Download - Receitas mariñeiras
RECETARIO MARIÑEIRO
DE AGUIÑO.
PROXECTO DE INNOVACIÓN EN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
RECEITAS RECOLLIDAS POLO ALUMNADO E FAMILIAS DE AGUIÑO.
RECOPILACIÓN E DIXITALIZACIÓN: 2008-2009/2009-2010
ALBÓNDIGAS DE BACALLAU CON GAMBAS
INGREDIENTES:
800 gr. de bacallau 24 gambas 2 claras de ovo 2 dentes de allo 1 cebola Pan raiado Fariña Salsa verde Perexil Sal Aceite
ELABORACIÓN:
- Desmigar o bacallau e poñelo 24 horas a desalgar, cambiándolle
a auga un par de veces.
- Mezclalo co pan raiado, as claras de ovo batidas, o allo e perexil
ó gusto.
- Facemos as albóndigas.
- Poñemos a quentar a salsa verde nunha tarteira. Unha vez
quente botamos as albóndigas e deixamos que se vaian facendo a
lume lento.
- Por último engadimos as gambas e aos 10 minutos retiramos a
tarteira do lume.
- Poñemos no prato as albóndigas facendo un círculo e no centro a
salsa coas gambas.
AMEIXAS Á MARIÑEIRA
INGREDIENTES:
Cebola Perexil Viño branco Aceite Pementón Pan raiado
ELABORACIÓN:
- Nunha cazola botamolo aceite, a cebola picada e o perexil.
Sofreimos.
- Engadimos un pouco de viño branco, unha cullerada de pan
raiado e un chisco de pementón. Sofreimos.
- Engadimos as ameixas e deixamos cocer ata que se abran,
remexendo de cando en vez.
AMEIXAS “O MEU XEITO”
INGREDIENTES:
Ameixas brancas ou
rubias Aceite de oliva Cebola Dous dentes de allo Pemento vermello e
verde Tomate natural Perexil Fariña
Viño branco Colorante Pementón picante
ELABORACIÓN:
- Nunha cazola pochamos a cebola, o allo, o pemento verde e o
vermello, o tomate e o perexil cun pouco de aceite de oliva.
- Engadimos as ameixas previamente lavadas e, cando
escomencen a abrir, botámoslles un vaso de viño branco cunha
cullerada de fariña disolta nel, un chisquiño de colorante e o
pementón picante (opcional).
- Deixamos que rematen de abrir e botámolas nunha fonte cun
pouco de perexil picado por enriba.
AMEIXAS CON FIDEOS
INGREDIENTES:
Ameixas Fideos Cebola Pemento Cenouras Tomate Aceite de oliva Colorante Sal
ELABORACIÓN:
-Nunha tarteira cun pouco de aceite poñense ao mesmo tempo 1
cebola cortadiña, 2 cenouras, medio pemento encarnado e un
tomate. Poñémolo ó lume ata que estea todo pochadiño.
-Engadimos un chorro de viño branco.
- Pódese pasar todo pola batedora para que quede unha salsa
espesa.
-Poñemos a salsa na tarteira, engadimos un pouco de auga e ao
mesmo tempo as ameixas e os fideos.
- Cando o fideo esté casi cocido, engadímoslle algo de colorante e
sal.
AMEIXAS EN SALSA VERDE
INGREDIENTES:
Ameixas Aceite de oliva Cebola Perexil Viño branco Pementa branca Fariña
ELABORACIÓN:
- Nunha cazola bótase o aceite e a cebola a pochar.
- Engádense as ameixas, o perexil e un pouco de viño branco.
- Deixanse cocer un pouquiño. Cando as ameixas xá estean
abertas, engadimos un vaso de auga e unha culler de fariña.
Remexemos para facer a salsa máis gorda.
- Collémola cacerola no aire e dámoslle unhas voltas ao redor para
que a salsa se espalle por todo.
ANGUÍA CON XAMÓN
INGREDIENTES:
1 anguía grande 100 gr. de xamón 5 culleriñas de pan raiado 1 vaso e medio de aceite 1 copa de viño ribeiro
ELABORACIÓN:
- Limpar ben a anguía.
- Dámoslle uns cortes a través e neles introdúcese o xamón.
- Colocamos a anguía enrolada nunha tarteira, espolvorexamos
con pan raiado e engadimos o aceite.
- Metémola ó forno e rociamos de cando en vez cun pouquiño de
aceite.
- Cando este case feita engadimos o viño, que lle da moi bo sabor.
- Servímola na mesma fonte.
ARROZ CON PEIXE
INGREDIENTES:
4 toros de peixe 1 litro e medio de caldo
de peixe 8 culleriñas de arroz
longo 2 dentes de allo Medio vaso de tomate
tamizado Loureiro Aceite Sal
ELABORACIÓN:
- Nunha cazola botamos un pouco de aceite e os allos cortados.
- Cando estén dourados botamos o arroz .
- Deixámolo fritir durante uns minutos e engadimos o tomate e o
loureiro.
- Botamos o caldo de peixe e sal e deixámolo cocer durante 10
minutos.
