crónica do premio boas prácticas na biblioteca

4
Levantámonos as cinco da mañá. Luís (o director) veu a recollernos co coche e levarnos ao aeroporto. O aeroporto era moi grande e había un detector de metais. Cando subimos ao avión estabamos moi nerviosos e os “azafatos” déronnos unha pizarra para debuxar. Cando despegou, a Óscar taponáronselle os oídos. Cando estabamos no aire vimos as nubes por debaixo do avión como si foran de lá (Óscar), e moitos parques eólicos (Noa) e un campo de tenis (Óscar). Ao chegar a Madrid fomos no autobús ata a Biblioteca Nacional. No autobús Óscar premeu nun botón, e unha voz dicía :”Próxima parada non sei qué, non sei canto”

Upload: bibliotecadocole-bibliotecadocole

Post on 27-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Óscar e Noa contan o seu día en Madrid para participar na ceremonia de entrega de premios de Boas prácticas na biblioteca escolar.

TRANSCRIPT

Page 1: Crónica do premio Boas prácticas na biblioteca

Levantámonos as cinco da mañá. Luís (o

director) veu a recollernos co coche e

levarnos ao aeroporto.

O aeroporto era moi grande e había un

detector de metais.

Cando subimos ao avión estabamos moi

nerviosos e os “azafatos” déronnos unha

pizarra para debuxar.

Cando despegou, a Óscar taponáronselle os

oídos.

Cando estabamos no aire vimos as nubes

por debaixo do avión como si foran de lá

(Óscar), e moitos parques eólicos (Noa) e

un campo de tenis (Óscar).

Ao chegar a Madrid fomos no autobús ata a

Biblioteca Nacional. No autobús Óscar

premeu nun botón, e unha voz dicía

:”Próxima parada non sei qué, non sei

canto”

Page 2: Crónica do premio Boas prácticas na biblioteca

Antes de entrar na Biblioteca fomos a unha

cafetería a almorzar, onde había moitas

videoconsolas e estivemos xogando.

Despois fomos a cambiarnos e entramos na

Biblioteca Nacional. Ensaiamos un pouco no

escenario, e logo fomos xogar fora ata a

hora de entrar.

Logo o ministro deu un discurso e despois

foi a entrega de premios. O premio do cole

colleuno a profe Isa.

E despois a profe Belén presentou ao Iván

(o músico) que tocou coa zanfona “Strela do

día”.

A continuación puxeron un vídeo do que

facemos na escola e na biblioteca. Despois

Isa levounos ao escenario. Alí non tivemos

nervios, tivemos emoción.

Page 3: Crónica do premio Boas prácticas na biblioteca

(Noa dí que se puxo nerviosa cando actuou

para os profes do cole, e Óscar di que non,

que a el púxoo nervioso actuar para os

compañeiros).

Saíunos moi ben, e logo Isa colleunos da

man e saímos do salón de actos.

Despois foron os “pinchos” e Óscar comeu

moita tortilla. Alí todo o mundo nos felicitou.

O ministro felicitou a Noa mentres Óscar se

cambiaba para non mancharse. Dixo: “ Lo

hicisteis muy bien y teneis que felicitar

vuestros compañeros por los dibujos tan

bonitos”, e Noa díxolle “Gracias. Nos

esforzamos mucho”.

Fomos comer a un restaurante cerca do

Prado. Óscar non comeu nada, porque

estaba cheo. Solo un xeado.

Page 4: Crónica do premio Boas prácticas na biblioteca

No museo do Prado vimos “As meninas” e

“As lanzas”. Belén comprounos unha chapa

das meninas para cada un.

Logo volvemos en metro ao aeroporto.

Cando chegamos ao aeroporto solo había

catro asentos, e eramos sete. Entón Iván,

Isa e Belén quedaron 2 horas mais, a

esperar outro avión, e Luis, Ana (a nai de

Noa) e nós viñemos no avión. Déronos unha

ficha de actividades de Bernie e houbo

moitas turbulencias.

Pasámolo moi ben (Noa). Eu quero volver

atrás no tempo e volver a pasar o día

(Óscar).

Noa Curro Pena (10 anos)

Óscar Gutiérrez Martínez (9 anos)