encomún nº 127

24
EC EnComún // Crónica del Sur de Lugo Quincenal comarcal gratuito www.encomun.es Lemos Sarria Chantada Quiroga Entrevista Marcos Gay Varela, membro do colectivo ATTAC de Chantada, fala dos “indignados” e da reivindicación dun novo orde social Año 6 - nº 127 Segunda Quincena Mayo 2011 Tradición, arte e gastronomía van de festa: románico e viño en Pantón, cereixa e aceite en Ribas do Sil, e as festas do barrio de San Antón LETRAS GALEGAS 2011 Suma de autoridades para honrar en Monforte a escrita de Lois Pereiro MUNICIPAIS 22M: VALORACIÓNS DOS RESULTADOS NO SUR DE LUGO Representantes provinciais do PP e PSdeG-PSOE opinan sobre o novo mapa político Os independentes falan do seu resultado nos concellos con representación PRAZO MATRÍCULA PROBAS CLASIFICACIÓN (para saber o teu nivel de idioma para acceso curso 2011-2012 en INGLÉS, FRANCÉS, ITALIANO, ALEMÁN): ATA O 8 DE XUÑO Matrícula na Secretaría da E.O.I. Rúa Calvo Sotelo 65 27400 MONFORTE DE LEMOS Tlfno.: 982 41 03 00 www.eoimonforte.org

Upload: encomun

Post on 07-Mar-2016

252 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Crónica del Sur de Lugo

TRANSCRIPT

Page 1: EnComún Nº 127

ECEnComún // Crónica del Sur de Lugo

Quincenal comarcal gratuito ww

w.e

ncom

un.e

s LemosSarriaChantadaQuiroga

EntrevistaMarcos Gay Varela, membro do colectivo ATTAC de Chantada, fala dos “indignados” e da reivindicación dun novo orde social

Año 6 - nº 127 Segunda Quincena Mayo 2011

Tradición, arte e gastronomía van de festa: románico e viño en Pantón, cereixa e aceite en Ribas do Sil, e as festas do barrio de San Antón

LETRAS GALEGAS 2011

Suma de autoridades para honrar en Monforte a escrita de Lois Pereiro

MUNICIPAIS 22M:VALORACIÓNS DOS RESULTADOS NO SUR DE LUGO�Representantes provinciais do PP e PSdeG-PSOE opinan sobre o novo mapa político�Os independentes falan do seu resultado nos concellos con representación

PRAZO MATRÍCULA PROBAS CLASIFICACIÓN(para saber o teu nivel de idioma para acceso

curso 2011-2012 en INGLÉS, FRANCÉS, ITALIANO, ALEMÁN):

ATA O 8 DE XUÑO

Matrícula na Secretaría da E.O.I.Rúa Calvo Sotelo 65

27400 MONFORTE DE LEMOSTlfno.: 982 41 03 00

www.eoimonforte.org

Page 2: EnComún Nº 127

2 � EC // Nº 127 Mayo 2011

EnComúnDepósito Legal: LU 150-06

Editora: InÉditor Grupo Towers S.L.CIF: B-15953052C/ Orense 7- Galerías San Antón 1ºbMonforte de Lemos 27400 - Lugo Imprime: Recoprint Rábade S.L.Editor: Gonzalo López TorresDirectorio Monforte:

Redacción: 982 402129 [email protected]@encomun.esCoordinación: 982 [email protected] Chantada:[email protected]

Dpto. Comercial: 618 971 [email protected] al Director: C/Orense 7- Galerías San Antón 1ºbMonforte de Lemos 27400 - Lugomail: [email protected]

Eventos

Coa chegada do mes de xuño Pantón reclama o seu protago-nismo cunha nova edición da Mostra dos Viños de Pantón e das xa institucionalizadas Xor-nadas da Rota do Románico.Estes dous eventos téñense feito inseparables nos últimos tempos nun afán de reforzar dous dos referentes máis im-portantes do municipio: a pro-dución vitivinícola e o legado románico que coloca a Pantón como o buque insignia monu-mental desta arte na comarca de Lemos.

Tanto a mostra dos viños coma as xornadas do románico foron presentadas a pasada semana en Ferreira. As segundas desen-volvense entre o 27 de maio e o 2 de xullo aglutinando diversas iniciativas como a conferencia que puxo en relación viño e ro-mánico achegándose ao viñedo nas terras de Pantón durante a Idade Media, a cargo do his-toriador Xosé Luis Sobrado. Outra charla terá lugar o 3 de xuño e versará sobre a ecoloxía dos ríos, un recurso vital nes-te municipio atravesado por Miño e Cabe. Finalemente, o 10 de xuño, Francisco Ruíz de Aldereguía analizará a pegada dos galegos e da Ribeira Sacra nas antípodas.

ACTIVIDADES COMPLE-MENTARIAS NO CON-TEXTO DO ROMÁNICOPero as charlas completaranse con outro tipo de actividades que enriquecen as xornadas de promoción do románico: a música, a fotografía e o sen-deirismo están a ter presenza durante estes días na axenda a través do concerto no emble-mático mosteiro das Bernardas a cargo do grupo de corda En-semble Aurum que tivo lugar o pasado 29 de maio; a exposi-ción que o fotógrafo chantadi-no Roi Fernández inaugurará o 3 de xuño no edificio socio-

cultural e que ten como base a paisaxe da Ribeira Sacra; e a rota de sendeirismo que pón o colofón á vixésimo cuarta edi-ción das xornadas. Tal e como explicou a coordinadora des-te programa, a investigadora Flora Enríquez, trátase dunha xornada de sendeirismo que se prepara para o 2 de xullo e que percorrerá un novo itinerario ao longo da Ribeira do Cabe.

Enríquez puntualizou que “o espírito do románico non per-manece nin remata nas Xor-nadas e nuns actos concretos”, senón que se prolonga durante o tempo con calquera visita e con todo o que reforza a rela-

ción entre os monumentos, o viño e incluso a literatura.

O MELLOR DA ÚLTIMA COLLEITAA fin de semana do 4 e 5 de xuño sete adegas do munici-pio amosarán os resultados da última colleita na mostra dos viños que acada a súa décimo oitava edición. O represen-tante dos adegueiros de Pan-tón, Ramón Losada, desta-cou a boa nova que supuxo a recente ampliación das zonas de produción amparadas polo Consello Regulador no muni-cipio, unha vella demanda á que se lle deu cumprimento en boa parte “grazas ao apoio do

Concello”. Losada tamén des-tacou a unión entre arte e viño nunha estratexia que contribúe a afianzar as visitas turísticas e o consumo da produción viti-vinícola, “cada vez máis coñe-cida no mundo” e que este ano conta en Pantón cunha produ-ción dunhas 200.000 botellas. Losada destacou que os produ-tores están dalgunha maneira devolvendo agora o que se ten feito por eles coa mostra e coas xornadas do románico, xa ple-namente consolidadas.

O rexedor local, Jose Luis Ál-varez, foi o encargado de ex-poñer o amplo programa da mostra, que este ano seguirá

un esquema similar ao de an-teriores edicións contando con animación musical polas rúas, actuación de títeres, orquestras e presenza de coñecidos per-soeiros para o pregón, como neste caso será o humorista Moncho Borrajo. O escenario para a amosar os caldos será novamente o do Castro de Ferreira, que este ano está de estrea ao ser re-centemente acondicionado. Este espazo será inaugurado o domingo polo Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.Pola súa banda, o edil e ex al-calde José Manuel Ledo fixo referencia a todo o que se ten feito pola recuperación do pa-trimonio románico de Pantón dende 1987 cando se impulsa-ron as primeiras xornadas.

Redacción Monforte

VIÑO E ROMÁNICO EN PANTÓNEn marcha xa as Xornadas do Románico, mentres as sete adegas se preparan para dar a coñecer os seus caldos

Flora Enríquez, José Luis Álvarez, Ramón Losada e José Manuel Ledo na presentación das Xornadas e a Mostra dos Viños EC

Sábado 4 de xuño10:00h XI Carreira Popular da Rota do Románico/ 17:00 h.Actuación Títeres Cascanue-ces/ 20:30 h. Inauguración da Mostra a cargo do Conselleiro Samuel Juarez/ 23:00 h. Or-questra Canadá/ Durante toda a xornada Charanga Madialeva.

Domingo 5 de xuño11:00h Pasarrúas Banda de gaitas o Castro e re-cepción de autoridades no Concello/13:00h. Misa/13:00h. Pregón no campo da feira a cargo de Moncho Borrajo/18:00 h. Concerto da banda de Gaitas O Castro/ 23:00 h. Orquestra Poceiro/ Durante toda a xorna-da Charanga TNT

Mostra programa

Románico con sendeirismo e fotografía, e pregón do viño por Moncho Borrajo

XVIII Mostra dos Viños e XXIV Xornadas do Románico en Pantón

Page 3: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

Servizos

No concello de Chantada está previsto que conten en poucos meses cun novo auditorio; unha infraestrutura necesaria e sobre todo moi demandada tanto por parte do Concello como por parte dos veciños, xa que na actualidade non contan con ningún espazo con capacidade suficiente para acoller actos con máis de 150 persoas.Pero é de destacar que a nova dotación xa está en marcha dende hai uns meses grazas aos fondos do Plan E. Neste senso, coa aportación da Deputación de Lugo e do Goberno Central, o Concello poderá completar na súa totalidade esta infraes-trutura, que se emprazará no edificio de servizos múltiples.Compre lembrar que o audi-torio forma parte do complexo deseñado dentro dun plan glo-bal de reforma da Praza de Ga-licia sobre os terreos nos que con anterioridade estivo situada a casa consistorial. Deste xeito, nunha primeira fase, tamén con fondos do Estado, construíuse un bloque no que hoxe se loca-liza a Casa da Música e se sitúan as aulas nas que se imparten, entre outros, os cursos do pro-grama europeo Pacto Provin-cial polo Emprego, ademais de oficinas de servizos municipais como as do Centro de Informa-ción á Muller.Pola súa parte, dende o Conce-llo de Chantada xa teñen mani-festado en numerosas ocasións, tanto o alcalde no seu momen-to, Manuel Anxo Taboada, como o concelleiro de obras, Xosé Manuel Ledo, a necesi-dade dunha infraestrutura con estas dimensións, e a boa aco-llida destas obras, demandadas dende fai moitos anos. Mentres tanto, entre os veciños a opi-nión máis xeneralizada é a de apoiar este tipo de infraestru-ras e servizos. “Máis vale tarde

que nunca”, “creo que deberían investirse os cartos noutros servizos máis necesarios, ain-

da que polo menos unha obra destas características sempre vai a servir para crear empre-go”, ou “parécenme actuacións positivas porque repercuten no

beneficio dos propios veciños, xa que seremos nós quenes lles demos uso”, foron algunhas das respostas obtidas vía telefónica entre os chantadinos; pero ta-mén outra ainda máis repetida, na que se apunta á necesidade de rematar as obras canto antes.É de destacar que unha vez re-matada esta parte da obra, o futuro auditorio terá capacida-de para albergar a preto de 400 persoas.

A maiores do auditorio, a De-putación puxo en marcha obras en Chantada por valor de 1,2 millóns de euros. A máis desta-cada a do auditorio, para a que se destinaron máis de 900.000 euros; unha actuación acome-tida dentro do plan do canon hidroeléctrico. Pero dende o pasado 16 de maio, tamén se comezaron novas obras na vila do Asma para dotar de servizos

mínimos e necesarios a diferen-tes zonas do núcleo urbán.Neste senso, á execución des-tas actuacións, financiadas ta-mén con fondos propios, des-

tináronse preto de 295.000 euros e, segundo confirmou o concelleiro de obras, “en total

acondicionaranse 17 rúas”. Al-gunhas delas serán a rúa Taboa-da, Ribeira Sacra, Xulio Cam-ba, Xoán XXIII, Pardo Bazán, Concepción Arenal e prolonga-ción, Luis Soto Lemos, Rosalía de Castro, Doctor Feleming, as avenidas de Lugo e Os Pilos, e os accesos ás piscinas.Finalmente, en relación ao ca-non hidroeléctrico, dende a Deputación de Lugo lembraron que grazas a este, o municipio chantadino percibiu en tan só tres anos preto de cinco millóns de euros; ao mesmo tempo que serviu para saldar unha débeda contraída pola institución pro-vincial dende hai case dúas dé-cadas. Asimesmo, co pagamen-to do canon, a Deputación de Lugo contribuiu á recuperación da estabilidade presupostaria do Concello e tamén á creación de emprego, xa que por exemplo, coas obras do auditorio crearán-se 35 postos de traballo.

