REUNIÓN DA COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA,
ENERXÍA, COMERCIO E TURISMO
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 11 de decembro de 2013, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento.
A orde do día é a seguinte :
Punto 1. Elaboración do ditame á vista do Informe da Ponencia do Proxecto de lei do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
1.1 11244 (09/PL-000012)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei do emprendemento e da competitividade económica de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 151, do 03.09.2013Publicación e asignación á Comisión, BOPG n.º 151, do 03.09.2013Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 162, do 18.09.2013Publicación ampliación da prórroga do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 168, do 27.09.2013Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 169, do 01.10.2013Publicación ampliación da prórroga do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 170, do 02.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 188, do 31.10.2013Publicación rexeitamento emendas totalidade, BOPG n.º 189, do 04.11.2013Publicación da designación de Ponencia, BOPG n.º 194, do 12.11.2013Publicación do informe de Ponencia, BOPG n.º 203, do 27.11.2013
Punto 2. Proposicións non de lei en Comisión
2.1 8097 (09/PNC-000681)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSestayo Doce, Beatriz e 2 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno en relación cos contratos asinados pola empresa mexicana Pemex co sector naval de GaliciaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 28.05.2013
2.2 15417 (09/PNC-001232)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda e 2 máis
(Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa perda do posible contrato de catro gaseiros para os estaleiros públicos de Navantia en Galicia e a garantía da carga de traballo nelesPublicación da iniciativa, BOPG n.º 204, do 28.11.2013
2.3 15615 (09/PNC-001252)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 4 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para procurar a viabilidade das empresas Cerámica de Sargadelos, no concello de Cervo, e Cerámica do Castro, no concello de SadaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 204, do 28.11.2013
Punto 3. Preguntas orais en Comisión
3.1 5529 (09/POC-002205)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaMéndez Romeu, José Luis e Gallego Lomba, José ManuelSobre os datos referidos ás subvencións concedidas polo Igape á Fundación Porto de Vigo nos exercicios de 2010 e 2011, a realización dalgún seguimento ao respecto e a valoración dos resultados acadadosPublicación da recualificación, BOPG n.º 204, do 28.11.2013
3.2 12396 (09/POC-001803)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as axudas concedidas polo Goberno galego ao grupo empresarial PescanovaPublicación da iniciativa, BOPG n.º 166, do 25.09.2013
3.3 14177 (09/POC-002028)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaMartínez García, María ConsueloSobre a situación na que se atopa o proxecto do grupo IFFE para a fábrica de armas da Coruña, o traslado ao Ministerio de Defensa da posición favorable da Xunta de Galicia ao respecto e a valoración doutros proxectosPublicación da iniciativa, BOPG n.º 187, do 29.10.2013
3.4 14860 (09/POC-002104)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 2 máisSobre a valoración e as xestións previstas pola Xunta de Galicia respecto do conflito existente entre o Concello de Pontedeume e os praceiros do mercado municipal a causa do seu traslado a unhas instalacións provisionais, o cumprimento por estas da normativa vixente para os postos e o destino no ano 2014 dalgunha partida orzamentaria para arranxar o
(Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
edificioPublicación da iniciativa, BOPG n.º 195, do 13.11.2013
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013
Cristina Isabel Romero FernándezPresidenta da Comisión
(Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 6.ª, INDUSTRIA, ENERXÍA, COMERCIO
E TURISMOPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidentaCristina Isabel Romero Fernández P
VicepresidentePedro Manuel Arias Veira P
SecretariaMaría Consuelo Martínez García AGE
María do Carme Adán Villamarín BNGHipólito Fariñas Sobrino PJosé Manuel Gallego Lomba SAbel Fermín Losada Álvarez SBerta Pérez Hernández PJosé Francisco Santos Regueiro PBeatriz Sestayo Doce SMiguel Angel Tellado Filgueira PGonzalo Trenor López P
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
1. Elaboración do ditame á vista do Informe da Ponencia do
Proxecto de lei do emprendemento e da competitividade
económica de Galicia.
