contidos mÍnimos e criterios de cualificaciÓn por … · de non acadar a cualificación positiva...

16
Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018 CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN POR CURSOS PRIMEIRO CURSO DA ESO (XEOGRAFÍA E HISTORIA) CONTIDOS MÍNIMOS Ollar a Programación do Departamento, no apartado de porcentaxe de consecución. Os contidos de cada unidade serán considerados como mínimos, aqueles os que igualen ou superen o 80% de grao de consecución. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios de avaliación especificados. A avaliación positiva requirirá que: Os alumnos/as dominen os contidos mínimos sinalados anteriormente. Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase. Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros. Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia. O proceso de avaliación será continuo e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas faranse probas escritas de coñecementos, unha por cada tema para que resulte máis doado a asimilación dos contidos para os rapaces destas idades e deste curso. Puntualmente e, se así o requiren as circunstancias, pódese agrupar nunha mesma proba de coñecementos dous temas intimamente relacionados entre si. Cada conxunto de probas do trimestre terá a súa correspondente recuperación ao remate de cada avaliación. Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto: Conceptos (exames e probas escritas): 75%. Procedementos: 15%. Traballo e resolución de exercicios: ata 0,7 puntos. Caderno: ata 0,5 puntos. Plan Lector: ata 0,3 puntos. Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%. Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

Upload: lyliem

Post on 16-Nov-2018

216 views

Category:

Documents

0 download

TRANSCRIPT

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE

CUALIFICACIÓN POR CURSOS

PRIMEIRO CURSO DA ESO (XEOGRAFÍA E HISTORIA)

CONTIDOS MÍNIMOS

Ollar a Programación do Departamento, no apartado de porcentaxe de consecución. Os contidos de

cada unidade serán considerados como mínimos, aqueles os que igualen ou superen o 80% de grao de

consecución.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

A avaliación positiva requirirá que:

Os alumnos/as dominen os contidos mínimos sinalados anteriormente.

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso de avaliación será continuo e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

faranse probas escritas de coñecementos, unha por cada tema para que resulte máis doado a asimilación

dos contidos para os rapaces destas idades e deste curso. Puntualmente e, se así o requiren as

circunstancias, pódese agrupar nunha mesma proba de coñecementos dous temas intimamente

relacionados entre si.

Cada conxunto de probas do trimestre terá a súa correspondente recuperación ao remate de cada

avaliación.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 75%.

Procedementos: 15%.

Traballo e resolución de exercicios: ata 0,7 puntos. Caderno: ata 0,5 puntos. Plan Lector: ata 0,3 puntos.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos mínimos esixidos para este

curso. De non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Terán dereito a un exame final aqueles alumnos/as que no curso non acadasen unha cualificación

xeral positiva. Aqueles que durante o curso académico superasen as diversas probas de coñecementos,

non precisarían presentarse a este exame final, agás daqueles que desexen subir cualificación.

Probablemente realizaranse exercicios de recompilación ao final de curso que serán valorados para

o redondeo da nota final.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán dunha convocatoria extraordinaria en setembro.

En canto aos criterios de corrección dos exames sinalar os seguintes puntos:

o En todas as preguntas e apartados das probas escritas, indicarase a puntuación máxima que se

pode obter.

o Nas respostas valorarase a orde e a limpeza. Non se terán en conta explicacións ou resolucións

inintelixibles.

o No caso de usar esquemas ou debuxos, estes deberán ser claros. En caso contrario non serán

puntuados.

o A puntuación máxima darase cando a formulación e a resolución da pregunta sexan correctas.

o Descontaranse 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados. De todos os xeitos, estes criterios de cualificación poderían ser modificados

ao longo do curso académico dependendo da realidade da implantación do proxecto Abalar. Se este fose

o caso, o alumnado deste nivel sería convenientemente informado en tempo e lugar.

SEGUNDO CURSO DE ESO (XEOGRAFÍA E HISTORIA)

CONTIDOS MÍNIMOS

Ollar a Programación do Departamento, no apartado de porcentaxe de consecución. Os contidos de

cada unidade serán considerados como mínimos, aqueles os que igualen ou superen o 80% de grao de

consecución.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

A avaliación positiva requirirá que:

Os alumnos/as dominen os contidos mínimos sinalados anteriormente.

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de participar activamente nos traballos de grupo.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso de avaliación será continuo e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

faranse probas escritas de coñecementos correspondentes.