Redacción Chantada

Os veciños coinciden en sinalar que se trata dunha infraestrutura necesaria e beneficiosa para o pobo

As obras, incluídas dentro do canon, están dotadas cun orzamento de máis de 900.000 euros

O auditorio, integrado na praza de Galicia, terá capacidade para preto de 400 persoas

Page 4: EnComún Nº 127

4 � EC // Nº 127 Mayo 2011

Parque de bombeiros de MonforteServizos

A retribución dos bombeiros interinos será costeada pola Deputación ata a integración no Consorcio

� En Monforte de Lemos, a Deputación financiará final-mente os gastos derivados da contratación dos catro bom-beiros interinos do parque das Lamas ata que o parque se in-tegre no Consorcio. A cantida-de destinada a este fin supera os 100.000 euros, co que se garante que estes profesionais cobren a súa nómina.A Xunta de Goberno extraor-dinaria celebrada hai unhas se-manas foi a encargada de apro-bar o convenio co Concello de Monforte para o financiamen-to dos soldos. Deste xeito, a institución presidida por José Ramón Gómez Besteiro garan-te que estes profesionais cobren a súa nómina como cada mes ata o momento no que pasen a formar parte de dito orga-nismo, ao igual que o resto de bombeiros que dende o día 1 do mes de maio prestan o seu servizo nos parques de Sarria e Chantada, entre outros.O visto e prace á adhesión do parque monfortino ao Con-sorcio é o último paso que lle queda por dar ao Consorcio para que a rede provincial de bombeiros esté totalmente a pleno rendemento, logo de cumprir o obxectivo de poñer en marcha a principios de mes o resto dos parques. Neste sen-so, a cantidade que destina a Deputación ao financiamento dos soldos dos catro bombeiros correspondentes ás nóminas

do período xaneiro-novembro de 2011, ambos os dous meses incluídos, é de 130.000 euros. No caso dos outros cinco, que eran funcionarios de carreira, o Concello aprobou por una-nimidade en marzo a súa inte-gración na área municipal de recente creación denominada “Servizos á Comunidade”.Mentres tanto, o Consorcio aprobou en setembro a con-tratación dos parques da zona

sur Chantada, Sarria e Mon-forte de Lemos por valor de 17.808.000 euros, financiados ao 50% polas administracións provincial e autonómica. A concesión que, inicialmente ten oito anos de vixencia, foi adxudicada á empresa Natu-tecnia. Estas infraestruturas dan cobertura a 25 Concellos, entre os que se atopan Bóveda, Chantada, Monforte, O Savi-ñao, Pantón, Pobra de Brollón,

Quiroga, Ribas do Sil, Sarria, e Sober. No caso dos da zona norte son os de Vilalba, Barrei-ros e Viveiro os que cubren as incidencias dos municipios. É de destacar que o ámbito terri-torial adscrito a cada un destes parques terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario fóra dos límites do mesmo: a nivel comarcal, provincial, ou mesmo autonó-mico. A prestación do servizo

para toda a provincia incluirá: incendios, inundacións, acci-dentes de circulación, rescates, salvamento, actividades de pre-vención, etc.Asimesmo, cada parque dispón de 20 vehículos e nestes traba-llan máis dun cento de bom-beiros que atenden a calquera incidencia que poida xurdir as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Á esquerda, parque de bombeiros de Monforte (EC), e á dereita, intervención dos bombeiros nun incendio que tivo lugar hai poucos días en pleno casco urbán monfortino (Andrés Gómez-Chao)

Juan Vázquez, Xubilado

A min paréceme estupendo; sexa a institución que sexa a encarga-da, debe facer que o servizo funcione; o asunto é que non ardan as casas. Non sei os habitantes que terá Monforte, pero dende logo bombeiros sí debe ter. Non teño moitos elementos de xuízo sobre este tema, pero por exemplo en Sarria sí sei que funcionan ben.

VALORACIÓN A PÉ DE RÚA

Óscar Rodríguez, Hostaleiro

Non creo que a miña opinión inflúa moito nun tema do que a verdade tampouco estou moi enterado, refírome a que non sei se abonda con un bombeiro ou fan falla catro, pero dende logo, se se pode soster, o dos bombeiros é un servizo importante a ter en conta. Cantos máis medios teñamos mellor estaremos no pobo.

María Pilar López, Administrativa

A min paréceme ben, un servizo como o dos bombeiros sempre é necesario. Está ben que o Concello, ou a Deputación, sexa quen sexa, financie eses soldos mentres faga falla. E de igual xeito, asú-mao quen o asuma, é un servizo que necesitan os cidadáns, e por suposto, todo o mundo ten dereito a cobrar por traballar.

Oposiciones: Policía Nacional Guardia Civil Xunta SergasPrimaria, ESO, BAC. CiclosAcceso a Ciclos y UniversidadTodas las asignaturas

María José Martín DíazOdontólogo

Especialista Universitario en Cirugía OralAvda. de galicia, 38 1º A / 27400 Monforte de Lemos Tlf. 982 40 52 86

www.dramariajosemartin.com

Abeledos, 134 bajo - Teléfonos 982 40 32 56 - 27400 Monforte de Lemos

Page 5: EnComún Nº 127
Page 6: EnComún Nº 127

6� EC // Nº 127 Mayo 2011

� A empresa Atención Integral Personalizada (AIP) comezou de novo fai uns días as obras da futura residencia para per-soas discapacitadas de Bóveda. O alcalde, José Manuel Arias, explicou que os traballadores “xa levan varias semanas rea-lizando distintas tarefas, tales como sacar anacos de cemen-to, retirar paneis, sacando terra e aportándoa onde fai falla, así como pequenas reformas inte-riores”. En xeral estase a facer o acondicionamento das zonas de xardín que rodean as insta-lacións, e tamén o derribo dal-gunhas división interiores para distribuir os espazos de forma axeitada. No edificio tamén está previsto que se integren as enerxías renovables.Pola súa parte, a residencia suporá a creación duns oiten-ta postos de traballo directos

e contará con 116 prazas e outras trinta no centro de día que tamén formará parte das instalacións. A finalización das obras está prevista para finais deste ano, ainda que tamén cabe a posibilidade de que se prolonguen ata o primeiro tri-mestre do 2012. O custe do proxecto é duns 16 millóns de euros.

Algunhas críticasA residencia para discapaci-tados prevista no concello de Bóveda suscitou certa polé-mica debido á súa ubicación no polígono industrial. Así, o presidente da Federación de asociacións de Persoas con dis-capacidade intelectual (Fade-mga Feaps Galicia), Julio César Cortiñas, manifestou no seu día a oposición deste colectivo de persoas ao cambio de uso

desta infraestrutura. “Cons-truíuse inicialmente para aten-der a persoas da terceira idade, sen embargo, debido á falla de usuarios este centro destinouse agora á atención de persoas con discapacidade intelectual, despois de que unha empresa con ánimo de lucro negociase apoios coa Xunta, co fin de poder atender a persoas gra-vemente afectadas”, sinalou Julio Cortiñas. Asimesmo, o presidente de Fademga Feaps Galicia explicou que dada a súa ubicación e magnitude, a residencia “contravén os prin-cipios básicos da inclusión das persoas con discapacidade intelectual, motivo polo que o colectivo manifestou a súa máis firme oposición a esta macroresidencia, solicitando ao presidente da Xunta a súa intervención neste senso”.

Comezan de novo as obras na residencia de Bóveda

��A Deputación de Lugo aprobou na súa última xunta de go-berno do anterior mandato 32 novas actuacións a realizar en 17 concellos da provincia, un deles o de Bóveda, que suman un or-zamento de case cinco millóns de euros. Deste xeito, o vicepre-sidente primeiro en funcións da institución, Antón Bao, expli-cou trala xuntanza que, entre outras infraestruturas deportivas, a xunta de goberno acordou investir 351.000 euros na construción

dunha piscina no concello de Bóveda. A inversión farase en dúas anualidades. Por outra banda, aparte do municipio de Bóveda, o organismo provincial tamén destinou 150.000 eruos para a re-forma da pista e das instalacións térmicas do pavillón de Mon-forte de Lemos. Finalmente, é de destacar que nesta área tamén se aprobaron máis de 150 becas que suman un total de 70.000 euros para deportistas individuais.

A Deputación de Lugo financia a construción da piscinaFlashes

���

A súa ubicación suscitou críticas entre o colectivo de discapacitados

Axudas de Medio Rural á gandeiríaO importe total supera os 10 millóns de euros

� A Consellería do Medio Ru-ral, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOG-GA), ven de abonar axudas a gandeiros por un importe superior aos dez millóns de euros, das que se benefician máis de 17.000 produtores de gando vacún.

Vacas nutrices e produción de carne vacúnEstes pagos corresponden principalmente a dúas axudas derivadas da reforma da Polí-tica Agrícola Común (PAC) de 2003, o pago adicional a explotacións que manteñen vacas nutrices e o pago adicio-nal á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente. Do pago adicio-nal a explotacións que mante-ñen vacas nutrices benefícian-se así case 16.400 gandeiros galegos por un total de 5,3 millóns de euros. Por outra banda, no caso do pagamento adicional á produción de car-

ne de vacún de calidade reco-ñecida oficialmente, os bene-ficiados son 3.916 gandeiros de Galicia por un importe de case 700 mil euros. Trátase de gandeiros que recibirán por unidade 111,90 euros.

Axudas á produción de leite en zonas desfavorecidasAsimesmo, a Consellería do Medio Rural ven de realizar os pagos correspondentes a gandeiros de leite de zonas desfavorecidas, por un im-porte de case dous millóns de euros, e dos que se benefician 896 gandeiros. Así como o pagamento único por explo-tación por unha cantidade de case dous millóns de euros, e a produtores con vacas nu-trices por un importe de case 600 mil euros. É de destacar o caso da provincia de Lugo, na que se concentran o 53% dos produtores e o 59 % dos importes concedidos.

Fachada principal da que será a futura residencia de Bóveda, e Julio Cortiñas, presidente de Fademga Feaps Galicia. EC

tempuscentro médico-estético

tu belleza desde la salud

cavitación

implantes

láser médico

982 40 52 19

Page 7: EnComún Nº 127
Page 8: EnComún Nº 127

8 � EC // Nº 127 Mayo 2011

Letras Galegas: Lois Pereiro fai protagonista á cidade de MonforteEventos

“Lois Pereiro personifica unha aposta pola modernidade e a vangarda, polas novas xe-racións de escritores e poetas, anova a tradición de excelencia da voz lírica de Galicia, e dá continuidade a herdanza que parte de Rosalía e os poetas do Rexurdimento, e continúa en Cabanillas, Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra ou Manuel María”. Así describía ao autor home-naxeado oficialmente a Xunta de Galicia durante a celebra-ción do día das Letras Galegas na cidade do Cabe.Monforte e Galicia renderon homenaxe ao seu poeta posmo-derno o 17 de maio no que foi un acto institucional de punta a cabo e que poucas autorida-des quixeron perder.

OS PRESIDENTES DA XUNTA DE GALICIA E DA REAL ACADEMIA GALEGA, E A PRESIDENTA DO PARLAMENTO GALEGO, EN MONFORTE

Os membros da Real Academia Galega desprazáronse á cidade que viu criar a Pereiro e partici-paron dun emotivo acto de re-cepción na Casa Consistorial, no que tamén estivo presente, entre outras moitas autorida-des, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O xor-nalista Xose Manuel Pereiro e irmán do homenaxeado foi un dos encargados de intervir, xunto con presidente da Real Academia, Xosé Luis Méndez Ferrín, o presidente do gober-no galego e o rexedor local de Monforte, Severino Rodríguez,

no acto de recepción. Este úl-timo fixo referencia á relación do autor coa súa cidade, pero tamén á súa obra baseada no amor e que representa, por outra parte, a defensa do valor

da lingua galega. “Pereiro foi quen de extraer beleza da dor, de xerar ánimo da desesperan-za, de crear vida da morte, e fíxoo con mestría e descarnada sinceridade”, relatou a declara-

ción institucional da Xunta no Día das Letras.

