2 0 1 3
Informe Mundial de ESTADOS DE FEITO
2 0 1 3I M E F
Dirección:
Xulio Ríos
Equipo colaborador:
Marta Ter Ferrer
Pascoal Pereira
Roberto Mansilla
Santiago Jiménez Gómez
Hakob Symonian
Licínia Simao
José Abu-Tarbush
María Àngela Tous Sansó
Katarzyna Araczewska
Oma Yu-Ting Lu
Maquetación:
Breogán Xuncal Pereira
ISSN:
2174-0186
Os puntos de vista que se expoñen
nestas colaboracións reflicten
exclusivamente a opinión dos
seus autores e polo tanto non
representan o punto de vista oficial
do IGADI.
INDICE
Presentación
A (in)dependencia de Abxasia por Marta Ter Ferrer
Cosova: algúns adiantos no seu estatuto internacional, os mesmos problemas no cotián das persoas por Pascoal Pereira
Nagorno Karabaj: a consolidación dun Estado de feito por Hakob Symonian
Osetia do Sur: entre a democracia e o subdesenvolvemento por Licínia Simao
Palestina 2013: Estado observador na ONU por José Abu-Tarbush
Puntlandia como base para unha “Nova Somalia” por María Àngela Tous Sansó
Transnistria: no camiño á crise por Katarzyna Araczewska
República Turca do Norte de Chipre: a diplomacia da enerxía? por Roberto Mansilla
Anacronismos en torno á República Árabe Saharauí Democrática por Santiago Jiménez Gómez
Recoñecemento implícito para Somalilandia? por María Àngela Tous Sansó
Taiwán: unha illa entre desexos e realidades por Oma Yu-Ting Lu.
Fichas-País
7
10
13
17
29
37
21
51
40
25
33
44
47
7
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Presentación
Esta segunda edición do Informe Mundial de Estados de Feito efectúa un seguimento dos
estudos xa referidos no informe de 2011, agora coa inclusión da República Árabe Saharauí
Democrática, considerando que tamén neste caso se dan as circunstancias mínimas: recoñece-
mento exterior, autoorganización administrativa que garante a prestación de servizos a unha
poboación en boa medida asentada en campamentos situados nun terceiro país e un control
territorial básico por parte da Fronte Polisario se ben en pugna coa ocupación marroquí dunha
extensa área.
A actualización contempla unha análise da evolución seguida na orde interna con atención
ás dimensións socioeconómicas e políticas e igualmente aos impactos dos factores externos na
xestión destes contenciosos.
O informe inclúe as fichas de cada un dos suxeitos abordados.
O IGADI quer contribuír así a reflectir e dimensionar esta problemática, moi diversa na súa
configuración e contidos, contando para iso coa colaboración dunha nómina de comprometidos
investigadores como Marta Ter Ferrer, María Àngela Tous Sansó, Katarzyna Araczewska, José
Abu-Tarbush, Hakob Symonian, Licinia Simao, Pascoal Pereira, Roberto Mansilla, Santiago Jimé-
nez e Oma Yu-Ting Lu.
A tod@s, o noso agradecemento pola súa xenerosidade e rigor.
Xulio Ríos
Director do IGADI
WW
W.IG
ADI.O
RG
9
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
ANÁLISE
10
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
A (in)dependencia de Abxasia
Cinco anos despois de que estourara un breve conflito armado entre Xeorxia e Rusia e que
esta recoñecera formalmente a Osetia do Sur e a Abxasia como Estados independentes, a situa-
ción destas dúas rexións independentes de feito continúa lonxe de estar resolta.
A día de hoxe, só cinco países recoñeceron a independencia de Abxasia: Rusia, Venezuela, Ni-
caragua e dous pequenos países insulares, Nauru e Tuvalu. E polo de agora, semella pouco proba-
ble que outros países referenden a súa independencia. Así, practicamente illada da comunidade
internacional, Abxasia depende case por exclusivo de Rusia.
Entre ambos países estableceuse unha relación moi asimétrica, case de protectorado: Abxa-
sia, cun territorio de 8.600 km2 onde viven unhas 214.000 persoas, depende económica e militar-
mente da potencia veciña.
No económico, o 70 por cento do orzamento de 2012 de Abxasia procedía de subvencións
outorgadas polo Kremlin(1), e o 99 por cento das inversións estranxeiras en Abxasia son de capital
ruso. O principal país ao que Abxasia exporta os seus produtos (té, mandarinas, abelás e grava)
é precisamente Rusia, e estímase que o 80 por cento de todo o que se consume en Abxasia é im-
portado de Rusia(2).
Esta situación provoca que, aínda que a maioría dos abxasios recoñezan que o nivel de vida
no país aumentou considerablemente dende a entrada de capital ruso, algunhas voces críticas
denuncien que este fluxo de diñeiro fomenta a corrupción e obstaculiza a creación dunha estra-
texia propia de desenvolvemento económico.
O sector militar é outro ámbito no que a presenza rusa é prominente. Estímase que Rusia
mantén despregados entre 4.000 e 5.000 efectivos de forzas de combate, de seguridade e de fron-
teira, e construíronse bases en enclaves militares estratéxicos como a base naval en Ochamchira,
a beiras do Mar Negro, e o aeródromo militar máis grande do Cáucaso meridional, en Gudauta.
Esta realidade contravén o Acordo de alto ao fogo asinado en 2008 entre o ex presidente xeor-
xiano Mikhail Saakashvili e o ex presidente francés Nicolás Sarkozy, segundo o cal Rusia debía
reducir o número de tropas en Abxasia ata a cantidade de efectivos que tiña despregados antes
do 8 de agosto de 2008 (data do inicio do conflito armado). Ao mesmo tempo, expulsáronse as
forzas de paz que, baixo mandato da ONU, patrullaban na zona. En xullo de 2009, Rusia vetou
11
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
no Consello de Seguridade a extensión da Misión de Observación das Nacións Unidas en Xeorxia
(UNOMIX), o principal organismo internacional que mediaba entre as dúas partes e que contro-
laban a fronteira administrativa que separa Abxasia de Xeorxia. Na actualidade, son as tropas
fronteirizas rusas quen patrullan a banda abxasia da fronteira. Así mesmo, tamén incumprindo
o Acordo de alto ao fogo de 2008, o goberno abxasio e o goberno ruso vetaron a entrada á rexión
da Misión de Observación da UE para Xeorxia (EUMM).
Por outra banda, hoxe en día aínda continúan desprazados uns 200.000 xeorxianos étnicos
que vivían en Abxasia e que agora residen en Xeorxia. Uns 47.000 puideron volver ás súas casas,
a maioría deles no distrito de Gali, pero as autoridades abxasias afirmaron que non se permitirá
o retorno de máis desprazados a outras partes do país(3).
Ademais, os dereitos destes retornados son, a miúdo, vulnerados. Desde 2008, as autoridades
de Abxasia esixen pasaporte abxasio a todos aqueles residentes que queiran traballar nun posto
gobernamental, votar ou presentarse para un cargo público, ou cruzar libremente a fronteira
administrativa. Sen embargo, para os retornados de orixe xeorxiana, obter un pasaporte acos-
tuma ser un proceso moi complicado. E así, estes se ven privados de exercer plenamente os seus
dereitos.
Tamén cabe destacar que o distrito de Gali a miúdo é escenario de violencia armada. As au-
toridades de Abxasia nunca exerceron un control completo nesta zona, habitada basicamente
por xeorxianos étnicos, e periodicamente morren asasinados funcionarios abxasios enviados á
rexión así como membros das forzas de seguridade rusas.
As políticas descritas non se viron afectadas polo cambio de Presidente en Abxasia. Trala
morte súbita de Serguei Bagashp en maio de 2011, celebráronse eleccións anticipadas en agosto
dese ano. Alexander Ankvab, o entón vicepresidente, resultou vencedor co 55% dos votos nuns
comicios só recoñecidos por Rusia. Procedente de círculos policiais e cunha reputación de home
duro capaz de poñer orde no país e emprender unha severa campaña anticorrupción, Ankvab
resultaba ileso do quinto atentado contra a súa persoa perpetrado en febreiro de 2012.
Durante a campaña electoral, e a pesar das súas diferenzas, todos os candidatos apoiaban a
independencia de Abxasia e avogaban por unha estreita cooperación estratéxica con Rusia. Sen
embargo, algúns candidatos amosábanse máis reticentes acerca da apertura da república ás em-
presas rusas, e propoñían desenvolver relacións económicas sólidas con Turquía e a UE.
Un ano mais tarde, en outubro de 2012, celebráronse eleccións parlamentarias en Xeorxia cun
resultado que permitía entrever posibles avances nas relacións entre Abxasia e Xeorxia, así como
entre Xeorxia e Rusia. A exitosa coalición opositora “Soño Xeorxiano”, encabezada por Bidzina
Ivanishvili, declaraba que unha das súas prioridades sería mellorar as relaciones con Rusia, así
como sacar do punto morto no que se atopaban as negociacións sobre Abxasia. Se ben Ivanishvili
12
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
descartaba a independencia de Abxasia, tratábaa como un actor máis no conflito e non como un
mero monicreque de Rusia como ocorrera durante o mandato de Saakashvili.
Abxasia, pola súa banda, aínda que declárase aberta ao diálogo, continúa reiterando a súa
vontade de independencia e non está disposta a permitir o retorno de máis poboación xeorxiana
desprazada ao seu territorio.
Por outra banda, as relacións diplomáticas entre Moscova e Tbilisi, interrompidas desde 2008,
aínda non se restauraron. Pero desde que Bidzina Ivanishvili resultara gañador produciuse un
achegamento entre os dous países. Xeorxia e Rusia iniciaron en decembro de 2012 un diálogo
bilateral directo en torno ás súas relacións comerciais, que xa deron os seus primeiros froitos:
o levantamento parcial do embargo de viños e augas minerais xeorxianas en Rusia. O tema das
rexións secesionistas de Osetia do Sur e Abxasia non está previsto que se trate aínda, pero os
significativos cambios na esfera política xeorxiana abriron as posibilidades dunha mellora no
proceso negociador entre as partes.
Marta Ter Ferrer
é licenciada en Filoloxía Eslava e Filoloxía Inglesa. Traballou en Moscova para
diversos medios de comunicación rusos e españois entre 1998 e 2001. Actualmente
coordina a campaña “Chechenia: rompamos o silencio” (www.txetxenia.org) desde a
ONG Lliga del Drets dels Pobles. É tamén coordinadora do boletín Caucasus News.
Citas bibliográficas:
(1) “Abkhazia: The Long Road to Reconciliation”, International Crisis Group, Europe Report n.
224, 10 de abril de 2013, p. 6.
(2) “Abkhazia: Deepening Dependence”, International Crisis Group, Europe Report n. 202, 26 de
febreiro de 2010, p. 6.
(3) “Living in Limbo, Rights of Ethnic Georgians Returnees to the Gali District of Abkhazia”, Hu-
man Rights Watch, 15 de xullo de 2011.
13
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Cosova: algúns adiantos no seu estatuto internacional, os mesmos problemas no cotián das persoas
Cinco anos despois de declarar unilateralmente a súa independencia, Cosova permanece non
recoñecida como Estado soberano por unha parte significativa da comunidade internacional, con
Serbia, Rusia e China á cabeza, mais tamén por algúns Estados membros da Unión Europea como
Grecia, España, Romanía, Eslovaquia e Chipre.
En xuño de 2013 rexistrábanse 101 Estados que recoñecen oficialmente ese estatuto para
Cosova. Con todo, este número non é definitivo. Estados como Omán e Guiné Bissau se retracta-
ran e se verifican diverxencias institucionais internas en canto ao recoñecemento por parte de
Nixeria, Uganda e Săo Tomé e Príncipe. O estatuto de membro de Nacións Unidas (como símbolo
maior da súa entrada plena na comunidade internacional) continúa, por conseguinte, vedado
para Cosova.
A OTAN e a Unión Europea continúan presentes no terreo, coas misións da KFOR e da EULEX,
respectivamente. Porén, a supervisión exercida pola comunidade internacional, conforme ás li-
ñas do Plan Ahtisaari(1) (2007) foi levantada en setembro de 2012, o que representou un paso
importante para a soberanía plena de Cosova.
A relación con Serbia
O recoñecemento da independencia desta súa antiga provincia por parte de Serbia continúa a
ser o maior obstáculo para acadar esa soberanía plena. Algúns pasos significativos téñense dado
no sentido dunha normalización de relacións (mais non de recoñecemento) entre Pristina e Bel-
grado, feito ao que non ten sido alleo algunha condicionalidade para a adhesión á Unión Europea
que desvelou algunha flexibilización na posición das institucións serbias.
(1) Presentado polo ex presidente de Finlandia e entón emisario especial da ONU para Cosova, Martti
Ahtisaari, o cal defendía conceder a Cosova un estatus de “independencia baixo tutela internacional”.
(Nota do editor)
14
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
En marzo de 2011 abriuse un período de diálogo bilateral cada vez máis intenso, culminando
en febreiro de 2013 cos encontros entre os respectivos Primeiros Ministros e ata mesmo dos res-
pectivos Presidentes. Algúns acordos bilaterais téñense conseguido en áreas específicas como a
xestión de pasaxes fronteirizas, exencións de impostos aduaneiros e o recoñecemento mutuo de
diplomas universitarios.
Do conxunto de acordos conseguidos, dous merecen ser destacados. O primeiro foi celebrado
en febreiro de 2012 e permite que Cosova poida participar en reunións e foros rexionais só baixo
o nome de “República de Cosova” asociado a un asterisco co texto en rodapé: “Esta designación
non prexudica as posicións sobre o estatuto de Cosova e está en consonancia coa resolución 1244
do Consello de Seguridade das Nacións Unidas e o parecer do Tribunal Internacional de Xustiza
(TIX) sobre a declaración de independencia de Cosova”.
O segundo acordo resulta dun conxunto de roldas de negociacións mediadas por Catherine
Ashton, Alta Representante da Unión Europea para os Negocios Estranxeiros e a Política de Se-
guridade, concluído en abril de 2013 e que constitúe un compromiso posible sobre o Norte de
Cosova. Destácanse neste acordo o establecemento dunha asociación intermunicipal nesta área
predominantemente serbia e con competencias nos dominios do desenvolvemento económico,
educación e saúde, e o establecemento dun principio de proporcionalidade étnica nas forzas po-
liciais e no corpo xudicial local.
Por moito que o esforzo das autoridades de Belgrado para a normalización das súas relacións
con Cosova sexa destacable, a poboación serbia de Cosova do Norte (onde representa o 90 por
cento da poboación) resístese fortemente a calquera acordo coas autoridades políticas de Pristi-
na. En febreiro de 2012, os catro municipios do Norte de Cosova organizaron un referendo local
no cal o 99 por cento dos votantes declarou non aceptar as institucións da República de Cosova.
Ben que sen calquera valor xurídico e ben que Serbia se teña desmarcado oficialmente deste
acto, o referendo veu demostrarlle á comunidade internacional que a resistencia das poboacións
do Norte de Cosova non proveñen só de grupos extremistas illados senón que é xenuinamente
partillada por unha parte significativa da poboación. Esa mesma resistencia ás cesións para
Cosova manifestouse igualmente no rexeitamento do acordo de abril de 2013 por parte das po-
boacións do Norte de Cosova.
Un mundo político nas redes da xustiza
O pasado de moitos dos seus protagonistas políticos continúa a ensombrecer a vida pública de
Cosova, non só polo papel que (legalmente) tiveron antes da intervención internacional de 1999,
senón tamén posteriormente no desempeño de cargos de responsabilidade. O informe do Conse-
llo da Europa elaborado polo suízo Dick Marty en 2010, por exemplo, implicou directamente ao
15
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
actual primeiro ministro de Cosova, Hashim Thaçi, no tráfico de órganos de prisioneiros serbios
ao final dos anos 1990, cando era membro do Exército de Liberación de Cosova (UCK polas súas
siglas en cosovar), e que se xuntou ás sospeitas de envolvemento en tráfico de drogas para finan-
ciamento do UCK.
Pola súa parte, Ramush Haradinaj, líder da Alianza para o Futuro de Cosova (AAK) e antigo
primeiro ministro de Cosova, foi absolto no Tribunal Internacional da Haia en novembro de 2012
de acusacións de tortura e execución de prisioneiros en campos de detención do UCK, por non
colaboración coas autoridades e por falta de probas.
O mesmo veredicto fora pronunciado en 2005 no caso de Fatmir Limaj, dirixente do Partido
Democrático de Cosova e tamén antigo membro do UCK, por crimes de guerra e por malos tratos
e abuso de prisioneiros serbios nos anos 1990. Afronta na actualidade acusacións de crime orga-
nizado e corrupción, envolvendo a manipulación de concursos públicos e suborno no momento
do seu mandato como Ministro de Transportes. Tamén o antigo vice primeiro ministro Bujar
Bukoshi afronta acusacións de corrupción no “caso Ilir Tolaj”(2).
Pero alén destes casos de crimes de guerra e de corrupción, outros procesos xudiciais teñen
marcado a axenda mediática en Cosova. Un dos máis importantes foi o “caso BIRN” (Balkan In-
vestigative Reporting Network), no que a xornalista Jeta Xharra, tras un programa de televisión
en que denunciou casos de mala xestión municipal na localidade de Skenderaj, foi vítima dunha
campaña de difamación e insulto sistemático nos editoriais do xornal Infopress en 2009. Os cinco
acusados acabarían por ser absoltos en xuño de 2013.
Unha economía en suspenso
Segundo datos do FMI, Cosova rexistra actualmente a maior taxa de crecemento económico
da zona euro (da que forma parte informalmente), en liña cun crecemento anual consistente por
riba do 3 por cento desde 2005. Este crecemento débese esencialmente ás remesas da diáspora
cosovar en Europa Occidental e América, ás doazóns para a reconstrución de infraestruturas e
ao aumento do gasto público para as grandes obras en curso da que a “Autoestrada Patriótica” en
dirección a Albania é o exemplo máis significativo. Estes factores, ben como o feito de que a súa
economía está integrada de forma moi limitada no sistema económico internacional, axudaron
a Cosova a preservarse dos tumultos da crise financeira internacional que afectou gran parte do
continente europeo.
No entanto, Cosova permanece como o país máis pobre de Europa, contrastando fortemente
(2) Ilir Tolaj foi un alto asesor do Ministerio de Saúde de Cosova, acusado pola EULEX de presunta co-
rrupción e evasión fiscal. (Nota do editor)
16
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
cos seus veciños. A economía de mercado en Cosova non é funcional, tanto pola presenza dun
sector informal forte como pola corrupción xeralizada que enfraquece o estado de dereito. O des-
emprego atinxe cerca do 45 por cento da poboación activa, subindo ao 75 por cento na faixa dos
15-25 anos. Os niveis de pobreza son tamén preocupantes: 45 por cento da poboación de Cosova
vive baixo o limiar da pobreza e o 15 por cento en situación de pobreza extrema. A parte do or-
zamento estatal dedicada á protección social das poboacións máis desprotexidas é moi limitada,
sendo esta asegurada en gran parte polas familias.
Os recentes desenvolvementos na normalización das relacións con Serbia representan o
adianto máis significativo no camiño de Cosova para a súa maduración como comunidade so-
berana. No entanto, as moitas deficiencias aínda existentes ao nivel da construción do estado de
dereito e os persistentes desequilibrios sociais e económicos son demasiado profundos para que
unha evolución significativa poida ser rexistrada no inmediato.
Pascoal Santos Pereira
Doutorando en Política Internacional e Resolución de Conflitos
Centro de Estudos Sociais - Universidade de Coimbra (Portugal)
17
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Nagorno Karabaj: a consolidación dun Estado de feito
Os Estados non recoñecidos son un fenómeno habitual na política contemporánea, un elemen-
to importante das transformacións xeopolíticas de hoxe. O seu elevado papel na política interna-
cional actual débese á formación incompleta da nova orde do mundo global.
Actualmente, a República de Nagorno Karabaj (RNK) non está recoñecida por ningún Estado
membro da ONU, entre eles Armenia. A estatalidade de Nagorno Karabaj é só recoñecida polas
outras entidades non recoñecidas do espazo post-soviético, sendo estas Abxasia, Osetia do Sur e
Transnistria. Nagorno Karabaj é unha república, con todo, cunha economía que depende funda-
mentalmente das remesas da diáspora armenia. Non hai investimentos estranxeiros directos nin
axuda internacional. As organizacións non gobernamentais internacionais están ausentes, coa
excepción da británica The Halo Trust, que se dedica a retirar minas antipersoas.
O pulso entre Armenia e Acerbaixán
Armenia apoia a autodeterminación etnopolítica dos armenios de Nagorno Karabaj, propor-
ciona apoio financeiro, diplomático e militar á república non recoñecida. Un papel importante
en facer chegar as posicións da RNK ao mundo está en mans da diáspora armenia e de grupos
de influencia en EUA, Rusia e outros Estados europeos. Coa súa axuda, o servizo diplomático da
RNK realiza unha extensa actividade internacional, contando cunha rede de oficinas de repre-
sentación no estranxeiro (EUA, Francia, Alemaña, Australia, Rusia, etc.).
A democracia foi e segue sendo un recurso importante da competencia política de Karabaj con
respecto a Acerbaixán. Freedom House, unha organización estadounidense que analiza a situa-
ción dos dereitos humanos en distintos países, actualizou o estado de Nagorno Karabaj, pasándoo
de “non libre” a “parcialmente libre” nunha enquisa anual mundial de dereitos civís e liberdades
dada a coñecer o pasado 16 de xaneiro. Mentres, Acerbaixán é un dos países considerados “non
libres” por Freedom House.
