dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...dende o ano 1994 a s.g.h.n. ven desenvolvendo...

24
PASPALLÁS Número 23 OUTUBRO-DECEMBRO 1997 Boletín da Sociedade Galega de Historia Natural Apartado 330. 15780 Santiago de Compostela

Upload: others

Post on 24-Mar-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

PASPALLÁSNúmero 23 OUTUBRO-DECEMBRO 1997

Boletín da Sociedade Galega de Historia NaturalApartado 330. 15780 Santiago de Compostela

Page 2: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

2

ÍNDICE

Editorial.................................................. 3

Plan Rector de Uso e Xestión do P.N. Baixa Limia-Xurés........................... 4

Grupo de anelamento da S.G.H.N.......... 6

Debate sobre o estado do planeta........... 12

¡Que ven o voitre!................................... 14

Anduriña do cu branco........................... 16

Sección xurídica..................................... 18

Ecoloxía e economía: a auga.................. 20

Os nosos insectos: Colias croceus............ 22

PASPALLÁS é o boletín trimestral daS.G.H.N., pero as opinións expresadas nel(agás a Editorial) non son necesariamente asda súa Xunta Directiva Xeral.

Colaboraron neste número: Agustín AlcaldeLorenzo, Xusto Calvo Peña, Bernardo CarriónVelasco, Francisco Docampo Barrueco,Serafín González Prieto, Xosé López Riopedree Xosé L. Rei Muñiz.

Depósito Legal: C 1590/91.I.S.S.N.1132-0567.

Impreso en papel reciclado.

A Sociedade Galega de Historia Natural,formada en 1973, é «unha asociaciónindependente e científica, dedicada ó estudio,divulgación, conservación e defensa do medionatural, que non tén na súa actuación finslucrativos» (Art. 5º dos Estatutos).

A S.G.H.N. é unha asociación legalmenterecoñecida có Protocolo nº 18.487 no RexistroNacional de Asociacións, inscrita no Folio 11 doRexistro de Asociacións Protectoras do MedioAmbiente (Xunta de Galicia), e có númeroAO/C-000/382 no Rexistro de AsociaciónsCulturais Galegas.

A S.G.H.N., federada na Coordinadorada deOrganizaciones de Defensa Ambiental(CODA), desenrola unha intensa actividade entemas medioambientais:

C Tén un representante no "Consello Galego doMedio Ambiente".

C Elaborou o Atlas de Vertebrados de Galicia.C Realiza, dende 1973, os Censos Invernales

de Aves Acuática.C Coordinou o "Programa de Conservación do

Arao ibérico" da Unión Europea.C Organiza Xornadas e Congresos sobre temas

medioambientais.C Participa no programa anual Coast Watch,

avaliando o estado da beiramar.C Publica revistas, monografías e boletíns de

divulgación do medio ambiente. C Organiza charlas e conferencias de educación

ambiental.C Persónase nos trámites de información

pública e de Avaliación de ImpactoAmbiental dos proyectos, públicos ouprivados, con incidencia medioambiental.

Santiago: Rúa da Oliveira, 4-2º. Apdo 330.15780 Santiago de Compostela. Teléf.584426.

A Coruña:Apdo. 825. 15080 A Coruña.Ferrol: Méndez Núñez, 11. Apdo. 356. Teléf.

352820. Ourense: Rúa Jesús Soria, 23-2º. Apdo. 212.

32080 Ourense.Vilagarcía:Apdo. 303.

Page 3: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

3

DEDITORIAL: Tempada de caza e Lei de Caza de Galicia

ende o pasado 26 de outubro e ata ovindeiro 6 de xaneiro, un total de 84.479

persoas poderán practicar a caza en Galicia(24.932 na Coruña, 18.995 en Lugo, 17.449 enOurense e 23.098 en Pontevedra). Aínda quetan só representan o 3,08% da poboacióngalega, supoñen unha presión cinexética moielevada: 2,86 cazadores/km2. Os cazadoresatoparanse coas novidades introducidas polaLei 4/1997 de caza de Galicia (D.O.G. nº 133,11-07-97), da que a S.G.H.N., ó longo da súatramitación, fixo un estreito seguimento quedeu lugar a dous escritos con propostas deenmendas que se remitiron ós partidospresentes no Parlamento de Galicia (PP, PSOEe BNG), aínda que só se obtivo resposta dosegundo deles que defendeu no Parlamento o90-95% das propostas da S.G.H.N.

Os resultados deste importante esforzo,coordinado co Colexio Oficial de Biológos deGalicia, non foron tódolos dexesados (véxasePaspallás 19, outubro-96) pero conseguíuseque en 5 artigos se introduciran modificaciónstrascendentais para a conservación da fauna,cinexética ou non. Gracias a elas, hoxeestamos un pouco menos lonxe de que aexplotación dos recursos cinexéticos, feita porunha minoría, esté claramente supeditada esubordinada a un ben superior: a conservacióndo medio ambiente como patrimonio naturalinalienable de tódolos cidadáns.

A caza nos espacios protexidos: Aredacción final do Artigo 9.3. establece que"Os terreos cinexéticos incluidos en espaciosnaturais protexidos perderán a súa condición epasarán a ser refuxios de fauna agás que o plande ordenación dos recursos naturaiscorrespondente indique outra cousa".

Refuxios de fauna: Os antes mal chamadosrefuxios de caza pasan, co Artigo 12modificado, a ser refuxios de fauna nos que acaza estará permanentemente prohibida.

Ademáis, agora a declaración dunha zonacomo refuxio de fauna levará implícita a súainclusión no Rexistro Xeral de EspaciosNaturais de Galicia.

Refuxios de caza: A seguinte novidade,introducida no Artigo 13.3, será moibeneficiosa para toda a fauna galega: "Có finde reduci-lo impacto da caza sobre aspoboacións cinexéticas, os TECOR (terreoscinexéticamente ordenados) manterán comorefuxios de caza unha superficie mínima do10% dos seus terreos de carácter cinexético.Os refuxios de caza virán determinados noplan de ordenación cinexética e neles a cazaestará permanentemente prohibida. No caso deque, por circunstancias excepcionais, estasáreas perdesen a capacidade de cumpli-la súafunción deberá declararse outro refuxio decaza de similares características". Deste xeitoen algunhas provincias a superficie vedada decaza multiplicarase por sete en comparacióncoa situación anterior.

Explotacións cinexéticas: No Artigo 21conseguíuse limitar a superficie máxima dasexplotacións cinexéticas, adicadas á cazaintensiva durante todo o ano, que será de milhectáreas para as de caza menor e dúas milpara as de caza maior.

Procedementos de caza masiva e nonselectiva: Á prohibición de tenencia eutilización de tódolos procedementos de cazamasivos ou non selectivos, así como aquelesque puidesen causar localmente a desaparicióndunha especie cinexética (Artigo 32),ampliouse ós que, indirectamente, puidesencausar a desaparición local dunha especie noncinexética incluida nalgún catálogo dee s p e c i e s p ro t e x i d a s , o u a l t e r a rsignificativamente a estabilidade das súaspoboacións e dos ecosistemas dos que formanparte.

