con ce llo de or de s · 2017-07-12 · con ce llo de or de s (a coruÑa) c/. alfonso senra, 108 -...
TRANSCRIPT
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
SRS. CONCELLEIROS do CONCELLO de ORDES
ACTA Nº 5/2017 FOLLA Nº 1
CONCELLO DE ORDES PROVINCIA DE A CORUÑA
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA, CELEBRADA POLO PLENO CORPORATIVO
MUNICIPAL O DIA TRINTA E UN DE MARZO DE DOUS MIL DEZASETE.
En Ordes, a trinta e un de marzo de dous mil dezasete.
No Salón de Sesións da Casa Consistorial, reúnese en primeira convocatoria a
Corporación Municipal en Sesión Ordinaria, baixo a Presidencia de D. José Luis Martínez
Sanjurjo, Alcalde-Presidente, e coa asistencia dos Srs. Concelleiros.
ANA Mª SONEIRA LIÑARES
JOSÉ MANUEL MIRA GÓMEZ
JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ MÉNDEZ
SUSANA GARCÍA GÓMEZ
MANUEL REGOS BOQUETE
SILVIA MARÍN PEREIRO
ROBERTO JESÚS GONZÁLEZ SANTOS
JOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ RAÑA
JOSÉ LUÍS GÓMEZ CANDAL
LUCÍA IGLESIAS MIRÁS
PABLO VIDAL RÍOS
PAULA CASTENDA BLANCO
GONZALO VEIRAS CARNEIRO
BEATRIZ MARTÍNEZ CANDAL
LUIS CAAMAÑO FRAGA
Non asiste:
VERÓNICA GÓMEZ FUENTES
Asiste o Sr. Secretario da Corporación D. Juan Luís González Iglesias, que dá fe do acto.
Aberta a sesión e declarada pública pola Presidencia ás vinte horas, previa comprobación
do quórum de asistencia preciso para que poida ser iniciada, procédese a coñecer dos asuntos
incluídos na orde do día.
PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTAS DAS SESIÓNS
ANTERIORES DE DATAS 14/02/2017, 22/02/2017.
Polo Sr. Alcalde procédese a preguntar aos demais membros da Corporación se teñen
algo que obxectar á acta da sesión extraordinaria de data 14/02/2017, e á acta da sesión
ordinaria de data 22/02/2017, cuxa minuta foi distribuída coa convocatoria, todo isto ó abeiro do
disposto no art. 91 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das
Entidades Locais.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 2
A acta da sesión extraordinaria, de data 14 de febreiro de 2.017, resultou aprobada, en
votación ordinaria, por maioría de dezaseis votos a favor, sendo dezasete o número legal de
membros desta Corporación.
A acta da sesión ordinaria, de data 22 de febreiro de 2.017, resultou aprobada, en votación
ordinaria, por maioría de dezaseis votos a favor, sendo dezasete o número legal de membros
desta Corporación.
PUNTO SENGUNDO: ACEPTACIÓN, SE PROCEDE, RENUNCIA AO CARGO DE
CONCELLEIRA DE Dª. VERÓNICA GÓMEZ FUENTES.
Visto o escrito de data 02/03/2017, rexistro de entrada nº 960, presentado por Dª.
VERÓNICA GÓMEZ FONTES, con DNI nº 79334584V, de renuncia por motivos persoais ao
cargo de concelleira no Concello de Ordes, grupo político mixto-PSdeG-PSOE.
Visto o disposto no art. 9.4 do R. D. 2568/1986, de 28 de novembro.
Visto o disposto no art. 182.1 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño.
Vistos os escritos de data 14/03/2017, rexistro de entrada nº 1303 e 1304, presentados por
D. ANTONIO MORÁN FREREIRO, con DNI nº 33850770Z e Dª MARÍA do CARMEN
ARCOS ANTON, con DNI nº 02877834M, candidatos nº 3 e nº 4 respectivamente da
Candidatura nº 1: PSdeG-PSOE (BOP nº 78, de data 28/04/2015. Circunscrición electoral
Ordes), eleccións municipais convocadas por R.D. 233/2015, comunicando a súa renuncia
expresa a que se lle atribúa o escano vacante atendendo á súa orde de colocación.
