federacion galega de ciclismofederacion galega de ciclismo f o t ó g r a f o l u í s estradense) k...

6
FEDERACION GALEGA DE CICLISMO Fotógrafo Luís Ksado,17 36209 Vigo, Tfno.: 986 224158, fax: 986431066 Web: http://www.fgalegaciclismo.es. E-mail: [email protected] ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE CICLISMO 20 DE FEBREIRO DE 2016 En Teo sendo as 17:00h do día 20 de Febreiro de dous mil dezaseis, reúnese en segunda convocatoria, o non haber quórum suficiente na primeira, a Asamblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Ciclismo cos seguintes ASISTENTES: Presidente: D. Juan Carlos Muñiz Secretario: D. David Carrillo Guerra Tesoreiro: Antonio Casal Rey Vocais: D. Carlos Moure Fraga D. Esteban Lorenzo Vila D. Francisco José Martínez Castro ASAMBLEISTAS Estamento Clubes A.D. 2.0 SPORT TEAM C.C. BARBANZA C.C. BICI VERDE C.C. BTT CAIMANES BETANZOS C.C. CORUXO DE MONTAÑA XESTEIRAS CLUB C.C. DEL MAR MUGARDOS C.C. DO SALNES C.C. FERROL C.C. ASOCIACION GALEGA DE CICLISTAS C.C. MARIN C.C. MILAGROSA C.C. O ROSAL C.C. ORENSANO C.C. PONTEAREAS C.C. VILALBA – AS PONTES Estamento Deportistas: D. DAVID CARRILLO GUERRA D. EMILIO GARCIA FERNANDEZ D. ESTEBAN LORENZO VILA D. SANTIAGO TORIBIO RODRIGUEZ D. CARLOS MOURE FRAGA Estamento Arbitros: D. JOSE LUIS PADIN COUSIDO D. IVAN LORENZO REDONDO DNA. ALBA LIS LAVANDEIRA Estamento Técnicos: D. TOMAS J. MARTINEZ RODRIGUEZ D. JOSE ANGEL VIDAL MARTINEZ Asisten en calidade de oíntes: D. AMANCIO ESPIÑEIRA ( TAMBRE BIKE) D. XOAN RAMON VILLA ( C.C. O ROSAL) D. RICARDO TERCEIRO ( C.C. ESTRADENSE)

Upload: others

Post on 27-Feb-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

F E D E R A C I O N G A L E G A D E C I C L I S M O

Fotó

graf

o Lu

ís Ks

ado,

17 3

6209

Vig

o, T

fno.

: 986

224

158,

fax:

986

4310

66

Web

: http

://w

ww

.fgal

egac

iclism

o.es

. E-m

ail:

fede

racio

n@fg

aleg

acicl

ismo.

es

ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA FEDERACION GALEGA DE CICLISMO

20 DE FEBREIRO DE 2016

En Teo sendo as 17:00h do día 20 de Febreiro de dous mil dezaseis, reúnese en segunda convocatoria, o non haber quórum suficiente na primeira, a Asamblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Ciclismo cos seguintes

ASISTENTES:

Presidente: D. Juan Carlos Muñiz Secretario: D. David Carrillo Guerra Tesoreiro: Antonio Casal Rey Vocais: D. Carlos Moure Fraga D. Esteban Lorenzo Vila D. Francisco José Martínez Castro ASAMBLEISTAS Estamento Clubes A.D. 2.0 SPORT TEAM C.C. BARBANZA C.C. BICI VERDE C.C. BTT CAIMANES BETANZOS C.C. CORUXO DE MONTAÑA XESTEIRAS CLUB C.C. DEL MAR MUGARDOS C.C. DO SALNES C.C. FERROL C.C. ASOCIACION GALEGA DE CICLISTAS C.C. MARIN C.C. MILAGROSA C.C. O ROSAL C.C. ORENSANO C.C. PONTEAREAS C.C. VILALBA – AS PONTES