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2. Proposicións non de lei en Comisión
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 8097(09/PNC-000681)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno en relación
cos contratos asinados pola empresa mexicana Pemex co sector
naval de Galicia
Publicación da iniciativa, 109, 28.05.2013
Partido dos Socialistas de Galicia
1
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Socialista, por iniciativa da súa deputada e
dos seus deputados, Beatriz Sestayo Doce, José Luis Méndez Romeu e
José Manuel Gallego Lomba, a través do portavoz e ao abeiro do disposto
no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a se-
guinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
A comarca de Ferrolterra está inmersa nunha profunda crise econó-
mico-social. As taxas de paro son case iguais que as de ocupación, os datos
da emigración moza é alarmante e o desmantelamento da cidade e da co-
marca é un feito que se produce ante un incomprensible desleixo dos go-
bernos do PP que parecen dispostos a sacrificar a poboación que vive nesta
terra.
A crise do naval segue a crecer mentres todas e cada unha das pro-
mesas fóronse esvaecendo: o centro de reparacións, o dique flotante, os re-
molcadores, os quimiqueiros, e ata o flotel. As mentiras deixaron paso a un
silencio vergoñento.
Esta deputada ten solicitado ao abeiro do Regulamento da Cámara,
de cumprimento imperativo, os xa «famosos contratos de Pémex». A peti-
ción está formulada de todas as formas posibles, sexan contratos como
afirmaba Feijoo, sexan documentos, sexan «memorandum de intencións».
O certo é que o Goberno autonómico incumpre o deber de ser controlado
politicamente pola Cámara poñendo en perigo o mesmo sistema democráti-
co, constitucional e estatutario. A presidenta do Parlamento está a ser cóm-
plice ao permitir que o Goberno desprece à Cámara de representación po-
pular.
Representantes do PP alleos ao Parlamento teñen feito manifesta-
cións públicas de ter visto os contratos de Pemex que non obstante, a Xunta
nega aos que estatutaria e legalmente temos a lexitimidade para exercer o
control do executivo.
En virtude do exposto, o Grupo Parlamentario Socialista presenta a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
Partido dos Socialistas de Galicia
2
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a exhibir de forma
inmediata á oposición os supostos contratos de Pemex dos que Feijoo afir-
mou ser testemuña na sinatura televisada pola TVG.
Pazo do Parlamento, 20 de maio de 2013
Asinado dixitalmente por: Beatriz Sestayo Doce na data 21/05/2013 10:49:35 José Luís Méndez Romeu na data 21/05/2013 10:49:49
José Manuel Gallego Lomba na data 21/05/2013 10:50:03 Abel Fermín Losada Álvarez na data 21/05/2013 10:50:16
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 15417(09/PNC-001232)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en
relación coa perda do posible contrato de catro gaseiros para
os estaleiros públicos de Navantia en Galicia e a garantía da
carga de traballo neles
Publicación da iniciativa, 204, 28.11.2013
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA), ao través das
deputadas Yolanda Díaz Pérez e María Consuelo Martínez García e o deputado Juan
Manuel Fajardo Recuso, ao abeiro do recollido no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte PROPOSICIÓN NON DE LEI para o seu debate na
comisión, relativa á perda do posible contrato dos gaseiros para os estaleiros públicos
do noso país.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A importancia que posúe para Galicia a consolidación da industria naval pública resulta
contraditoria co desleixo que as administracións públicas nas poutas do PP, de
Moncloa a Monte Pío pasando pola dirección da empresa pública, amosan para
garantir a continuidade do estaleiro público. Asistimos a enésima perda dunha
oportunidade para conquerir carga de traballo nun sector asfixiado polas políticas
neoliberais en curso.
A confirmación do encargo a estaleiros asiáticos de 4 gaseiros para un consorcio onde
participan de xeito nomeado Repsol e Gas Natural deixa en evidencia o mal facer dos
gobernos do PP que non fixeron pesar o valor social e económico que tería para
Ferrolterra esta adxudicación; doutra banda confírmase a condición corsaria de
grandes empresas radicadas no Estado que confirman algo sabido, que o capital non
ten patria e sí intereses económicos privados e contrarios ao interese xeral.
A escandalosa actitude de Navantia non presentando, segundo se desprende das
novas de prensa, unha oferta en firme obriga a depurar responsabilidades políticas.
