta fermosa terra do finisterrae europeo.
Na cidade había uns seis millóns de persoas. Entre elas un milleiro eran sabios,
científicos e técnicos. Os cinco millóns restantes eran os antigos habitantes de Galicia,
que sempre se caracterizaron pola súa neutralidade e por ser contrarios á confrontación
bélica.
No caso de que se producira o tráxico final do planeta. Traxedia que todos viñan
agardando dende había meses e incluso anos. A cidade posuía uns potentes turbo
reactores capaces de desprendela da súa situación actual e de acadar sete veces a
velocidade da luz.
O resto da poboación do planeta adicara os derradeiros anos á construción de
refuxios antinucleares. O que eles non sabían era que en caso de explosión todo sería
inútil. A chuvia masiva de mísiles acabaría rebentándoos. Os poucos que resistisen
atoparíanse cun panorama terrorífico. Os científicos aseguraban que se a Terra era quen
de agantar e non chegaba a estourar, converteríase nunha enorme bola de cor moura,
unha esfera de morte. Todo ía ser en balde.
Só se salvaría Galaecia. Só os seus moradores se salvarían da maldición nuclear,
sempre e cando a Terra non se desfixese en miles ou milleiros de anacos. Xa hoxe, eran
os seus, os únicos terreos fértiles. Despois de case unha década de loitas, os fecundos
campos do planeta convertéranse nun inmenso ermo.
Todos os homes que non foran transportados ás estacións espaciais, vivían
momentos de incerteza. Os medios de comunicación anunciaban unha paz inminente.
Pero eles, no fondo dos seus corazóns sabían que á guerra só lle quedaba unha saída, o
emprego da arma final e definitiva. Todos tiñan o medo metido no corpo, todos, agás os
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
4
habitantes do finisterrae europeo. O desenlace víase cada vez máis preto. Xa non
habería volta atrás.
O 31 de Xaneiro do ano 3012, un longo silenzo foi o precedente dunha forte
explosión. O remate da III Guerra Mundial xa se tiña producido. Os dirixentes dos dous
bandos tiveron o privilexio de ver, que malia a evacuación feita do planeta, a Terra
estaba sementada de mortos. Os refuxios nucleares non foran quen de agantar o forte
estoupido e cuspiran do seu interior a milleiros de corpos que minutos antes estaban
cheos de vida.
Pero o acto final aínda non se tiña producido. De súpeto, a Terra tornouse unha
grande bola luminosa, rodeada dun anel moito máis luminoso, un anel de morte e
radioactividade. El foi, segundo os científicos o desencadeante da destrución total do
planeta. Esta hipótese viña ben para fuxir da causa real, centos e centos de anos de
irracionalidade do ser humano.
Doce horas despois produciuse un enorme estoupido que deixou paso ó máis
mortal dos silenzos.
No medio do feixe de luz que se produciu no intre final, e con grande abraio de
tódos os membros da cúpula dirixente do mundo recén desaparecido, viron como a
cidade GALAECIA foi quen de desprenderse da Terra. Segundos despois do planeta só
quedou unha morea informe de po.
Xusto nese intre comezou a andaina espacial de GALAECIA na procura da
estrela da que segundo as lendas e os científicos proviñan as vellas civilizacións
amerindias, os Maias e os Aztecas. Ese ía ser a partir de hoxe o seu obxectivo: a procura
dun Novo Mundo.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
5
O COMEZO DA VIAXE
Uns minutos antes de producirse a explosión.
-Pérez e Sánchez, acudan lixeiros á sala de control. Revisen os motores de
propulsión da nave. As cousas estanse poñendo moi feas. Estean preparados para o
despegue en calquera momento.
-Como vostede ordee, comandante.
-Susana, localice a Roberto e a Fiz. Comuníquelles que quero velos no meu
despacho canto antes.
-Desexa algo máis señor?.
-Non, pode retirarse.
Entrementres, na sa de control.
-Roi!
-Que ocorre Hernández?
-Quería saber de canto combustible dispoñemos? Os homes están preocupados
por saber se nos chegará para acadar a estrela que buscamos.
-Que non se preocupen. Temos combustible para un 300 anos espaciais,
aproximadamente un 3000 anos terrestres.
De novo no despacho do comandante. O silenzo no que se atopaba o dirixente
máximo da cidade foi interrompido polo zunido do intercomunicador.
-Que ocorre Susana?
-Comandante, están aquí Roberto e Fiz. Mándoos pasar?
-Si, fágaos pasar.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
6
-Pasade. O comandante quere falar convosco.
Os dous entraron pola porta con paso firme e dispostos a recibiren as ordes do
seu comandante.
-Señor, preséntanse Roberto e Fiz. Que ordea?
-Fiz, ponte en contacto coas estacións espaciais e comunícalles que imos
abandonar o planeta.
-Roberto, comproba que a cúpula está preparada para a súa desensamblaxe da
cortiza terrestre.
-Comandante, -inqueriu Fiz- que lle diremos á poboación?. A manobra que imos
realizar é de moito risco. Lembre que non temos á poboación previda de tal
posibilidade.
-Fiz, ten razón. Vai ser mellor que en lugar de comunicarse coas estación
espaciais remita un comunicado á poboación. Explíquelles cal é a situación actual e o
que vai acontecer en segundos. O importante é que a poboación estea previda de todo o
que pode suceder. É vital que sexamos quen de evitar unha reacción de pánico entre a
poboación.
A manobra foi todo un éxito. En cuestión de segundos a cidade espacial
atopábase no espazo. A fonda expansiva da explosión do planeta non chegara a
provocar ningún dano na cúpula.
Todos eran conscientes que para eles comezaba unha nova era. Todo o deixado
atrás non era máis que po que vagaba polo espazo sen rumbo. Eles si tiñan un rumbo
claro, a estrela descoñecida da que falaban as lendas. No fondo todos tiña a esperanza
de que fose unha realidade e non unha lenda. Pero ninguén fora quen de probar a súa
exitencia.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
7
A CIVILIZACIÓN DE ANDRÓMENA
-Comandante, a computadora detecta a presenza do sistema solar.
-Iso é imposible. O sistema solar é o que vimos de abandonar hai só uns días.
-Só hai unha explicación posible. Pode tratarse dun sistema xemelgo do noso.
De súpeto, detrás dunha enorme rocha que semellaba ser un meteorito dos
moitos que vagan polo espazo, e que era realmente un planeta saíron dúas naves que
tiñan unha especie de corno. Esa prótese que encabezaba as naves tiña toda a pinta de
ser un arma destructora ou cando menos disuasoria.
De arma disuasoria nada, tal e como puideron comprobar tratábase dun arma
ofensiva que comezou a disparar contra a cidade espacial. O receo e a prudencia dos
galaicos fixo que a nave non sufrise danos posto que fixeran levantar os escudos
protectores.
