este ano para conmemorar a celebración das galegas 2019...

10
Este ano para conmemorar a celebración das Letras Galegas 2019 dedicada a Antonio Fraguas Fraguas desenvolvemos as seguintes actividades: Durante toda a semana traballouse a súa vida e obra nas aulas.

Upload: others

Post on 22-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

Este ano para conmemorar a celebración das LetrasGalegas 2019 dedicada a Antonio Fraguas Fraguasdesenvolvemos as seguintes actividades:

▪ Durante toda a semana traballouse asúa vida e obra nas aulas.

Page 2: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

▪ Mural: Planificouse unha actividade conxunta paraa decoración de ambos edificios que consistiu narealización de mapas de Galicia feitos poloalumnado e un gran debuxo de Antón Fraguas.

Page 3: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

▪ CONCURSO DE ESCRITURA RÁPIDA.Consistiu na elaboración dun texto literario partindo do fragmento de Fina

Casalderrey, Historia da bicicleta dun home lagarto: “De súpeto, coma se sedesatase un furacán en plena primavera que os pillase desprevidos, a porta da rúaabriuse bruscamente . . .” Este fragmento elixido podía ser incluído ao principio, nomedio ou final do texto. Na etapa de E. Infantil, en lugar de texto o alumnado fixoun debuxo alusivo ao fragmento. Os traballos foron realizados en todos os grupos nomesmo día e hora, sendo o profesorado o que seleccionou os mellores traballos pornivel. Os debuxos e relatos gañadores formaran parte dunha publicación que se faráchegar a todas as aulas do Centro.

Page 4: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

▪ ACTO FIRMA DE LIBROS DO CONCURSO DEESCRITURA RÁPIDA.

O alumnado gañador e finalista dos relatos do concurso de escritura rápida, norecreo, asinou os libros que se editaron para posteriormente repartirse polasaulas, biblioteca, sala de profesorado,...

Page 5: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

COPLAS Maio 2019

Seguindo o costumedo ano pasadoAquí vimos todosa cantar o maio.

Os nenos de 6ºCon moita ilusiónRecítanvos coplasDe nova creación.

Neste colexioa carón do mar,todos os nenosvimos xuntos celebrar.

6ºA

Chega a primaveraE no Emilia cantamosTodos xuntiñosPara festexar o maio.

▪ Letras Galegas. Comezamos co desfile do “Maio” e as coplas elaboradaspolo alumnado de 6º de EP. O baile correu a cargo dos alumnos de 4º e 6ºde EP. Tamén se fixo entrega dos premios aos gañadores do Concurso deEscritura Rápida. Foi un acto moi emocionante!

Page 6: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

No mes de maioxa crecen as florese vestimos o maiocon moitisimas cores.

Verán non das chegado,mais si a calor,xa que a Xuntanon apaga a calefación.

Despois dun segundotrimestre interminable,Pasou este terceiroVoando polo aire.

A Alvarellairemos de excursiónTodos moi contentosPorque o curso rematou.

6ºB

Page 7: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

A todos os profesE aos nosos compañeirosQueremos desexarvosUn verán estupendo.

Agora sí que sí,Con isto rematamos,Bailando todos xuntosNa festa dos maios.

6ºC

Agora bailaremosAo compás da muiñeiraO baile que en danzaPracticamos coas mestras.

Co noso directorNos nosos corazónsNós nos despedimosCon grandes cancións.

Page 8: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras
Page 9: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

▪ Por outra banda, a Revista dixital EPB pretende ser unha escolmadalgunhas das actividades realizadas ao longo do actual curso escolar2018-19.

Page 10: Este ano para conmemorar a celebración das Galegas 2019 …primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Par… · Este ano para conmemorar a celebración das Letras

▪ Este ano quixemos remarcar a importancia do noso idioma e comoagasallo repartimos entre toda a comunidade educativa un pequenoramallo coa seguinte mensaxe: “A nosa lingua sempreviva...” e coa frasede Antonio Fraguas Fraguas moi significativa: “Ser galeguista non é máisque ser amante da nosa terra”.