Page 4: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

4

Plan Rector de Uso e Xestión do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés: As alegacións da S.G.H.N.

Por acordo de 08-07-97, a SociedadeGalega de Historia Natural, delegación deOurense, fixo súas as máis importantesconclusións do Colexio Oficial de Biólogosde Galicia, e remitíu á Subdirección Xeral doMedio Ambiente Natural da Consellería deAgricultura, Gandería e Montes as alegaciónsque seguen:1. Debería prolongarse a zona de Reserva

Integral da Serra do Xurés cara ó leste,protexendo a Serra do Pisco e o Regatoda Portela, nunha franxa de 1 Km. deanchura dende a fronteira con Portugal.

2. As zonas de Reserva Integral deberánrodearse en todo o seu perímetro por unhazona de Protección Especial queamortigue os impactos sobre elas.

3. Nas zonas de Reserva Integral deberíaprohibirse o cicloturismo.

4. O Encoro do Salas e a súa zona de policíadebera declararse como zona deProtección Especial, dado que é o únicolugar do Parque con características dezona húmeda.

5. Nas zonas de Protección Especial deberíaprohibirse o exercicio da caza.

6. No encoro do Salas, a máis da caza,deberán prohibirse tódalas actividadesnáuticas e deportivas; agás a pesca, quetería o carácter de autorizable.

7. Deberían prohibirse as repoboaciónscinexéticas e piscícolas nas zonas deProtección Especial.

8. A conífera Pseudotsuga menziesii, pornon aparecer nas series de vexetaciónnatural do Parque, non debería aceptarsepara repoboacións nin plantacións.

9. As liñas de conducción (eléctricas,telefónicas, etc) deberán ser subterráneasen todo o parque. Para as xa existentesdebería establecerse un periodo de temposuficiente para a súa substitución porliñas soterradas.

10. Sería preciso establecer a anchura daszonas de servicios con respecto ásestradas principais, sobre todo no relativoás construccións e edificacións.

11. Enténdese necesaria a creación dunhaEstación Biolóxica que desenvolvatódolos traballos de investigación que seprecisen; formada por un equipointerdisciplinar com ampla participaciónde Biólogos das diferentes especialidades.

Page 5: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

5

Proposta de reestructuración dos Programas Integrados de Desenvolvemento

Programa Obxectivos

Loita contra os principais factores dedegradación

C Control da erosión.C Loita contra os incendios forestais,

considerandoos primordialmente como unproblema social.

C Eliminación das especies alóctonas.C Erradicación do emprego de velenos.C Eliminación de verquidos e escombreiras.C Concienciación e investigación.

Conservación e restauración

C Plan de conservación dos solos.C Plan de restauración e recuperación da

vexetación.C Plan de conservación de ecosistemas: xea,

comunidades vexetais, comunidades animais,paisaxe e determinación do estado deconservación de tódalas especies do Parque.

C Plans de conservación e recuperación dasespecies amenazadas ou vulnerables.

C Avaliación dos impactos das actividadessocioeconómicas.

C Concienciación e investigación.

Xestión das actividades permitidas

C Plans de ordenación:- Agrícola- Gandeiro- Silvícola- Cinexético- Piscícola- Turística- De infraestructuras

C Determinación da capacidade de acollida eimpacto de tódolos usos permitidos.

C Concienciación e investigación.

Page 6: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

6

Actividades desenvolvidas polo grupo de anelamento da S.G.H.N.

Dende o ano 1994 a S.G.H.N. vendesenvolvendo unha importante actividade noque se refire ó anelamento de aves. É desinalar a relevancia que ten esta laboura para omellor coñecemento da nosa avifauna, e asícontribuir a súa protección e investigación. Noseguinte informe damos conta dos resultadosdesta sección no período 1994-1996.

Cabe destaca-lo traballo realizado nascolonias de aves mariñas, que supoñen a maiorparte do total de anelamentos asi como dasrecuperacións obtidas. Por outra banda, non seesquece o anelamento de paxariños, no que setraballa de forma continuada en treslocalidades: Santiago, O Grove e as Gándarasde Budiño no concello de Porriño. O principalinterese de anelar en lugares estables radica naamplia información que se obten ó ter unha

zona controlada durante todo o ano (control depaso, invernantes, aniñantes, tasas desupervivencia anual, etc.).

Nas tablas que se expoñen pódese ve-lobalance total de anelamentos por especies noperíodo 1994-96. Tamén se relacionan asrecuperacións de aves aneladas pola S.G.H.N.,e as aves aneladas recuperadas por nós.

Como sempre, hai que referirse acolaboración que é moi de agradecer nestetraballo. Ademáis dos aneladores de carné, nonseria xusto que esqueceramos os compañeirosque nos axudan como é o caso de PacoCarballo, Alberto, Pili, Lito, Bernardo, etc.Dende aquí animamosvos a participar eofrecemo-la nosa pequena experiencia para aformación de novos aneladores/as.

Aneladores:

Alcalde, Agustín Rei, Xose Lois Alonso, Carlos Pomares, Álvaro R. Calvo, Xusto Taín, David Docampo, Francisco Velando, Alberto

Nas táboas dos resultados de anelamentosemprégase a seguinte lenda:1: ave anelada como polo2: ave de edad exacta descoñecida3: ave xuvenil (primeiro ano)4: ave de alomenos 1 ano, mais idade exacta

descoñecida 5: ave nada hai 2 anos6: ave de alomenos 2 anos, mais idade exacta

descoñecidaetc.X: ave atopada mortaC: ave controlada viva

Francisco Docampo (compilador)

Page 7: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

7

BALANCE DE ANELAMENTOS DO GRUPO DA S.G.H.N

ESPECIE 1994 1995 1996 TOTAL

Hydrobates pelagicus (Paiño do mal tempo) 3 3Phalacrocorax aristotelis (Corvo mariño) 284 570 314 1168Anas platyrhynchos (Alavanco real) 1 1Charadrius alexandrinus (Píllara papuda) 3 3Pluvialis squatarola (Píllara cincenta) 3 3Calidris canutus (Pilro groso) 1 1C. alpina (Pilro curlibico) 19 22 41Philomachus pugnax (Liorteiro) 1 1Gallinago gallinago (Becacina cabra) 2 2Limosa limosa (Mazarico rabinegro) 3 3L. lapponica (Mazarico rabipinto) 1 1Numenius arquata (Mazarico curlí) 2 2Tringa totanus (Bilurico común) 8 2 10T. nebularia (Bilurico pativerde) 4 4Actitis hypoleucos (Bilurico bailón) 23 9 32Larus cachinnans (Gaivota patiamarela) 761 7 443 1211Streptopelia turtur (Rula comun) 2 1 1 4S. decaocto (Rula turca) 14 14Caprimulgus europaeus (Avenoiteira cincenta) 2 2 4Apus apus (Vencello común) 1 1Picus viridis (Peto verdeal) 2 1 3Hirundo rustica (Anduriña común) 1 1Anthus pratensis (Pica dos prados) 1 1 2Motacilla flava (Lavandeira verdeal) 3 1 1 5M. alba (L. branca) 1 1Troglodytes troglodytes (Carrizo) 9 12 21Prunella modularis (Azulenta común) 5 5 6 16Erithacus rubecula (Paporrubio) 20 14 10 44Luscinia megarhynchos (Reiseñor común) 1 1Phoenicurus ochrurus (Rabirrubio tizón) 1 4 5Saxicola torquata (Chasco común) 17 13 9 39Turdus merula (Merlo común) 14 21 10 45