Cando os disparos remataron, na pantalla comezou a visualizarse a presenza
dunha estraña personaxe que só se diferenciaba dos humanos porque a semellanza das
súa naves posuía un pequeno corno na fronte. O estraño ser comezou a falar con
dilixencia: “O meu nome é TRN 22. Son o comandante en xefe da constelación de
Andrómena. Douvos a benvida en nome do meu pobo. Os nosos disparos non deben ser
interpretados como sinal de hostilidade. Non sabiamos cales eran as vosas intencións e
por iso abrimos fogo. Gustaríanos que nos acompañásedes a Andromenápolis.”
Os galegos accederon ó convite dos andromenense. Xa que estaban moi
interesados en coñecer novas formas de vida e novas civilizacións. Á súa chegada a
Andrómena, a nave espacial foi acollida cun fervoroso recibimento. Detrás desta
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
8
euforia tan desmedida agochábase algo inimaxinable. Desexaban os corpos para facer
un sacrificio que os privaría do corno que poboaba a súa fronte.
Había unha lenda de Andrómena que dicía: “Hai moitos anos, os poboadores de
Andrómena non posuían o horroroso corno. A causa da aparición deste apósito foi a
ofensa cometida por un dos gobernantes do Imperio contra o unicornio (o deus dos
andromenenses). Para compensar este ofensa o Deus propúxolle un enigma ó
gobernante. De fallar o enigma, os habitantes de Andrómena terían que levar toda a súa
vida o apéndice na súa fronte. O gobernante errou no enigma e os moradores sufriron o
seu castigo. Só había unha xeito de librarse da súa maldición. A solución estaba no
sacrificio de un milleiro de membros doutra especie.”
O sacrificio debía ser ó solpor do derradeiro día da constelación. Faltaban só
dúas horas para que se puidese producir o sacrificio. TRN 22 chamou ó sumo sacerdote,
xa que el era o encargado de facelo.
-TRN 30, necesito dous milleiros de soldados para ser quen de capturar ós
terráqueos que necesitamos.
-Como faremos para atraelos ó templo do sacrificio?
-Estiven pensando. Vós, os sacerdotes, podedes convidar ós científicos humanos
a un banquete.
-Que sacerdotes?
-Iso non é problema. Selecciona a un cento de poboadores que queiran servir con
honor á constelación e instrúeos para que estean preparados diante das posibles
preguntas dos científicos terrestres. Este plan ten que estar perfectamente argallado.
Pode ser a nosa única posibilidade de rachar coa maldición que nos persegue.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
9
O que non sabían os dous andromenenses era que a súa conversa tiña sido
interceptada polos galaicos. Cando estiveran na sa do consello, Roberto aproveitou para
deixar un sensor e así poder ter acceso ás palabras dos alieníxenas. Todo o que se falaba
nese intre estaba sendo escoitado na nave e xa comezaran a tomarse as primeiras
medidas para evitar a trampa que lles estaban a argallar.
O comandante tomou a decisión de enviar a un millón de humanoides que se
adicaban na nave a tarefas auxiliares e que pasaban perfectamente por seres humanos.
Os humanoides foron cargados de exploxivos para que estoupasen xusto no intre no que
se dispuxeran a fuxir da constelación e así crear o desconcerto na poboación.
Á hora programada por TRN30, achegouse unha nave á cidade espacial e
comunicoulle ao comandante o desexo do seu consello de que os terráqueos se reunisen
cos andromenenses para poder cambiar impresións e experiencias en diferentes campos
do saber.
O comandante respondeulle cun sorriso que non foi interpretado polos dirixentes
de Andrómena. “Terán que desculpar a miña presenza na cea. Teño que arranxar uns
asuntos na nave que requiren da miña intervención directa.”. A expresión no rostro do
comandante non espertou neles ningún tipo de sospeita.
– De acordo, agardamos aos seus homes na sala de recepción á posta do sol.
- Aló estarán. Traslade os meus respectos aos membros do consello.
Ao solpor os humanoides, coa súa carga mortal, foron enviados ao encontro cos
seus anfitrións. Dende a nave observábase o desenvolvemento dos feitos e xusto antes
do remate da cea. Cando coitaron ter información abondo, fixéronos estourar diante do
abraio e desconcerto dos andromenenses. O balbordo e desconcerto ocasionado foi
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
10
aproveitado polos galegos para fuxir dunha morte case segura. Todos agardaban a que a
orde do comandante se producise.
-Helena, que poñan en marcha os motores e conecten a barreira protectora. Que
a nave acade a velocidade máxima. Temos que fuxir de aquí axiña.
Tras uns minutos de tensión na sala de control. Todos agardaban a reacción dos
burlados. Escoitouse un berro do contramestre.
-O espazo sideral!
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
11
OS HOMES MORCEGO
Despois de varias xornadas de viaxe, un grande burato aparece diante dos ollos
dos membros do sala de control da nave Galaecia. As primeiras análises que se comezan
a ofrecer nas pantallas de control fan pensar na presenza dun burato negro.
Despois da incerteza inicial que se percibe nas facianas dos membros da
tripulación encargados do control da nave, esta comeza a atravesar a masa escura e
informe. Todos foron sentido como os seus corpos comezaban a facerse cada vez máis
pesados e comezaba a ser labor de titáns movelos. Non resultaba nada doado poder
mover nin sequera un dedo. De súpeto comezaron a materializarse no interior da sala
unhas estrañas criaturas de tamaño das persoas pero con corpo e ás de morcego. A
situación era totalmente nova para os membros do control. O máis desconcertante era
que os sensores non detectaban a súa presenza. De súpeto alguén lembrou que nas
lendas antigas se falaba duns seres terroríficos, os vampiros, que non se reflectían nos
espellos. O pánico comezou a apoderarse dos rostros que cada vez tiñan menos forza ata
para palpebrexar.
O que parecía ser o dirixente deste estraño grupo dirixiuse ao comandante e
comezou a falarlle a través dun aparello traductor.
-Son o capitán Morcego. Dirixente dunha banda de piratas espaciais. A nosa
base está situada no planeta Auriga. O noso planeta foi sempre moi fértil, pero hai cousa
duns séculos converteuse nun ermo. Dende aquela temos que adicarnos a saquear todas
as naves que se cruzan no noso camiño. Cando detectamos a vosa nave dei orde aos
meus homes que recadasen toda a información posible dos vosos bancos de datos para
facer unha análise completa. Segundo os nosos datos dispoñedes dunha zona da nave
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
12
con terreos moi fértiles que adicades á agricultura. Nese momento souben que esta era a
nosa grande oportunidade e ordenei aos meus homes que preparasen a nave para a
abordaxe. A vosa terra é a solución que estabamos a buscar para o noso planeta.