- Despois engadimos o peixe e deixamos cocer ata que este listo.
ARROZ CON BERBERECHOS
INGREDIENTES:
300 gramos de arroz 1 quilo de berberechos 12 gambas 1 cabeza de pescada 2 ceboliñas 2 dentes de allo Auga Aceite de oliva Sal e perexil
ELABORACIÓN:
- Limpar ben os berberechos e poñelos a cocer nunha ola cun
pouco de auga, ata que se abran.
- Pelalas gambas e poñer as cascas e as cabezas a cocer en auga
xunto coa cabeza e as espiñas da pescada, unha rama de perexil e
un chisco de sal. Deixar cocer 20 minutos.
- Picar as ceboliñas, os porros e os dentes de allo. Poñelos a
pochar nunha tarteira cun pouco de aceite.
- Engadir o arroz. Refogalo. Verter ¼ litro do caldo e deixar ao
lume 12 minutos sen deixar de remexer.
- Engadir as gambas e os bererechos sen cunchas. Deixar
cociñar durante 1 minuto e servir.
ARROZ DE CHOPO
INGREDIENTES:
1 chopo 1 cebola Arroz Tomate Pemento Caldo de peixe Fariña Aceite Sal Azafrán
ELABORACIÓN:
- Cortamos o chopo en anaquiños.
- Enfariñámolo e pasámolo pola tixola xunto co pemento e a
cebola cortada en anacos pequenos.
- Nunha tarteira poñemos o caldo de peixe, sal e tomate e
cocémolo durante 30 minutos.
- Despois engadimos unha taciña de arroz por cada persoa e
azafrán ó gusto.
- Deixámolo cocer durante 15 minutos.
BACALLAO Á VIZCAINA
INGREDIENTES:
4 pementos pequenos 4 tomates pequenos 2 cebolas 1 vaso de aceite. 1 vaso de auga 1 cullerada de pimentón
doce ½ quilo de bacallao
desalgado ¾ de quilo de patacas
ELABORACIÓN:
-Nunha tarteira poñer o aceite, a cebola e os pementos ben
picados. Botar as patacas cortadas en lonchas, enriba o bacallao
e despois unha capa de cebola, tomate e pementos, unha
cullerada de pemento doce e un vaso de auga.
-Poñer ó lume media hora máis ou menos.
BACALLAU AO FORNO
INGREDIENTES:
1 quilo de bacallau 1 cebola 1 taza de aceite 1 vaso de viño branco 2 tazas de salsa de
tomate Perexil
ELABORACIÓN:
- Poñer o bacallau a remollo 24 horas.
- Quitarlle a pel e a espiña. Cortalo en trozos.
- Poñer nunha fonte de barro unha capa de peixe, a cebola en
rodaxas, o perexil picadiño, a salsa de tomate e outra capa de
peixe.
-Botar por riba o aceite e mailo viño e meter ao forno.
BACALLAU CON GRELOS
INGREDIENTES:
4 feixes de grelos 1 quilo de patacas 1 quilo de bacallau Aceite 3 dentes de allo Sal
ELABORACIÓN:
-Ter en remollo o bacallau durante 24 horas.
- Escoller e lavar os grelos.
-Nunha tarteira poñer auga a ferver. Unha vez que ferva,
botánse os grelos.
- Cando transcorran 10 minutos da cocción, engadir un chorro de
aceite.
- Introducir na cocción as patacas e o bacallau coa pel cara riba.
Poñer sal ao gosto.
-Unha cez cocido todo, escórrese ben e colócase nun recipiente.
-Nunha tixola frítense os allos cortadiños en anacos e bótanse
por riba do bacallau.
- Servir moi quente.
BONITO AO FORNO
INGREDIENTES:
1 quilo y medio de bonito
750 gramos de patacas 4 cebolas 100 gramos de xamón 100 gramos de chourizo 1 pemento vermello 1 copa de viño branco Allo Perexil Aceite
ELABORACIÓN:
- Cortar o bonito en 4 lombos, sacarlle as espiñas e lavalo.
- Frotar os lombos con allo e perexil e mesturar co xamón e o
chourizo cortados en taquiños.
- Nunha cazola con aceite poñer o bonito, as patacas e as cebolas
en rodaxas, o pemento cortado e unha copa de viño branco.
- Meter no forno a temperatura baixa 45 minutos.
CALDEIRADA DE MERLUZA ÓS OVOS MARELOS
INGREDIENTES:
Merluza Patacas Cebola Aceite Azafrán Ovos
ELABORACIÓN:
-Poñer nunha ola a cocer as patacas e o peixe con sal e unha
cebola.
-Nunha ola máis pequena poñer a quentar o aceite e botarlle 4 ou
5 ovos, previamente cocidos, en anacos e un pouco de colorante.
-Botar esta salsa por riba das patacas e do peixe.
CALDEIRADA DE RAIA CON GRELOS
INGREDIENTES:
Raia Grelos Patacas Cebola Auga Sal Allada
ELABORACIÓN:
-Facer unha allada cuns anacos de touciño derretidos na tixola,
allos picados, un chorro de aceite de oliva virxe e pementón.