Page 8: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

8

ESPECIE 1994 1995 1996 TOTAL

T. philomelos (Tordo galego) 2 1 2 5T. iliacus (Tordo malvís) 1 1Cettia cetti (Reiseñor da auga) 1 1Cisticola juncidis (Picaxuncos) 3 6 1 10Acrocephalus scirpaceus (Fulepa dos carrizos) 2 2Hippolais polyglotta (Fulepa amarela) 6 6 3 15Sylvia undata (Papuxa montesa) 1 2 1 4S. melanocephala (Papuxa cabecinegra) 5 3 1 9S. communis (Papuxa común) 1 1 2S. atricapilla (Papuxa das amoras) 7 11 11 29Phylloscopus collybita (Picafollas común) 19 2 9 30P. trochilus (Picafollas cantor) 5 5Regulus ignicapillus (Estreliña riscada) 1 1 1 3Ficedula hypoleuca (Papamoscas negro) 1 1 2Aeghitalos caudatus (Ferreiriño subeliño) 5 5 4 14Parus cristatus (Ferreiriño cristado) 1 1P. ater (Ferreiriño común) 1 3 3 7P. caeruleus (Ferreiro bacachís) 1 1 2P. major (Ferreiro abelleiro) 2 2 4Pica pica (Pega rabilonga) 1 1Sturnus vulgaris (Estorniño pinto) 2 2S. unicolor (Estorniño negro) 2 2 4Passer domesticus (Pardal común) 24 4 1 29P. montanus (Pardal orelleiro) 5 7 4 16Fringilla coelebs (Pimpín común) 3 1 4F. montifringilla (Pimpín real) 1 1Serinus serinus (Xirín) 6 3 3 12Carduelis chloris (Verderolo común) 42 19 15 76C. carduelis (Xílgaro) 2 2C. cannabina (Liñaceiro común) 25 6 15 46Pyrrhula pyrrhula (Paporrubio real) 4 3 7Emberiza cirlus (Escribenta liñaceira) 3 3 6E. cia (Escribenta riscada) 4 16 20E. schoeniclus (Escribenta das canaveiras) 3 5 8TOTAL (66 especies) 1365 786 921 3072

Page 9: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

9

RECUPERACIÓNS DE AVES ANELADAS POLA S.G.H.N.

Phalacrocorax aristotelis (Corvo mariño cristado)

9018356 1 12.06.94 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO) ICONA X 07.07.95 42.30N 08.52W.S.Vicente do Mar (PO)14Kms.390 dias9018616 1 19.05.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 31.07.95 42.57N 09.11W. Cee (C). 84Kms.73 dias9019786 1 04.06.95 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 24.08.95 42.16N 08.47W.Cangas do Morrazo (PO). 17Kms.81 dias9018621 1 19.05.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 24.08.95 42.16N 08.47W.Cangas do Morrazo (PO). 9Kms.97 dias9013016 8M10.04.93 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 15.09.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO). 0Kms.888 dias9018687 1 28.05.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 20.09.95 42.15N 08.44W. Panxón (PO). 12Kms.115 dias9019859 1 31.05.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 15.10.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO). 0Kms.137 dias9019851 1 01.06.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 12.12.95 42.31N 08.49W. Lobeira,Cambados (PO). 33Kms.194 dias9018714 1 28.05.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 10.01.96 42.16N 08.47W. Cangas do Morrazo (PO). 9Kms.227 dias9019916 1 04.06.95 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 08.03.96 42.47N 09.04W. Muros (C). 45Kms.278 dias9018614 1 19.05.95 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 09.05.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO). 0Kms.356 dias9022039 1 04.05.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 18.07.96 42.30N 08.52W. O Grove (PO). 0Kms.75 dias9022154 1 05.05.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 27.07.96 42.09N 08.48W. Praia de Nigrán (PO). 10Kms.83 dias9022433 1 16.06.96 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 08.08.96 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO). 0Kms.53 dias9022434 1 16.06.96 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 08.08.96 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO). 0Kms.53 dias9022411 1 16.06.96 42.23N 08.56W. Illa de Ons (PO)ICONA X 11.08.96 42.30N 08.52W. Praia de A Lanzada (PO). 0Kms.53 dias9022198 1 08.05.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 10.09.96 42.43N 09.00W. Porto do Son (C). 56Kms.125 dias9022045 1 04.05.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 29.10.96 42.30N 08.52W. Praia de A Lanzada (PO). 31Kms.178 dias9019973 6 02.04.96 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 08.11.96 42.16N 08.47W.Praia de Melide, Cangas (PO). 31Kms.178 dias

Page 10: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

10

Larus cachinnans (Gaivota patiamarela)

6085143 1 02.07.94 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C)ICONA X 15.08.94 43.19N 08.50W. Malpica (C). 5Kms.44 dias6084888 1 02.07.94 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C)ICONA X 19.10.94 42.42N 09.00W. Porto do Son (C). 73Kms.109 dias6084656 1 21.06.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA X 01.11.94 40.08N 08.53W. Foz Rio Douro (Portugal). 231Kms.133dias 6011130 1 06.07.86 43.22N 08.50W. Illas Sisargas (C)ICONA X 27.12.94 43.22N 08.24W. A Coruña (C). 35Kms.3096dias 6085367 1 17.07.94 42.13N 08.54W. Illas Cíes (PO)ICONA C 26.02.95 42.16N 08.47W. Punta Balea,Cangas (PO). 9Kms.224 dias

AVES ANELADAS RECUPERADAS POLA S.G.H.N.

Sula bassana (Mascato)

F12687 1 16.06.90 49.42N 02.15W. Les Ettacs (Alderney)JERSEY X 27.10.94 42.15N 08.44W. Cabo Estai,Canido(PO). 966Kms.1594dias

Alca torda (Arao romero)

M66952 1 04.07.93 57.03N 06.33W. Isle of Canna (UK)B.T.O X 29.01.94 42.07N 08.15W. Baiona (PO). 1664Kms.209dias London

Apus apus (Vencello común) 3088335 4 13.07.91 42.16N 07.39W. Tioira,Maceda (OU)ICONA C 07.06.94 42.20N 07.52W. Ourense (OU). 19Kms.1060dias

Phylloscopus collibyta (Picafollas común)

577120 2 22.12.92 42.24N 08.48W. Sanxenxo (PO)ICONA C 30.01.94 42.30N 08.52W. O Grove (PO). 12Kms.404dias567904 2 21.11.93 42.24N 08.48W. Sanxenxo (PO)ICONA C 30.01.94 42.30N 08.52W. O Grove (PO). 12Kms.70dias577195 2 14.11.93 42.24N 08.48W. Sanxenxo (PO) ICONA C 13.02.94 42.30N 08.52W. O Grove (PO).12Kms.91dias

Page 11: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

11

BICICLETAS A MEDIDA

Rúa San Pedro, 23. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono 58 02 60

Page 12: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

12

Debate sobre o estado da Autonomía... Debate sobre o estado da Nación...