Helena, con moitas dificultades apresurouse a preguntar que era o burato negro
co que se atoparan antes da aparición destes estraños personaxes. A resposta do xefe dos
morcegos non se fixo agardar.
-Trátase dunha grande rede metálica que empregamos para a captura das naves
antes da súa abordaxe. Esta rede emite unhas radiacións de moita potencia que teñen a
propiedade de deter o tempo do obxecto que atrapan baixo o seu radio de acción. A súa
influenza sobre a materia viva provoca a ralentización de movementos ata chegar case a
paralizalos.
-Que é o que queren realmente de nós?. Preguntou o comandante.
-Coido que xa llo expliquei antes. Queremos desprender da nave toda a terra
fértil que poidamos e trasladala á nosa nave para levala posteriormente ó noso planeta.
-Pero, de que imos vivir nós se se levan a nosa terra?
-Iso non é cousa nosa. A nosoutros só nos interesa a vosa capacidade de
producir.
De súpeto ao comandante ocorréuselle unha idea para saír desta situación tan
estrema. Fíxolle un sinal coa ollada á Helena, tratábase dun dos protocolos de actuación
en caso de perigo que a súa axudante interpretou axiña.
-Capitán Morcego. Non é necesario que trasladen a terra, podemos separar o
módulo agrícola da nave e ensamblalo á vosa nave para que o poidades levar ata o voso
planeta sen necesidade de mover a terra.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
13
-Ordee logo que se inicie a secuencia de separación e de ensamblado da nosa
nave.
-Helena comece o proceso.
Nese mesmo intre, sen que se decatasen os piratas do espazo, o comandante
chiscoulle o ollo e ela fíxolle un aceno co sobrecello de asentimento. Nos arquivos de
emerxencia da nave había gravado un simulacro das probas de separación e de
ensamblaxe que se fixeron no ano 2997.
Mentres os piratas observaban abraiados como se ía producindo o proceso. O
comandante fíxolle un aceno a Hernández e a Roberto para que estivesen preparados
para a neutralización dos invasores.
-Comandante ordee que conecten a pantalla xigante que quero ver como se
produce o proceso de ensamblaxe coa nosa nave.
De súpeto produciuse algo inesperado e co que ninguén contaba, na parte
inferior da pantalla víase a seguinte lenda: “Gravación das probas de desensamblaxe,
2997”. Antes de que o Capitán Morcego puidese reaccionar o comandante fixo soar a
alarma.
Rapidamente apareceron na sala de control os membros do equipo de seguridade
e detiveron rapidamente aos invasores diante da súa sorpresa. Os membros de
seguridade era androides e non se viran afectados pola radiación da tea. A súa coiraza
servíralles como unha armadura para protexelos.
O comandante ordenou que os intrusos foran expulsados da nave. Unha vez que
se libraron da rede que os tiña apreixados e recuperada a súa forza vital, o comandante
exclamou:
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
14
-Helena, conecte os retropropulsores para poder fuxir o antes posible. Ímonos
deste maldito pesadelo.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
15
O PLANETA MORTAL
-Comandante, estamos entrando na órbita dun estraño planeta. Que facemos?
Agardamos as súas ordes.
-Helena, páseme a Hernández.
-Paren os motores. Hernández, ordee ao equipo de seguridade que se trasladen
ao planeta e recollan toda a información posible.
Hernández dilixente como de costume, ocupouse de enviar un pequeno grupo de
exploración ao planeta. Unha vez cumpridas as ordes comunicou á sala de control a
partida do grupo.
-Helena, inqueriu o comandante, ¿que datos nos dan os nosos sensores da cortiza
do planeta?
-Os nosos sensores detectan a presenza dunha tupida natureza pero parece que
non existe outro tipo de vida no planeta que non sexa a vexetal.
-Tan pronto teña contacto coa xente do planeta mantéñame informado da
información que recadan.
-Señor, a computadora comunícanos que os exploradores xa entraron na órbita
do planeta. Perdeuse o sinal e non temos máis datos deles. Non sabemos o que acontece.
Tampouco podemos recibir imaxes.
Mentres, no planeta, xa aterraran os exploradores. Todos eles eran
descoñecedores dos perigos que os agardaban en tan estraño planeta.
-Xaquín comunica coa nave e dille que neste planeta non hai máis vida que a
vexetal.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
16
-Xan, as comunicacións coa nave non funcionan. Teremos que agardar a que se
reanuden as comunicacións ou que veñan á nosa procura. Mentres tanto seguiremos coa
exploración do planeta non vaia a ser que se nos escape algo.
-Coidado, Xan! Os vexetais aproxímanse cada vez máis. Ten coidado, hai un
detrás de ti!.
-Foxe Xaquín! Sobe á nave e comunica á base o perigo que corremos
permanecendo na órbita do planeta.
Xaquín puido ver como os estraños seres se abalanzaron sobre a nave, mentres
os demais membros do grupo trataban de repeler os vexetais coas súas armas. Os seus
compañeiros igual que a nave foron engulidos por aquela masa verde que os tiña
rodeados. Xaquín comezou a disparar contra eles, malia que algúns saltaban polo aire, o
circo ía estreitándose cada vez máis ata que desapareceu entre aquela masa informe e
verde.
Despois de tanta loita só quedou un misterioso silenzo. Mentres, na nave había
unha grande desesperación por non ter novas do grupo que tiña baixado xa había máis
de dúas horas. Como as comunicacións estaba interrompidas o comandante decidiu que
baixaran na súa procura Roberto e Teodoro cun pequeno grupo moito máis armado e
dotados de sensores para telos localizados en todo momento. Por se eran necesarias
quedaban preparadas cinco naves perfectamente dotadas para destruír o planeta.
Cando chegaron atoparon o mesmo panorama que os seus compañeiros.
-Roberto, comecemos as tarefas de busca da nave e do grupo de investigación.
Alguén comezou a berrar de súpeto: “Señor estannos rodeando unhas estrañas
figuras con aspecto de vexetais!”. Cada vez a masa vexetal facíase máis mesta e estaba
pechando máis e máis o circo feito arredor do grupo. Todo o acontecido estábase
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
17
recibindo na nave e a situación de máxima alarma estaba xa en marcha. As naves que
estaban á espreita de acontecementos iniciaron o seu despegue dispostos a rematar co
perigo que acosaba aos seus compañeiros.
-Teodoro, comuníquelle ós pilotos das naves que destrúan a vexetación.
Xusto cando as naves comezaban a abrir fogo, o equipo de salvamento foi quen
de retornar á nave e saír fuxindo daquel lugar.