PROPOSTA POR MANUEL MARÍA PARA O 2015Durante o acto celebrado na

Casa do Concello, o rexedor local fixo entrega dunhas flores á nai e á irmá do escritor finado en 1996, nun dos momentos máis emotivos da xornada. Posteriormente, Severino Ro-dríguez dirixiuse aos acadé-micos para solicitarlles que o 2015 sexa o ano da homenaxe a Manuel María, o poeta chai-rego adoptado por Monforte, petición que desatou fortes aplausos entre o numeroso au-ditorio.

FAMILIARES DE PEREIRO E VECIÑOS DE MONFORTE ENCHERON AS RÚAS DA CIDADE DO CABE NA HOMENAXE AO POETA

Veciños de Monforte e amigos de Lois Pereiro estiveron pre-sentes durante a celebración, facendo das Letras Galegas de 2011 unha das homenaxes máis concorridas polos cida-dáns, tal e como destacou o propio Méndez Ferrín, facendo alusión ao caracter popular do poeta honrado neste día.Despois do acto celebrado no Concello, unha comitiva for-mada por autoridades e asisten-tes dirixiuse á Casa da Cultura atravesando as rúas de Monfor-te e acompañados pola banda de música municipal. Na nova localización o espazo virouse insuficiente para acoller ao público que quería asistir á sesión plenaria que desenvol-veu a Real Académica, e na que interviron académicos como Manuel Rivas, Margarita Ledo, Luz Pozo Garza ou Margarita Ledo. Todos os poñentes lo-ubaron a figura de Lois Pereiro dende diferentes perspectivas literarias, vitais e sociocultu-rais.

Redacción Monforte

AS LETRAS DE PEREIRO EN MONFORTE

Vega Buján, Pilar Rojo, Núñez Feijóo e Severino Rodríguez, en primer plano con Méndez Ferrín. EC

Distingue tu boda con el buen gusto de un detalle único

Cafés Conti Regalos especial Boda

c/ Roberto Baamonde, 41 Tlfno: 982.411.196Monforte de Lemos

Page 9: EnComún Nº 127

c/ Celso Emilio Fe- rreiro, 20 bajo. 27400 Monforte de Lemos (Lugo)

EC // Nº 127 Mayo 2011

O día das Letras, que se cele-bra dende 1963, por iniciativa da Real Academia Galega e en conmemoración do centenario de Cantares Gallegos, é símbo-lo da literatura e da lingua do noso país, e neste senso é unha xornada propia para reivindi-car o idioma. Por isto, a Pla-

taforma Queremos Galego fixo acto de presenza na praza das Clarisas ao paso da comitiva oficial, en sinal do descontento dunha parte da sociedade coa política lingüística do actual goberno autonómico (imaxe inferior dereita).Anteriormente, no Concello

(imaxe superior dereita) fa-miliares, conselleiros, deputa-dos, académicos e amigos de Pereiro asistían á recepción. Despois, na Casa da Cultura, académicos como o escritor Manuel Rivas (imaxe superior esquerda), que compartira ex-periencias en vida de Pereiro,

participaron da sesión plenaria estraordinaria da Academia.Os actos oficiais do 17 de maio remataron cunha visita ao IES Río Cabe, onde se inaugurou unha mostra adicada o poeta antes do aperitivo no Centro do Viño. Pero a homenaxe a Lois Pereiro non se queda nes-

ta xornada, senón que se ven prolongando con actos en toda a comunidade e sobre todo na cidade de Monforte durante todo o ano e dende diversos ámbitos. A institucionaliza-ción deste día servirá sen dú-bida á universalización da obra do poeta.

C/HERMIDA BALADO 9MONFORTE DE LEMOS

VISÍTANOS Y PRUEBA SIN COMPROMISO

Page 10: EnComún Nº 127

Dende que hai catro anos a puxo en marcha a Área de Medio Ambiente do Concello de Sarria, a campaña de reco-llida de pilas usadas non deixa de medrar en participación. Cada día que transcorre cobra máis importancia a necesida-de de reciclar, especialmente cando se trata de residuos tan contaminantes coma estes, sosteñen dende o departa-mento.Pero esta campaña realízase a modo de concurso coa finali-dade de concienciar as futuras xeracións da importancia que ten unha adecuada xestión dos residuos, así como a nece-sidade de que non depositen as pilas usada nas bolsas de lixo. Unha vez que as pilas están esgotadas, é fundamental tira-las nos contedores específicos, xa que se se tiran ao lixo, és-tas chegarán aos vertedoiros, onde os metais altamente tóxicos que conteñen pasarán ao ciclo da auga a través dos lixiviados producidos como consecuencia da choiva, ou ben pasarán á atmósfera a tra-vés dos gases producidos na queima das basuras.

As bases do concursoEste concurso vai dirixido aos centros colexios de ensino de primaria de todo o munici-pio de Sarria. A competición é unha “Liga de recollida de pilas”, que terá por obxetivo fomentar unha xestión axei-

tada das pilas usadas entre os alumnos, premiando maiori-tariamente a aqueles colexios que acrediten ter acadada a máis alta taxa de pilas recolli-das por alumno.A primeira recollida de pi-las tivo lugar o venres 27 de maio, realizándose recollidas durante todo o mes de maio e xuño, sendo o último día o venres 17 de xuño; os gaña-dores coñeceránse o día 17 de xuño e a entrega de premios terá lugar o luns 23 de xuño ás 12.00 horas no salón de plenos do Concello.A evolución dos resultados poderá ser consultada en cal-quer momento na páxina web do concello (www.sarria.es).Tendo en conta a diferencia de alumnos entre os dife-rentes centros, para conce-sión dos premios calcularase a media dos kilos recollidos por cada colexio. Os premios consistirán en vales para mer-car libros ou material para os alumnos da clase gañadora máis un agasallo a cada un dos alumnos da clase. Asimes-mo, existirá outro premio ex-traordinario de 50 euros para aquela clase de cada colexio que recolla unha maior canti-dade de pilas.En total participarán 595 ra-paces, 303 alumnos Frei Luis de Granada, 135 alumnos da Asunción, 121 alumnos do Convento e 36 alumnos do Antonio Fernández.

UGT Lemos denunciou hai uns días o conflicto que están a vivir os traballadores da em-presa de limpeza de Monforte, FCC (Fomento de Construc-ciones y Contratas). Segundo explicou o responsable do sin-dicato, Mario Docasar, acom-pañado polo representante dos traballadores, Javier López Jordán, os puntos clave deste conflicto están a ser a subida salarial que non se produce, así como a conxelación da an-tigüidade dos traballadores, despois de coñecer que os be-neficios da empresa pasaron de 900.000 a 1.600.000 euros, “e ademais sabendo que a em-presa ten unhas condicións moi favorables co Concello”, indicou Docasar. “Xa tivemos catro reunións, a última delas o pasado 24 de maio; e ainda así non conseguimos chegar a ningún acordo para mellorar as condicións dos traballado-res, nin en subidas salariais, nin en pagas extras, nin en ves-tiario”, sinalou Docasar. Ao non chegar a ningún tipo de acordo, dende o sindicato explicaron que tamén puxeron esta situación en coñecemen-to do alcalde de Monforte, así como dos membros da oposi-ción. “De non haber avances na negociación barallamos a

posibilidade dunha folga xeral; é máis, se nos obrigan, os tra-balladores xa votaron e xa de-cidiron que están dispostos a ir a unha folga, algo que xa se lle comunicou tamén ao alcalde”, engadiu Mario Docasar.Dende a UGT explicaron que en ningún momento acepta-rán as propostas da empresa “porque non as hai” e “porque as condicións nas que están a traballar non son favorables; a empresa pretendía incluso que os empregados traballaran os días festivos cando iso non está contemplado no convenio”. “Non aceptaremos que os per-xudicados sexan os traballado-res, serán os veciños en tal caso

os máis perxudicados se chega-mos a unha folga xeral”, con-cluiu. Docasar lembrou que o que piden dende o sindicato é unha mellora do IPC máis dous puntos.Pola súa parte, Javier López si-nalou que os traballadores da-rán de tempo ata agosto para convocar a folga. “Estamos esperando a ver que pasa, pero nós non estamos pechados a nada, e de habela, a folga será en agosto”. Na actualidade a empresa conta con 29 traba-lladores. A última folga xeral convocada tivo lugar en agosto de 2008, ainda que no último día desconvocouse e non se le-vou a cabo.

10 � EC // Nº 127 Mayo 2011

Actualidade Novidades entorno e medio ambiente

UGT denuncia as condicións nas que FCC mantén aos traballadores da limpeza en Monforte

Mario Docasar e Javier López durante a comparecencia ante os medios o pasado xoves. EC

Os traballadores ameazan cunha folga de recollida do lixo en agosto

Os escolares de Sarria recollen pilas usadas en prol da boa xestión dos residuos

Page 11: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

Os días 4 e 5 de xuño na praia fluvial de San Clodio

PartidoPopular

José Manuel Balseiro, Parlamentario do PP

“A valoración que facemos na comarca de Lemos e arredores, dende logo é positiva, dado que dos doce concellos o Partido Popular vai a gobernar en oito. Pero cabe destacar especialmente o caso de Monforte de Lemos, onde pasamos dos 1.800 votos aos case 4.000, así como a baixada que tivo o BNG, que perdeu dous concelleiros e polo tanto a maioría absoluta. No resto de concellos por exemplo, en O Saviñao gañamos un concelleiro, se ben é certo que en Sober baixamos un, pero en Pantón tamén gañamos, en Quiroga manti-vémonos, e en Bóveda tamén medramos en número de concelleiros. Con este panorama, os resultados temos que definilos como bos, uns resultados para un goberno que será serio, responsable e estable. Por suposto, loxicamente agradecer a todos os nosos votantes a súa confianza e apoio unha vez máis, elección tras elección, e que nos dan a entender que estamos en condicións de seguir avanzando en futuras citas. E engadir que nós vamos a seguir traballando, que é o que nos toca agora, e sobre todo con resultados tan bos. En relación ao concello de Sarria temos que facer unha valoración ainda máis positiva se cabe debido á maioría absoluta obtida. Era un goberno tripartito e con este resultado os veciños de Sarria, e do resto da provincia de Lugo, deixaron claro que non están a favor dos bipartitos nin tripartitos, de xeito que para nós satisfacción absoluta sobre todo por recuperar unha alcaldía tan importante como é a de Sarria. En canto a Chantada, é certo que non se obtiveron os resultados esperados, con todo queremos felicitar aos Independentes polos seus resultados, uns resultados que creo que ninguén esperaba. Polo demais, haberá que reconsiderar moitas cousas e facer unha valoración polo miúdo para ver onde estiveron os acertos e os erros cometidos, pero por encima de todo seguir traballando por Chantada cos tres concelleiros obtidos, neste caso, dende a oposición. Por outra banda, con respecto á Deputación sinalar que resulta incríble que cos resultados maravillosos que tivemos non podamos ter a Deputación. Destacar que na provincia de Lugo conseguimos os segundos mellores resultados por detrás de Ourense, e ainda así non foi posible, pero bueno, non puido ser polo reparto. A lei está feita así e aí non temos nada que facer. Con todo, foi un bo resultado, ainda por encima do que o PP preveía, recuperando incluso moitos concellos importantes. Finalmente, en canto á posilibidade de pactos, apuntar que onde fagan falla os pactos, as posibilidades existen sempre. No noso caso, onde temos posibilidade de pacto somos a forza máis votada, e como tal deberíamos gobernar, sería o máis lóxico porque así o decidiron os veciños, pero de facer falla un pacto sempre se abren posibilidades.”

� As eleccións municipais deste 2011 deixaron resulta-dos moi variados nos concellos da comarca e arredores. En Monforte por exemplo, o BNG, partido político que tiña a alcaldía, con Severino Rodríguez á cabeza, perdeu a maioría absoluta e pasou de nove a sete con-celleiros, mentres que o PP experimentou unha nota-ble subida, pasando de catro a seis concelleiros. Pola

súa parte, o PSOE mantívose con catro, os mesmos que na lexislatura anterior. Outro concello a destacar é o de Sarria, no que o Partido Popular ven de arrebatar a alcaldía por maioría absoluta ao tripartito dos catro últimos anos. Pasará a ser alcalde José Antonio García.Sen embargo, en Ribas de Sil foron os socialistas que-nes revalidaron a maioría absoluta, conseguindo seis

dos nove concelleiros da corporación. Pola súa parte, en A Pobra do Brollón, o BNG alzouse como a forza política máis votada, mentres que en Chantada foron os Independentes. Finalmente, nos concellos de Bóve-da, O Saviñao, Quiroga, Pantón e Sober, non houbo cambios significativos, posto que todos eles revalida-dron a maioría absoluta co Partido Popular ao frente.

