convocatoria para a contrataciÓn mediante …

5
atlanTTic Research Center CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONTRATO EN RÉXIMEN TEMPORAL DE PERSOAL INVESTIGADOR PARA O CENTRO DE INVESTIGACIÓN ATLANTTIC atlanTTic, beneficiario por resolución do 13 de decembro de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convoca a selección dunha praza cos perfís e requisitos de acceso que se indican no ANEXO I. 1. OBXECTO A presente convocatoria ten por obxecto a selección de persoal para a contratación laboral temporal segundo a relación e características que se especifican no ANEXO I. 2. REQUISITOS DOS SOLICITANTES Os requisitos para a praza convocada é os especificados no ANEXO I desta convocatoria. 3. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de presentación de solicitudes será como mínimo de dez días hábiles desde o día seguinte á publicación desta convocatoria na páxina web de atlanTTic (http://atlanttic.uvigo.es/join-us/). As solicitudes e demais documentación presentarase por correo electrónico a [email protected]. É imprescindible indicar no asunto do correo a referencia da praza solicitada. Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na páxina web de atlanTTic abrindo un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación para emendar erros ou achegar os documentos perceptivos. No caso de que todas as persoas aspirantes figuren admitidas, darase por cumprido este trámite. Transcorrido ese prazo publicarase a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas. O/A solicitante deberá acompañar, obrigatoriamente, a seguinte documentación no momento da presentación da solicitude: - Impreso de solicitude (ANEXO II). - Carta de presentación. - Curriculum vitae con indicación expresa dos méritos. - Copia da acreditación da titulación esixida.

Upload: others

Post on 28-Oct-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE …

atlanTTic Research Center

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONTRATO EN RÉXIMEN TEMPORAL DE PERSOAL INVESTIGADOR PARA O CENTRO DE INVESTIGACIÓN ATLANTTIC

atlanTTic, beneficiario por resolución do 13 de decembro de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convoca a selección dunha praza cos perfís e requisitos de acceso que se indican no ANEXO I.

1. OBXECTO

A presente convocatoria ten por obxecto a selección de persoal para a contratación laboral temporal

segundo a relación e características que se especifican no ANEXO I.

2. REQUISITOS DOS SOLICITANTES

Os requisitos para a praza convocada é os especificados no ANEXO I desta convocatoria.

3. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de presentación de solicitudes será como mínimo de dez días hábiles desde o día seguinte á

publicación desta convocatoria na páxina web de atlanTTic (http://atlanttic.uvigo.es/join-us/). As

solicitudes e demais documentación presentarase por correo electrónico a [email protected]. É

imprescindible indicar no asunto do correo a referencia da praza solicitada.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas na páxina web de atlanTTic abrindo un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación para emendar erros ou achegar os documentos perceptivos. No caso de que todas as persoas aspirantes figuren admitidas, darase por cumprido este trámite. Transcorrido ese prazo publicarase a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas. O/A solicitante deberá acompañar, obrigatoriamente, a seguinte documentación no momento da presentación da solicitude:

- Impreso de solicitude (ANEXO II).

- Carta de presentación.

- Curriculum vitae con indicación expresa dos méritos.

- Copia da acreditación da titulación esixida.

Page 2: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE …

atlanTTic Research Center

A presentación da solicitude leva implícito o coñecemento e aceptación de todas as condicións indicadas nesta convocatoria. Así mesmo, leva implícita a autorización para o tratamento e publicidade necesarios dos datos dos candidatos. De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta convocatoria, cuxo tratamento e publicación é autorizado polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nos ficheiros da Universidade de Vigo cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderán exercerse mediante o envío dunha comunicación á dirección [email protected]. 4. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

As solicitudes serán avaliadas en cada caso por una comisión específica que estará composta por tres membros. As Comisións de Selección realizarán a avaliación valorando, de xeito singularizado, os méritos alegados nas solicitudes presentadas, segundo os criterios de valoración específicos. A composición destas comisión e os criterios de valoración figuran no ANEXO I desta convocatoria. En calquera momento do proceso de selección, poderase solicitar ás persoas candidatas a presentación de xustificantes orixinais u outra información adicional relativa aos méritos indicados no currículo. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