Cada proba de coñecementos terá a súa correspondente recuperación ao remate de cada

avaliación.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 75%.

Procedementos: 15%.

Traballo na clase e resolución de exercicios: ata 0,7 puntos. Caderno: ata 0,5 puntos. Plan Lector: ata 0,3 puntos.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos mínimos esixidos para este

curso. De non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Terán dereito a un exame final aqueles alumnos/as que no curso non acadasen unha cualificación

xeral positiva. Aqueles que durante o curso académico superasen as diversas probas de coñecementos,

non precisarían presentarse a este exame final, agás daqueles que desexen subir cualificación.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán dunha convocatoria extraordinaria en setembro.

Para a cualificación terase en conta o número de faltas, tanto de asistencia como de puntualidade,

podendo perder toda a cualificación no apartado de actitudes, valores e normas por este motivo.

En canto aos criterios de corrección dos exames sinalar os seguintes puntos:

o En todas as preguntas e apartados das probas escritas, indicarase a puntuación máxima que se

pode obter.

o Nas respostas valorarase a orde e a limpeza. Non se terán en conta explicacións ou resolucións

inintelixibles.

o A puntuación máxima darase cando a formulación e a resolución da pregunta sexan correctas.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

o Descontaranse 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

TERCEIRO CURSO DE ESO (XEOGRAFÍA E HISTORIA)

CONTIDOS MÍNIMOS

Ollar a Programación do Departamento, no apartado de porcentaxe de consecución. Os contidos de

cada unidade serán considerados como mínimos, aqueles os que igualen ou superen o 80% de grao de

consecución.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

A avaliación positiva requirirá que:

Os alumnos/as dominen os contidos mínimos sinalados anteriormente.

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será continuo e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

farase unha proba escrita de coñecementos correspondente a cada unha das unidades estudadas.

Cada proba de coñecementos terá a súa correspondente recuperación ao remate de cada

avaliación.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 75%.

Procedementos: 15%.

Traballo e resolución de exercicios: ata 0,7 puntos. Caderno: ata 0,5 puntos. Plan Lector: ata 0,3 puntos.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos mínimos esixidos para este

curso. De non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

Terán dereito a un exame final aqueles alumnos/as que no curso non acadasen unha cualificación

xeral positiva. Aqueles que durante o curso académico superasen as diversas probas de coñecementos,

non precisarían presentarse a este exame final, agás daqueles que desexen subir cualificación.

Probablemente realizaranse exercicios de recompilación ao final de curso que serán valorados para

o redondeo da nota final.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán dunha convocatoria extraordinaria en setembro.

En canto aos criterios de corrección dos exames sinalar os seguintes puntos:

o En todas as preguntas e apartados das probas escritas, indicarase a puntuación máxima que se

pode obter.

o Nas respostas valorarase a orde e a limpeza. Non se terán en conta explicacións ou resolucións

inintelixibles.

o No caso de usar esquemas ou debuxos, estes deberán ser claros. En caso contrario non serán

puntuados.

o A puntuación máxima darase cando a formulación e a resolución da pregunta sexan correctas.

o Descontaranse 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

CUARTO CURSO DE ESO (XEOGRAFÍA E HISTORIA)

CONTIDOS MÍNIMOS

Ollar a Programación do Departamento, no apartado de porcentaxe de consecución. Os contidos de

cada unidade serán considerados como mínimos, aqueles os que igualen ou superen o 80% de grao de

consecución.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

A avaliación positiva requirirá que:

Os alumnos/as dominen os contidos mínimos sinalados anteriormente.

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será continuo e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

faranse probas específicas: obxectivas escritas; obxectivas orais; debates, postas en común e

exposicións orais.

Ao remate de cada avaliación haberá unha proba de recuperación dos contidos explicados ao longo

da mesma.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 80%.

Procedementos (traballos, resolución de exercicios,…): 10%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos mínimos esixidos para este

curso. De non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Terán dereito a un exame final aqueles alumnos/as que no curso non acadasen unha cualificación

xeral positiva. Aqueles que durante o curso académico superasen as diversas probas de coñecementos,

non precisarían presentarse a este exame final, agás daqueles que desexen subir cualificación.

Probablemente realizaranse exercicios de recompilación ao final de curso que serán valorados para

o redondeo da nota final.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán dunha convocatoria extraordinaria en setembro.

