dom12
TRANSCRIPT
Domingo XII Ordinario
SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS (9, 18-
24)
Unha vez que estaba Xesús en oración nun lugar apartado, acompañado dos seus discípulos, preguntoulles:
‑ ¿Quen di a xente que son eu?
Eles responderon:‑ Uns, que Xoán Bautista; outros, que
Elías; e outros, que algún dos profetas antigos que está resucitado.
Insistiu:
‑ ¿E vós quen dicides que son eu?Respondeu Simón Pedro:
‑ O Mesías de Deus.
Entón el prohibiulles dicir nada a ninguén. E engadiu:
‑ Cómpre que o Fillo do Home padeza moito…
Que o rexeiten os anciáns, os sumos sacerdotes e mailos letrados, e que o executen, e que ao terceiro día resucite.
Despois dirixiuse a todos:‑ Se alguén me quere seguir,
que renuncie a si mesmo, que cargue coa cruz de cada día, e que me siga.
Pois o que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen perda a súa vida pola miña causa, ese poñeraa a salvo.
─ Palabra do Señor─ Loámoste, Cristo