PROXECTO EDUCATIVO DE CENTRO
I.E.S. MAXIMINO ROMERO DE LEMA
Índice de contidos1.- Introdución......................................................................................................................................1
1.1.- Presentación e contexto...........................................................................................................11.2.- Principios educativos...............................................................................................................3
2.- Organización do centro...................................................................................................................52.1.- Xestión do centro.....................................................................................................................52.2.- Oferta educativa.......................................................................................................................62.3.- Actividades e servizos...........................................................................................................10
3.- Liñas pedagóxicas.........................................................................................................................113.1.- Concreción curricular............................................................................................................113.2.- Metodoloxía...........................................................................................................................113.3.- Avaliación..............................................................................................................................11
4.- Interacción co entorno...................................................................................................................114.1.- Colaboración e participación cos sectores da comunidade educativa...................................114.2.- Colaboración e intercambio cultural cos servizos sociais e educativos da zona...................12
5.- Sinais de identidade.......................................................................................................................145.1.- Centro educativo = Contedor cultural...................................................................................145.2.- Promoción da educación medioambiental.............................................................................155.3.- Dinamización lingüística.......................................................................................................155.4.- As novas tecnoloxías.............................................................................................................165.5.- Programas Internacionais......................................................................................................16
6.- Documentos...................................................................................................................................176.1.- NOF.......................................................................................................................................176.2.- Plan de convivencia...............................................................................................................176.3.- Plan de acción titorial............................................................................................................176.4.- Plan de atención á diversidade..............................................................................................176.5.- Plan de orientación académica e profesional.........................................................................176.6.- Plan de actividades extraescolares.........................................................................................186.7.- Proxecto lector.......................................................................................................................186.8.- Proxecto lingüístico...............................................................................................................196.9.- Plan de dinamización lingüística...........................................................................................246.10.- Plan de mellora de bibliotecas escolares.............................................................................246.11.- Proxecto TIC........................................................................................................................256.12.- Plan de autoprotección........................................................................................................25
7.- Avaliación, aprobación, modificación e actualización do PEC.....................................................25
1.- IntroduciónCoa elaboración do presente Proxecto Educativo de Centro pretendemos reflectir, dende a
nosa modesta opinión, un traballo cuns obxectivos e unhas liñas de actuación claramente enfocadas
a un camiño de construción educativo holístico. Un proceso mediante o cal todas e todos os actantes
da comunidade educativa teñan cabida para poder transformar e mellorar, na medida do posible,
dun xeito construtivo.
Unha ilusión por medrar en equipo, dun centro educativo con moitas posibilidades de
mellora debido á asertividade dos membros que o compoñen.
O obxectivo fundamental que intentamos acadar con este Proxecto Educativo é conseguir
formar cidadáns libres, con sentido crítico e de participación social. O noso alumnado debe alcanzar
a madurez na súa formación a partir da defensa dos dereitos humanos, a igualdade entre distintos
sexos e razas, observando sempre o respecto, a tolerancia e a solidariedade ao longo da convivencia
democrática no Centro.
Estes valores sociais de axuda cara aos demais deben ser perfectamente compatibles co
esforzo persoal e a motivación do traballo ben feito, a través da aprendizaxe.
Por todo isto, é preciso poñer todos os medios humanos e recursos á disposición deste
obxectivo, e propiciar en consecuencia unha calidade da ensinanza o máis elevada que sexamos
capaces de alcanzar.
Cómpre pois crear un clima de renovación e de adecuación aos novos métodos de ensino-
aprendizaxe. O concepto de “escola resiliente” debería ser un obxectivo para tentar unha mellora na
calidade educativa do noso centro. Unha escola resiliente e proactiva na que os docentes
acompañemos a evolución persoal do alumnado e que a intelixencia emocional sexa unha
ferramenta de uso común no día a día das relacións académicas. O centro educativo debe ser un
referente formador e educador. Este proceso vai cambiar a nosa actitude cara ao labor docente.
Debemos lograr que os aspectos fundamentais do proceso educativo non se perdan; a convivencia, o
espírito crítico, a actitude disciplinada e respectuosa ou a asunción de valores permanentes na
formación de persoas debe ser o eixe de actuación de calquera centro público de ensino.
1.1.- Presentación e contexto
O I.E.S. Maximino Romero de Lema está situado na parroquia de Baio, concello de Zas, ao
Noroeste da Provincia da Coruña e na comarca da Terra de Soneira.
A este instituto acoden alumnos deste concello e tamén de parroquias dos municipios
Páxina 1
limítrofes de Vimianzo, Laxe e Cabana.
A poboación censada no concello de Zas é duns 4902 habitantes.
No concello de Zas, as actividades relacionadas co sector primario e cos servizos, son os
principais motores da súa economía, malia que a actividade gandeira está perdendo peso, polo
menos en valores relativos, toda vez que as explotacións agrarias son cada vez menos numerosas,
aínda que máis amplas.
A actividade industrial ten pouca importancia e queda reducida a pequenas empresas
situadas nas proximidades de Baio (O Allo). Si destaca o sector do automóbil cunha ampla oferta de
talleres e marcas. Con todo, a maioría das empresas son de carácter familiar e de pequeño tamaño,
non hai ningunha con máis de 250 empregados.
As vilas da comarca son os principais puntos de prestación de servizos, destacando no
interior Baio e Vimianzo.
O sector do turismo apenas está explotado, a pesar de que a comarca conta con interesantes
infraestruturas. O turismo arqueolóxico, histórico-artístico, etnográfico e paisaxístico é unha única
reserva que está sen aproveitar como fonte de ingresos para os veciños da comarca.
As comunicacións son boas coa Coruña e non tanto con Santiago, que, por ser a principal
cidade turística de Galicia, é tamén o punto de partida da maior parte dos posibles visitantes de
España e do estranxeiro.
No concello de Zas atópase unha gran variedade de asociacións:
• Culturais (Adro, de Baio; Castro Meda, de Zas, organizadoras das respectivas Festas da
Carballeira e Amigos do Liño de Baio que posúe un museo nesta localidade).
• Deportivas (Club Deportivo Baio, Sporting Zas e Su a Agra de Baio)
• Teatrais e Musicais (Grupo de Teatro Badius de Baio e a Asociación Músico-Cultural Xan
Mella).
• Tamén hai ANPAS nos centros de ensino de Baio e Zas, Asociacións de Veciños,
Asociacións de Amas de Casa, Asociación de Empresarios, etc
A comarca de Soneira destaca pola súa riqueza artística que abrangue distintas épocas
históricas (dende a Prehistoria e ata o século XX), sendo o máis salientable o patrimonio megalítico.
