entrevista a maría solar

4
CEIP DE LEIRADO CLUB DE LECTURA Pacho e amig@s

Upload: biblioteca-escolar-leirado

Post on 17-Jan-2017

1.833 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista  a María Solar

CEIP DE LEIRADO

CLUB DE LECTURA Pacho e amig@s

Page 2: Entrevista  a María Solar

Ola, bo día, rematamos de ler “O meu pesadelo favorito” e

temos algunas preguntas sobre o libro e algunhas preguntas

sobre María Solar escritora.

Que hai que facer para ter tanta imaxinación, como a que se

ve neste libro?

Pois para ter moita imaxinación é fundamental ser sempre un

pouco nenos, incluso de maiores.

Cal foi a inspiración para esta historia?

Eu tiña moi claro que quería facer unha historia na que reinara a

imaxinación e que tivera dous planos. Por unha banda a realidade

que é a historia de Manuel, pero que en si é unha realidade que

parece moi absurda porque ten cans verdes, ou aténdeo un

veterinario, incluso naceu unha semana despois que o seu

xemelgo. E por outra banda, a parte dos soños, que aí xa me

permitía voar a imaxinación de todo, porque son soños.

Pero se vos fixades, esa realidade absurda e diferente na que

vive Manuel tráelle problemas porque ás veces a xente en vez de

velo como “diferente” (que o é) fano sentir “raro”, e iso xa é

malo. Por iso quixen xogar cos lectores e demostrarlles que ás

veces cando te achegas a alguén que consideras “raro”, resulta

que non é tal. ¿Sabiades que os cans verdes existen? En

Valladolid naceron dous en 2014 por tragar biliverdina. E en

Boston (EUA), tamén en 2014, naceron dous xemelgos cun mes de

diferencia...para que vexades que lle pode pasar a calquera...

Que quere decirnos o título?

O título simplemente nos situa en que o libro se produce no

mundo dos soños. Nun soño que neste caso parace un pesadelo,

pero remata por ser estupendo.

Page 3: Entrevista  a María Solar

Entendemos algunhas mensaxes como o respecto ás

diferenzas, ou desconfiar dos descoñecidos. Que mensaxe

hai nese ir e vir de soño en soño?

Hai moitisimas mensaxes en cada un dos soños, e en todo o

conxunto. As dúas que apuntabades, ou a explotación infantil, que

as cousas se poden mudar se un quere, que os bicos importantes,

ou que non quedes cos primeira impresión que che dan as cousas...

Gustounos o episodio do almacén de bicos, pero non

esperabamos ao final descubrir ese dato triste

(emocionounos), por que non un final de todo feliz?

Por que a min gústame retratar a vida como é, e a vida non

sempre é feliz, aínda que somos nós quen decidimos como a

vivimos. Cando nos pasan cousas malas podemos decidir poñernos

tristes e afundirnos, ou podemos loitar por sair da tristura e ser

felices aínda pese ao que nos pase. Atopei xa en varios coles a

nenos e nenas aos que lles falecera seu pai ou sua nai, como a

Alicia e a Manuel, e gustoulles ver nun libro unha situación que

eles xa viviran, para que todos a entenderan.

Ten algún significado o nome do robot?

Ningún, soaba ben, era simpático e moi sonoro: ZZC5. En

Andalucía, que sesean moito, chámase distinto: Setasetasesinco.

Pareceume moi divertido.

Queremos darche a noraboa polo Premio Lazarillo. Como te

sentiches ao recibilo?

Sentinme moi feliz e honrada. É o premio máis antigo da

literatura infantil en España e levárono moitos escritores e

escritoras que admiro.

Page 4: Entrevista  a María Solar

Hai unha anécdota sobre isto no libro. Creei o personaxe de

Arsenio Matute, o vendedor de olores de recordos e recordos de

olores, o dia que tiven que contar na radio (sabedes que son

xornalista na TVG e na Radio Galega), a morte da gran escritora

Ana María Matute. Púxenllo en homenaxe a ela, e despois, cando

gañei o Lazarillo, entereime de que xusto este ano fanse 50

desde que Ana María Matute gañou tamén o mesmo premio.

Pareceume precioso que cadrara así.

Como e cando empezaches a escribir?

Máis ou menos no instituto. Empecei presentándome a concursos

que organizaba o meu instituto. Facédeo tamén, se hai concursos

no voso cole!!

Como se consigue ser ao mesmo tempo xornalista e escritora?

Veredes, para min é o complemento perfecto, porque na tele

conto historias reais e nos libro invéntoas. O máis dificil é buscar

tempo para escribir co traballo e a familia.

Moitas grazas pola túa atención e por concedernos esta

entrevista. Ata sempre.