Para Nagorno Karabaj é importante a determinación do seu status como Estado independente.
Pola súa banda, Bakú esixe un retorno á situación anterior á guerra e non quere ata entón falar
sobre o seu estado. Desde o punto de vista das autoridades de Acerbaixán, o conflito de Nagor-
no Karabaj é o resultado da agresión e expansión territorial por parte de Armenia. Polo tanto, o
problema interprétase como un conflito interestatal, e non como resultado da autodeterminación
etnopolítica da comunidade armenia de Karabaj.
18
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
A posición de Acerbaixán na actualidade é a posición dun país que perdeu os seus territorios
e apela á comunidade internacional (e especialmente a EUA) para premer a Armenia e obrigala a
devolver os “territorios ocupados”. Acerbaixán constantemente ameaza con usar a forza militar e
aumenta os seus gastos en defensa. Segundo os datos do Instituto Internacional de Investigación
para a Paz de Estocolmo (SIPRI), de 1998 a 2007, os gastos militares xerais de Acerbaixán aumen-
taron en 5,5 veces e constituíron en 2012 aproximadamente 3,2 millóns de dólares. Isto é case
unha quinta parte do orzamento nacional do país. E o orzamento deste ano en defensa elevarase
a 3.700 millóns de dólares.
En Nagorno Karabaj, en contraste cos outros dous Estados parcialmente recoñecidos da rexión
do Cáucaso do Sur (Abxasia e Osetia do Sur), non existe unha presenza militar rusa nin tampouco
de forzas de paz internacionais chamadas a garantir a non reanudación do conflito armado. O
mesmo proceso de negociación -a xulgar polo fracasado cumio dos presidentes de Armenia, Acer-
baixán e Rusia celebrado en Kazán en xuño de 2011 – está estancado.
En maio de 2011, durante o cumio do G8 celebrado en Deauville (Francia), os presidentes Ba-
rack Obama, Dmitri Medvedev e Nicolás Sarkozy adoptaron outra declaración conxunta sobre o
arranxo do conflito de Nagorno Karabaj. Con todo, e como sucedera anteriormente, as partes en
conflito non lograron chegar a un compromiso. EUA, Rusia e Francia manifestaron a súa frustra-
ción polo estancamento durante unha reunión ministerial da OSCE celebrada en Dublín: “Lamen-
tamos que as expectativas dun avance máis rápido no proceso de paz, que foron suscitadas pola
Declaración Conxunta dos Presidentes de Armenia e Acerbaixán co Presidente da Federación de
Rusia en Sochi o 23 de xaneiro de 2012, non se cumpriran”, dixeron nun comunicado conxunto.
A retórica hostil, así como tamén a falta de confianza e comunicación entre a sociedade arme-
nia e a azerí, impiden calquera progreso nas negociacións para solucionar o conflito de Nagorno
Karabaj, segundo sinalou en Bakú o representante Especial da Unión Europea para o Cáucaso
Meridional e a crise en Xeorxia, Philippe Lefort, quen resaltou que a UE está interesada na solu-
ción pacífica do conflito.
Avances no recoñecemento exterior da RNK
A parte armenia debe continuar as negociacións sobre o arranxo do conflito por varias razóns.
A principal delas é a seguinte: hai un proceso obxectivo da creación de novos Estados. Incluso en
tres países europeos -Bélxica, España e o Reino Unido- discútese a cuestión da independencia,
respectivamente, de Flandres, Cataluña e Escocia. No último ano, apareceu un novo Estado en
África, Sudán do Sur, e así sucesivamente. Logo de máis de vinte anos de existencia da República
de Nagorno Karabaj, e en especial no contexto dos cambios xeopolíticos arriba mencionados, a
propia posibilidade de substitución do seu Estado de feito polo de iure non só non se percibe ne-
gativamente, senón que tamén cobra forza.
19
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Así, tres estados estadounidenses, Rhode Island, Massachusetts e Maine aprobaron unha re-
solución pedindo ao Presidente de EUA e ao Congreso recoñecer a independencia de Nagorno
Karabaj. Tamén o Consello Lexislativo do Parlamento de Nova Gales do Sur (Australia) aprobou
unha resolución recoñecendo a República de Nagorno Karabaj e o dereito á libre determinación
do pobo armenio. Van creándose grupos parlamentarios de amizade coa República de Artsaj
(RNK), o que caracteriza os logros do pobo da RNK no camiño da construción dun Estado in-
dependente baseado nos principios democráticos. O presidente da Cámara de Representantes
de Uruguai, Jorge Orrico, visitou a República de Nagorno Karabaj e reuniuse co presidente de
Artsaj, Bako Sahakian, no que foi a primeira visita dun alto funcionario que represente a un país
fora do Grupo de Minsk impulsado pola OSCE.
Este proceso progresivo de recoñecemento da RNK é a ameaza fundamental para a política
interior e exterior de Acerbaixán. Por iso xurdiu o “fenómeno Safarov”, que debía supoñer para
Armenia a adopción de medidas drásticas. Afortunadamente, isto non sucedeu. Recordemos que
o goberno azerí liberou e glorificou ao asasino Ramil Safarov, quen en 2004 matara cun machado
a un oficial armenio mentres durmía, durante un programa de estudos da OTAN en Budapest.
A reacción mundial foi unánime e moi clara en condenar o feito en Bakú. O escandaloso asunto
de Safarov socavou gravemente o proceso de negociación de Nagorno Karabaj e puxo en perigo
a fráxil seguridade e estabilidade rexionais. Cabe sinalar que a saída de calquera das partes do
proceso de negociación sería visto polos actores externos interesados como un signo de agresión.
Logo doutra visita á rexión por parte dos embaixadores e co-presidentes do Grupo de Minsk
da OSCE, na que se reuniron cos presidentes e ministros de Asuntos Exteriores de Armenia e
Acerbaixán, fíxose unha declaración final, non diferente de varias declaracións similares. Con
todo, esta vez os mediadores dixeron que tentarían organizar unha nova reunión durante o ano
entre os presidentes armenio Serzh Sargsyan e azerí Ilham Aliyev. Nos últimos tempos houbo
máis dunha ducia desas reunións, pero todas as esperanzas asociadas foron incumpridas.
Un 2013 crucial
Con todo, o ano 2013 pode ser crucial por ser ano electoral e, por conseguinte, determinante
para os próximos tempos. O pasado 18 de febreiro, os armenios reelixiron a Sargsyan como pre-
sidente da República de Armenia mentres que Aliyev postularase para a reelección en outubro
próximo. Bakú, mentres tanto, aproveita a súa riqueza petroleira para persuadir á comunidade
internacional de que apoie as súas reclamacións. Pero quizais o máis importante nas actuais ne-
gociacións son os sinais dunha crecente presión por parte dos mediadores sobre Ereván e Bakú.
De conformidade coa dinámica dos acontecementos, EUA, Francia e Rusia realmente queren
lograr cun xeito coordinado o éxito no proceso de negociación no Karabaj, xa que lles dará a
oportunidade de introducir en forma conxunta as forzas de paz na rexión para eliminar o risco
20
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
dunha guerra embrionaria. É, por certo, bastante importante, dado que a veciña rexión de Orien-
te Medio, ao parecer, atópase inmersa nun desastre sen esperanza e a zona de Transcaucasia,
estable hoxe máis que nunca, é importante para Rusia, EUA e a UE, xa que permite proporcionar
un control operativo e o transporte de mercancías a través da ruta do Norte.
Despois de que EUA e os seus aliados comezaran o proceso de lexitimación da autodetermi-
nación de Cosova, os líderes da RNK encabezados polo seu vicepresidente Andrias Ghukasian,
tamén adoptaron a fórmula “primeiro as normas, daquela o estatuto”. A complexa dinámica do
proceso de negociación e a solución pacífica afectarán directamente as perspectivas de manter a
estatalidade dun Nagorno Karabaj non recoñecido. Nestes seus 25 anos de existencia, Nagorno
Karabaj logrou o que, probablemente, podía conseguir: converterse nun Estado, non recoñecido,
pero si de feito.
Hakob Symonian
é analista colaborador do IGADI. Reside en Ereván (Armenia)
21
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Osetia do Sur: entre a democracia e o subdesenvolvemento
A rexión de Osetia do Sur viviu desde 2011 un período de importantes dinámicas políticas. As
eleccións presidenciais de novembro dese ano foron particularmente relevantes, xa que o presi-
dente Eduard Kokoity, no poder desde 2001, estaba constitucionalmente impedido de postularse
para un terceiro mandato.
Estas foron tamén as eleccións máis importantes desde a guerra de 2008 con Xeorxia, tras a
cal Osetia do Sur, xunto coa rexión de Abxasia, viu a súa independencia recoñecida pola Federa-
ción Rusa e por un pequeno grupo de Estados do sistema internacional. Cuestións importantes
ligadas ao futuro político e económico da rexión e sobre a xestión da axuda promovida por Rusia
para a reconstrución do enclave gañaron unha dimensión central na campaña electoral. Por fin,
estas eleccións demostraron unha vez máis os delicados equilibrios de poder entre Tskhinvali e
Moscova no que atinxe á elección dos líderes políticos da rexión e o exercicio da súa (moi limi-
tada) soberanía.
Nese contexto do exercicio limitado da soberanía, as cuestións socioeconómicas e de desen-
volvemento rexional no período da posguerra son centrais para os líderes de Osetia do Sur. Os
últimos anos acreditaron o afondamento da súa dependencia económica fronte a Moscova, sexa
debido á desindustrialización acelerada pola guerra e pola ruptura de contactos con Xeorxia,
sexa por mor da remilitarización acelerada pola presenza rusa. Problemas coa corrupción e a
apropiación indebida de fondos por parte das elites políticas, ben como a redución na axuda
rusa á rexión, atrasaron considerablemente a reconstrución, afectando negativamente as con-
dicións sociais.
Neste contexto, Osetia do Sur vive hoxe nunha total dependencia fronte a Moscova en ter-
mos económicos e financeiros, sen capacidade de atraer investimento doutros países, perma-
necendo tamén nun limbo político, entre a independencia, a integración na Federación Rusa
-eventualmente fundíndose nunha única entidade política con Osetia do Norte- ou a distante,
mais aínda presente, posibilidade de volver a integrarse con Xeorxia.
22
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Eleccións, transición e o exercicio da soberanía
As eleccións presidenciais de novembro de 2011 foron precedidas dun conxunto de eventos
que lanzaron dúbidas sobre a xestión da axuda rusa á reconstrución de Osetia do Sur. Tendo en
conta o carácter centralizado e xerárquico da xestión política da rexión, estas sospeitas de apro-
piación indebida de fondos e controvertida xestión afectaron directamente ao presidente Kokoity
e o seu grupo de simpatizantes. Entre as eleccións parlamentarias de 2009 e as presidenciais de
2011, tiveron lugar varias demostracións na capital Tskhinvali, denunciando a lentitude en ma-
teria de reconstrución e os abusos de poder do presidente.
Este contexto debilitou a súa popularidade e reforzou a base social de apoio a algunhas figuras
prominentes da oposición a pesar da represión violenta das súas actividades. Así, cando en xuño
de 2011, os parlamentarios do partido do presidente Kokoity procuraron facer aprobar unha al-
teración á Constitución para que fose posible un terceiro mandato do presidente, esta proposta
foi rexeitada, abrindo a carreira electoral.
Once candidatos puideron concorrer ás eleccións presidenciais do 13 de novembro e dous
candidatos pasaron á segunda volta: Alla Dzhioyeva, candidata da oposición e ex ministra da
Educación; e Anatoly Bibilov, ministro para as situacións de emerxencia e candidato apoiado por
Moscova.
Tal e como ocorreu noutros procesos electorais nas rexións secesionistas de Eurasia, o papel
de Moscova na elección dos candidatos foi central. No caso de Osetia do Sur, desde a década de
1990, os presidentes foron os candidatos apoiados por Moscova, reflectindo a dependencia polí-
tica e económica desta rexión en relación á Federación Rusa e a incapacidade de xerar movemen-
tos políticos autónomos e de base local. Este é, de feito, un argumento frecuentemente utilizado
por Tbilisi para denunciar ao goberno rexional como un “monicreque” de Moscova.
Durante a campaña electoral, debates sobre a corrupción e en torno ao futuro político da
rexión, agora recoñecida por Moscova como un Estado soberano, afondaron as diverxencias
entre as dúas candidaturas. Dzhioyeva e a oposición manifestáronse contra a posibilidade de
anexión por parte de Rusia, mentres que Bibilov defendeu esta opción. É pois neste contexto que
a vitoria de Dzhioyeva, na segunda volta das eleccións, o 28 de novembro, con cerca de 57 por
cento dos votos, foi unha sorpresa absoluta e creou un problema político para Moscova e para o
presidente Kokoity.
Perante a elección dunha figura con importante apoio social, o presidente Kokoity e o seu
partido pediron a anulación dos resultados polo Tribunal Supremo, alegando fraude masiva das
eleccións por parte dos simpatizantes de Dzhioyeva. O tribunal confirmou a anulación dos resul-
tados e novas eleccións foron marcadas para marzo de 2012. Este foi un período de gran tensión
na pequena república do Cáucaso, dado que os simpatizantes de Dzhioyeva esixiron o recoñece-
23
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
mento dos resultados electorais e as forzas leais ao presidente Kokoity usaron métodos de gran
violencia para intimidar os seus simpatizantes. A propia Dzhioyeva foi hospitalizada en febreiro
de 2012, tras ser invadida a súa sede de campaña por forzas policiais.
Finalmente, o 10 de abril de 2012, Leonid Tibilov foi elixido presidente de Osetia do Sur, sen
que Dzhioyeva puidese postularse despois de que Moscova decidise non avanzar novamente co
nome Bibilov para esta segunda elección.
Este proceso permítenos albiscar a complexidade e simultánea aliñación das dinámicas polí-
ticas nos Estados non recoñecidos. Por unha banda, estes Estados revelan as mesmas complexi-
dades que calquera outra entidade política dentro do sistema internacional, con diversas forzas
políticas e económicas en busca de influír na transición de poder. Con todo, na ausencia de sobe-
ranía formal e autonomía para xestionar os seus asuntos internos, estes espazos restan limitados
nas súas posibilidades de desenvolvemento político e reducidos nas súas opcións.
Neste caso, a disputa entre distintos grupos en Moscova fixo que non se avanzase un candi-
dato consensual para estas eleccións, permitindo que xurdise unha candidatura xenuinamente
apoiada pola poboación. Con todo, no contexto de soberanía limitada, Moscova ten que xestionar
as loitas de poder entre distintas faccións, incluíndo o presidente cesante e a oposición, sen no
entanto retirarlles totalmente a súa lexitimidade popular.
Dependencia económica e militar e o futuro das relacións con Xeorxia
Desde a guerra de 2008, a situación económica da rexión deteriorouse significativamente. O
comercio a través da fronteira con Xeorxia representaba unha importante fonte de rendas que
quedou agora inaccesible. O comercio con Rusia é máis difícil, tendo en conta as condicións cli-
máticas das montañas do Cáucaso e a destrución do túnel de Roki, na Estrada Transcaucasiana,
que une a Federación Rusa co Cáucaso do Sur.
Co illamento e a destrución provocadas pola guerra, acentuouse a dependencia económica
en relación á presenza militar rusa na rexión. A sociedade de Osetia do Sur vive un proceso de
desindustrialización e de regreso á agricultura e depende da prestación de servizos ás forzas
militares estacionadas na rexión. As perspectivas de atracción de investimento son bastante
limitadas e mesmo a axuda rusa, que inicialmente se prevía poder achegar uns 11,5 mil millóns
de rublos, acabou por saldarse en cerca de dous mil millóns. O investimento ruso nun gasoduto
entre Dzaurikau e Tskhinvali tampouco se confirmou e, ao contrario do que acontece en Abxa-
sia, o investimento turco en Osetia do Sur é practicamente inexistente. Outro factor que limita
o desenvolvemento económico é a aplicación dos códigos fiscais rusos, que están claramente
desactualizados.
24
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
A presenza militar rusa na rexión tense consolidado desde 2011. O número de postos fron-
teirizos ao longo da liña administrativa con Xeorxia reforzouse e, durante 2013, iniciouse o pro-
ceso de fortificación desta liña. A Misión de Seguemento da Unión Europea, con mandato para
monitorear a situación no terreo, subliñou o impacto negativo que este proceso ten na vida dos
cidadáns que atravesan esta fronteira e no proceso de creación de confianza entre as partes con
vista á resolución do conflito.
Pola súa banda, a Federación Rusa celebrou en 2011 un contrato coas autoridades en Tskhin-
vali para a creación, uso e mellora de bases militares na rexión, cunha duración de 49 anos,
desenvolvendo exercicios militares conxuntos durante 2011 e, en 2012, anunciou a integración
dun batallón de Osetia do Sur no exército ruso. Xeorxia denunciou esta decisión como unha con-
tribución á militarización da rexión.
A medida que o illamento de Osetia do Sur se acentúa, aumenta tamén a importancia das es-
casas canles de comunicación con Xeorxia. Desde 2008, e no ámbito das reunións do Mecanismo
de Prevención de Incidentes e de Resposta establecido no cadro das Discusións de Xenebra, a
interacción entre os dous lados aínda se mantén (incluíndo tamén a Rusia). A importancia deste
mecanismo reside non só no sostemento dun diálogo constante, mais tamén no impacto positivo
que ten tido na redución de tensións ao longo da liña administrativa e na redución do impacto
negativo da fortificación desta fronteira na vida das poboacións. Con todo, a capacidade deste
instrumento en crear bases para un futuro acordo político son menos claras, correndo o risco de
tornarse irrelevante para o proceso político en curso.
Licínia Simăo
é profesora auxiliar en Relacións Internacionais, Universidade de Coimbra e
Investigadora do Centro de Estudos Sociais (CES)
25
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Palestina 2013: Estado observador na ONU
A progresiva estatalidade de Palestina enfróntase ao seguinte paradoxo: ao mesmo tempo
que logrou o maior recoñecemento internacional da súa historia, as súas posibilidades reais de
implementación vense paulatinamente reducidas. O actual consenso internacional para a reso-
lución do conflito sobre a base dos dous Estados non ten precedentes na súa dimensión. Incluso
é compartido ―cando menos en teoría― por EUA, o principal valedor de Israel no sistema mun-
dial. Sen embargo, nunca antes tíñase constatado e explicitado tanto escepticismo e incertezas
acerca da súa materialización.
O principal obstáculo co que tropeza é a crecente presenza da ocupación militar israelí, con-
cretada na súa escalada colonizadora, fragmentación e illamento dos territorios palestinos. Se-
mellante dinámica imposibilita a construción dun Estado palestino con continuidade territorial,
cohesión demográfica e viabilidade económica. A política israelí de feitos consumados e irre-
versibles é contraria á resolución dos dous Estados; e non semella posibilitar máis escenarios
que os oscilantes entre o actual statu quo de apartheid e un futuro Estado unitario, binacional e
democrático.
A súa aceptación como Estado observador non membro na ONU
O reiterado fracaso do proceso de paz en Oriente Próximo alentou á dirección política pales-
tina a buscar unha maior implicación da sociedade internacional na resolución do conflito; e na
que, a súa vez, apoiar a súa iniciativa para o ingreso de Palestina como Estado membro de pleno
dereito nas Nacións Unidas. Dúas décadas despois do seu inicio en Madrid (1991), o proceso de
pacificación permanecía estancado, sen perspectivas de continuidade nin de recuperación.
Tres factores reforzaban, con diferente grao de intensidade e importancia, esta situación de
impasse: o unilateralismo e intransixencia israelí, que socavaba coa súa espiral colonizadora
a base material na que asentar un futuro Estado palestino; a falta de vontade, parcialidade e
inoperancia da mediación estadounidense e, por extensión, do Cuarteto (integrado por EUA, a
Unión Europea, a Federación Rusa e a ONU); e, por último, a debilidade palestina, acentuada
―ademais― pola división interna entre as súas dúas principais forzas políticas, Fatah e Hamás.
Nesta tesitura, a presidencia da Organización para a Liberación de Palestina (OLP) e da Auto-
ridade Palestina (AP) asumiu dita iniciativa. O seu obxectivo de internacionalizar a busca dunha
26
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
solución da cuestión palestina perseguía atenuar os citados factores. Primeiro, a propia inicia-
tiva, con independencia do alcance que lograra, articulábase como un revulsivo de presión po-
lítica e diplomática ante o inmobilismo do Goberno israelí, presidido por Benjamin Netanyahu;
segundo, buscaba ensanchar a implicación e mediación internacional cunha base mais plural,
honesta e equilibrada que a estadounidense; por último, terceiro, tentaba compensar a súa debi-
lidade fronte a Israel co respaldo internacional á súa iniciativa, ao mesmo tempo que o seu éxito
diplomático outorgaba á OLP/AP certo respiro ante o seu continuado desgaste político no ámbito
interno.
No transcurso da súa 66ª Asemblea Xeral (AX), o presidente palestino, Mahmud Abbás, pre-
sentou a solicitude de ingreso de Palestina na ONU, o 23 de novembro de 2011. Pese ao seu no-
table eco político, diplomático e mediático, a petición non prosperou no Consello de Seguridade
(CS). O desacordo no seu Comité de Admisión de Novos Membros foi paralizante; nin sequera
chegouse a votar a proposta. Neste ámbito, a oposición estadounidense foi determinante. De
feito, ante a admisión de Palestina como Estado membro da UNESCO, o 31 de outubro dese mes-
mo ano, Washington adoptou represalias económicas (conxelación dos fondos comprometidos)
contra esta axencia especializada da ONU (ás que tamén se sumaron Canadá e Israel); e tamén
contra a AP.
