do 26 de novembro ao 3 de decembro - wordpress.com · concurso de traslados do persoal laboral: ......

15
Do 26 de novembro ao 3 de decembro

Upload: others

Post on 22-Jul-2020

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

Page 2: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 1 -

1. NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA: MESA XERAL E COMISIÓN DE PERSOAL

2. NOVAS DESTACADAS NAS WEB DE CSI-F NACIONAL E CSI-F AUTONÓMICO

3. NOVAS DOS PROCESOS SELECTIVOS NA ADMINISTRACIÓN XERAL DA XUNTA

4. A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E O ESTRÉS (1) : ESTRATEXIAS SISTEMÁTICAS DE

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS PARA EMPREGADORES, PERSOAL DIRECTIVO E

REPRESENTANTES SINDICAIS

5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

6. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA

7. OUTRAS NOVAS: PROXECTO ORZAMENTOS 2017, FESTAS LABORAIS, CURSO

SOCORRISTAS, ACCIÓN SOCIAL DA CSIF

8. THE WEEKLY PRESS

9. NEWSLETTER ACCIÓN SOCIAL: ESPECIAL NAVIDAD 2016

Page 3: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 2 -

1. NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA: MESA XERAL E COMISIÓN DE PERSOAL

Os días 29 e 30 de novembro houbo dúas reunións da Mesa Xeral de Empregados Públicos e unha da

Comisión de Persoal donde se nos informou dos seguintes temas:

Dende a CSI•F preguntamos ao respecto dunha información publicada hoxe no Faro de Vigo na que se

asegura que a Xunta abrirá o próximo ano coa funcionarización de 3.300 empregados, comezando polo

persoal do Consorcio e polos bombeiros forestais.

O director xeral de Función Pública contestou que a dita información non era certa, e que é verdade que nos

acordos asinados respecto do persoal do servizo de incendios e do Consorcio se fala da súa funcionarización,

pero que, sobre todo ao respecto do persoal do Consorcio, haberá que aprobar en primeiro lugar a

modificación das categorías e despois iniciar o proceso de integración como persoal laboral da Xunta de

Galicia, polo que non ten prioridade en absoluto.

No que respecta ao persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais e a

convocatoria de prazas pendentes e correspondentes á OPE de 2016, comenta que están a espera de ter

estudado o proceso de funcionarización para determinar si convocan as ditas prazas nas correspondentes

categorías de persoal laboral ou nas escalas de persoal funcionario corresponden.

Si é certo tamén que está previsto empezar coa funcionarización o próximo ano e comezar polo persoal

laboral da consellería de Política Social e polo persoal do servizo de prevención e defensa contra incendios

forestais.

Dende a CSI•F preguntamos pola petición de días de asuntos propios nos centros dependentes da

Consellería de Política Social. Por unha parte, rexeitamos que os traballadores destes centros teñan

dereito a un número de asuntos propios inferior ao do resto do persoal da Xunta de Galicia. E por outra,

preguntamos ao respecto da petición dos días de asunto propios e vacacións en papel, xa que na maioría

destes centros os traballadores non teñen acceso ao PORTAX. O director xeral de Función Pública

comprometeuse a estudiar o tema do PORTAX.

Polo que se refire ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entendemos que debe procurarse aos

traballadores unha solución para os días de asuntos propios que pediron “de máis” seguindo as instrucións

do propio Consorcio, porque de ningunha forma se pode prexudicar a estes traballadores que seguiron as

instrucións “da empresa”. Polo que respecta á negociación das categorías do Consorcio, dende a CSI•F

esiximos que se convoque ao Comité Intercentros, que é o lexitimado para a negociación neste caso.

Tamén polo que respecta ao Consorcio, comprométese a que as organizacións sindicais sexan citadas polo

Consorcio para explicar o proceso actualmente en marcha de contratación temporal. O director xeral de

Función Pública explica que se está a preseleccionar persoal para cubrir os días da próxima semana e do

Nadal, para aquelas listas nas que o propio Consorcio non ten persoal para efectuar os chamamentos.

Concurso de traslados do persoal laboral: estase a traballar na modificación das bases de carácter xeral

para todos os concursos, modificacións que está previsto que estean en xaneiro, pero o director xeral de

Función Pública recoñece que este concurso é absolutamente prioritario.

Proxectos de convocatoria pendentes: os próximos en ir a negociación serán os de Veterinarios e

Delineantes.

Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento

Administrativo Común das Administracións Públicas, declara inhábiles aos efectos de presentación de

documentos os sábados, de momento, as oficinas correspondentes seguirán abrindo os sábados, porque

ademais de tarefas de rexistro, son puntos de información e atención ao cidadán. O que si está a estudar a

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o peche das ditas oficinas

Page 4: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 3 -

os días 24 e 31 de decembro, decisión que se comunicará “en breve” máis pola proximidade da data que

pola presa da Administración.

Integración do persoal das entidades dependentes da Xunta de Galicia: por unha parte, recibimos

a información de que a partir da próxima semana se convocará a Comisión de Integración de GAIN para

comezar os seus traballos de exame da documentación e informe.

Ademais, en referencia á posible modificación do Decreto 129/2012, que regula os procesos de integración

do persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia, o director nos

confirma que no mes de febreiro será aprobada no Parlamento, xunto coa Lei de Medidas a modificación

da D.A 11ª la LOFAXGA ao respecto de completar a súa regulación coas precisións oportunas para o

persoal laboral temporal dos ditos organismos e entidades. Unha vez se produza a dita modificación

valorarase, coas organizacións sindicais, a modificación do Decreto 129/2012 se se considera oportuno.

2. NOVAS DESTACADAS NAS WEB DE CSI-F NACIONAL E CSI-F AUTONÓMICO

Novas sobre funcionarización, convocatorias pendentes, integración

e oficinas de rexistro

Dende a CSI•F preguntamos ao respecto dunha información

publicada hoxe no Faro de Vigo na que se asegura que a Xunta abrirá

o próximo ano coa funcionarización de 3.300 empregados,

comezando polo persoal do Consorcio e polos bombeiros forestais.

La Xunta retira el temario del proceso selectivo de Guardacostas tras

denunciar CSI-F que era idéntico al que imparte una academia privada

La Dirección Xeral de Función Pública retiró de la Mesa Xeral el temario

específico del proceso selectivo para el ingreso en el cuerpo de ayudantes

facultativos de la Administración Especial de la Xunta, Subgrupo C1,

Escala de Agentes del Servicio de Guardacostas tras la denuncia de CSI-

F de que era idéntico al 100% -con los mismos epígrafes y orden

correlativo- al que imparte una academia privada de preparación de

oposiciones de la provincia de Pontevedra desde hace año y medio.

Special Edition Herald Toupeiras: Orzamentos 2017, Trump decide!

Na CSI-F sacamos una edición especial da nosa revista satírica

Herald Toupeiras, porque a ocasión o merece: (Pica no titular para

descargar o PDF e ler o especial completo).

Facenda anuncia oficialmente o inicio da lexislatura da recuperación

de dereitos dos empregados públicos…Ou non, depende de Trump

Últimas novas de Función Pública sobre procesos selectivos e concursos

Últimas novas aportadas hoxe por Función Pública na Mesa Xeral

(extraordinaria) de Negociación de Empregados Públicos: Procesos

selectivos PROMOCIÓN INTERNA.

Page 5: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 4 -

CSI-F se levanta de la Mesa de Negociación sobre la masa salarial

ante la falta de documentación aportada por la Xunta

CSI-F se levantó de la Mesa Xeral de Negociación de los Empleados

Públicos convocada para abordar la fijación de la masa salarial para

2017 ante la falta de documentación aportada por la Administración.

A juicio de la Central Sindical Independiente y de Funcionarios,

Función Pública no actuó de buena fe al vulnerar la Ley de Régimen

Jurídico del Sector Público, que obliga a aportar la documentación

necesaria para la deliberación de los temas.

CSIF exige a Hacienda que detalle el ajuste de 900 millones en la Mesa

General de Administraciones Públicas

CSIF manifestó su preocupación ante este anuncio y advierte de que no

aceptará nuevos recortes, ni en el empleo ni en las condiciones laborales

de los empleados públicos. Por el contrario, sí que hay margen para

realizar ajustes con el fin de evitar duplicidades administrativas, gastos

superfluos, exceso de asesores o inversiones mal empleadas que en el

pasado agravaron los efectos de la crisis.