Estamento Deportistas: D. DAVID CARRILLO GUERRA D. EMILIO GARCIA FERNANDEZ D. ESTEBAN LORENZO VILA D. SANTIAGO TORIBIO RODRIGUEZ D. CARLOS MOURE FRAGA Estamento Arbitros: D. JOSE LUIS PADIN COUSIDO D. IVAN LORENZO REDONDO DNA. ALBA LIS LAVANDEIRA Estamento Técnicos: D. TOMAS J. MARTINEZ RODRIGUEZ D. JOSE ANGEL VIDAL MARTINEZ Asisten en calidade de oíntes: D. AMANCIO ESPIÑEIRA ( TAMBRE BIKE) D. XOAN RAMON VILLA ( C.C. O ROSAL) D. RICARDO TERCEIRO ( C.C. ESTRADENSE)

F E D E R A C I O N G A L E G A D E C I C L I S M O

Fotó

graf

o Lu

ís Ks

ado,

17 3

6209

Vig

o, T

fno.

: 986

224

158,

fax:

986

4310

66

Web

: http

://w

ww

.fgal

egac

iclism

o.es

. E-m

ail:

fede

racio

n@fg

aleg

acicl

ismo.

es

1. Aprobación, se procede, da acta da Asamblea Xeral Ordinaria do 24 de outubro e da acta da Asamblea Xeral Extraordinaria do 19 de decembro. 1.1. Lévase a votación a acta da Asamblea Xeral Ordinaria do 24 de outubro co seguinte resultado: Votos a favor 24 Votos en contra 0 Ausentes 1 Queda aprobada a acta da Asamblea Xeral Ordinaria do 24 de outubro 1.2. Lévase a votación a acta da Asamblea Xeral Extraordinaria do 19 de decembro co seguinte resultado: Votos a favor 24 Votos en contra 0 Ausentes 1 Queda aprobada a acta da Asamblea Xeral Extraordinaria do 19 de decembro 2. Informe do Presidente. O Presidente comeza o seu informe facendo un balance da situación económica da Federación que actualmente está afundida económicamente, a pesar de que este ano se fixeron moitos recortes en gastos ( só en gastos e dietas se reduciron 30.000 € respecto á anterior directiva) e se revisaron as débedas pendentes de cobro . Informa que esta situación herdada dun balance negativo de máis de 200.000 € é arrastrada de anos anteriores, principalmente das obligacións dos clubes e a organización de eventos deficitarios por malas xestións, ademais da constante suba dos seguros deportivos, todo isto provoca serias dúbidas sobre a viabilidade da Federación e das actividades programadas. Indica que se está a facer un importante esforzo por parte da Directiva a nivel personal e que se están buscando patrocinadores privados que sumen á financiación que se recibe las institucións públicas. Respecto ó ano deportivo calificao como completamente extraordinario con grandes títulos nacionais e europeos. Respecto a xestión destaca a implantación da nova plataforma que garantiza o pago de cada tasa e licencia antes da súa emisión. Para este ano 2016 destaca como obxectivos; mellorar a xestión económica, a busca de novos patrocinios, dotación de medios ó CTA, programas de formación, desenrolo dun bo programa deportivo, potenciar as escolas e a base, potenciar e fomentar o deporte feminino e a organización dos Campeonatos de España de XCO e DH .

F E D E R A C I O N G A L E G A D E C I C L I S M O

Fotó

graf

o Lu

ís Ks

ado,

17 3

6209

Vig

o, T

fno.

: 986

224

158,

fax:

986

4310

66

Web

: http

://w

ww

.fgal

egac

iclism

o.es

. E-m

ail:

fede

racio

n@fg

aleg

acicl

ismo.

es

3. Informe económico e balance de Contas 2015 ( pendente aprobación de contas na próxima asamblea cando se peche a xestión 2015 seguros sociais e obrigacións)

O informe económico e presentado pola responsable de contabilidade da FGC, fai unha exposición e responde as dúbidas dos asambleístas.