O revés sufrido no CS non desanimou á OLP/AP para continuar cos seus esforzos políticos e
diplomáticos. Pese ás presións exercidas por EUA e Israel, Palestina non retirou a súa solicitude
para ingresar como Estado membro da ONU, nin freou a súa iniciativa diplomática en busca de
novos apoios na escena internacional. Sen embargo, para rebasar a negativa estadounidense no
CS, a OLP/AP acudiu ao ano seguinte á AX, órgano no que ―a diferenza do CS― só podía solicitar
a condición de Estado observador non membro da ONU (status semellante ao que ten o Vatica-
no). A súa proposta, votada o 29 de novembro de 2012, obtivo un respaldo moi notable cos votos
afirmativos de 138 Estados, 41 abstencións e os negativos de EUA e Israel, aos que se engadiron
outros 7 Estados (Canadá, República Checa, Panamá, Illas Marshall, Micronesia, Nauru e Palau).
Palestina vía así elevado o seu status na ONU, pasando da inicial condición de entidade ob-
servadora que tiña a OLP á de Estado observador non membro. O seu éxito era só parcial, pois
non lograba alcanzar o seu máximo obxectivo: ingresar como Estado membro de pleno dereito na
ONU. Previsiblemente, o seu novo status prolongarase mentres non se resolva o conflito, debido
aos obstáculos para consolidarse non só como Estado de feito, senón tamén de iure.
Alcance e limitacións da nova condición de Estado observador na ONU
O principal impedimento para traducir o seu éxito diplomático en metas políticas concretas
débese á persistencia da ocupación militar israelí. A súa presenza exclúe a normal ―e formal―
existencia dun Estado palestino, pois socava un dos tres elementos constitutivos dun Estado, a
27
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
súa soberanía. Segundo o Dereito Internacional, un Estado debe posuír un territorio delimitado,
unha poboación permanente e un goberno que despregue os seus poderes soberanos dun xeito
interno (sobre o territorio e a poboación asentada no mesmo) e externa (nas súas relacións e
compromisos con outros Estados e suxeitos do Dereito Internacional).
En teoría, a actual entidade palestina posúe estes tres elementos, pero a súa organización
política ou Goberno, a AP, ten mermada a súa soberanía pola potencia militar ocupante. Non
é a primeira vez na historia que, por unha situación conflitiva, un Estado vese conxuntural e
temporalmente afectado no exercicio efectivo da súa soberanía (por exemplo, Polonia durante a
Segunda Guerra Mundial, 1939-1945, ou mais próximo no tempo, Kuwait baixo a invasión ira-
quí, 1990-91).
Este problema, lonxe de reducirse, agrávase polo paulatino incremento da ocupación israelí en
sintonía coa súa política de ´feitos consumados´. A multiplicación dos asentamentos, do número
de colonos (triplicándose de 200.000 a 600.000), das carreteiras de circunvalación, dos postos de
control e da apropiación dos recursos hídricos palestinos, entre outros agravios, forman parte
dunha evidente dinámica colonial que apunta na dirección contraria á sinalada polo proceso de
paz. Velaí que a delegación palestina nas negociacións se retirara. Non tiña ningunha credibilida-
de seguir negociando mentres as escavadoras israelís socavaban a base material e territorial na
que asentar un Estado palestino independente, con soberanía nacional e continuidade territorial.
Despois do éxito da proposta palestina na ONU, Israel anunciou a planificación da zona E-1
(localizada entre Xerusalén Leste e o asentamento de Maale Adumin) e a construción de 3.000
novas vivendas en Xerusalén Leste e Cisxordania. Semanas despois anunciaba a construción
doutras 1.600 vivendas nunha colonia de Xerusalén Leste (Ramat Schlomo). Presentadas como
medidas de represalia, a realidade é que Israel non precisaba de escusas para continuar cunha
práctica colonial que forma parte do seu ideario político. Non deixa de ser significativo que
membros dos seus sucesivos gobernos, como Naftali Bennett, entre outros, maniféstense aber-
tamente partidarios da expansión colonial e detractores dun Estado palestino. En suma, as pers-
pectivas para unha retirada israelí dos territorios palestinos, que ocupa ilegal e militarmente
desde 1967, son mínimas.
¿Cara un Estado de apartheid ou cara un Estado unitario, binacional e democrático?
Ante estas limitacións e impedimentos, as teses mais pesimistas sobre a viabilidade e implan-
tación dun Estado palestino apoderáronse da maioría das análises. Incluso en EUA e na Unión
Europea hai conciencia de que o prazo para implementar a resolución dos dous Estados esgótase,
acelerado pola dinámica colonial israelí. Aínda que non se acostuma indicar unha data concre-
ta sobre a irreversibilidade de dito proceso, o Secretario de Estado da segunda administración
Obama, John Kerry, pronunciouse sinalando que a oportunidade para os dous Estados estábase
28
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
pechando, “só quedaba un ano, ano e medio, ou dous anos e acabouse”. Sen esquecer que para
voces mais críticas dito prazo rebasouse e esgotouse desde hai tempo.
Ante a irreversibilidade da expansión colonial, que imposibilita a consolidación dun mini-
Estado palestino (e, tamén, a solución dos dous Estados), as marxes de futuros escenarios oscilan
entre, o mais inmediato, prolongar o actual statu quo de apartheid e, o mais remoto, ter que
asumir a poboación ocupada como parte da súa cidadanía debido a unha hipotética e efectiva
presión internacional ―e interna― como sucedeu na Sudáfrica supremacista. Esta opción, coñe-
cida como a dun só Estado, binacional e democrático, non semella moi previsible. De feito, como
declarara recentemente Netanyahu, para evitar un Estado binacional é necesario chegar a algún
tipo de acordo cos palestinos. Aínda que en teoría Israel rexeita esta solución, a súa práctica se-
mella conducir a longo prazo á mesma. Pero, de momento, na presente conxuntura, o escenario
mais probable é a prolongación do actual statu quo.
Un panorama similar é apuntado polo National Intelligence Council, Global Trends 2030:
Alternative Worlds (2012), o cal considera que en torno a 2030 terase configurado un Estado
palestino de feito. Pero non sería froito da resolución definitiva do conflito (ou ben dun acordo
bilateral de paz coa OLP/AP), senón resultado de medidas unilaterais, graduais e indefinidas. En
suma, desde a actual posición de blindaxe de Israel na sociedade internacional, semella menos
gravoso prolongar o actual statu quo de apartheid que asumir os custes da súa retirada dos te-
rritorios palestinos para implementar a solución dos dous Estados.
José Abu-Tarbush
é profesor titular de Socioloxía do Desenvolvemento e das Relacións Internacionais na
Universidade de La Laguna (Tenerife)
29
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Puntlandia como base para unha “Nova Somalia”
Situada no Norte da conflitiva Somalia, a rexión de Puntlandia conta cunha estabilidade e
seguridade moito maior que a do resto do país, converténdose nunha entidade independente,
constitucional e administrativamente. A diferenza da súa veciña Somalilandia, claramente sece-
sionista, Puntlandia ten como obxectivo a reconstrución do Estado somalí e non pretende procla-
marse Estado independente dentro do sistema internacional.
Puntlandia quixo en todo momento tomar parte na reconstrución de Somalia e, cando se sen-
tiu marxinada, fixo notar o seu malestar. Así o fixo en xaneiro de 2011, cando deu por rotas as
relacións coas autoridades de Somalia porque consideraba que non recibía a atención necesaria
da comunidade internacional nin estaba participando nas decisións para a futura Somalia. Con
todo, o Goberno Federal de Transición de Somalia debía terminar o seu mandato no verán de
2012, e durante o ano anterior levouse a cabo o “proceso Garowe” (nome da capital de Puntlan-
dia), para guiar o final do período transitorio.
En efecto, nel participaron Puntlandia e outro Estado rexional, Galmudug, e acordouse que
serían recoñecidos como estados dentro dun sistema federal. Ademais, a milicia Ahlu Sunna Wal
Jama’a tamén asinou o acordo. Non estiveron presentes os representantes de Somalilandia, nin
tampouco Al Shabab, a milicia somalí vinculada á organización terrorista Al Qaeda.
Un Estado federal como solución
Estas conversas guiaron o traspaso de poder entre o goberno de transición e os seus suceso-
res, que debían entrar en agosto. De acordo coa Folla de Ruta para Somalia, aprobouse a nova
Constitución federal (celebrarase un referendo nacional cando mellore a seguridade do país),
constituíuse o Parlamento e nomeouse a un novo presidente, Hassan Sheikh Mohamud. Así,
Puntlandia contribuíu a sentar as bases para unha nova Somalia e, á súa vez, constituírse como
Estado federado.
Para esta rexión, un Estado federal é a única forma posible de conseguir o fin da crise políti-
ca en Somalia. De feito, recentemente criticou as disputas internas do goberno somalí, que son,
segundo as autoridades puntlandesas, unha perda de tempo e de recursos. En consecuencia, pe-
diron ás institucións federais que se centrasen en resolver a crise do país, en fortalecer o estado
de dereito e en apoiar a formación daqueles estados federados aínda por establecer. Ademais, o
30
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
presidente de Puntlandia, Abdirahman Muhamud Farole, declarou a finais de maio de 2013 que
non aceptarían cambios non autorizados na Constitución nin que desde Mogadiscio impuxeran
ordes non pactadas.
O presidente Muhamud Farole non estivo na conferencia internacional sobre Somalia cele-
brada o pasado 7 de maio, algo que a comunidade internacional lamentou e que podería terlles
molestado, pero valorouse igualmente o esforzo feito por este e outros gobernos rexionais e
locais. Así mesmo, no comunicado final do encontro, os asistentes mostraron o seu apoio aos
esforzos democráticos de Puntlandia, que celebrará eleccións locais en xullo de 2013. En cambio,
as eleccións presidenciais foron pospostas ata xaneiro de 2014, o que podería danar aínda máis
a lexitimidade do presidente, que está no poder desde 2009 e que recibe fortes críticas pola si-
tuación de inseguridade, a desintegración da rexión, a polarización política e a crise económica.
Un grupo de doantes internacionais apoia o proceso democrático de Puntlandia a través do
Democratization Programme Steering Committee (DPSC). Entre eles están a Unión Europea, Di-
namarca, Noruega, Suecia, Suíza, o DFID (Reino Unido) e a USAID (EUA). Todos eles buscan que
Puntlandia se erixa como un modelo a seguir para as demais rexións autónomas de Somalia.
Polo que respecta á zona de Sool, Sanaag e Cayn, situada na fronteira entre Somalilandia e
Puntlandia, a mesma continuou enfrontando ás dúas partes. Nomeáronse anciáns como repre-
sentantes para a negociación, o que demostra a dependencia da administración das institucións
comunitarias, quen teñen un rol importante na mediación de conflitos. Ademais, naceu un novo
Estado que engloba estas rexións, Khatumo, que din non responder aos intereses de ningunha
das partes.
A inseguridade persistente
As cidades costeiras de Puntlandia son utilizadas polos piratas, que normalmente trasladan
as embarcacións capturadas a estes portos para levar a cabo as negociacións. Nos rescates non
só benefícianse os piratas, quen consumirán produtos básicos locais, utilizaranos para saldar
as súas débedas ou para investir. Tamén gañan aqueles que financian os ataques (algúns deles
emigrantes de Puntlandia) e líderes tradicionais, “señores da guerra” e membros do Goberno de
Puntlandia, que utilizarán o diñeiro para fins persoais ou comunitarios.
Por tanto, aínda que se persiga a piratería, os beneficios locais e a corrupción non permiten
parar aos piratas. Como se apuntou, no que dura a negociación co dono do navío secuestrado,
os piratas adquiren produtos dos comerciantes locais. Con todo, non houbo unha mellora econó-
mica real das comunidades locais costeiras, pois o prezo dos alimentos aumentou e os salarios
diminuíron.
31
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
O número de secuestros en alta mar caeu considerablemente grazas á resposta máis agresiva
das autoridades, pero non desapareceron (merece a pena comentar que as noticias de secuestros
en terra son tamén frecuentes). En parte, foi a Forza de Policía Mariña de Puntlandia quen loitou
contra os ataques a navíos internacionais. Este proxecto tivo o apoio económico dos Emiratos
Árabes Unidos e recibiu adestramento de empresas de seguridade privadas británicas, estado-
unidenses, surafricanas e doutras partes de África. Aos poucos foi ampliando o seu ámbito de
actuación e chegou a propoñerse actuar contra altos membros de Al Qaeda e Al Shabab estable-
cidos en Somalia. Con todo, as Nacións Unidas criticaron esta forza de seguridade por vulnerar
o embargo de armas e porque era un corpo rexional, e non unha misión estatal en Mogadiscio, a
que pretendía aplicar accións de seguridade nacional e rexional.
Á súa vez, as forzas de seguridade de Somalia e Etiopía, apoiadas polas tropas da Unión Afri-
cana, conseguiron debilitar a Al Shabab e a milicia xa non controla o mesmo territorio urbano no
Sur, pero non foi derrotada aínda. Ademais, a súa fuxida cara o Norte repercutiu negativamente
en Puntlandia, quen notou cada vez máis a súa presenza en forma de atentados e enfrontamentos
coas forzas de seguridade. Muhamud Farole facía unhas declaracións en abril de 2012 nas que
denunciaba que Al Shabab trasladouse ao Norte e desde alí mantiña contacto con membros de Al
Qaeda en Iemen. Igualmente, en outubro de 2012, o Goberno de Puntlandia anunciaba que inter-
ceptara un barco proveniente de Iemen con armas para a milicia somalí. Xa en xuño dese mesmo
ano, o presidente de Puntlandia pedira máis esforzos por parte da comunidade internacional
para a súa rexión. Dixo que sen este apoio directo para as rexións autónomas, non se podería
construír unha Somalia libre de piratería e extremismo.
Por tanto, a axuda exterior vén dada frecuentemente para asuntos de seguridade. A visita do
presidente Farole en xaneiro pasado a Djibuti debeuse á súa relación en materia de seguridade e
outro exemplo máis é o investimento estranxeiro na construción de cárceres. Pero hai outros ám-
bitos nos que outros Estados e organizacións internacionais negocian con Puntlandia. O PNUD,
por exemplo, impulsa proxectos de seguridade, xustiza e desenvolvemento social. Ademais, por
primeira vez en 21 anos, realizáronse exploracións en Somalia para extraer petróleo, e foi en
Puntlandia. A canadense Horn Petroleum Corporation está detrás do proxecto. As autoridades
anunciaron a perforación como unha oportunidade para a paz e a mellora non só da rexión au-
tónoma, senón de toda Somalia.
No entanto, a Axencia de Petróleo e Minerais de Puntlandia é a autoridade competente na xes-
tión, supervisión e regulación dos hidrocarburos e minerais do Estado federado, non o goberno
federal. Enténdese por tanto que Puntlandia cre nunha Somalia federal, e para ela fixo grandes
esforzos e participou na súa reconstrución, pero desconfía de todo aquelo que signifique non ser
un Estado federado e que supoña perder a estabilidade e a autonomía que conseguiu ao longo de
máis dunha década.
32
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
María Àngela Tous Sansó
é licenciada en Periodismo pola Universidad Autónoma de Barcelona (2005-2009), con
Máster en Relacións Internacionais no Institut Barcelona d´Estudis Internacionals
(IBEI, 2010). Posúe tamén un itinerario específico de Paz e Seguridade Internacional.
33
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
República Moldava Pridnestroviana de Transnistria: no camiño á crise
A República Moldava Pridnestroviana, tamén coñecida como República de Transnistria, é un
país situado na beira oriental do río Dniéster entre Moldova e Ucraína con capital en Tiráspol.
Pese a que Transnistria dispón de todos os atributos dun Estado soberano (territorio, poboación
e un poder efectivo), por ser un suxeito non recoñecido polos Estados parte da ONU constitúe
unicamente un case-Estado.
Transnistria oficialmente forma parte da República de Moldova, sendo unha provincia con
autonomía, pero na práctica, desde 1990 Chisinau non efectúa ningún control efectivo baixo o
seu territorio. É dicir, Tiráspol é capaz de controlar a situación interna, mantendo a orde pú-
blica, e tamén soster relacións bilaterais case-oficiais cos Estados da súa rexión. Conforme á
Constitución de Transnistria de 1995, modificada no ano 2000 e 2011, a República Moldava Prid-
nestroviana é unha república semipresidencial, onde existe a división de poderes. Con todo, as
provisións da Constitución crean unicamente unha fachada de democracia xa que, na práctica, a
notoria unificación nas relacións entre o poder lexislativo, executivo e xudicial soen ser caracte-
rísticas dos Estados autocráticos.
Cambios inesperados
Durante máis de dúas décadas, a principal figura de Transnistria foi o seu presidente Igor
Smirnov, ex funcionario da República Socialista Soviética de Moldova, que orientou o país cara
a Moscova e construíu un potente “clan” político-comercial, que controlaba todas as esferas da
vida pública. No entanto, co tempo, Smirnov perdeu tanto a influencia na súa rede político-eco-
nómica como o apoio do Kremlin. En consecuencia, as últimas eleccións presidenciais, celebradas
a finais de 2011, gañounas Yevgueni Shevchuk, un político vinculado no pasado co actualmente
gobernante partido “A Renovación”, do que foi excluído en xullo de 2011.
A partir dos comicios celebrados en 2010, “A Renovación” conta con 25 postos no Parlamento
pridnestroviano denominado Consello Supremo e formado por 43 membros. Ata as emendas
introducidas á Constitución en xullo de 2011, o limitado papel do Parlamento non permitía ao
partido gobernante efectuar unha influencia real nos asuntos do país. Con todo, a creación en
2012 dun relativamente débil posto de primeiro ministro fortaleceu o Consello en detrimento do
34
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
presidente, quen anteriormente cumpría tamén a función de presidente do goberno. Hoxe en día,
a posición do presidente aínda é forte, pero os cambios introducidos en 2011 obríganlle a ter máis
en conta a opinión do Parlamento, co que mantén relacións relativamente tensas.
Os abusos de poder e un limitado respecto dos dereitos humanos e das liberdades civís son
habituais en Transnistria, permitindo así condicionar unha xurisdición a miúdo corrupta e inca-
paz de executar as súas propias decisións. Segundo o informe da Oficina do Alto Comisionado das
Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), elaborado na metade de 2010, o nivel da protección
das liberdades civís e dos dereitos políticos en Transnistria é escasa. É dicir, na escala de 1 a 7,
onde 7 equivale á protección máis baixa posible, a situación en Transnistria describiuse como
un nivel 6.
Con todo, a situación está mellorando, segundo un estudo preparado en febreiro de 2013 por
Thomas Hammarberg, un experto das Nacións Unidas. As autoridades pridnestrovianas aínda
non conseguen aplicar todos os dereitos garantidos na Constitución, pero en 2012 notáronse al-
gúns sinais positivos neste campo. Destacan entre outros os esforzos para garantir un equilibrio
das partes no proceso penal. Como resultado da aplicación de conmutacións de penas e a intro-
dución das emendas ao Código Penal baixou tamén a elevada cantidade de presos no territorio
de Transnistria.
Tensións en torno á zona de libre comercio
Coa presidencia de Shevchuk produciuse certo alivio nun conflito conxelado entre Chisinau
e Tiráspol a nivel económico (asinouse un acordo para o tráfico de trens de mercancías), político
(tiveron lugar encontros entre autoridades de ambos países) e cultural (permitiuse a dúas canles
de televisión moldavas emitir os seus programas en Transnistria). No entanto, a postura do réxi-
me pridnestroviano comezou a cambiar cos avances dos esforzos de Moldova para a firma dun
Acordo de Asociación coa Unión Europea, que asume a creación dunha zona de libre comercio
ampla e profunda (DCFTA).
As autoridades pridnestrovianas estiveron invitadas a participar nos traballos para o acordo,
pero negáronse a facelo de xeito efectivo, probablemente baixo a presión de Moscova, limitando
a súa participación só á presenza dun observador. A firma do acordo afectará a Transnistria igual
que a Moldova de todos os xeitos, e non parece que sexa de forma desexada por Tiráspol. É dicir,
a creación da zona de libre comercio vai alterar as relacións comerciais do país e afectar os dous
principais factores que permiten a existencia de Transnistria na esfera internacional como un
Estado de feito.
Primeiro é a determinación das elites políticas pridnestrovianas a manter o status quo exis-
tente e a postura favorable ou neutral dos Estados interesados. Malia as declaracións políticas
35
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
formuladas polo réxime pridnestroviano ao longo dos últimos anos, gañar o recoñecemento ple-
no de Transnistria no eido internacional non é nin posible nin desexable pois podería ter pro-
blemas para funcionar como un Estado independente sen o apoio económico externo. A actitude
pasiva cara as negociacións multilaterais, coa presenza das autoridades moldovas (por exemplo
en formula 5+2 proposta pola OSCE) suxire que a posibilidade da reintegración ao Estado “ma-
terno” tampouco sería desexable para Tiráspol.
Por outra banda, o mantemento deste status quo permitiría ás elites da beira oriental do
Dniéster seguir gozando dos beneficios económicos do funcionamento do país, sobre todo da am-
pla esfera gris, que deixa lugar para moitas formas de crime organizado, sobre todo o ilegal co-
mercio internacional de tabaco, alcohol e comida. Similares razóns motivan a Moldova e Ucraína
a dar o seu consentimento tácito para a actividade de Tiráspol na contorna internacional. A
saber, o intercambio comercial coa provincia rebelde resulta vantaxoso, tendo en conta os prezos
competitivos das mercancías pridnestrovianas. Con todo, o achegamento coa UE ten que signifi-
car para as autoridades moldovas un cambio de óptica. Baixo a influencia europea, Chisinau xa
dobrou esforzos para selar a fronteira, o que para as relacións comerciais de Transnistria poden
significar problemas reais.