Algúns están a xogar de xeito indigno co pan de milleiros de familias.
Penosa semella a posición na que resta o goberno central que non é quen de facer
valer a súa importancia para empresas como Gas Natural e Repsol de maneira que
fagan o encargo nos estaleiros públicos do noso país e do Estado.
A necesidade de acadar novos investimentos produtivos e a dotación suficiente para
investir en I+D+i semella a outra pata clave dunha estratexia industrial que permita
conquerir carga de traballo. Hai un decenio que Navantia non fabrica gaseiros
mediante esa sucesión de desleixo interesado, vetos e limitacións que afogan un
sector produtivo viable, capaz e estratéxico para o noso país. Os investimentos en
maquinaria produtiva son os que garanten a futuro do sector e os gobernos do PP
néganse a dotar as partidas orzamentarias precisas para garantir eses investimentos
produtivos, como é o caso do dique flotante entre outro
Quizabes estas actuacións negativas dos encargados públicos de velar polo estaleiro
obedezan a cargar a munición do plan de axuste que quere presentar a empresa en
decembro.
En atención ao referido, Alternativa Galega da Esquerda (EU-ANOVA) formula a
seguinte proposición non de lei para o seu debate na comisión:
- O Parlamento Galego insta á Xunta a reprobar á dirección de Navantia, a
dirección da SEPI e aos ministros de industria e facenda.
- O Parlamento Galego insta ao goberno a deixar de lado a progaganda e
acordar iniciativas concretas que garantan carga de traballo.
- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta a que requira do ministerio de
industria as actuacións oportunas para que Navantia Fene, a vella Astano,
dispoña antes do levantamento do veto da plantilla suficiente e dos novos
investimentos produtivos necesarios para volver a construcción civil pública.
- O Parlamento Galego insta ao goberno da Xunta para que se dirixa ao goberno
central de maneira que evite que o anunciado plan estratéxico para Navantia
non sexa outra cousa que un plan de axuste que cargue o peso da ineficacia dos
gobernos no lombo dos traballadores e traballadoras doe staleiro público?
Compostela, 19 de novembro do 2013.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. María Consuelo Martínez García
Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 19/11/2013 15:10:16
Juán Manuel Fajardo Recouso na data 19/11/2013 15:10:24
María Consuelo Martínez García na data 19/11/2013 15:10:29
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 15615(09/PNC-001252)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego
para procurar a viabilidade das empresas Cerámica de
Sargadelos, no concello de Cervo, e Cerámica do Castro, no
concello de Sada
Publicación da iniciativa, 204, 28.11.2013
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa dos deputados José Manuel Balseiro Orol, Vidal Martínez-Sierra López, Pedro M. Arias Veira, Miguel Tellado Filgueira e Hipólito Sobrino Fariñas, ao abeiro do disposto no artigo 98, 160 e concordantes do Regulamento da Cámara presenta, ante esa Mesa, a seguinte proposición non de lei en Comisión polo procedemento de urxencia.
Xustificación da urxencia
A urxencia vén motivada pola importancia laboral, social, económica e cultural que para Galicia ten a continuidade dos centros de Cerámica de Sargadelos (Cervo) e O Castro (Sada) como proxecto viable.
Exposición de motivos
A situación pola que atravesa actualmente o grupo galego Cerámica de Sargadelos levoulle a anunciar a presentación dun ERE de carácter extintivo que contempla, entre outros, o despedimento de 68 empregados dos centros de traballo que esta compañía ten nos concellos de Cervo e Sada. De materializarse esta pretensión afectaría a un número moi significativo do actual cadro de persoal, composto na súa práctica totalidade por mulleres, un colectivo de inserción laboral preferente, cun perfil profesional moi específico, e que levan case toda a súa vida laboral ligadas á empresa na que desenvolven unha actividade de gran especialización e case artesanal. Por outra banda cómpre lembrar que Sargadelos soubo realizar unha mestura perfecta entre a súa actividade industrial e artesanal e a identidade cultural do noso país, creando unha marca prestixiosa, cun deseño vangardista pero que incorpora motivos relacionados coa tradición e coa cultura de Galicia.