Existe unha ruta dos dolmens que percorre os xacementos de Pedra Cuberta (Treos), Pedra Moura
de Carnio (Treos), Pedra da Lebre (Serramo), Pedra da Arca (Baíñas) ou arca da Piosa (Muíño).
Tamén hai petróglifos, castros e restos arqueolóxicos da época romana, vestixios da época sueva e
igrexas con elementos románicos e góticos.
Outros monumentos a destacar dos séculos XVI e XVII son: As Torres do Allo e os pazos
Páxina 2
de Romelle, Follente ou Daneiro en Zas, o Pazo de Trasariz en Vimianzo ou as Torres de Cereixo.
Hai mostras de escultura barroca en retablos de diversas igrexas da comarca e en canto ao século
XX pódese citar a igrexa nova de Baio ou a Casa do Concello de Zas.
Por último, salientar algúns persoeiros soneiráns que destacan en diversos campos como
escritores (Labarta Pose, Teodoro Morgade Varela ou na actualidade Xosé Mª Lema Suárez),
compositores (Manuel Martínez Pose), médicos (Ovidio Vidal Ríos) ou científicos (Jorge Mira
Pérez, Ricardo García Mira).
1.2.- Principios educativos
O Instituto Maximino Romero de Lema é un centro público, dependente da Consellería de
Educación da Xunta de Galicia. Os niveis que se imparten van dende 1º da E.S.O ata 2º BAC, sen
esquecer o Ciclo Medio de Sistemas e Aplicacións informáticas e a FP Básica de Informática de
Oficina.
Somos un centro aconfesional, pluralista e tolerante, dando abano a todas as tendencias
culturais, ideolóxicas e relixiosas que levan implícito o respecto polos Dereitos Humanos,
potenciando valores tales como a solidariedade, a paz, a convivencia, a atención á diversidade…
Temos como obxectivo fomentar no alumnado un espírito crítico, construtivo, dialogante,
cunha ollada cara ao futuro para xerar condutas que leven a unha integración social harmónica.
O noso proxecto educativo fundamentase na consecucion dun servizo educativo de
calidade, que redunde nunha mellor formacion academica e humana do noso alumnado. Temos a
sorte de desempenar unha profesion que a diario presenta novos retos e estes, lonxe de constituiren
un aspecto negativo, debemos abordalos con entusiasmo e sen perdermos nunca de vista o
obxectivo final e principal de educar.
Tendo en conta que a educación é unha formación integral, non quedando só como unha
mera transmisión de coñecementos, resulta necesario constatar unha serie de valores e fundamentos
que deben acompañar ao alumnado na súa formación.
O Centro debe ser un lugar de convivencia polo que rexeitamos calquera medida
discriminatoria por razón de sexo, relixión, cor, diferenzas xeográficas, deficiencias físicas e
psíquicas ou procedencia social.
Partindo do respecto polas diferenzas individuais, avogamos por unha educación
integradora, na que se dea cobertura ás necesidades educativas que cada alumno/a teña, e así
adoptar as medidas necesarias para un desenvolvemento correcto do interese por fomentar hábitos
Páxina 3
de preocupación polo coidado do contorno, tanto nos espazos de uso grupal coma nos de ámbito
xeral. O Centro debe requirir un trato de conservación do que se sinta orgulloso o alumnado,
actitude que o levará a respectar outros bens públicos, tanto materiais, culturais como o propio
patrimonio persoal, salientando a defensa da sociedade e cultura galegas.
Este marco xeral de participación e compromiso facilita o papel que desenvolven as
direccions no proceso de dinamizacion da innovacion e mellora da calidade educativa nos centros
docentes. Os principios basicos de toda xestion que pretenda ser aberta e participativa deben
basearse na colaboracion e integracion dos diferentes sectores que influen na vida do centro. Todas
as actuacions que se proponen deben ir, e de feito van, encaminadas nese sentido:
• Xestionar o centro de forma aberta e participativa, contando coa opinion, colaboracion e
participacion de todos os sectores da comunidade educativa, implicandoos na organizacion e
desenvolvemento das actividades previstas.
• Actualizar, achegar e aplicar as novas tecnoloxias a maior parte das nosas funcions e
actuacions, intentando facilitar, asi mesmo, o seu uso a todos os sectores da comunidade
educativa, en especial a aqueles cun acceso mais dificil a elas (pais e nais ou o persoal de
administracion e servizos).
• Establecer e impulsar accions encaminadas a plena educacion para a igualdade entre
mulleres e homes e, nese sentido, corrixir e sancionar, se for necesario, comportamentos
sexistas e discriminatorios, incluindoos nos documentos de organizacion e normas do centro.
• Potenciar actuacions e actividades que permitan crear no alumnado as actitudes necesarias
para desenvolver a sua vida dentro dun clima de plena igualdade.
• Establecer actuacions que garantan a plena igualdade de oportunidades, independentemente
do xenero, procedencia ou calquera outra condicion de tipo persoal, familiar, economica ou
social.
• Apertura e colaboracion coa contorna, establecendo accions de colaboracion en distintos
aspectos (actividades culturais conxuntas, de formacion etc.).
• Poner os medios necesarios para establecer unha comunicacion fluida e eficaz entre a
Administracion Educativa e os distintos sectores da comunidade educativa.
• Impulsar os grupos de dinamizacion e ampliar as suas actuacions e actividades aos
diferentes sectores da comunidade educativa.
Páxina 4
• Promover medidas de atencion a diversidade para a mellora dos resultados academicos,
especialmente reforzos e medidas organizativas.
• Desenvolver actuacions para conseguir un autentico clima de convivencia no centro.
Impulsar actividades relacionadas coa educacion para a sustentabilidade ambiental.
2.- Organización do centro
2.1.- Xestión do centro
O IES Maximino Romero de Lema conta cunha oferta educativa de Educación Secundaria
Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional, esta última cun Ciclo Medio e un Programa de
Formación Profesional Básica.
Está encadrado na tipoloxía de instituto tipo C, por contar con varios niveis de ensinanzas,
aínda que por número de alumnos no se chegue a 300.
Ao frente da xestión do centro están os seguintes órganos unipersoais:
• Director/a
• Secretario/a
• Xefe/a de Estudos
• Vicedirector/a
As súas funcións e competencias son aquelas recollidas na normativa vixente.