Outro factor igualmente importante para a existencia de Transnistria no seu presente forma-
to é a capacidade de obter recursos para o funcionamento do país. Economicamente, a República
Moldova Pridnestroviana depende da axuda financeira de Rusia. Co fin de manter a posición
dominante no espazo post-soviético e conseguir unha influencia efectiva sobre un país localizado
case na fronteira da UE, Moscova contribúe ao mantemento da pequena Transnistria dun xeito
directo e indirecto. O máis importante para Tiráspol é o subministro do gas ruso, cun gasto que
corre a cargo de Chisinau, o que, segundo as declaracións rusas, é unha mostra do respecto á
integridade territorial de Moldova.
No entanto, Tiráspol conta tamén con fontes de financiamento de orixe interna. A maior par-
te da industria da antiga República Socialista Soviética de Moldova estaba localizada na beira
oriental do Dniéster o que, actualmente, permite basear a economía da provincia na exportación
da súa propia produción. Con todo, unha gran parte desta exportación (entre 30 e 50%) termina
no mercado europeo e a creación dunha zona de libre comercio en Moldova (no caso da exclusión
de Transnistria) podería significar para as empresas pridnestrovianas unha subida de 10-17 por
cento da taxa aduaneira para as súas exportacións á UE.
Entre Moscova e Bruxelas
A situación entre Moldova e Transnistria nos últimos meses foi máis tensa que en calquera
outro momento durante os últimos anos e non se limitou só a hostilidades a nivel político -os
incidentes tiveron lugar tamén entre funcionarios de policía de ambos países. Tendo en conta a
36
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
difícil conxuntura política actual e os fracasos dunha serie de intentos por solucionar a crise a
través de negociacións multilaterais, as esperanzas para normalizar a situación mediante a acti-
vidade da UE e a OSCE non parecen xustificadas, malia que unha das prioridades da presidencia
de Ucraína en OSCE en 2013 é o arranxo deste problema.
O asunto de Transnistria converteuse nunha fonte de controversias non só entre a provincia
e o seu Estado “materno” senón, sobre todo, entre Rusia e a UE. Occidente interpreta a creación
dun clima pouco favorable arredor das negociacións sobre a DCFTA como unha proba do interese
do Kremlin de frustrar a oportunidade de Moldova para integrarse na UE e coa finalidade de pro-
mover os seus propios intereses xeopolíticos na rexión. Por outra banda, para Rusia os intentos
de fortalecer as influencias europeas dentro da súa zona de interese resultan inaceptables e pode
dar lugar incluso ao recoñecemento de Transnistria como un Estado independente en caso de
creación de zona de libre comercio con Moldova.
As negociacións sobre o DCFTA non contribuíron á normalización da tensa situación entre
Tiráspol e Chisinau, pero a transformación do conflito “conxelado” nun máis aberto é pouco
probable tendo en conta os medios de influencia económica dos que dispoñen os máis potentes
actores da controversia. Por tanto, o escenario máis probable encara “unicamente” máis enfria-
mento nas relacións entre os interesados, provocado polo distanciamento dos obxectivos da súa
política exterior.
Katarzyna Araczewska
(Universidade de Lodz, Polonia) é analista colaboradora do IGADI.
37
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
República Turca do Norte de Chipre: a diplomacia da enerxía?
Sen cambios políticos significativos nos últimos anos, a realidade da República Turca do Nor-
te de Chipre (RTNC) transita basicamente por dous escenarios e expectativas. A primeira, e tras
un prolongado período de parálise, a atención está concentrada no futuro das negociacións coa
República de Chipre baixo auspicio da ONU e da Unión Europea (UE) E a segunda, calibra o
impacto da crise económica chipriota acaecida en marzo de 2013, que levou á certificación da
bancarrota financeira e a un rescate por parte da UE, baixo a tutela da “troika” conformada polo
Banco Central Europeo, a Comisión Europea e o FMI.
Neste sentido, a crise económica chipriota espertou o interese sobre os xacementos de petró-
leo e gas natural existentes no Mediterráneo Sur, localizados dentro da plataforma marítima da
illa, observadas moi de cerca por Turquía, EUA, Israel, Rusia, Grecia e, con menor incidencia,
Líbano, Siria e Exipto. A vista da crise económica en Chipre, a presión pola soberanía na conce-
sión de marxes de explotación practicamente determina un futuro económico “hipotecado” para
a illa, escenario que igualmente provoca un efecto colateral nas pretensións da RTNC por ver
recoñecida a súa legalidade internacional.
A aposta da RTNC segue a estar invariablemente centrada nos esforzos da República de Tur-
quía por reabrir o marco de negociacións coa ONU, a UE e a República de Chipre. Ankara comeza
a deseñar unha “solución de dous Estados” na illa, un escenario levemente similar ao contencioso
existente entre Palestina e Israel. Todo isto sen menoscabar nin diluír o mantemento do status
quo na RTNC.
Neste sentido, e aínda sen mencionar esta proposta de “dous Estados”, a finais de marzo de
2013 o ministro turco de Exteriores, Ahmet Davutoğlu, enviou unha serie de misivas ao secre-
tario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, así como aos ministros de Exteriores de EUA, Rusia, Gran
Bretaña, Francia e China (todos eles membros do Consello de Seguridade da ONU), e de Alemaña
e Grecia, coa finalidade de retomar as negociacións sobre a reunificación da illa(1).
38
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
A puxa polo petróleo e gas mediterráneo
Esta expresión diplomática por parte de Davutoğlu pode explicarse no contexto da crise
económica e financeira que vive Chipre desde febreiro e marzo de 2013. Particularmente, esta
conxuntura pode determinar maiores dificultades a curto e medio prazo ante os reclamos de
soberanía por parte chipriota e turcochipriota polos recentes descubrimentos realizados pola
empresa israelo-estadounidense Noble Energy a partir de 2008, de reservas de gas natural e de
petróleo nos campos de Afrodita, Leviatán e Tamar, localizados na plataforma marítima do Me-
diterráneo Sur.
O temor de Ankara radica na eventual posibilidade de que Chipre, membro da UE desde 2004
e non recoñecida por Turquía, aproveite a actual crise económica para “gañar terreo” nas recla-
macións de soberanía na explotación destes recursos enerxéticos, en detrimento da RTNC. Preci-
samente e co apoio da Noble Energy, a República de Chipre asentou os seus dereitos de soberanía
sobre unha Zona Económica Exclusiva delineada en torno a Chipre, Israel, Líbano e Exipto na
que excluía a Turquía, Siria e Grecia(2). Sen consultar coa RTNC e intensificando a súa relacións
comercial e enerxética con Israel, a República de Chipre abriu unha crise diplomática a varios
niveis no relativo á soberanía, reclamacións e disputas internacionais sobre a explotación destas
reservas.
Precisamente, esta inédita relación entre Chipre e Israel irritou abertamente a Turquía (que
mantén unha forte crise diplomática con Tel Aviv desde 2009) así como a diversos países árabes,
os cales incluso especularon con recoñecer a legalidade da RTNC como medida de resposta cara
Chipre(3).
Pola súa banda, Grecia, igualmente sometida á tutela do rescate financeiro desde 2010, gardou
distancias con esta disputa que involucraba a súa “protexida” República de Chipre, probable-
mente disuadida a non abrir unha crise diplomática maior con Turquía que involucrara as re-
clamacións de soberanía sobre diversas illas do Mar Exeo. Igualmente, Rusia, tradicional aliado
grecochipriota con enormes intereses financeiros e enerxéticos tanto na illa como na súa zona
económica mediterránea (tal e como se evidenciou coa crise financeira chipriota de febreiro-
marzo de 2013), amosou o seu frontal apoio ás demandas de Chipre.
Un status quo para “dous Estados”
Non obstante, na carta enviada por Davutoğlu ao ministro grego de Exteriores, Dimitris Avra-
mopoulos, estipulábase a “vontade” de traballar conxuntamente “Turquía e a RTNC co goberno
de Grecia e da República de Chipre”, no cometido de acordar a cooperación na discusión sobre
a soberanía da explotación dos recursos. Este aspecto serviría eventualmente como paso previo
dunha renovación das negociacións sobre a idea de “dous Estados”.
39
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
A propia UE comeza a ponderar que estes descubrimentos de reservas de gas no Mediterráneo
podan abrir diversas expectativas de solución para a crise económica chipriota, así como para
reducir a dependencia enerxética europea de Rusia; como “válvula de presión” cara Turquía, Gre-
cia, a República de Chipre e a RTNC a fin de reabrir as negociacións, un aspecto que igualmente
pode mellorar as frecuentemente tensas e irregulares relacións entre Turquía e a UE.
Paralelamente, Turquía comezou a construír unha rede de subministro de enerxía hidroeléc-
trica á RTNC a través do Mediterráneo. Pero a eventualidade de fomentar unha “diplomacia da
enerxía” podería abrir novos canais de diálogo que impliquen, paulatinamente, abrir as portas
dunha especie de recoñecemento de feito da soberanía da República de Chipre e da RTNC por
parte dos principais actores involucrados, Grecia, Turquía e a UE, a través de diversos acordos
comerciais.
Non obstante, o contexto actual vese mais ben fragmentado e de difícil solución, tendo en
conta as puxas e reclamacións pola soberanía e control desta zona mediterránea para o aprovei-
tamento dos seus recursos; da bancarrota financeira chipriota e do feito de verse “hipotecado” o
seu futuro en mans da “troika”; e da parálise que se observa desde 2010 no relativo aos mecanis-
mos de diálogo multilateral directo entre Chipre, a RTNC, Grecia, Turquía, a ONU e a UE.
Á espera de observar ata qué punto a crise económica chipriota e a opción de “dous Estados”
defendida pola diplomacia turca poden alterar este panorama, a previsión mais razoable será a
do mantemento do status quo no contencioso chipriota.
Roberto Mansilla Blanco
é analista do IGADI.
Citas bibliográficas:
(1) YETKIN, Murat; “Turkey wants new Cyprus solution bid”, Hurriyet Daily News (Turquía), 30
de marzo de 2013. Ver en: http://www.hurriyetdailynews.com/turkey-wants-new-cyprus-
solution-bid.aspx?pageID=449&nID=43914&NewsCatID=409
(2) “Aphrodite´s Gift: Can Cypriot Gas Power a New Dialogue?”, International Crisis Group,
Europe Report Nº 216, 2 de abril de 2012. Ver en: http://www.crisisgroup.org/~/media/Files/
europe/turkey-cyprus/cyprus/216-aphrodites-gift-can-cypriot-gas-power-a-new-dialogue.
(3) Ibid.
40
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Anacronismos en torno á República Árabe Saharauí Democrática
Situación política
A República Árabe Saharauí Democrática (R.A.S.D.) é un Estado de feito, proxecto e realidade
a un tempo, resultado e manifestación evidente da persistente e insubornable vontade política
que levou ao independentismo saharauí, en representación da vontade do seu pobo, a reivindicar,
dende hai corenta anos, a descolonización do Sáhara Occidental e a súa conversión nun Estado
en senso pleno. Unha posibilidade que o embaixador estadounidense en Madrid, Wells Stabler,
cualificaba xa no 1975 de viable economicamente, pese á oposición do seu Departamento de
Estado.
Ocupada militarmente a meirande parte do seu territorio por parte do Reino de Marrocos,
nunha política ilexítima e anexionista de feito, coa tácita aceptación de España, a antiga poten-
cia colonial e aínda legalmente responsable da súa administración, este se atopa hoxe sometido
a un longo contencioso, que o converte no conflito máis antigo do continente africano, baixo a
mediación das Nacións Unidas e a supervisión da MINURSO, a Misión das Nacións Unidas para
o referendo no Sáhara Occidental.
Unha disensión puntual e de ámbito reducido pero que se ten visto influenciado polas estra-
texias políticas e a posición adoptada por algunhas das grandes potencias a nivel internacional
o que ten suposto unha meirande complexidade do mesmo e un incremento das dificultades
para desbloquear a procura das solucións efectivas para o mesmo. O apoio decidido de Francia
a Marrocos por riba de calquera xustificación de dereitos baseada na legalidade internacional,
a sinuosidade da política estadounidense ao longo de todos estes anos, a defección de España en
relación cos seus compromisos e responsabilidades legais e morais, a protección dos seus intere-
ses económicos potenciais na rexión por parte de Rusia ou China e o desinterese de boa parte da
comunidade internacional, teñen contribuído a prolongar a situación en prexuízo da poboación
saharauí, que ten sufrido de forma dramaticamente negativa as consecuencias deste xogo diplo-
mático do que uns son responsables por acción e outros moitos por omisión.
Ese bloqueo, que ten levado ao aprazamento do proxectado referendo, dilatado por máis de
vintedous anos, deixou a administración dos recursos e o control da poboación saharauí do inte-
41
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
rior do Sáhara Occidental en mans e con claro beneficio do Estado marroquí, discrecionalmente
outorgada en forma irresponsable e culpable, mentres condenaba á precariedade e a asfixia a
parte dese mesmo pobo asentado nos campamentos de refuxiados creados a partir do 1975 na
hamada de Tinduf, en territorio alxeriano.
Mentres tanto, a Fronte Polisaria e as autoridades da R.A.S.D. seguen a reclamar a realiza-
ción dun referendo que proclame a libre vontade do pobo saharauí e lle outorgue o seu dereito
a decidir sobre os seus asuntos. Ao tempo, Marrocos ten oscilado entre a reivindicación dunha
integración e asimilación plena e a negociación dunha autonomía limitada. Dúas posicións ben
disímiles que estancan a procura dunha solución negociada e aceptada polas partes que preconi-
za e recomenda o Consello de Seguridade da ONU, ao tempo que non se posibilitan nin esixencias
nin prazos dun inexistente plan de acción que instaurase a legalidade e establecese as verdadei-
ras condicións da pacificación, da distensión e do diálogo.
Os esforzos do enviado especial do Secretario Xeral da ONU Christopher Ross teñen avanzado
de forma tímida aínda que decidida nesta liña de actuación, urxida polo deterioro e o incremento
da tensión política no Sur do Sáhara e no Sahel que non fai senón tensar e deteriorar a estabili-
dade socio política da zona.
Marco socioeconómico
A sociedade saharauí é hoxe unha comunidade escindida como consecuencia da prolongación
do conflito. Unha parte da mesma segue vivindo sometida baixo o arbitrio e o control militar
e policial do Estado ocupante; nunha situación de opresión e persecución dificilmente acorde
cunha vontade política de pacificación que ven sendo reiteradamente denunciada por diferentes
organizacións internacionais de defensa dos dereitos humanos e polo testemuño de moitos re-
presentantes políticos, periodistas, avogados e homes e mulleres de ben que teñen evidenciado a
represión exercida a tódolos niveis contra as organizacións de defensa dos dereitos humanos e os
seus membros e asociados, así como contra toda calquera acción política pacífica de reivindica-
ción independentista, perseguindo criminalmente unha opción lexítima para toda a comunidade
internacional ante o silencio de esta.
A recente solicitude por parte de EUA de que a MINURSO, única misión internacional que non
o fai, asumise a supervisión e o control dos dereitos humanos nos territorios ocupados (avalada
por informes procedentes de organismos da mesma ONU e polo propio enviado especial e re-
flectida no Informe do Secretario Xeral, Ban Ki-Moon) foi rexeitada polo Consello de Seguridade
nunha decisión ben pouco comprensible. A ela lle corresponden os beneficios da explotación dos
recursos do territorio cuxa propiedade detentan de forma ostensible e maioritaria a familia real
e membros do Majzen, a oligarquía administrativa marroquí, e que tan só nunha ínfima parte
reverten no beneficio dos seus propietarios legais constituíndo un verdadeiro espolio, cometido
42
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
co silencio e a complicidade da comunidade internacional na que destaca o exemplo negativo da
Unión Europea, que negocia tratados de pesca e de relacións comerciais preferentes con produtos
esquilmados e roubados do Sáhara Occidental.
Outra, fuxitiva cara as terras de Alxeria a partir do inicio do conflito, vive asentada en pre-
cario en campamentos de refuxiados nos que ten creado, en condicións ben difíciles, as posibili-
dades para a existencia do Estado establecendo unha organización político-administrativa, unha
política militar e de defensa, unha estrutura educativa e unha asistencia social e sanitaria que
constitúen un verdadeiro exemplo a nivel organizativo e a proba da súa vontade de construción
dun Estado.
Tanto na poboación instalada nos campamentos canto na que vive nos chamados territorios
liberados, unha parte do Sáhara Occidental controlada polo Exército de Liberación Popular Sa-
harauí e dividida do resto de territorio por un muro militar de máis de 2.700 quilómetros de
extensión que corta de Norte ao Sur o territorio, a economía básica depende das axudas inter-
nacionais, dunha pequena actividade gandeira e pastoril, e dun elemental pero activo comercio
potenciado polos recursos que aportan á zona as viaxes solidarias e as familias de acollida do
programa Vacacións en Paz que de forma voluntaria e esforzada contribúen ao mantemento das
condicións de vida das súas familias saharauís.
Unha terceira parte desta sociedade, a máis esquecida no marco político, é a que se instalou
en diferentes países, singularmente nas distintas terras de España, como unha comunidade in-
migrante en busca dunha mellor condición de vida e recursos para axudar aos seus familiares.
Este sector, feblemente dotado pola falta dun pasaporte internacionalmente recoñecido que lles
asegure unha identificación acreditada e protección e asesoramento a nivel consular, se atopa en
condicións de desprotección pola falla de mecanismos de auto organización e dunha protección
acreditada e recoñecida. Unha poboación particularmente prexudicada pola crise que afecta aos
países da Unión Europea.
As relacións a nivel internacional
O Estado saharauí acadou, ata hoxe, o recoñecemento de 82 países dos cinco continentes; si
ben ningún país europeo ou calquera das grandes potencias teña aceptado ese recoñecemento.
En moitos máis casos, a nivel oficial ou oficioso, se da un recoñecemento ás representacións da
Fronte Polisario como representacións lexítimas do pobo saharauí pero non do seu Estado, o que
supón un nivel aceptable para a acción diplomática, exercida en condicións precarias pero moi
activas.
Quizais o caso máis indicativo sexa o de España, a antiga potencia colonial, quen non ten
recoñecido a lexitimidade da república saharauí, xustificando esa decisión en que iso suporía
43
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
predeterminar os resultados dunha posible consulta que, por outra banda, non se propicia de-
cididamente. Nin tan sequera se lle ten recoñecido un estatuto especial como á representación
palestina nin se ten pronunciado o Goberno en favor dos dereitos do pobo saharauí a ter un Esta-
do propio como o fixo no caso do Estado palestino. Algo sorprendente cando existen dezasete re-
presentacións autonómicas saharauís nas diferentes comunidades españolas e unha Delegación
a nivel estatal, se reciben miles de nenos todos os anos nas vacacións do verán e a mobilización
social e política favorable aos intereses do pobo saharauí é moi estendida entre os diferentes
sectores da poboación peninsular. Unha acción a nivel popular que topa con non poucos atrancos
administrativos claramente mal intencionados, froito dese baleiro a nivel diplomático.
A diplomacia saharauí, que mantén unha representación permanente diante das Nacións Uni-
das e a Unión Europea, ten dirixido a súa acción diplomática á expansión dos recoñecementos ao
seu Estado na convicción de que os posteriores esforzos do Reino alauí pola retirada dos mesmos
carece de valor legal. Unha firme política orientada á súa integración na comunidade cultural
iberoamericana se ten evidenciado en maior medida nun momento en que o protagonismo dos
países latinos se ten afirmado no concerto mundial. Esa crecente relación podería levar a unha
solicitude formal de adhesión ao Cumio Iberoamericano do mesmo modo que Marrocos asiste,
neste caso como país asociado, dende 2011.
O recoñecemento da súa preocupación polas violacións dos dereitos humanos da poboación
saharauí por parte de EUA e a súa posición vixilante diante da política obstrucionista de Marro-
cos fronte a informadores e observadores internacionais, a aprobación polo Parlamento sueco
dunha petición para o recoñecemento da R.A.S.D. rexeitada polo seu Goberno, ou o probable
pronunciamento favorable dos parlamentarios irlandeses nese mesmo sentido o que podería su-
poñer posteriormente a adhesión de Dinamarca e Noruega a semellante postura… constitúen
serios indicios no camiño dunha procura de solucións na que os países nórdicos poderían chegar
a asumir o papel que tería que ter xogado, e non xoga, o Estado español.
Santiago Jiménez Gómez
é profesor da USC, coordinador do Observatorio Galego para o Sáhara Occidental
(USC) e membro da Comisión Permanente da CEAS-Sáhara.
44
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Recoñecemento implícito para Somalilandia?
En 2012, e tras 21 anos de ruptura, produciuse o primeiro contacto directo entre as autorida-
des de Somalilandia e Somalia. Ambas aceptaron colaborar na loita contra o terrorismo e a pira-
tería, pero o status de Somalilandia segue sendo unha cuestión na que as posicións se manteñen
totalmente opostas. Por unha banda, Somalia aprobou unha nova Constitución que delimita unha
República Federal e nela pretende incluír esta rexión do noroeste. Por outra banda, Somalilandia
continúa buscando o recoñecemento internacional que se lle nega desde que en 1991 proclamouse
como Estado independente, e funciona económica e politicamente á marxe do Estado de Somalia.
