do u ultimo.pdf · pode observar o val do ullán na súa totalidade e o sinuoso trazado que fai ......

2
Goza do Ulla Goza do Ulla Goza do Ulla Goza do Ulla TOURO RUTA DA RIBEIRA DO ULLA (PR-G 93) Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Domingo 5 de Outubro de 2014 12,8 Km. (lineal) Media-baixa Casa do Concello 42º 51’ 53” N / 8º 17’ 13.26” O Tel.: 649 61 02 09 [email protected] SANTISO PENAS DO ULLA Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Sábado 11 de Outubro de 2014 12 Km. (lineal) Media-baixa Casa do Concello 42º 52’ 17” / 8º 03’ 53” Tel.: 981 81 85 01 [email protected] Esta senda percorre a marxe dereita do río Ulla, para aproximarnos, en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos en Touro como a Fervenza do Inferniño ou o Pozo do Pego. Durante o camiño descubriremos os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agachadas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos. Nas proximidades da poboación de San Pedro de Ribeira, gozaremos da tranquilidade do Pozo do Pego, un lugar de extraordinaria beleza. VALGA VILA DE CRUCES VISTA PANORÁMICA VAL DO ULLA REMESQUIDE - BASEBE Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Sábado 25 de Outubro de 2014 10 Km. (circular) Media-alta Colexio Xesús Ferro Couselo. 42º 41’ 22” N / 8º 41’ 28” W Tel.: 986 55 94 56 [email protected] Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Domingo 26 de Outubro de 2014 14 Km. Media-baixa Praza Juan Carlos I 42º 47’ 38” N / 8º 10’ 13” O Tel.: 626 94 55 00 [email protected] A ruta era utilizada polos cabaleiros do Hoy-Vás en honra a súa virxe, polo que a sinalización non é moi axeitada. Transcorre por diversos sendeiros e camiños colindantes ó río ulla. Durante estes 14 Km o camiñante disfrutará dunha morea de sensacións transmitidas pola gran riqueza paisaxística da zona, permitindo disfrutar da amplia flora e fauna de Vila de Cruces. O mesmo tempo diversas edificacións tales como muiños, o Pazo de Raindo… deleitarán os pasos do viaxeiro. A xeografía de Valga caracterízase pola chaira que se forma no centro e noroeste do concello por onde transcorren os ríos Valga e Louro, os cales van desembocar no río Ulla. Pola contra a zona oriental é máis montañosa, encontrando tamén elevacións cara o sueste, como o Monte Fontebecha a 372 metros de altitude, onde hai moi boas vistas do val. A igrexa vella, adicada á mártir cristiá do século III Comba de Sens. Naceu cara o século IV como un templo tardorromano. Desa época consérvase un forno e unha estela funeraria con inscrición en latín. PONTECESURES OLLANDO O ULLÁN Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Domingo 28 de Setembro de 2014 17,50 Km. (lineal) Media A Plazuela 42º 43’ 19.74” N / 8º 39’ 3.72” W Tel.: 986 56 44 10 [email protected] Ruta que partindo dende o centro urbán de Pontecesures (Plazuela da Igrexa) adéntrase nas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, dende os cales se pode observar o Val do Ullán na súa totalidade e o sinuoso trazado que fai o río Ulla no centro deste val. Lugares de interese: petroglifos da Pedra da Serpe, Caseta na cima do Monte Salgueiras e Miradoiro da Galiñeira onde se fan sendas paradas para facer fotografías de grupo. No trazado desta ruta transitaremos os núcleos rurais de: Cortiñas, A Rocha, Morono e Grobas-Fenteira