![Page 1: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/1.jpg)
TEMA 6: VOCABULARIO
![Page 2: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/2.jpg)
Agrarismo Movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX, loitando contra o sistema foral e o caciquismo, e reivindicando a plena propiedade das terras traballadas
![Page 3: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/3.jpg)
Anarquismo Ideoloxía obreira partidaria da desaparición da propiedade, do estado e da sociedade burguesa. O seu líder máis importante será Bakunin. Crearán sindicatos "apolíticos" e serán partidarios da acción directa. A meta é conseguir unha sociedade organizada en pequenas comunas e que teñan como principio básico a liberdade individual. En España organizacións máis poderosas son a C.N.T. (Confederación Nacional de Traballadores, fundada en 1910 ) e a F.A.I. ( Federación Anarquista Ibérica).
![Page 4: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/4.jpg)
CNT Siglas da Confederación Nacional do Traballo, sindicato anarquista creado en 1910. Chegou a ser o sindicato con maior número de afiliados ata a Guerra Civil, participando en todos os grandes movementos folguísticos.
![Page 5: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/5.jpg)
Desamortización Lei pola que se destrúe a vinculación dos bens inmobles, xa sexa civís (morgados), eclesiásticos ou públicos (do Estado ou Concellos). Significa quitar as propiedades ás "mans mortas" e convertelas en propiedades privadas. En España as máis importantes son: a Lei Mendizábal (1836) e a Lei Madoz (1854).
![Page 6: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/6.jpg)
Librecambismo Sistema económico liberal capitalista caracterizado pola non intervención do Estado en economía e por ser partidario da libre competencia internacional. Será defendido polos liberais progresistas. A lei librecambista máis importante foi elaborada polo Ministro de Finanzas Figuerola no primeiro goberno provisional tras a Revolución de 1868.
![Page 7: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/7.jpg)
Ludismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización que empeoraba as súas condicións de traballo. Os primeiros actos luditas tiveron lugar no Reino Unido no século XVIII.
![Page 8: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/8.jpg)
Proteccionismo Política económica do Estado tendente a protexer os produtos nacionais fronte á competencia exterior. Para iso colocábanse aranceis nas alfándegas aos produtos estranxeiros e mesmo se chegaba a impoñer cotas. Esta política será defendida polos liberais moderados durante o reinado de Isabel II e durante a Restauración. É o sistema oposto ao librecambismo dos progresistas.
![Page 9: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/9.jpg)
Socialismo Ideoloxía xurdida no século XIX a partir, sobre todo, dos escritos de Marx e Engels. Preconiza a organización da clase proletaria para conseguir melloras laborais e económicas. A súa meta última é a desaparición da propiedade privada e das diferenzas de clase coa colectivización dos medios de produción. A forza socialista máis importante de España será o PSOE, fundado en 1878.
![Page 10: TEMA 6: VOCABULARIOLudismo A destrucción de maquinaria e de fábricas nas primeiras fases da industrialización. Os traballadores reaccionaban á competencia inicial da mecanización](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022051810/601a75ac21889711727e6dfc/html5/thumbnails/10.jpg)
Unión Xeral de Traballadores (UXT)
Sindicato socialista fundado por Pablo Iglesias Posse en 1888. Terá a súa maior expansión e protagonismo político na primeira metade do século XX.