Unha vez que estiveron as naves de volta o comandante ordeou que deixaran a
órbita do planeta.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
18
A CONSTELACIÓN DO MINOTAURO
-Comandante, estámonos achegando a unha constelación en forma de labirinto.
Parece que non hai indicios de vida.
-Teodoro, ordénolle que trate de establecer comunicación con tódos os planetas
da constelación. Averigüe se hai vida nalgún dos planetas e se son pacíficos ou hostís.
Inesperadamente, unha grande nube radioactiva avalanzaouse sobre a nave. A
computadora de control non obedecía as ordes que Helena lle transmitía. O desconcerto
comezou a apoderarse da sala de control. A axudante apresurouse en comunicarlle a
situación ao comandante.
-Comandante, a computadora non responde ás miñas instruccións! Atopámonos
baixo a acción dun campo magnético moi forte que nos arrastra ao interior do labirinto.
-Helena, que Pérez e Sánchez se presenten diante de min para avaliar a situación
na que nos atopamos.
Ao pouco de ser transmitidas as ordes, xa se atopaban os máximos responsables
dos motores da nave na sala de control, dispostos a resolver as dúbidas que enchían a
cabeza do comandante.
-Señores, fíxenos chamar porque quero saber a causa pola que os motores non
responden e por qué motivo non obedece a computadora as nosas ordes.
-Non o sabemos señor. Cando Helena nos comunicou o que acontecía
comezamos a revisar os motores e a computadora central e non fomos quen de atopar
ningún fallo nos circuítos. A única explicación que atopamos é a posible influencia do
campo magnético da nube que nos engule. Pero tampouco podemos aseguralo.-
Respondeu Pérez en nome dos dous máximos responsables da parte motriz da nave.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
19
Cun xesto de contrariedade, o comandante dirixiuse a Helena para darlle novas
instrucións.
-Helena, consiga a composición química da nube magnética que nos está
rodeando e se pode a súa orixe. Ela parece ser a causa última da situación que estamos a
vivir. Dígalle a Roberto que quero falar con el no meu despacho.
Helena comezou o seu traballo de xeito moi dilixente. Deu orde á sección de
investigación para que tomasen mostras da nube e comezasen a análise dos seus
compoñentes. O tempo era vital. Non sabían que os agardaba dentro daquela masa
informe. Despois de dar orde aos técnicos para que detectasen a composición. Tentou
trazar o posible rumbo do seu inimigo para poder descubrir a súa orixe. Finalmente
ordenou que lle comunicasen a Roberto que o comandante o estaba agardando no seu
despacho.
Uns minutos despois de ter dado as ordes, e mentres se atopaba no seu despacho
tratando de valorar a situación na que se atopaban, chegou Roberto con certa
inquedanza pola premura coa que fora reclamado polo comandante, pero máis aínda
polo feito de ser recibido no despacho e non na sala de control como adoitaba facer. O
comandante non era amigo de formalismos e sempre procuraba non ter segredos para os
seus homes de confianza. Esta vez non ía acontecer así. “Algo grave debe pasar”;
pensou Roberto, mentres agardaba a que lle abrisen a porta. Unha vez dentro o
comandante foi moi preciso nas súas ordes, como adoecía facer sempre.
-Roberto, quero que os seus homes se encarguen de manter a orde en caso de
que cunda o pánico entre a poboación. Estamos sendo engulidos por unha nube de po
que xera un campo de atracción fortísimo. Non sabemos con qué nos imos atopar no seu
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
20
interior. Tampouco sabemos se a nave vai ser quen de agantar a presión deste campo.
Como observaría xa non se percibe a negrura do espazo fóra da cúpula.
-Supoño que a xente se irá poñendo moi nerviosa a medida que a situación se
prolongue. Lembre que a poboación ten que estar tranquila e así evitaremos problemas.
De súpeto a voz de Helena interrompeu a conversa.
-Señor, é extraordinario.
-Que é extraordinario?. Explíquese Helena. Non estou entendendo nada.
-A composición da nube, Señor. É unha mestura a parte iguais de Neón e de
Magnetita. De aí o seu poder de atracción tan forte.
-Puideron descubrir a súa orixe?
-Si. comandante. Provén do interior da constelación, posiblemente do planeta
que se sitúa no centro do labirinto de planetas que o rodea.
-Estanos atraendo logo cara o centro do labirinto?
-Si, señor. Segundo a computadora, que xa comeza a funcionar, lévanos ao
planeta Delos. Este planeta está habitado por unha civilización de homes minotauro.
Segundo as informacións que puidemos recadar dos nosos arquivos.
-Conécteme coas salas da tropa. Quero dirixirme directamente ós nosos
soldados.
Así o fixo. E a voz do comandante foi escoitada por tódos os pilotos e soldados
que tiñan o mandado de defender a nave de calquera ameaza externa.
-Fálalles o comandante. Quero comunicarlles cál é a situación na que nos
atopamos e o perigo ao que nos enfrontamos. Estamos sendo arrastados cara o interior
dunha constelación de planetas que forma unha especie de labirinto. Non sabemos o que
nos agarda no seu centro. Deben estar preparados para pórse en acción en calquera
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
21
momento. Estamos en alerta vermella. Só vostedes saben cál é a nosa situación. Polo de
agora non debe filtrarse á poboación para non provocar o pánico. Non sabemos a qué ou
a quén nos enfrontamos. No coñecemos o seu poderío militar nin cáles son as súas
intencións e menos aínda se as nosas proteccións e armas van dar algún resultado contra
eles.
A voz de Helena, volveu a interromper as súas palabras. A situación estábase
tornando moi grave.
-Comandante, a computadora vén de detectar a presenza de varias naves
procedentes de Delos. Non parecen vir con boas intencións. Conectamos os escudos de
protección.
-Que saían inmediatamente catro das nosas naves a interceptar ás naves
inimigas.- Reaccionou dilixentemente o comandante.
-Vou inmediatamente para a sala de control. Visualicen na pantalla as naves.
-Non é doado señor, a nube dificulta a visión e non é doado distinguilas.
-En tres segundo van establecer as nosas naves contacto visual coas naves
inimigas. Señor, as nosas naves están sendo atacadas!Piden instruccións!
Unha vez na sala de control, o comandante tomou o mando das operacións.
-Póñame coas nosas naves.
-Fálavos o comandante. Facede todo o posible para que non se acheguen.
A voz de Helena, rachou o silenzo tenso que se vivía na sala de operacións. “As
nosas naves caen unha detrás da outra. Non poden resistir máis. Necesitan reforzos. Se
non os enviamos van ser destruídas polo inimigo.”
-Necesito toda a información que teñamos das naves inimigas. Reclamou o
comandante antes de tomar calquera outra decisión.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
22
-Señor, contestoulle un dos pilotos dunha das naves, posúen un láser moi potente
na parte superior da nave. Parece que as ás son o seu punto máis feble. Non creo que a
nosa barreira de protección poida agantar moito o efecto do seu láser. Son naves moi
AH! AH!