PADRÓN SEGREDOS DO ULLA-SAR Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Sábado 4 de Outubro de 2014 1º tramo: 13 Km. - 2º 9 Km. 1º tramo: Baixa - 2º: Media-Alta Centro Social Padrón 42º 44’ 14.6” N / 8º 39’ 32.68” O Tel.: 981 81 13 29 [email protected] Ruta circular que percorre as beiras dos ríos Sar e Ulla, que nos permite facer un roteiro cultural pasando por algúns dos elementos máis característicos desta zona, as pesqueiras da lamprea, que son de orixe romana e seguen en funcionamento na actualidade, o Convento de Herbón, a Igrexa de Santa María de Herbón do S.XII, ou as Fundacións de Camilo J. Cela e Rosalía de Castro. Para os máis atrevidos subiremos ao monte de Meda onde se divisa toda a comarca do ullán e no noso río ata a ría de Arousa onde desemboca. DODRO RUTA AS BRAÑAS Data: Distancia: Dificultade: Punto de encontro: Contacto e información: Sábado 18 de Outubro de 2014 12 Km. (circular) Media-baixa Pavillón Polideportivo 42º 42’ 59.27” N / 8º 41’ 50.26” O Tel.: 981 80 25 32 [email protected] Ruta circular que percorre as Brañas de Dodro o máis cerca posible do río Ulla saíndo do Pavillón Polideportivo Municipal, pasando por Vigo, polo Campo do Bosque para dirixirse ó “Arenal”, logo ir ós “Cortellos”, e ó “Pozo da Brañiña” para así iniciar a volta. Esta andaina lévanos polas Brañas de Laíño, un dos espazos húmedos de maior valor medioambiental de Galicia, e que están integradas na Rede Natura 2000. Así mesmo poderanse apreciar os hórreos da Lavandeira, reloxos de sol, pombais de planta circular e cadrada, o Pazo de Tarrío… A ruta ten una distancia de 12 km. Comeza na Pontenova seguindo o curso do río Ulla, atopando o muíño do Naseiro. Seguidamente na area recreativa da Cornella, temos unha fonte de augas sulfurosas e mais adiante outro muíño. Continuamos ata a parroquia de Mourazos, e ao pasala atopamos unhas penas con inscricións, e a igrexa de San Xurxo cun cruceiro xunto a casa de turismo rural. Para acabala ruta contemplamos o inicio do encoro de Portodemouros utilizado para a produción eléctrica, e paisaxes con zonas escarpadas e pendentes intensas. Percorrido polos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla Percorrido polos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla Percorrido polos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla Percorrido polos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla As actividades complementarias ofertados por cada un dos concellos poderán consultarse na páxinas web de cada concello ou no facebook www.facebook.com/GozadoUlla PROGRAMA PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE: A ESTRADA | AGOLADA | ANTAS DE ULLA | ARZÚA | BOQUEIXÓN | CATOIRA DODRO | MONTERROSO | PADRÓN | PALAS DE REI | PONTECESURES | RIANXO SANTISO | SILLEDA | TEO | TOURO | VALGA | VEDRA | VILA DE CRUCES Máis información: concellos participantes, [email protected], https://www.facebook.com/GozadoUlla Aeroporto de Lavacolla VILA DE CRUCES 26 Outubro MONTERROSO 19 Xullo ANTAS DE ULLA 1 Xuño PALAS DE REI 27 Setembro OLVEDA AGOLADA 14 Xuño SANTISO 11 Outubro ARZÚA 9 Agosto TOURO 5 Outubro SILLEDA 6 Xullo VEDRA 3 Agosto A ESTRADA 21 Setembro BOQUEIXÓN 21 Xuño TEO 7 Setembro PADRÓN 4 Outubro CATOIRA 14 Setembro VALGA 25 Outubro PONTECESURES 28 Setembro DODRO 18 Outubro RIANXO 23 Agosto

