Download - Tema 6. galicia na idade media
www.vicensvives.eswww.vicensvives.es
Cabo FISTERRA 2Ciencias sociais, xeografía e historia
Segundo Curso
Cabo FISTERRA 2
Índice
Climas y paisajes de España, Europa y la CA
Os grandes reinos peninsulares05
Galicia na Idade Media06
07
A monarquía autoritaria: os Reis Católicos08
O Islam e Al-Andalus01
A Europa feudal02
A cidade medieval03
Formación e expansión dos reinos peninsulares04
Os grandes descubrimentos xeográficos09
O Imperio dos Austria10
O século do Barroco11
Galicia na Idade Moderna12
Os habitantes do planeta13
A poboación de España e de Galicia14
A cidade e o urbano15Renacemento e Reforma
As sociedades humanas16
Cabo FISTERRA 2
Galicia na Idade Media
1. Da invasión musulmá á Coroa de Castela
2. Señores e campesiños
3. O Camiño de Santiago. O Románico en Galicia
4. Séculos XII-XIII: actividades económicas
5. Galicia: conflitos sociais na Baixa Idade Media
06
6. A arte gótica en Galicia
Cabo FISTERRA 2
Introdución
• Desde finais do século VIII Galicia integrouse progresivamente no reino de Asturias e seguiu a súa mesma evolución política, aínda que sufriu as razias dos musulmáns ata o século X.
• A partir daquela, Galicia viviu unha grande expansión da agricultura, da artesanía e do comercio.
• Tamén se produciu un importante desenvolvemento das cidades.
• Pero no século XIV Galicia entrou nun período de crise económica e política que conduciu a unha serie de conflitos sociais durante o século XV, as guerras irmandiñas.
06
Cabo FISTERRA 2
1. Da invasión musulmá á Coroa de Castela
1.1. A chegada dos musulmáns a Galicia
1.2. A integración no reino ástur-leonés
1.3. Galicia nos séculos X e XI
1.4. Galicia, da independencia á unión con Castela
06
Cabo FISTERRA 2
1.1. A chegada dos musulmáns a Galicia
• Os exércitos musulmáns non chegaron a ocupar a totalidade da Península Ibérica.
• A zona norte, por ser unha terra inhóspita para eles e de escaso rendemento agrícola, foi abandonada rapidamente.
• En territorio galego, as tropas musulmás chegaron entre o ano 713 e o 714 ata Lugo.
• Deste xeito, a mediados do século VIII, o territorio galego quedou á marxe dos enfrontamentos entre cristiáns e musulmáns.
06
Cabo FISTERRA 2
1.2. A integración no reino ástur-leonés
• Durante o reinado de Afonso I (739-757) Galicia quedou incorporada á coroa asturiana.
• Iniciouse un período de enfrontamentos entre a nobreza galega e os reis ástur-leoneses, con diversas rebelións.
• Ademais, vivíronse tempos de inseguridade provocada por varias invasións nos séculos IX e X.
• Tamén, no ano 997, o caudillo musulmán Al-Mansur ocupou e arrasou a cidade de Santiago.
06
Cabo FISTERRA 2
1.3. Galicia nos séculos X e XI
• Ao final do século IX, ao morrer o rei ástur-leonés , repartiuse o reino entre os seus fillos, entregándolle Galicia ao seu fillo Ordoño I.
• Era a primeira vez que Galicia se constituía como reino independente (910).
• Ao longo dos séculos X e XI, Galicia manteríase en ocasións como reino independente ou unida ao reino de León.
06
Cabo FISTERRA 2
1.4. Galicia, da independencia á unión con Castela
• O rei de León e Castela (1071-1109) dividiu Galicia en dous condados, o propio de Galicia e o de Portugal.
• No ano 1109, un grupo de nobreza galega encabezado polo conde de Traba proclamou rei de Galicia a Afonso Raimúndez.
• No século XI púxose fin ao reino de Galicia, que a partir daquela pasou a depender definitivamente da Coroa de Castela.
• Nesa época impúsoxe o poder real o nobiliario. Galicia cada vez ten menos peso político e sufre unha castelanización.
06
Cabo FISTERRA 2
2. Señores e campesiños
2.1. A feudalización de Galicia
2.2. Nobres, bispos e abades
2.3. Os campesiños
2.4. Vila, vilar e casal
06
Cabo FISTERRA 2
2.1. A feudalización de Galicia
• Os monarcas ástur-leoneses temían o poder da nobreza galega, pero precisábana para gobernar e controlar o territorio.
• Para garantir o seu apoio e evitar levantamentos contra a autoridade real, pagaron a súa fidelidade coa concesión de importantes extensións de terras e señoríos (feudos).
• Familias nobres reciben títulos de nobreza (conde).
06
Cabo FISTERRA 2
2.2. Nobres, bispos e abades
• En Galicia, a meirande parte da terra pertencía á nobreza, aos bispados e aos mosteiros.
• Un dos trazos máis característicos da sociedade galega foi a preponderancia dos bispos e abades, incluso máis poderosos que os nobres. IGREXA MOI PODEROSA
• As continuas doazóns e privilexios reais converteron o arcebispado de Santiago nun dos señoríos máis ricos e influentes dos reinos cristiáns, a Terra de Santiago.