Foi a derradeira comunicación que tiveron coa pequena escadra que fora enviada
a unha morte máis que segura.
-Comandante! A computadora detecta a presenza das naves inimigas xa moi
próximas en segundos terannos a unha distancia propicia para os seus raios.
-Que saía outra escadra para tentar neutralizalas. Se elas non o conseguen só nos
quedará a barreira de protección.
-Señor, as naves están estoupando misteriosamente!Non sei que ocorre! A
computadora detecta unha forte fonda expansiva provocada pola composición da nosa
barreira en contacto coa nube. A nube arrástranos fora do sistema. É como se a nosa
barreira resultase daniña para a súa composición.
O comandante limitouse a dicir: “Ímonos deste inferno canto antes”.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
23
MOTÍN NA ÁREA AGRÍCOLA
ALARMA XERAL. MOTÍN NA ÁREA AGRÍCOLA.!!!
O sinal de alarma rachou o silenzo que presidía naquel intre a sala de control da
nave. As caras de abraio fóronse sumando unha a unha no seu intercambio de olladas. A
voz do comandante soou enérxica entre tanta sorpresa.
-Eduardo, que acontece na túa sección?
-Comandante, os robots néganse a obedecer, están fóra de control. Non sabemos
que acontece con eles. Alguén os está controlando.
-Inicien o proceso de desprogramación. Logo volvan a programalos e así
conseguiremos que retornen ao noso control.
-Xa o tentamos. Non nos deixan iniciar o proceso de desprogramación. Teñen
instalado un escudo protector dos seus programas e non hai acceso. As claves de
seguridade non funcionan, non as recoñecen. Están apoderándose das armas de
seguridade e diríxense cara a aí para tratar de tomar o control da nave.
O comandante reaccionou con axilidade e dirixiuse a Teodoro.
-Teodoro, comunique coa garda de seguridade e ordéelle que intercepten aos
robots amotinados antes de que cheguen á sala de control. Que envíen un grupo á sala
de control para protexela en caso de que non poidan ser interceptados antes de que
cheguen.
Alguén berrou ás costas do comandante. “Señor, os sensores detectan a presenza
dos amotinados ó outro lado da porta!”.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
24
-Helena, conecte o sistema de bloqueo de apertura das portas de acceso á sala.
Hai que evitar que entren e tomen o control!
-Que ocorre coa garda de seguridade, Teodoro?. Exclamou desesperado o
comandante. Xa non sabía que facer. Estábanselle acabando as solucións a aquela
estraña situación.
-Os gardas están situados xusto detrás dos androides. Non son quen de detelos.
Xa se fixeron fortes diante da entrada da sala de control.
-Que se manteñan os gardas na súa posición; ordenoulle a Teodoro.
-Helena, podemos modificar o programa dos robots desde a computadora?. É a
nosa derradeira alternativa.
-Si é posible. Corremos un risco señor.
-Cal?.
-Lémbrolle que para poder facelo hai que desposuír ao computador central do
seu sistema de protección. E corremos o risco de que sexa tamén controlada por quen
interfire nos nosos androides. Entón perderiamos o control da nave e iso sería a nosa
perdición.
-Temos que correr o risco. Se non actuamos os androides acabarán tomando o
control da nave. Temos que trata de evitalo como sexa. Non hai outra solución.
-Agarde! – berraron asemade Pérez e Hernández. Levaban xa tempo tratando de
buscar unha explicación á situación que se estaba a vivir.
-Saben o motivo do motín dos nosos robots agrícolas? Retrucou o comandante
contrariado.
-Cremos que están sendo manipulados por alguén dende un planeta que temos
próximo. Descartamos a posibilidade de que se trate dunha nave porque temos
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
25
rastrexado o espazo e non atopamos ningunha. Alguén quere que os nosos androides
nos leven á órbita dese planeta.
-Pero, quen?. Que quererán de nós?; replicou o comandante.
-Non o sabemos, pero temos xeito de o facer. Deixemos que os androides tomen
o control da nave e permanezamos á espreita. –Aseverou Pérez con voz segura.
-Saben que se o facemos asumimos un risco moi alto. Imos deixar o control da
nosa nave en man de androides domeados por alguén do que non coñecemos as súas
intencións. Temos que avaliar a situación e valorar a vosa proposta.
-Non nos queda outra solución. –Afirmou Helena, sumándose á proposta feita
polos seus compañeiros. É un risco que temos que correr. A vida de moita xente
depende de todos nós. E cómpre que reaccionemos axiña.
O comandante adoptou un xesto de inquedanza e de seriedade. “A situación é
moi grave. E require unha solución arriscada.” Pensou antes de pronunciar as ordes.
-Helena, desactive o sistema de protección das portas e deixemos que os robots
tomen o control da nave. Hernández e Pérez estean á espreita.
Teodoro que estaba en comunicación coa sala de control e seguira a conversa
que se producira segundos antes. Trasladoulle a situación ó xefe de seguridade para que
permanecese vixiantes e preparados para un ataque desesperado.
-Que tomen a sala de control!. Berrou enerxicamente o comandante. Que sexa o
que Deus queira!.
Despois de entrar na sala e tomar o control da nave, esta foi conducida á órbita
do planeta. Xusto como vaticinaran Hernández e Pérez. Nese estraño planeta estaba o
causante da rebelión dos androides.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
26
Os feitos íanse desenvolvendo moi de vagar, como se se tratase dun proxecto
perfectamente tracexado e no que todo ía acontecendo sen improvisación. Os androides
recibían ordes constantemente e actuaban de acordo cos desexos de alguén que aínda
non ousara darse a coñecer.
Todos seguían sen perder detalle. Non sabían en que momento terían que reaxir
contra a situación. Non estaban dispostos a claudicar sen loitar. Nos maxíns de tódos os
membros do control bulían as mesmas preguntas: Quen era o que estaba controlando
aos androides? Cales eran as súas intencións? Por que non se dera aínda a coñecer? Que
quería deles?...
Máis desconcertados quedaron cando xa na órbita do planeta a computadora na
súa análise da cortiza do planeta descubriu que estaba completamente ermo. Non había
pegadas de ningunha presencia vital. Nin vexetación, nin animais, nin construcións. A
incerteza era cada vez máis. Os rostros dos membros de control eran cada vez máis
desconcertantes. Os segundos facíanse cada vez máis eternos. Malia o descubrimento os
androides seguían movéndose e actuando baixo o control de algo ou alguén.