En canto aos criterios de corrección dos exames sinalar os seguintes puntos:

o En todas as preguntas e apartados das probas escritas, indicarase a puntuación máxima que se

pode obter.

o Nas respostas valorarase a orde e a limpeza. Non se terán en conta explicacións ou resolucións

inintelixibles.

o No caso de usar esquemas ou debuxos, estes deberán ser claros. En caso contrario non serán

puntuados.

o A puntuación máxima darase cando a formulación e a resolución da pregunta sexan correctas.

o Descontaranse 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos, os contidos mínimos e os criterios

de avaliación especificados.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS (ÁMBITO SOCIAL 3-4)

CONTIDOS MÍNIMOS

Posto que estamos a falar da ESA e o currículo proposto xa está adaptado a alumnos/as con

necesidades educativas e temporais específicas, considérase que todos os contidos propostos na

Programación Didáctica do Departamento, deben considerarse como contidos mínimos de cualificación

esixibles nestes módulos.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación será inicial e cuadrimestral (final). Para iso teranse presentes as datas propostas pola

Xefatura de Estudos.

A nota de avaliación, analízase do seguinte xeito para cada módulo:

• Conceptos:

O profesor realizará cada cuadrimestre probas específicas: obxectivas escritas, obxectivas orais,

debates, postas en común e exposicións orais. Computará un 75% da nota total da avaliación.

• Procedementos:

Cada cuadrimestre o profesor revisará o traballo e a produción académica dos alumnos/as, sobre

todo o caderno de clase dos alumnos/as onde se rexistrarán todas as actividades da aula. Será valorado

segundo a súa calidade, orde, curiosidade, posta ao día e boa presentación, computando un 15% da nota

da avaliación (do cal un 3% corresponde ao Plan Lector). A data da revisión será acordada polo profesor,

e de non presentalo no seu día terá que xustificarse adecuadamente por escrito.

• Actitude, valores e normas:

Comprenderá un 10% da nota e reflectirá a actitude ou comportamento que teña o alumno/a diante

da materia, diante dos seus compañeiros e diante do profesor.

Ademais do anterior, o profesor terá en conta a realización de todas e cada unha das tarefas ou

investigacións propostas, a calidade do traballo en grupo (participación e colaboración), a atención ás

explicacións da clase (interese e atención persoal), a participación nas postas en común (preguntas e

respostas), a calidade e concentración no traballo persoal (na aula e fóra dela), a calidade dos traballos

de ampliación, etcétera, que terán reflexo na apreciación global e cualificación académica do alumno/a.

Tamén terá en conta a asistencia de forma asidua á clase.

A nota final do módulo, consistirá na media aritmética das cualificacións obtidas en cada apartado.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

Aos alumnos/as avaliados negativamente efectuaránselles as pertinentes probas obxectivas de

recuperación para superar a parte avaliada negativamente, para emendar as deficiencias posibles, e

obter así unha solución satisfactoria.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por módulos que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia.

Os alumnos/as que resultasen avaliados negativamente ao final do cuadrimestre terán que

recuperar nas probas extraordinarias.

FORMACION PROFESIONAL BÁSICA (COMUNICACIÓN E SOCIEDADE)

No presente curso académico, o Departamento de Xeografía e Historia imparte o módulo de

Comunicación e Sociedade correspondente aos niveis de 1º e de 2º de Formación Profesional Básica.

A programación didáctica destas materias haberá que atopalas na páxina que habilita a Consellería

de Educación para tales efectos.

1º CURSO DE BACHARELATO

(HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO)

CONTIDOS MÍNIMOS

Os contidos mínimos reflictense no apartado do % da consecución en cada unidade, indo do 80%

ata o 100% dependendo da súa transcendencia. Aqueles contidos que non acadan o 80% non son

considerados como mínimos esixibles e, polo tanto e aínda que se toquen na aula, este Departamento

considera que non teñen a importancia suficiente para consideralos como mínimos.

Posto que se trata de Bacharelato, o coñecemento dos mínimos esixibles son imprescindibles, por

parte dos discentes, para superar as materias correspondentes.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Para a materia de Historia do Mundo Contemporáneo, empregaranse os seguintes procedementos e

instrumentos de cualificación:

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

a) A análise das producións dos alumnos/as: exercicios, textos escritos... Cando proceda,

comprobarase tamén o traballo de campo ou de investigación sobre algún tema.

b) Debates e postas en común das unidades estudadas.

c) Probas específicas: obxectivas, cuestionarios, test...

d) Autoavaliación e coavaliación cando sexa posible. Empregarase este método na corrección dos

traballos de investigación encomendados ao alumno/a.