• O mesmo lles sucedeu aos abades dos grandes mosteiros, como Sobrado, Samos ou Celanova.
06
Cabo FISTERRA 2
2.3. Os campesiños
• En Galicia tamén existían campesiños donos de pequenas propiedades.
• Pero teñen medo, ¿Qué poden facer?
• Así e todo, a inseguridade e o medo por mor das frecuentes incursións de musulmáns e normandos, provocaron que a meirande parte dos campesiños lles entregasen as súas terras aos grandes señores a cambio de protección, completándose así o proceso de feudalización.
06
Cabo FISTERRA 2
2.4. Vila, vilar e casal
• Os campesiños vivían agrupados en vilas, ¿Qué son?
• pequenos núcleos rurais moi semellantes ás aldeas, baixo a protección e a dependencia dun señor. ¿Cómo eran?.
• Ao redor da vila atopábanse as hortas e outras terras de laboura. Máis afastadas, había grandes extensións de prados e montes.
• Medra a poboación, caván novas terras de cultivo e nacen os vilares, pequenas vilas, e os casais, explotacións unifamiliares illadas.
• A agricultura era a principal actividade económica das vilas.
06
Cabo FISTERRA 2
3. O camiño de Santiago. O Románico en Galicia
3.1. O Camiño de Santiago
3.2. A arte románica en Galicia
• A catedral de Santiago (ilustración)
06
Cabo FISTERRA 2
3.1. O Camiño de Santiago
• Afonso II, rei de Asturias, mandou construír unha igrexa no lugar onde, segundo a lenda, se atopa a tumba do Apóstolo Santiago.
• A partir do século XI, esta igrexa converteuse nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade e deu orixe ao Camiño de Santiago.
• Polo camiño circulaban centos de peregrinos e así se crearon hospedarías, hospitais e unha gran cantidade de igrexas.
• Tamén se crearon núcleos fixos de artesáns e mercadores, e apareceron as cidades (Xaca, Estella, Pamplona, Logroño, Burgos, León, Santiago).
• O forte fluxo de viaxeiros propiciou o intercambio de ideas.
06
Cabo FISTERRA 2
3.2. A arte románica en Galicia
• Existen gran cantidade de monumentos románicos conservados en Galicia, debido ao Camiño de Santiago.
• Este estilo desenvolveuse nos mosteiros. A Ribeira Sacra e a Ribeira do Miño concentran un maior número deles.
• Tamén se iniciou a construción de importantes catedrais (Santiago de Compostela, Mondoñedo, Lugo ou Ourense).
• En escultura salientan os modelos escultóricos da catedral de Santiago ou o Pórtico da Gloria da catedral de Ourense.
• Consérvanse tamén notables exemplos de ilustración de códices.
06
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
A catedral de Santiago06
Cabo FISTERRA 2
4. Séculos XII-XIII: actividades económicas
4.1. A agricultura. O foro
4.2. Pesca marítima e salgaduras
4.3. A artesanía. O comercio
4.4. As cidades
• Desenvolvemento urbano en Galicia (mapa)
06
Cabo FISTERRA 2
4.1. A agricultura. O foro
• O desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación provocaron a ampliación das terras de cultivo, o crecemento das antigas vilas e a aparición doutras novas chamadas vilanovas.
• O progreso da agricultura afectou a todos os cultivos e en especial á vide. Toda Galicia se poboou de viñedos.
• A nobreza e, sobre todo, os bispados e os mosteiros seguiron a ser os donos da meirande parte da terra.
• Pero o crecemento da produción agraria favoreceu o nacemento do foro, un contrato agrario.
• Mediante o foro, os grandes propietarios, nobres, bispos ou abades, cedíanlle terras a unha familia labrega a cambio dunha renda fixa ou proporcional. Normalmente unha colleita e a prestación de servizos.
06
Cabo FISTERRA 2
4.2. Pesca marítima e salgaduras
• Estes séculos foron os do despegue da pesca marítima, favorecida pola retirada de normandos e musulmáns das costas galegas.
• As especies máis capturadas eran a pescada, o congro e a sardiña.
• Na súa captura utilizábanse artes de pesca (trasmallo, xeito, sacada, cerco…).Ainda se empregan hoxe.
• A pesca marítima, e en especial a sardiña, deu lugar a unha importante industria de salgaduras e á explotación de salinas no Salnés.
06
Cabo FISTERRA 2
4.3. A artesanía. O comercio
• Nesta época xorden os artesáns especialistas que asentan nas cidades.
• Nas cidades galegas abundaban os toneleiros, peleteiros, gornicioneiros, bolseiros e zapateiros.
• Nas vilas mariñeiras as actividades máis importantes xiraban ao redor das salgaduras de peixe.
• O aumento da produción agrícola e artesanal e o tráfico de peregrinos, reactivaron o comercio e a celebración de feiras e mercados nas principais cidades.