4. Estudo e aprobación se procede do presuposto 2016. O presuposto é presentado polo Tesoreiro , fai unha exposición e responde as dúbidas dos asambleístas. Lévase a votación ó presuposto 2016 co seguinte resultado: Votos a favor 23 Votos en contra 0 Abstencións 2 Queda aprobado o presuposto 2016 5. Estudo e aprobación se procede da normativa 2016. Preséntase a normativa 2016 que ven consensuada despois das reunións técnicas cos clubes das distintas disciplinas que se fixeron nos últimos días, aínda asi existe un aspecto a consultar no que existe discrepancia de opinións; CC Orensano solicita que se anule o límite máximo de 200 participantes nas probas populares, fronte ás opinións de que debe prevalecer o disposto pola RFEC existe o de que o disposto pola RFEC é de aplicación cando non existe disposición autonómica, polo tanto a asamblea decide conceder potestade a Xunta Directiva para decidir sobre este aspecto despois de facer as consultas correspondentes nas asesorías, e votase a normativa co resultado de: Votos a favor 20 Votos en contra 0 Abstencións 5 Queda aprobada a normativa 2016, ó respecto do punto discrepante a Xunta Directiva informará da súa decisión cando reciba o asesoramento solicitado. 6. Aprobación se procede do calendario 2016. Presentase o calendario 2016, informase dalguns cambios respecto a documentación enviada por movilidade de datas e probas, resólvense as dúbidas dos asambleístas e lévase a votación o calendario 2016 co seguinte resultado: Votos a favor 23 Votos en contra 0 Abstencións 2 Queda aprobado o calendario 2016

F E D E R A C I O N G A L E G A D E C I C L I S M O

Fotó

graf

o Lu

ís Ks

ado,

17 3

6209

Vig

o, T

fno.

: 986

224

158,

fax:

986

4310

66

Web

: http

://w

ww

.fgal

egac

iclism

o.es

. E-m

ail:

fede

racio

n@fg

aleg

acicl

ismo.

es

7. Revisión e aprobación das taxas arbitrais. Este punto fui solicitado na anterior Asamblea Ordinaria polo CC Bici Verde ó respecto da subida de taxas arbitrais nas disciplinas de BTT – XCM e BTT – Enduro. CC Bici Verde fai unha exposición dos seus argumentos ós asambleístas, e solicita que a taxa baixe dos 300 € aprobados na anterior Asamblea Ordinaria a 240 €. D. Ivan Lorenzo, presidente do CTA, lee un escrito firmado polo colectivo arbitral no que expresa o seu malestar coa proposta, ainda que respetan o que se decida en Asamblea. Despois dun debate entre os asambleístas lévase a votación o punto co seguinte resultado: Votos a favor 11 Votos en contra 7 Abstencións 7 Queda aprobada a modificación das taxas arbitrais para as disciplinas de BTT – XCM e BTT – Enduro, pasando a ser de 240€. 8. Resolución do expediente da bicicleta entregada por Carlos Moure. Este punto fui solicitado na anterior Asamblea Ordinaria polo CC Orensano ó respecto dun feito ocorrido en 2010; En época de D. Sabino Cortizo como presidente da FGC no que un ciclista do CC Cangas tivo un accidente nunha proba organizada polo CC Orensano e ó ser atendido pola ambulancia roubáronlle a bicicleta. O CC Orensano pagoulle a bicicleta ó corredor e logo negociou coa Xunta Directiva desa época o reembolso da bicicleta roubada, pero recoñece carecer de documentación firmada ó respecto, e que as solicitudes que fixo por via formal as anteriores xuntas directivas non deron resultados positivos, polo que solicita que a Asamblea vote se se lle paga ou non, xa que se ve nunha situación de desagravio económico, agora mesmo o reclamado sería de 2000 €. Despois dun debate entre os asambleístas lévase a votación ó punto co seguinte resultado: Votos a favor 2 Votos en contra 16 Abstencións 5 Ausentes 2 Queda rexeitada a proposta de CC Orensano.

F E D E R A C I O N G A L E G A D E C I C L I S M O

Fotó

graf

o Lu

ís Ks

ado,

17 3

6209

Vig

o, T

fno.