Sentencia pionera de CSIF. La justicia reconoce el derecho de los

funcionarios a cobrar un trienio durante la baja médica

CSIF aplaude el fallo porque permite que los funcionarios en

situación de Incapacidad Temporal reclamen los atrasos al

incorporarse a su puesto de trabajo

Nota informativa sobre o proxecto de orde de convocatoria de

procesos selectivos

CSI•F denuncia indicios racionais de irregularidades na elaboración dos

temarios de Gardacostas

Educación retira la orden ministerial sobre evaluaciones finales de la

LOMCE tras el acuerdo con las CC.AA

CSIF se congratula del acuerdo y reivindica el Pacto de Estado y la

derogación de los recortes en Educación

Ante cualquier tipo de violencia o abuso reaccionemos, ell@s también lo

sufren

CSIF Reclama al Nuevo Gobierno Programas de Integración Real de las

Personas con Dispacidad, con Perspectiva de Género

Page 6: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 5 -

3. NOVAS DOS PROCESOS SELECTIVOS NA ADMINISTRACIÓN XERAL DA XUNTA

FUNCIONARIOS: CORPOS e ESCALAS

PROMOCIÓN

INTERNA

A1 CORPO SUPERIOR

Publicadas notas do 2º exercicio, e 3º exame (temas) o día 22

de decembro de 2016 (faltaría o exame de galego de ser o caso

e a fase de concurso).

A1 ESTATÍSTICOS Orde do 24 de novembro de 2016 pola que se nomea o tribunal

A2 XESTIÓN

Resolución e puntuacións do segundo exercicio. A data prevista

para a realización do terceiro exercicio é o día 12 de xaneiro de

2017.

C1 ADMINISTRATIVO

Realizado exame de galego en novembro e están pendentes

notas e fase concurso. Formulario de exame do terceiro

exercicio.

C2 AUXILIAR Realizado exame de galego en novembro e están pendentes

notas e fase concurso. Formulario do terceiro exercicio.

FUNCIONARIOS: CORPOS e ESCALAS

ACCESO

LIBRE

A1 CORPO SUPERIOR Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame

previsiblemente en xaneiro.

A1 ESTATÍSTICOS Orde do 24 de novembro de 2016 pola que se nomea o tribunal

A2 XESTIÓN Publicadas notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame

previsiblemente o 12 xaneiro

C1 ADMINISTRATIVO Pendentes notas 2º exercicio. Realizarase o 3º exame

previsiblemente en xaneiro.

C2 AUXILIAR

O exame de informática farase o día 20 de decembro en

Silleda as 14 hrs. Portas de chamamento para a realización do

segundo exercicio.

A1 ESCALA SUPERIOR

DE FINANZAS

Publicadas notas terceiro exercicio Previsión para xaneiro

cuarto exercicio (temas).

A2 ESCALA TÉCNICA

DE FINANZAS Publicadas notas terceiro exercicio. Pendente exame galego.

Page 7: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 6 -

4. A ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E O ESTRÉS (1) : ESTRATEXIAS SISTEMÁTICAS DE

SOLUCIÓN DE PROBLEMAS PARA EMPREGADORES, PERSOAL DIRECTIVO E REPRESENTANTES

SINDICAIS

No ano 2002 o Instituto de Traballo, Saúde e Organizacións da Universidade de Nottinghan realizou un

traballo para a OMS, no marco do seu Programa de Saúde Ocupacional, e froito das actividades de aplicación

da Estratexia Mundial da OMS sobre o estrés laboral.

O estrés laboral afecta negativamente a saúde psicolóxica e físicas dos traballadores e a eficacia das

entidades para as que prestan os seus servizos. Por elo un traballador estresado soe ser máis enfermizo,

estar pouco motivado, menos produtivo e ter menos seguridade laboral.

Isto pode provocar un auténtico problema para a entidade e para os seus traballadores. Unha boa xestión

e unha organización adecuada do traballo son a mellor forma de previr o estrés. Si un empregado sofre

estrés, o seu xefe debería ser consciente diso e saber como axudarlle.

1. QUE É O ESTRÉS LABORAL:

O estrés laboral é a reacción que poder ter o individuo ante

esixencias e presións laborais que non se axustan aos seus

coñecementos e capacidades, e que poñen a proba a súa

capacidade para afrontar a situación.