A avaliación positiva requirirá que:

Os alumnos/as dominen os contidos mínimos sinalados anteriormente.

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será global, integrador e continuo, constando de 3 avaliacións. En cada

unha delas faranse probas específicas: obxectivas escritas (preferentemente dúas); obxectivas orais;

debates, postas en común e exposicións orais.

Ao remate de cada avaliación haberá unha proba de recuperación dos contidos explicados ao longo

da mesma para os alumnos/as que non superaran a avaliación.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto (1):

Conceptos (exames e probas escritas): 85%.

Procedementos (traballos, investigacións, presentacións, Plan Lector,…): 5%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos mínimos esixidos para este

curso. De non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Todos os alumnos/as teñen dereito a un exame final, tanto os alumnos /as que non acadaran o 5,

como aqueles que queiran mellorar a súa cualificación final.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán da convocatoria extraordinaria en setembro.

A asistencia a clase terase en conta á hora de avaliar a cada alumno/a.

Poderase descontar 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

2º CURSO DE BACHARELATO (HISTORIA DE ESPAÑA)

CONTIDOS MÍNIMOS

Na materia de Historia de España, especifícanse os contidos mínimos que deben superar as/os

alumnas/os. Estes contidos mínimos reflictense no apartado do % da consecución en cada unidade, indo

do 80% ata o 100% dependendo da súa transcendencia. Aqueles contidos que non acadan o 80% non

son considerados como mínimos esixibles e, polo tanto e aínda que se podan tocar na aula, este

Departamento considera que non teñen a importancia suficiente para consideralos como mínimos.

Posto que se trata de 2º de Bacharelato, o coñecemento dos mínimos esixibles son imprescindibles,

por parte dos discentes, para superar esta materia.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Empregaranse os seguintes procedementos e instrumentos de cualificación:

a. A análise das producións dos alumnos/as: exercicios, textos escritos... Cando proceda,

comprobarase tamén o traballo de campo ou de investigación sobre algún tema.

b. Debates e postas en común das unidades estudadas.

c. Probas específicas: obxectivas, cuestionarios, test...

d. Autoavaliación e coavaliación cando sexa posible. Empregarase este método na corrección dos

traballos de investigación encomendados ao alumno/a.

A avaliación positiva requirirá que:

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de participar activamente nos traballos de grupo.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será global, integrador e continuo, constando de 3 avaliacións. En cada

unha delas faranse probas específicas: obxectivas escritas (preferentemente 1 por cada tema); debates,

postas en común e exposicións orais (comentarios de texto).

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 90%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Ao inicio da avaliación seguinte haberá unha proba de recuperación dos contidos explicados ao

longo da avaliación anterior para os alumnos/as que non a superasen.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos esixibles para este curso. De

non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Todos os alumnos/as teñen dereito a un exame final, tanto os alumnos/as que non acadaran o 5,

como aqueles que queiran mellorar a súa cualificación final.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán da convocatoria extraordinaria en setembro.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos e os criterios de avaliación

especificados.

Poderase descontar 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

2º CURSO DE BACHARELATO (HISTORIA DA ARTE)

CONTIDOS MÍNIMOS

Na materia de Historia da Arte, especifícanse os contidos mínimos que deben superar as/os

alumnas/os. Estes contidos mínimos reflictense no apartado do % da consecución en cada unidade, indo

do 80% ata o 100% dependendo da súa transcendencia. Aqueles contidos que non acadan o 80% non

son considerados como mínimos esixibles e, polo tanto e aínda que se podan tocar na aula, este

Departamento considera que non teñen a importancia suficiente para consideralos como mínimos.

Posto que se trata de 2º de Bacharelato, o coñecemento dos mínimos esixibles son imprescindibles,

por parte dos discentes, para superar esta materia.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación positiva requirirá que:

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será global e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

farase unha proba específica que consistirá nun exame baseado no comentario de dúas diapositivas ou

láminas (comentario artístico e dos aspectos socio-culturais e políticos da época) e na realización de

catro preguntas pertencentes ao dicionario de termos artísticos que o alumnado elaborará en cada

trimestre. Terase en conta non só os conceptos ou coñecementos, senón a expresión, relación e orde.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

Valorarase o traballo individual e en grupo realizado diariamente, así como a actitude e o interese

pola materia.

