Download - Di Se Li 22
DiSeLi
COPETENCIAS BÁSICAS E COMPETENCIAS
LINGÜÍSTICAS
Reunión Grupo
22 de xaneiro
Seminario B. Facultade Filoloxía
COMPETENCIAS BÁSICAS
• Capacidade de poñer en práctica de forma integrada, encontextos e situacións diversos, os coñecementos, ashabilidades e as actitudes persoais adquiridas.
• O concepto de competencia inclúe:
Saberes, habilidades e actitudes• A inclusión das competencias básicas no currículo ten varias
finalidades:
- integrar as diferentes aprendizaxes, incorporadas ásdiferentes áreas ou materias,
- permitirlle a todo o alumnado integrar as súas aprendizaxes,poñelas en relación con distintos tipos de contidos e utilizalas dexeito efectivo cando lle resulten necesarias en diferentessituacións e contextos,
- orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criteriosde avaliación que teñen carácter imprescindible
COMPETENCIAS NO MARCO EUROPEO
• No marco da proposta realizada pola Unión Europea,
identificáronse oito competencias básicas:
1. Competencia en comunicación lingüística.
2. Competencia matemática.
3. Competencia no coñecemento e na interacción co
mundo físico.
4. Tratamento da información e competencia dixital.
5. Competencia social e cidadá.
6. Competencia cultural e artística.
7. Competencia para aprender a aprender.
8. Autonomía e iniciativa persoal
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
• Refírese á utilización da linguaxe como instrumento de
comunicación oral e escrita, de representación,
interpretación e comprensión da realidade,
• de construción e comunicación do coñecemento
• e de organización e autorregulación do pensamento das
emocións e da conducta.
Ler e escribir
• Ler e escribir son accións que supoñen e reforzan as
habilidades que permiten buscar, recompilar e procesar
información, e ser competente á hora de
• comprender, compoñer e utilizar distintos tipos de textos
con intencións comunicativas ou creativas diversas
Comprender e saber comunicar
• Comprender e saber comunicar son saberes prácticos
que se deben apoiar no coñecemento reflexivo sobre o
funcionamento da lingua e as súas normas de uso, e
implican a capacidade de tomar a lingua como obxecto
de observación e de análise.
Linguas estranxeiras
Con distinto nivel de dominio e de formalización -
especialmente en lingua escrita- esta competencia
significa, no caso das linguas estranxeiras, poder
comunicarse nalgunhas delas e, con iso, enriquecer as
relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos
ao propio.
COMPETENCIAS GALEGO
1. Comprender discursos orais e escritos nosdiversoscontextos da actividade social, cultural eacadémica.
2. Expresarse oralmente de xeito correcto,coherente,creativo e adecuado aos distintoscontextos da actividade social, laboral e cultural,adoptando mediante o diálogo actitudes de respectoe de colaboración cos demais.
3. Expresarse por escrito de xeito correcto,coherente,creativo e adecuado aos distintoscontextos da actividade social, laboral e cultural.
COMPETENCIAS GALEGO
4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar
para buscar, procesar e analizar información e mais
para redactar ou expoñer textos propios do
ámbitoacadémico.
5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as
bibliotecas, os medios de comunicación social e as
TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar
informacións de diversos tipos e opinións diferentes
Competencias galego
6. Aplicar con certa autonomía os coñecementossobre a lingua e as normas de uso lingüístico paracomprender textos orais e escritos e mais paraescribir e falar con adecuación, coherencia ecorrección.
7. Comprender as circunstancias que condicionaron ahistoria social da lingua galega, afirmándoa comopropia de Galicia, así como as que hoxecondicionan o seu uso, de xeito que se estea endisposición de superar as que supoñen obstáculospara a súa utilización.
Competencias galego
8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe epluricultural do Estado español, de Europa e domundo actual, facerse consciente da riqueza querepresenta e entender as situacións que provoca ocontacto de linguas.
9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas paraevitar os estereotipos que supoñen xuízos de valore prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facerda lectura fonte de pracer, de enriquecementopersoal e de coñecemento do mundo.
Competencias galego
11. Comprender textos literarios utilizando os
coñecementos sobre as convencións de cada xénero, os
temas e motivos da tradición literaria e os recursos
estilísticos.
12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e
valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia
individual e colectiva en diferentes contextos histórico-
culturais.
IMPORTANTE
• Uso das TIC para elaborar textos escritos ben
presentados e correctos, aproveitando as posibilidades
dos procesadores de textos, correctores ortográficos.