Download - O aparello dixestivo.noa e fio
Fiorella Ameijeiras
Noa Pampín
3º A
1.-¿Que é o aparello dixestivo? O aparello dixestivo é
un tubo longo chamado tubo dixestivo, con glándulas asociadas chamadas glándulas dixestivas, que se encarga de transformar os alimentos en substancias simples e facilmente utilizables polas células do noso organismo.
2.-¿Para que serve? A función que realiza o aparello dixestivo é a de
transporte nutrintes, segregar xugos dixestivos e absorber nutrintes.
3.-A boca
Abertura corporal pola que se inxiren os alimentos. Atópase na cabeza. Algunhas das funcións da boca son : masticar , salibar , sentido do gusto , fala….Na boca hai un tecido epitelial de revestimento (a mucosa) no que se atopa o sentido do gusto.
4.-Os dentes
Que é?
É un órgano anatómico duro, enclavado nos alvéolos dos ósos maxilares. A súa función e masticar os alimento para trituralo.
COROA: Parte
superior e visible do dente que está por encima da mandíbula.
RAÍZ: Parte
inferior do dente na mandíbula.
Esmalte: substancia de gran dureza que cobre a coroa.
Polpa: Tecido brando do interior do dente que contén vasos sanguíneos e nervios.
Dentina: substanciasimilar ó óso que forma a estrutura interna do dente.É sensible ó tacto, á temperatura,etc.
Cemento: substancia que cobre a raíz e a une á mandíbulafortemente.
5.-O tubo dixestivo É un órgano chamado tamén
conducto alimentario. Comeza na boca e exténdese ata o ano. A súa lonxitude no home é de 10 a 12 metros.Partes:
1.Capa de tecido muscular lonxitudinal.
2.Capa de tecido muscular circular.
3.Capa mucosa,que é unha capa interna de tecido epitelial e contén glándulas que segregan substancia lubrificantes e sucos dixestivos.
Grazas á capa lonxitudinal e circular as paredes do tubo dixestivo son moi elásticas.
*6.-O fígado Órgano vital máis
voluminoso da anatomía . Funcións : síntese de proteínas ,función desintoxicante, almacena vitaminas, produción de bilis, etc. Ademais, é o responsable de eliminar do sangue as substancias que poden resultar nocivas para o organismo, transformándoas en outras inocuas. Está situado no lado esquerdo do abdome.
*7.-O páncreas O páncreas é unha
glándula mixta e, polo tanto, ten dúas funcións:
Función endócrina: encargada de producir e segregar a insulina e outras hormonas.
Función exócrina: encargada da produción de xugo pancreático.
Localízase a nivel das primera e segunda vértebras lumbares , por detrás del estómago.
*8.- ¿Que é a dixestión? A dixestión é o proceso de transformación dos
alimentos, previamente inxeridos, en substancias máis sinxelas (nutrintes)para ser absorbidos .Hai dous tipos:
1.-Dixestión mecánica: Reduce os alimentos, deixándoos en pequenos pedazos. Esta función realízana os dentes e as paredes do estómago.
2.-Dixestión química: transforma os nutrintes en substancias máis simples e tan pequenas, que sexan capaces de atravesar as paredes do intestino delgado e penetrar ó Sistema Circulatorio. A dixestión química ocurre na boca, estómago e intestino delgado GRAZAS A OS SUCOS DIXESTIVOS secretados polas glándulas.
*9.-A gran pregunta: Sempre che aconsellaron comer tranquilamente,
masticando ben, sen tragar e, a ser posible, facendo unha “sobremesa”. ¿Cres que é un bo consello? ¿Por que?. Razona a resposta.
Si, porque se masticas ben a comida tritúrase mellor e é máis fácil de inxerir, e por tanto máis fácil de dixerire tamén sacias a fame antes.
¿Son sinónimos os termos “aparello dixestivo” e “tubo dixestivo”?¿Por que? Non, porque o aparello dixestivo é o conxunto dos
órganos, glándulas e o tubo dixestivo.
Ordena as seguintes partes do tubo dixestivo dende arriba ata abaixo:
*Ano,colon,esófago,duodeno,cego,íleo,estómago,boca,farinxe,xexuno,recto.
Boca, farinxe, esófago, estómago, duodeno, xexuno, íleo, cego, , colon , recto, ano.
Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións
sobre o tubo dixestivo:
A. As paredes do tubo dixestivo son moi elásticas porque conteñen dúas capas de tecido muscular. Verdadeiro.
B. As partes dos dentes son: coroa, raíz e polpa. Falso.As partes do dente son: coroa, raíz, polpa, dentina, esmalte e cemento.
C. O esófago é a parte do tubo dixestivo na que se almacenan os alimentos. Falso. O esófago é a parte do tubo dixestivo que conduce os alimentos ata o estómago.
D. O estómago ten dous orificios, o píloro, que o comunica co esófago, e o cardia, que se abre ó intestino delgado. Falso. O píloro comunica co intestino delgado e o cardia co esófago.
E. O interior do estómago está cuberto de millóns de finas pilosidades. Falso.
As pilosidades atópanse no intestino delgado.
F. O intestino delgado é un tubo moi longo que forma numerosas curvas no abdome. Verdadeiro.
G. O apéndice vermiforme é a parte máis estreita do intestino delgado. Falso.
O apéndice vermiforme é a parte máis estreita do intestino groso.
H. A primeira porción do intestino groso é o cego.Verdadeiro.
¿Qué é a dixestión? A dixestión é o proceso de transformación dos
alimentos, previamente inxeridos, en substancias máis sinxelas (nutrintes)para ser absorbidos facilmente polas nosas células .
Indica onde teñen lugar os seguintes procesos dixestivos: absorción, deglutición, exestión, dixestión, inxestión.