PSOE

Luis Rodríguez Edrosa, Secretario de Organiza-ción do PSdG-PSOE

“A valoración global da provincia de Lugo que temos que facer é francamente positiva dada a situación de crise que estamos a atravesar. Se a maiores o comparamos cos resultados do resto de España ou mesmo co resto de Galicia, pois ainda é máis positiva. Iso non quere dicir que non teñamos retrocedido nalgún concello, pero non en número de votos, ainda que sí en representación. Hai que ter en conta que en moitos casos son tan só 15 votos os que deciden ter un concelleiro máis ou menos. E bueno, esta circunstancia deuse en varios municipios, isto é así e hai que recoñecelo, noutra ocasión será o revés, pero agora mesmo retrocedemos creo que foi en 21 concelleiros en toda a provincia, e ainda así a análise é positiva. Máis concretamente, en canto a Monforte mantemos as expectativas xa que obti-vemos uns bos resultados, conservamos tamén a alcaldía de Ribas de Sil, somos chave de goberno en A Pobra de Brollón, e no resto de concellos mantemos máis ou menos a representación.Por outra parte, no concello de Sarria teño que remitirme ao que antes dicía, cando falaba de que poden ser uns poucos votos os que decidan. Teño que apuntar sen embargo que creo que foi unha moi boa acción de goberno a de Claudio Garrido, compatibilizada en todo momento coa súa faceta de Deputado, pero bueno, por factores como a crise supoño, algún castigo tivemos, e xa a marxe de votos era pequena así que perdemos algún concelleiro.En canto ao caso de Chantada, pois en fin, eu teño que lembrar que dende a Deputación saldouse unha débeda histórica como foi a do canon, que Chantada foi un dos municipios máis beneficiado grazas a isto, así que non sei que foi o que pasou ahí exactamente, non sei cal foi o motivo. Dende logo o resultado é malo, non nos vamos a engañar, así que dende a executiva provincial analizaremos que foi o que pasou. Que un candidato independente como é o caso de Manuel Varela, se presente e arrample desta maneira con uns resultados tan bos non da unha moi boa sinal do Partido Socialista en Chantada. Pero bueno, supoño que algún motivo haberá, así que analizaremolo e por suposto tomaranse decisións.Finalmente, en canto aos pactos, dicir que nós presentámonos ás eleccións coa intención de gañar, e de gañar por maioría. Agora mesmo temos 12 concellos na provincia con maioría absoluta, e hai outros tres, que poderían chegar a ser cinco, nos que como mínimo pode-ríamos chegar a acordo. Falo lóxicamente do BNG. Dicir por exemplo que na Deputación a experiencia anterior foi boa, así que non vexo difícil que non cheguemos a acordo. E esta mesma premisa podémola aplicar ao resto de concellos nos que poderían darse pactos, pero bueno, resaltar que ainda non hai ningún tipo de acordo e que non sei se se fará un pacto global ou se será concello a concello.”

BNG Alicia Cadarso, Responsa-ble comarcal do BNG

Ao peche desta edición, dende o Bloque Nacionalista Galego ainda non contaban con valoracións oficiais dos resultados obtidos nos concellos da comarca e arredores, de tal xeito que serán recollidos na vindeira quincena, unha vez rematen coas reunións que esán a levar a cabo.

Page 12: EnComún Nº 127

12� EC // Nº 127 Mayo 2011

VALORACIÓN RESULTADOS ELECTORAISELECCIÓNS 22 MAIO 2011

Independentes Terrasdo Asma

Manuel Varela,gañador das eleccións en Chantada

“Estamos moi contentos e orgullosos da resposta que tivemos de todos os cidadáns de Chantada, e a verdade é que bueno, nós tíñamos algúns datos que apuntaban a que íamos a ser a lista máis votada ao cen por cen, e a medida que ía pasando a campaña, pois se nos ía dicindo que íamos á alza, que seguíamos subindo. Houbo un momento que incluso estivemos entre cinco e medio-seis concelleiros, que finalmente foron cinco, e que dende o noso punto de vista é un resultato tremendamente positivo e bo. Acadar cunha lista independente e cun partido novo os 2.401 votos en Chantada non é doado; e por suposto tamén nos sorprendeu que formacións cun gran despregue en canto a propaganda e publicidade coas siglas que avalan, como pode ser o PP, que se quedaran en menos de 1.300 votos, que o PSOE baixara aos niveles aos que baixou, en preto de 900 votos e encima ostentanto a alcaldía, e que o BNG se mantivera cunha pequeniña baixada. A verdade é que son datos que reflexan a situación, e que bueno, que nós estamos moi, moi contentos.En canto á posibilidade de pactos, primeiro hai que establecer a rolda de contactos e falar con todas as formacións políticas para ver cales son as súas pretensións. Sen dúbida, a nós parécenos máis doado neste momento, e esta é unha opinión que estou dando de xeito totalmente personalizado, que despois de falar cos meus compañeiros do noso grupo, non descartaríamos coller o goberno en minoría, sendo a lista máis votada con cinco concelleiros, que bueno, nós temos experiencia máis que suficiente para quitar adiante isto; e des-pois establecer pactos puntuais con calquera das outras tres formacións, porque a nós danos a maioría calquera dos grupos, o PSOE con dous concelleiros, o BNG que ten tres ou o PP que ten tres, con calquera deles conqueriríamos sete concelleiros, así que puidera ser que gobernáramos desa maneira, ata que bueno, vaia transcurrindo o tempo e vexamos que isto pode funcionar ben, e sempre en beneficio sobre todo dos cidadáns de Chantada, iso está clarísimo.”

� As eleccións municipais do pasado 22 de maio deixa-ron tamén resultados sorprendentes nos concellos nos que se presentaron formacións independentes; é o caso de Chantada, A Pobra do Brollón e Sarria. Os máis destacados sen dúbida foron os Independentes Terras do Asma, de Chantada, con Manuel Vare-la á cabeza, que acadaron cinco concelleiros, fronte aos tres do BNG, os tres do PP, e os dous do PSOE,

arrebatándolle así a alcaldía ao bipartito actual entre PSOE e BNG.No caso de Brollón, Independentes de A Pobra do Brollón, con José Antonio García como cabeza de lista, acadou tres concelleiros situándose como a se-gunda forza política máis votada neste municipio. A forza máis votada foi o BNG, con catro concelleiros, que agora deberá establecer un pacto de goberno con

algunha das outras formacións para acadar a maioría absoluta.Finalmente, os Independentes de Galicia, en Sarria, liderados por José Manuel Bello, foron outra das sorpresas nestas eleccións, e é que partindo de cero como novo partido deron a sorpresa e acadaron a re-presentación con dous concelleiros. Estas son as súas valoracións.

Independendentes deA Pobra do Brollón

José Antonio García acadou 3 concelleiros

“En principio, as nosas perspectivas apuntaban xa a sacar en torno a uns tres ou catro concelleiros, que era o que deberíamos conseguir sempre que os votantes fosen receptivos ao noso programa electoral, aos seus contidos. Pese a todo, nós estamos contentos, e valoramos os resultados como un éxito ainda que con un pequeno mal sabor de boca por non haber acadado ese cuarto concelleiro que xa sería entón chegar ao teito máximo.En canto á posibilidade de pactos, nós como grupo independente estamos abertos a calquera pacto que inclúa o noso programa electoral. De todos os xeitos, e tal e como xa comentei a outros medios de comunicación, o gañador das eleccións foi o BNG, e polo tanto é a Xosé Luis Maceda a quen lle corresponde abrir a rolda de contactos e entrevistas para acadar esa maioría precisa no goberno.”

Independentes deGalicia (Sarria)

José Manuel Bello acadou 2 concelleiros

“Dos resultados electorais fago unha valoración moi positiva, sobre todo tendo en conta a situación coa que nos encontramos actualmen-te; a situación electoral, o que vimos despois das eleccións municipais e que semella denotar unha tendencia de cambio brusco hacia o PP, que supoño será por motivos como a crise. En relación a nós, pois o de antes, máis que positiva porque partindo de cero como partido e acadar uns 900 votos sempre é gratificante.E en canto a se é o resultado que esperábamos, teño que dicir que nalgún momento vin que sería posible mesmo acadar estes dous conce-lleiros, sen embargo, a medida que foron pasando nos días, e vendo como se desenvolveu a campaña, na que os outros partidos contaban con máis medios e maquinaria máis potente para chegar á xente, xa semellaba algo máis complicado. Ainda así, e ainda que nos víramos rodeados por todas as súas estratexias, nós tivemos claro dende un primeiro momento que o noso fin era traballar e tratar de conseguir os obxectivos marcados, e finalmente así foi. Con todo quero deixar patente o meu agradecemento a todas as persoas de Sarria que nos deron o seu apoio, así como á xente de fora de Sarria que nos apoiou e nos empurrou a traballar por isto.”

Page 13: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

�O Concello de Monforte xa ten aberto dende hai unhas se-manas o prazo de exposición pública do proxecto de acon-dicionamento do cauce e as marxes do río Cabe, no tramo entre o núcleo urbán de Mon-forte e a parroquia de Piñeira, despois de que o alcalde, Se-verino Rodríguez, presentara a memoria ambiental do mes-mo.Na súa comparecencia, o al-calde monfortino explicou que “xa hai varios meses que se traballa intensamente neste proxecto, primeiro coa Con-federación Hidrográfica del Norte, e despois coa Confe-deración Hidrográfrica Miño-Sil”, coa intención de levar a cabo unha actuación que, se-gundo indicou, “é prioritaria para o goberno municipal”.Severino Rodríguez tamén considerou que o río Cabe é un elemento importante de vertebración da cidade, ou o máis importante, e que o cau-ce e as marxes do río “están to-talmente recuperadas no cas-

co urbán”. Por estes motivos salientou que a intención do goberno é “ampliar estas me-lloras ás parroquias próximas á cidade”.

ACTUACIÓNSDeste xeito, con esta actuación recuperaranse áreas moi aban-donadas e crearanse novas zo-nas de ocio. A intención é ade-centar o espazo dende a ponte nova ata o parque dos Condes, mellorando o pavimento do paseo e construíndo un mi-rador e unha zona recreativa. Ao mesmo tempo, dende o parque dos Condes ata Piñeira construirase un carril bici e un sendeiro peonil, ao tempo que se farán pasarelas na zona dos Escolapios, en Aceña Nova e dúas na illa da Pinguela.Pero o proxecto tamén posibi-litará o aproveitamento para o esparcemento e o ocio da pro-piedade municipal coñecida como illa da Pinguela e, xa en Piñeira, acometerase a remo-delación integral da área re-creativa situada en A Barxela.

O proxecto estará a exposi-ción pública ata o vindeiro día 23 de xuño; a partir desa data, estudaranse as posibles alegacións que se presenten e, unha vez estimadas ou desesti-madas, procederase á licitación do proxecto.O orzamento desta actuación, tal e como indicou Severi-no, ronda os catro millóns de euros. As obras levaranse a cabo cunha aportación do 75 % con cargo ao Ministerio de Medio Ambiente a través de fondos europeos. O 25 % res-tante correrá a cargo do Con-cello para o cal, segundo dixo o alcalde, xa se fixeron xestións, e contiuaranse realizando, con outras administracións. “O apartado económico non será un problema, polos cartos que están comprometidos polo ministerio e tamén porque estamos ante unha interven-ción e mellora estratéxica para Monforte, urbanística e tamén medioambiental”, concluiu Severino.