Tamén hai os seguintes órganos colexiados:
• Consello Escolar
• Claustro de profesores/as
Órganos de coordinación docente:
• Departamento de Orientación
• Departamentos didácticos: segundo as ensinanzas impartidas no centro están
constituídos os seguintes Departamentos Didácticos:
• Lingua Galega e Literatura
• Lingua Castelá e Literatura
• Matemáticas
• Filosofía
• Inglés
• Francés
Páxina 5
• Latín
• Educación Física e Deportiva
• Tecnoloxía
• Física e Química
• Xeografía e Historia
• Ciencias Naturais
• Música
• Economía
• Relixión
• Informática
• Debuxo
• Comisión de Coordinación Pedagóxica
• Equipo de Dinamización da Lingua Galega
• Coordinación de Formación en centros de traballo. Ao haber só un ciclo formativo a
figura de titor e coordinador recaen na mesma persoa: é un órgano unipersoal.
2.2.- Oferta educativa
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Impártense os catro curso da ESO e desenvólvese un programa de Diversificación
Curricular, de dous anos de duración a extinguir.
1º ESO
Materias troncais:
• Lingua Castelá e Literatura
• Lingua Galega e Literatura
• Matemáticas
• Bioloxía e Xeoloxía
• Xeografía e historia
• Primeira lingua estranxeira Inglés
Materias específicas:
• Educación Física
• Educación Plástica, Visual e Audiovisual
Páxina 6
• Relixión ou valores Éticos
• Segunda lingua estranxeira Francés
Contémplase no centro atención e reforzo educativo para o alumnado que poida estar
proposto para a exención da 2ª lingua estranxeira, nos termos recollidos na normativa vixente.
Materias de libre configuración ofertadas polo Centro :
A escoller unha entre:
• Música e movemento
• Obradoiro de técnicas de expresión oral e escrita
2º ESO
Materias troncais:
• Lingua Castelá e Literatura
• Lingua Galega e Literatura
• Matemáticas
• Física e Química
• Xeografía e historia
• Primeira lingua estranxeira Inglés
Materias específicas:
• Educación Física
• Música
• Tecnoloxía
• Relixión ou valores Éticos
• Segunda lingua estranxeira Francés
Materias de libre configuración:
Pendente de adaptación á Lomce
3º ESO
Materias troncais:
• Lingua Castelá e Literatura
• Lingua Galega e Literatura
• Física e Química
Páxina 7
• Bioloxía e Xeoloxía
• Xeografía e historia
• Primeira lingua estranxeira Inglés
Elixir unha opción entre:
• Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas
• Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas
Materias específicas:
• Educación Física
• Música
• Tecnoloxía
• Relixión ou valores Éticos
Elixir unha opción entre:
• 2ª lingua estranxeira Francés
• Cultura Clásica
4º ESO
Pendente de adaptación á Lomce
BACHARELATO:
No centro ofértanse dúas modalidades de Bacharelato:
• Ciencias
• Humanidades e Ciencias Sociais; dentro desta modalidade o alumnado poderá optar polo
itinerario de Humanidades ou polo itinerario de Ciencias Sociais.
1º CURSO
Modalidade de Ciencias
Materias troncais:
• Filosofía
• Lingua Castelá e Literatura
• Lingua Galega e Literatura
• Primeira lingua estranxeira Inglés
• Matemáticas I
Materias troncais de opción
Páxina 8
• Física e Química
• Elixir unha entre Bioloxía e Xeoloxía e Debuxo Técnico I
Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais
Materias troncais.
• Filosofía
• Lingua Castelá e Literatura
• Lingua Galega e Literatura
• Primera lingua estranxeira Inglés
• Latín I para o itinerario de Humanidades
• Matemáticas Aplicadas I para o itinerario de Ciencias Sociais
Materias troncais de opción:
• Elixir unha entre Economía ou Grego I
• Elixir unha entre Historia do Mundo Contemporáneo ou Literatura Universal
Materias específicas de opción: son comúns a todas as modalidades de bacharelato; o
alumnado deberá cursar neste bloque as seguintes materias:
• Educación Física
• Un mínimo de dúas e un máximo de tres entre os seguintes bloques de materias.
• BLOQUE A (3 horas semanais) elixir unha
• Tecnoloxía Industrial I
• Linguaxe e Práctica musical
• Debuxo Artístico I
• BLOQUE B (1 hora semanal) Elixir unha
• Relixión
• Artes Escénicas e Xestión Cultural*
• Fundamentos léxicos das ciencias e da tecnoloxía*
• Historia do Cine e outros medios audiovisuais*
• Obradoiro de estatística e probabilidade*
• Programación de dispositivos informáticos*
*As materias sinaladas con * son de libre configuración do centro
• BLOQUE C (2 horas semanais) Elixir unha
• 2ª Lingua estranxeira Francés
Páxina 9
• Cultura Científica
• Tecnoloxías da Información e da Comunicación I
2º CURSO:
Pendente de adaptación á Lomce
CICLO MEDIO DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS E REDES (SIMIRE):
Consta de dous cursos (de duración 2000 horas), o último trimestre do segundo ano o
alumnado realiza a súa formación en empresas (FCT).
O centro ten dúas aulas específicas dotadas co material axeitado para a impartición destas
ensinanzas.
As materias cursadas en cada un dos cursos son aquelas que veñen establecidas no
currículo correspondente.
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA:
Dende que se implatou a FP Básica ao centro foille concedido un programa de formación
profesional básica vencellado á rama de informática, por ter o centro xa un ciclo desta familia
profesional. A denominación do programa é Informática de oficina.
Na actualidade estase a impartir o primeiro curso, agardando continuar para o ano co
segundo curso, e que se consolide este programa nos vindeiros anos.
O programa conta cunha aula específica dotada cun ordenador por alumno/a.
É unha oferta única na zona polo que acollemos alumnado dos concellos limítrofes.
2.3.- Actividades e servizos
O centro ten unha xornada educativa que abrangue de 8:45 a 14:25, e unha tarde de clase á
semana, o luns de 16:30 a 18:10. O Ciclo de SIMIRE ten dúas tardes de clase, luns e mércores, en
horario de 16:30 a 19:00.
Non hai servizo de comedor, aínda que nas instalacións do centro hai cafetería, que
permanece aberta durante o horario lectivo.
O centro conta con transporte escolar gratuíto para o alumnado de ESO, que tamén é
utilizado polo alumnado de ensinanzas postobrigatorias, sempre e cando queden prazas vacantes;
para o alumnado doutros concellos que vén cursar ao centro as ensinanzas de Bacharelato ou Ciclo
funciona tamén un servizo de transporte privado custeado polos propios usuarios.