Upload: nguyenthien

Post on 11-Oct-2018

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Gozado UllaGoza

do UllaGoza

do UllaGoza

do Ulla

TOURORUTA DA RIBEIRA DO ULLA (PR-G 93)

Data: Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 5 de Outubro de 2014 12,8 Km. (lineal)

Media-baixa Casa do Concello

42º 51’ 53” N / 8º 17’ 13.26” O Tel.: 649 61 02 09

[email protected]

SANTISOPENAS DO ULLA

Data:Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 11 de Outubro de 2014 12 Km. (lineal)

Media-baixa Casa do Concello

42º 52’ 17” / 8º 03’ 53” Tel.: 981 81 85 01

[email protected]

Esta senda percorre a marxe dereita do río Ulla, para aproximarnos, en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos en Touro como a Fervenza do Inferniño ou o Pozo do Pego.Durante o camiño descubriremos os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agachadas e antigas ouriceiras que salpican repetidamente os frondosos soutos. Nas proximidades da poboación de San Pedro de Ribeira, gozaremos da tranquilidade do Pozo do Pego, un lugar de extraordinaria beleza.

VALGA

VILA DE CRUCES

VISTA PANORÁMICA VAL DO ULLA

REMESQUIDE - BASEBE

Data:Distancia: Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 25 de Outubro de 201410 Km. (circular) Media-alta

Colexio Xesús FerroCouselo. 42º 41’ 22” N / 8º 41’ 28” W

Tel.: 986 55 94 [email protected]

Data:Distancia: Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 26 de Outubro de 201414 Km. Media-baixa

Praza Juan Carlos I42º 47’ 38” N / 8º 10’ 13” O

Tel.: 626 94 55 [email protected]

A ruta era utilizada polos cabaleiros do Hoy-Vás en honra a súa virxe, polo que a sinalización non é moi axeitada. Transcorre por diversos sendeiros e camiños colindantes ó río ulla. Durante estes 14 Km o camiñante disfrutará dunha morea de sensacións transmitidas pola gran riqueza paisaxística da zona, permitindo disfrutar da amplia flora e fauna de Vila de Cruces. O mesmo tempo diversas edificacións tales como muiños, o Pazo de Raindo… deleitarán os pasos do viaxeiro.

A xeografía de Valga caracterízase pola chaira que se forma no centro e noroeste do concello por onde transcorren os ríos Valga e Louro, os cales van desembocar no río Ulla. Pola contra a zona oriental é máis montañosa, encontrando tamén elevacións cara o sueste, como o Monte Fontebecha a 372 metros de altitude, onde hai moi boas vistas do val. A igrexa vella, adicada á mártir cristiá do século III Comba de Sens. Naceu cara o século IV como un templo tardorromano. Desa época consérvase un forno e unha estela funeraria con inscrición en latín.

PONTECESURESOLLANDO O ULLÁN

Data: Distancia:Dificultade: Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 28 de Setembro de 2014 17,50 Km. (lineal)

Media A Plazuela

42º 43’ 19.74” N / 8º 39’ 3.72” W Tel.: 986 56 44 10

[email protected]

Ruta que partindo dende o centro urbán de Pontecesures (Plazuela da Igrexa) adéntrase nas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, dende os cales se pode observar o Val do Ullán na súa totalidade e o sinuoso trazado que fai o río Ulla no centro deste val. Lugares de interese: petroglifos da Pedra da Serpe, Caseta na cima do Monte Salgueiras e Miradoiro da Galiñeira onde se fan sendas paradas para facer fotografías de grupo. No trazado desta ruta transitaremos os núcleos rurais de: Cortiñas, A Rocha, Morono e Grobas-Fenteira

PADRÓNSEGREDOS DO ULLA-SAR

Data: Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 4 de Outubro de 2014 1º tramo: 13 Km. - 2º 9 Km.

1º tramo: Baixa - 2º: Media-Alta Centro Social Padrón

42º 44’ 14.6” N / 8º 39’ 32.68” O Tel.: 981 81 13 29

[email protected]

Ruta circular que percorre as beiras dos ríos Sar e Ulla, que nos permite facer un roteiro cultural pasando por algúns dos elementos máis característicos desta zona, as pesqueiras da lamprea, que son de orixe romana e seguen en funcionamento na actualidade, o Convento de Herbón, a Igrexa de Santa María de Herbón do S.XII, ou as Fundacións de Camilo J. Cela e Rosalía de Castro.Para os máis atrevidos subiremos ao monte de Meda onde se divisa toda a comarca do ullán e no noso río ata a ría de Arousa onde desemboca.

DODRORUTA AS BRAÑAS

Data:Distancia: Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 18 de Outubro de 201412 Km. (circular) Media-baixa

Pavillón Polideportivo42º 42’ 59.27” N / 8º 41’ 50.26” O

Tel.: 981 80 25 [email protected]

Ruta circular que percorre as Brañas de Dodro o máis cerca posible do río Ulla saíndo do Pavillón Polideportivo Municipal, pasando por Vigo, polo Campo do Bosque para dirixirse ó “Arenal”, logo ir ós “Cortellos”, e ó “Pozo da Brañiña” para así iniciar a volta. Esta andaina lévanos polas Brañas de Laíño, un dos espazos húmedos de maior valor medioambiental de Galicia, e que están integradas na Rede Natura 2000. Así mesmo poderanse apreciar os hórreos da Lavandeira, reloxos de sol, pombais de planta circular e cadrada, o Pazo de Tarrío…