- Nunha tarteira con auga botamos sal e a cebola cortada en
anacos e os grelos limpos.
- Cando empece a ferver engadimos as patacas cortadas en
anacos. Deixamos cocer 8 minutos.
- Botamos a raia e deixamos cocer 10 minutos máis.
- Escorrémola a auga e botámola allada.
CALAMARES FRITIDOS
INGREDIENTES:
1 Kg de calamares 100 gr. de fariña Sal Aceite
ELABORACIÓN:
- Limpamos os calamares e cortámolos en aros.
- Deixámolos escorrer.
- Salgamos os calamares e enfariñámolos.
- Fritímolos calamares en abundante aceite quente.
CALAMARES Á ROMANA
INGREDIENTES:
Calamares Fariña Ovo Sal Limón Perexil Aceite
ELABORACIÓN:
- Bater o ovo.
- Deixar a remollo 5 minutos os calamares.
- Despois enfariñámolos.
- Fritímolos en aceite de oliva.
- Sazonamos ó gusto e colocámolos nun prato decorando con
limón ou perexil.
CALDERETA DE LANGOSTA
INGREDIENTES:
2 langostas 2 pementos verdes 1 cebola 500ml de champán brut 2 l. de caldo de peixe Unha rodaxas de pan Azafrán Perexil Auga sal
ELABORACIÓN:
- Pelamos e picamos a cebola.
- Lavamos os pementos e cortámolos en aros.
- Trituramo o pan.
- Cortamos as langostas en rodaxas dende a cola ata a cabeza e
troceamos a cabeza.
- Nunha tixola con 4 culleradas de aceite douramos as langostas.
- Refogamos a cebola, os pementos, e o pan nese mesmo aceite.
- Engadimos o azafrán e o perexil e vertémolo caldo de peixe e o
champán.
- Sazonamos e deixámolo cocer a fogo lento durante 15 minutos.
- Pasámolo o sofrito polo coador, e cocemos a langosta nese caldo
a fogo lento durante 10 minutos.
- Poñemos a ferver o arroz en moita auga con sal durante 15
minutos, escorrémolo e pasámolo por auga fría.
- Servimos a caldereta de langosta acompañada do arroz branco
e decorámolo cunha ramiña de perexil.
CÓCTEL DE MARISCO
INGREDIENTES:
20 gambas grandes 12 troncos de cangrexo 1 bote de millo doce 1 peituga de polo 1 bote de maionesa 1 bote de ketchup Leituga
ELABORACIÓN:
- Cocemos as gambas e pelámolas.
- Reservamos 8 para adornar e o resto picámolas.
- Picamos tamén os troncos de cangrexo.
- Cocémola peituga e picámola e anacos pequenos.
- Mezclámolo todo e engadimos un bo puñado de millo doce.
- Collemos a leituga e picámola en xuliana.
- Botámoslla á mezcla e reservamos unha pouca para a
presentación do prato.
- Coa maionesa facemos unha salsa rosa engadindo unhas gotas
de ketchup ó gusto de cada un.
- Engadimos a salsa rosa e deixámola enfriar varias horas na
neveira.
- Un pouco antes de comer, colocamos o cóctel en copas e
adornámolas con dúas gambas cada unha e un folliña de leituga.
CONGRIO Á GALEGA
INGREDIENTES:
½ kg de congrio 100gr de guisantes 2 ceboletas 1 tomate 2 dentes de allo Caldo de peixe 1 vaso de viño branco Fariña Aceite de oliva virxen Sal Perexil
ELABORACIÓN:
- Nunha tarteira con aceite pochar as ceboletas, o tomate e os
allos.
- Sazonar e engadir unha culleriña de fariña.
- Refogar e verter o viño e poñelo ó lume.
- Cortar o congrio en rodaxas e sazonalo.
- Pasalo por fariña e fritilo.
- Despois colocámolo sobre a verdura pochada durante 8 minutos.
- Botámoslle os chícharos e un pouco caldo.
- Espolvorexamos co perexil picado e servímolo na mesa.
CONGRIO EN SALSA MARIÑEIRA
INGREDIENTES:
600gr de congrio 4 tomates 4 dentes de allo Perexil picado Aceite Viño branco Sal Pementa
ELABORACIÓN:
- O congrio córtase en 4 anacos.
- Os tomates escáldanse e móndanse, logo sácanselle as pepitas.
- O perexil e o allo pícanse fino e mestúranse.
- Rociar o fondo dunha tarteira con aceite.
- Colocar o congrio que se cubre co tomate.
- Por último rociar con viño.
DOURADA Ó SAL
INGREDIENTES:
1 dourada ou lubina Sal gordo Auga
ELABORACIÓN:
- Prequentar o forno a 200º.
- Limpar a dourada sen escamar.
- Poñer nunha bandexa do forno sal gordo con dúas culleradas de
auga.
- Coloca-la dourada e cubrila de sal ata tapala completamente.