Somalilandia, alentada por líderes internacionais que se reuniron en febreiro de 2012 para
tratar a inestabilidade política de Somalia, aceptou manter estas primeiras conversas, que se
producirían durante o mes de xuño, a primeira en Chevening (Reino Unido) e despois en Dubai.
Nesta segunda reunión, celebrada o 28 de xuño no marco dun cumio sobre piratería en Dubai, o
presidente de Somalilandia, Ahmed Mohamud Silanyo, e o entón presidente somalí, Sheikh Sharif
Sheikh Ahmed, sentaron as bases para futuras accións.
Con todo, o Goberno Federal de Transición de Somalia remataba o seu mandato en agosto de
2012 e, efectivamente, en setembro, Hassan Sheikh Mohamud foi elixido como novo presidente
de Somalia. Seguíronse mantendo contactos con este novo goberno, que designou como ministra
de Relacións Exteriores a Fowzia Yusuf Hajji Adam, “somalilandesa” de nacemento. Con anterio-
ridade, Adam mostrouse favorable á independencia da súa rexión, pero desde a súa chegada ao
goberno non fixo ningunha declaración clara respecto diso. Terá que verse que posición adoptará
o seu departamento respecto de Somalilandia e se ela inflúe dalgún xeito.
Apertura dende o exterior
O 13 de abril de 2013, o presidente Silanyo reuniuse con Sheikh Mohamud na capital turca,
Ankara, para restablecer o diálogo polo ben de toda a rexión. De novo, os temas tratados estaban
relacionados coa seguridade, e moitos deles teñen repercusión internacional: a pesca ilegal, a
piratería, o terrorismo, o extremismo ou os vertidos tóxicos. Malia estes contactos e a aparente
predisposición de ambas partes, Somalilandia non estivo na conferencia internacional que aco-
lleu o Reino Unido o pasado 7 de maio. Este encontro tiña como obxectivo dar apoio internacio-
nal á reconstrución de Somalia, e a pequena rexión independente negouse a asistir porque non
lle recoñecían o seu status.
45
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Por tanto, Somalilandia segue sen contar co recoñecemento de ningún outro Estado. Si ten
contactos co exterior e recibe apoio para o seu desenvolvemento económico e político a través de
ONG e programas das Nacións Unidas (o PNUD outórgalle axudas para fortalecer as institucións
lexislativas), e mantén relacións bilaterais coa Unión Africana e cos gobernos da OCDE. Entre
os países que enviaron misións diplomáticas ou que recibiron ás autoridades de Somalilandia
atópanse Turquía, EUA e Reino Unido, e outros dous cos que asinou acordos recentemente son
Dinamarca e Seychelles. Tal e como dixo Silanyo na BBC en abril de 2012, a comunidade inter-
nacional trata con eles e eles tratan coa comunidade internacional. Ás veces este apoio interna-
cional é para satisfacer intereses propios de Occidente, pero o recoñecemento implícito do seu
status poderíalles beneficiar no futuro.
En canto ás disputas territoriais coa súa veciña Puntlandia, persistiu a violencia. A principios
de 2012 naceu unha nova rexión autónoma en Somalia, o Estado de Khatumo, e sitúase na zona
en disputa de Sool, Sanaag e Cayn. Os enfrontamentos entre corpos de seguridade e milicias lo-
cais levaron ao presidente Silanyo a anunciar a súa disposición a manter conversacións de paz
co autoproclamado Estado.
Estes choques entre as diferentes partes producíronse tamén durante os comicios de novem-
bro de 2012. Celebráronse eleccións locais, con cinco anos de atraso, o que mermou a lexitimi-
dade do goberno local. Eran unhas eleccións chave para o futuro. Os tres partidos que obtivesen
máis votos serían os que concorrerían en todas as eleccións de todos os niveis ata as próximas
eleccións locais. Cinco asociacións políticas competiron contra os tres partidos que había ata ese
momento (UCID, UDUB e o partido do presidente Kulmuye). Tralas votacións houbo protestas e
parecía que non se aceptaría o resultado, pero finalmente Kulmuye (30,2% dos votos) e UCID (13%
dos votos) mantiveron o seu poder e uníuselles o novo partido Wadani (20,2%).
En febreiro de 2013, Silanyo anunciou que se precisaba dun novo censo para as próximas
eleccións parlamentarias, co fin de loitar contra as infraccións e as consecuentes explosións de
violencia. Así mesmo, déronse cambios xa nestas eleccións, como usar listas abertas, ou rebaixar
a idade obrigatoria dos candidatos de 35 a 25 anos.
Así pois, as institucións políticas de Somalilandia consolidáronse aínda máis, aplicando cam-
bios no sistema que foron correctamente integrados. Malia iso, son as institucións tradicionais e
os actores non estatais os que se encargan en maior medida da orde e da gobernanza. É un claro
exemplo a situación a nivel local, onde o goberno non está ofrecendo os servizos básicos que lle
corresponden e onde os cidadáns non senten que haxa interacción. Nas zonas rurais tamén se
percibe ao goberno central como afastado e irrelevante no día a día. Casos como estes fan que os
representantes gobernamentais perdan lexitimidade.
Ao mesmo tempo, o descontento coas autoridades tradicionais creceu, xa sexa pola rivalidade
entre clans (actualmente unha alianza de clans Isaaq pode estar incordiando cada vez máis a
46
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
outros grupos apartados do poder), polos nomeamentos de políticos e líderes tradicionais a dedo
ou porque mulleres e mozas deben ser aínda integradas na toma de decisións tradicional.
O necesario pero case inexistente investimento estranxeiro
O papel da diáspora na política e na economía é moi importante. Estímase que un terzo dos
ingresos de Somalilandia provén das remesas. Son os emigrantes, as ONG locais e outros actores
externos os que cobran aqueles servizos que o Estado non pode ofrecer por falta de medios. Con
todo, estas relacións, sobre todo no que respecta á diáspora, poden ter consecuencias negativas
de dependencia e instrumentalización, por exemplo, cando as doazóns dos emigrantes interfiren
nas políticas de clan ou na toma de decisións.
Aínda que houbo melloras en infraestruturas (nos aeroportos de Hargeisa e Berbera, por
exemplo) e en sectores como a saúde e a educación, o paro continúa sendo un problema moi gra-
ve, algo que o goberno achaca á falta de investimento estranxeiro. A situación de Somalilandia
é estratexicamente relevante para moitos, pero a inestabilidade da rexión e a falta de recoñece-
mento internacional non favorecen o investimento. Con todo, houbo algúns movementos indus-
triais interesantes: o principal deles foi a inauguración dunha planta de Coca-Cola en maio de
2012. Quérese revitalizar tamén unha fábrica de cemento, todo iso coa intención de aumentar o
número de industrias no país, agora inferior a 20.
As limitacións enerxéticas, que tamén dificultan a creación de industrias, os problemas
medioambientais ou a sobrepoboación na capital Hargeisa son outros asuntos aos que o Goberno
deberá responder. Parece claro que o fará desde as súas institucións propias, pois a idea de for-
mar parte dunha Somalia federal non é ben recibida nin polos políticos que fan campaña ante a
comunidade internacional para obter por fin o seu recoñecemento nin por unha poboación que
non esqueceu o réxime somalí de Siyad Barre (1969-1991) e as consecuencias sufridas.
María Àngela Tous Sansó
é licenciada en Xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona (2005-
2009), con Máster en Relacións Internacionais no Institut Barcelona d´Estudis
Internacionals (IBEI, 2010). Posúe tamén un itinerario específico de Paz e Seguridade
Internacional.
47
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Taiwán: unha illa entre desexos e realidades
A illa de Formosa atópase fronte ás costas da provincia chinesa de Fujian, pero ademais podé-
mola situar noutra xeografía, nun estreito imaxinario que separa os desexos e as realidades. O de
ser un Estado -desexo compartido aínda con distintas interpretacións- de dereito e a realidade de
selo tan só de feito, encabezaría un listado que afecta a gobernantes, partidos políticos, institu-
cións, cidadanía e ata a potencias e analistas estranxeiros, estes últimos ao parecer obsesionados
polo peso -moito máis retórico que real- da cuestión identitaria taiwanesa na toma de decisións
políticas, económicas, en definitiva, cotiás.
Trala pésima xestión do Partido Democrático Progresista (PDP) no relativo á dimensión in-
ternacional de Taiwán -outorgándose o “mérito” de erosionar ao mesmo tempo as relacións con
Beijing e Washington- cuestión que foi percibida polo sector empresarial como prexudicial para a
economía do país e por un sector da poboación como unha dinámica perigosa, o partido Kuomin-
tang (KMT) presentouse como a alternativa para mellorar a vida económica do país e mellorar as
relacións entre ambas beiras do Estreito. Con todo, aínda que se lograron avances na relación con
China continental e, sobre todo, mellorouse a relación con EUA, a economía ha ter que esperar
ata o primeiro semestre de 2013 para dar tímidos síntomas de recuperación.
Probablemente as aspiracións coas que Ma Ying-jeou decidiu emprender a carreira presiden-
cial teñan pouco que ver coa dura realidade coa que ha ter que lidar dun tempo para acó. Cando
ascendeu por primeira vez ao poder, en marzo de 2008, a revista Time escribiu del:
“Ma Ying-jeou é un deses raros políticos que teñen a oportunidade de dar forma aos desti-
nos non só da súa propia nación, senón tamén de toda unha rexión. Nas eleccións de marzo,
o carismático Ma, de 57 anos, gañou as eleccións presidenciais de Taiwán cunha mensaxe de
esperanza tras case seis décadas de conflito con China pasando páxina así a un dos últimos
vestixios da guerra fría en Asia(1).”
Pero se o semanario estadounidense colocara a Ma, no arranque do seu mandato, entre os
homes máis influentes, outro semanario -esta vez británico- The Economist cualificaríao en no-
vembro de 2012 como torpe e ineficaz, acusándoo de ter dilapidado a súa reputación de tecnó-
crata honrado e capaz, pacificador das loitas intestinas do KMT, e de ser incapaz de articular un
liderado claro e creativo desde o cal poder afrontar os problemas económicos que conmocionan
á illa(2).
48
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Debe terse en conta que, pese ao histrionismo independentista de Chen Shui-bian, Ma al-
canzou a presidencia con máis do 58% en 2008 e foi reelixido con 51,6% dos sufraxios en 2012,
grazas ao apoio dunha cidadanía esperanzada con mellorar a súa situación económica. Con todo,
o desiderátum económico coñecido como Plan 633 (crecemento económico do 6%; taxa de des-
emprego de menos do 3% e o ingreso per cápita superior a US$ 30.000) que fixo ao comezo do seu
mandato non puido cumprirse e Ma ha ter que soportar as críticas do opositor PDP e a sorna que
chegou desde o continente sobre a cuestión (o 6% de taxa de desemprego, o 3% da taxa de crece-
mento económico e o ingreso anual de só 30.000 RMB, non en dólares USA).
E é que, aínda que grazas especialmente á mellora da relación co continente, a economía me-
llorou con respecto a 2008 e 2009 -de feito en 2010 o crecemento elevouse ata un espectacular
10%-, a recuperación non termina de consolidarse: en 2011 o crecemento foi tan só do 4,04% e
en 2012 os números foron peores, limitándose ao 1,25%. O último prognóstico para 2013 sitúa o
crecemento nun 2,4%, rebaixando sensiblemente a previsión inicial (3%) e xerando dúbidas en
torno ao potencial da recuperación(3).
Un clima de frustración económica
Pero con independencia das cifras macroeconómicas, as previsións, os plans gobernamen-
tais, a retórica da oposición, o crecemento do PIB ou o descenso das taxas de inflación ou desem-
prego, a cuestión crucial é que a recuperación non chega á rúa e entre a poboación instalouse,
durante o último lustro, certo pesimismo e desilusión. Golpeados pola dobre realidade duns
gobernos (nin do PDP nin do KMT) sen programas sociais dignos dese nome e por un retroceso
no seu nivel de vida ata niveis do ano 2000. Por moito que a revista Forbes sinale que os baixos
salarios en Taiwán posibilitan o aumento do número de persoas traballando e limita a destru-
ción de emprego(4), a realidade é que esta situación económica é frustrante para os taiwaneses,
tal e como demostran as enquisas de opinión, entre as que destacan as referidas á popularidade
do presidente.
Ma iniciou o seu mandato en maio de 2012 coa súa popularidade xa danada polas medidas
adoptadas polo seu Goberno en torno á suba das tarifas eléctricas. Por aquel entón (maio), a súa
popularidade era do 20%, con todo en outubro e conforme se ían debullando outras políticas do
Gabinete e o caso de corrupción do secretario xeral do Goberno Lin Yi-shih, a popularidade de
Ma foi caendo ata chegar ao 15,2%(5). Para poder valorar adecuadamente este índice convén si-
nalar que, en maio de 2006, tras acusar o desgaste de dous mandatos e envolto nunha trama de
corrupción familiar -pola que logo sería procesado e encarcerado- Chen Shui-bian alcanzou o por
aquel entón histórico mínimo de 16% de popularidade(6).
O pouco apoio popular á Administración do KMT será un hándicap para o programa de cinco
alicerces básicos (o fortalecemento do crecemento económico, a creación de emprego e a xustiza
49
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
social, o desenvolvemento da enerxía verde, o fomento da cultura e o cultivo de talentos) que Ma
esbozou durante o seu toma de posesión, e aínda que a economía ocupa un lugar central neste se-
gundo mandato, non parece que vaia a poder contar co apoio do PDP para establecer un consenso
básico que permita dun lado seguir sendo o “tigre asiático” cun índice de pobreza máis baixo e
doutro manter unha media anual do crecemento económico de polo menos o 5%.
Diverxencias na relación con China
Onde parece que tampouco atopará respaldo do partido opositor é na política de entendemen-
to co continente. Unha cuestión que, debates ideolóxicos e identitarios a parte, ligada insepara-
blemente ao desenvolvemento económico da illa, forma parte da visión de Ma Ying-jeou.
Neste sentido, o KMT explota a súa posición de interlocutor privilexiado co Partido Comunis-
ta da China (PCCh). Agora ben, aquí o manexo dos tempos políticos é fundamental pois podería
ter repercusións na opinión pública e, a día de hoxe, o Palacio Presidencial non pode permitirse
o luxo de erosionar, aínda máis, a súa posición. Probablemente en Beijing estean pensando en
avanzar cara a cuestións de corte político, e aquí produciríase un choque coas prioridades do
Kuomintang, cuxo obxectivo é afondar nos acordos económicos co continente e, sobre todo, evi-
tar que Taiwán quede marxinado do proceso de integración económica rexional.
Quizais o desexo de China continental sexa esbozar algún tipo de folla de ruta, aínda que de
forma moi primaria, cara á reunificación e o xigante asiático conta con medidas coercitivas su-
ficientes como para situar a Taipei nunha canella sen saída. Con todo, a realidade é que hoxe en
día quizais ao PCCh gustaríalle chamarse KMT e abandonar aos tigres ao seu aliado natural na
illa, aspecto que non parece ser unha boa opción. Esta é a realidade.
Unha realidade tan abafante que o PDP -tralo entusiasta discurso independentista dos seus
primeiros anos de legalidade- ve como, malia a mellora de resultados nas eleccións de 2012, as
fendas no galimatías ideolóxico que constitúe as súas entrañas comezan a evidenciarse. Durante
a última campaña presidencial xa vimos como o discurso soberanista moderouse no bando verde,
e agora asistimos á suma, sobre as críticas xa existentes de quen lles acusaban de realizar a mes-
ma política social e económica que o bando azul, das tensións en torno á política que debe reali-
zarse no referente ao trato con Beijing: ¿Como lograr que o PCCh inicie un diálogo con posibili-
dade de futuro con eles, un partido que avoga pola independencia da illa? De momento xa vimos
algúns labirínticos argumentos expostos por importantes líderes da formación independentista,
como o presidente do PDP Su Tseng-chang ou Frank Hsieh, quen viaxou o ano pasado a Beijing.
Ambos sosteñen ideas diferentes de como relacionarse e establecer conversas cos comunistas
chineses, pero ambos teñen en común que as súas formulacións espertaron resistencia entre os
partidarios da independencia de Taiwán.
50
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TOW
WW
.IGAD
I.ORG
Entre tanto, ¿que pasará se o PDP gaña as próximas eleccións presidenciais? É sen dúbida
unha posibilidade con moitas probabilidades de éxito de non reverter a súa tendencia o actual
Goberno do KMT. Sen dúbida este non é o desexo de Beijing, quizais tampouco o da Adminis-
tración estadounidense, pero é previsible que -atendendo a motivacións distintas- China conti-
nental e Washington, e por suposto un hipotético Gabinete do PDP, acomódense á realidade do
entendemento para non repetir dinámicas pasadas.
Oma Yu-Ting Lu
WenzaoUrsuline College of Languages (Taiwan)
CITAS BIBLIOGRÁFICAS:
(1) “Ma Ying-jeou”, en: http://www.time.com/time/specials/2007/arti-
cle/0,28804,1733748_1733757_1735546,00.html, con último acceso o 27 de xuño de 2013.
Fonte: TIME (The 2008 Time 100).
(2) ”Ma the bumbler”, en: http://www.economist.com/news/asia/21566657-former-heart-
throb-loses-his-shine-ma-bumbler , con último acceso o 27de xuño de 2013. Fonte: The
Economist.
(3) Para unha panorámica sobre a economía taiwanesa véxase: http://www.tradingecono-
mics.com/taiwan/gdp, con último acceso o 27 de xuño de 2013. Fonte: TRADING ECO-
NOMICS. Para unha consulta mais ampla e profunda véxase: http://eng.dgbas.gov.tw/
mp.asp?mp=2, con último acceso o 27 de xuño de 2013. Fonte: Directorate General of
Budget, Accounting and Statistics, Executive Yuan.
(4) ”Bajo sueldo, un estímulo a la creación de trabajos en Taiwán”, Forbes, en: http://spanish.
cna.com.tw/ReadNews/Spn_Read.aspx?ID=201306140004&Type=ED&Date, con último
acceso o 21 de xuño de 2013. Fonte: CNA español.
(5) http://news.cts.com.tw/nownews/politics/201205/201205191006392.html, con último acce-
so o 27 de xuño de 2013. Fonte: CTS (Chinese Television System). http://www.nownews.
com/2012/07/04/11490-2831007.htm, con último acceso o 27 de xuño de 2013. Fonte: Now-
news Network.
WW
W.IG
ADI.O
RG
(6) Unha interesante matización á lectura das enquisas de opinión sobre a popularidade de Ma
Yin-jeou en John HSIEH Fuh-sheng, “Explaining Taiwan President Ma Ying-Jeou´s Low
Popularity”, en:http://www.eai.nus.edu.sg/BB816.pdf, con último acceso o 27 de xuño de
2013.
FICHAS - PAIS51
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
WW
W.IG
ADI.O
RG
52
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
ABXASIA
Nome oficial: República de Abxasia (Aphsny–Аҧсны en abxasio; Apjazeti – აფხაზეთი en xeor-
xiano; Abjazia – Абхазия en ruso)
Capital: Sujumi
Superficie: 8.700 km2. Está localizada na rexión do Cáucaso, limitando con Rusia ao Norte, o
Mar Negro ao Oeste e Xeorxia ao Sur e Leste.
Poboación: 241.000 habitantes aproximadamente (censo de 2011).
Declaración da Independencia: 23 de xullo de 1992 (de Xeorxia). Tras esta declaración xurdi-
ron enfrontamentos entre as tropas xeorxianas e grupos paramilitares abxasios, estes últimos
con apoio ruso. Un alto ao fogo en 1994 deu paso a un período prolongado de relativa estabi-
lidade, onde Abxasia practicamente actuaba como un Estado de feito, con apoio de Moscova.
A partir de 2006, o entón presidente xeorxiano Mikhail Saakahsvilii decidiu retomar o control
estatal de Abxasia, con diversas tensións que deron paso en agosto de 2008 a unha breve gue-
rra entre Rusia e Xeorxia, que permitiu a secesión territorial de feito de Abxasia e Osetia do
Sur, quedando fóra do control xeorxiano. O 26 de agosto, Rusia converteuse no primeiro país
en recoñecer a independencia abxasia, reclamando a súa inclusión na ONU. Moscova mantén
dende entón unha presenza militar de aproximadamente 5.000 efectivos, sendo estes 3.500
soldados e 1.500 efectivos do Servizo Federal de Seguridade (FSB). A finais de 2011, Moscova
subscribiu un acordo co goberno abxasio para garantir a presenza dunha base militar rusa
durante 49 anos. As autoridades abxasias recoñecen que un 80 por cento da súa poboación
aínda mantén o seu pasaporte ruso.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Rusia, Nicaragua, Nauru, Vanua-
tu e Tuvalu (Micronesia), recoñeceron a independencia de Abxasia entre agosto e setembro
WW
W.IG
ADI.O
RG
53
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
de 2008. Venezuela recoñeceuna en setembro de 2009. A través dun protocolo asinado en
novembro de 2006, outras repúblicas de feito como Osetia do Sur e Transnistria tamén re-
coñeceron a independencia de Abxasia.
En novembro de 2011 conformouse na Asemblea Nacional da República Bolivariana de Vene-
zuela o Grupo de Amizade Venezuela-Abxasia, ratificado en abril de 2012 en Sujumi. O gober-
no abxasio ten unha representación diplomática en Caracas.
Forma de Estado e sistema político: República semi-presidencialista. Posúe unha Asemblea
Nacional de 35 representantes.
Presidencia: Alexandr Ankvab (desde maio de 2011) Vencedor das eleccións presidenciais tralo
pasamento do presidente Sergei Bagapsh.