Na Secretaría do centro hai unha folla coas rutas detalladas.
Páxina 10
3.- Liñas pedagóxicasAs liñas pedagóxicas do noso Centro están deseñadas para desenvolver medidas que
permitan seguir avanzando cara a un sistema educativo de calidade, inclusivo, que garanta a
igualdade de oportunidades e faga efectiva a posibilidade de que cada alumno e alumna
desenvolvan ao máximo as súas potencialidades.
De todos é sabido a situación cambiante da lexislación educativa, motivo polo que, ás veces,
resulta un tanto complexo traballar cunhas liñas pedagóxicas estables a nivel Centro. Na actualidade
está rexido polo Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación
secundaria obrigatoria e do bacaharelato na Comunidade Autónoma de Galica.
3.1.- Concreción curricular
As concrecións curriculares para os distintos bloques de materias, recollidas nas
programacións de cada departamento, constrúense a partir dos criterios de avaliación, ligándoos cos
demais compoñentes de cada materia. Os criterios de avaliación relaciónanse directamente cos
estándares de aprendizaxe, que non son máis que concrecións dos propios criterios, e eses
estándares conéctanse coas competencias clave. Por outra banda, os criterios de avaliación
describen o que se pretende lograr en cada disciplina, e, neste sentido, os contidos non son máis que
os medios para os alcanzar.
3.2.- Metodoloxía
Cada departamento didáctico formula un conxunto de estratexias, procedementos e accións
organizadas e planificadas polo profesorado, de xeito consciente e reflexivo, coa finalidade de
posibilitar a aprendizaxe do alumnado e o logro dos obxectivos.
O claustro tenta camiñar cara unha metodoloxía que potencie a aprendizaxe por
competencias, integradas nos elementos curriculares para propiciar unha renovación na práctica
docente e no proceso de ensino e aprendizaxe. Propóñense novos enfoques na aprendizaxe e na
avaliación, que van supor un importante cambio nas tarefas que teñen que resolver os alumnos e as
alumnas, e propostas metodolóxicas innovadoras.
Unha competencia supón a combinación de habilidades prácticas, coñecementos,
motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento
que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Xa que logo, as competencias
considéranse como coñecemento na práctica, un coñecemento adquirido a través da participación
Páxina 11
activa en prácticas sociais que, como tales, se poden desenvolver tanto no contexto educativo
formal, a través do currículo, como nos contextos educativos non formais e informais;
conceptualízanse como “un saber facer” que se aplica a unha diversidade de contextos educativos,
sociais e profesionais.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu
dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de ensino e aprendizaxe competencial débese
abordar desde todas as materias de coñecemento e por parte das diversas instancias que conforman
a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais como nos non formais e informais; o seu
dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado momento e
permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os
individuos van adquirindo maiores niveis de desempeño.
Para lograr este proceso de cambio curricular cómpre favorecer unha visión interdisciplinar
e, de xeito especial, posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de forma que permita
satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O papel do persoal docente é
fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a
resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos aprendidos, xa que os contidos están
subordinados á acción.
3.3.- Avaliación
Cada departamento didáctico establece os seus criterios de avaliación (*) e a súa concreción
nos estándares de aprendizaxe avaliables (**) e publicítaos á comunidade educativa a través da súa
programación. No deseño das situacións de aprendizaxe tomaranse en consideración todos os
elementos do currículo, entre eles os procedementos e os instrumentos de avaliación, así como os
criterios de cualificación que permitan avaliar tanto os resultados da materia como o nivel
competencial alcanzado polos alumnos e as alumnas.
(*)Criterios de avaliación: referente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado.
Describen aquilo que se quere valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos coma
en competencias, e responden ao que se pretende conseguir en cada disciplina.
(**) Estándares de aprendizaxe avaliables: especificacións dos criterios de avaliación que
permiten definir os resultados de aprendizaxe e que concretan o que o alumnado debe saber,
Páxina 12
comprender e saber facer en cada disciplina. Deben ser observables, medibles e avaliables, e
permitir graduar o rendemento ou o logro alcanzado. Deben contribuír a facilitar o deseño de probas
estandarizadas e comparables.
4.- Interacción co contorno
4.1.- Colaboración e participación cos sectores da comunidadeeducativa
Un principìo básico do IES Maximino Romero de Lema é fomentar a participación
democrática a través de:
• a Comunidade educativa en xeral (nais e pais, alumnado, profesorado, persoal non docente,
concello, institucións e asociacións da contorna), a través do Consello Escolar, que é o
órgano colexiado onde se toman as decisións pedagóxicas e organizativas e onde por lei
deben estar representados todos os sectores da devandita Comunidade.
• as nais e pais a través da ANPA coa que a Dirección debe manter unha relación fluída, tanto
para o intercambio de información como para colaborar naquelas actividades culturais e
deportivas que se organicen.
• o alumnado a través das Xuntas de Delegados, que se reunirán con periodicidade co Equipo
Directivo.
• o profesorado a través do Claustro e CCP.
A participación democrática de todos os sectores implicados e interesados na educación,
deberanos permitir tomar decisións, elaborar proxectos, planificar actividades e solucionar
problemas a partir, se é posible, do consenso ou, polo menos, dunha ampla maioría, xa que esta é a
maneira de que todos nos sintamos corresponsables no papel formativo e educativo.
Tanto dende o punto de vista do logro dos obxectivos educativos como dende o punto de
vista da interdisciplinariedade e da multiculturalidade, é preciso unha boa e dinámica relación entre
o profesorado. Dende esta perspectiva destacamos a coordinación docente tanto na elaboración de
documentación (PEC, NOF, Programacións...) como na participación dos órganos de coordinación
docente (CCP, Departamentos, Claustro) e proxectos varios (Plan Proxecta, Clubs Lectura...).
As relacións centro-familias, ademais de colaborativas, son boas e fluídas, tendo como
referencia un clima de concordia que permita aprendizaxes máis alá da aula. A comunicación cos
titores está regularizada e a día de hoxe estase a traballar na implantación da aplicación Abalar
Móbil.
Páxina 13
As relacións coa ANPA gozan de moi boa saúde. Son boas e cordiais. Podemos afirmar que
a ANPA sérvenos de porta de apertura do IES ao pobo e á contorna. Son abundantes e cotiás as
reunións ao longo de cada trimestre.