- Poñer o peixe no forno durante 20 minutos.
- Retirar o sal e... Bo proveito!
EMPANADA DE BERBERECHOS
INGREDIENTES:
Fariña de millo Sal Fermento Auga Fariña de trigo Aceite Cebola Pimentón doce Berberechos
ELABORACIÓN:
- Preparamos unha masa coa fariña de trigo, a fariña de millo, o
fermento, o sal e auga.
- Deixámola fermentar e levedar sobre media hora.
- Mentres tanto preparamos o sofrito co aceite e a cebola
picada. Poñemos a fritir na sartén cun pouco de aceite e cando
estea pochada a cebola botámoslle o pementón doce e os
berberechos que cocemos previamente e lle sacamos a cuncha.
- Estendemos un pouco de aceite na empanadeira para que non se
pegue a masa e colocamos unha capa fina.
- Poñemos enriba o sofrito cos berberechos e cubrimos con outra
capa de masa.
- Para rematar poñémolo o forno durante media hora e listo pra
comer.
FABAS CON AMEIXAS
INGREDIENTES:
800 gramos de fabas cocidas
600 gramos de ameixas 100 gramos de manteiga 2 cebolas pequenas 1 culler de fariña. 1 cullerada de vinagre Perexil Sal
ELABORACIÓN:
-Lavar ben as ameixas e colocalas nunha tixola cun pouco de auga
a lume baixo. Retiramos as que se vaian abrindo.
- Picar finamente as cebolas e sofreilas nunha cazola de barro
con manteiga, engadir a fariña e remexer.
-Engadimos á cazola as fabas cun cullerón de auga onde se
coceron. Deixamos cocer.
- Botamos as ameixas e despois de 10 minutos engadimos o
vinagre e o perexil ben picado. Deixamos cocer 10 minutos máis.
FIDEOS CON AMEIXAS
INGREDIENTES:
Un paquete de fideos Medio kg de ameixas 300gr. de carne de
porco Curri Sal
ELABORACIÓN:
- Cocer os fideos.
- Cocer a carne.
- Cocer as ameixas.
- Botámoslle o sal e o curri.
- Remexémolo un pouco e listo para comer.
GAMBAS CON ALLOS
INGREDIENTES:
Gambas peladas Allos Aceite Viño branco Perexil Chile
ELABORACIÓN:
-Nunha cazola de barro botamos aceite, o allo picado e o chile.
Poñemola ao lume.
- Engadimos as gambas e o perexil.
- Cando estén case listas botámoslles un chorro de viño branco.
- Deixase evaporar o viño e,... A comer!
GUISO DE XOUBAS
INGREDIENTES:
1 kg de xoubas 2 cebolas 1 pemento 3 tomates Aceite Viño branco Sal
ELABORACIÓN:
Poñer nunha fonte os ingredientes en capas da seguinte maneira:
- Capa de xoubas .
- Capa de patacas cortadas en toros de 1 cm. de grosor.
- Capa de tomates e pementos cortados finos.
- Botar un pouco de auga, medio vaso de viño, un chorro de aceite
e sal.
- Tamén se pode botar unha folla de loureiro.
- Poñer a lume mediano.
- Cando as patacas estean cocidas apagar e deixar repousar uns
minutos antes de servir.
GRELOS CON MARISCO
INGREDIENTES:
200 gramos de langostinos
4 vieiras 200 gramos de cigalas 200 gramos de
ameixas 200 gramos de
grelos cocidos ½ litro de crema de
leite
½ litro de caldo de peixe
70 gramos de manteiga
ELABORACIÓN:
- Cocer todo o marisco,
agás as ameixas. Pelalo.
- Nunha tixola con manteiga dourar o marisco.
- Engadir a crema de leite.
- Engadir o caldo de peixe e os grelos cocidos e escurridos.
Deixar cocer uns minutos
- Abri-las ameixas ao vapor.
- Nunha fonte verter o marisco cos grelos e adornalo coas
ameixas.
LAMPREA COA SÚA SANGUE
INGREDIENTES:
1 lamprea 1 cebola 2 dentes de allo 1 pemento 6 patacas Auga Sal Aceite
ELABORACIÓN:
- Nunha cazola bótase un pouco de aceite, a cebola, os allos e os
pementos picados.
- Deixámolos dourar e engadimos a lamprea coa súa sangue e
revolvemos todo xunto.
- Despois botamos auga e deixamos ferver.
- Cando empece a ferver botámoslle as patacas escachadas e un
pouco de sal.
- Deixamos ferver ata que as patacas estean brandas.
MERLUZA Á GALEGA
INGREDIENTES:
Merluza Patacas Ameixas Gambas Cebola Allos Perexil Aceite de oliva Viño branco
ELABORACIÓN:
-Poñemos na cazola de barro o aceite. Picamos uns 2 ou 3 allos, a
cebola e o perexil. Poñemos ao lume e botamos un chorro de viño
branco.
- Picamos as patacas en rodaxas e fritímolas na sartén polos dous
lados ( volta e volta ).