DEBATE SOBRE O ESTADO DO PLANETA

Con excesiva frecuencia, os representantesda "orde establecida" afirman públicamenteque as organizacións non gubernamentais dedefensa do medio ambiente dramatizan arealidade ecolóxica sen base científica.

Que esto non é certo no caso da S.G.H.N.pretendémolo demostrar dende O Estado doPlaneta, unha nova sección do Paspallás sobrea problemática ecolóxica global, e as súasimplicacións rexionais, na que se recolleránresumes de publicacións científicassalientables sobre medio ambiente e taménextractos de acordos ou declaracións oficiaisde carácter internacional sobre a mesmatemática.

Brusca disminución do casquete polarantártico no século XX

Unha das prediccións habituais no supostodun requentamento da Terra polo cambioclimático é a disminución da extensión dabanquisa de xelos no océano Antártico. Asestimacións globais directas da coberturadeste océano pola banquisa a partires deobservacións por satélite, só posibles dende osanos 70, non amosan tendencias claras. Ascomparacións entre as observacións porsatélite e as cartas mariñas antigas sobre oslímites da banquisa suxiren que e a extensiónde océano Antártico xelado nos anos 70 eramáis pequena que nos anos 30, unhaindicación avalada por observacións rexionaislimitadas. Pero estas observacións téñenseconsiderado como non concluintes, debido ólimitado alcance, temporal e espacial, dosdatos previos. Nembargante, ata agoraesqueceuse unha fonte siñificativa de datos: olímite sur da caza de baleas estivo semprecondicionado polos xelos mariños, e dende

1931 ata 1987 recolléronse os datos de tódalascapturas de baleas, os cales proporcionan unhacobertura circumpolar dende a primaveira óoutono. Unha análise destes datos das capturasindican que, promediando dende Outubro ataAbril (o verán austral), o límite estival dabanquisa de xelos Antártica desplazouse 2,8grados de latitude cara ó sur dende mediadosdos anos 50 ata principios dos anos 70. Estosuxire unha diminución dun 25% na superficiedo océano Antártico cuberta polos xelos. Estecambio abrupto plantexa un desafío ósmodelos (matemáticos) que simulan o cambioclimático recente, e podería implicar cambiosna formación antártica de correntes mariñasprofundas e na productividade biolóxica, dousimportantes procesos que afectan ásconcentracións atmosféricas de CO2.delaMare W.K. (1997) Abrupt mid-twentieth-centurydecline in Antarctic sea-ice extent from whaling records.Nature 389, 57-60.

O investigador W.K. delaMare traballa na AustralianAntarctic Division, Australia. Nature é unha das máisprestixiosas revistas científicas internacionais.

Desenrolo sostible

Hoxendía, a destrucción da biosfera e dosseus ecosistemas, a degradación ambiental, apresión da poboación, o esgotamento dosrecursos e a extinción das especies ameazannon só a calidade de vida humana senon taméná saúde humana e a de moitos dos sistemasbiolóxicos da Terra. Moitos dos abondososproblemas ambientais teñen as súas raícesnuns modelos de producción e consumoinsostibles, especialmente nos paísesindustrializados, que conducen ó esgotamentodos recursos e limitan así, considerablemente,as opcións para as xeneracións futuras.Declaración de Bergen (1990) sobre o desenrolo sostible,

Page 13: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

13

asinada polos ministros de 34 países da rexión económicaeuropea e o comisario para o Medio Ambiente daComunidade Europea.

A ciencia e a crisis do medio ambiente

De feito toda a maquinaria da nosasociedade está engranada para o corto prazo.Semella non haber mecanismo no nosogoberno para a preocupación a longo prazo ninpara a planificación; non hai restriccións paraas accións precipitadas, non hai tempo paradubidar, non hai paciencia para reconsiderar.Semellamos un conductor borracho na noite,tentando desesperadamente dirixir unautomóbil que viaxa cada vez máis depresanun terreo descoñecido e sen camiños, cheo deatrancos ocultos e trampas agachadas naescuridade. A consecuencia derradeira podeser fatal para a continuidade da vida na terratal e como a coñecemos.Hillel D. (1993) Science and the crisis of the environment.Geoderma 60, 377-382.

Daniel Hillel é profesor na Universidade deMassachussetts, U.S.A. Geoderma é unha prestixiosarevista internacional no campo das ciencias da terra.

CFC e deterioro da capa de ozono

Os incrementos observados naconcentración de cloro na estratosfera foronampliamente vencellados, durante os dousdecenios pasados, coa disminución de ozonona estratosfera inferior. A concentración actualde cloro estratosférico é máis de cinco vecesmaior que o esperado dacordo coas emisiónsnaturais orixinadas nos océanos e na queimade biomasa, sendo antropoxénica a orixe dameirande parte deste cloro, que procede sobretodo dos productos de descomposición doscompostos clorofuorocarbonados (CFC). Pero,a pesares dos abondosos datos científicos quevencellan as emisións clorofluorocarbonadascos aumentos observados de cloro, asensibilidade política sobre o tema dadisminución do ozono, deu lugar a un novo

exame da evidencia. No artigo recóllense unhaserie de 4 anos de observacións globais porsatélite dos ácidos clorhídrico (HCl) efluorhídrico (FH) na estratosfera que amosan,concluintemente, que as emisións declorofluorocarbonados - máis que outrasemisións naturais ou antropoxénicas - son asresponsables do recente incremento dasconcentracións estratosféricas globais de cloro.Estes resultados implican, máis alá decalqueira dúbida razonable, que osclorofluorocarbonados son os principaisresponsables da disminución de ozono naestratosfera inferior.Russell JM, Luo MZ, Cicerone RJ and Deaver LE (1996)Satellite confirmation of the dominance ofchlorofluorocarbons in the global stratospheric chlorinebudge. Nature 379, 526-529.

J.M. Russell traballa na NASA. Nature é unha das máisprestixiosas revistas científicas internacionais.

Serafín González

Debuxo: Xaquín Marín

Page 14: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

14

¡ QUE VEN O VOITRE !

Por todos é sabido, que cando aparece unanimal morto ou moribundo, non é estranoque pronto aparezan os voitres para darse unfestín. Pero o que sí nos chama a atención éque sexan os propios voitres os que seencarguen, como se dunha ave de rapina setratase, de darlle morte.