Polo que respecta ao persoal non docente, no IES hai unha conserxe, unha administrativa,
dúas limpadoras, dúas coidadoras e un autónomo para o mantemento do Centro. A súa organización
xestiónase a través da Secretaría. Ao igual que o resto de sectores, a coordinación é boa, partindo da
idea de que cumpren dentro do centro un papel acorde co seu posto de traballo e fundamental para o
funcionamento do instituto.
4.2.- Colaboración e intercambio cultural cos servizos sociais eeducativos da zona
RELACIÓNS CO CONCELLO E OUTRAS INSTITUCIÓNS.
Está no ánimo de toda a comunidade educativa manter e mellorar as xa boas relacións
actuais coas autoridades políticas e responsables dos diversos entes culturais (asociacións e
medioambientais CEIDA) do Concello e provincia. Estas relacións son moi positivas dende
diferentes puntos de vista:
• Orzamentario: o Concello de Zas e diversas asociacións veñen colaborando activamente
dentro das súas posibilidades económicas, principalmente na axuda para realizar eventos
culturais (concertos, espectáculos...).
• Subvencións: o Concello de Zas e concellos da contorna con alumnado no noso IES, axudan
economicamente para a excursión de 4º ESO.
• Campañas e viaxes: anualmente o Concello fai partícipe ao alumnado de "semanas na neve",
campañas de animación á lecura...
• Convocatorias de bolsas de estudos e axudas para a adquisición de libros e material escolar.
• Programación de actividades no Nadal, Entroido...
• Colaboración loxística na celebración de actos culturais.
• Colaboración a modo de patrocinio por parte das asociacións e comercios do pobo na
celebración de eventos, galas solidarias, etc.
RELACIÓNS COS CENTROS EDUCATIVOS DA ZONA
Por proximidade, somos receptores do alumnado do CPI Labarta Pose de Baio e do CPI de
Páxina 14
Zas. Son con estos dous centros cos que maiores relacións establecemos, aínda que tamén temos
alumnado de concellos limítrofes como Laxe, Cabana, Ponteceso, Santa Comba. Traballamos na
dirección de manter a desexable relación de coordinación de cara á mellor integración do alumnado
e familias no noso Centro, tendo en conta as características deste alumnado, segundo a información
facilitada polos seus centros de orixe, e en particular a través do establecemento da máxima
coordinación entre os respectivos departamentos de orientación.
Os procesos de transición da primaria á secundaria soen ser como mínimo incertos, xa que
levan consigo un cambio de contexto educativo ademais dun cambio da formación. Somos
conscientes que isto incide nos procesos emotivos e sociais do estudante. Esta situación, lonxe de
ser vista como un problema, cómpre ser tratada como unha oportunidade para que o alumando
aprenda a adaptarse á diversidade e a establecer novas relacións. Traballaremos no senso de facer do
proceso de transición un instrumento educativo. Consideramos que está nas nosas mans redudir esa
inestabilidade e tensión do cambio educativo, mediante un fluxo constante de información e
relación entre os centros.
Así, a fin de levar a cabo isto, establecemos datas de visita ao IES por parte dos centros
interesados para que o novo alumnado coñeza e teña unha primeira toma de contacto co Centro e
instalacións, e co Equipo Directivo e o Dpto de Orientación que resolverán calquera tipo de dúbida.
Nesta mesma liña de actuación pretendemos establecer unha ponte entre a primaria e a
secundaria a través da coordinación na organización e desenvolvemento de actividades
complementarias e extraescolares. Así traballamos conxuntamente no entroido, determindas charlas
e saídas, e conmemoracións varias.
RELACIÓN COS EQUIPOS DIRECTIVOS DA ZONA
No curso 2014 – 2015 decidiuse levar a cabo, a través do CEFORE da zona, un seminario
de Equipos Directivos dos centros da contorna. Denominouse "Na mesma Dirección" e animáronse
a participar os Equipos Directivos do IES de Fisterra, IES de Ponteceso, IES Alfredo Brañas de
Carballo, CEIP Labarta Pose e IES Maximino Romero de Lema. Ademais de establecer canles de
relación e coordinación, e poñer en común experiencias varias, traballouse na dirección de elaborar
protocolos de actuación no día a día do Centro e na creación dun arquivo de enlaces conxunto nas
webs dos centros. Este recurso reflictirá experiencias educativas transformadoras e interesantes, e
farán dos centros "contedores e dinamizadores culturais", compartindo actividades e proxectos. No
curso actual de novo está en marcha o Seminario "Na mesma Dirección".
5.- Sinais de identidade
Páxina 15
De todos é sabido que a idiosincrasia de cada Centro está forxada por moitos factores e
actantes. Así pois, a singularidade da sociedade na que está convivindo o propio Centro é unha das
primeiras pedras para construír unha identidade en forma de Proxecto Educativo de Centro.
Evidentemente o colectivo de docentes, e toda a Comunidade Educativa en xeral, son os membros
encargados de modelar esa simbiose que fai que cada Centro educativo constrúa un feito
diferenciador que o encamiñe cara á singularidade. Por todos estes factores, consideramos que no
IES Maximino Romero de Lema existen uns sinais de identidade moi claros e definidos que nos
gustaría puntualizar de seguido.
5.1.- Centro educativo = Contedor cultural
É notoria a preocupación deste Instituto por fomentar no alumnado un espírito crítico,
cunha capacidade de diálogo aberto e permanente que dea lugar a unha formación humanística e
plural, sempre tendo en conta a atención á diversidade.
A nosa intención é potenciar a dinamización do Centro e a súa integración e participación
no contorno, fomentando a participación de todos os sectores na vida ordinaria do Centro e ao
mesmo tempo potenciar a implicación do Centro no contorno, considerando o mesmo como “un
contedor cultural” , un centro de recursos educativos e de dinamización sociocultural.
Pensar globalmente e actuar localmente; son as premisas que seguimos estes últimos anos
para poder xestionar actividades culturais e formativas dentro e fóra do Instituto.
De todos é sabido a dispersión xeográfica de Galiza, e polo tanto a dificultade loxística
para acceder á cultura en determinadas zonas (sen ir máis lonxe, para ir ao cine o noso alumnado
ten que desprazarse 25 Km).
Así pois, unha vez feito un balance económico para contrastar o que se gasta en
desprazamentos á Coruña ou a Santiago para ir ver concertos, obras de teatro, exposicións...
observamos que é factible realizar unha programación cultural propia para aproveitamento de toda a
comunidade educativa. A maiores de seguir facendo as saídas extraescolares programadas polos
diferentes departamentos didácticos.