�A Plataforma Cidadá en defensa da Comarca de Lemos ven de emitir un comunicado co principal obxectivo de que tralas eleccións do pasado 22 de maio “se opere o cambio necesario na forma de entender a política polos partidos concorrentes, ante-poñendo a todo os intereses dos cidadáns”. Dende a Plataforma agardan así que a acción coordinada de todos se extenda na defen-sa de intereses comúns como por exemplo as infraestruturas que

vertebran a Monforte co resto de provincias e comunidades, o dereito a unha sanidade pública de calidade, o desenvolvemento tecnolóxico que posibilite a creación e implantación de empresas competitivas, e a defensa de sectores tan importantes como son o agrario e o gandeiro. Asimesmo, dende a organización amosaron a súa disposición e colaboración cos posibles novos equipos de goberno, e tamén cos que continuarán no cargo.

Flashes

���

Acordo entre o concello, empresas e universidades

�Coa intención de unificar os campos universitario, social, laboral e da administración, dende o Concello de Monforte estiveron a manterse unha se-rie de reunións con estudantes das universidades galegas. O resultado final destas reunións foi dado a coñecer polo alcalde da cidade, Severino Rodríguez, acompañado de dous univer-sitarios monfortinos, Adrián Valcarcel e Rubén López. Se-verino destacou catro puntos principais: crear unha base de datos dos universitarios mon-fortinos, ampliable a outros campos educativos; habilitar a relación dos universitarios co empresariado local e coa fina-lidade de que poidan facer as súas prácticas na cidade; esta-blecer unha relación perma-nente entre os sectores empre-sariais e os universitarios; e por último, crear unha asociación de universitarios para poñer en marcha as anteriores propos-tas. Asimesmo, o alcalde anun-ciou que as empresas adheridas ao convenio coa universidade e as asociacións empresariais (CEL, CCU, APEHL, e LU-GOSUR) amosaron a súa dis-posición a colaborar cos estu-dantes. Pola súa parte, Adrián Valcarcel, un dos universitarios

que participou nas reunións, explicou que “o obxectivo fun-damental da futura asociación é crear un nexo de unión en-tre o sector profesional e os estudantes”. Valcarcel tamén indicou que a asociación debe funcionar como “xeradora de ideas e nexo de unión entre os sectores empresariais, a admi-nistración e o estudantado”. É de destacar que xa se tiña asinado un convenio entre as universidades galegas, o Con-cello e os empresarios. Mentres tanto, Rubén López, outro dos universitarios, explicou que no banco de datos informático a disposición de estudantes e empresarios na páxina web do Concello, calquera estudante poderá darse de alta deixando o seu perfil e o seu currículo. Pola súa parte, será o Conce-llo o encargado de actualizar a web de xeito permanente. Rubén López asegurou tamén que o banco de datos será am-pliado a estudantes de FP e a todos aqueles susceptibles de facer prácticas en Monforte. Asimesmo, xa están preparan-do unha xornada-conferencia para estudantes que veñen de rematar a carreira, e habilitara-se un local para a asociación de estudantes.

Page 14: EnComún Nº 127

14 � EC // Nº 127 Mayo 2011

Eventos

Dende o 10 ao 13 de xuño celebrarase un ano máis a festa de San Antonio, a festa de ba-rrio por excelencia da cidade de Monforte.Trátase sen dúbida dunha cita especial para os monfortinos e xentes da comarca, que miran cara ao barrio dunha maneira especial nestas datas, e ao tem-po, os do municipio desfrutan dunha xornada festiva, o día do patrón, San Antonio de Padua, que se festexa o 13 de xuño.O xeito de organizar as festas conserva o espírito veciñal e particular das dos barrios e as parroquias nos que un grupo de veciños, a comisión, se encarga

de conseguir o finanzamento e organizar a totalidade das acti-vidades. É a festa dos monforti-nos que viven en toda a marxe do río na que se atopa o Campo de San Antón, que foi exten-dendo a súa festividade ás rúas colindantes.

A pesares da súa fonda actuali-zación, coa presenza das atrac-cións e das orquestras, o San Antón conserva moitas das ve-llas tradicións que lle son pro-pias.

Segundo o historiador monfor-tino Felipe Aira, a festa de San Antón celébrase dende alome-nos os inicios do século XIX, cando o santo tería obrado un miragre no convento das Clari-

sas, ao facer aparecer uns obxec-tos perdidos dunha das relixio-sas que o habitaban. Esta teoría forma parte dunha das lendas vinculadas a Mon-forte e segundo relata Ricardo

Rodríguez Vilariño de Barbeito no libro Monforte, sus monu-mentos, tradiciones y leyendas “ se tiene por cierto que a una de las abadesas se le cayeron en el pozo de la huerta unas gafas y un llavero; varios dñias estuvie-ron trabajando para recuperar los objetos perdidos, pero todos los intentos resultaron estériles. Ocurriósele a una de las monjas atar un pequeño San Antonio al extremo de una cuerda; practica-da esta pequeña operación sumer-giósele en el agua hasta llegar al fondo. pasado un pequeño espacio de tiempo elevaron al santo que traía pendiente de una de las ma-nos el objeto perdido. Desde en-tonces tienen especial veneración y celebración en su obsequio so-lemne fiesta en su día (...)”Segundo relata Aira, en 1503 comeza a construcción do con-vento franciscano adicado a San Antón de Padua, que ocuparía a zona que hoxe coñecemos como Campo de San Antonio deica o século XIX. Este con-vento franciscano foi aban-donado forzosamente debido á Desamortización e décadas despois foi demolido por orde do administrador do Conde de Lemos.

San Antón: orixes e actualidade da festa do barrio

Redacción Monforte

A festa de San Antón celébrase neste barrio alomenos dende principos do século XIX, segundo relata o historiador Felipe Aira

Os veciños do barrio de San Antón preparan os festexos

Foto de época do Campo de San Antón e o cruceiro (cedida polo investigador local Felipe Aira).

TODO TIPO DE LIMPIEZA

EMPRESA DE SERVICIOS

Roberto Baamonde, 120 - 122 Entlo. A

Tlfno 982 40 32 12 / 620 360 561 (permanente)

AUTORIZADA POR LA XUNTA DE GALICIA

AS-1779

¡Pide presupuesto y compara!

Servicios Funerarios

La gloria“Val de Lemos”

Para que todo sea más fácil en momentos difíciles

SERVICIO PERMANENTE - SALAS TANATORIO - INCINERACIÓN - ASISTENCIA NACIONAL E INTERNACIONAL -

ATENCIÓN PERSONALIZADA

EN RÚA OTERO PEDRAYO, Nº 14 - BAJO (EDIFICIO 3 TORRES)MONFORTE. TLFNO. 982 410 303

Page 15: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

O cruceiro que preside a praza de San Antón é unha das pou-cas pertenencias que se conser-van do convento, polo menos en coñecemento do investiga-dor Felipe Aira. Este emble-mático cruceiro data do século XVI e o seu emprezamento orixinal era na que hoxe se de-nomina rúa Antonio Méndez Casal. Pero o legado constru-tivo do convento está patente noutros detalles como as co-lumnas nas que se apoian al-gunhas galerías de madeira das casas do contorno do Campo de San Antón. Aira engade a este conxunto un altar que se atopa na igrexa de Piñeira e un baixorrelevo dunha capela par-ticular, a de San Pedro, na rúa Doutor Casares.Pero a “solera” do barrio proce-de ademáis doutras tradicións coma o mercado de legumes,

granos e castañas que situaban a cacharrería arredor do de-vandito cruceiro, así coma os venderores de carbonilla, relata o historiador nun estudo reali-zado nos últimos anos.Outros elementos emblemáti-cos do barrio foron o primeiro local fixo dedicado ao cinema que sería instalado na prime-ra década do século XX, un barracón denominado Cine Barbagelata. Posteriormente o local fixo de cinema pasaría á Avenida de Galicia.Felipe Aira non esquece no-

mear outra das construccións representativas do barrio, a que é hoxe a Casa do Conce-llo, que fora construído baixo o Directorio de Primo de Ri-vera, a través das xestións do alcalde Jorge Dacal. No seu

momento, e ata hai uns anos foi utilizado como centro edu-cativo, primeiro como escola de ensinanza, logo como ins-tituto de secundaria e poste-riormete tería servido, dende o 39, para albergar o primeiro Batallón do Rexemento de Ar-tillería de Zaragoza, que tiña como obxectivo permacecer como guarnición na cidade do Cabe. Anos despois recupe-rouse como escola, ata albergar actualmente as dependencias municipais.

-

Se hai unha data especial para os veciños do barrio, esta é a festividade de San Antón. Cargada de tintes relixiosos e sobre todo populares. Unha tradición que os veciños non

queren perder e pola que cada ano se organizan para facela posible. A comisión de festas deste ano xa está a traballar na preparación, aínda co progra-ma sen pechar, encárganse de recadar fondos entre os veci-ños. Este ano son 10 as persoas encargadas dos festexos aos que pretenden darlle o mesmo esquema de sempre. En princi-pio teñen previsto contar con dúas orquestras diarias. Serán tres verbenas que se acompa-ñarán dos tradicionais xogos para os nenos. Non faltarán as citas máis tradicionais do San Antón como é a bendición de roscas a carón das Clarisas e posteriormente na praza da nova igrexa, na rúa poeta Ma-nuel María. Non faltará a misa e a procesión coa imaxe do santo e as actuacións de grupos de baile tradicional coma os lo-

cais Lemavos.A crise económica estase a sentir na recadación, segundo apuntan os “ramistas”, pero coa aportación municipal e a que prevén recoller das barra-cas contan acadar o finanza-mento suficiente para darlles festa aos veciños. Parte dos membros da comi-sión repiten dende hai moito tempo formando parte da or-ganización nalgún caso dende hai 16 anos. O tempo que lle dedican réstano á súa vida per-sonal despois de saír dos seus respectivos traballos, e por isto agradecen a incorporación dalgúnha xente nova ao grupo porque “para o barrio repre-senta moito esta festa, e o que queremos é mantela e que siga contando coa acollida que ten actualmente·”

A comisión de festas loita para que perviva un evento que re-presenta moito para os veciños do barrio

Page 16: EnComún Nº 127

16 � EC // Nº 127 Mayo 2011

Iniciativas

� Buscar no cinema un recur-so turístico con potencial é o obxectivo das recentes xor-nadas celebradas nos pasados días na provincia e que tiveron como un dos escenarios a vila de Sarria. A actividade enfo-couse coma unha experiencia piloto para detectar as posibi-lidades de explotar as distintas localizacións cinematográficas da nosa provincia como centros de visitas turísticas que poidan dinamizar economicamente o noso territorio. Impulsadas dende a Deputación de Lugo, contaron con distintas activida-des e relatorios tomando como eixo un movie map sobre as localizacións da produción so-bre a vida de Romasanta, con visitas a distintos lugares como Samos, O Incio ou O Courel, que foron escollidos na rodaxe do filme na montaña luguesa. Tratábase de detectar a acollida dun recurso de desenvolvemen-to turístico que está a contar cunha moi boa resposta a nivel europeo, onde chegan turistas buscando as localizacións de grandes producións internacio-nais, e tamén nalgunhas zonas de España.

O CINEMA COMO FOMENTO DO TURISMO DE PROXIMIDADEA cuestión neste caso é a mes-ma, pero a pequena escala, tal e como explica Antonio Corre-doira, director da Fundación TIC, “procurar un turismo interior para que nós mesmos descubramos a provincia ou a comunidade a través do cine-ma”. “O feito e a curiosidade de ver o lugar no que Elsa Pata-ki se atopaba nalgunha escena pode ser un exemplo do arran-que deste tipo de turismo”, apunta Corredoira.

O PAZO DE TOR OU BE-LESAR, NO CINEMA GA-LEGO E DA PENÍNSULAA zona sur de Lugo tamén tería a súa oportunidade explotando antigas producións como a que levou a Vicente Aranda ao Pazo

de Tor, en Monforte, lugar no que se desenvolve un antigo filme como “Beatriz”, ou a ro-daxe en Belesar dalgunha parte de “Krebinski”, película gale-ga estreada recentemente. Os exemplos son moitos máis e a idea pode funcionar, segundo se valorou despois destas xor-nadas, e xa se está a pensar nun próximo proxecto que tería como protagonista o filme El Rey del Río, de Gutiérrez Ara-gón, filmada na zona da reserva da Biosfera Terras do Miño, e que podería entrelazar un turis-mo no que tamén poden estar interesados os amantes da pes-ca, cun filme dun consagrado director.