Pois ben, a partir de agora esto non nosdebe sorprender, xa que dende Novembro de1996, en que se divulgou nos xornaisnavarros a noticia do suposto repentinocambio de conducta nos Voitres LeonadosGyps fulvus, os cales atacaban os rabaños deovellas, emprendeuse unha campaña dedescalificacións contra esta ave carroñeira entodo o país. O que trata a prensa é deconvencer da ameaza que supoñen os voitrespara a caza e a gandeiría, utilizando para elocalquera artimaña, como pode ser apublicación dunha reportaxe gráfica na quese ve ós voitres atacando unha ovella queestá no chan. Pero o que non contan é queesa ovella levaba varios días atada por unhapata e rodeada por carroña, á maneira decebo, á espera de poder sacar a foto nomomento de ser atacada.

Ante tan sensacionalistas novas, cabefacerse unha serie de preguntas.

¿ Que hai de certo en todo isto?

Pois dende o punto de vista científico,que é o xeito máis razoable para explicar untema coma este, como así o fai a SociedadeEspañola de Ornitoloxía (SEO), ou gruposcomo o FAPAS (Fondo para a Proteccióndos Animais Salvaxes), que foron dos

primeiros en sair en defensa dos voitres.Según estudos realizados sobre voitres domundo, sábese que a práctica totalidade delesson capaces de atacar e dar morte de formaexcepcional a animais enfermos, mancadosou próximos a morrer, comportamento xadescrito para o Voitre Leonado en España, porprestixiosas publicacións científicas comoson Ardeola ou Journal of RaptorResearch. Tamén se sabe de antiguo que enNavarra os voitres alimentáronse sempre deovellas que quedaban atrapadas en fendas,amarradas durante días en alambradas ou decrías mal paridas e enclenques que non semoven.

Page 15: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

15

Polo tanto o que podemos sacar en clarode todo isto é que se tratou de exaserarepisodios illados, e que no caso de que fosencertas estas acusacións, os 42 ataques que selle atribúen ás 1500 parellas de VoitreLeonado que existen na comunidadeNavarra, sobre as casi 675.000 cabezas deovino e caprino, suporían uns danosmínimos, e que non terían por que ser obxetode tal difusión.

En base a todo esto facémonos de novooutra pregunta.

¿ Que escuros intereses se atopan detrás?

Non nos pode caber a menor dúbida deque toda esta montaxe ten un fin. Por unhaparte temos os intereses dos gandeiros, oscales serían indemnizados con 21.000 pesetaspor ovella morta, o cal non parece razoable.As ovellas que pastan libres no monte, senvixiancia, son un blanco doado para quecalqueira baixa que se produza no rabañopódase atribuir á acción do voitre,reclamando así a correspondenteindemnización á Administración. Hai que teren conta que un gandeiro recibe cada anounha prima de 2.000 pesetas por cabeza degando, en concepto de axuda ófavorecemento da conservación da paisaxe eda economía rural, polo que non lle resultaríaexcesivamente costoso adicar unha partedesta á subscripción dun seguro, que taménestá subvencionado pola Administración ecusta entre as 45 e 60 pesetas, cubrindo aperda do animal por múltiples causas, comoatropelo, enfermidades, incendios, ou mesmopolo ataque de animais salvaxes, deixandoasí de seguir esprimindo as arcas do estado,o que parece lamentable.

Por outra banda temo-los interesescinexéticos dos que podemos culpar ósxestores dos terreos cinexéticos, os calesalegan un exceso de depredadores, que, segúneles, acaban coas especies cazables. E pararesolvelo, non teñen peor idea que plagar oscotos de cebos envelenados.

Para cubrírense as costas no caso de que osanimais que morran envelenados sexanespecies protexidas, inician esta campaña,para tratar así de dar vía á desclasificación deestas especies protexidas e non incurrir endelito

Vendo todo o acontecido, ¿Que podemosfacer nós? Pois, dende logo,. apoiar a posturatomada pola SEO e polo FAPAS de apoiar ainvestigación en Navarra e os seus achádegos,e aceptar que si algúns exemplares, debido amotivos de idade, rango social ouasentamento, presentaran conductas novas,como por exemplo o ataque a reses sanas,poderían ser capturados e levados a unzoolóxico, como se está a facer en EstadosUnidos con outras especies de aves.

O único que nos queda é esperar que nonse siguan producindo feitos como éstos, xaque pola misma regla, calqueira animalmotivo de conflicto podería ser obxeto detales calumnias.

Quen sabe, se cadra nun tempo non moilonxano, si as pombas atacarán as persoas, eos fráxiles paporrubios predarán os nososcans e gatos. Esperemos que non.

BERNARDO CARRIÓN VELASCO

Page 16: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

16

ANDURIÑA DE CU BRANCO. CENSO DE 1997

Por segundo ano consecutivo realizouse ocenso da Anduriña do cú branco e nonpodemos menos de congratularnos pola boaacollida que tivo nesta tempada, na calpasamos de 8 a 15 participantes e na que secuadruplicaron as localidades de censo, das 7do ano pasado as 29 actuais. Prácticamentetodos os participantes no primeiro censovoltaron a cubrir neste as súas zonas, inclusoaumentando as localidades prospectadas.Deste xeito temos datos de vilas das 4provincias, sendo a de Pontevedra con 16 amellor prospectada, seguida da Coruña con 8,e por último Lugo e Ourense con 3 e 2localidades prospectadas respectivamente. Ávista dos datos é evidente que aínda nos faltamoito para poder facernos unha idea dasituación desta ave no territorio pero taménparece que imos polo bon camiño.

Aínda así, un dos principais obxectivosque se contemplaban cando se empezou coneste traballo era animar ós socios que vividesfora das cidades nas que temos delegacións aparticipar nunha actividade sinxela, perointeresante, que podería servir paracoñecernos e tal vez para animarvos aparticipar noutras actividades. Por dicilodalgún xeito os 15 participantes eramos"vellos coñecidos", e non tivemoscomunicacións de "xente nova". Sen a vosacolaboración este proxecto quedará sempreanano, polo que de novo vos animamos a queparticipedes no próximo censo. Xa sabedesque dispoñemos dun modelo de ficha para arecollida de datos que podedes pedirnos senon o tedes. Do mesmo xeito se sodesdalgunha das vilas que se están censando equeredes participar, chamade a delegación deSantiago e vos poñeremos en contacto coapersoa que o está a facer.

En canto a calidade das prospeccións,considéranse ben censadas, entendendocomo tal as poboacións nas que se cubrirontódalas rúas, as localidades de Santiago,Ourense, Lalín, Arzúa, Tui, Baiona, Nigrán,A Pontenova, Espasantes, Cariño, Caldas,Vilanova, Cambados, Vilagarcía,Portonovo, Goián, Gondomar e Tomiño. Asque os participantes consideraron comoparcialmente censadas, faltando rúas pormirar, foron Muros, Melide, Betanzos,Meira, Ferrol, Narón, Meis, O Grove,Cuntis, Celanova e Vigo indicándose taména presencia da especie, aínda que sencuantificar, en Monterroso (Lugo).

