denuncia roman

1

Upload: begona-jara

Post on 14-Mar-2016

247 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

escrio de denuncia

TRANSCRIPT

Page 1: denuncia roman

Este artista da ilustración e animación infantíl atópase estes días na nosa cidade. Pero non para impartir uns seminarios,realizar uns talleres ou dar unhas charlas...como cabería esperar. A situación económica actual fai que este extraordinarioprofesional estea a pintar na rúa e vendendo os seus traballos case pola vontade.Os habitantes da Biblio do C.E.I.P. Pintor Laxeiro e dende este humilde espazo queremos e pensamos que debemosdenunciar a situación. Como é posible ?.

A BIBLIO DO PINTOR LAXEIRO DENUNCIA

Roman Pawel RybakiewiczNaceu en Polonia en 1967. Residente en España dende 1991.Entre os seus traballos profesionais destacan:Debuxos animados:

- "A Vaca Connie" (para Neptuno Films) serie de 104 capítulos. Grazas ao seu deseño foipremiada en diversas ocasións, e tamén está presente nos cadernos de actividades escolaressobre todo en Cataluña.

- "Strokkers". Un proxecto brillante de animación para todas as idades.

- "Verdurix". Unha colección para a produtora Cromosoma.

- Outros: "Os amigos de Tom", "Marciano� e "Planeta dos tolos".Deseño e ilustración:Máis de 10 anos de colaboracións coa empresa Factis-Milan, que incluíron os seus debuxos en numerosas colecciónsde artigos escolares, presentes en todas as papelarías de España. A integración destes deseños é tan profunda que formaunha parte inseparable da marca Factis-Milan, e a vaca Belinda, está asociada a esta marca como un símbolo venerable.Premios e recoñecementos:- Premio de animación do Festival de Cannes 2001.- Records de audiencia da serie "A vaca Connie" en Europa durante o ano 2002.- Premio Pulcinella Award, 2003 pola orixinalidade dos seus deseños.

ABI

BLIO

DO PINTORLAX

EIRO

·ABIBLIODOPINTORLA

XEI

RO

· DENUNCIA