PAISAXE E ARQUITEC-TURA, ALGO MÁIS QUE ESCENARIOS

Potenciar os recursos existen-tes e buscar novos puntos de atracción como pode ser unha vivenda que se exhibe nunha película son as estratexias deste tipo de proxectos. O director

da Fundación TIC, vinculada á Deputación de Lugo, cita Mar Adentro como un exemplo no que se deixou escapar a pro-moción dun territorio a través do cinema antes e despois da estrea dun filme de impacto in-ternacional. Mobilizar ás insti-tucións e a organismos coma o Consorcio do Audiovisual para que se encarguen deste tipo de cuestións foi unha das propos-tas da mesa desenvolvida en Sarria.

O CAMIÑO DE SAN-TIAGO, PLATAFORMA DE LANZAMENTO DE SARRIA E LUGONa mesma, falouse tamén do exemplo de promoción de Sarria a través dun recurso como é o Camiño de Santiago. A concelleira de turismo, Pau-

la Vázquez, quen extrapolou o exemplo ao do cinema desta-cou que a repercusión turísti-ca do Camiño está a mudar a pasos axigantados a actividade económica do municipio. Váz-quez falou da promoción como a única chave que pode facer que un territorio chegue a des-envolverse con resultados des-tacables xa que “ o interior de Galicia e por ende a provincia de Lugo, quizais sexan grandes descoñecidas. O Camiño de Santiago visualizase como unha gran plataforma de lanzamento do territorio, porque moitos coñecen a provincia a través del, e regresan. Para a edil de Turismo, o regreso é un fenó-meno cada vez máis habitual, que se ten que ofertar a través de paquetes completos e con rutas xa elaboradas.

Unha ruta turística cinematográfica, baseada na produción Romasanta, deu a coñecer as terras de Sarria e O Courel Redacción L.Gallardo

O Camiño de Santiago segue a ser a grande oportunidade turística de Sarria, tal e como comparou a concelleira Paula Vázquez EC

Un proxecto piloto da Deputación prevé importar unha idea que conta con gran éxito noutros lugares

Novas oportunidades: descubrir o territorio a través do cinema

Page 17: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

Sensibilización social, económica e ambiental na comarca

� ATTAC Chantada naceu en outubro do ano pasado a par-tir dun grupo de persoas deste pobo que teñen unha serie de afinidades e que coinciden na necesidade de que exista, ou de que comece a aumentar, a reflexión social baixo un pen-samento, que é o que ten a es-trutura de ATTAC Chantada, e que é o lema de “pensa global actúa local”. Trala resaca elec-toral e co movento revolucio-nario que está a ter lugar por toda España de fondo, nós fa-lamos con Marcos Gay Varela, membro de ATTAC Chantada, para coñecer un pouco máis os obxectivos e as actividades que están a desenvolver.

-

Sintetizar uns obxectivos sería como explicar a vida nunhas liñas. Na nosa páxina web te-mos un esbozo do que pode-rían ser os obxectivos. Entre eles atópanse os de sensibilizar á poboación da comarca acer-ca de diferentes problemáticas como por exemplo a dictadu-ra dos poderes económicos, e que soe levar ao aumento das desigualdades, a recortes no gasto público, pobreza, pérdi-da de valores, etc; pero tamén perseguimos outros como po-ñernos en contacto con outras organizacións con ideas afíns, intercambiando información, e na procura de plantexar ac-tuacións conxuntas; crear un punto de encontro e xerar de-bate social; e sobre todo, plan-texar alternativas a nivel local, intentando darlle coherencia ao discurso teórico, levando proxectos á práctica, seguindo iniciativas que se están a dar noutros concellos ou propo-ñendo alternativas novas.

Tentamos abarcar os ámbitos

do ser humano, e quizáis en ATTAC Chantada o ámbi-to no que nos sentimos todos máis identificados é o ámbito humanístico, o que é o ser hu-mano, o que é a cidadanía, a re-flexión, a construcción social, e tamén o que é buscar e recupe-rar unha relación coa natureza. É moi importante ter en conta que somos a primeira especie na historia deste planeta que ten a capacidade de destruílo, e non só ten a capacidade, senon que está demostrando que o pode facer, e ademais o está fa-cendo dunha maneira bastante avanzada e preocupante. Non só estamos destruíndo o me-dio no que vivimos senon que temos unha peor calidade de vida, e isto é producido porque os grandes poderes, tanto eco-nómicos como mediáticos, ou políticos, están baixo a influen-za do gran capital e os intereses económicos de reducidos gru-pos de poboación. A min gustaríame saber cantas veces se fala nun parlamento de humanidade, se fala de valores, se fala de persoas ou se fala de cariño; e sen embargo fálase de paraísos fiscais ou dunha regu-larización do mercado cunha algería e unha pachorra impre-sionantes.

A principal actividade que te-mos é que nos xuntamos unha vez ao mes para reflexionar, para intercambiar opinións e para sacar propostas consen-suadas. Son reunións abertas ao público. Pode parecer que se trata simplemente dunha labor organizativa, pero hai que ter en conta que é unha activiade en sí, unha actividade de partici-pación, de aprender a comuin-car, de aceptación da opinión dos demais e unha actividade informativa. Por exemplo, nes-tas reunións aproveitamos para intercambiarnos dvds que un dos membros preparou con contido desinteresadamente,

digamos que temos unha bi-blioteca que nos pasamos entre nós. Pero tamén levamos a cabo outro tipo de iniciativas; unha das últimas foi unha actividade para explicar o que ocorre un pouco co sector financieiro, e para iso contamos coa colabo-ración de membros da Banca Ética. Tamén celebramos unha segunda xornada de Consumo Responsable Consciente, le-vándoa a cabo con xente que está metida no cooperativismo. A maiores plantexámonos dar-lle unha continuidade a este tipo de charlas dentro das nosas posibilidades, alomenos unha vez cada tres ou catro meses.Pero tamén estamos intentan-do xerar varias estratexias para favorecer o consumo local, e ta-mén nos achegamos ata un dos institutos para transmitirlles aos xóvenes o noso punto de vista e organizamos unha expo-sición da pegada ecolóxica ce-dida pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA). Asimesmo, xa establecemos contacto co responsable do cen-tro médico chantadino, Martín Bernal, co que nos gustaría co-mezar a debatir estratexias para mellorar a calidade de saúde das persoas, e a verdade é que temos que agradecerlle a aco-llida desta iniciativa a Martín. Destacar tamén que temos un canal en you tube de ATTAC Chantada, no que se poden ver os vídeos que nós grabamos e realizamos, ademáis da páxina web. E xa a nivel persoal eu ta-mén fago un programa nunha radio comunitaria (cuac fm) todos os xoves de once a doce da noite en directo, e no que podo expresar o que realmente penso. A maiores de todo isto, sería factible calquera outra ac-ción que sexa proposta, debati-da e por suposto consensuada.

O único que hai que facer é sen-tirse parte de ATTAC, e tamén

querer participar. Logo para participar en ATTAC Chanta-da só hai que poñerse en con-tacto con nós, ben a través da páxina web (www.attacchanta-da.com) , ou ben persoalmente porque vivimos nun pobo no que nos coñecemos todos, ou tamén aparecendo de maneira espontánea nas reunións que temos, e que celebramos os terceiros sábados de cada mes ás cinco da tarde. Ademais can-do fai bo tempo realizámolas ao aire libre, como pode ser no campo da feira de Chantada, e senon no Telecentro.

-

Eu persoalmente atópome acampado na “Praza 15 de Maio” da cidade da Coruña dende o momento no que me enterei desta “spanish revolu-tion”. Pero participei tamén a fin de semana en Madrid nun-ha reunión da asamblea xeral de ATTAC España e na mani-festación de Madrid. O resto dos membros cónstame que se achegaron á Praza do Con-cello en Chantada, ainda que desgraciadamente foi unha ini-

ciativa moi pouco seguida pola cidadanía.

-

Con todo o que expuxen an-teriormente, non plantexarte unha revolución sería unha incoherencia. Unha revolución implica cambio e non mellora, polo que debemos esforzarnos para aproveitar esta oportuni-dade e conseguir entre todos que esta revolución non só se convirta en revolución, senon tamén en mellora para cons-truir unha humanidade onde non haxa nin esquerdas nin de-reitas; onde as persoas e a natu-reza estén en perfecta conexión e onde recuperemos tamén a comunicación, xa sexa interior, coa familia, cos veciños e por suposto cos grandes medios de comunicación. Tamén teño que dicir que animamos a todo o mundo a que tomen iniciati-vas semellantes, que comecen a facer autocrítica. Nós non so-mos mellores, nin máis listos, nin máis acertados que nin-guén, sinxelamente somos un grupo de xente que comparti-mos unha serie de inquedanzas e que decidimos pasar á acción.

Conde, 17 27400 MONFORTE DE LEMOS

Tel. y Fax: 982 41 17 06 / 982 41 15 46

C/Chantada, 10 - Tlf. y Fax 982 400 113

Ctra. A Vide, s/n - Tlf. 982 403 902

MONFORTE DE LEMOS (Lugo)

Materiales de Construcción - Edredones - Sábanas

Telas para sábanas y mantelerías c/ INÉS DE CASTRO, 9TLFNO. 982 41023027400 MONFORTE

TAPIZ HOGARZ ZAFIRO TOURSel mundo a tu alcance en

av. de galicia n° 5 27400 monforte tfno 982416358

e-mail monfortelem����������� ��

Page 18: EnComún Nº 127

18 � EC // Nº 127 Mayo 2011

FFlashes

���

Charlas para os maiores e premios para os máis pequenos�A semana pasada o concello de Sober acolleu unha charla sobre a mellora da seguridade dos maiores, organizada en colaboración coa Garda Civil. Entre outras cousas, traráronse aspectos como as estafas e os timos, e o maltrato a persoas maiores. Por outra parte, a Biblioteca Pública Municipal de Sober acolleu a entrega de premios aos rapaces gañadores do certame de narración e debuxo, convocado con motivo da celebración do día das Letras Galegas.

Pequenos arranxos para mellorar a vila

O Concello de Sober ten en marcha numerosas obras

� O alcalde en funcións do concello de Sober, José Gó-mez, deu conta dunha serie de obras que se están a aco-meter no municipio, así como de outras que xa están adxu-dicadas e que en breve serán levadas a cabo. Segundo ex-plicou, estanse rematando por exemplo as obras do parque situado diante do Concello, cunha subvención da Depu-tación de 27.000 euros, e a aportación de 9.000 euros por parte do consistorio. “Temos adxudicado tamén o desaugue que falta dende Villaestrille de abaixo ata a residencia de anciáns; e tamén está adxudi-cada a segunda parte da rede de sumidoiros de Villaoscura, que foron 150.000 euros, e cuxa primeira fase xa se fixo o ano pasado”.Por outra parte, o Concello de Sober conta cunha subven-ción aprobada por parte da Consellería de Presidencia de 50.000 euros, para arranxar todo o arredor do Conce-llo con granito, “tal e como se fixo na rúa do Progreso, e

para que quede en perfectas condicións”, explicou Gó-mez. “Xa a maiores, temos outras nove pequenas obras, pertencentes ao canon da De-putación do 2010, que están agora para aprobar, e que son entre outras cousas para a pra-za de Doade, para reformala; e tamén para Vilachá, para rexenerar este pequeno pobo onde se atopa o Consello Re-gulador, así como unha serie de camiños en distintos lu-gares que se atopan en malas condicións”, engadiu. Son pe-quenas obras que ainda están por facer e que en total están valoradas en 62.000 euros. Fi-nalmente, no concello de So-ber tamén están adxudicados por parte da Xunta de Galicia, os arranxos de tres pequenos tramos de estrada. “Son unha cantidade de obras importan-tes para este ano, obras nas que tamén hai que destacar a restauración que estamos facendo das fontes da Mina e de Eireos, que xa estarán re-matadas en breve”, concluíu o alcalde en funcións.

