Download - O soño de maría
TIVEN UN SOÑO, XOSÉ, E REALMENTE NON O PODO COMPRENDER...
PERO CREO, QUE SE TRATABA DO NACEMENTO DO NOSO FILLO: XESÚS.
PEDÍAN MOITOS REGALOS AOS MAGOS DE ORIENTE...
... PERO ERA UN TANTO ESTRAÑO,
XA QUE ENTRE OS REGALOS,
NON HABÍA NINGÚN PARA O NOSO FILLO.
Outros, adquirían elaborados regalos, envolvíanos en vistosos papeis
E logo, colocábanos debaixo dunha árbore. Si, unha árbore, XOSÉ, dentro das súas casas.
Esta xente decorara a árbore, e as pólas estaban cheas de adornos brillantes
Había unha figura no alto da árbore,
que me pareceu que era un anxo realmente fermoso.
Logo vin unha mesa esplendidamente servidacon pratos deliciosos, e moitos viños; todo parecía exquisito. E todos estaban contentos.
Pero nós, non estabamos invitados.
Toda a xente se vía feliz, sorrinte e emocionada polos regalos que se intercambiaban uns a outros, pero sabes, XOSÉ? non quedaba ningún regalo para Xesús.
Dábame a impresión de que ninguén o coñecía, porque nunca mencionaban o seu nombre.
Non che parece estraño, que a xente traballe e gaste tanto en preparativos, para celebrar o día de anos de alguén que nin sequera mencionan e que dá a impresión de que nin o coñecen?
Tiven a estraña sensación de que se o noso fillo
tivese entrado neses fogares para a celebración,
sería un completo intruso.
Todo se vía fermoso e a xente aparentemente era feliz, pero, sabes XOSÉ?, como nai de Xesús sentía enormes desexos de chorar, porque moitos esquecían o verdadeiro significado do Nadal.