A ruta ten una distancia de 12 km. Comeza na Pontenova seguindo o curso do río Ulla, atopando o muíño do Naseiro. Seguidamente na area recreativa da Cornella, temos unha fonte de augas sulfurosas e mais adiante outro muíño. Continuamos ata a parroquia de Mourazos, e ao pasala atopamos unhas penas con inscricións, e a igrexa de San Xurxo cun cruceiro xunto a casa de turismo rural. Para acabala ruta contemplamos o inicio do encoro de Portodemouros utilizado para a produción eléctrica, e paisaxes con zonas escarpadas e pendentes intensas.

Percorrido polos roteirosde sendeirismo

dos concellos do Ulla

Percorrido polos roteirosde sendeirismo

dos concellos do Ulla

Percorrido polos roteirosde sendeirismo

dos concellos do Ulla

Percorrido polos roteirosde sendeirismo

dos concellos do Ulla

As actividades complementarias

ofertados por cada un dos concellos

poderán consultarse

na páxinas web de cada concello

ou no facebook

www.facebook.com/GozadoUlla

PROGRAMA PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE:A ESTRADA | AGOLADA | ANTAS DE ULLA | ARZÚA | BOQUEIXÓN | CATOIRA

DODRO | MONTERROSO | PADRÓN | PALAS DE REI | PONTECESURES | RIANXOSANTISO | SILLEDA | TEO | TOURO | VALGA | VEDRA | VILA DE CRUCES

Máis información:concellos participantes, [email protected],https://www.facebook.com/GozadoUlla

Aeroporto de Lavacolla

VILA DE CRUCES26 Outubro

MONTERROSO19 Xullo

ANTAS DE ULLA1 Xuño

PALAS DE REI27 Setembro

OLVEDA

AGOLADA14 Xuño

SANTISO11 Outubro

ARZÚA9 Agosto

TOURO5 Outubro

SILLEDA6 Xullo

VEDRA3 Agosto

A ESTRADA21 Setembro

BOQUEIXÓN21 Xuño

TEO7 Setembro

PADRÓN4 Outubro

CATOIRA14 Setembro

VALGA25 Outubro

PONTECESURES28 Setembro

DODRO18 Outubro

RIANXO23 Agosto

ANTAS DE ULLAULLOANDO POLO NACEMENTO

Data:Distancia: Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 1 de xuño de 201412 Km. (lineal) Baixa

Pza. de España45º 45’ 7,30” N / 7º 53’ 26,15” W

Tel.: 699 60 45 [email protected]

PALAS DE REI

BOQUEIXÓN

RIANXORUTA DAS TORRENTES

ROTEIRO DO RÍO GRANDE E PESCADORES

ROTEIRO ARQUEOLÓXICO

Data:Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 27 de Setembro de 2014 9 Km. (lineal)

Alta Praza do Concello

45º 51’ 27.1” N / 7º 52’ 4.3” W . Tel.: 982 38 00 01

[email protected]

Data:Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 21 de xuño 2014 9,6 Km. (lineal)

Media-Baixa Capela de San Paio

(Codeso). X: 42.795590 / Y: 8.405406Tel.: 981 51 30 61

[email protected]

Roteiro arqueolóxico con saída do lugar de Rianxiño, visita aos gravados da “Foxa da Vella”e a necrópole de “Os Campiños”, rematando a visita ao gravado dos “Mouchos” no lugar de Brión. Ao longo do roteiro poderase disfrutar das vistas á ría de Arousa, enseada de Rianxo e desembocadura do río Ulla. Trátase polo tanto dun roteiro que mistura xoias arqueolóxicas e patrimoniais con vistas á Ría de Arousa e incluso permitirá a visita da mítica “Aldea Maldita”, onde se poderán observar os restos das vivendas e contar algunha das misteriosas lendas que a rodea.

MONTERROSOO MUÍÑO DO ALEMÁN

Data: Distancia: Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 19 de xullo de 201412 Km. (semicircular) Media-Baixa

Rúa General Salgado,xunto á fonte de O Picho

Tel.: 982 37 78 [email protected]

Trátase dunha ruta de dificultade media-baixa na que poderemos disfrutar de paisaxes rurais agrestes, árbores centenarios, encraves sorprendentes e como contrapunto as novas áreas recreativas creadas polo concello tentando non alterar o noso entorno. No seu percorrido descubriremos un interesante medio natural e cultural.Tamén visitaremos algún edificio particular de gran interés arqueolóxico, para rematar cunha visita a granxa ecolóxica “Maruxa”.