Disputas e conflitos internacionais: Estado secesionista da República de Xeorxia, non recoñe-
cido pola ONU, EUA, a Unión Europea nin a OTAN.
Linguas: Abxasio e ruso. O xeorxiano está prohibido.
Configuración étnica: Abxasios (50,71%); Xeorxianos (19,3%); Rusos (9,17%); Armenios (17,39%);
Mengrelianos (etnia de orixe xeorxiana: 1,33%) Resultados do Censo de 2011. A maioría dos
xeorxianos/mengrelianos viven no distrito de Gali, dentro do denominado Límite Administra-
tivo Fronteirizo(1).
Relixións: Cristiáns ortodoxos (igrexas orientais e armenia); musulmáns sunnitas; evanxélicos
(Testemuñas de Xehová)
Economía: Segundo datos do PNUD (2004), o desemprego alcanza case o 90% da poboación,
mentres a economía abxasia caeu entre 80-90% dende a súa declaración de independencia en
1992. A moeda utilizada é o rublo ruso, así como o dólar estadounidense. O lari xeorxiano está
prohibido. A excesiva dependencia financeira abxasia de Rusia ven fundamentada polo feito
de que, cun orzamento fiscal de US$ 294 millóns en 2011, Abxasia recebe o 21 por cento (US$
63 millóns) de axuda directa de Moscova; e un 49 por cento (US$ 144 millóns) de fondos de
programas de desenvolvemento de infraestruturas do goberno ruso(2).
Principais recursos: Agricultura (cítricos, tabaco, té), industria madeireira, envasados, gande-
ría.
Páxina web: www.abkhaziagov.org/en/ (en inglés, con tradución ao español)
(1) “Abkhazia: The Long Road to Reconciliation”, International Crisis Group, Europe Report Nº 224, 10
de abril de 2013. Ver en http://www.crisisgroup.org/~/media/Files/europe/caucasus/georgia/224-abkha-zia-the-long-road-to-reconciliation.pdf
(2) Ibid
WW
W.IG
ADI.O
RG
54
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
COSOVA
Nome oficial: República de Cosova (Kosova o Kosovë en albanés; Косово o Косово и Метохија,
Kosovo o Kosovo i Metohija en serbio)
Capital: Prístina
Superficie: 10.887 km2. Localizada na península balcánica, foi Rexión Autónoma de Serbia, limi-
ta ao Sur con Macedonia, ao Oeste con Albania, e ao Norte con Montenegro e Serbia.
Poboación: 1.804.838 habitantes (estimacións de 2009)
Declaración de Independencia: 17 de febreiro de 2008 (de Serbia) Non recoñecida pola ONU,
mais si por 22 dos 27 países membros da Unión Europea, así como por EUA.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: 101 países membros da ONU:
Andorra, Afganistán, Albania, Alemaña, Arabia Saudita, Australia, Austria, Bahrein,
Benín, Bélxica, Belice, Bulgaria, Burkina Faso, Burundi, Brunei, Canadá, Catar, Colom-
bia, Illas Comores, Corea do Sur, Costa Rica, Côte d´Ivoire, Croacia, Chad, Dinamarca,
Djibuti, Dominica, Emiratos Árabes Unidos, Eslovenia, EUA, Estonia, Finlandia, Fran-
cia, Gana, Gambia, Gabón, Guatemala, Guiné Bissau, Guíana, Guinea, Haití, Honduras,
Hungría, Irlanda, Islandia, Illas Fiji, Illas Marshall, Micronesia, Italia, Xapón, Xorda-
nia, Kiribati, Letonia, Liberia, Lituania, Liechtenstein, Luxemburgo, Malaisia, Illas
Maldivas, Kuwait, Malta, República Centroafricana, República de Macedonia, Malawi,
Mauritania, Estados Federados de Micronesia, Mónaco, Montenegro, Nauru, Níxer,
Nixeria, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Palaos, Perú, Panamá, Polonia, Papúa
Nova Guinea, Paquistán, Portugal, República Checa, República Dominicana, Reino Uni-
do, Samoa, San Cristóbal e Neves, San Marino, Santa Lucía, Santo Tomé e Príncipe, Se-
negal, Serra Leona, Somalia, Suazilandia, Suecia, Suíza, Timor Leste, Turquía, Tuvalu,
WW
W.IG
ADI.O
RG
55
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Uganda e Vanuatu. O único caso particular é a República de Taiwán, entidade non membro
da ONU que si recoñece a Cosova.
Un total de 61 países non recoñecen oficialmente a súa independencia: Andorra, Angola,
Alxeria, Arxentina, Acerbaixán, Armenia, Bielorrusia, Brasil, Bolivia, Bosnia e Herce-
govina, Camboxa, Cimbabue, Chile, República Popular de China, Cuba, República de
Chipre, Eslovaquia, Exipto, España, Gabón, Gana, Grecia, Xamaica, Xeorxia, Indonesia,
Irán, Iraq, India, Israel, Kazajistán, Kirguistán, Kuwait, Laos, Libia, Marrocos, México,
Moldavia, Namibia, Nixeria, Paquistán, Quenia, Romanía, Lesotho, Malí, Rusia, Ser-
bia, Singapur, Siria, Sri Lanka, Sudáfrica, Sudán, Tadxikistán, Tanzania, Togo, Tunisia,
Ucraína, Vaticano, Venezuela, Uruguai, Vietnam e Zambia.
Igualmente, Cosova forma parte do Banco Mundial, do Fondo Monetario Internacional (FMI),
do Acordo Centro Europeo de Libre Comercio (CEFTA) e da Organización de Nacións e Pobos
Non Representados (UNPO).
Forma de Estado e sistema político: República parlamentaria, baixo mandato interino da ONU.
Presidencia: A Presidenta é Atifete Jahjaga (dende abril de 2011). O primeiro ministro é Hashim
Thaçi.
Disputas e conflitos internacionais: Con status autonómico desde 1974 outorgado pola extinta
República Socialista de Iugoslavia, os choques de carácter étnico a partir de 1989 e, princi-
palmente, as guerras balcánicas entre 1991 e 1995 certificaron as tensións entre serbios e
albano-cosovares. Entre marzo e xuño de 1999, e sen aprobación do Consello de Seguridade
da ONU, a OTAN iniciou unha guerra contra a ex Iugoslavia, aducindo como razón principal
a necesidade de evitar unha limpeza étnica en Cosova, similar á ocorrida anos antes en Bos-
nia Hercegovina. Tras desaloxar ás autoridades serbias, creouse a Misión de Administración
Provisional da ONU en Cosova (MINUK polas súas siglas en inglés), mentres que o Exército
de Liberación de Cosova (UCK) comezaba a asentar o seu peso político. Serbia non recoñece a
independencia de Cosova, considerándoa unha “rexión autónoma propia”.
Linguas: Albanés, serbio, macedonio, montenegrino.
Configuración étnica: Albaneses (88%); serbios (8%); outros (goranis, turcos, macedonios, ró-
manos, 4%)
Relixións: Musulmáns sunnitas (92%); cristián ortodoxos (7%); católicos (1%)
Economía: Cosova é unha das rexións máis pobres de Europa. O desemprego estímase en 40-50
por cento, mentres que o seu PIB per cápita calcúlase en aproximadamente US$ 1.500 (2006).
O país é altamente dependente das remesas de emigrantes e da axuda internacional. Apré-
ciase unha forte presenza de mafias e do crime organizado, a través do contrabando, prosti-
tución, tráfico humano, narcotráfico, branqueo de diñeiro e evasión fiscal. Desde 2002, e coa
presenza da forza de paz da ONU para Cosova (MINUK) a moeda oficial é o Euro.
Principais recursos: Basicamente rural, a economía cosovar está moi condicionada pola econo-
mía informal produto do contrabando.
Páxina web: UN/MINUK: http://www.unmikonline.org/
WW
W.IG
ADI.O
RG
56
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
NAGORNO KARABÁJ
Nome oficial: República de Nagorno Karabáj (RNK) ou Alto Karabáj (en azerí: Dağlıq Qarabağ;
en armenio: Լեռնային Ղարաբաղ Lernain Garabaj; en ruso: Нагорный Карабах)
Capital: Stepanakert.
Superficie: Aproximadamente 11.458 km2. Localizada na rexión de Transcaucasia, no Cáucaso
Sur, supón un enclave dentro do territorio da República de Acerbaixán.
Poboación: Aproximadamente 140.000 persoas (Servizo Estatístico Nacional de Nagorno-Kara-
báj, 2007)
Declaración de Independencia: Trala independencia da República de Acerbaixán da ex URSS
acaecida o 30 de agosto de 1991, o 2 de setembro dese ano seguiulle o Alto Karabáj, acollén-
dose á lexislación soviética que permitía a autodeterminación dos pobos. O 10 de decembro
de 1991 celebrouse un referendo independentista por parte da poboación armenia do Alto
Karabáj, aprobado polo 99,3 por cento da súa poboación, sendo boicoteado polas autorida-
des da aínda vixente República Socialista Soviética de Acerbaixán. Moscova tentou sen éxito
considerala como unha “rexión autónoma”, sendo rexeitada por Armenia, Acerbaixán e os
representantes de Nagorno Karabáj. O 6 de xaneiro de 1992, foi declarada en Stepanakert a
República de Nagorno Karabáj (RNK).
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Actualmente, Nagorno Karabáj
non ten recoñecemento oficial por parte de ningún Estado, tan só por entidades independen-
tes de feito como a República Pridnestroviana de Transnistria, Abxasia e Osetia do Sur.
Non obstante, Nagorno Karabáj posúe apoio político e militar por parte da República de
Armenia.
Resulta pertinente salientar que, segundo diversas fontes armenias, desde setembro de 2011 a
WW
W.IG
ADI.O
RG
57
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
República Oriental de Uruguai amosou a súa intención de iniciar os trámites necesarios para
o recoñecemento formal da República de Nagorno Karabáj.
Paralelamente, o Consello Lexislativo do Parlamento do estado de Nova Gales do Sur (Austra-
lia) recoñeceu oficialmente o 25 de outubro de 2012 á República de Nagorno Karabáj así como
o dereito de libre determinación do pobo armenio, tras meses de negociacións impulsados
polo Consello Nacional Armenio de Australia.
O 15 de xaneiro de 2013, o presidente armenio Serge Sarkissian pediu ante a comunidade in-
ternacional o recoñecemento formal de Nagorno Karabaj, incluso advertindo da posibilidade
dunha renovación das hostilidades con Acerbaixán e Turquía. Posteriormente, o 19 de marzo
de 2013, unha comisión parlamentaria francesa creou un Grupo de Amizade entre Francia e
o Karabaj, recoñecendo publicamente o “dereito á libre determinación do pobo de Nagorno
Karabáj”.
Disputas e conflitos internacionais: Entre 1987 e 1993 levouse a cabo un conflito armado en-
tre milicias das entón Repúblicas Socialistas Soviéticas de Armenia e Acerbaixán, así como do
Alto Karabáj, con saldo aproximado de 25.000 mortos. O cese ao fogo de 1994 non resolveu a
cuestión, quedando o Nagorno Karabáj só apoiado pola República de Armenia, sen recoñece-
mento oficial da súa independencia de feito por parte de Acerbaixán.
Forma de Estado e sistema político: República parlamentaria. A RNK igualmente posúe unha
Asemblea Nacional unicameral conformada por 33 membros correspondentes aos seus co-
rrespondentes distritos cun mandato de cinco anos.
Presidencia: Bako Sahakyan (desde 2007)
Linguas: armenio, azerí, ruso.
Configuración étnica: armenios (95%); Outras minorías: azerís, rusos, curdos, asirios, gregos,
etc.
Relixións: Igrexa Cristiá Apostólica Armenia. Existen igualmente credos ortodoxos, musulmáns
sunnitas, evanxélicos e xudeus.
Economía: Basicamente agrícola, saliéntase a existencia de recursos minerais (cobre, zinc,
bauxita, etc.) con certa capacidade industrial. O ingreso per cápita mensual está valorado en
US$ 50. O país recibe importante axuda económica e financeira da República de Armenia e
da diáspora armenia. As compañías estranxeiras con investimentos neste territorio normal-
mente proveñen de empresas creadas pola diáspora armenia: Karabakh Telecom, Co. (Líbano);
Sirkap Armenia, Co; e Haik Watch and Jewerly, Co. (Suíza)
Páxina web oficial:
Portal da Oficina en Washington da República de Nagorno Karabáj:
http://www.nkrusa.org/ (en inglés)
Portal do Goberno de Nagorno Karabáj:
http://www.gov.nkr.am/ (en armenio)
WW
W.IG
ADI.O
RG
58
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
OSETIA DO SUR
Nome oficial: República de Osetia do Sur (en osetio: Республикӕ Хуссар Ирыстон, Respublikae
Xussar Iryston; en ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; en xeorxia-
no: სამხრეთ ოსეთი, Samjreti Oseti).
Capital: Tsjinval (aproximadamente 30.000 habitantes)
Superficie: 3.900 km2. Situada no Cáucaso Sur, entre os territorios de Xeorxia e Rusia.
Poboación: Aproximadamente 80.000 habitantes (2010). A súa densidade demográfica é de 21
hab/km2.
Declaración de Independencia: 20 de setembro de 1990 (de Xeorxia). O Congreso dos Deputa-
dos da República Autónoma de Osetia do Sur declarou a súa independencia, pero o Parlamen-
to xeorxiano aboliu a súa autonomía en decembro de 1990. Estoura así un conflito armado
entre milicias osetias e o goberno central de Tbilisi, que deixou case 2.000 mortos e 4.000 exi-
liados. O 19 de xaneiro de 1992, a maioría dos habitantes de Osetia do Sur votaron a favor da
súa anexión a Rusia, o cal renovou os enfrontamentos armados con Xeorxia, ata o asinamento
dun armisticio en xullo de 1992, acordando o despregue de forzas de paz. En 1996 e 2001, con
protesta xeorxiana, celebráronse eleccións presidenciais en Osetia do Sur e un referendo do
12 de novembro de 2006, non recoñecido por Tbilisi, decretou a independencia de Osetia do
Sur de Xeorxia e a súa unión a Rusia e á república autónoma federativa de Osetia do Norte.
Baixo un marco de tensións secesionistas, a breve guerra do 7-8 de agosto de 2008 entre as
forzas armadas xeorxianas e as forzas de paz rusas en Osetia do Sur, con saldo final aproxi-
madamente 1.500 mortos, deu paso a unha breve ofensiva rusa en territorio xeorxiano e á
materialización da separación territorial de Osetia do Sur e Abxasia, que foron posteriormen-
te recoñecidas como Estados independentes a finais de agosto de 2008 polo Parlamento ruso.
WW
W.IG
ADI.O
RG
59
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Rusia, Venezuela, Nicaragua
e Nauru (Micronesia), recoñeceron a súa independencia entre agosto e setembro de 2008 e
2009. Outras repúblicas de feito como Abxasia e Transnistria tamén recoñecen a indepen-
dencia de Osetia do Sur.
Forma de Estado e sistema político: República presidencialista.
Presidencia: Leonid Tibilov (desde abril de 2012)
Disputas e conflitos internacionais: Con Xeorxia, que non recoñece a independencia de feito
de Osetia do Sur.
Linguas: Osetio, ruso, xeorxiano.
Configuración étnica: Antes da guerra de 2008, aproximadamente habitaban un 65% de osetios
e un 25% de xeorxianos, así como outras comunidades minoritarias de rusos.
Relixións: Cristiáns ortodoxos (igrexas orientais e armenia); musulmáns sunnitas.
Economía: Cun PIB per cápita de aproximadamente US$ 250, a economía de Osetia do Sur é
marcadamente dependente de Rusia, país que lle outorga un orzamento de US$ 30 millóns
anuais, así como permite a utilización da súa moeda, o rublo ruso. Os residentes osetios con-
tan igualmente con pasaportes rusos. Moscova tamén posúe importantes intereses enerxé-
ticos nesa zona, con investimentos en gasodutos a través da empresa estatal rusa Gazprom,
valorados en US$ 640 millóns. O contrabando é unha actividade igualmente importante para
a economía osetia.
WW
W.IG
ADI.O
RG
60
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
PALESTINA
Nome oficial: Autoridade Nacional Palestina de Cisxordania e Franxa de Gaza (ANP), entidade
politicamente controlada polo partido laico Al Fatah, fundado en 1964 por Yasir Arafat, den-
tro da Organización para a Liberación de Palestina (OLP)
O nome histórico de Palestina é: en árabe Filistin ou Filastin (نيطسلف); en hebreo Palesti-
na (הניתשלפ) ou Eretz Israel (לארשי ץרא) Desde os Acordos de Paz de Oslo (1993), a ANP consti-
túe de feito a única referencia como entidade administrativa que denota un goberno para a
poboación palestina de Cisxordania e Gaza, esta última practicamente separada tralo retiro
militar e de colonos israelís en 2005 e, dende entón, dominada politicamente polo movemento
islamita Hamas.
Non obstante, o 6 de xaneiro de 2013, o presidente da ANP, Mahmud Abbas, promulgou un
decreto polo que se aprobaba o cambio oficial de nome polo de “Estado de Palestina”, así como
dos seus símbolos oficiais.
Capital: Historicamente, o reclamo palestino define a súa capitalidade en Xerusalén, actual-
mente baixo control israelí. A administración pública da ANP aséntase na cidade de Ramallah
(Cisxordania), así como en Gaza, aínda que a fragmentación política a partir de 2007 determi-
nou a preponderancia dos órganos adscritos a Hamas como entidades políticas e administra-
tivas nese territorio. A ANP reivindica a Xerusalén Leste como súa capital de iure dun futuro
Estado palestino, sendo rexeitada esta posibilidade polo Estado de Israel.
Superficie: 6.239 km2, oficialmente recoñecidos como o territorio de soberanía da ANP. Tras dé-
cadas de ocupación militar e colonial israelí, os límites territoriais de Palestina son constante
motivo de controversia. O territorio de Cisxordania é de 5.640 km2 mentres que o de Gaza é
de 380 km2.
WW
W.IG
ADI.O
RG
61
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Poboación: 4.020.000 habitantes (estimacións Banco Mundial, 2010) Esta cifra supera os
10.000.000 persoas incluíndo aos refuxiados e desprazados (Siria, Líbano, Xordania, Exipto,
territorios ocupados e península arábiga), así como á diáspora palestina (Oriente Próximo,
Europa, América do Sur e EUA)
Declaración da Independencia: O 15 de novembro de 1988, o líder da Organización para a Libe-
ración de Palestina (OLP), Yasir Arafat, a través do Consello Nacional de Palestina, proclamou
a independencia dos territorios palestinos de Cisxordania e Gaza, con capital en Xerusalén.
Posteriormente, a “Intifada” ou levantamento popular nestes territorios ocupados (1987-1992)
levou ás negociacións de paz para Oriente Próximo en Madrid (1991) e aos posteriores Acor-
dos de Paz de Oslo (1993) O 4 de maio de 1994 constituíse oficialmente a Autoridade Nacional
Palestina (ANP).
O 30 de novembro de 2012, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a resolución na que
recoñecía á Autoridade Nacional Palestina como “Estado Observador Non Membro”, outor-
gándolle o status de Estado coas fronteiras anteriores á guerra de 1967.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: 139 países membros da ONU reco-
ñecen a independencia palestina ou da Autoridade Nacional Palestina (ANP):
Afganistán, África do Sur, Angola, Antiga e Barbuda, Arabia Saudita, Alxeria, Arxen-
tina, Armenia, Austria, Acerbaixán, Bahrein, Bangladesh, Bielorrusia, Bélxica, Belice,
Benin, Bután, Bolivia, Botswana, Brasil, Brunei, Burkina Faso, Burundi, Camboxa, Cabo
Verde, Cimbabue, República Centroafricana, Chad, Chile, República Popular China, Co-
mores, Congo, Costa Rica, Côte d´Ivoire, Cuba, Chipre, República Democrática Popular
de Corea, Dinamarca, Djibuti, Dominica, España, Ecuador, Exipto, O Salvador, Eritrea,
Etiopía, Federación Rusa, Finlandia, Francia, Gabón, Gambia, Xeorxia, Gana, Grecia,
Granada, Guinea Ecuatorial, Guatemala, Guinea Bissau, Guíana, Honduras, Illas Salo-
món, Islandia, India, Indonesia, Irán, Iraq, Irlanda, Italia, Xamaica, Xapón, Xordania,
Kazajstán, Quenia, Kuwait, Kirguizistán, Laos, Líbano, Lesotho, Libia, Liechtenstein,
Luxemburgo, Malaisia, Maldivas, Malí, Malta, Mauritania, Mauricio, Marrocos, Méxi-
co, Mozambique, Myanmar, Namibia, Nepal, Nova Zelandia, Nicaragua, Níxer, Nixeria,
Noruega, Omán, Paquistán, Perú, Filipinas, Portugal, Catar, República Dominicana,
Saint Kitts e Neves, Santa Lucía, San Vicente e Granadinas, Saõ Tomé e Príncipe, Sene-
gal, Serbia, Seychelles, Serra Leona, Somalia, Sri Lanka, Sudán do Sur, Surinam, Suazi-
landia, Suecia, Suíza, Tadxiquistán, Tailandia, Timor Leste, Trinidad e Tobago, Tunisia,
Turquía, Turkmenistán, Tuvalu, Uganda, Emiratos Árabes Unidos, República Unida de
Tanzania, Uruguai, Uzbekistán, Venezuela, Vietnam, Iemen e Zambia.
