dereitos e non violencia

1
Superlector informa : Dende esta mesma mañá os vosos Mestres/as teñen a súa disposición na sala de profes un caixón de libros e contos para a hora de ler que versan sobre dous temas moi importantes que estamos a piques de conmemorar. Escoitade con atención: 1. Este venres 20 de novembro festéxase en todo o mundo o Día Universal dos Dereitos dos nenos co obxectivo de recordar a toda a cidadanía que os nenos/as son o colectivo máis vulnerable e os que máis sofren os problemas do mundo. Debemos recordar que todos os nenos/as teñen dereito a saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar onde naceron. Dende hoxe ata o día 23 convidamos aos vosos mestres a escoller un conto ou libro do caixón, que volo lean e que fagades un pequeno coloquio de reflexión sobre o mesmo. 2. Xa na vindeira semana, o día 25 conmemórase o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller coa finalidade de chamar á acción para poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas do mundo. Do mesmo xeito que no apartado anterior, dende o día 24 ata o 27 deste mes , teredes contos que versan sobre a igualdade, a coeducación, o respecto, a muller e a convivencia. Tamén nestas datas colgarase no blogue da biblioteca http://bibliosinde.blogspot.com.es/ o videoclip “O Sinde contra a violencia de xénero” realizado por Javier, o mestre de música e un grupo de antigos alumnos/as. Esperamos que lle saquedes o máximo partido a esta actividade, Un saúdo, Superlector.

Upload: bibliosinde

Post on 16-Apr-2017

526 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dereitos e Non violencia

Superlector informa:

Dende esta mesma mañá os vosos Mestres/as teñen a súa disposición na sala de profes un caixón de libros e

contos para a hora de ler que versan sobre dous temas moi importantes que estamos a piques de

conmemorar. Escoitade con atención:

1. Este venres 20 de novembro festéxase en todo o mundo o Día Universal dos Dereitos dos nenos co

obxectivo de recordar a toda a cidadanía que os nenos/as son o colectivo máis vulnerable e os que máis

sofren os problemas do mundo. Debemos recordar que todos os nenos/as teñen dereito a saúde, á

educación e a protección, independentemente do lugar onde naceron. Dende hoxe ata o día 23

convidamos aos vosos mestres a escoller un conto ou libro do caixón, que volo lean e que fagades un

pequeno coloquio de reflexión sobre o mesmo.

2. Xa na vindeira semana, o día 25 conmemórase o Día Internacional da eliminación da violencia contra a

muller coa finalidade de chamar á acción para poñer fin á violencia contra as mulleres e as nenas do

mundo. Do mesmo xeito que no apartado anterior, dende o día 24 ata o 27 deste mes, teredes contos que

versan sobre a igualdade, a coeducación, o respecto, a muller e a convivencia. Tamén nestas datas

colgarase no blogue da biblioteca http://bibliosinde.blogspot.com.es/ o videoclip “O Sinde contra a

violencia de xénero” realizado por Javier, o mestre de música e un grupo de antigos alumnos/as.

Esperamos que lle saquedes o máximo partido a esta actividade,

Un saúdo, Superlector.