O estrés é o resultado do desequilibrio entre as esixencias e as

presións as que se enfronta o individuo, por unha banda, e os seus

coñecementos e capacidades, por outra. O estrés pon a proba a

capacidade do individuo para afrontar a súa actividade, e non só

inclúe situación en que a presión laboral excede a capacidade do

traballador para facer fronte á mesma, senón tamén nos casos en

que non se utilizan suficientemente os seus coñecementos e

capacidades, e isto supón un problema para o traballador.

2. CAUSAS DO ESTRÉS LABORAL:

Unha mala organización do traballo, é dicir, o modo en que se definen os postos e os sistemas

de traballo, e a maneira en que se xestionan, poden provocar estrés laboral.

O exceso de esixencias e presións o a dificultade para controlalas poden ter a súa orixe nunha definición

inadecuada do traballo, unha mala xestión ou a existencia de condicións laborais insatisfactorias. Do mesmo

modo, estas circunstancias poden facer que o traballador non reciba suficiente apoio dos demais, ou non

teña suficiente control sobre a súa actividade e as presións que conleva.

A maior parte das causas do estrés laboral están relacionadas coa forma en que se define o traballo e o

modo en que se xestionan as entidades. Estes factores poden ser prexudiciais, polo que se denominan

“perigos relacionados có estrés”

Cadro I. Perigos relacionados có estrés

CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO:

1. Características do posto

Page 8: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 7 -

Tarefas monótonas, aburridas e triviais

Falta de variedade

Tarefas desagradables

Tarefas que supoñen aversión

2. Volume e ritmo de traballo

Exceso ou escaseza de traballo

Traballos con prazos moi estritos

3. Horario de traballo

Horarios de traballo estritos e inflexibles

Xornadas de traballo moi longas ou fora do horario normal

Horarios de traballo imprevisibles

Sistemas de quendas mal concibidos

4. Participación e control

Falta de participación na toma de decisións

Falta de control (p.e., sobre os métodos de traballo, o ritmo de traballo, o horario laboral e

o entorno laboral).

CONTEXTO LABORAL:

1. Perspectivas profesionais, estatus e salario

Inseguridade laboral

Falta de perspectivas de promoción profesional

Promoción excesiva ou insuficiente

Actividade pouco valorada socialmente

Remuneración por traballo a reo

Sistemas de avaliación do rendemento inxustos

ou pouco claros

Exceso ou carencia de capacidades para o posto

2. Papel na entidade

Papel indefinido

Funcións contrapostas dentro do mesmo posto

Ter ao cargo outras persoas

Atender constantemente a outras persoas e ocuparse dos seus problemas

3. Relacións interpersoais

Supervisión inadecuada, desconsiderada o que non proporciona apoio

Malas relacións cos compañeiros

Intimidación, acoso e violencia

Traballo illado ou en solitario

Ausencia de procedementos establecidos para tratar de resolver problemas e queixas

4. Cultura institucional

Mala comunicación

Liderado inadecuado

Falta de claridade nos obxectivos e na estrutura da entidade

5. Relación entre a vida familiar e a vida laboral

Esixencias contrapostas entre a vida laboral e a vida familiar

Falta de apoio no traballo con respecto aos problemas familiares

Falta de apoio na familia con respecto aos problemas laborais

Page 9: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 8 -

3. EFECTOS DO ESTRÉS LABORAL:

O estrés afecta de forme diferente a cada persoa.

O estrés laboral pode dar lugar a comportamentos disfuncionais e non habituais no traballo, e

contribuír a unha mala saúde física e mental do individuo, que poden orixinar problemas

psicolóxicos e propiciar transtornos psiquiátricos.

Cando o individuo está baixo a situacións do estrés resúltalle difícil manter un equilibrio saudable entre a

vida laboral e a vida non profesional: ao mesmo tempo, pode abandonarse a actividades pouco saudables

como o consumo de tabaco, alcohol e drogas.

O estrés tamén pode afectar ao sistema inmunitario, reducindo a capacidade do individuo para loitar contra

as infeccións.

Se vostede ten estes síntomas, pode estar sufrindo estrés:

Estar cada vez máis angustiado e irritable

Non ser capaz de relaxarse ou concentrarse

Ter dificultades para pensar con lóxica e tomar decisións

Gozar cada vez menos do seu traballo e sentirse cada vez

menos comprometido con este

Sentirse canso, deprimido e intranquilo

Ter dificultades para durmir

Sufrir problemas físicos graves como: - Cardiopatías

- Trastornos dixestivos

- Aumento da tensión arterial e a dor de

cabeza

- Trastornos músculo-esqueléticos

(lumbalxias e trastornos dos membros superiores)

4. EFECTOS DO ESTRÉS LABORAL NAS ENTIDADES

O estrés laboral se afecta a un grande número de traballadores ou a membros clave do persoal, o estrés

pode ameazar ao bo funcionamento e os resultados da entidade.