Igualmente, a ANP mantén representacións diplomáticas noutros 12 Estados: Francia, Aus-
tralia, Bélxica, Alemaña, Grecia, Italia, Países Baixos, Portugal, España, Reino Unido,
Brasil e Suíza. Outros organismos como a UNESCO, a Liga Árabe, o Movemento dos Países
Non Aliñados, a Organización da Cooperación Islámica e a Cruz Vermella Internacional e a
Media Lúa Islámica, igualmente recoñecen o carácter estatal de Palestina.
Os países que votaron en contra da aceptación de Palestina como Estado membro da ONU
foron EUA, Canadá, Israel, República Checa, Panamá, Palaos, Micronesia, Nauru e Illas
WW
W.IG
ADI.O
RG
62
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Marshall. Pola súa banda, Reino Unido, Alemaña e Australia abstivéronse pero defenderon
a idea de “dous Estados”, un israelí e outro palestino.
Pola súa banda, un total de 41 países abstivéronse nesta votación: Albania, Andorra, Australia,
Bahamas, Barbados, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Camerún, Colombia, Croacia, Re-
pública Democrática do Congo, Estonia, Illas Fixi, Alemaña, Haití, Hungría, Guatemala,
Letonia, Lituania, Malawi, Mónaco, Mongolia, Montenegro, Holanda, Papúa Nova Gui-
nea, Paraguai, Polonia, Corea do Sur, Moldavia, Ruanda, Samoa, San Marino, Singapur,
Eslovaquia, Eslovenia, Macedonia, Togo, Tonga, Reino Unido e Vanuatu.
Se ben Guatemala abstívose nesa votación, en abril de 2013 decidiu recoñecer oficialmente ao
Estado palestino.
Forma de Estado e sistema político: A Autoridade Nacional Palestina (ANP) desempeña prac-
ticamente as funcións dunha entidade estatal que non ten recoñecemento formal de iure a
nivel internacional. A ONU recoñece á ANP como “entidade e organización intergobernamen-
tal”, cualificándoa como o interlocutor autorizado da poboación palestina. A instancias legais,
recoñécese a existencia da “nación palestina” mais non dunha entidade estatal formalmente
constituída.
Desde xaneiro de 2005, Mahmud Abbas (Abu Mazen) é o presidente da ANP, como sucesor do líder
histórico Yasir Arafat trala súa morte en novembro de 2004. O seu representante en Gaza é
Aziz Duwaik. A maioritaria vitoria electoral de Hamas nas eleccións lexislativas para a ANP
de xaneiro de 2006 practicamente certificou unha autoridade bicéfala no seo da ANP: Ismail
Haniya (Hamas) pasou a ser primeiro ministro, pero o seu poder real está recluído en Gaza a
partir de 2007.
Trala promulgación do decreto de cambio de nome oficial polo de “Estado de Palestina” o 6 de
xaneiro de 2013, Mahmud Abbas pasa a ocupar oficialmente o cargo de “Presidente do Estado
de Palestina”.
Disputas e conflitos internacionais: A persistente loita do pobo palestino por alcanzar a súa
soberanía territorial desde a creación do Estado de Israel en maio de 1948, así como a poste-
rior ocupación militar israelí dos territorios de Cisxordania e Gaza a partir de 1967 (parcial-
mente reducida trala retirada israelí de Gaza en 2005), perpetúa un problema de soberanía
estatal que enfronta a palestinos e israelís, así como involucra aos países árabes limítrofes
con Israel e con refuxiados palestinos (Siria, Líbano, Xordania e Exipto), á ONU e a EUA,
principal aliado israelí. O terrorismo supón un elemento primordial para comprender o nivel
de conflito, así como a constante confrontación entre o Exército israelí e, incluso, entre as
propias milicias armadas palestinas de Al Fatah, Hamas, Brigadas dos Mártires de Al Aqsa,
Yihad Islámica, etc, polo control efectivo do territorio palestino.
Linguas: O idioma maioritario é o árabe (80 por cento), coa súa vertente dialéctica palestina.
Tamén fálase o hebreo, así como existen comunidades de armenios e doutras que falan o
arameo, lingua semítica con máis de 3.000 anos de antigüidade. A poboación palestina tamén
coñece o inglés, francés, italiano, español e alemán.
Configuración étnica: A maioría da poboación palestina é de orixe árabe semita, así como se
aprecia a existencia de comunidades de hebreos, armenios e drusos.
WW
W.IG
ADI.O
RG
63
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Relixións: Musulmán sunnita (90 por cento), aínda que tamén existen numerosas comunidades
musulmáns xiítas. Aproximadamente un 3 por cento da poboación profesa a relixión cristiá
católica ou oriental, así como existen comunidades minoritarias de xudeus, cristiáns arme-
nios, maronitas e drusos.
Economía: Basicamente xira en torno á agricultura (cítricos, dátiles, cereais, olivas, vexetais). A
ocupación israelí determina unha forte dependencia exterior da economía palestina, especial-
mente das remesas da súa diáspora e da axuda internacional. Existe unha notable actividade
comercial, de industria da construción e téxtil. A moeda oficial segue a ser o shekel israelí,
aínda que en determinadas rexións de Cisxordania tamén se utiliza o dinar xordano. Non
existen datos completamente fiables sobre o PIB per cápita, aínda que un informe do PNUD
(2006) estima esta paridade en US$ 1.100 para a poboación palestina en Cisxordania e só de
US$ 600 en Gaza. O nivel de pobreza é preocupante: supera o 60 por cento en Cisxordania e un
alarmante 80 por cento en Gaza, territorio azoutado polo bloqueo exterior israelí desde 2007.
Páxina web: Servizo de Información da Autoridade Nacional Palestina (ANP): http://www.min-
fo.gov.ps/en_index.htm (actualmente fora de servizo)
WW
W.IG
ADI.O
RG
64
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
PUNTLANDIA
Nome oficial: República de Puntlandia (en somalí: Puntlaand: en árabe: طنبلا ضرأ) Oficial-
mente tamén se lle coñece como “Estado de Puntlandia de Somalia” (Maamul Goboleedka
Buntlaand ee Soomaaliya en somalí) En liñas xerais, corresponde ao territorio da antiga
Somalia italiana.
Capital: Garoowe. Poboación estimada de 50.000 habitantes, alberga o Parlamento, a sé da Pre-
sidencia e os ministerios. Cobra importancia a cidade de Boosaaso, principal porto de cara ao
Golfo de Adén, que con aproximadamente 500.000 habitantes constitúe o motor económico de
Puntlandia e a sé da Universidade de África Oriental.
Superficie: 212.500 km2. Corresponde aproximadamente ao terzo do territorio de Somalia. Lo-
calizado no extremo do denominado Corno de África, ao Noroeste de Somalia, e ao Oeste da
tamén autoproclamada República de Somalilandia. Ao Norte linda co Golfo de Adén e ao Leste
co Océano Índico. Ao Sur limita co Estado somalí e ao Sueste con Etiopía. Puntlandia está di-
vidida en sete (7) rexións: Bari, Nugal, Mudug, Sanaag, Sool, Ayn e Karkaar.
Poboación: 2.700.000 habitantes. A súa densidade demográfica é de só 5 hab/km2
Declaración de Independencia: Xullo de 1998. A separación territorial de Puntlandia ven de-
terminada pola desintegración progresiva que experimenta o Estado somalí desde 1991, trala
caída do réxime de Siad Barré e que deu paso tamén á autoproclamada República de Somali-
landia.
Baixo esta perspectiva, os Majeerteen ou “sub-clans” somalís do Noroeste tentaron establecer
un goberno regular que preservara a súa rexión dos efectos da guerra civil e das loitas exis-
tentes no resto do territorio somalí. Deste modo, as rexións administrativas de Bari, Nugal e
Mudug, en particular baixo o liderado da Fronte Democrática de Salvación de Somalia (FDSS),
WW
W.IG
ADI.O
RG
65
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
a principal milicia armada do Noroeste somalí, lograron establecer un notable grao de auto-
nomía e de estabilidade.(1)
Así, estableceuse en 1991 a República de Majeerteen, separada de Somalia e da recen auto-
proclamada Somalilandia. Tras consolidar a súa autoridade, esta República de Majeerteen
logrou establecer institucións políticas e administrativas viables e de carácter democrático
que permitiron crear, a partir de xullo de 1998, a actual República de Puntlandia.
Nese momento, os líderes de diversas faccións somalís, como Husayn Muhammad Aydid, Ali
Mahdi Muhammad, Uthman Hasan Ali (alias Uthman Ato) e Muhammad Qanyareh Afrah, es-
tableceron un acordo en Mogadiscio polo que se formaba o Alto Comité para a Administración
da rexión somalí de Benadir, dirixido por dous presidentes: Husayn Muhammad Aydid e Ali
Mahdi Muhammad. Tras este acordo, fíxose público outro acordo dos clans do Noroeste de
Somalia, a través dunha reunión de 450 delegados celebrada en Garowe, no distrito de Nugal.
Estiveron presentes delegados dos clans ou sub-clans Darods de Majerteen, sendo estes os
Dulbahanti, Warsangeli, Lelcase e Awrtable.
Cómpre destacar que se ben Puntlandia oficializou a súa separación territorial de Somalia en
1998, o seu goberno contempla a posibilidade de constituírse como unha autonomía política
e administrativa dentro dun Estado somalí federal, opción actualmente inexistente. Oficial-
mente, e se ben Puntlandia adoptou unha Constitución e nomeou unha presidencia (entón
baixo o liderado de Abdullahi Yusuf) e un xefe de goberno ou primeiro ministro, a súa creación
mais ben corresponde a unha sub-unidade con perspectivas de inserirse no futuro dentro dun
eventual Estado federal ou confederal de Somalia.(2)
Neste sentido, e tras realizarse en febreiro de 2012 en Londres a Conferencia Internacional so-
bre Somalia, o Goberno Federal de Transición (GFT) e as autoridades de Puntlandia reuníronse
Garoowe a fin de acordar que, a partir de agosto de 2012, Puntlandia sería recoñecido como
un Estado autónomo dentro dun sistema federal de goberno para Somalia.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Puntlandia non posúe recoñece-
mento oficial por parte de ningún Estado, así como por parte de organizacións internacionais.
Tendo en conta a súa visión autonomista dentro dun Estado somalí federal, e a diferenza
doutros Estados de feito, o goberno de Puntlandia aparentemente non ten como prioridade ex-
clusiva dar curso ao seu recoñecemento internacional como Estado separado e independente,
un aspecto particularmente diferente co respecto da súa veciña Somalilandia.
Non obstante, en xaneiro de 2011, as autoridades de Puntlandia anunciaron a ruptura de ne-
gociacións co Goberno Federal de Transición (GFT) de Somalia, considerada pola ONU como
a única autoridade estatal lexítima de Somalia, aducindo que a GFT “non representaba os
intereses de Puntlandia ante os foros internacionais”.
Forma de Estado e sistema político: República presidencialista. A Constitución do Gober-
no Rexional Transitorio de Puntlandia de 2001 pode consultarse a través do enderezo web:
http://www.puntlandgovt.com/puntland-constitution/
Presidencia: Abdirahman Mohamud Farole (dende xaneiro de 2009). É o cuarto presidente de
Puntlandia, tras Abdullahi Yusuf Ahmed (1998-2001 e 2002-2004); Mohamed Abdi Hashi
(2004-2005) e Mohamud Muse Hersi “Adde” (2005-2009)
WW
W.IG
ADI.O
RG
66
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Disputas e conflitos internacionais: Coa República de Somalilandia, que levou a unha breve
guerra entre outubro e novembro de 2006, unha vez a Unión de Cortes Islámicas de Somali-
landia capturou o asentamento de Bandiiradley, na fronteira con Puntlandia. Isto provocou
unha forte disputa entre diversos “señores da guerra” que, paralelamente, provocaron unha
incursión e tentativa de captura do enclave de Gaalkacyo, capital da rexión de Mudug en
Somalia, e que é reivindicada por Puntlandia. Tamén existen controversias políticas e territo-
riais con diversos clans somalís.
Resulta oportuno sinalar que as disputas de carácter estatal e territorial entre Puntlandia e
Somalilandia corresponden mais ben a unha controversia emanada da diversidade de concep-
cións sobre a conformación estatal de ambas entidades. Mentres Puntlandia concibe a base
estatal de acordo a pertenza ao clan e a súa consecuente “rexionalización” (razón pola que
intensifica as súas demandas de soberanía con respecto a Somalilandia en torno ás localida-
des de Sanaag e Sool, habitados polos sub-clans de Warsangeli e Dulbahnte), Somalilandia
defende a concepción das fronteiras coloniais como base de conformación estatal(3).
En canto ao problema da piratería, un recente estudo do Banco Mundial de abril de 2013 ti-
tulado “Os Piratas en Somalia: acabar coa ameaza, reconstruír unha nación” (“The Pirates in
Somalia: Ending the threat, rebuilding a nation”), asegura que a piratería existente no Golfo
de Adén e no Océano Índico prefire manter bases en Puntlandia e outras rexións do Centro de
Somalia debido a que “lles proporciona maior estabilidade política para facer negocios”(4).
Linguas: Somalí e árabe. Igualmente falase o inglés e italiano.
Configuración étnica: A diversidade de clans familiares e étnicos configuran un auténtico mo-
saico. Predominan os sub-clan majeerteen, así como a presenza dos clans darod, dir e ishaq,
abertamente enfrontados cos demais clans somalís, especialmente asentados no Centro e Sur
de Somalia.
Relixións: Islam sunnita (maioritario), en especial a Escola Shafi´i da xurisprudencia islámica,
considerada a máis flexible dentro do rigorismo legal islámico. Aprécianse tamén crenzas
animistas e sincretistas das culturas africanas.
Economía: A produción pesqueira constitúe a principal actividade económica de Puntlandia,
ao igual que é prolífica a actividade da piratería no Golfo de Adén e no Océano Índico. Punt-
landia posúe unha costa de 1.600 km2 de extensión, con grandes riquezas mariñas (mariscos,
lagostas, peixe seco, atún). Ademais, e tomando en conta a forte estrutura nómade da súa so-
ciedade, tamén existe unha notable actividade gandeira e agrícola así como manufactureira.
Páxina web: A páxina oficial do goberno da República de Puntlandia:
http://www.puntlandgovt.com/ (en inglés) Está desactualizada desde agosto de 2011.
Compre igualmente consultar o web de Puntland Post: http://www.puntlandpost.com/ (en somalí
e parcialmente en inglés)
WW
W.IG
ADI.O
RG
67
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
Citas bibliográficas:(1) DOORNBOS, Martin, “¿Cuándo un Estado es un Estado? Explorando Puntlandia, Somalia”,
Relaciones Internacionales, Grupo de Estudos de Relacións Internacionais da Universidade
Autónoma de Madrid (GERI-UAM), Nº 18, outubro de 2011. Ver en: http://www.relacionesin-
ternacionales.info/ojs/article/view/315.html. Este artigo corresponde á reprodución do Capí-
tulo 8 do libro de Martin Doornbos, Global Forces and State Restructuring Dynamics of State
Formation and Collapse, Palgrave McMillan, Hampshire & New York, 2006.(2) Ibid.(3) Ibid.(4) “Somalia: consolidar el sistema para acabar con la piratería”, Afrol News, 15 de abril de 2013.
Consultar en: http://afrol.com/es/articulos/38247. O informe do Banco Mundial pódese con-
sultar en: http://siteresources.worldbank.org/INTAFRICA/Resources/pirates-of-somalia-main-
report-web.pdf
WW
W.IG
ADI.O
RG
68
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
REPÚBLICA MOLDAVA PRIDNESTROVIANA DE TRANSNISTRIA
Nome oficial: República de Transnistria, Transdniestria ou Pridnestrovia, segundo fontes mol-
davas literalmente significa “Marxe esquerda do Río Dniéster” (en ruso, Приднестровье, Prid-
nestrovie; en moldavo, Transnistria ou Stânga Nistrului)
Capital: Tiráspol.
Superficie: 4.163 km2 (2001). Está localizada en Europa Oriental, na marxe esquerda do Río
Dniéster, con fronteiras con Besarabia na República de Moldova e Ucraína.
Poboación: 537.000 habitantes (segundo diversas fontes de 2007 e 2010).
Declaración da Independencia: 2 de setembro de 1990 (de Moldova). Foi declarada baixo o
nome oficial de República Socialista Soviética de Transnistria ou República Moldova Pridnes-
troviana. O 17 de decembro de 2006 celebrouse un referendo que ratificou a independencia de
feito de Transnistria, cun 97,2 por cento dos votos.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: A súa independencia só é recoñe-
cida por tres Estados de feito: Osetia do Sur, Abxasia e Nagorno Karabáj, aínda que Rusia
mantén relacións a través dun Consulado en Tiráspol.
Forma de Estado e sistema político: República semipresidencialista, con Parlamento unicame-
ral e multipartidista.
Presidencia: Yevgeny Shevchuk (desde decembro de 2011)
Disputas e conflitos internacionais: Trala súa declaración de independencia de Moldova en
1990, espallouse un conflito armado coas forzas moldovas, con saldo de aproximadamente
1.500 mortos, ata un cese ao fogo en 1992, propiciado por Rusia, Ucraína, Moldova e repre-
sentantes da Transnistria. A raíz deste alto ao fogo, Moscova mantén a súa presenza militar
a través da XIV división do Exército Ruso, considerado por Moldova como un “factor externo
WW
W.IG
ADI.O
RG
69
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
hostil” pero que, a ollos das autoridades de Transnistria, constitúe a súa única garantía de
protección e seguridade.
Non obstante, a partir de xuño de 2010, a través da iniciativa de Meseberg impulsada pola
Chanceler alemá Ánxela Merkel no marco das relacións entre a Unión Europea e a República
de Moldova, posibilitouse un espazo de achegamento e de negociación sobre a solución do
conflito de Transnistria que, paralelamente, implica a Rusia. A elección de Shevchuk como
novo presidente de Transnistria igualmente revitalizou este marco de negociación entre esta
república de feito e Moldova(1).
Linguas: Moldovo (unicamente oficial); ruso e ucraíno.
Configuración étnica: Moldovo (32 por cento), Ruso (30,4 por cento), Ucraíno (28 por cento); ta-
mén existen grupos étnicos de orixe búlgaro, gagaúzo (túrquico), bielorruso, polacos, xudeus
e alemáns.
Relixións: Cristianismo Ortodoxo oriental (91 por cento), católicos (4 por cento), evanxélicos.
Economía: predominio da industria pesada, eléctrica e metalúrxica, así como dunha conside-
rable industria téxtil. A súa moeda é o rublo de Transnistria, unicamente con validez nese
territorio.
Páxina web: Páxina oficial do Soviet Supremo de Pridnestrovia (en ruso):
http://www.vspmr.org/
Páxina de información sobre a República Pridnestroviana de Transnistria (en inglés): http://
www.pridnestrovie.net/
Citas bibliográficas:(1) POPESCU, Nicu e LITRA, Leonid; “Transnistria: a Bottom-Up Solution”, European Council on
Foreign Relations (ECFR), Policy Brief Nº 63, Decembro de 2012. Ver en: http://ecfr.eu/con-
tent/entry/transnistria_a_bottom_up_solution
WW
W.IG
ADI.O
RG
70
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
REPÚBLICA TURCA DO NORTE DE CHIPRE
Nome oficial: República Turca do Norte de Chipre (en turco: Kuzey Kıbrıs Türk Cumhuriyeti,
KKTC)
Capital: Nicosia (Lefkoşa en turco) En reclamación coa República de Chipre.
Superficie: 3.355 km2. Localizada ao Norte da illa de Chipre, no Mar Mediterráneo.
Poboación: 265.000 habitantes (estimacións de 2006).
Declaración de Independencia: 15 de novembro de 1983 (da República de Chipre).
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Só recoñecida oficialmente pola
República de Turquía e pola República Autónoma de Najichevan, un enclave territorial
pertencente a Acerbaixán pero separada desta por Armenia. Non obstante, a RTNC é membro
da Organización da Conferencia Islámica e da Organización de Nacións e Pobos Non Repre-
sentados (UNPO polas súas siglas en inglés), con sé na Haia (Países Baixos). Consultar en:
http://www.unpo.org/
Forma de Estado e sistema político: República secular e parlamentaria, cun sistema político
e lexislativo inspirado na República de Turquía. O seu Poder Executivo está composto por un
Presidente, un Primeiro Ministro e un Consello de Ministros. Posúe un Parlamento unicameral
de 50 membros elixidos de forma directa por un período de cinco anos. Entre os seus prin-
cipais partidos están o Partido Republicano Turco, o Partido Nacional da Unidade, o Partido
Demócrata, o Movemento da Paz e da Democracia, o Partido Comunista de Liberación e o
Partido do Novo Chipre.
Presidencia: Derviş Eroğlu (desde abril de 2010).
Disputas e conflitos internacionais: Desde a invasión militar do 20 de xullo de 1974, Turquía
mantén aproximadamente 35.000 efectivos militares na RTNC, un factor que incrementa as
WW
W.IG
ADI.O
RG
71
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
tensións coa veciña República de Chipre, a ONU e a Unión Europea. En abril de 2004, previo
ao ingreso da República de Chipre na Unión Europea, a ONU presentou un plan de paz na que
concibía unha confederación de dous Estados, un turco-chipriota e outro greco-chipriota. Un
65 por cento dos turco-chipriotas aprobaron este plan, sendo rexeitado pola poboación greco-
chipriota, principalmente porque consideraron que outorgaba moitas vantaxes á parte turca:
presenza militar indefinida e asentamento dos aproximadamente 45.000 colonos turcos ao
norte.
A ONU e os organismos internacionais só recoñecen a legalidade da República de Chipre, de
maioría greco-chipriota, actualmente membro da Unión Europea, pero que non goza do reco-
ñecemento oficial por parte de Turquía.