Recibidas as solicitudes, e revisados os expedientes, a proposta da Comisión de selección ditarase a resolución provisional das persoas seleccionadas. Cada Comisión, para elaborar a proposta de resolución da convocatoria de selección ordenará as solicitudes dos aspirantes de maior a menor puntuación, correspondendo a proposta de adxudicación á persoa aspirante con maior puntuación. Dita proposta publicarase na páxina web de atlanTTic (http://atlanttic.uvigo.es/join-us/). A Comisión de selección, en caso de evidenciarse a inadecuación dos méritos dos aspirantes ao perfil obxecto da convocatoria, poderá declarar deserta de forma motivada a convocatoria de selección convocada. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán formular alegacións concedéndose un prazo de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación da proposta provisional. Vistas ás reclamacións ou transcorrido dito prazo sen que se tivese presentado ningunha, publicaranse os resultados definitivos.

Page 3: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE …

atlantTTic Research Center

ATL 1420 –INVESTIGADOR EN MEDIAS RADIOELÉCTRICAS

Tipo de contrato: Contrato por obra Data prevista de comezo do contrato: 01/03/2020 Data de remate: 30/11/2020 con posibilidade de prórroga Salario Bruto Anual: 21.000 – 25.000 EUR, en función do/a candidato/a Lugar de traballo: E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo Funcións do posto

A persoa seleccionada traballará como Persoal Técnico Investigador nos seguintes ámbitos: a) Caracterización de materiais mediante espectrometría en THz b) Medidas de compatibilidade electromagnética c) Medidas de caracterización de sistemas radiantes e sistemas radar d) Integración de sistemas de adquisición (captura e rexistro de datos) en laboratorio para aplicacións

específicas vinculadas á medida de sinais de comunicación, radar, caracterización de materiais e caracterización de sistemas radiantes

e) Integración de sistemas de adquisición para medidas en campo baseado en sistemas embebidos f) Montaxe e verificación de sistemas de comunicacións ópticas

Requisitos

- Título universitario de doutor, preferiblemente en enxeñaría de telecomunicacións.

- Manexo fluído en inglés.

- Experiencia previa nas funcións do posto. - Experiencia acreditada no manexo de equipamento dispoñible: analizador de espectros RF, analizador de espectros óptico, analizador vectorial de redes, xerador de sinal, xerador de onda arbitraria, sistemas de posicionamento de antenas, módulos radio definida por software (SDR), sistemas moduladores analóxicos e dixitais ópticos e en RF, espectrómetros de THz pulsado, de onda continua e baseado en cabezas multiplicadoras. - Experiencia no desenvolvemento de aplicacións a medida para o control, monitorización, adquisición e procesado de datos en MATLAB e Python multiplataforma (Windows e Linux). - Experiencia en integración de sistemas de adquisición e agregación sincronizada de fontes de datos (sinais dixitalizadas, datos de xeoposicionamento e unidades inerciais, vídeo/imaxes). Criterios de valoración

· Experiencia profesional (50%) · Formación (30%) · Entrevista (20%)

A comisión seleccionará un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos

Page 4: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE …

atlantTTic Research Center

Comisión de Avaliación:

- Presidente: Antonio Pino García, Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

- Secretario: Marcos Arias Acuña, Profesor Titular de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

- Vogal: Fernando Obelleiro Basteiro, Catedrático de Universidade de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo

Os interesados deberán enviar o seu CV á dirección [email protected], indicando a referencia do posto no asunto da mensaxe.

Data límite de recepción de candidaturas 13 de xaneiro de 2020 ás 21:00 CET

Page 5: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE …

atlantTTic Research Center

ANEXO II

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE CONTRATO EN RÉXIMEN TEMPORAL DE PERSOAL INVESTIGADOR PARA A AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA CONSOLIDADA ATLANTTIC

I- DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

Apelidos e nome:

DNI: Home Muller

Dirección:

Teléfono fixo: Teléfono móbil:

Correo Electrónico:

II. PRAZA QUE SOLICITA:

PRAZA ATL1420 – Investigador en medidas radioeléctricas

III. DOCUMENTACIÓN ADXUNTA:

Carta de presentación

Currículum vitae

Copia da acreditación da titulación esixida

Outros (indicar):

O/A solicitante declara a certeza dos datos consignados nesta solicitude e manifesta coñecer e aceptar as bases

da presente convocatoria.

En , de de 2020

Sinatura da persoa solicitante