Download - Guías de lectura
GUÍAS DE LECTURA MÁIS ALÁ DO TEXTOPROPOSTAS DIDÁCTICAS
Pilar Ponte Patiño (A profa), 2010
XX Xornadas de lingua e literaturaOrganizadas pola AS-PG e a CIGSantiago de Compostela - abril 2010
Obxectivos da lectura
A formación dunha persoa cun hábito lector sólido (Mireia Manresa):– Le unha cantidade importante de libros.– Faino de xeito continuado.– Os textos que le son diversos en xéneros,
temáticas, niveis de complexidade, épocas e contextos culturais de procedencia, etc.
– Sabe valorar o que le porque o sabe comparar, contextualizar e conceptualizar.
A formación en coñecementos literarios.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 2
Tipos de guías de lectura
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 3
Guía compilatoria
Guía de lectura clásica
Guía de lectura máis alá do texto
Guía compilatoria Ofrece unha colección de obras de calquera
tipo realizada con diferentes criterios.
– O xénero literario (de poesía, de teatro...)
– A temática (de aventuras, de medo, de viaxes...)
– A materia educativa (matemáticas, filosofía...)
– O destinatario (alumnado por ciclos ou idades,
familias...)
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 4
Guía de lectura clásica É un repertorio de actividades que analizan
unha obra desde perspectivas literarias clásicas.– Análise en compartimentos estancos.
– Principia polo estudo da biografía do autor e das características da época.
– A análise divídese en planos (plano do contido / plano da expresión).
Ignora a realidade do alumnado.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 5
Guías no pasado
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 6
No noso ámbito ensaístico foron moitos e de calidade os traballos editados, especialmente na década 1988-1998, en estreita relación coas programacións docentes.
Guía de lectura máis alá do texto
É un repertorio de actividades sobre unha obra, no que se integran: – O estudo literario.
– O estudo lingüístico desde un enfoque comunicativo.
– A alfabetización dixital.
– A inclusión doutras artes (cine, música, fotografía...)
Tense en conta a realidade do alumnado.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 7
Elementos da guía de lectura
Actividades de recomendable aparición nunha guía de lectura:
– De lectura.
– De análise.
– De creación.
– De recreación.
– De relación con outras artes.
– De publicación.
– De exportación.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 8
Actividades de lectura
A importancia de non interferir demasiado no
proceso lector.
A continuación da aprendizaxe lectora.
Lecturas que levan a lecturas.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 9
Imaxe de Sergis Blog en Flickr.
Actividades de lectura (exemplo)
A lectura en voz alta.
A diversificación lectora a través das actividades.
A lectura fragmentada (revistas, textos na rede,
xornais...).
Webquest, cazas de tesouros...
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 10
Actividades de análise
Estudo dos principais elementos do discurso literario:
tema, argumento, estrutura, personaxes, espazo,
tempo, narradores, voces poéticas...
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 11
Actividades de análise (exemplo)
Identificación das características dunha corrente estética na
obra.
Análise dos elementos dos que se vale a autora ou autor para
deseñar unha personaxe determinada.
Análise do emprego da ironía no posicionamento ideolóxico.
Reflexión sobre a pertinencia ou non da presenza dun epílogo.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 12
Actividades de creación
Actividades nas que debe primar a procura do
pracer creativo.
Progresión dende o eu ata o mundo, dende o hoxe
ata o antes e o despois.
Creación escrita e creación oral.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 13
Actividades de creación (exemplo)
A argumentación oral a través do debate.
A reflexión íntima.
Creación de novos elementos lingüísticos (sms).
A expresión dunha mesma vivencia valéndose de
diferentes xéneros literarios.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 14
Actividades de recreación
As actividades de recreación literaria
sitúanse entre creación e a avaliación.
Permiten comprobar se houbo unha
verdadeira comprensión dos postulados
creativos.
Requiren ademais da comprensión dos
procedementos creativos, a súa asunción.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 15
Actividades de recreación (exemplo) Inventar un poema hilozoísta, un poema
neotrobadoresco e un poema surrealista.
Continuar unha historia.
Recrear a mesma historia noutro lugar, noutro tempo
ou con outras personaxes.
Contar a historia adoptando o punto de vista dunha
das personaxes.
A recreación teatral ou en banda deseñada.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 16
Actividades de relación con outras artes Poden ser actividades de recreación aínda que non
literaria xa que o produto final non é literario.
– Recreación gráfica (fotonovela).
– Recreación cinematográfica (curtametraxe).
– Recreación radiofónica (podcast).
Actividades que non implican recreación e
que se relacionan con algún aspecto da obra
lida.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 17
Actividades de relación con outras artes (exemplo)
Creación dunha exposición visual sobre os
elementos dunha historia (Vuvox).
Recreación en podcast dun conto baseado no uso da
onomatopea.
Realización dun documental sobre un movemento
literario.
Representar en mapas mediante Google Earth os
espazos ou itinerarios dunha obra.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 18
Actividades de publicación
Publicación no sentido etimolóxico da
palabra. Paso do ámbito do eu, do eido da
intimidade ao dos outros.
O grupo-aula asume diversos roles:
– Destinatario.
– Foro.
– Xuíz.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 19
Actividades de publicación (exemplo)
Lectura na aula de producións propias.
Debate sobre as ideas propostas por algún
dos integrantes.
Valoración por parte do grupo das
diferentes producións dos membros.
Produción colectiva.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 20
Actividades de exportación
O que non se ve, non existe. A frustración de ficar na aula.
O momento “exhibicionista”. Novos contextos formais na rede:
– O blog de aula.
– O blog da biblioteca escolar.
– O blog do club de lectura.
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 21
Actividades de exportación (exemplo) Tres posibles niveis de exportación.
– O centro (a revista escolar).
– A rede social (Tuenti, Facebook...).
– A rede: o ámbito educativo (blog de aula, blog da biblioteca escolar, blog do club de lectura) / a rede aberta (o vídeo en YouTube).
Amósanse especialmente exportables as actividades de carácter creativo que integran outras artes e novas tecnoloxías: exposicións fotográficas, realización de “cousas”, curtametraxes, podcast...
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 22
Na rede Guías de lectura na páxina das BEGA
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 23
Na rede Espazo didáctico da AELG
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 24
Na rede Proxectos de animación á lectura de Xerais
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 25
Na rede Plan Lector de Rodeira-Edebé
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 26
Na rede Bases de datos da BLIX (autor, lector, colección, xénero e
ano)
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 27
Na rede Na punta da lingua de Rosa Salgueiro
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 28
Na rede Lecturas temáticas... na Praza das Letras
XX Xornadas de LeL - Guías de lectura máis alá do texto - Pilar Ponte, 2010 - 29
cc Recoñecemento-Non Comercial-Compartir Igual 3.0 España
Pilar Ponte (A profa)[email protected]