Unha entidade que non goce de boa saúde non pode obter o mellor dos seus empregados, e isto, pode

afectar non só aos resultados senón ao propio funcionamento da propia entidade e dos servizos que ofrece.

O estrés laboral pode afectar as entidade do seguinte modo:

Aumento do absentismo

Menor dedicación ao traballo

Aumento da rotación do persoal

Deterioro do rendemento e a produtividade

Aumento das prácticas laborais pouco seguras e das taxas de accidentes

Aumento das queixas dos usuarios e clientes

Efectos negativos na selección do persoal

Aumento dos problemas legais ante as demandas presentadas e accións legais emprendidas que

sofren estrés, así como o aumento da conflitividade laboral

Deterioro da imaxe institucional tanto entres os seus empregados como de cara ó exterior

Page 10: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 9 -

5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA… BOE, 2 DE DICIEMBRE

Resolución de 25 de noviembre de 2016, de la Subsecretaría, por la que se convoca proceso selectivo para

ingreso, de 10 plazas por el sistema general de acceso libre y 30 plazas por promoción interna, en la

Escala de Agentes Medioambientales de Organismos Autónomos del Ministerio de Medio Ambiente.

El proceso selectivo se realizará mediante el sistema oposición, para los aspirantes por el turno libre y de

concurso-oposición, para los aspirantes por promoción interna.

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES

Las solicitudes deberán presentarse en el plazo de veinte días hábiles contados a partir del día siguiente

al de la fecha de publicación de esta convocatoria en el BOE.

6. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA

Concello Boletín Data Denominación dos

postos Nº

Sistema de

selección Prazo

A Coruña BOPAC 28-N Policía local 9 5 Oposición e

4 concurso

20 días

naturales

A Guarda BOPPO 29-N Secretario/a 1 Concurso e

entrevista

20 días naturais

Ames BOPAC 2-D Animadores á lectura 1 Concurso-

oposición

10 días hábiles

Ames BOPAC 2-D Oficial albanel

Oficial xardineiro Bolsa

Concurso-

oposición

10 días hábiles

Baiona DOG 5-D Axentes da policía local – C1 2 Ver bases

Cangas BOPPO 1-D Peón limpeza edificios públ. Lista Oposición 10 días hábiles

Laza BOPOU 30-N Limpador/a 1 Méritos 5 días naturais

Malpica BOPAC 30-N Tco. de turismo Bolsa Concurso 5 días hábiles

Meaño BOPPO 28-N Operario/a 1 Concurso-

oposición

20 días naturais

Meaño BOPPO 1-D Auxiliar administrativo 1 Oposición 20 días naturais

Redondela BOPPO 1-D Tco/a. de xestión 1 Oposición 8 días hábiles

Page 11: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 10 -

Teixeira BOPOU 3-D Auxiliar axuda no fogar

Limpador/a

3

1

Ver bases 5 días hábiles

Toén BOPOU 3-D Auxiliar axuda no fogar 1 Concurso 6 días hábiles

Valga BOPPO 5-D Secretario/a 1 Concurso 20 días naturais

Vilagarcía BOE 28-N Of. Policía local 1 Concurso-

oposición. PI

20 días

naturales

Deputación da

Coruña DOG 28-N

Profesor/a de danza

Profesor/a latín

Profesor/a lingua castelá

Profesor/a lingua galega

Profesor/a FP artes gráficas

Profesor/a música-pianista

Profesor/a tecnoloxía

Profesor/a xeografía

Profesor/a francés

Profesor/a debuxo

1

1

1

1

2

2

1

1

1

1

OEP 2016

Deputación de

Lugo BOPLU 30-N

Traballador/a social

Auxiliar de axuda no fogar

1

8

Concurso-

oposición 5 días hábiles

Deputación de

Ourense DOG 1-D

ACCESO LIBRE

Administrativo – C1

Enx. Tco. Obras públicas

Tco. Sup. Prevención RR.LL

PROMOCIÓN INTERNA

Administrativo – C1

Auxiliar de servizos

Condutores expl. Agropec.