Novo pantalánen ChanteiroO obxectivo é ter máis luga-res de acceso aos catamaráns

� O presidente da Deputa-ción en funcións, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepre-sidenta Terceira e responsable da área de Turismo en fun-cións, María Xosé Vega Buján, realizaron hai uns días unha visita con máis de 60 persoas ao pantalán en Chanteiro, no concello de Sober, habilitado polo organismo provincial.Trátase dun novo embarca-doiro co que se resposta á demanda da comisión cidadá creada en Sober logo do balei-rado do río por Iberdrola.Co pantalán de Chanteiro conséguese ademais, ampliar os lugares onde os usuarios poidan acceder aos catama-ráns. Deste xeito, o alcalde en funcións de Sober, José Gómez, comprometeuse ese mesmo día á mellora do seu acceso. Segundo indicou Gó-mez, “o pantalán a verdade é que está moi ben; foi un pan-talán pequeno, provisional, que non sei se xa retiraron porque van a traer outro máis grande; pero en definitiva eu creo que se trata dunha boa

opción para fomentar o tu-rismo no concello de Sober, e tamén beneficioso para os veciños e para todos aqueles que nos visiten”. “Ademáis tamén se vai a instalar un tren turístico pola zona de Doade, que baixará dende o mirador de Soutochao, pola carretera nova da Ribeira e pasando tamén pola alfarerí-ra de Gundivós. Vamos, un proxecto moi importante so-bre todo pensando no turis-mo, xa que hai que aproveitar os recursos dos que dispoñe-mos”, engadiu o alcalde. Na actualidade, o Sil ao seu paso pola provincia conta cos dous embarcadoiros, os de Doade e Chancís. Besteiro e Buján, tamén aproveitaron esta visita para presentar o novo mode-lo de coordinación turística da provincia que impulsará a institución; a creación dunha empresa pública liderada pola Deputación, pero con partici-pación de empresas privadas, que buscará a promoción e comercialización do turístico lucense.

XVII Cata dos viños da Ribeira Sacra

� O Parador de Turismo de Monforte foi o escenario esco-llido para celebrar o xantar que puxo punto e final á XVII edi-ción da cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Aproveitando o acto entregáronse os premios aos viños que os dez catadores que conformaron o panel de cata, consideraron mellores.

PREMIADOSDeste xeito, na categoría de brancos presentáronse 11 vi-ños e os premiados foron: Aba-día da Cova de Adegas Moure en primeiro lugar, Almalarga de adega Pena das Donas en se-gundo lugar e, Viña Garoña de adega Viña Garoña en terceiro lugar. Na categoría de tintos presentáronse 37 mostras e os premiados foron: Regina Via-rum de adegas Regina Viarum como primeiro clasificado, So-llío de adega Victorino Álvarez Rodríguez como segundo cla-sificado e, Adega Vella de ade-ga Jorge Feijoo González como terceiro clasificado.Pola súa parte, é de destacar que por cuarto ano consecutivo contouse cunha categoría máis, a de viños doutras añadas. Polo número de participantes, 14 mostras, concretouse na bases un único premio que recaeu en Regina Expresión de adegas Regina Viarum.En canto aos premios, o Con-sello Regulador da D.O. Ri-beira Sacra empregou unha vez máis distintas pezas da olería de Gundivós (en Sober), que foron entregando aos premia-dos as autoridades presentes.Finalmente, os catadores do panel de cata destacaron a ca-lidade dos viños da pasada co-lleita e loubaron as diferentes cualidades e características dos viños da Denominación.

José Gómez Vázquez, alcalde en funcións de Sober. EC Visita do presidente da Deputación a Sober. DL

Page 19: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

Os vindeiros 4 e 5 de xuño, o concello de Ribas do Sil acolle-rá a novena edición da súa Fes-ta da Cereixa e do Aceite; unha edición máis na que como ven sendo habitual, poñeranse á venda entre 1.500 e 2.000 kilos de cereixas, e arredor de 200-250 litros de aceite.Segundo explicou o tenente al-calde de Ribas de Sil, Roberto Castro, a producción deste ano é moi boa, “e ainda así nas cer-deiras quedan bastantes froitos, bastantes quilos de produto que non se venden na festa”. “Este ano poñeremos á venda en torno a 2.000 kilos, que é o que soemos vender todos os anos, pero despois ainda que-da moito produto sen vender que queda nás árbores. Con ese produto restante o que se fai é vendelo noutros merca-dos, como por exemplo algún produtor que acode á praza de abastos de Lugo, pero tamén en mercados comarcais e inclu-so en cooperativas de Ponferra-da ou Vigo”.Pola súa parte, a producción deste ano foi boa, e todo pese a intensa calor dos últimos días. “De momento para este ano estamos tendo unha pequena tregua, pero ainda así a pro-dución vai moi adiantada. Hai que ter en conta que sempre planificamos a festa con 15 días de antelación e iso xa supón certa problemática, porque 15 días para este tipo de produto é moito, pero facelo con tempo é a única forma que temos de ga-rantir que as cereixas estarán a punto e en estado óptimo para a súa venda na festa”, explicou Castro. Por este motivo, a festa sempre se celebra a comezos do mes de xuño, “e este ano deci-dimos que debería ser a primei-ra fin de semana”. Tan só unha semana para este froito pode ser crucial, e ademais, a varie-dade de cereixas que hai dentro

da produción fai que non todas maduren por igual. Paralela-mente, tamén se celebra a Festa do Aceite de Ribas do Sil coa intención de poñer en valor este produto totalmente artesa-nal. “É cen por cen artesanal, que se dá en cultivos de xeito conxunto coas cereixas, sobre todo nas parroquias de Figuei-rido, Casares e Peites. Trátase dun aceite único; e digo único porque incluso os máis anciáns

da vila contan que antigamen-te viña xente de fóra a buscar especialmente este aceite para empregalo como mediciña por-que dicían que tiña propieda-des curativas”, sinalou Castro. Este ano poñeranse á venda preto de 250 litros de aceite, que normalmente se soen ven-der na súa totalidade.É de destacar que nesta festa por primeira vez o Concello decidiu protexer a marca dos seus produtos, de tal xeito que xa se depositou no rexistro xeral de marcas e patentes as marcas Cereixa de Ribas do Sil e Aceite de Ribas do Sil coa in-tención de protexer no futuro estes produtos de cara a unha posible denominación de orixe. “Trátase de crear unha mar-ca protexida e recoñecida que

ninguén poda utilizar, excepto os produtores, sen permiso do Concello”.Finalmente, compre lembrar que a novena edición desta fes-ta contará cun programa de ac-tividades moi variado e que se celebrará un ano máis na praia fluvial de San Clodio. “Ainda que para algunha xente esta ubicación supón certas dificul-tades, faise ahí porque o que queremos é potenciala tamén como recurso turístico e des-tacala como tal en toda a zona sur de Lugo; como anécdota contar que hai anos ías por alí e a xente que vías era toda co-ñecida, sen embargo, vas agora e ves caras novas, descoñecidas, así que iso quere dicir que a xente de fóra ven aquí, interé-sase por esta praia e ven a co-ñecela”.Outro dos obxectivos desta fes-ta, ademáis da exaltación das cereixas, do aceite, e da explo-tación da praia de San Clodio como recurso turístico, é o de potenciar os demais produtos autóctonos, tales como os figos, as castañas secas, licores, viños e demais que tamén se porán

á venda. “E de igual xeito, po-tenciamos aos nosos artesáns, a

artesanía da zona, panadeiros e demais oficios para darlle un impulso aos recursos agrarios e artísticos da zona”, concluiu Castro.

En relación ao programa de ac-tos, a festa abrirase o sábado 4 de xuño cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas, para dar paso á apertura do recinto fei-ral e á degustación das cereixas pola mañá. Despois, ao longo dos dous días de celebración haberá tempo para unha visita á praia fluvial de San Clodio por parte dos veciños de Toral de Los Vados, para disputar o terceiro Trofeo da Cereixa na área deportiva da praia, e como non, para actuacións musicais que pecharán o grupo Álva-ro Muras co espectáculo “Ao ritmo da maxia” o domingo a partir das oito da tarde. Cóm-pre lembrar que o pregón terá lugar o domingo día 5 á unha do mediodía, e será a cargo do párroco de San Clodio, Manuel Areán Fernández. A maiores de todo isto tamén haberá xogos infantís e distintos deportes.

��A Deputación de Lugo xa iniciou recentemente o proceso de contratación da residencia de Ribas do Sil, de tal xeito que o Boletín Oficial da Provincia publicou o prazo e os requisitos para que todas as empresas interesadas presentaran as súas ofertas. Transcorridos os prazos legais, nun mes, comezarán as obras de construción de dita infraestructura, para a que o organismo pro-vincial achega preto de 1.200.000 euros. Pola súa banda, o Con-

cello aporta os terreos necesarios e participa no financiamento dos gastos de urbanización nun 20% do total. A residencia ofre-cerá 26 prazas de residencia e 15 no centro de día. Por outra par-te, o organismo provincial está a ultimar o proxecto da residencia do Saviñao logo de aprobar a adquisión dos terreos necesarios. No caso de A Pobra do Brollón, a Deputación xa aprobou o con-venio do centro para maiores cun orzamento de 1,2 millóns.

Flashes

���

A novena edición da Festa da Cereixa e do Aceite celebrarase os vindeiros 4 e 5 de xuño na praia fluvial de San Clodio

Os froitos que quedan nás ár-bores véndense en mercados comarcais,prazas de abas-tos e mesmo en cooperativas

Antigamente acudía xente de fóra a Ribas do Sil para mercar aceite porque dicían que tiña propiedadescurativas

Page 20: EnComún Nº 127

20 � EC // Nº 127 Mayo 2011

FFlashes

���

Os veciños de Hospital celebran a VI Festa do Peregrino�A Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital, no concello de Quiroga, organizou esta pasada fin de semana a VI Festa do Peregrino; unha celebración na que colaboraron tanto a Deputa-ción Provincial como o Concello de Quiroga.Pola súa parte, os peregrinos participantes xuntáronse no campo da festa de A Ribeira dende as cinco e media da tarde para saír cara o Castelo de Torrenovaes acto seguido, onde comenzou o

percorrido polo camiño Real ás seis e media da tarde aproxima-damente. Unha hora máis tarde, chegaron á igrexa de Hospital, onde se oficiou a misa do Peregrino. Xa ao seu remate, a comitiva de peregrinos, veciños e demais participantes seguiu ata a ponte da Vergaza, remate do camiño dentro da parroquia de Hospital. Finalmente, a xornada rematou cuns pinchos para todos os par-ticipantes no adro da igrexa parroquial.

Máis Servizos Sociais en Quiroga

O Concello xa ten en marcha o proxecto de A Ribeira

� O Concello de Quiroga xa ten en marcha a creación dun edificio multiusos no barrio de A Ribeira. Segundo expli-cou o alcalde, Julio Álvarez, “trátase dun edificio multiu-sos, pero que en realidade será un híbrido entre centro de día e lugar para persoas con risco de exclusión social”. A posta en marcha de dita infraestrutura conleva certa organización, que tal e como indicou Álvarez, comezou coa ampliación do campo da fes-ta de A Ribeira, na parroquia de Hospital. “Compramos os terreos anexos ao mesmo e así ampliamos o campo, con parque infantil, zonas ver-des, pistas polideportivas e co equipamento de mobiliario urbán necesario”. Pola súa parte, o edifico contará con dúas prantas de 700 metros

cadrados cada unha. En ditas plantas situaránse o centro de día, cos seus respectivos servi-zos; e por outro lado, “o que serán unha especie de pisos de acollida para os colectivos en risco de exclusión”. A futura dotación de Servizos Sociais, que terá capacidade para 24 persoas, conta cun orzamento de 900.000 euros aproxima-damente, incluído o custe dos terreos, e xa se atopa na súa primeira fase de execución. O proxecto está financiado por “fondos Leader, en cola-boración con outras adminis-tracións”, tal e como apuntou o rexedor. En canto a prazos de execución, Julio Álvarez engadiu que esperan poder comezar co edificio antes de que remate o ano, e telo en funcionamento para o Nadal de 2012.