No referente as colonias de cría, onúmero de niños agrupados soe ser baixo,oscilando entre 1 e 6. Aínda así destacan ascolonias da central hidroeléctrica de Velle(Ourense) con 25 niños ocupados, 13 niñosnunha casa de Muros, 20 no nº27 daavenida da Concordia en Tui, e sobre todoos 43 atopados nunha casa en Espasantes,Ferreira de Pantón (Lugo) sendo citadanesta mesma colonia a ocupación por partedos pardais dalgúns niños vacíos.

Polo que respecta a recollida dos datos,e aínda que nun principio o censo abranguíasó o mes de Xuño, a maioría dos recibidosestaban realizados nos meses de Xullo eAgosto. Con vistas ó censo do ano que ven,as datas ampliaranse os 3 meses estivais,aínda que dende aquí recomendamosrealizalo nos meses de Xuño e principios deXullo, cando a maioría dos polos aíndaestán nos niños. Outro detalle que algún devos incluíades na ficha era a distinción"niños rotos" ademáis das dúas categoríasOcupados/Valeiros que aparecían nasfichas. Se ben nesta ocasión non puidemosreflexar eses datos por estar recollidos só

Page 17: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

17

para unhas poucas localidades, no próximomodelo de ficha incluiremos esa novacategoría.

NIÑO OCUPADO: Niño en perfecto estadono que se rexistra tránsito de adultos,presumiblemente para alimentar ós polos ouben éstos, xa medrados, son visibles polaparte superior da cunca.

NIÑO VALEIRO: Niño aparentemente en boestado pero no que non se rexistra movimentodos adultos nin se percibe a presencia depolos. Dependendo do avanzado da estación,non se descarta que fose utilizado na presentetempada de cría.

NIÑO ROTO: Niño deteriorado que polo seuestado de conservación, con seguridade nonfoi empregado na actual tempada de cría.

RESTOS: Marcas de niños antigos que podenser tan só un cerco na parede. Niñosdestruidos polos habitantes da casa entraríannesta categoría, indicándose entón a causa noapartado de "observacións".

E nada máis, só nos queda agradecer atodos os participantes o interese demostradona actividade e animarvos a que sigadescensando na próxima tempada. Ós demáissabede que agardamos polos datos da vosavila.

Coordenador: XUSTO CALVO PEÑA. Teléf:(981) 405461 - 584426

LISTA DE PARTICIPANTES

Alcalde Lorenzo, Agustín (8)Allegue Lagóstena, Ignacio (4)Álvarez Escudero, Alfonso (6,5,2,13,12,11)Araújo, Jose Antonio (4,7)Calvo Peña, Xusto (8,3)Carrión Velasco, Bernardo (8)Cuervo Soto, Jose Luis (24)González Prieto, Serafín (8,10)Noya Rey, Carmen (21,19,17,15,25)Rey Muñiz, Xose Lois (21,19,17,15,25)

Rodríguez Pomares, Álvaro (16)Rodríguez Pomares, Joaquín María (22)Vieiro Pampín, Alberto (18,1)Villarino Gómez, Antonio (10,9,23,14,20)

LOCALIDADES NIÑOSOcupados Valeiros

1 Arzúa 11 72 Betanzos 22 33 Cariño 9 34 Ferrol 1 05 Melide 15 76 Muros 41 97 Narón 2 08 Santiago 50 279 Celanova 15-20 010 Ourense 57 011 Espasantes 43 1012 Meira 3 013 Pontenova 0 014 Baiona 1 015 Caldas de Reis 17 1116 Cambados 2 1217 Cuntis 1 718 Goián 0 119 Gondomar 80 2020 Lalín 10 1621 Meis 0 022 Nigrán 29 623 O Grove 7 224 Portonovo 4 3325 Tomiño 0 026 Tui 35 227 Vigo 0 028 Vilagarcía 15 4929 Vilanova 0 0Total 470-475 225

Page 18: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

18

SECCIÓN XURÍDICA

OS TRATADOS INTERNACIONAIS SOBRE O MEDIO AMBIENTE

A Convención de Viena de 1969 define ótratado internacional no seu art. 2, nº 1, a)como "un acordo internacional celebrado porescrito entre Estados e rexido polo DereitoInternacional, xa conste nun instrumentoúnico, en dous ou en máis instrumentosconexos en calquera que sexa a súadenominación particular ".

A pesar do tenor da anterior definición,considéra se tamén como tratadosinternacionais ós concertados entre Estadose outros suxeitos de Dereito Internacional(Organizacións internacionais) ou entre estossuxeitos entre si.

No caso de España, e partindo doestipulado na nosa Constitución (arts. 93 a96), a negociación dos tratadosinternacionais corresponde ó Ministerio deAsuntos Exteriores, previa autorización doConsello de Ministros, e elo sen perxuicio dasolicitude ou incitación das ComunidadesAutónomas; a adopción e autenticacióntamén é competencia do Goberno, doConsello de Estado, das Cortes e do Rei.

Os tratados internacionais sobre medioambiente apreciaron un notable incrementoa partir dos anos 70. Como é habitual nestamateria, existe unha certa expansión e unhagrande dispersión, o cal incide a maiores nasua xa de por sí dificil aplicación. E é que oordenamento xurídico internacional sobre omedio ambiente ten un escaso podercoercitivo na práctica (non olvidemos que aConvención de Viena, no seu art. 26, tomacoma regla xeral a norma "pacta suntservanda" é dicir, que "todo tratado en vigorobriga ás Partes e debe ser cumprido por elasde boa fe"). A esto haille que sumar acomplexidade que se introduce nos tratadoscoa adopción de reservas feitasunilateralmente por algúns Estados conobxeto de excluir ou modificar certas

disposicións dos tratados, condicionando asía súa aplicación. Todo elo nos leva óescepticismo e á preocupación ante afrecuente inaplicabilidade dos tratados. Senembargo, temo-la obriga de reconocer a súaeficacia en canto ás actuacións políticasconcordantes e á creación ou modificacióndas leis internas. Así, por exemplo, oConvenio de París de 1950 tivo especialimportancia na elaboración da Lei de caza de1970, ou as Ordes Ministeriais de 1979 e1977 que dictarón normas para a execucióndó establecido no Convenio sobreresponsabilidad civil por danos debidos ácontaminación por hidrocarburos de 1969.

Actualmente, o noso país é Estado partenuns 40 tratados internacionais sobre medioambiente. De entre todos eles, e por razónsde espacio, seleccionamos como máisimportantes, os seguintes:

< Convenio para a regulación da pesca dabalea, feito en Washington o 2 deDecembro de 1946.

< Convenio sobre protección dos paxarosútiles á agricultura, feito en Paris o 18 deOutubro de 1950.

< Convenio sobre o establecemento duncontrol de seguridade na materia deenerxía nuclear, feita en París o 20 deDecembro de 1957.

< Convención sobre pesca e conservacióndos recursos vivos de alta mar, feita enXenebra o 29 de Abril 1958.