Botámolas na cazarola de barro.
- Pasamos a merluza pola sartén e a poñemos enriba das patacas.
Enriba poñemos as ameixas e as gambas.
- Poñemos a cazarola no forno 10 minutos e,...
Listo para comer!
MERLUZA CON CHAMPIÑÓNS E GULAS
INGREDIENTES:
8 lomos de merluza 250 gramos de
champiñóns Gulas Aceite de oliva Sal
ELABORACIÓN:
-Sazónanse os lomos de merluza.
- Nunha fonte de forno botamos aceite, poñemos os lomos e
metemos no forno.
- Nunha tixola refogamos os champiñons en aceite cun chisco de
sal.
- Noutra tixola refogamos tamén as gulas.
- Sacamos a fonte do forno e botamos os champiñóns e as gulas
enriba de catro lomos de merluza, que despois tapamos cos
outros catro.
- Sevimos antes de que arrefrie.
MEXILLÓNS Á VINAGRETA
INGREDIENTES:
Mexillóns Pemento vermello Aceite Cebolas Vinagre
ELABORACIÓN:
-Cócense os mexillóns ao vapor e sácaselles unha das cunchas.
-Pícase moi miuda a cebola e mailo pemento e mestúrase co
aceite e co vinagre.
-Bótase un pouco da mestura anterior por riba de cada mexillón.
E..., xa están listos para comer.
MEXILLÓNS AO VAPOR
INGREDIENTES:
Mexillóns Auga Follas de loureiro Sal
ELABORACIÓN:
-Nunha tarteira botamos os mexillóns, o loureiro e sal.
- Poñemos todo ao lume. Cando os mexillóns abran a cuncha, xa
están listos.
MEXILLÓNS EN ESCABECHE
INGREDIENTES:
Mexillóns Vinagre Aceite de oliva Cebola Pimentón
ELABORACIÓN:
- Quentamos o aceite e pochamos a cebola a lume lento.
- Cando este pochada retiramos do lume e engadimos dous vasos
de vinagre.
- Engadimos o pimentón.
- Cocemos o vapor os mexillóns cun pouco de loureiro.
- Despois pasámolos un pouco pola sartén.
- Deixámolos enfriar e envasámolos ó vacío nun bote engadindo a
salsa.
MEXILLÓNS NA SÚA CUNCHA
INGREDIENTES:
2 quilos de mexillóns ½ litro de bechamel
espesa 2 follas de loureiro 2 ovos batidos Pan raiado Sal Aceite
ELABORACIÓN:
-Cócense os mexillóns en moi pouca auga co loureiro e o sal.
-Escórrense e quítaselle unha das cunchas.
-Cúbrense de bechamel sazoada con pementa e noz moscada.
Deixanse arrefriar.
- Rebózase a parte rechea en ovo e pan raiado e fritense.
PAELLA MARIÑEIRA
INGREDIENTES:
Mexillóns Gambas Polbo Calamares Pemento Tomate Allo Arroz Perexil Aceite Auga
ELABORACIÓN:
-Sofríese o allo, o pemento e o tomate no aceite.
-Botar os calamares, o polbo en trociños, as gambas e os
mexillóns. Deixar cocer un rato.
-Engadir o arroz e a auga correspondente.
-Deixar cocer e botarlle un pouco de perexil.
CASTAÑETA Ó FORNO
INGREDIENTES:
1 palometa grande Manteiga Limón Pementa Viño branco Patacas pequenas Perexil
ELABORACIÓN:
- Untamos con manteiga unha tarteira onde colla a palometa.
- Sazonamos con sal e coa pementa.
- Engadimos o viño, o zume de limón.
- Poñémolo o forno e deixámolo facer.
- Cocemos as patacas.
- Unha vez cocida a palometa engadimos as patacas.
- Adornamos con perexil por riba.
PASTEL DE CABRACHO
INGREDIENTES:
Un cabracho dun kg 4 ovos 1 tarrina de nata de
200gr 5-6 culleres de tomate
frito 1 cebola 1 folla de loureiro Sal
ELABORACIÓN:
- Cocémolo cabracho en auga e engadimos a cebola e o loureiro e
o sal.
- Deixámolo enfriar .
- Desmenuzámolo e quitámoslle as espiñas e a pel.
- Batémola nata, os ovos e o tomate frito.
- Engadimos a mezcla o peixe.
- Poñemos no forno unha fonte con dous dedos de auga e dentro
del outra fonte untada con manteiga.
- Botámola mezcla e deixámola cocer ó baño María tres cuartos
de hora a temperatura media.
PEIXE ESPADA REBOZADO
INGREDIENTES:
Peixe espada Fariña 1 ovo Allo Perexil Aceite de oliva Sal
ELABORACIÓN:
- Cortámolo peixe en filetes.
- Sazonamos e engadimos allo e perexil.
- Deixámolo adobado durante 3 días para que colla sabor.
- Pasamos os filetes pola fariña e despois por ovo batido.
- Fritimos na sartén.