Así pois, coa colaboración da ANPA, Concello e asociacións da zona tentamos crear un
Centro Educativo aberto e cunha programación cultural propia.
As semanas culturais celebradas nos últimos anos son un claro reflexo do traballo realizado
pola Comisión de Cultura (composta por 6 claustrais), o alumnado de 4º da ESO e máis
recentemente o alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural de 1º BACH.
Páxina 16
5.2.- Promoción da educación medioambiental
Como consecuencia do actual modelo económico, baseado no consumismo, atopámonos
con problemas de magnitude global: destrución ou marxinación das especies silvestres, animais e
vexetais, diminución da capa de ozono, cambio climático debido ao efecto invernadoiro,
desertización, esgotamento de recursos e aumento exponencial de residuos e materias
contaminantes.
O alumnado debe contar coas ferramentas educativas necesarias para ser consciente de
que a supervivencia do planeta, e de nós con el, depende de que sexamos quen de, sen esquecer
mellorar a calidade da vida humana, respectar e coidar os seres vivos, conservar a diversidade da
Terra, manter a súa capacidade de carga e diminuír os índices de esgotamento dos recursos non
renovables.
O noso centro atópase nunha situación privilexiada, localizándose na súa contorna moitos
espazos naturais únicos: os Penedos de Traba e Pasarela, o complexo dunar e a lagoa de Traba, o
esteiro do Río Anllóns, o tramo de costa entre a Praia do Treze e Cabo Vilán e o curso do Río
Grande. Potenciarase o coñecemento do alumnado destes espazos naturais como un xeito de
desenvolver a súa capacidade de observación e de fomentar un espírito crítico que lle axude a
opinar razoadamente sobre as intervencións humanas na natureza e a rexeitar aquelas actuacións
que están a deteriorar irreversiblemente a noso patrimonio natural.
Incidirase tamén sobre a importancia do consumo responsable, do aforro enerxético e da
reciclaxe (de papel, metais, pilas e baterías, vidro, ...) como xeitos de contribuír individualmente á
protección da natureza.
5.3.- Activismo lingüístico
Dende o Centro incentivarase todo tipo de actividades que fomenten a democracia
participativa entre o alumnado de cara ao activismo lingüístico. Durante anos realizáronse e
realízanse proxectos culturais arredor do audiovisual, teatro, música, medio ambiente, prensa e
radio escolar para traballar de xeito transversal a dignificación do idioma.
5.4.- As novas tecnoloxías
No tocante ás novas tecnoloxías o centro aposta por un uso intensivo das mesmas,
orientando ese uso a facer do ordenador e outras ferramentas TIC non un fin, se non un medio para
acadar obxectivos. Así, no centro impártense ensinanzas de FP da familia profesional de informática
e comunicacións, nos niveis Básico e Medio, e, por outra banda, ofértanse materias optativas nos
Páxina 17
restantes niveis, tanto de ESO coma de Bacharelato. Conta ademais con catro aulas Abalar para 1º e
2º de ESO e, unha aula de informática de uso común.
O uso intensivo desas ferramentas require unha infraestrutura da que, por desgraza, o
centro carece de xeito parcial. Así, a baixa velocidade da conexión a Internet é unha das limitacións
que temos á hora de sacarlle todo o rendemento posible ás instalacións TIC existentes no centro.
No tocante ás instalacións TIC, do estado actual das mesmas no centro e das súas
posibilidades de mellora fálase máis polo miúdo no Proxecto TIC adxunto a este PEC.
5.5.- Programas Internacionais
A presente convocatoria de propostas polas que se crea o programa Erasmus+ (programa
de educación, formación, xuventude e deporte da Unión), abarca o período 2014-2020. Os
obxectivos xerais e específicos do programa Erasmus+ pasan basicamente por tentar conectar
alumnado e profesorado da Comunidade Europea para compartir experiencias educativas,
deportivas, lúdicas, prácticas laborais, intercambio de grupos...
O noso Centro xa ten traballado e traballa na plataforma e-twinning. Tamén participou nun
encontro o curso pasado, baixo o paraugas de Erasmus+, entre alumnado de Lisboa e de Baio. A
temática era a "democracia participativa".
No presente curso tentaremos seguir traballando en novas propostas e convidando ao
profesorado e alumnado a participar das mesmas, posto que consideramos que son altamente
recomendables.
6.- DocumentosA continuación pasamos a expor unha breve descrición de cada documento que forma parte
da organización do noso Centro Educativo. Unhas liñas básicas para mostrar unha composición de
lugar do que representa cada documento. Ao mesmo tempo, poderán acceder á información
completa de cada un deles a través do enlace que os levará á páxina web do Centro, onde están
publicados.
6.1.- NOF
A Comunidade Educativa do I.E.S. Maximino Romero de Lema de Baio (Zas) e un
colectivo de convivencia e de traballo, formado polo profesorado, alumnado, pais, nais, titores
legais do alumnado e persoal non docente.
Páxina 18
O presente regulamento establece a regulacion da vida academica do noso Centro, asi
como a relacion cos distintos elementos que componen a Comunidade Educativa. Todos os seus
componentes tenen a obriga de conecelo, de forma que o desconecemento de todo ou parte do
mesmo non os eximira do seu cumprimento.
Coa elaboracion das Normas de Organizacion e Funcionamento pretendese axudar a que o
alumnado adquira unha formacion humana integral atendendo a dimension persoal e social,
desenvolvendo a sua personalidade dentro dun clima de convivencia e liberdade.
Coa colaboracion de todos os sectores implicados pretendese pois acadar un marco de
convivencia e responsabilidade de xeito que faga innecesaria a adopcion de medidas disciplinarias,
pero cando estas sexan inevitables, as correccions teran un caracter educativo e deben contribuir a
un proceso de formacion e recuperacion.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmaximinoromerodelema/system/files/NOF_Anexo_opt.pdf
6.2.- Plan de convivencia
O Plan de convivencia é o documento no cal se regula a convivencia escolar, e que garante
unha educación no exercicio dos dereitos e liberdades dentro dos principios democráticos de
convivencia, así como na prevención de conflitos e na súa resolución pacífica.
Debe recoller e desenvolver os fins e principios establecidos na Lei 4/2011de convivencia e
participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, regulada polo Decreto
8/2015, que desenvolve dita lei.
O Plan de convivencia debe partir da análise e valoración da situación da convivencia no
centro educativo, facendo un diagnóstico previo da realidade.