06
Cabo FISTERRA 2
4.4. As cidades
• O apoxeo das peregrinacións e o desenvolvemento da artesanía e do comercio deron lugar ao nacemento de numerosas cidades galegas.
• Moitas delas naceron ao longo do Camiño de Santiago.
• Outras cidades como Ourense, Tui ou Mondoñedo debíanlle a súa importancia ao feito de seren sés episcopais.
• A todas elas hai que lles engadir as vilas mariñeiras que medraron ao abeiro das actividades pesqueiras: Pontevedra, Muros, Noia, A Coruña, Ribadeo, Viveiro…
06
Cabo FISTERRA 2
Desenvolvemento urbano en Galicia06
Cabo FISTERRA 2
4.1 ESQUEMA
• 1.-¿Qué provoca o desenvolvemento da agricultura e o aumento da poboación?
• 2.-¿ A que cultivo afecta máis?• 3.-¿ Quen segue a ser dono da
terra?• 4.-¿ Que é o Foro?• 5.-¿ Como se facía?
Cabo FISTERRA 2
4.2. ESQUEMA
• 1.-¿ Que sector despega nestes séculos?
• 2.-¿ Especies capturadas?
• 3.-¿ Como se pesca?
• 4.-¿ Que duas industrias nacen en Galicia?
Cabo FISTERRA 2
4.3. ESQUEMA
• 1.-¿ Que é un artesán especialista?
• 2.-¿ Cales son os oficios artesáns máis populares?
• 3.-¿ Que acontece na vilas mariñeiras?
• 4.-¿ Que provoca esta mellora?
Cabo FISTERRA 2
4.4. ESQUEMA
• 1.- ¿Por que nacen novas cidades?
• 2.- ¿Exemplos de vilas mariñeiras?
• 3.- ¿Onde radica a importancia de Ourense, Tui e Mondoñedo?
Cabo FISTERRA 2
5. Galicia: conflitos sociais na Baixa Idade Media
5.1. Unha época de penuria e dificultades
5.2. As irmandades
5.3. As guerras irmandiñas
06
Cabo FISTERRA 2
5.1. Unha época de penuria e dificultades
• Durante o transcurso dos séculos XIV e XV a xente de Galicia, o mesmo que a do resto da Península e Europa, vivía tempos difíciles. ¿POR QUE?
• Ás continuas adversidades climatolóxicas, ás malas colleitas e á fame seguiulles a peste (Peste Negra de 1348), que decimou a poboación de Galicia.
• Ademais iniciouse a decadencia da peregrinación a Santiago.
• Todo isto xerou moitos conflitos sociais que desembocaron, durante o século XV, nas chamadas guerras irmandiñas, as máis importantes revoltas antiseñoriais de Europa.
06
Cabo FISTERRA 2
5.2. As irmandades
• O termo irmandiños procede de irmandades, asociacións de xente das cidades, características do final da Idade Media.
• ¿QUE SON E QUE DEFENDEN?
• Estas asociacións defendían o interese común dos cidadáns fronte os abusos dos señores e aseguraban o exercicio da xustiza.
• Nas cidades galegas a súa actuación dirixiuse, principalmente, contra os bispos, cuxos privilexios dificultaban o desenvolvemento do comercio e da artesanía.
06
Cabo FISTERRA 2
5.3. As guerras irmandiñas
• No ano 1431 tivo lugar a Primeira Guerra Irmandiña.
• Este conflito afectou, principalmente, aos dominios dos Andrade, propietarios dunha comarca enteira que trataban os seus vasalos con extrema dureza.
• Entre os anos 1467 e 1469 desenvolveuse a Segunda ou Gran Guerra Irmandiña.
• Esta revolta tivo un carácter de guerra civil xa que se estendeu por toda Galicia e nela participaron case todos os grupos sociais.
• As tropas irmandiñas foron derrotadas nas proximidades de Santiago.
06
Cabo FISTERRA 2
6. A arte gótica en Galicia
6.1. Arquitectura
6.2. Escultura
06
Cabo FISTERRA 2
6.1. Arquitectura
• A arte gótica implantouse maiormente nas cidades da man das ordes mendicantes, franciscanos e dominicos, que chegaron a Galicia no século XIII.
• A simbiose entre románico e gótico tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do císter, como Armenteira, Acibeiro e Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo) e Oseira e Melón (Ourense).
• As construcións góticas en Galicia caracterízanse por renunciar ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas.
• Utilizaron os elementos góticos máis esenciais (bóvedas de cruzaría e arco apuntado).
06
Cabo FISTERRA 2
6.2. Escultura
• A decoración dos tímpanos en igrexas e catedrais diminuíu durante este período aínda que existen importantes exemplos como a monumental portada da catedral de Tui.
• A escultura funeraria popularízase a partir de 1280, e esténdese de modo progresivo entre a nobreza e o clero medio.
• Así, durante as primeiras décadas do século XIV multiplicáronse os monumentos funerarios en igrexas, catedrais e conventos.
• Outras manifestacións significativas de escultura gótica galega son os baldaquinos, os retablos e as imaxes en madeira policromada.
06
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2
Cabo FISTERRA 2