Linguas: O turco é a lingua predominante. Existen minorías de gregos e libaneses maronitas.
Configuración étnica: Poboación maioritaria de orixe turco, con pequenas minorías de greco-
chipriotas e libaneses.
Relixións: Musulmán sunnita (99 por cento); cristián ortodoxa e maronitas.
Economía: A dependencia económica de Turquía é absoluta. A moeda oficial é a lira turca. Anka-
ra inviste anualmente US$ 700.000 millóns no desenvolvemento da RTNC.
Páxina web: http://www.trncgov.com/ (fora de servizo) Existe un blog en español: http://www.
republicaturcadelnortedechipre.blogspot.com/ (pouco actualizado).
WW
W.IG
ADI.O
RG
72
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
SÁHARA OCCIDENTAL
Nome oficial: República Árabe Saharauí Democrática (RASD), constituída en 1976 pola Fronte
Popular de Liberación de Saguía el Hamra e Río de Ouro, mellor coñecido como Fronte Po-
lisario. Non obstante, recibe a denominación de “Territorio Non Autónomo” por parte das
Nacións Unidas. En árabe: ةيطارقميدلا ةيوارحصلا ةيبرعلا ةيروهمجلا (Al-Ŷumhūrīyyah Al-`Arabīyyah
Aṣ-Ṣaḥrāwīyyah Ad-Dīmuqrāṭīyyah)
Capital: El Aaiún (Laayoune en árabe)
Superficie: Aproximadamente 266.600 km2. Como a súa poboación, a superficie territorial é
materia constante de controversias, principalmente entre Marrocos e a Fronte Polisario. Así e
todo, a RASD consta oficialmente de seis (6) provincias: Auserd, Assa Zag, Boujdour, El Aaiún,
Semara e Oued Ed-Dahab. O seu territorio está localizado na costa noroccidental africana,
limitando con Marrocos ao Norte, Alxeria ao Nordeste e Mauritania ao Leste e Sur.
Poboación: 520.000 habitantes (estimacións de 2009)
Declaración de Independencia: En novembro de 1975.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: A diverxencia de fontes intensifica
a controversia política sobre os países que recoñecen oficialmente á RASD. Segundo a Fronte
Polisario, son 82 países. Segundo o Parlamento europeo, son 54 países máis a Unión Africana
a partir de 2002. Para outras fontes, como o portal “Sáhara Marroquí”, a RASD é recoñecida
por 27 países.
A complexidade sobre o recoñecemento da RASD implica igualmente unha enorme controversia
entre diversos países, que recoñecen a Fronte Polisario como o representante lexítimo do pobo
saharauí mais non como un Estado, tomando en conta a existencia do seu goberno no exilio
nos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria). Igualmente, outros países que recoñecen
WW
W.IG
ADI.O
RG
73
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
á RASD ou á Fronte Polisario conxelaron ou ben suspenderon as súas relacións coa autoridade
saharauí, moi probablemente baixo a presión marroquí. Ao mesmo tempo, Rabat logrou que
aproximadamente uns 20 países retiraran o seu recoñecemento da RASD, sendo estes princi-
palmente europeos.
Segundo a Fronte Polisario, os 82 países que recoñecen á RASD son: Afganistán, Albania,
Angola, Antiga e Barbuda, Alxeria, Barbados, Belice, Benín, Bolivia, Botswana, Burkina
Faso, Burundi, Cabo Verde, Camboxa, Chad, Colombia, Congo, Corea do Norte, Costa
Rica, Cuba, Dominica, Ecuador, O Salvador, Etiopía, Gana, Cimbabue, Grenada, Guate-
mala, Guinea Bissau, Guinea Ecuatorial, Guíana, Haití, Honduras, India, Irán, Xamai-
ca, Kenya, Kiribati, Laos, Lesoto, Liberia, Libia, Madagascar, Malawi, Malí, Mauricio,
Mauritania, México, Mozambique, Namibia, Nauru, Nicaragua, Nixeria, Panamá, Papúa
Nova Guinea, Paraguai, Perú, República Dominicana, Ruanda, Illas Salomón, San Cris-
tóbal e Neves, San Vicente e as Granadinas, Santa Lucía, Santo Tomé e Príncipe, Sey-
chelles, Serra Leona, Siria, Sudáfrica, Sudán do Sur, Surinam, Suazilandia, Tanzania,
Timor Leste, Togo, Trinidad e Tobago, Tuvalu, Uganda, Uruguai, Vanuatu, Venezuela,
Vietnam e Zambia.
Resulta importante salientar que a RASD é membro fundador da Unión Africana (2002), en-
tidade que a recoñece formalmente, como tamén a entidade antecesora, a Unión de Estados
Africanos, fundada en 1982. Paralelamente, a RASD é membro observador do Parlamento
andino dentro da Comunidade Andina de Nacións (CAN), así como a Comunidade do Caribe
(CARICOM), o Movemento dos Países Non Aliñados e o Grupo de Río recoñecen o dereito á au-
todeterminación do pobo saharauí no marco da Carta da ONU. Non obstante, a Organización
da Conferencia Islámica (OCI) non recoñece á RASD, considerando a Marrocos como o Estado
soberano nos territorios saharauís.
Forma de Estado e sistema político: República semipresidencialista de partido único (Fronte
Polisario)
Presidencia: Mohamed Abdelaziz (desde o 30 de agosto de 1976).
Disputas e conflitos internacionais: Marrocos controla política e militarmente a maior parte
do territorio en disputa salvo as denominadas por Marrocos como Provincias Meridionais,
en fronteira con Alxeria e Mauritania, principalmente despoboadas pero nas cales a Fronte
Polisario afirma exercer o seu control. Mauritania, que igualmente mantén reclamacións te-
rritoriais no Sáhara Occidental, posúe igualmente o control da cidade de La Güera (Lagouira)
ao Sur.
Linguas: Árabe (rama hasaniya) e Castelán. Tamén falase o bérber (amazigh) e o francés.
Configuración étnica: A enorme maioría da poboación saharauí é de orixe árabe e bérber, exis-
tindo igualmente pequenas porcións de orixe español, europeo e negra.
Relixións: Mais dun 99 por cento da súa poboación profesa a fe islámica sunnita. Tamén existen
comunidades cristiáns e do bahaísmo, unha fe monoteísta de orixe persa.
Economía: Practicamente, a economía do Sahara Occidental subsiste da pesca (un dos bancos
pesqueiros con maior reserva a nivel mundial), da agricultura e da gandería. Non obstante,
o territorio é rico en minerais, petróleo na súa zona marítima exclusiva e principalmente de
WW
W.IG
ADI.O
RG
74
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
grandes reservas de fosfato. Marrocos controla de forma ilegal a concesión ás multinacionais
estranxeiras da explotación destes recursos. Outra forma de ingresos, principalmente para
coleccionistas, é a emisión de selos postais, aínda que a Federación Internacional de Filatelia
non recoñece á RASD como entidade estatal legalizada para a súa emisión.
Páxina web: Sitio web da Fronte Polisario (castelán)
http://www.polisario.es/
RASD TV (en castelán e inglés): http://www.rasd.tv/
WW
W.IG
ADI.O
RG
75
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
SOMALILANDIA
Nome oficial: República de Somalilandia (en somalí: Soomaaliland ou Jamhuuriyadda Sooma-
aliland: en árabe: لاموصلا ضرأ ةيروهمج) Antiga Somalia Británica.
Capital: Hargeisa (Hargeysa en somalí)
Superficie: 137.600 km2. Localizado na costa oriental africana, no denominado Corno de África,
Somalilandia limita ao Norte co Golfo de Adén, ao Leste coa República de Puntlandia, ao Oeste
con Djibuti e ao Sur e Sueste con Etiopía. Está dividida en seis (6) rexións: Awdal, Maroodi
Jeex, Togdheer, Saaxil, Sanaag e Sool.
Poboación: 3.500.000 habitantes (estimacións de 2005).
Declaración de Independencia: En maio de 1991, a República de Somalilandia decidiu a súa
separación formal da República de Somalia, en gran medida ante a situación de anarquía nese
país e a persistencia dunha diáspora que ansiaba a independencia. A guerra civil acaecida a
partir dese ano non só afondou a inestabilidade no territorio de Somalia senón que, practica-
mente, desintegrou a institucionalidade e a orde estatal instaurada desde a súa independencia
da soberanía británica en 1960 e, principalmente, tralo réxime de corte socialista instaurado
por Mohammed Siad Barre entre 1969 e 1991.
Aínda que formalmente separada, Somalilandia non escapou da inestabilidade propia da di-
versidade conformada polo mosaico étnico, tribal e de clans somalís, así como ante o avance
de milicias integristas islámicas cara a capital somalí Mogadiscio. Todo isto afondou unha
separación política e territorial de feito, con faccións militares e tribais controlando diversos
territorios, como é no caso da veciña Puntlandia.
A pesar de non ser recoñecida internacionalmente, desde 1991 a República de Somalilandia
obtivo un notable grao de estabilidade comparada co resto do país, incluso tomando en conta
WW
W.IG
ADI.O
RG
76
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
a celebración de eleccións democráticas presidenciais, parlamentarias e municipais e a apro-
bación dunha Constitución en 2001. Aínda que o goberno non ten o monopolio total da forza
estatal policial e militar, Somalilandia conta cunha orde política e administrativa efectiva.
Velaí que a andaina de Somalilandia como Estado de feito e a súa relativa estabilidade per-
mitiulle levemente escapar do caos e da anarquía existente noutras rexións de Somalia e do
Corno de África.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Somalilandia non posúe recoñe-
cemento oficial por parte de ningún Estado. Non obstante, a súa estabilidade institucional e
política, en comparación coas dificultades de orde estatal e da anarquía existente en diversas
rexións de Somalia, permitiron a países como Etiopía establecer fluídos contactos políticos e
comerciais con Somalilandia, con efectos prácticos como eventual paso para o establecemento
futuro dun recoñecemento diplomático e político formal.
Ao mesmo tempo, Somalilandia mantén oficinas de representación en Sudáfrica e Gana, así
como en Londres e Bruxelas. Pola súa parte, Suecia recoñeceu a partir de 2007 a Somalilan-
dia como entidade autónoma para recibir axuda ao desenvolvemento. Pero o recoñecemento
formal de Somalilandia moi probablemente estea vinculado á evolución da súa relación con
Etiopía, que pode afirmar un recoñecemento diplomático unilateral. Pola súa banda, a Unión
Africana non se pronuncia sobre qué posición adoptar ante Somalilandia, á espera da decisión
definitiva etíope.
Resulta relevante salientar que a Unión Europea posúe oficinas de representación en Somali-
landia destinadas á xerencia dos programas de axuda ao desenvolvemento na rexión do Corno
de África(1).
Igualmente, en abril de 2013 e a instancias do goberno da República de Turquía, os presiden-
tes de Somalia, Hassan Sheikh Mohamud; de Somalilandia, Ahmed M. Mahamoud Silanyo; e
de Turquía, Abdullah Gül, reuníronse na capital turca Ankara para iniciar conversacións que
permitan o diálogo político e a cooperación entre ambas entidades, Somalia e Somalilandia,
con especial énfase na loita contra a piratería e a criminalidade.
Forma de Estado e sistema político: República presidencialista, aínda que o seu sistema polí-
tico considérase “híbrido” debido a que combina as institucións políticas modernas (poderes
Executivo, Lexislativo e Xudicial) con outras ancestrais e tradicionais, especialmente confi-
guradas en torno ás asembleas de clans étnicos e familiares, denominado “sistema de goberno
beel” (clan ou comunidade), así como o Consello de Sabios (guurtí en somalí). Tamén funciona
a lei islámica ou Sharia, tanto como a súa lexislación limita o dereito de asociación, a liberda-
de relixiosa e a existencia de só tres partidos políticos: o Partido para a Xustiza e a Democra-
cia (UCID), o Partido Paz, Unidade e Desenvolvemento (Kulmiye) e o Partido para a Unidade,
a Democracia e a Independencia (UDUB)
Presidencia: Ahmed M. Mahamoud Silanyo (dende 2010).
Disputas e conflitos internacionais: Trala constitución da República de Somalilandia en 1991,
sen recoñecemento internacional, o goberno de Hargeysa incluíu ás rexións administrativas
de Awdal, Woqooyi Galbeed e Togdheer, co cal mantiveron unha forte loita política e armada
coas diversas autoridades centrais somalís existentes en Mogadiscio (capital de Somalia), así
WW
W.IG
ADI.O
RG
77
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
como co respecto ás reclamacións de soberanía sobre Sanaag e Sool por parte da veciña Repú-
blica de Puntlandia. Igualmente, Europa e outros países africanos recean do presunto apoio
de clans de Somalilandia aos grupos de piratería que operan no Océano Índico e no Golfo de
Adén.
Linguas: Somalí e Árabe.
Configuración étnica: A diversidade de clans familiares e étnicos configuran un auténtico mo-
saico. Predominan os clans darod, dir e ishaq, abertamente enfrontados cos demais clans
somalís, especialmente asentados no Centro e Sur de Somalia.
Relixións: Islam sunnita (maioritario), en especial a Escola Shafi´i da xurisprudencia islámica,
considerada a máis flexible dentro do rigorismo legal islámico. O Islam constitúe a relixión
estatal en Somalilandia. Aprécianse tamén crenzas animistas e sincretistas das culturas afri-
canas.
Economía: Basicamente dependente do gando e da agricultura, con especial énfase na produción
de cereais e na horticultura, Somalilandia ten unha economía en plena fase de desenvolve-
mento. A súa moeda, o chelín somalilandés, non é recoñecida internacionalmente, aínda que
si se utiliza por razóns prácticas nas transaccións comerciais coa veciña Etiopía. Somalilandia
cobra impostos no porto de Berbera, un enclave comercial importante na zona. O seu terri-
torio alberga importantes recursos de petróleo, gas natural, xeso, cal, mica, cuarzo, lignita,
plomo, ouro e sulfuro. Cabe destacar tamén que algúns bens públicos son subministrados por
iniciativas de emigrantes somalís e de ONGs.
Páxina web: Goberno da República de Somalilandia (en inglés): http://www.somalilandgov.com/
Citas bibliográficas:(1) CASPERSEN, Nina e HERRBERG, Antje; “Engaging Unrecognised States in Conflict Resolu-
tion: An Opportunity or Challenge for the EU?”, The Crisis Management Initiative, Initiative
for Peacebuilding (IFP) Mediaton Cluster, Decembro 2010. http://www.initiativeforpeace-
building.eu
WW
W.IG
ADI.O
RG
78
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
TAIWÁN
Nome oficial: República de China, tamén coñecida como Taiwán, antiga Illa Formosa. (En chi-
nés: 中華民國; pinyin ou chinés oficial: Zhōnghuá Mínguó). Dende a perspectiva política, exis-
ten numerosas diverxencias de carácter semántico en canto á denominación da República de
China ou Taiwán, especialmente en relación coa República Popular de China (RPCh).
Durante a “guerra fría”, dende medios occidentais realizouse unha simplificación en canto á
“China Nacionalista” (Taiwán) e a “China Popular” (para a RPCh). Durante os anos de presi-
dencia en Taiwán de Chen Shui-bian (1988-2000), fomentouse o uso de “República de China
en Taiwán” ou simplemente “Taiwán”, no marco dun proceso de “taiwanización” das súas
institucións políticas e administrativas.
Capital: Taipéi.
Superficie: 36.200 km2. Situado entre o Estreito de Taiwán e o Mar de Filipinas, a escasas millas
da costa da provincia chinesa de Fujian. Ao Norte está delimitado polo Mar de China Oriental
e ao Sur polo Mar de China Meridional. A illa está dividida en catorce (14) Condados (hsien):
Changhua, Chiayi, Hsinchu, Hualien, Kinmen, Lienchiang, Miaoli, Nantou, Penghu, Pingtung,
Taitung, Taoyuan, Yilan e Yunlin. Paralelamente, existen as tres (3) Municipalidades (shih):
Chiayi, Hsinchu e Keelung; e as cinco Municipalidades Especiais (chih-hsia-shih): Kaohsiung,
Nova Taipei, Taichung, Tainan e Taipei.
Poboación: 22.814.636 habitantes (2008). Un 75% da súa poboación habita en zoas urbanas.
Declaración de Independencia: A proclamación da República Popular China (RPCh) en outubro
de 1949, rematou coa hexemonía do Partido Nacionalista Kuomintang, dirixido por Chiang
Kai-shek, con que os comunistas mantiveron unha prolongada guerra civil (1937-1945), coin-
cidindo coa invasión xaponesa a China e a II Guerra Mundial.
WW
W.IG
ADI.O
RG
79
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
A derrota do Kuomintang en 1949 deu paso ao éxodo á illa de Taiwán das súas institucións
administrativas e de goberno. Dende entón mantense a separación de feito entre Taiwán e
a China continental, que seguiu o modelo socialista. Dentro do contexto da “guerra fría”,
Taiwán conta co apoio de EUA e dos seus aliados, a pesar de perder o seu asento na ONU en
1971 a favor da RPCh. O réxime ditatorial do Kuomintang permitiu a vixencia, entre 1949 e
1987, dunha lei marcial e do “estado de guerra” en Taiwán que, paulatinamente, deu paso a
un proceso de democratización, apertura política e reformas económicas a partir de 1996.
Países ou territorios que recoñecen a súa independencia: Taiwán é actualmente recoñecido
como República de China por parte de 23 países membros da ONU: Belice, Burkina Faso,
O Salvador, Guatemala, Haití, Honduras, Kiribati, Nauru, Nicaragua, Palau, Panamá,
Paraguai, San Cristóbal e Neves, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, São Tomé
e Príncipe, Suazilandia, República Dominicana, Gambia, Illas Marshall, Illas Salomón,
Vaticano e Tuvalu.
A lista de países que recoñecen á República de China e que manteñen relacións diplomáticas
con ela, redúcese notablemente, en particular ante o impulso político, diplomático e económi-
co da RPCh. Por citar exemplos recentes, desde 2005 países como Malawi, Costa Rica, Chad,
Senegal, Grenada e Dominica decidiron suspender o seu recoñecemento a Taiwán, abrindo
así as súas relacións diplomáticas coa RPCh. Non obstante, na actualidade existe unha “tregua
diplomática”.
Paralelamente, Taiwán ingresou en 2002 na Organización Mundial do Comercio (OMC) baixo
o nome de “Taipei China”. En 1971, a República de China deixou o seu posto como membro da
ONU, cando a maioría dos países votaron pola inclusión da República Popular de China. Desde
1991, Taiwán tamén forma parte da Asociación de Cooperación Económica do Asia Pacífico
(APEC). Pula pola participación nos organismos do sistema ONU.
Forma de Estado e sistema político: República semipresidencialista, cuxo mandatario é elixido
por sufraxio universal tralo proceso de apertura política democrática iniciado a partir das
eleccións de 1996. Existen cinco poderes públicos: Yuan Executivo, Yuan Lexislativo (unica-
meral), Yuan Xudicial, Yuan de Control e Yuan de Exames.
Presidencia: Ma Ying-jeou (dende maio 2008).
Disputas e conflitos internacionais: A República Popular de China (RPCh), así como diversos
países, non recoñece a lexitimidade da República de China, que mantén un apoio tácito e es-
tratéxico por parte de Washington aínda que non un recoñecemento formal. En 1980, as au-
toridades taiwanesas abandonaron o seu reclamo de erixirse como autoridade lexítima e legal
do resto da China continental. Están en reclamación entre a RPCh e Taiwán a soberanía de
diversas illas do Estreito de Taiwán. Dende a perspectiva estratéxica e xeopolítica, a tensión
entre a RPCh e Taiwán podería presentar un escenario de alto nivel de confrontación política
e militar entre China e EUA.
Linguas: Aínda que o idioma maioritario é o chinés mandarín, os taiwaneses utilizan unha va-
riante dialectal chinesa das familias Min (orixinaria da rexión de Fuxián na China continen-
tal) e Hakka, así como outras de orixe formosana.
Configuración étnica: Un 98 por cento da poboación é de orixe chinés, sendo o resto unha com-
WW
W.IG
ADI.O
RG
80
INST
ITUTO
GAL
EGO
DE A
NÁLIS
E E
DOCU
MEN
TACI
ÓN IN
TERN
ACIO
NAL
· IN
FORM
E M
UNDI
AL D
E ES
TADO
S DE
FEI
TO
binación de etnias aborixes formosanas.
Relixións: Existe unha ampla configuración relixiosa: un 35,1 por cento profesan a relixión budis-
ta; un 33 por cento son taoístas e confucianistas; 14 por cento ateos; 3 por cento cristiáns e 3,5
por cento doutras crenzas e sectas.
Economía: Cun moderado crecemento económico, unha boiante clase media, forza laboral capaci-
tada e empresas de tecnoloxía de punta (microprocesadores, telecomunicacións, biotecnoloxía,
etc.), Taiwán é considerado polos organismos internacionais como un dos polos económicos de
maior crecemento, baixo a noción de “Novo País Industrializado” (New Industrialized Countries,
NIC´s ) e tradicionalmente cualificado como un dos denominados “tigres asiáticos”, xunto a Co-
rea do Sur, Singapur ou Malaisia.
Taiwán veuse beneficiado por elevados investimentos por parte de EUA, Xapón e Europa. O seu
PIB per cápita estimado é un dos máis elevados a nivel mundial, calculándose en US$ 19.625,
mentres a súa moeda oficial é o Novo Dólar Taiwanés.
Páxina web: Páxina oficial do goberno da República de China (en español): http://www.gio.gov.tw/
taiwan-website/abroad/sp/index.html
Páxina oficial (en inglés): http://www.mofa.gov.tw