De súpeto, un grande estrondo rachou a terra. Das profundidades da fenda
apareceu un castelo de cristal. Os androides obrigaron ao comandante, a Helena, a
Hernández e a Pérez que os acompañasen á superficie do planeta. Os humanos non
amosaron resistencia. Tiñan que seguirlle o xogo aínda que fóra da nave o risco era
moito maior. O comandante conseguiu agachar nun dos seus petos un comunicador.
Polo que puidese pasar.
Cando se achegaban á superficie observaron como do castelo se abría unha
comporta pola que se dispuxo a entrar a nave. Por fin saberían quen estaba detrás de
todo isto. Dentro agardábaos un sinistro personaxe. O causante de toda aquela desfeita.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
27
-Bos días, señores. Son Gandier. O soberano deste planeta.
-Por que nos trouxo aquí? –inqueriu rapidamente o comandante.
-Quero que formen parte da miña colección intergaláctica.
-Da súa colección intergaláctica?!
-Si. A miña colección está formada por miniaturas vivas. Quero reproducir en
pequena escala todo o universo, e vós ides ser a miña máis prezada peza da colección.
Vostedes serán a culminación da miña obra, levo centos de anos agardando a que a vosa
civilización sexa quen de saír ao espazo para poder inserirvos na miña obra.
-Este ser está completamente tolo –espetoulle Helena á orella do comandante.
-Temos que saír deste inferno –afirmou o comandante con voz firme.
-Pero, como imos saír deste pesadelo? –preguntou con resignación Helena,
consciente de que non había moitas posibilidades de saír daquela situación na que se
atopaban.
De súpeto, Hernández, que viña observando ao estraño ser dende que se
aparecese diante da súa presenza. Afirmou: “Comandante, temos unha posibilidade,
temos que destruír o seu bastón. A pedra que o coroa é o corazón desta criatura e á vez
o seu cerebro. Debemos destruílo e destruirémolo a el. Se conseguimos que o deixe un
só intre poderemos facernos con el e destruílo. Así remataremos co seu poder.”
Ao comandante ocorréuselle unha idea.
-Podemos ver a súa colección antes de pasar a formar parte dela?
-Por que non?. Veñan comigo, ensinareillo. Merecen coñecer a miña obra antes
de formar parte dela.
A estraña criatura, como adoitaba facer cada vez que admiraba a súa colección,
deixou o seu bastón sobre o trono. Chegara o momento! Aproveitando este descoido
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
28
Hernández colleu o bastón. Xusto no intre en que o lanzou ao chan escoitouse un berro
mortal. Tal e como supuxera a criatura caeu ao chan e comezou a retorcerse ata morrer.
Todo o que estaba ao seu redor comezou a tremer.
-Temos que fuxir de aquí! Todo isto está a punto de estoupar. –Berrou o
comandante. Voltemos á nave antes de que sexa demasiado tarde.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
29
NADAL PERIGOSO
O costume en festas sinaladas era a liberación dun grupo de presos que se
destacasen polo seu comportamento exemplar durante o ano. Era un xeito de
reinsertalos na sociedade e asemade de baleirar os cárceres dun xeito coherente.
Nesta ocasión non ía ser unha excepción. Os presos que ían ser liberados tiñan
tracexado un plan para tomar o control da nave. O seu comportamento exemplar, neste
caso, non implicaba que estivesen dispostos a reintegrarse na sociedade como cidadáns
de ben. Todo o contrario.
Tiña planeado, ó ser liberados, facerse co poder da cidade e tentar contactar cos
seus compañeiros nas estacións espaciais terrestres. O plan fora coidadosamente
argallado entre os tres grupos de liberados.
Despois da súa liberación solicitarían a entrada na garda de seguridade con
identidades falsas, de non ser así, co seu historial seríalles imposible. Unha vez
inseridos na garda de seguridade tratarían de tomar o poder con máis posibilidades de
éxito.
O 25 de Decembro, ás 12:00, como adoitaba facerse tódolos anos, os 20 presos
foron liberados. Ás 15:00 xa formaban parte da garda de seguridade. Todo estaba indo
tal e como estaba previsto.
O grupo completo fora destinado ao sector norte, a zona máis comprometida da
nave, a sala de control e os cuartos dos altos cargos da cidade. O seu plan estaba saíndo
mellor do que eles agardaban. Tanta facilidade non lles fixo sospeitar que puidese estar
todo controlado. Parecía imposible que alguén soubese do seu plan, e menos aínda que
coas súa identidades falsas puidesen ser relacionados. Aínda que a algún lle parecese
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
30
demasiada casualidade que os vinte, xustamente os vinte, fosen trasladados xuntos a
sector de máxima seguridade cando só levaban unha horas no corpo. A súa falsa
experiencia, que era común a todos eles, puido ser a causa, pensaron algúns deles. Era a
forma máis doada de xustificar que as cousas fosen mellor do que eles mesmos
agardaban.
Xa era a hora indicada para a toma do poder. Pero xusto no momento en que se
dirixían a tomar a sala de control foron rodeados e devoltos ao cárcere.
Uns minutos antes da súa saída, desde as estacións espaciais terrestres chegara
unha mensaxe de socorro, estaban sendo atacados polos presos liberados. Isto puxo en
alerta aos membros da nave, pero deixaron que os feitos se fosen sucedendo ata que se
confirmase que tamén os presos de Galaecia estaban tamén na conspiración para tomar
o poder. De certo que o estaban.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
31
O COFRE DOS SETE ENIGMAS
1ª Parte
-Comandante, detectamos neste cadrante a presenza dunha estraña nave.
-Helena, envíen unha sonda de recoñecemento e fagan unha análise da nave para
comprobar se existen organismos vivos nela.
-Señor, non se detectan sinais de organismo vivo algún. Segundo a análise a
nave está completamente baleira. Só se detectou na súa sala de control unha especie de
cofre ou arca. Os informes da nosa nave exploradora indican que pode tratarse dunha
arca azteca, segundo as inscricións que aparecen no seu exterior.
A furna ten un programa de apertura que ten aproximadamente uns tres mil anos.
-Helena, que a computadora lea o programa e trate de abrir a arca. Se está no
certo na súa orixe, podemos estar diante dunha descuberta importante para a nosa viaxe.
Despois duns minutos de incerteza, a computadora foi quen de abrir o cofre e
descubrir no seu interior unha mensaxe cifrada. Na mensaxe, escrita nun código
descoñecido para os terrestres describíase a situación exacta do planeta do que procedía
a civilización azteca.
-Señor, no interior da arca hai unha mensaxe cifrada que describe a situación do
planeta.
-Helena, que os nosos científicos se poñan a descifrala. Que o fagan canto antes .
É vital para a nosa xente.
-Señor, a computadora xa descifrou os debuxos que había no exterior da arca.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
32
“Para achar o camiño á estrela da que provimos hai que resolver os sete enigmas
que aparecen no interior”
1º ENIGMA: A situación da estrela é S2320 da 62122206131311211312.
