folleto día internacional da muller museo de pontevedra...como as alas ás bolboretas da illa de...

2
Ocultas tras a representación: A imaxe da muller na arte MUSEO DE PONTEVEDRA 8 MARZO / DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Upload: others

Post on 07-Jun-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Folleto Día Internacional da muller Museo de Pontevedra...como as alas ás bolboretas da illa de Kerguelen, xa que a súa misión no mundo non é a de loitar na vida, senón arrolar

Ocultas tras a representación:A imaxe da muller na arte

MUSEO DE PONTEVEDRA

8 MARZO / DÍA INTERNACIONAL DA M U L L E R

Page 2: Folleto Día Internacional da muller Museo de Pontevedra...como as alas ás bolboretas da illa de Kerguelen, xa que a súa misión no mundo non é a de loitar na vida, senón arrolar

Ser muller ao longo da Historia non foi algo doado. E menos aínda se nos referimos, máis concretamente, ao feito de ser muller artista.

Sinalaba o médico español Antonio Vallejo Nájera que “á muller atrófiaselle a intelixencia como as alas ás bolboretas da illa de Kerguelen, xa que a súa misión no mundo non é a de loitar na vida, senón arrolar a descendencia de quen ten que loitar por ela”.

Coma el, outros profesionais da medicina, intelectuais, escritores, artistas, etc. insistiron, ao longo dos séculos, na inferioridade biolóxica da muller fronte ó sexo masculino, reducindo o seu papel na vida ao seu rol como nai, esposa e filla.

A presenza da muller como obxecto de representación, como musa, constitúe unha

das maiores constantes na Historia da Arte desde o seu comezo. Non obstante, como creadora, o certo é que foi continuamente ignorada e infravalorada. As mulleres que triunfaban eran vistas como unha excepción.

Por que apenas coñecemos nomes de mulleres artistas?

Nesta visita propoñemos unha reflexión sobre o papel da muller na Historia, na Arte e na vida, facendo un repaso polas condicións que marcaron a súa existencia, ausencia ou esquecemento. Neste Día Internacional da Muller, recordaremos non só as artistas silenciadas polo paso do tempo, senón tamén todas aquelas mulleres cuxas alas quedaron agochadas baixo a súa función de nai, esposa e filla.

Fotografía: Julia Minguillón. Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra.

Días 8, 9 e 10 de marzo de 2017Visitas guiadas ás 18:00 h

Día 8 de marzo ás 20:00 hConferencia “O traballo feminino a través da obra Las cigarreras de

Gonzalo Bilbao” a cargo de Mª Ángeles Tilve Jar Museo de Pontevedra / Sexto Edificio