Capataz zonas verdes…

1

1

1

2

2

2

1

Oposición

Concurso e

oposición

OEP 2015

20 días naturais

public. no BOE

Page 12: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 11 -

7. OUTRAS NOVAS: PROXECTO ORZAMENTOS 2017, FESTAS LABORAIS, CURSO SOCORRISTAS,

ACCIÓN SOCIAL DA CSIF

PROXECTO DE LEI DE ORZAMENTOS

Estado de gastos da Administración Xeral I

Estado de gastos da Administración Xeral II

Estado de ingresos e gastos dos organismos autónomos e axencias I

Estado de ingresos e gastos dos organismos autónomos e axencias II

PROXECTO DE LEI DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

JEFATURA DEL ESTADO – BOE, 3 DE DICIEMBRE

Real Decreto-ley 3/2016, de 2 de diciembre, por el que se adoptan

medidas en el ámbito tributario dirigidas a la consolidación de las

finanzas públicas y otras medidas urgentes en materia social.

JEFATURA DEL ESTADO – BOE, 3 DE DICIEMBRE

Real Decreto-ley 4/2016, de 2 de diciembre, de medidas urgentes en

materia financiera.

FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL DAS PROVINCIAS:

PROVINCIA DA CORUÑA

PROVINCIA DE LUGO

PROVINCIA DE OURENSE

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

AGASP – DOG, 28 DE NOVEMBRO

Resolución do 21 de novembro de 2016 pola que se convocan cursos

de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da

inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

DESTINATARIOS/AS

Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de

Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se

fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula

o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Sete días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta

resolución no DOG.

Page 13: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 12 -

REVISTA DE ACCIÓN SOCIAL – DICIEMBRE 2016

2.152 DESCUENTOS:

Teatro, cine, espectáculo, formación, viajes, hoteles, restaurantes,

banca, salud…

8. THE WEEKLY PRESS

Feijóo se sube el sueldo un 7,5% y el coste del Gobierno autonómico superará los 700.000 euros El Mundo

Los diez conselleiros que integran su Gobierno también incrementarán en algo más de un 7% sus nóminas

Los funcionarios recuperan el salario perdido, pero no les subirá en el 2017 La Voz de Galicia

La Xunta justifica la congelación para el próximo año por la falta de decisión en el Estado

A Xunta retira o temario dunhas oposicións que era idéntico ao dunha academia Praza

A Xunta retirou o temario dunhas probas para o ingreso no corpo de Gardacostas ao comprobar que era

idéntico ao que imparte unha academia privada

La Xunta inyectará otros 12 millones en Xestur, cuyos rescates se elevarán ya a 106 La Opinión

El Gobierno reserva fondos en el presupuesto de 2017 para la quinta ampliación de capital de la sociedad

que gestiona el suelo público desde 2013 para evitar su quie

Cuatro mil gallegos para 94 plazas en el servicio de Correos La Voz de Galicia

Apenas la mitad de los inscritos participaron en un examen que en Galicia no se realizaba desde el año 2006

O persoal investigador público reduciuse un 20% en Galicia dende 2009 Praza Pública

Tras media década de dificultades económicas e sucesivas tesoiradas nos orzamentos públicos de I+D+i o

cadro de persoal investigador público reduciuse en 823 efectivos.

Un juez dictamina que los funcionarios tienen derecho a cobrar trienios durante una baja médica Expansión

Según CSIF, este fallo abre la puerta a otros empleados públicos para que reclamen los trienios con efectos

retroactivos una vez incorporados a sus puestos de trabajo tras una baja médica

Los funcionarios exigen a Montoro detalles sobre el ajuste de 900 millones El Boletín

CSIF propone a hacienda debatir sobre duplicidades, exceso de asesores o eliminar gastos superfluos, pero

avisa de que rechazará “nuevos recortes” en empleo.

La digitalización creará 1,25 millones de empleos en españa en los próximos cinco años El Economista

Crece la brecha entre las necesidades de las compañías y la oferta laboral

Page 14: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 13 -

Page 15: Do 26 de novembro ao 3 de decembro - WordPress.com · Concurso de traslados do persoal laboral: ... Oficinas de rexistro da Xunta de Galicia: unha vez que a Lei 39/2015, de 1 de outubro,

Do 26 de novembro ao 3 de decembro

- 14 -