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Sargadelos non é un proxecto industrial ao uso, senón unha empresa singular, cuxa cerámica tense convertido en referente internacional de calidade e orixinalidade dos produtos galegos, acadando unha gran notoriedade ata ser distinguida como símbolo de identidade de Galicia. Polo exposto con anterioridade, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión. “O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia, a impulsar as iniciativas e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa empresa e os traballadores, procurar a viabilidade da Cerámica de Sargadelos (Cervo) e Cerámica de O Castro (Sada)”.
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 22/11/2013 10:05:19 José Manuel Balseiro Orol na data 22/11/2013 10:05:35
Vidal Martínez-Sierra López na data 22/11/2013 10:05:43 Pedro Manuel Arias Veira na data 22/11/2013 10:05:53
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 22/11/2013 10:06:03 Hipólito Fariñas Sobrino na data 22/11/2013 10:06:15
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
3. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
3.1 5529(09/POC-002205)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e Gallego Lomba, José Manuel
Sobre os datos referidos ás subvencións concedidas polo Igape
á Fundación Porto de Vigo nos exercicios de 2010 e 2011, a
realización dalgún seguimento ao respecto e a valoración dos
resultados acadados
Publicación da recualificación, 204, 28.11.2013
Partido dos Socialistas de Galicia
1
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Luis Méndez Romeu e José Manuel Gallego Lomba,
deputados pertencentes ao abeiro do disposto no artigo 152 do
Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
A sucesión de datos sobre a xestión do Igape nos últimos anos,
pon en dúbida a existencia dunha xestión eficiente e orientada aos
obxectivos propios do Instituto. As últimas novas coñecidas dan conta
dunha subvención outorgada á Fundación Porto de Vigo no ano 2010
por importe de 61.469 euros, e doutra concedida no ano 2011 por
importe de 140000 euros. Certamente esa Fundación percibía outras
subvencións da Administración autonómica, como unha da S.A. de
Xestión do Plan Xacobeo por importe de 86.728 euros, ou unha
subvención de 50.000 euros da Consellaría de Traballo e Benestar.
A devandita Fundación non ten realizado actividade algunha de
promoción do emprego, nin en favor dos obxectivos propios do Igape.
Os datos coñecidos apuntan a unha xestión opaca, malgastadora de
recursos públicos, que mesmo tería consumido a dotación inicial da
fundación.
Que a presidenta desa Fundación cunha xestión discutible, sexa
nomeada pola Xunta de Galicia para presidir o Consello Económico e
Social é unha mostra máis do desprezo pola Administración eficiente
que caracteriza ao actual Executivo, malia a abondosa retórica da
austeridade.
En todo caso, cómpre coñecer as razóns que levaron ao Igape a
conceder subvencións a unha entidade do sector público que non
desenvolvía funcións coincidentes cos obxectivos deste organismo.
Como vai sendo coñecido, o procedemento de outorgamento de
subvencións no Igape amosa discrecionalidade, ausencia de controis
internos e de seguimento de resultados.
Por iso os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas para a súa resposta oral en Comisión:
Partido dos Socialistas de Galicia
2
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
1.ª) Que subvencións foron concedidas polo Igape á Fundación
Porto de Vigo nos exercicios 2010 e 2011?
2.ª) Cales eran as súas finalidades?
3.ª) Houbo seguimento do cumprimento de obxectivos?
4.ª) Que valoración fai o Igape dos resultados acadados con esas
subvencións?
5.ª) Quen aprobou as subvencións e que informes previos foron
solicitados?
Pazo do Parlamento, 20 de marzo de 2013
Asinado dixitalmente por: José Luís Méndez Romeu na data 22/03/2013 13:58:50 José Manuel Gallego Lomba na data 22/03/2013 13:59:02
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
3.2 12396(09/POC-001803)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco
Xesús
Sobre as axudas concedidas polo Goberno galego ao grupo
empresarial Pescanova
Publicación da iniciativa, 166, 25.09.2013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
María do Carme Adán Villamarín e Francisco Xesús Jorquera
Caselas deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
PESCANOVA corre o risco de ser dividida para recapitalizar a grande
débeda que ten a empresa. Isto pode supoñer a perda dos centros de produción
galegos e a diminución do emprego. Tendo presente que esta empresa foi
receptora dunha grande cantidade de fondos públicos, e ante a negativa do PP de
aceptar a Comisión de Investigación sobre o estado financeiro de PESCANOVA
e o uso realizado polas empresas das axudas públicas recibidas do goberno
galego, formúlanse as seguintes cuestións para a súa resposta oral en Comisión:
1. Do conxunto das axudas públicas percibidas por calquera das entidades
do grupo empresarial PESCANOVA, cantas se concederon polo procedemento
de concorrencia competitiva e cantas mediante concesión directa nos últimos 8
anos?