: 986

224

158,

fax:

986

4310

66

Web

: http

://w

ww

.fgal

egac

iclism

o.es

. E-m

ail:

fede

racio

n@fg

aleg

acicl

ismo.

es

9. Rogos e preguntas 9.1. D. Ivan Lorenzo, presidente do CTA, volve a incidir no debatido no punto 7 e solicita que as taxas aprobadas teñan unha validez mínima e non se estean a cambiar continuamente. 9.2. CC Ferrol retoma unha pregunta xa formulada ó respecto das coberturas do seguro de Responsabilide Civil, contéstase que se consultará e se trasladará resposta os clubes. 9.3. CC Ferrol pregunta polas modificaciones feitas na normativa de BTT que afectan a súa proba para a que xa presentaron o regulamento coa normativa anterior. Indícase que volva a enviar a documentación coas modificacións oportunas. 9.4. CC Ferrol pregunta pola cobertura do seguro de Responsabilidade Civil respecto os voluntarios que colaboran nas probas. Contéstase que os colaboradores deben ser comunicados con antelación suficiente ó seguro vía Federación, enténdese que é compricado porque hai colaboradores que ata última hora non confirman a súa asistencia, pero a nivel legal este é o procedemento. Pregunta tamén polo mesmo tema pero respecto ós vehículos dos voluntarios, queda pendente da consulta ó seguro. 9.5. CC Milagrosa, pregunta en que consiste o funcionamento das donacións que figuran no informe económico. Explica o Presidente que a Federación fai de enlace entre os clubes e os patrocinadores. 9.5. CC Milagrosa solicita que se sancione os organizadores que non paguen os premios. Contéstase que cando se de esta situación se comunique a Federación para que actúe de intermediario e solucionar o problema, así mesmo se recomenda a tódolos clubes que se aplique a pocercentaxe de retención de IRPF corresponte ós premios para evitar ter problemas fiscais no futuro. 9.6. CC Orensano explica que nos pliegos de solicitudes de Campionatos Galegos indícase que a Federación aportará o clube organizador unha infraestructura para facilitar a organización do evento, como o seu clube xa dispón de esa infraestructura propia solicita que se lle compense económicamente a posible organización coa cantidade equivalente. CC Ponteareas apoia a proposta e indica que en BTT se cobra inscripción nestes campionatos e en estrada non, e que os clubes de estrada xa contan coa infraestructura ofertada. Contéstase que non é posible o cambio da infraestructura polo seu equivalente económico porque cando se solicitan os presupostos ás empresas fanse por lotes.

F E D E R A C I O N G A L E G A D E C I C L I S M O

Fotó

graf

o Lu

ís Ks

ado,

17 3

6209

Vig

o, T

fno.

: 986

224

158,

fax:

986

4310

66

Web

: http

://w

ww

.fgal

egac

iclism

o.es

. E-m

ail:

fede

racio

n@fg

aleg

acicl

ismo.

es

9.7. CC Caimanes de Betanzos pregunta pola distribución das probas de XCO do Open Diputación da Coruña e do Open de Galicia, cales forman parte de cada un e que corredores puntúan en cada un deles . Explícase que os organizadores deben decidir en que Open inscribir a súa proba, que en principio polo falado coa Diputación da Coruña tódolos corredores puntuarán no Open Diputación da Coruña, pero que non haberá duplicidade de puntuación dunha mesma proba para os dous Open. 9.8. CC Marín lee un escrito de queixa ó respecto do sistema de premiación da Gala do Ciclismo Galego e propón outras alternativas de premiados, así mesmo anuncia a súa demisión como Asambleísta e membro da Comisión Delegada. Contesta o Secretario ( responsable da organización da Gala) que ó sistema usado para a premiación fíxose seguindo o aprobado na normativa, e que o resto dos premios non recollidos na normativa se fixeron ó criterio da Xunta Directiva, explica que este ano decidiuse facer neste formato pero que se recolle a proposta para futuras Galas. Respecto as demisións non se entra a valorar por consideralo unha decisión persoal. Non habendo mais asuntos que tratar o Presidente da por concluída a Asemblea sendo as 21:30 h do 20 de Febreiro de 2016. Asdo: D. David Carrillo Guerra Vº e P Secretario D. Juan Carlos Muñiz Nieto Presidente