PERCEBES COCIDOS
INGREDIENTES:
Percebes Loureiro Sal
ELABORACIÓN:
- Nunha ola ponse a quentar auga con loureiro e sal.
- Cando rompe a ferver bótanse os percebes e cando empezan a
formar escuma, retíranse do lume e escórrense.
POLBO CON FABAS FRESCAS
INGREDIENTES:
1 polbo de un kg. ½ quilo de fabas frescas 1 cebola grande 1 allo Perexil Pimentón Pan raiado Sal
ELABORACIÓN:
- Cocer o polbo.
- Cocer as fabas na auga do polbo.
- Cortar a cebola fina e sofreíla, botarlle o allo e o perexil.
- Cortar o polbo e engadir todo na cazola onde están as fabas.
- Botar o pementón, o sal e mailo pan raiado ata que faga unha
salsa espesa.
POLBO Á FEIRA
INGREDIENTES:
2 kg de polbo 1 cebola pequena 1 vaso de aceite de
oliva 1 culleriña de
pimentón doce 1 culleriña de
pimentón picante Sal grosa
ELABORACIÓN:
- Primeiro lavamos o polbo, despois poñemos a auga a ferver coa
cebola, a poder ser nunha ola de cobre.
- Cando rompa a ferver introducir o polbo e levantalo 3 veces e
despois deixalo ferver durante 45 minutos aproximadamente.
- Despois sacámolo do lume e deixámolo repousar 15 minutos.
- Cortamos o polbo en talladas e sazonamos con sal, pimentón
doce e picante e co aceite.
RABADA Ó FORNO
INGREDIENTES:
Rabada Patacas Cebola Aceite de oliva Sal Viño branco
ELABORACIÓN:
- Fritir as patacas redondas e finas. Poñelas no fondo da fonte
do forno.
- Nunha tixola rustrir a cebola picada e botala enriba das
patacas.
- Dar uns cortes ó peixe ao longo da espiña e colocar na fonte.
- Engadir un chorro de viño branco e caldo de peixe (feito
previamente coa cabeza da rabada), sal e un chorro de aceite
de oliva.
- Poñer ó forno 15 minutos a 250º.
- Salferir o perexil picado por riba e servir.
RAPE CON GRELOS
INGREDIENTES:
Rape Grelos Patacas Aceite Allos Perexil Pimentón Auga Sal
ELABORACIÓN:
- Lavar os grelos, limpalos e fervelos en auga con sal.
- Pelalas patacas e cortalas tipo panadeiras.
- Cortar as cebolas en Xuliana.
- Nunha tarteira poñer un pouco de auga, sal, perexil, un dente
de allo, cebola e patacas.
- Cando leve fervendo 10 minutos engadir o rape e deixar ferver
5 minutos máis.
- Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva dourar a lume lento
allos e engadir un pouco de pimentón ó gusto.
- Por último colocar nunha fonte os grelos, as patacas e o rape e
botar por riba os allos e o pimentón.
REVOLTO DE OURIZOS
INGREDIENTES:
Ourizos Ovos Gambas 4 ou 5 dentes de allo 1 chorriño de nata
líquida Perexil Sal a gusto de cada un
ELABORACIÓN:
- Cócense os ourizos, e rápidamente hai que sacarlle as ovas.
- Poñemos unha sartén ó lume con aceite de oliva e allos.
- Antes de que comecen a dourarse os allos engádenselle as ovas.
- Dámoslle unhas voltas e engadimos as gambas peladas e o
perexil.
- Temos preparados os ovos batidos, aproximadamente 3 ou 4,
engadimos un chorriño de nata líquida e removémolo.
- Pasamos os ourizos que tiñamos na sartén ó cazo dos ovos,
batémolo todo ben cun tenedor e botámolo de novo a sartén .
- Por último deixamos callar os ovos intentando que quede
xugoso.
REVOLTO DE OURIZOS CON ALGAS
INGREDIENTES:
1 lata de algas Ovos de ourizo Varios dentes de allo Ovos Aceite de oliva Sal e pementa
ELABORACIÓN:
-Picamos os allos e nunha sartén cun pouco de aceite bótanse a
dourar.
- Botamos na sartén os ourizos mailas algas e remexemos cunha
culler de pau.
- Engadimos os ovos e salpimentamos, remexendo sen parar.
- Deixamos que se faga ao gosto.
ROBALIZA GUISADA
INGREDIENTES:
Robaliza Allo Cebola Tomate Pimentón Viño branco Aceite Sal
ELABORACIÓN:
- Limpamos e cortamos en toros o peixe.
- Nunha tarteira botamos aceite de oliva, picamos dous dentes
de allo, un pouco de perexil, unha cebola e un tomate.
- Engadimos os toros da robaliza, botamos un pouco de pimentón ,
medio vaso de viño branco e unhas areas de sal.
- Poñémolo ó lume arredor de vinte minutos.
- A parte cocemos patacas con loureiro e engadimos algo de sal.
- Para rematar colocamos no centro dunha fonte a robaliza
guisada e engadimos as patacas cocidas arredor.