2º ENIGMA: No sistema 232011518 C.
3º ENIGMA: No cadrante U sector 13 B.
4º ENIGMA: 513 18131156221 620221 561912310211517.
5º ENIGMA: 131 3123211 56 1523622201 9231051 621 131
5621118120103101715 56 131 12214171876201. 131 1423620226 615
15236221222017 181 31156221 621 1015141015615226.
6º ENIGMA: 2217517 11 923613 19236 13178206 21172206241020 615
1523621 222017 181311, 31720206201 186131082017 615 13121 15174621 56
1323151 13136151, 18172019236 131 3123211 56 1211551715120
1517211722201721 613 18131156221 211715 2315121 6212220116121
320101222320121 19236 1221172024106201715 131 12214172176201
2752362014615 9121221 13121 15174621 56 1323151 13136151 615 13121
19236 21113615 1 181720 211158206.
7º ENIGMA: 21171317 6261021226 2315 13238120 5171556 216 1823656
211722062310231020 1 13121 14172022113621 320101222320121, 113 212320
5613 1813115221 9127 2315 20672381017 212322262020115617.
2ª Parte
-Helena. Conseguiron descifrar os científicos os sete enigmas dos aztecas?.
Comuníquelles que quen o faga será recompensado pola cidade.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
33
-Quero dirixirme á poboación para que todos colaboren.
-Teodoro, conecte as pantallas de toda a nave. Desexo comunicarlle á poboación
o ocorrido e que entre todos tentemos descifrar os sete enigmas. Delo depende o noso
futuro.
Uns segundo despois escoitábase en toda a cidade a mensaxe do comandante:
“Habitantes da cidade Galaecia, quero poñer no voso coñecemento un
descubrimento que fixemos hai uns días. Trasantonte atopámonos cunha nave
abandonada que se interpuxo na nosa traxectoria. O fado fixo que esa nave contivese un
tesouro moi prezado para todos nós. Unha furna de orixe azteca, que contiña no seu
interior o itinerario que temos que seguir para atopar o seu planeta. Xustamente o que
nós procuramos dende que tivemos que deixar a Terra. O itinerario está agochado baixo
sete enigmas que hai que descifrar. Os científicos levan dende aquela tratando de facelo
pero eu persoalmente quero que todos participemos na procura do cerne deste código
que os protexe. Serán difundidos entre toda a poboación e aquel que sexa quen de
descifralos será recompensado pola cidade.”
Despois de varios días de incerteza, Xurxo, un mozo de mantemento da área
agrícola foi quen de dar coa clave dos enigmas. Unha vez que o fixo, comunicou co
control da nave para comunicarlles a boa nova. Cando Helena recibiu a nova ordenoulle
a Xurxo que se dirixise á sala de control e comunicoullo inmediatamente ao
comandante. Xurxo foi levado perante este e explicoulle a clave e o contido dos
enigmas.
-Señor, -comentou Xurxo emocionado-, os enigmas están escritos en clave
universal. Trátase dun código moi antigo e consiste en trocar os números polas letras do
vello alfabeto latino e a súa tradución á nosa lingua. Non ten máis complicación. Como
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
34
o código era moi sinxelo os científicos non se molestaran nin en consideralo. A
finalidade dos aztecas non era críptica senón que era unha sistema de comunicación que
coidaron que os terrestres que localizasen a arca poidesen coñecer e descifrar
doadamente.
-Helena, procedan á súa decodificación.
-Non é necesario, xa o teño feito eu, señor. -Comentou Xurxo. E di o seguinte:
1º ENIGMA: A situación do noso planeta está ao sur da estrela Kalk.
2º ENIGMA: No sistema Urano.
3º ENIGMA: No cádrante 23 e no sector K2.
-Helena, poñan rumbo ás coordenadas que acaba de darlle Xurxo!
-Señor, non se precipite e escoite o resto dos enigmas. Dixo Xurxo coa face
contrariada do que tiña descuberto.
Ao comandante xa lle sorprendera o rostro de Xurxo cando lle comunicou que
descubrira os enigmas pero atribuíno ao nerviosismo. Pero non era así.
-De acordo, continúe co resto dos enigmas.
3ª Parte
Minutos despois de poñer rumbo á estrela Kalk. A desesperación ía apoderarse
do comandante cando escoitou a solución dos enigmas que aínda quedaban por
descifrar.
Os outros textos dannos a explicación de por qué os aztecas tiveron que deixar a
súa estrela. A atmosfera tiña desaparecido. Malia iso non supoñer un problema excesivo
para os nosos amigos si a causa da súa desaparición ía supoñer un mal insalvable. A
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
35
causa da desaparición da atmosfera fora a aparición dunhas estrañas criaturas que se
alimentaban do osíxeno e que acabaron coa atmosfera. Isto provocou a imposibilidade
de vivir no planeta e a morte de todo ser vivo que posase sobre el. Cando desapareceu
toda a atmosfera esta criaturas mutaron e xa non se alimentaban do osíxeno senón que
comezaron a devorar ás xentes que ían morrendo.
O comandante, contrariado polo que viña de escoitar pero disposto a non perder
a esperanza, afirmou: “Isto aconteceu hai moitos miles de anos. Non sabemos cal é a
situación actual da estrela. Todo puido cambiar moito. A atmosfera puido rexenerarse,
as criaturas morrerían ou deixarían o planeta cando quedaron sen alimento. Seguiremos
co rumbo trazado. Quero asegurarme de que a situación non cambiou realmente no
planeta. Non podemos perder a esperanza.”
-Teodoro quero dirixirme á poboación.
A decisión de informar á poboación era moi necesaria, xa que moitos xa sabían
que os enigmas foran descifrados. Compría que a información a tivesen del
directamente e que non houbese filtracións.
“Queridos compañeiros, como ben sabedes xa todos, os enigmas foron
descifrados. Nestes momentos imos rumbo á estrela Kalk. Dende aló dirixirémonos á
estrela da que saíron os aztecas. Ese é o último destino da nosa longa viaxe. Agardemos
atopar aló unha nova Terra tan boa e fecunda como a que deixamos.”
Estas derradeiras palabras soaron desacougantes nalgún sector da poboación,
para os máis a euforia impedíalles pensar en que algo puidese saír mal.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
36
A ESPERANZA PERDIDA
A voz de Helena veu rachar os matinamentos nos que se atopaba o comandante.
Logiño chegarían ao seu destino e as cousas non estaban nada doadas. No seu maxín
bulían moitas preguntas. Realmente cambiarían as cousas no planeta? ¿Como
reaccionará a poboación cando saiban que non hai vida nin posibilidades de vivir no
planeta?¿Estarán condenados a vagar polo espazo ata quedar sen combustible e morrer?.