< Tratado Antártico, feito en Washington o1 de decembro de 1959.

< Convención sobre responsabilidade civilen materia de enerxía nuclear, feito enParís o 29 de Xullo de 1960.

< Tratado de prohibición de probasnucleais na atmósfera, no espacio

Page 19: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

19

ultraterrestre e baixo a auga, feito enMoscova o 5 de Agosto de 1963.

< Convenio sobre responsabilidade civilpor danos debidos á contaminación porhidrocarburos, feito en Bruxelas o 29 deNovembro de 1969.

< Convenio relativo a humedais deimportancia internacional, especialmentecomo hábitat de aves acuáticas, feito enRamsar o 2 de febreiro de 1971.

< Convenio sobre responsabilidade civil naesfera de transporte marítimo demateriais nucleares, feito en Bruxelas o17 de Decembro de 1971.

< Convenio para a protección dopatrimonio mundial, cultural e natural,feita en París o 23 de Novembro de1972.

< Convenio para a prevención dacontaminación mariña provocada poloverquido dende buques e aeronaves, feitoen Oslo o 15 de Febreiro de 1972.

< Convenio sobre a prevención dacontaminación do mar por verquido delixo e outras materias, feito en Londres,México, Moscova e Washington o 29 deDecembro de 1972.

< Convención sobre o comerciointernacional de especies ameazadas defauna e flora silvestres, feita enWashington o 3 de Marzo de 1973.

< Convenio sobre prevención dacontaminación orixinada por buques,feito en Londres o 2 de Novembro de1973.

< Convenio para a prevención dacontaminación mariña de orixe terrestre,feito en París o 4 de Xuño de 1974.

< Convenio para a protección do MarMediterraneo contra a contaminación,feito en Barcelona o 16 de Febreiro de1976.

< Convención sobre a conservación dasespecies migratorias de animaissilvestres, feita en Bonn o 23 de Xuño de1979.

< Convenio relativo á conservación da vidasilvestre e do medio natural en Europa,feito en Berna o 19 de Septembro de1979.

< Convenio sobre contaminaciónatmosférica transfronteriza a grandedistancia, feito en Xenebra o 13 deNovembro de 1979.

< Convención sobre a conservación dosrecursos vivos mariños antárticos, feitoen Camberra o 20 de Maio de 1980.

< Convenio das madeiras tropicais, feitoen Xenebra o 18 de Novembro de 1983.

< Convenio para a protección da capa deozono, feito en Viena o 22 de Marzo de1985.

< Convención sobre a pronta notificaciónde accidentes nucleares, feita en Viena o26 de Septembro de 1986.

< Convención sobre asistencia en caso deaccidente nuclear ou emerxenciaradiolóxica, feito en Viena o 26 deSeptembro de 1986.

< Convenio sobre o control dosmovementos transfronterizos dosrefugallos perigosos e a sua eliminación,feito en Basilea o 22 de Marzo de 1989.

< Convenio sobre avaliación do impacto nomedio ambiente nun contextotransfronteirizo, feito en Espoo o 25 deFebreiro de 1991.

< Convenio sobre a diversidade biolóxica,feito en Rio de Xaneiro o 5 de Xuño de1992.

< Convención marco das Nacións Unidassobre o cambio climático, feita en NovaYork o 9 de Maio de 1992.

Xosé López Riopedre

Page 20: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

20

A ECO A AUGA

auga, elemento indispensable paratódolos organismos vivos, define econdiciona dun xeito especial ó

medio ambiente por mor tanto das súassingulares propiedades físicas e químicascomo da súa abondosidade. A auga,ademáis, é un condicionante para aactividade do home, ata o punto de que onivel de vida de tódalas sociedades está moivencellado ó consumo de auga.

Os principais problemas da auga comorecurso ecolóxico e ecónomico estánrelacionados coa súa:

C Cantidade, porque o 97,2% da augaatópase nos océanos e o 2,15% formaparte dos glaciais e dos casquetespolares (que conteñen o 99,5% da augadoce da Terra). O 0,65% restante sonaugas continentais, a meirande partesoterráneas ou salobres, polo que tan sóo 0,01% das reservas totais de auga sonutilizables.

C Calidade. A urbanización, aindustrialización e a agriculturaintensiva diminuiron, ou mesmodestruiron, a calidade natural da auga enmoitas rexións.

Tendo en conta o devandito resulta claroque é indispensable protexer e conservar asaugas de todo o mundo para os seus usosactuais e futuros. Para acadar os obxectivosde conservar a cantidade e a calidade daauga dispoñible é imprescindible acolaboración activa de tódolos cidadadáns.De seguido expoñemos algúns exemplos doque todos podemos, e deberíamos, facer.

Accións positivas

C Pecha os grifos abertos inútilmente:cada un deles pode derrochar de 5 a 10litros de auga por minuto. Si deixas ogrifo aberto mentras te lavas os dentes,podes malgastar uns 20 litros de auga,cantidade que sube a 40-75 si o fasmentras te afeitas e ata 100 mentrasfregas os platos.

C Repara os grifos que pingan: dez pingasde auga desperdiciadas por minutoequivalen a 2.000 litros anuais.

C Cando merques electrodomésticosnovos escolle os de menor consumo deauga (e electricidade).

C Para ducharse consúmese ó redor daterceira parte da auga que para bañarse.

C Coloca unha botella chea de auga nodepósito do retrete; cada vez quevaleires a cisterna aforrarás o auga quedesplazan as botellas. Si usas o inodoro8 veces ó día podes aforrar 8-16 litrosde auga diarios, 50-100 por semán,2.400-4.800 ó ano. Un retrete que deixafuxir auga pode despilfarrar ata 17.000litros cada seis meses. ¿Cómo averiguarsi a cisterna perde auga? pon un poucode tinta no depósito e si se colorea aauga do inodoro, sin facelo funcionar, éque hai un perda.

C Emprega deterxente sin fosfatos e só nacantidade realmente necesaria.

C Reduce o consumo de lexía. Unha lexíamoi diluida actuando durante máistempo é igual de eficaz que unhasolución concentrada que só actúe unsminutos.

Page 21: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

21

Os "limpadores" da auga do inodoro nonlimpan a auga, tan só a contaminan conperfumes e cores sintéticos.

C Ningún producto químico de bricolaxecaseiro debe verterse polo sumideiro.

C Si tes xardín, planta especies autóctonasadaptadas as condicións hídricas do lugarque precisan menos auga de rego.

C O auga dos aspersores evapórase de 4 a 8veces máis rápido ó mediodía que aprimeiras horas da mañán. Regar polanoite reduce a evaporación pero hairiscos de que aparezan fungos nocéspede: a millor opción é regar polamañanciña. Perante unha época de secanon despilfarres auga regando a herbaque xa empezou a poñerse amarela: estáinactiva e revivirá cando volva a chover.

C Nunca tires aceite, ácido das baterías ouabrillantadores de coches polo sumideiro.Recorda que si lavas o coche conmangueira podes gastar ata 500 litros deagua.