Ao remate de cada avaliación haberá unha proba de recuperación dos contidos explicados ao longo

da mesma.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 90%.

Procedementos (traballos, Plan Lector,…): 5%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 5%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos esixibles para este curso. De

non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán da convocatoria extraordinaria en setembro.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos e os criterios de avaliación

especificados.

Poderase descontar 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

2º CURSO DE BACHARELATO (COÑECE A TÚA CONTORNA)

CONTIDOS MÍNIMOS

Posto que estamos a falar dunha materia de 2º de Bacharelato, os contidos mínimos esixibles serán

a totalidade dos contidos vistos e explicados na aula.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación positiva requirirá que os alumnos e alumnas:

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será global e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

farase probas específicas que consistirán nun exame de cada un dos temas vistos e explicados na aula.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

Valorarase o traballo individual e en grupo realizado diariamente, así como a actitude e o interese

pola materia.

Ao remate de cada avaliación haberá unha proba de recuperación dos contidos explicados ao longo

da mesma. Esta proba levarase a cabo ao comezo da avaliación seguinte, agás a terceira avaliación que,

por falta de tempo real, farase cando quede estipulada a proba final da materia.

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos e contidos (exames e probas escritas): 70%.

Procedementos (traballos de investigación, traballos de campo, exposición dos traballos…): 20%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

No suposto que nunha avaliación non se efectúen traballos de investigación ou de campo, os

criterios de cualificación quedarán da seguinte forma:

Conceptos e contidos (exames e probas escritas): 90%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Farase unha proba final no que serán examinados dos contidos de toda a materia os alumnos/as

que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Aqueles que non recuperaron unha avaliación

examinaranse dos contidos da citada proba suspensa no exame final. Os alumnos/as que teñan que

presentarse a este exame final deberán amosar que acadaron os contidos esixibles para este curso. De

non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame extraordinario de setembro.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán da convocatoria extraordinaria en setembro.

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos e os criterios de avaliación

especificados.

Poderase descontar 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

BACHARELATO SEMIPRESENCIAL

Tanto os obxectivos, contidos, competencias, descritores, subcompetencias, contidos mínimos,

instrumentos de avaliación e material didáctico serán os mesmos estipulados para o bacharelato diurno,

agás a temporalización que, como é lóxico, cambia por mor de horas lectivas que posúe esta modalidade

de bacharelato. Ademais, como se sinala a continuación, especifícanse aqueles cambios referentes aos

criterios de cualificación do alumnado que cambian en relación coa modalidade de diurno.

Pormenorizar os seguintes criterios cualificativos diferentes ao bacharelato diurno:

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

No tocante aos exames, a cualificación mínima esixible para facer media será un 3. Os exames

de contidos suporán o 85% da cualificación final.

Os traballos en clase e os que se manden para realizar na casa (no suposto que se manden

facer), suporán un 5% da cualificación final. No caso que non se manden tarefas ou traballos

para facer na casa, a porcentaxe do 10% engadirase ao apartado de valoración dos exames, o

que suporía un 80% da cualificación total.

A actitude, o comportamento na aula e a asistencia á clase suporá o 10% da cualificación final.

Tamén, ao igual que acontece en diurno, no suposto de ter unha avaliación suspensa cun 4, esta

fará media coas outras avaliacións, de xeito que o alumno/a non terá que ir á recuperación. O exame de

recuperación será en maio ou xuño, dependendo da materia, e o alumno/a presentarase coa/a

avaliación/s suspensas.

Poderase descontar 0,1 puntos por cada falta de ortografía cometidas en cada proba escrita ata un

máximo de 1 punto.

Posto que no presente curso académico non se oferta a materia de Xeografía de España na

modalidade diúrna, a continuación especifícanse os contidos mínimos e os criterios de cualificación desta

materia para o Bacharelato Semipresencial.

PARA A MATERIA DE XEOGRAFÍA (2º CURSO)

CONTIDOS MÍNIMOS

Na materia de Xeografía, especifícanse os contidos mínimos que deben superar as/os alumnas/os.