Terá unha especial relevancia no Plan de Convivencia a introdución da mediación como
procedemento de resolución pacífica de conflitos, así como o establecemento das condutas
contrarias ás normas de convivencia e as correccións que correspondan.
Entre outras accións a levar a cabo daráselle unha especial atención ao tratamento e
detección das situacións de acoso escolar.
A súa elaboración e posta en marcha debe contar coa colaboración e participación de toda a
comunidade educativa, facendo achegas dende distintas ópticas, de xeito que sexa un documento
aberto e revisable.
6.3.- Plan de acción titorial
Consideramos a titoría como o conxunto de actividades de orientación académica, persoal,
Páxina 19
social e profesional que complementan o proceso instrutivo do alumnado para contribuír á súa
formación integral. Estas actividades son tan importantes para unha axeitada integración e
desenvolvemento na sociedade como a instrución nos coñementos e saberes das distintas
disciplinas. Contribúen a formar cidadáns máis responsables, comprometidos e ao mesmo tempo
satisfeitos consigo mesmos.
As actuacións referentes a este ámbito de formación recóllense no plan de acción titorial, un
documento que forma parte do proxecto educativo do centro e que ten como finalidade orientar e
axudar a organizar o labor dos titores e titoras, propoñendo unha guía de intervención con todos os
participantes no proceso educativo: alumnado, profesorado e familias.
6.4.- Plan Xeral de atención á diversidade
Enténdese por atención á diversidade toda aquela actuación educativa que estea dirixida a
dar resposta ás diferentes capacidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións e intereses,
situacións sociais, étnicas, de inmigración e de saúde do alumnado.
Está dirixida a todos e cada un dos alumnos e alumnas do centro, xa que todos son distintos
en forma de pensar, estilo de aprendizaxe, intereses, motivacións, capacidades, etc. Por tanto, a
atención á diversidade non vai especificamente dirixida ao alumnado con necesidades específicas de
apoio educativo nin ao alumnado con necesidades educativas especiais, senón a todo o alumnado.
No Plan Xeral de Atención á Diversidade recóllense as medidas que se desenvolverán co
alumnado en xeral respondendo aos intereses e motivacións persoais. Tamén as que se
desenvolverán co alumnado que presenta necesidade específica de apoio educativo, entendendo por
estes aqueles que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar necesidades
educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta, por dificultades
específicas de aprendizaxe, polas súas altas capacidades intelectuais, pola súa incorporación tardía
ao sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar.
Ao comezo de cada curso elaborarase unha concreción anual deste plan no que se recollerán
as medidas de atención á diversidade que se aplicarán durante o curso.
6.5.- Plan de orientación académica e profesional
O Plan de Orientación Académica e Profesional é o documento no que se recollen as liñas de
actuación que, complementariamente á formación específica nas distintas materias do currículo,
contribúe a preparar o alumnado para a incorporación á vida activa e para a adaptación de maneira
Páxina 20
rápida e eficaz aos cambios sociais e profesionais.
Neste documento propóñense unha serie de actividades específicas para todas as etapas
educativas que se imparten no centro e que teñen como finalidade última, a de contribuír ao
desenvolvemento persoal do alumnado; posibilitando así unha axeitada toma de decisións en
relación ao seu futuro académico e profesional.
6.6.- Plan de actividades extraescolares
Consideraranse complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co
alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado
polo momento, espazo ou recursos que utilizan (visitas, traballos de campo, viaxe de estudo,
conmemoracións e outras semellantes).
Consideraranse actividades extraescolares aquelas que, sendo organizadas polo Centro e
figurando na programación xeral anual aprobada polo Consello Escolar, se realizarán fóra do
horario lectivo.
A participación do alumnado nas actividades complementarias e extraescolares, cando se
desenvolvan fóra do Centro, requerirán autorización previa por escrito dos pais, nais ou titores.
Para o desenvolvemento de actividades extraescolares que se realicen fóra do recinto
escolar, deberase contar coa aprobación do Consello Escolar, autorización escrita dos pais, nais ou
titores legais, e ademais acompañará ao alumnado polo menos un profesor/a por cada 20
alumnos/as.
Procurarase, sempre que sexa posible, coordinarse interdepartamentalmente a fin de
amortizar e abaratar os custes das saídas. A Dirección traballará no camiño de facer o maior
número de actividades dentro do Centro para acadar un maior aproveitamento en canto á
participación do alumnado, familias e contorna.
6.7.- Proxecto lector
O Proxecto Lector do IES Maximino Romero de Lema regúlase atendendo ao Decreto
86/2015 polo que se establece o currículo de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na
Comunidade Autónoma de Galicia.
Na Comisión de Coordinación Pedagóxica crearase a comisión encargada de levar adiante
este Proxecto lector.
O Proxecto lector é un documento que integra as intervencións do centro destinadas ao
fomento da lectura, da escritura e das habilidades informativas, procurando a adquisición das
distintas competencias.
Páxina 21
Servirase de lecturas de todo tipo de textos tanto en soporte dixital como en papel.
Os requisitos do Proxecto Lector serán a coordinación do profesorado dos distintos niveis e
áreas, e o funcionamento da biblioteca escolar, das bibliotecas dos Departamentos e das bibliotecas
de aula en colaboración co profesorado.
Con respecto á temporización, este documento deberá ser revisado anualmente.
Para realizar unha investigación da situación da lectura e da escritura no centro, levaranse a
cabo prácticas lectoras e escritoras co alumnado, así como unha análise das metodoloxías
empregadas, dos recursos materiais e humanos e das necesidades de formación do profesorado neste
ámbito.
Os obxectivos do Proxecto Lector serán a formación de lectoras e lectores competentes, a
creación e a consolidación de hábitos de lectura, a mellora dos resultados académicos e o aumento
da motivación do alumnado, convertendo a bilioteca escolar nun recurso imprescindible de
compensación social. Ademais, catalogaranse todos os recursos en formato papel e dixital dos que
dispón o centro.
Entre as diferentes intervencións atópanse a implicación do profesorado, do alumnado e
das familias, a implicación organizativa e económica do centro, o fomento de hábitos de lectura e
escritura, as actividades de comprensión lectora e as actividades de educación documental e
integración das TIC.
Estableceranse uns criterios e uns procedementos de avaliación coa finalidade de modificar
aqueles aspectos do Proxecto Lector que non resulten axeitados.
6.8.- Proxecto lingüístico
Este documento redáctase segundo o Decreto 79/2010 do 20 de maio para o Plurilingüismo
no Ensino non Universitario de Galiza, polo que se regula o uso e a promoción do galego no
sistema educativo.