RODABALLO Á GALEGA
INGREDIENTES:
Rodaballo Patacas Cebolas Allos Pimentón Aceite de oliva Sal
ELABORACIÓN:
- Lavamos e secamos o rodaballo.
- Sazonamos con sal .
- Lavamos e cortamos as patacas.
- Poñémolas a cocer enteiras en auga con sal durante 25 minutos
aproximadamente.
- Poñemos a ferver o rodaballo durante 12 minutos.
- Pelamos e picamos as cebolas e os allos.
- Nunha tixola con aceite poñemos as cebolas e os allos e
deixámolas dourar.
- Engadimos as patacas cocidas e troceadas , e deixamos ferver
2 minutos.
- Espolvorexamos con pimentón ó gusto
- Sacámolo rodaballo da auga, escurrímolo, colocámolo nunha
fonte coas patacas e por último engadimos o sofrito.
SALMÓN CON TOMATE
INGREDIENTES:
2 toros de salmón Un dente de allo Aceite 2 tomates Cebola Sal
ELABORACIÓN:
- Picámola cebola, o allo e os 2 tomates.
- Nunha tarteira rociamos con aceite de oliva e engadimos a
mezcla deixándoa fritir 10 minutos.
- Despois engadimos o salmón e sazonamos ó gusto e deixámolo
facer outros 10 minutos dándolle a volta os toros de salmón.
SALPICÓN DE MARISCO
INGREDIENTES:
150 gr. de polbo cocido 100 gr. de gambas
peladas e cocidas 100 gr. de langostinos
pelados e cocidos 2 tomates 1 cebola 1 pemento verde 2 ovos cocidos 50 gr. de pepinillos 2 culleriñas de
alcaparras Aceite de oliva Vinagre Sal
ELABORACIÓN:
- Nunha tarteira colocar o marisco, os tomates, a cebola, o
pemento e os ovos picados.
- Sazonar e engadir as alcaparras.
- Preparala salsa con 12 culleriñas de aceite de oliva, 6 culleriñas
de vinagre e sal ó gusto.
- Mezclar a salsa co resto de ingredientes e servir.
SARDIÑAS Á GALEGA
INGREDIENTES:
1 quilo de sardiñas ½ quilo de tomates 1 folla de loureiro 100 gramos de manteiga 1 cebola Sal
ELABORACIÓN:
- Nunha cazola poñemos a manteiga, a cebola picada, os tomates
asados e en cachiños, o loureiro e a sal; logo pousamos as
sardiñas limpas. Por riba poñemos o resto da manteiga e
metémolas no forno ata que se fagan.
SARDIÑAS CON CACHELOS
INGREDIENTES:
2 Kg de sardiñas 1 Kg de patacas Loureiro Sal
ELABORACIÓN:
- Colocamos as sardiñas nunha fonte e salgámolas ó gusto.
- Nunha tarteira con auga poñemos as patacas a cocer cortadas
en rodaxas e sen pelar.
- Asamos as sardiñas nunha grella a lume lento.
- Servímolas na fonte para comer cos cachelos.
- Se hai pan de broa e viño mellor que mellor.
SOPA DE MARISCO
INGREDIENTES:
½ kg de langostinos 1 vaso de arroz 1 pastilla de avecren 1 l. de auga Sal
ELABORACIÓN:
- Quitámoslle as cabezas os
langostinos.
- Poñémolas a cocer en auga con sal.
- Unha vez cocidas machacamos as cabezas e colamos a auga.
- Con esa auga cocemos o arroz e despois botámoslle o avecren.
- Cando este cocido engadimos as colas dos langostinos.
TORTILLA DE VIEIRAS
INGREDIENTES:
Vieiras sen cuncha 1 cebola mediana 6 chalotes 4 ovos 4 culleradas de aceita 1 cullerada de salsa de
soia Sal e pementa
ELABORACIÓN:
-Lavar coidadosamente as vieiras en auga fría e cortalas en
cachiños. Salpimentalas e douralas en aceite moi quente durante
5 minutos.
-Nunha cazola refogar a cebola moi picada e engadirlle os
moluscos, deixando que se sofría todo durante outros 5 minutos.
-Batir os ovos xunto coa salsa de soia, os chalotes picados e un
chisco de sal e pementa.
-Verter o batido sobre as vieiras, remover todo e deixar cocer
ata que se fagan os ovos.
-Servir a tortilla de seguida.
TORTILLA DE OSTRAS
INGREDIENTES:
3 docenas de ostras 15 culleradas de fariña 10 ovos Limón Leite Manteiga de vaca Sal
ELABORACIÓN:
-Sacamos as ostras das súas cunchas, partímolas en anaquiños e
botámoslle sal e limón.
- Batémolos ovos engadíndolles a fariña pouco a pouco.
Incorporamos o leite ata conquerir unha pasta consistente.
- Botamos as ostras na pasta e fac´emolas tortillas nunha sartén
previamente untada de manteiga.
TROITAS CON TOUCIÑO
INGREDIENTES:
Troitas Touciño Sal
ELABORACIÓN:
- Nunha tarteira para
meter ó forno extendemos
unha capa de lonchas de touciño.
- Sobre elas colocamos as troitas limpas e salgadas.
- Logo cubrimos con outra capa de lonchas de touciño.
- Metémolo ó forno ata que o touciño se consuma case por
completo.
TROITA FRITIDA
INGREDIENTES:
1kg de troitas 100 gr. de xamón 100 gr. de manteiga 1 limón Pan raiado Perexil Aceite Sal
ELABORACIÓN:
- Lavamos e salgamos as troitas deixándoas escorrer sobre un
pano.
- Nunha tixola poñemos aceite e manteiga en partes iguais cuns
anacos de xamón.
- Cando este ben quente fritimos as troitas previamente
rebozadas en pan raiado.
- Xa fritidas colocámolas na fonte e adornamos con perexil
VIEIRAS AO FORNO
INGREDIENTES:
Vieiras e as súas
cunchas Cebola Viño branco Pan rallado Sal Pemento vermello en
lata Azafrán Ovo cocido Aceite de oliva
ELABORACIÓN:
- Rustrímo-la cebola en aceite de oliva, cando esté branda
(pero non tostada) botamos o pemento e o azafrán, sazonamos
e engadimos as vieiras. Apagamolo lume.
- Poñemos unha vieira cun pouco de rustrido en cada cuncha,
botamos un pouco de pan raiado por riba e o ovo cocido ben
picadiño, e un chisco de viño branco.
- Metémolas no forno ata que estean douradas.
XARDA CON CACHELOS
INGREDIENTES:
Xardas Auga Cebola Patacas Sal
ELABORACIÓN:
- Limpámolas xardas e poñémolas con sal gorda durante 2 días.
- Preparamos unha tarteira con auga, cebola e patacas toradas
tipo cachelos.
- Engadimos o peixe e deixámolo ferver 45 minutos.
XURELOS EN ESCABECHE
INGREDIENTES:
Xurelos Fariña Pimentón Allos Vinagre Cebola Loureiro Aceite Sal
ELABORACIÓN:
- Despois de limpar o peixe, enfariñalo e fritilo.
- Preparámolo o escabeche.
- Pícamos as hortalizas, botámolas no aceite e rústrense un
anaquiño e apágase o lume.
- Ao enfriar o aceite, botamos o pimentón e o vinagre. Ollo, se o
aceite aínda está quente, salta.
- Botamos o rustrido por enriba dos xurelos e deixamos que se
empapen ben.
- Tamén se pode facer en frío, sen cociñar o allo e a cebola.
XURELOS Ó FORNO
INGREDIENTES:
1 xurelo grande 1 cebola 2 dentes de allo 2 follas de loureiro 1 pemento 1 tomate 1 cenoura Perexil Viño branco Aceite Sal
ELABORACIÓN:
- Nunha empanadeira botar un pouco de aceite e estendelo ben.
- Despois colocamos o xurelo partido en anacos.
- A continuación botamos a cebola, o allo, o loureiro, o pemento, o
tomate, a cenoura e o perexil.
- Por último engadimos o sal e deixámolo facer no forno durante
unha hora.
ZAMBURIÑAS Ó XEREZ
INGREDIENTES:
½ kg de zamburiñas 1 cebola picada moi fina 4 dentes de allo 3 culleriñas de perexil
picado 2 copas de xerez 1 vaso de auga 100 gr. de fariña Pimienta Noz moscada Sal
ELABORACIÓN:
- Quitamos as zamburiñas das cunchas e lavámolas.
- Pasámolas por fariña e refogámolas en aceite.
- Colocámolas nunha tarteira e engadimos un vaso de auga e
deixámolas cocer durante un cuarto de hora.
- Facemos un rustrido con aceite, cebola, allo e perexil.
- Engadímoslle unha copa de viño e pasamos o rustrido polo
coador.
- Engadímoslle o rustrido a tarteira das zamburiñas e deixámolas
cocer a lume lento.
- Engadímoslle o sal a pementa e a noz moscada.
- Se a salsa quedase moi líquida pódese espesar con fariña ou
maicena.
- No momento de servir engadimos á tarteira a outra copa de
viño.
- Servímolo nunha fonte redonda e podémolo adornar con
rodaxas ou triángulos de pan fritido.
Índice de artistas galegos/as que ilustran as nosas receitas
- Alonso, Rafael
- Argüelles
- Buciños
- Caballero
- Castro Couso
- Colmeiro
- Conde Corbal
- Crussat, Xerardo
- Dans, Mª Antonia
- Frau, Xosé
- Granell
- Huete, Anxel
- Laxeiro
- Legísima
- López, Juan Luis
- Lugrís, Urbano
- Lledó
- Mallo, Maruja
- Maside
- Pailós
- Paisa Gil
- Palmeiro
- Pesqueira
- Prego de Oliver
- Seoane
- Sobral, Antón
- Solla, Xosé
- Tenreiro, Antonio
- Torrás, Luis
- Torres, Manuel
- Úbeda, Rafael
- Virxilio