-Comandante, temos nas nosas pantallas a estrela Kalk.
-Diríxanse segundo as coordenadas á estrela dos aztecas. Cando cheguen envíen
unha nave a analizala e comuníquenme os resultados.
Os minutos que seguiron a estas ordes fixéronse eternos. O silenzo no que se
atopaba foi rachado unha vez máis pola voz de Helena.
-Señor, a estrela non posúe atmosfera e está habitado por unhas criaturas
mostruosas en fase de hibernación!
As peores expectativas viñan de confirmarse. Era momento de actuar e non de
deixarse invadir pola desesperación. Por iso, como correspondía ao seu rango dixo con
voz enérxica: “Helena, convoque á xunta de seguridade no meu despacho.” A xunta de
seguridade estaba formada por un membro da garda de seguridade, cinco representantes
da cidade, un representante dos científicos e o propio comandante.
Cando foron convocados, despois de tanto tempo sen necesidade de facelo, todos
interpretaron que se trataba de ultimar o plano de establecemento na estrela dos aztecas.
Ninguén sospeitaba da convocatoria real, xa que para evitar filtracións, non lle fora
comunicada a orde do día. No comezo da xuntanza tomou a palabra o comandante,
como era costume nestes casos.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
37
-Señores, a orde do día desta convocatoria é decidir as liñas de actuación na
situación na que nos atopamos. Contrariamente ao que poidan pensar non imos
establecer as fases de asentamento na estrela. Antes temos que decidir se debemos ou
non establecernos nesta estrela.
Os rostros de incredulidade comezaron a encher a sala. Ninguén agardaba o xiro
que estaban tomando os acontecementos. Diante desta situación o comandante
continuou.
-A estrela non posúe atmosfera e está chea por unha serie de criaturas que
primeiro comeron a atmosfera e despois se mutaron en carnívoros e devoraron a moitos
dos habitantes do planeta. Descubrimos na zona sur un agocho contra as criaturas no
que poderiamos establecer a nave. Temos que decidir se nos establecemos nesa zona, co
perigo que pode supoñer que as criaturas nos detecten e traten de destruírnos ou
continuar a nosa viaxe polo espazo na procura doutro planeta ou estrela. A nós
correspóndenos a decisión. A min persoalmente o establecemento no planeta paréceme
unha alternativa moi arriscada por iso me inclino por voltar ao espazo. Agradeceríalles
que cada un manifestase o seu parecer.
Un a un foron dando a súa opinión. O representante da garda de seguridade
manifestou a súa opinión favorable a nos achegarse ao planeta. Porque segundo el
semellante risco non merecía a pena. Tres dos cinco representantes do pobo
inclinábanse por baixar ao planeta. Coidaban que sería moi difícil controlar á poboación
cando se lles comunicase que deixaban a estrela. Xa todo o mundo sabe onde nos
atopamos e non hai volta a atrás. Os outros dous eran partidarios de non correr o risco e
deixar a órbita da estrela canto antes mellor. Non se podía facer que a xente tivese falsas
esperanzas.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
38
Só quedaba agardar a opinión do representante dos científicos. E este non ía a
aportar a solución posto que non estaba disposto a ser el quen decidise. Así, despois de
meditar durante uns minutos decidiuse a rachar o silenzo que enchía a sala na que se
desenvolvía a xuntanza. As súas palabras non eran nin moito menos a solución a aquela
situación. El limitouse a manifestar que non se ía pronunciar por unha ou outra
alternativa Tiña decidido absterse e que fose o comandante que tivese que decidir. Ía ser
o seu voto de calidade o que decidise. Así foi finalmente e por catro votos a tres
decidiuse abandonar a órbita da estrela.
Con voz firme limitouse a dicir:
-Helena, voltamos ao espazo sideral.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
39
A ESPERANZA NUNCA SE DEBE PERDER
Cando xa levaban unhas horas no espazo sideral unha voz veu a interromper o
silenzo que enchía o seu despacho dende que se dera por concluída a xuntanza do
consello de seguridade.
-Señor, a poboación desexa saber por qué deixamos a órbita da estrela e
voltamos ao espazo.
-Ten vostede toda a razón Helena, non podemos manter á xente na incerteza nin
un só minutos máis. Dígalle a Teodoro que conecte as pantallas da cidade que me vou
dirixir á poboación.
O rostro do comandante diante dos milleiros de ollos que o observaban tiña
avellentado moito dende a última vez que se dirixira a eles. Non era aquel rostro cheo
de esperanza que lle comunicaba que tiñan atopado os enigmas que os levarían ao seu
Paraíso. Era o rostro dun home derrotado polos acontecementos, desilusionado e
preocupado por todas aquelas almas que estaban baixo a súa responsabilidade. Tentou
que non quedase na poboación a sensación de que non había esperanza para eles, quería
deixar unha porta aberta á esperanza. Con voz rexa comezou a súa alocución:
“Habitantes da nave, como xa todos sabedes, vimos de abandonar a órbita da
estrela na que viviron hai moitos anos os aztecas. Cando desciframos os enigmas
comunicóusenos a causa pola que este pobo chegou onda nós. Sempre tiven a esperanza
de que a situación cambiase despois de tantos anos pero por desgracia non o foi.
O motivo polo que este pobo tivo que deixar a estrela foi a aparición dunhas
estrañas criaturas que devoraron a súa atmosfera e logo comezaron a exterminalos a eles
mesmos. Cando chegamos ao planeta enviamos unha nave para analizar a situación.
Manuel Antón Mosteiro Galaecia 3612
40
Nada tiña cambiado, o planeta non recuperou a súa atmosfera e as criaturas están
hibernando na espera de que cheguen novas víctimas.
Ben é certo que existía unha zona protexida das criaturas na parte sur. Pero o que
non sabemos é o que acontecería no momento en que chantaramos a nosa cidade na
estrela. Non podemos asegurar que a zona seguise sendo segura despois da nosa
chegada.
Reunidos os membros do consello de seguridade decidimos por unha marxe moi
estreita o abandono da órbita da estrela e continuar na procura doutro planeta ou estrela
no que poder establecernos.
Pídovos que non perdades a esperanza, porque eu non o vou facer. Seguiremos
na procura dun lugar onde poder establecernos e criar aos nosos fillos na paz e na
harmonía.
A esperanza de atopar un planeta nalgún lugar do espazo ten que ser o motor da
nosa existencia. Se seguimos todos unidos poderemos atopalo.”
Con esta esperanza continúan vagando polo espazo os habitantes da nave cidade
Galaecia. E quizais calquera día atopen á irmá xemelga do noso querido planeta Terra.
E quizais nela atopen o seu lugar. Quen pode afirmar que isto non poida ser posible?