Estes contidos mínimos reflictense no apartado do % da consecución en cada unidade, indo do 80% ata o

100% dependendo da súa transcendencia. Aqueles contidos que non acadan o 80% non son

considerados como mínimos esixibles e, polo tanto e aínda que se podan tocar na aula, este

Departamento considera que non teñen a importancia suficiente para consideralos como mínimos.

Posto que se trata de 2º de Bacharelato, o coñecemento dos mínimos esixibles son imprescindibles,

por parte dos discentes, para superar esta materia.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

A avaliación positiva requirirá que:

Sexan capaces de desenvolver un traballo diario na clase.

Sexan capaces de elaborar informes pulcros e claros.

Sexan capaces de adquirir o vocabulario específico da materia.

O proceso da avaliación será global e integrador, constando de 3 avaliacións. En cada unha delas

faranse varias probas específicas que consistirán nunha proba escrita de coñecementos onde terán

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

cabida as preguntas teóricas e/ou prácticas. Terase en conta non só os conceptos ou coñecementos,

senón a expresión escrita, relación, orde, ortografía e caligrafía.

Considérase prioritario e fundamental o coñecemento e localización exhaustivo das seguintes

cuestións conceptuais:

Vocabulario específico de xeografía.

Unidades do relevo (cordilleiras, montes, ríos, cabos, golfos...) de España e de Galicia, a súa

correcta ubicación, e a correcta situación das provincias españolas e das Comunidades

Autónomas e as súas capitais, en mapas mudos.

Correcta interpretación e explicación dun mapa meteorolóxico de superficie de isóbaras e de

climogramas diversos que conforman os climas peninsulares.

Características fundamentais e apartados claves de cada unha das unidades temáticas (cada un

deles son remarcados polo docente no intre de ser explicados na aula).

Os criterios de cualificación final do alumno/a en cada avaliación, seguirán o seguinte reparto:

Conceptos (exames e probas escritas): 90%.

Actitude, valores e normas (individual e cara á clase): 10%.

Levarase a cabo o redondeo da cualificación final tendo en conta o esforzo realizado polo alumno/a

e o seu comportamento ao longo das avaliacións e do curso.

Aqueles alumnos/as que non superasen unha avaliación pero que dita cualificación sexa un 4, esta

fará media coas outras dúas avaliacións, de xeito que non terán que presentarse a súa recuperación.

Farase unha proba final en maio na que serán examinados dos contidos de toda a materia os

alumnos/as que teñan suspensas dúas ou tres avaliacións. Nesta proba final, estes alumnos/as,

deberanse examinar mesmo dos contidos superados na avaliación que teñan aprobada. Aqueles que non

recuperasen unha soa avaliación ou tivesen unha cualificación menor de 4 puntos, examinaranse na

proba final de todos os contidos da citada avaliación suspensa. O exame de recuperación será en maio e

o alumando terá que presentarse coa/s avaliación/s suspensas. Tamén, aqueles alumnos/as que desexen

subir nota, o exame será en maio, despois do da recuperación.

Os alumnos/as que teñan que presentarse ao exame final deberán amosar que acadaron os

contidos esixibles para este curso. De non acadar a cualificación positiva terán que presentarse ao exame

extraordinario de setembro.

As faltas de asistencia inxustificadas serán tidas en conta na cualificación global da avaliación. O

mesmo ocorrerá coas faltas de puntualidade inxustificadas, tal e como indica o NOFC, serán

consideradas unha falta de asistencia inxustificada que será computada para a perda de avaliación

continua.

Para aqueles alumnos/as que perderan o dereito á avaliación continua, realizarase outro exame final

dividido por avaliacións que deberán superar independentemente para poder aprobar a materia. De

acadar a cualificación negativa, disporán da convocatoria extraordinaria en setembro.

Departamento de Xeografía e Historia Programación Didáctica 2017-2018

A avaliación realizarase tendo en conta os obxectivos educativos e os criterios de avaliación

especificados.

En canto aos criterios de corrección dos exames sinalar os seguintes puntos:

o En todas as preguntas e apartados das probas escritas, indicarase a puntuación máxima que se

pode obter.

o Nas respostas valorarase a caligrafía, a orde e a limpeza. Non se terán en conta explicacións ou

resolucións inintelixibles.

o No caso de usar esquemas ou debuxos, estes deberán ser claros. En caso contrario non serán

cualificados.