Data:Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 23 de Agosto de 2014 12 Km. (circular)

Media Instituto “Felix Muriel”

X: 515414 / Y: 4722431 Tel.: 667 18 55 76

[email protected]

A ruta comezará na ponte de Chorexe, dende alí irase ó antigo balneario de Frádegas e xa se comeza o descenso das Torrentes de Mácara. O percorrido transcorre á beira do río Ulla, que durante 4 Km nos que ten varios saltos e rápidos ata que se chega á zona onde se xuntan os ríos Ulla e Pambre. A continuación, o percorrido continúa polo río Pambre ata unha Ponte Medieval pertencente a un antigo camiño real, e finalmente visitarase o Castelo de Pambre, do século XIV e un muíño hidráulico.

A ruta comeza no lugar de a ponte Mercé, na marxe esquerda do río Ulla, dende alí percorreremos ao carón do río, atopando polo camiño diversas paisaxes e morfoloxía do Ulla, así como antigos muíños, pazos e viacrucis existentes nos lugares de Toande e Santa Mariña do Castro de Amarante, ata chegar o antigo balneario de Frádegas, alí visitaremos a antiga fonte de augas sulfurosas, famosa no entorno polas súas propiedades mineromedicinais.Xantaremos de campo e emprenderemos o camiño de volta ata a ponte Mercé.

AGOLADAO ULLA DAS SERPENTINITAS E ENDEMISMOS

Data: Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 14 de xuño de 2014 12 Km. (semicircular)

Media-Baixa Plaza do Concello

42º 45’ 47.721” N / 8º 1’ 8” O Tel.: 619 26 77 83

[email protected]

Dende Basadre seguimos ata o encontro co punto estratéxico onde se xuntan as provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo. Seguimos o roteiro das serpentinitas e endemismos de interés xeolóxico e botánico á par do río Ulla. Baixaremos a carón do río Seco ata a súa desembocadura no Ulla onde vistaremos o muíño das Canizas. Regresaremos en autobús ata a praza do concello onde teremos unha visita guiada ao entorno dos Pendellos (antigo recinto feiral do Século XVIII e declarado Conxunto Histórico Artístico), onde remataremos a nosa andaina.

O punto de partida é a Capela de San Paio, enclave natural e arquitectónico de impresionante beleza, onde se pode desfrutar do río Pontillón que desembocará máis adiante no Ulla e dunha fervenza de 7 m. de altura. Tras algún tramo de estrada enlazaremos co roteiro dos Pescadores, tramo de Rede Natura do río Ulla.É unha fermosa senda propia dos pescadores cunhas vistas de gran beleza e cun conxunto etnográfico importante. Visitaremos a Igrexa de Sta. Mariña, a Ponte Vella de Ledesma, as Ínsuas de Gres, etc...

SILLEDAROTEIRO DA XUNTA DOS RÍOS DE CIRA

Data:Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 6 de Xullo de 2014 10 Km. (circular)

Media Praia Fluvial de Cira

42º 47’ 2.80” N / 8º 20’ 44.74” OTel.: 654 39 71 20

[email protected]

Percorrido circular de aprox. 10 kms. cunha duración de 3 horas, con visita guiada á contorna do Castelo, Pazo de Paizás, invernadoiros de legumes e flor e remate na praia fluvial de Cira onde conflúen os ríos Deza e Ulla.Ao longo do percorrido unha experta en desenvolvemento sostible, acompañaranos cun roteiro etnobotánico para idenficar as prantas e os seus usos tradicionais e actuais na mediciña, gastronomía e artesanía.No percorrido disfrutaremos dun rico patrimonio histórico e natural.

VEDRARUTA DE SAN XOÁN DA COVA (PR-G 36)

Data: Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 3 de Agosto de 2014 11,2 Km.