2. Sufriron nalgún momento da súa tramitación algún reparo pola
Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, de ser este o caso cal foi o motivo
e como se corrixiu?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3. Nalgún caso foi necesario convalidar o expediente de gasto polo
Consello da Xunta? De ser así, cal foi o motivo?
4. Presentou PESCANOVA, en todos os casos, os correspondentes
xustificantes do cumprimento dos requisitos, condicións e finalidade da
subvención?
5. Comprobouse, polo órgano administrativo correspondente, que
PESCANOVA cumprira o obxectivo, executara o proxecto, realizara a actividade
ou adoptara o comportamento que fundamentara a concesión da axuda? De non
ser así, que medidas se tomou? Solicitouse o reintegro da axuda? De ser así,
produciuse o conseguinte ingreso?
6. Nas subvencións de capital destinadas a investimentos en activos
tanxibles, nos supostos que exceden o límite establecido, realizou a
Administración a correspondente comprobación material do investimento?
7. En cantos dos casos anteriores a comprobación material foi substituída
por unha xustificación documental acreditativa?
8. Durante o período antes sinalado, cantas auditorías de cumprimento
foron realizadas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma sobre axudas
públicas cuxo beneficiario fora PESCANOVA ou calquera das entidades que
integran o seu grupo empresarial?
9. Que porcentaxe das axudas recibidas no referido período foi obxecto de
control financeiro polos órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma?
10. Cal foi o resultado desas auditorías?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
11. Por qué non realizou ningunha actuación unha vez a empresa estaba a
ser auditada?
12. Por que a Xunta non fixo nada cando, 10 días antes do concurso de
acredores, Fernández de Sousa suprimiu o consello de administración de Frinova,
para pasar a contar cun administrador único, PESCANOVA?
13.Que hipóteses de futuro sobre PESCANOVA contempla o Goberno
Galego?
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Deputada do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 17/09/2013 12:01:11
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 17/09/2013 12:01:17
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
3.3 14177(09/POC-002028)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre a situación na que se atopa o proxecto do grupo IFFE
para a fábrica de armas da Coruña, o traslado ao Ministerio
de Defensa da posición favorable da Xunta de Galicia ao
respecto e a valoración doutros proxectos
Publicación da iniciativa, 187, 29.10.2013
Á MESA DO PARLAMENTO
Consuelo Martínez García, deputada pertencente ao Grupo Parlamentar da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
O grupo IFFE e a representación sindical dos traballadores da fábrica de armas de A
Coruña chegaron a un acordo para a reincorporación progresiva ata o próximo 31 de
xaneiro dos 64 traballadores despedidos pola multinacional General Dynamics se o
proxecto liderado pola Escola de Negocios resulta elixido como xestor da factoría.
O proxecto liderado polo grupo IFFE foi o único dos xestores industriais interesados na
factoría que ten presentado un plan económico que conta co apoio do concello de A
Coruña.
A Xunta, segundo declaracións do seu Presidente, está analizando nestes intres a
proposta que pasaría por diversificar a produción de mecanizados complexos, ata agora
concentrados en defensa, a sectores como o aeronáutico e fomentar a súa
internacionalización.
O día 4 venceu o prazo para a devolución por parte de General Dynamics dos terreos ao
Ministerio de Defensa, polo que o acordo debería estar xa asinado. O proxecto do grupo
IFFE incluiría a cesión en réxime de arrendamento dos terreos da factoría, así como a
maquinaría propiedade de General Dynamics que aínda se atopan no interior da factoría.