Sendeirismo, e noites alternativasAs actividades levaránse a cabo durante o mes de xuño

Scalextric no que poderán participar os veciños de Quiroga durante as Noites Alternativas do mes de xuño. CCQ

� Para o vindeiro mes de xuño o Concello de Quiroga ten preparadas numerosas activi-dades. Deste xeito, dende a Área Social do Concello de Quiroga, en colaboración coa Deputación de Lugo, organí-zase o Sendeirismo de Limpe-za polo río Quiroga, dirixido a rapaces e rapazas de 10 a 12 anos. Terá lugar os luns de xuño de seis e media a oito da tarde, a partir do vindei-ro luns día 6, e consistirá en limpar as beiras do río xunto con dous monitores, ao mes-mo tempo que se coñecerá a flora e a fauna existente no lugar. Asimesmo, como pre-mio polo traballo realizado todos os participantes terán unha camiseta e unha mochi-la do concello, ademáis dunha viaxe ao zoo de Marcelle. Para apuntarse poden facelo na

Casa de Cultura ou chaman-do por teléfono ao 982 435 125. Por outra parte, para o mes de xuño, e dende a Ofi-cina de Xuventude en colabo-ración coa Xunta de Galicia, ofértanse para todos os venres e sábados das dez ás doce da noite, as Noites Alternativas na Casa de Cultura. Nelas poderán participar persoas de entre 12 e 31 anos e non será necesario inscribirse. As actividades van dende a lec-tura, ata os xogos de mesa, o futbolín, scalextric dixital ou internet. Finalmente, dende o Concello, en colaboración cos pubs e cos grupos musicais de Quiroga, levaranse a cabo distintos concertos. O pri-meiro deles xa tivo lugar este pasado sábado día 28 no Pub Kata a cargo do grupo Lethal Chains.

Cinseiros para limpar as rúas

Ao mesmo tempo preténdese mellorar a imaxe da vila Hai unhas semanas come-zaron a instalarse na vila de Quiroga unha serie de cinseiros que o Concello vai a colocar diante dos esta-blecementos de ocio, e que forman parte do “Plan de ornamentación e limpeza” da vila. Son máis de 30 cin-seiros, cos que se pretende sobre todo mellorar a imaxe da vila. Os cinseiros están realizados en material acor-de co mobiliario urbano xa instalado nas rúas e contan co escudo do concello de Quiroga na súa parte fron-tal. É de destacar que deste mesmo plan forman parte a decisión do goberno muni-cipal de cubrir os alcorques das árbores das beirarrúas con grava ornamental. Trá-tase de grava compactada e selada que evita que se des-prendan as pedras. Un novo sistema que ten como fin protexer aos viandantes de posibles tropezóns ao pasa-ren preto dos alcorques das beirarrúas.

ESCOLAS DEPORTIVASAs escolas deportivas de te-nis xa remataron no conce-llo de Quiroga, dando paso ás de baloncesto, que están dirixidas a rapaces de 10 a 14 anos, e que se impartirán ata finais do mes de xuño. Deste xeito, os interesados en participar deberán ache-garse polo pavillón munici-pal os xoves a partir das cin-co e media da tarde. A área de deportes do concello ofertou este ano, dentro das Escolas Deportivas, fútbol sala, tenis, aeróbic e agora baloncesto; unha oferta que tentará ampliarse para o vindeiro ano debido á boa acollida que tivo.

Julio Álvarez, alcalde de Quiroga. EC

Page 21: EnComún Nº 127

EC // Nº 127 Mayo 2011

O Clube Lemos atópase a pa-sar por unha situación compli-cada. Se ben é certo que estaba obrigado a gañar o último par-tido (e así o fixo), para acadar a salvación e non descender de categoría, ainda está pendente dos resultados finais dos ascen-sos da Terceira División.Tal e como explicou o seu presidente, Antonio Feijoo “o balance da temporada, en canto ao aspecto económico está ben, pero a nivel depor-tivo neste momento acabou a liga, gañamos o último partido e agora só nos queda confiar en que se resolvan os ascensos pendentes e que esa situación nos acabe beneficiando”.En canto aos ánimos dos xo-gadores, Feijoo sinalou que o equipo está nunha tensa espera ata saber o que pasa, “e de igual xeito, esparanzados coa idea de que se acade a salvación”. “Se-ría un triunfo importante e xa non só para o Lemos, senon tamén para Monforte, porque bueno, se hoxe o Lemos se sal-va pois tamen evitamos o des-censo do Calasancio”.Pero a pesar da situación que está a atravesar o equipo, den-de o clube xa pensan tamén nas perspectivas de futuro. Deste xeito, Feijoo sinalou que

“o que está clarísimo é que o Lemos agora non pode esperar un mes para saber que pasa cos resultados, senon que hai que traballar, facendo un equipo forte independentemente da categoría na que esté; é dicir, que o proxecto non vai cam-biar, se estamos en preferente trataremos de facer o equipo o máis competitivo posible, e se estamos en autonómica, igual, ter un equipo forte para intentar subir, para intentar as-cender de categoría outra vez”, engadiu.En canto a novos fichaxes, o presidente do Lemos adian-tou que a semana pasada xa estiveron a traballar neste tema con distintas reunións coa di-rección deportiva e tamén co adestrador.Precisamente o adestrador Ju-lio Corral, merece gran parte do recoñecemento e mérito, xa que chegou ao clube cando o equipo se atopaba en postos de descenso directo, ata deixa-lo na actualidade sexto por abaixo.O adestrador de Sober cum-priu así co obxectivo de salvar ao Lemos do descenso, ainda que agora a permanencia na Preferente Autonómica depen-de outros ascensos.

Volta Ciclista ás comarcas de Lugo con parada en Monforte

A IV Volta Ciclista ás comar-cas de Lugo disputarase en-tre os vindeiros días 3 e 5 de xuño, con unha das etapas de saída e chegada en Monforte de Lemos. Segundo explicou o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, o nivel da proba está garantido e con-solidado nesta cuarta edición, grazas á participación de máis de 15 equipos Elite/sub-23.Pola súa parte, o Clube Ci-clista Monforte, que ven de participar en numerosas com-peticións. Unha das últimas, a quinta proba pertencente ao Open Galego BTT 2011 na localidade coruñesa de Ar-teixo. Pero hai xa unhas se-manas, o clube monfortino participou tamén no Open de España BTT en Avilés cos corredores Gonzalo González, Brais Martínez, Javi Busto, Ja-vier Rodríguez e José A, López, e tamén no circuíto MiniBTT, así como en distintos percorri-dos polos arredores da cidade do Cabe.

Exhibición e combate serán as modalidades nas que participará o taekwondo monfortino

O 4 de xuño 26 rapaces do club Neka de taekwondo par-ticiparán por vez primeira na Fase Provincial de Deporte Escolar nas modalidades de exhibición e combate. O en-contro celebrarase en Rábade en horario de mañá e serán 17 os deportistas do destaca-do ximnasio monfortino os que participen na exhibición, outros 9 farano a través do combate.A representación máis fresca desta arte marcial na comarca conta con idades compren-didas entre os 5 e os 15 anos e supón aproximadamente a metade do alumnado das 130 licencias vinculadas ac-tualmente ao club Neka. Tal e como explica o responsable do ximnasio e monitor destes deportistas, Jose María Vega, “o taekwondo é esencialmen-te unha arte marcial de defen-sa persoal que esixe e fomenta a disciplina e o auto control, á par que dota a quen o prac-tica de seguridade e confianza en si mesmo”. Sen embargo, a aprendizaxe nas primeiras idades oriéntase fundamen-talmente a través do xogo, a mellor forma de ensinar as diversas técnicas aos depor-tistas máis pequenos. Por outra banda, o “saber estar” e

a mellora da elasticidade nos deportistas infantís son a base do traballo dos inicios para un desenvolvemento positi-vo posterior nesta arte. Para-lelamente é moi importante que os pais se involucren na formación deportiva no caso dos rapaces máis novos, sobre todo, segundo salienta Jose María Vega, “ para que os nenos incorporen o deporte á súa vida cotiá nas primei-ras idades, para que non o vexan como algo extra, e isto só se consegue dende moi pe-quenos”. A pesar disto, e en contra da lenda urbana, para empezar e acadar éxito no tae-kwondo non é imprescindible facelo dende neno, tal e como terían demostrado numerosos deportistas monfortinos que acadaron reseñables éxitos nesta disciplina. Vega des-taca a alta participación dos taekwondistas do ximnasio Neka en numerosos campio-natos co fin de crecer en ex-periencias; trátase da primeira vez que se acude a este tipo de exhibición, non así no caso do combate, no que o responsable do club destaca a esperanza coa que participan na cita de Deporte Escolar e a experiencia coa que contan nesta modalidade.

Page 22: EnComún Nº 127

22 � EC // Nº 127 Mayo 2011

EC XoveDespedida

Cea de fin de curso do alumnado A Pinguela 2ºBacharelato (Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais)

Internacional

Regreso do alumnado dos IES Río Cabe e A Pinguela dende a Bretaña francesa

Chegaron ós institutos A Pinguela e Río Cabe os alumnos que veñen de participar no intercambio co Lycée Saint Sebastien de Landerneau, na Bretañafrancesa. Ademais visitaron, coma todos os anos, o mos-teiro de Saint Michael e acidade de París.(Foto cedida por IES A Pinguela).

Unha instantánea para a Historia. Sempre que unha promoción académica se despide, pa-samos unha páxina sentimental e cronolóxica no devir de toda unha comunidade, educativa e social; un capítulo máis no libro de aconteceres de todo un pobo. Noraboa polo camiño andado, e parabéns para todo o que queda por andar!!! (Foto cedida por IES A Pinguela).

Creatividade

Alumnos/as de A Pinguela desenvolven o seu lado artístico

Aproveitando os froitos da Natureza, os/as alumnos/as de ESO do IES A Pinguela poideron desenvolver a súa creati-vidade na pintura de cabazos a través do recente obradoiro celebrado neste centro educativo de Monforte. O obra-doiro, dirixido pola artesá monfortina MªDolores López Vázquez, está incluido no programa PROA desenvolto neste instituto. (Foto cedida por IES A Pinguela).

Comunidade

Pais e nais do alumnado de A Pinguela reciben información sobre os riscos de internet, alcohol e drogas na mocidade

O policía nacional Enrique Escribano impartiu unha charla informativa aos pais e nais do alumnado do IES A Pinguela sobre “Alcohol, drogas e riscos de internet”.(Foto cedida por IES A Pinguela).

Page 23: EnComún Nº 127

Exposición RGF “Jacob’s Ladder: Intruders”A proposta do artista monfortino Roberto González Fernández poderá verse na galería Leandro Navarro (sala 2) de Madrid (1 xuño-24 xullo).

EC // Nº 127 Mayo 2011

1

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADO DOMINGO

Programación A7 TV ......................................................................................... Primavera 2011

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

AFRICAN SKIES19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

ESTA NOCHE TONIGHT22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

AFRICAN SKIES19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

DE MARTES A MARTES22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

DE MARTES A MARTES(REP.) 19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

A NOSA RIBEIRA22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

AFRICAN SKIES19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

DE XOVES A XOVES22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

STREETS FOOTBALL11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

DE XOVES A XOVES(REP.) 19.00 - 21.30

INFORMATIVO21.30 - 22.30

PUNTO CRÍTICO22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

CINE11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

O CÍRCULO19.00 - 21.30

DOCUMENTAL21.30 - 22.30

CINE22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

A FAMILIA ROBINSON10.00 - 11.00

CINE11.00 - 12.30

GUERRA DE MULLERES12.30 - 14.00

VEN DE VIAXE14.00 - 16.00

VÍDEO MUSICAL16.00 - 17.00

STAR TREK17.00 - 18.15

HERMANOS DE LECHE18.15 - 19.00

O CÍRCULO19.00 - 21.30

DOCUMENTAL21.30 - 22.30

CINE22.30 - 00.30

VÍDEO MUSICAL00:30

Agenda/Avisos

Exposición de Pintura de Maximiliano LópezMonforte de LemosGalería Sargadelos (Praza de España 2)

Do 24 de maio ao 24 de xuño, en horario comercial de luns a sábados.

A Copa do Mundo de Fútbol, en MonforteMonforte de Lemos, 14 xuñoNo Salón de Plenos do ConcelloO Alcalde, Severino Rodríguez, acompañado por Juan Rodrí-guez, vogal da xunta directiva da Federación Galega de fútbol, anunciou que a copa do mundo de fútbol estará en Monforte o vindeiro día 14 de xuño. Juan Rodríguez explicou que dende a Federación Galega traballan en colaboración coa Federación Española para lograr que a copa visite o maior número de cida-des posible, aínda que resulta difícil atopar datas libres debido á gran demanda existente. A copa estará exposta no salón de plenos da casa do concello o martes día 14 de xuño entre as 10:00 e as 21:00 horas, e as persoas que a visiten poderán to-cala e facerse fotos ao seu carón pero non poderán collela nin alzala.

Page 24: EnComún Nº 127