Media Área de Recreo

de Cubelas. 42º44.696 N / 8º28.331 O Tel.: 981 51 24 82

[email protected]

Esta ruta discorre pola marxe dereita do río Ulla aproveitando camiños de paso e sendas de pescadores.Puntos de Interese: Área de Recreo de Cubelas, Coto de Ximonde coa Ponte Colgante, Área de Recreo de Agronovo, Muíño de Reboredo, Pobo de A Ponte Ulla, Miradoiro, Capela e Pontes de Gundián,... Esta ruta convídanos a gozar da paisaxe e a descubrir o Concello de Vedra, unha terra agarimosa, sinxela,salpicada de historia, cultura, tradicións... e moldeada pola forza da natureza.

ARZÚAMUÍÑOS DE ROQUE - FERVENZAS DAS HORTAS

Data:Distancia: Dificultade: Punto de encontro:

Contacto e información:

Sábado 9 de Agosto de 201414 Km. (lineal)

Baixa Centro Multiusos

X: 568395 / Y: 475316 Tel.: 676 17 29 78

[email protected]

A paisaxe de Arzúa está tracexada polo curso dos seus ríos e regatos. O río Iso, o Mera e o Ulla, e os seus numerosos afluentes, acobillan nas rúas ribeiras acougantes recunchos e conservan unha vizosa fauna e flora. A auga é protagonista na fervenza das Hortas e nas numerosas fontes do concello, pero tamén no encoro de Portodemouros.A fervenza das Hortas é un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro. Consta de dúas caídas de auga, na súa parte alta atópase o muíño dos Agra.

TEORUTA DAS BURGAS

Data:Distancia: Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 7 de Setembro de 201412 Km. (lineal) Baixa

Burga de Xermeade(Reis - Teo) 42º 45’ 13.0” N / 8º 32’ 38.7” O

Tel.: 981 81 57 [email protected]

Andaina que une os dous mananciais de augas de tipo sulfuradas – cloruradas sódicas do Concello, as Burgas da Laña e Xermeade, de gran sona na comarca polas súas propiedades curativas. Dende a aldea da Laña, na parroquia de Oza, camiñaremos por un treito da Ruta da Batalla de Cacheiras ata o igrexario de Bamonde. Dende alí atravesaremos a antiga Devesa Real de Coto e achegarémonos pola beira do rego Pereiro á ponte da Dorna e o río Ulla. No último treito visitaremos o curioso petróglifo de Mallos para rematar na área de lecer da Burga de Xermeade.

CATOIRADE PEDRAS MIÚDAS Ó ULLA

Data:Distancia:Dificultade:Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 14 de Setembro de 2014 15 Km. (circular)

Media Pza. do Concello

42º 39’ 59.34” N / 8º 43’ 21.33” W Tel.: 986 54 60 14

Dept. de Cultura do Concello de Catoira

Ruta circular cun desnivel duns 100 m., tanto en subida como en baixada. Comeza cunha visita á Lagoa Pedras Miúdas, acuífero rexenerado e forma natural na conca dunha antiga canteira. Subiremos logo por un novo sendeiro ós muíños de vento de Catoira para divisar a desembocadura do Ulla na ría de Arousa. Seguindo o curso de regatos e o borde do Ulla, poderemos ver algún muíño de río, a área recreativa Fonte Gaiteira, un muíño de marea, a praia fluvial, as Torres de Oeste, as brañas do Ulla, algúns dos cruceiros da ruta xacobea fluvial e os restos de antigas telleiras.

A ESTRADAOS SONIDOS DO ULLA

Data: Distancia:Dificultade: Punto de encontro:

Contacto e información:

Domingo 21 de Setembro de 2014 15 Km. (circular)

Baixa Ponte vella de Pontevea

42º 45’ 3.92” N / 8º 32’ 5.97” O Tel.: 629 57 72 46

[email protected]

O seu paso polo concello da Estrada, o río Ulla ofrece un sinfín de cores e sonidos que enchen de ledicia as suas veiras e pobos. Comenzando dende a ponte Romana de Pontevea, os camiños e sendas feitas polos pescadores, que gozan deste río para practicar a arte da pesca, disfrutaremos de todos eses sonidos que nos proporciona pasear ao carón do río Ulla, tanto polas suas augas como pola infinidad de paxaros e vida natural que atesouran estes lugares. O percorrido desta ruta pese ós seus 15 Km non entraña dificultade xa que no ten desniveis esaxerados.