de agosto miúda - cangas.gal · elenco: inacio vilariño (voz), benxamín otero (oboe), félix...

3
Do 27 ao 31 de agosto Semana Miúda

Upload: phamdang

Post on 23-Nov-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Do 27 ao 31de agostoSemana

Miúda

Narración oral, monicreques e acompañamento musical en directo para partir da domesticación do burro ata chegar ao (ab)uso das novas tecnoloxías, coa axuda dos contos tradicionais, de Gianni Ro-dari e do tranvía de Marín como medio de transporte.

Elenco: Inacio Vilariño (voz), Benxamín Otero (oboe), Félix Rodríguez (batería) e Carlos Quitá (acordeón diatónico).

O novo espectáculo musical de Maria Fumaça celebra a vida. Os artistas convidan o público a viaxar canda eles no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá. Nos seus vagóns, o ambiente é sem-pre de festa porque é unha viaxe entre amigas e amigos.

Dirección: Uxía Senlle. Escenografía: Pablo Pastor. Son: Isaac Palacín. Elenco: Uxía, Magín Blanco, Sergio Tannus, …

Rogelio leva pechado na súa casa 20 anos. No instituto facíanlle bullying. Despois de ler a Paulo Coelho e seguir unha terapia de 12 pasos, está no último chanzo: facer maxia en público. Se consegue engaiolar o público, estará completamente curado.

Idea orixinal e elenco: Dani Blanco. Dirección artística: Walter Velázquez e Natalia Outeiro “Pajarito”. Escenografía e vestiario: María Alejandra Gómez.

Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados en di-recto, un salto ó baleiro en miniciclo e a Chungatrona, esa máqui-na de rebeldía pallasa que adoita acompañar a Peter Punk nas súas aventuras. Un delirio sobre un monociclo pinchado.

Elenco: Peter Punk e Brais das Hortas. Dirección: Walter Velázquez.

Luns 2721:00 Avenida de Castelao

Martes 2819:30 Parque da Palma

Mércores 2919:30 Eirado do Costal

Xoves 3019:30 Parque da Palma

MARIA FUMAÇA“Aire”

AS SIRCOPATAS“Rogelio”

FANTOCHES BAJ“Rodarirodari”

PETER PUNK E BRAIS DAS HORTAS“Peter Punk e o neno imperdible”

Concerto didáctico e contacontos no que se presentan de ma-neira novidosa, alegre e innovadora os diferentes instrumentos, ritmos, xéneros, cancións, contos e bailes do patrimonio inmate-rial e cultural galego.

Contos e cantigas: Nelson Quinteiro. Acordeón: David Álvarez Caneda. Deseño de escenografía: Leadro Lamas

Venres 3119:30 Eirado do Costal

NELSON QUINTEIRO “As nosas músicas d’aquí”