O proxecto do grupo IFFE contaba co apoio financeiro da Xunta que realizaría unha
inversión que non se ten feito pública e que permitiría retomar a actividade
inmediatamente, ademais de garantir a incorporación paulatina dos 64 traballadores
despedidos, antes do 31 de xaneiro de 2014.
Ante a falla de resposta por parte da Xunta de Galicia e do Ministerio de Defensa, os
traballadores teñen iniciado, o día 21 de outubro, un peche indefinido que se ven sumar
aos peches parciais que dende o pasado mes de xuño se viñeron realizando e durante os
que efectuaron labores de mantemento da maquinaria.
Por todo o exposto a deputada que subscribe formula a seguinte pregunta:
- En que situación se atopa actualmente o proxecto de IFFE?
- Trasladou a Xunta de Galicia ao Ministerio de Defensa o seu prace ao proxecto de
IFFE?
- Está tendo en conta a Xunta de Galicia algún outro proxecto?
- A canto ascende a partida comprometida con IFFE?
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2013.
Asdo.: Maria Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 22/10/2013 13:06:14
Reunión da Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
Día: 11.12.2013 Hora: 10:30
Orde do día
3.4 14860(09/POC-002104)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis
Sobre a valoración e as xestións previstas pola Xunta de
Galicia respecto do conflito existente entre o Concello de
Pontedeume e os praceiros do mercado municipal a causa do seu
traslado a unhas instalacións provisionais, o cumprimento por
estas da normativa vixente para os postos e o destino no ano
2014 dalgunha partida orzamentaria para arranxar o edificio
Publicación da iniciativa, 195, 13.11.2013
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Montserrat Prado Cores e Francisco
Xesús Jorquera Caselas, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do
Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da
Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión
relativa á situación do mercado municipal de Pontedeume.
O mercado municipal de Pontedeume ven funcionando ao longo de varias
décadas e constitúe un dos servizos obrigatorios que debe prestar o concello ao
abeiro da lei reguladora do réxime local. É claramente un servizo necesario, que
axuda a dinamizar a economía local e constitúe un modelo que debe ser non só
protexido e amparado, senón potenciado pola súa importancia.
O abandono das obrigas por parte do concello de mantemento e
conservación do edificio que alberga o mercado municipal, conduciron a
deficiencias de seguridade e salubridade, detectadas pola propia Consellaría de
Sanidade xa no ano 2011. Porén o goberno municipal actuou con pouca
dilixencia e mesmo agora está provocando un conflito social sen precedentes.
De feitos as e os praceiros levan días pechados no mercado, ante un
desaloxo que consideran ilegal e ante o cal presentaron recurso. Denuncian que o
mercado provisional ao que lles quere trasladar o concello non cumpre cos
requisitos establecidos, nin as condicións mínimas para poderen continuar
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
traballando. Ademais, reclaman prazos claros de execución das obras e garantías
de que regresaran as instalacións do mercado municipal.
O Grupo Parlamentar do BNG comparte a preocupación que teñen estas
persoas, así como a veciñanza que os está apoiando activamente, e lamentamos a
falta de vontade de diálogo e de respecto polos dereitos democráticos que
practica o máximo responsábel do concello. En todo caso, consideramos
importante coñecer a opinión da Xunta ante esta situación, así como os pasos que
ten previsto dar, tanto para desbloquear esta situación, como para garantir a
continuidade do mercado de Pontedeume e o arranxo das deficiencias que este
presenta.
Polo dito formulamos as seguintes preguntas para súa resposta oral en
comisión:
-Como valora a Xunta de Galiza os feitos descritos nesta pregunta?
-Tiña coñecemento a Xunta de Galiza dos mesmos?
-Ten previsto realizar algunha xestión ante o concello para dar resposta ás
demandas das e dos praceiros?
-Ten a Xunta de Galiza avaliado se as instalacións do mercado provisional
cumpren os requisitos que legalmente estan establecidos para os postos que teñen
que ser trasladados?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Vai a Xunta de Galiza destinar no ano 2014 algunha partida para arranxar
as instalacións do mercado municipal de Pontedeume?
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Montserrat Prado Cores
Deputadas do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 07/11/2013 10:44:17
María Montserrat Prado Cores na data 07/11/2013 10:44:25
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 07/11/2013 10:44:27