Recorda: si todos aforrásemos auga non seprecisarían novos encoros, como o do Umiaen Caldas de Reis, nin tampouco trasvases.

Puertollano 1993. A auga e o emprego

Entre os meses de xaneiro e maio de1993, 500 traballadores de Repsol Químicae 70 de Repsol Petróleo víronse afectadospor un expedente de suspensión de relaciónslaborais por causa de forza maior: a seca queafectou ó entorno territorial do complexoindustrial en 1991, 1992 e 1993 ameazou ofuncionamento do mesmo e o abastecementode combustible da rexión centro, incluindoMadrid. Entón, e só entón, deseñouse unplan de aforro de auga no conxunto dosprocesos productivos:

C Detección e corrección de fugas.

C Eliminación de refrixeraciónsinnecesarias.

C Recuperación dos vertidos de auga docomplexo, como auga de aporte ás torresde refrixeración.

C Recollida e reutilización das augasresiduais de Puertollano e Ciudad Real.

Este conxunto de medidas supuso uninvestimento de 511 millóns de pesetas, perocon elas aforráronse as duas terceiras partesdo consumo de auga, que diminuíu dendemáis de 600.000 m3/semán nos meses dexullo e agosto de 1992 ata ó redor de200.000 m3/semán en maio de 1993.

A conclusión non pode ser máis clara:durante anos desperdiciouse un recurso vitalpara a propia empresa a un ritmo de 40.000litros/minuto, é decir 20,8 km3/ano ou, o queé o mesmo, un cubo cheo de auga de 2.750m de lado. Si o plan de aforro adoptado dexeito traumático fora aplicado antes concriterios de consumo racionais, nunca setería chegado a un expedente de regulaciónde emprego.

Page 22: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

22

OS NOSOS INSECTOS

COLIAS CROCEUS Geofrroy, 1785.

É unha das bolboretas máis comúns deGalicia. Taxonomicamente forma parte daFamilia Pieridae, familia á que pertencen asbolboretas da col, como Artogeia e Pieris. NoLeste galego podemos atopar unha especiesemellante, trátase de Colias australis Verity,1905, que se pode distinguir externamente deC. croceus pola ausencia dun ribete negro,situado no anverso das ás posteriores, namarxe externa destas.

Os tres pares de patas son funcionais,característica da Superfamilia Papilionoidea,e dúas veas anais na á posterior (FamiliaPieridae), os vermes son verdes cunha liñamarela lonxitudinal.

É unha especie de constitución forte,capaz de realizar grandes migracións, xa queos exemplares presentes nas illas Británicas enorte de Europa, son migrantes do sur. A corbásica das ás é o marelo, cunha serie demanchas negras. Hai femias que presentanunha coloración máis pálida (forma helicinaOberthur) e tamén brancuzada (f. helice,Huebner), está última representaaproximadamente un 10% da poboación -varía segundo as poboacións e éxeneticamente dominante.

A presencia de imagos é practicamenteininterrompida durante todo o ano, sendo ascitas máis temperás e tardías o 3 de xaneiro eo 12 de santos, respectivamente, o queimplica un solapamento do período de vóo,que se explica pola presencia de adultosinvernantes que se ven os días soleados deinverno.

Segundo a bibliografía, en Galiciadesenvólvense de 3 a 4 xeracións. Afenoloxía observada,segundo os datos que

dispomos polo programa ESENGA, implicaun solapamento destas, cun pico que vaidende san xoán ata agosto, con presenciamoderada en maio e setembro nonproducíndose diapausa estival. Outraposibilidade que nós plantexamos é queexistan menos xeracións e que a presencianun amplo espacio temporal de imagos recéneclosionados corresponda a movementosmigratorios localizados, mesturados cundiferencial no desenvolvento a adultos endistintas zonas. Primeiro estaría odesenvolvemento de exemplares ó ritmo dadopor un hábitat e condicións atmosféricas, ósindividuos adultos presentes se engadirían osprovintes doutras zonas, que se teríandesenvolvido antes ou despois, segundocircunstancias microclimáticas, favorecendoo efecto de varias xeracións nun mesmopunto.

Os hábitats axeitados son os abertos, poloque é doada de ver polos camiños e prados,onde as vermes se alimentan de Trifoliumpratense e T. repens.

A altitude non é limitante da distribuciónen Galicia; a nivel europeo considéraselimitada ós 2.000 metros de altitude.

A distribución abarca Europa, excepto ospaíses escandinavos, e chega ata Rusia eOriente Medio, tamén se distribúe polo nortede África e illas mediterráneas. A maior partedesta distribución é debido a exemplaresmigrantes, xa que a cría é fundamentalmentea cunca mediterránea e a Península Ibérica,incluída a costa atlántica e cantábrica.

Xosé Lois Rei Muñiz

Page 23: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

23

A Sección de Entomoloxía agradece que se lle remitan datos que axuden acompletar os mapas que imos publicando (ou outros no futuro). Estamosespecialmente interesados en lucánidos, bolboretas diurnas, odonatos,cerambícidos e subfamilia Carabini. Dispomos de fichas para a toma de datos, queenviaremos se as solicitas. Así como un boletín interno que se envía só ósinteresados na entomoloxía. SGHN-Sección Entomoloxía, Apdo. nº 303, 36600 Vilagarcía.

Page 24: Dende 1973 estudando, divulgando e defendendo o …...Dende o ano 1994 a S.G.H.N. ven desenvolvendo unha importante actividade no que se refire ó anelamento de aves. É de sinalar

¡FAITE SOCIO! ¡Apoia o labor da S.G.H.N. en defensa da Natureza Galega!Cubre e envía unha fotocopia desta ficha ó Apdo. 330. 15780 Santiago de Compostela.

Apelidos: ...............................................................................................................................................Nome: .............................................................................................. D.N.I.: ........................................ Data de nacemento: ..........................................................................Teléfono: ....................................Enderezo: .............................................................................................................................................. Localidade: ........................................................................................Provincia: ..................................

Categoría de socio (indica cunha cruz) 9 Infantil (ata 12 anos) 750 pts/ano9 Xuvenil (ata 18 anos) 1.500 pts/ano9 Estudiante 2.250 pts/ano

9 Plenario 3.000 pts/ano9 Familiar 4.500 pts/ano9 Protector 150.000 pts

Sr. Director do Banco/Caixa .............. ..................................................................................................,sucursal nº ......................................en............................................: Prégolle admita os recibos que no sucesivo lle remita ó meu nome a Sociedade Galega de HistoriaNatural e os cargue na miña conta nº _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ Atentamente,

Sinatura: Data:

TARREIRIGO-ESGOS (OURENSE) Tel: (988) 290137 Fax: (988) 290162

VIVEIRO FORESTALMÁIS DE 150 ESPECIES PARA REPOBOACIÓNS

PROXECTO E EXECUCIÓN DE REPOBOACIÓNS FORESTAISÁRBORES AUTÓCTONAS

Pódenos consultar tamén sobre árbores froitais e ornamentaisPrecio especial para socios da S.G.H.N.