formatos de imaxe
DESCRIPTION
Presentación sobre formatos de imane feita para PLATEGA.TRANSCRIPT
FORMATOS FORMATOS DE IMAXE DE IMAXE DIXITALDIXITAL
GARDANDO OS DATOS DUNHA IMAXE DIXITAL
• Ao crear ou obter unha imaxe dixital, faise preciso almacenar a información
• Para que esa información poida ser interpretada polo ordenador, hai que codificala
• Os diversos sistemas de codificación dar lugar aos diferentes formatos gráficos
• Os dous grandes grupos de formatos son:
Os gráficos vectoriais
Os gráficos de mapa de bits
FORMATOS DE ARQUIVO VECTORIAIS
Son os apropiados para gardar elementos basados en liñas
Precisan menos espacio de almacenamento que os tramados
Conteñen descripcións xeométricas dos elementos da imaxe
Dependen das aplicacións que os interpretan para representarse correctamente
Non valen para imaxes fotográficas onde a cor pode variar dun píxel a outro
Os máis comúns son:
AI, ODG, WMF, SVG E CDR
FORMATOS DE ARQUIVO VECTORIAIS II
AI: é o formato nativo de Adobe Illustrator. Permite incluir nel mapas de bits.
ODG: propio do OpenOffice.org Draw. É de código aberto (como o resto de programas de OpenOffice.org) pensado para desenvolver software libre.
WMF: Creado por Microsoft. É o formato dos cliparts de Microsoft Office. No permite incluir nel mapas de bits.
SGV: nativo de Inkscape. Formato de código aberto. Permite a inclusión de mapas de bits. É o máis estandar entre as imaxes vectoriais.
CDR: formato nativo de Corel Draw.
FORMATOS DE ARQUIVO DE MAPA DE BITS
Indicados para gardar imaxes da realidade (fotográficas)
Conteñen un mapa exacto da imaxe (pixel a pixel)
Ocupan máis espacio que os formatos vectoriais
Adoitan permitir procesos de compresión, menos efectivos canto máis complexa sexa a imaxe
Hainos nativos (psd, pcx…) ou estándar ou de intercambio (jpeg, tiff…)
Os máis comúns son:
JPEG, TIFF, BMP, GIF,PNG
FORMATOS DE ARQUIVO DE MAPA DE BITS II
JPEG: o máis estendido. Ten un sistema de compresión con perdas que o usuario pode establecer de xeito sinxelo. É un formato de intercambio (pódese abrir con moitos programas non necesariamente de edición fotográfica)
Todas as cámaras fotográficas dixitais permiten gravar as fotos neste formato
A máximo tamaño, mínima compresión, a calidade de imaxe é excelente
Á hora de editar as imaxes, non é o mellor formato, aínda que para as necesidades dun afeccionado é máis que suficiente
É o formato máis usado en internet
FORMATOS DE ARQUIVO DE MAPA DE BITS III
TIFF: é tamén un formato estándar de intercambio que ofrece portabilidade entre plataformas informáticas
De maior tamaño que o JPEG. Ofrece a posibilidade de compresión LZW (sen perdas) que reduce o tamaño do arquivo ata un 50%
Algunhas cámaras dixitais permiten a gravación directa en formato TIFF aínda que non é moi habitual polo gran tamaño que ocupan.
É un formato habitual para arquivo de imaxes dixitais de alta calidade
Úsase para almacenar e retocar fotografías sin que sufran moitas perdas e tamén para levar a impresión
FORMATOS DE ARQUIVO DE MAPA DE BITS IV
GIF: formato desenvolvido por Compuserve
Pode conter ata 256 cores de entre os 16.8 millóns da súa paleta.
É un formato moi estendido nas imaxes de internet
Permite crear animacións gardando varias imaxes no mesmo arquivo (GIFS animados)
Moi usado para os banners publicitarios na rede
Desde a versión 89a permite definir zonas transparentes así como especificar o tempo das animacións
FORMATOS DE ARQUIVO DE MAPA DE BITS V
RAW: é un formato que contén toda a información da imaxe en bruto, ou sexa, os datos do sensor sen procesar
Chamado por algúns o negativo dixital (non confundir co formato DNG) xa que a partir del pódense facer versións en outros formatos conservando sempre o orixinal
É un formato de só lectura (non se pode modificar sen convertilo antes a outros formatos)
O teñen as cámaras fotográficas profesionais e cada vez máis as de afeccionados avanzados.
Ten o problema da compatibilidade según versións e é propio de cada marca e modelo de cámara (CR2, NEF, ORF, etc.)
Precisa de software específico de edición segundo os diferentes modelos
FORMATOS DE ARQUIVO DE MAPA DE BITS VI
Os anteriores (JPEG, TIFF e RAW) son os máis empregados en fotografía dixital, pero hai máis formatos de arquivo de mapa de bits.
Algúns deles son axeitados para internet (GIF, PNG)
Outros son propios de casas comerciais específicas (PSD, PCD)
Hainos nativos de diferentes sistemas operativos (PICT de Macintosh, BMP de Windows)
O novo formato DNG (Digital Negative) pretende ser un estándar de arquivo sen procesar (o que ofrece maior control creativo ao usuario) coa vantaxe de ser de código aberto e suplir así os problemas de compatibilidade do RAW
Nacho Romero
Material subvencionado pola