encerado dixital interactivo - parte ii

11
Encerado Dixital Interactivo PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 5 EDI - Segunda Parte Obxectos. Ficheiros. Personalización de ferramentas. Rotuladores e borrador.

Upload: carloscampostic

Post on 13-Jun-2015

615 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Segunda parte do módulo sobr o Encerado Dixital Interactivo.Trátanse: Obxectos, Ficheiros, Pernalización de Ferramentas, Rotuladores e Borradores.

TRANSCRIPT

Page 1: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

Encerado Dixital Interactivo

PFAC ABALAR – IES O COUTO. MÓDULO 5

EDI - Segunda Parte

• Obxectos.

• Ficheiros.

• Personalización de ferramentas.

• Rotuladores e borrador.

Page 2: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 2

Obxectos. Calquera elemento que

poñamos na pantalla (trazos, liñas, formas, textos...) queda convertido nun obxecto.

Os obxectos se poden manipular: Mover. Xirar. Redimensionar. Duplicar...

Antes de manipular un obxecto debemos seleccionalo facendo clic sobre el coa ferramenta selección:

Cinco obxectos diferentes.

Page 3: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 3

Manipulación de obxectos. Mover: Pinchamos e arrastramos. Mover a outra páxina: arrastramos ata a

súa miniatura na pestana páxinas. Ó seleccionar un obxecto aparece un

marco azul cos seguintes elementos:1. Pinchar e arrastrar para xirar o

obxecto.2. Pinchar e arrastrar para

redimensionar.3. Facer clic para abrir o menú

contextual.

1

2

3

1

23

2

1

Page 4: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 4

Obxectos: menú contextual. Algunhas opcións cambian

segundo o tipo de obxecto. As opcións común son:

Clonar: duplica o obxecto. Cortar/Copiar e Pegar: permiten

mover/copiar obxectos a calquera sitio da mesma páxina ou doutra.

Eliminar: elimina o obxecto. Bloqueo: bloquea todas ou algunha

das propiedades do obxecto. Ó seleccionar o obxecto amosase un cadeado. Facemos clic nel para desbloquealo:

As frechas na parte dereita indican opcións adicionais.

Page 5: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 5

Voltear: inverte o obxecto horizontal ou verticalmente.

Ordenar: cambia a posición do obxecto no apilamento.

Clonador infinito: cada vez que pinchamos no obxecto orixinal e o arrastramos créase unha copia. Aparece un símbolo ∞, no que debemos pinchar para rematar.

Ligazón: converte o obxecto nunha ligazón. Ó facer clic nel lévanos a unha páxina web, a outra páxina do proxecto ou a un ficheiro.

Son: Ó facer clic no obxecto reprodúcese un arquivo de audio.

Propiedades: abre a pestana lateral das Propiedades do obxecto para modificalas.

Page 6: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 6

Xestión de ficheiros (proxectos).

Novo: crea un novo ficheiro. Abrir: abre un ficheiro existente. Gardar: sobreescribe a versión

anterior do ficheiro. Gardar como: garda unha nova

versión cun novo nome. Importar: importa presentacións

de Power Point. Exportar: crea ficheiros PDF,

páxina web, imaxes ou presen-tacións Power Point.

Intervalo de gardado: garda a páxina automaticamente a inter-valos regulares a escoller.

Imprimir.

Mediante o menú Ficheiro, coas opcións habituais:

Page 7: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 7

Personalización das ferramentas Podemos modificar as ferramentas que

aparecen na barra de ferramentas ou nas ferramentas flotantes: Barra de ferramentas:

Clic dereito sobre ela. Clic nunha ferramenta. Arrastrámola á barra. Para eliminar unha ferramenta da barra arrastrámola á

xanela de personalización.

Ferramentas flotantes: Clic en personalizar Seguimos o mesmo procedemento.

O clic dereito pódese obter facendo un clic longo sobre o EDI, ou utilizando a icona:

Page 8: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 8

Rotuladores Insiren obxectos creados a man alzada (tinta

dixital).

Rotulador Ó pulsalo aparece un cadro

ofrecendo varias cores e estilos de liña.

Podemos modificar o estilo abrindo a pestana Propiedades antes de debuxar, ou...

...seleccionar o obxecto xa debuxado e modificar as súas propiedades.

Podemos gardar de forma permanente os cambios nun estilo.

Page 9: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 9

Rotulador creativo. Igual ó rotulador pero con trazos artísticos. Só se pode modificar o grosor do trazo.

Rotulador máxico. Ten tres funcións:

Un trazo normal crea un debuxo que se desvanece despois duns segundos.

Un trazo circular crea un reflector. Un trazo cadrado ou rectangular crea

una lupa. Modificar reflectores e lupas:

Mover: pinchamos no bordo e arrastramos

Cambiar tamaño: pinchamos no interior e arrastramos.

Pechar: clic na aspa.

Page 10: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 10

Borrador Ó seleccionalo podemos escoller distintos

tamaños. Borra os trazos de tinta dixital. Non borra outros obxectos como liñas,

formas, texto...

Borrado da tinta dixital Elimina todos os trazos de tinta dixital dunha

páxina: Pestana Páxinas > Clic dereito sobre a miniatura da

páxina e “Borrar a tinta da páxina”, ou... ...menú Editar > “Borrar a tinta da páxina” O resto de obxectos (liñas, formas, texto...) non se

borran.

Page 11: Encerado Dixital Interactivo - Parte II

PFAC IES O Couto 11

Fin.

GRAZAS POLA SÚA ATENCIÓN

Publicado baixo licenza por:

Blogue Abalar

Publicado baixo licenza por: