Download - Presentación José Caruncho
Biografía
José Caruncho nace na Coruña en setembro do 1953, desde 1990 traballa como fotógrafo profesional,
desenvolvendo a maior parte da súa actividade na Coruña.
Rematado o bacharelato empeza a preparar as oposicións para a Administración e a banca, e das tres que aproba escolle, por consello do seu pai a dun banco francés. Alí traballa durante trece anos, pero a súa ilusión era dedicarse á fotografía profesional. Polo que decide deixar o seu traballo.
Os seus inicios na fotografía O seu interese pola fotografía herdouno da súa
familia. Tanto o seu avó coma o seu padriño xa eran grandes afeccionados, e deles obtivo as súas primeiras cámaras, na actualidade aínda conserva algunhas delas xunto cun obxectivo Goerz-Dagor de 1897 que utiliza coa cámara de gran formato.
Durante os seus primeiros anos estivo documentándose sobre fotografía. Pero non foi ata a súa viaxe a Colonia, cando a fotografía “se revelou” para el nunha exposición desa cidade.
Referentes
Caruncho ten unha gran debilidade polos fotógrafos americanos.
Estivo en Norteámerica en dúas ocasións: por unha exposición e por unha viaxe á costa oeste.
Actualmente, reside na Coruña e segue dedicándose profesionalmente á fotografía.
”No meu caso sigo traballando nas miñas fotos persoais con película en branco e negro e facendo as copias no cuarto escuro. Ás veces tamén escaneo algúns negativos e fago copias nos papeis en tintas. Non é cuestión de comparar, todo vai en función do mundo no que vivimos. Hoxe aquelas persoas que invisten o seu tempo en aprender a facer algo coas mans ou simplemente traballar nun oficio que non estea relacionado coa informática, se lle considera un ‘pardillo’. É difícil comprender que hoxe alguén poida disfrutar co seu oficio ou pasar unas horas no cuarto escuro facendo unhas copias dos últimos negativos “
José Caruncho
Estilo
El mesmo defínese como un romántico da fotografía. As súas instantáneas en branco e negro, coas que pretende evocar os anos 50 a través de retratos e paisaxes, son a súa marca de identidade. O estilo é moi personal.
Nos retratos intenta buscar a mirada das persoas para mostrar a súa actitude ante a vida, a sinxeleza e, sobre todo, a súa dignidade.
Nas fotografías de paisaxe, case sempre retrata paisaxes de Galicia que estean relacionadas coa costa, xa que según el, esas paisaxes son de grande beleza.
E para rematar, observar que a luz o persegue en todas as súas obras.
Influencias José Caruncho, tivo dende sempre unha gran debilidade polos
fotógrafos americanos. “En Santa Fe hai máis de vinte galerías dedicadas á fotografía, e non
teñen máis de oitenta mil habitantes. Todas esas galerías presentan para o estado de Novo México algúns dos máis grandes fotógrafos”, di o artista.
Comenta que aprendeu moito de todos eses fotógrafos e homenaxeounos cunha colección de vinte e unha fotografías, no ano 1987. Estes eran:
• P. Strand• E. Weston.• A. Adams.• W. Evans.• I. Cunningham.• W. Bullock.
•F. Shommer.•W. Morris.•B. Weston.•A. Newman.•P. Caponigro.
Ransom Colection, da Universidad de Texas, adquiriu a colección completa dos seus homenaxes.
Algúns dos seus homenaxes son:
Branco e negro
O branco e negro é escollido polos artistas para representar diversos temas como a tristeza, a soidade e a nostalxia, o que tamén representa con fotografías de anciáns e de lugares illados. Para Caruncho...
...”o branco e negro é máis expresivo que a cor, é unha abstracción da realidade. Se se prefire a cor é porque se manipula con mellor facilidade desde que se inventou o Photoshop, antes só se podía manipular con carbón cando traballabas en cor. Co branco e negro controlo eu todo o proceso”.
Qué temas ?
• Fotografías de carácter nostálxico e melancólico• Fotografías que representan o rural • Fotografías da natureza, praias, montañas, bosques…• Fotografías de obxectos cotiáns como cubertos ou pementos
RetratoNa maioría dos seusRetratos, Carunchorepresenta xentedo rural. A maioría Dos seus retratos
exponos na galería “Olladas de Silencio”.
Olladas do silencio
Esta exposición componse dunha serie de imaxes centradas na xente e as paisaxes do Courel, unha zona montañosa do sudeste da provincia de Lugo. A maioría das fotos son retratos que tratan de ir máis alá e non mostrar soamente unha persona ante unha cámara nunha determinada contorna senón que buscan usar a mirada destas personas para mostrar a súa actitude ante a vida, a súa sinxeleza e humildade. Pero tamén, e sobre todo, a súa dignidade e humanidade. Nestas instantáneas atopamos o cotián e o sinxelo, sen ningún artificio
Caruncho fotografa as miradas serenas, humildes…Observándoas parece que o tempo se detivese mentres se establece un diálogo entre o retratado e o espectador.
'Para min os retratos son unha maneira de transmitir humanidade a través das persoas, sobre todo a través da xente sinxela’, comenta Caruncho
•O pasado mes de agosto de 2013, esta exposición estivo no Festival de Cinema Douarnenez na Bretaña francesa dedicada nesa edición a Galicia, Cataluña e Euskadi.•Tamén estivo exposta na Casa da Parra en Santiago.
“Tatuaxes”
Nesta serie de retratos as persoas aparecen xeralmente espidas, ornamentadas coas tatuaxes da pel. A súa mirada chéganos dun xeito moi directo.
PaisaxesAs súas paisaxes adoitanmostrarnos grandes espazosnaturais de montaña e decosta; pero ás veces taménse interesa por encadres máiscercanos e humanizados.A maioría das súas paisaxesson feitas en Galicia peroTamén atopamos de NewMéxico ou Yosemite.
Bodegóns
Os bodegóns de CarunchoSon característicos pola súainnovación neste xénero. A maioría dos seus bodegónsestán recollidos na galería“Homenaxes”.
Aspectos técnicos
Equipos que utiliza José Caruncho: A maioría dos seus traballos están feitos con
cámaras de mediano e gran formato. Cando vai traballar ou ten algún proxecto , adoita saír cun par de cámaras, unha de mediano formato con cinco obxectivos e outra de gran formato para 9x12 cm e 13x18 cm con tres obxetivos. Utiliza moito a cámara de gran formato para facer retratos e tamén para as paisaxes, sobre todo cando encontra algún motivo polo que mereza a pena realizar todo o esforzo que supón montar unha cámara destas características
As cámaras A leica M9 é unha cámara fotográfica dixital telemétrica
da serie M do fabricante de cámaras fotográficas leica camera AG. Foi presentada o ) de setembro de 2009.
• Trátase da terceira cámara dixital da serie M de leica, tras os modelos M8 e M8.2, é a primeira cámara desta serie en empregar un sensor do mesmo tamaño que os fotogramas da película de formato 135.
• Características: A M9 é o primeiro modelo M dixital con factor de
multiplicación 1. Isto permítelle conseguir o mesmo campo visual que os modelos M da película fotográfica, sein a necesidade de empregar un obxectivo de menor distancia focal.
Exposicións
• En 2007 expuxo na galería Verve de Santa Fe, en New Mexico, unha selección de “Olladas do silencio”, a cal tivo moi boa crítica.
• A colección Ransom, da Universidade de Texas en Austin, adquiriu un xogo completo da colección de “Homenaxes”, unha serie de 21 fotografías nas que homenaxeaba a algúns dos grandes fotógrafos do século XX.
• Na súa páxina web http://www.josecaruncho.com podemos ver citadas todas as súas exposicións
DOCUMENTACIÓN
http://www.josecaruncho.comhttp://www.leicanistas.com/component/content/article/60-entrevista-al-fotografo-jose-caruncho.html
OLLADAS DO SILENCIO. JOSÉ CARUNCHOXUNTA DE GALICIA
.
Realizado por
BiografíaSandra Campos Chousa
Sara Canle Babío
InfluenciasAna Naya AguiarSilvia Jahiji Varela
Branco e negroJorge González GarridoMiguel Taibo San José
Xéneros fotográficosAlberto Brandariz Illobre
Ismael Seijo Boado
IES MOSTEIRÓN
.
EstiloTamara Temprano Pérez
Sara Casero Pérez
ExposiciónsPietro Pagliarini GoulartIsmael Barreiro Aguiar
Aspectos TécnicosMartín Gutiérrez Santa María
Pedro Raíces Sopalska
MontaxeNoah Pataquinho Simoes
Candela Costa Candal