Seguiranse os seguintes principios xerais:
• As linguas empregadas nas áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecemento seguirán
sempre o que marca o antedito decreto.
• Toda comunicación de carácter informativo e administrativo dirixida á Comunidade
Educativa e á Administración será redactada en lingua galega.
• O galego será, con carácter xeral, a lingua empregada nas actividades complementarias e
extraescolares e actos organizados polo Centro.
Páxina 22
6.9.- Plan de dinamización lingüística
O noso centro está situado nun contorno rural que está sufrindo unha progresiva
desgaleguización, acelerada nos últimos anos. Detéctase tamén un comportamento diglósico
consistente nun prexuízo á hora de utilizar a nosa lingua en ámbitos alleos ou que se consideran
cultos.
Por outra banda, e tendo en conta a importancia do coñecemento dos idiomas na formación
e integración laboral do alumnado, é imprescindible que sexamos conscientes de que o galego-
portugués é unha chave que nos abre a porta a máis de 200 millóns de persoas repartidas polos
cinco continentes.
Por tanto, unha das liñas prioritarias do Proxecto Educativo do Centro será o deseño e
programación de actividades de prestixio da lingua e de potenciación da lusofonía.
6.10.- Plan de mellora de bibliotecas escolares
A participación na convocatoria do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares responde ás
seguintes razóns:
• O desexo de facer da biblioteca un lugar de encontro, de saber, de convivencia e de pracer
que dea resposta ás necesidades educativas de hoxe.
• Axudar a facer lectores e lectoras que sexan persoas libres, solidarias e activas.
• Contar cun orzamento axeitado a ditas ambicións, que nos permita dispor dos recursos
materiais necesarios.
Os nosos obxectivos principais buscarán construír unha biblioteca que supoña: un centro de
recursos e materiais útiles para intervir de forma activa na vida escolar; un referente e dinamizador
do fomento da lectura, tanto nos formatos tradicionais como nos novos formatos; un centro tamén
de difusión de información e interrelación non só co ámbito escolar, senón con aquel que excede os
seus límites (ANPA, Biblioteca Municipal, librerías da vila...); e un lugar de atención á diversidade
en xeral da comunidade educativa, prestando especial atención ao alumnado con NEE.
Para a organización e funcionamento do Plan de Mellora establecerase un coordinador dun
grupo de traballo con cinco horas de dedicación semanal. O devandito grupo de traballo contará,
polo menos, con tres integrantes do profesorado, con tres horas de dedicación como mínimo e unha
reunión semanal. Entre as súas funcións estará a coordinación e difusión das diferentes tarefas a
realizar. Estas serán difundidas a través da Comisión de Coordinación Pedagóxica e a Xunta de
Delegados co fin de que tanto o alumnado como os departamentos didácticos fagan as suxestións
Páxina 23
oportunas.
Con respecto á xestión técnica e organización continuarase coa catalogación, incluíndo os
materiais situados nos distintos departamentos, así como o acondicionamento da biblioteca.
Ofreceranse recursos para a aprendizaxe, promoveranse actividades variadas e a formación de
alumnado voluntario.
Para avaliar a xestión do equipo da biblioteca elaboraranse táboas e enquisas dirixidas a
toda a comunidade educativa.
6.11.- Proxecto TIC
Como xa se indicou no apartado 5.4 do presente documento o uso das novas tecnoloxías
está moi presente no día a día do centro, existindo no mesmo 4 aulas específicas de informática (2
para o Ciclo formativo de Grao Medio, unha para a FP Básica, que poden ser dúas se en anos
posteriores se imparten os dous cursos deste nivel de xeito simultáneo, e unha aula común para o
uso dos demais niveis do centro). Por outra banda existen catro Aulas Abalar para os primeiros
niveis da ESO e a totalidade das aulas están equipadas cun canón proxector, un PC para o profesor e
conexión a Internet.
Todo o anterior leva á necesidade de contemplar un proxecto TIC para o centro co fin de
organizar e administrar o uso de todo ese equipamento, poñendo unhas normas de uso para o
mesmo. Por outra banda, a existencia dunha páxina Web do centro na que se tenta día a día
aumentar os seus contidos e a utilidade da mesma para a comunidade educativa (novas para
alumnado e familias, informacións varias do centro, Aula Virtual, Galería de imaxes, enlaces a foros
e novas dos departamentos, ...) obriga a formular unhas directrices de cara onde queremos dirixir o
uso desas novas tecnoloxías. Esas directrices son as que se presentan a xeito de guía no proxecto
TIC de centro.
Por outra banda, como xa se indicou brevemente no punto 5.4, existen certas limitacións
técnicas que dificultan un uso completamente satisfactorio do material existente no centro, como
son as pequenas fallas eléctricas e a limitación no ancho de banda da conexión ADSL do que dispón
o centro, as cales se expoñen con máis detalle no proxecto TIC.
6.12.- Plan de autoprotección
O Plan de autoprotección do noso centro consiste na organización dos medios humanos e
técnicos disponíbles, coa finalidade de reducir ao mínimo as consecuencias que podan derivarse
dunha situación de emexencia, co obxectivo de:
Páxina 24
• Prever as situacións potenciais de emerxencia
• Prever a xeración das mesmas.
• Deseñar as actuacións a executar ante a materialización de ditas situacións (forma de dar a
alarma, evacuación, aviso aos medios externos...)
Para isto, o Plan está plasmado nun documento accesíbel a toda a comunidade educativa e
realizaranse simulacros, polo menos, unha vez ao ano. Deseñado de xeito realista e cun centro ben
indicado, no que os espazos de sinalización sexan claros (así os novos usuarios comezarán a
asimilar as pautas de comportamento a seguir tras unha emerxencia).
7.- Avaliación, aprobación, modificación e actualización doPEC
A avaliación de resultados levarase a cabo ao finalizar a temporización establecida para
cada un dos obxectivos e incorporarase á memoria de fin de curso. Calquera modificación ou
actualización do PEC poderá proporse por calquera membro da Comunidade Educativa para que os
órganos colexiados aproben a súa modificación, supresión ou adenda. Independentemente,
realizarase unha avaliación global ao cabo de catro anos (no caso de que os cambios na lexislación
vixente afecten directamente a calquera apartado do presente Proxecto Educativo modificaríase con
anterioridade aos catro anos).
Dita avaliación plasmarase nun informe que se adxuntará ao Proxecto Educativo de Centro
vixente.
Páxina 25