Visto o escrito de data 14/03/2017, rexistro de entrada nº 1305, presentado por D.
ALEJANDRO MANTEIGA GARCÍA, con DNI nº 79328744L, candidato nº 5 da Candidatura
nº 1: PSdeG-PSOE (BOP nº 78, de data 28/04/2015. Circunscrición electoral Ordes), eleccións
municipais convocadas por R.D. 233/2015, comunicando a súa aceptación expresa a que se lle
atribúa o escano vacante atendendo á súa orde de colocación.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal en votación ordinaria, por
maioría de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo político
BNG, Sra. Martínez Candal e Sr. Caamaño Fraga), sendo dezasete o número legal dos seus
membros, adoptou o seguinte acordo:
1º.- Aceptar a renuncia ao cargo de concelleira no Concello de Ordes, grupo político
mixto-PSdeG-PSOE de Dª. VERÓNICA GÓMEZ FONTES, con DNI nº 79334584V.
2º.- Remitir copia do presente acordo á Xunta Electoral Central para a expedición da
credencial para a toma de posesión como concelleiro do Concello de Ordes de D. ALEJANDRO
MANTEIGA GARCÍA, con DNI nº 79328744L, candidato nº 5 da Candidatura nº 1: PSdeG-
PSOE (BOP nº 78, de data 28/04/2015. Circunscrición electoral Ordes), eleccións municipais
convocadas por R.D. 233/2015
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 3
PUNTO TERCEIRO: INFORMES DA ALCALDÍA.
Polo Sr. alcalde dáse conta das actuacións seguintes:
Liquidación do orzamento 2016. Aprobada mediante decreto de 16 de marzo de 2016 e
previo informe de intervención municipal. As magnitudes máis salientables son o resultado
orzamentario é positivo por importe de 901.000,00 euros. O remanente de tesourería para gastos
xerais é positivo por importe de 1.031.000,00 euros. O aforro neto legal é positivo por importe
de 1.375.000,00 euros. O resultado da avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria na
liquidación dos orzamentos municipais exercicio 2016 cumpre o obxectivo da estabilidade
orzamentaria ao presentar un superávit de 824.000,00 euros. Dáse cumprimento da regra de
gasto, cumprimento do límite de débeda e cumprimento do período medio de pagamento. O
período medio de pagamento da débeda comercial a 31 de decembro de 2016 en -6,24 días.
Os Srs. Concelleiros danse por decatados.
PUNTO CUARTO: RATIFICACIÓN, SE PROCEDE, ACORDO XUNTA DE
GOBERNO LOCAL, DE DATA 17/03/17, AGRUPACIÓN ENTRE O CONCELLO DE
FRADES E O CONCELLO DE ORDES PARA COLABORAR NO
DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DUN PROGRAMA MIXTO DE EMPREGO E
FORMACIÓN: “OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DE ORDES-FRADES II”.
Visto o acordo da Xunta de Goberno Local, de data 17/03/2017, de creación dunha
agrupación entre o Concello de Frades e o Concello de Ordes para colaborar no
desenvolvemento conxunto dun programa mixto de emprego e formación: “Obradoiro de
Emprego Concello de Ordes-Frades II”, e encomenda de xestión do proxecto ao Concello de
Ordes.
Vista a Orde 08/02/2017 (DOG nº 44, de data 03/03/2017), pola que se establecen as bases
reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas
mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa
convocatoria para o ano 2017.
Visto o disposto nos arts. 1, 3 e 18 de a Orde de 08/02/0217.
Visto o disposto nos arts. 25 e 57 da Lei 7/1985, de 2 de abril, arts. 80 e 86.1 da Lei
5/1997, de 22 de xullo e art. 4 do R.D. Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro.
Visto o disposto no art. 11 da Lei 40/2015, de 1 de outubro.
Visto o ditame da Comisión Informativa Permanente de persoal, réxime interior,
seguridade cidadá, servizos e traballo.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo
político BNG, Sr. Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal dos
seus membros, adoptou o acordo seguinte:
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 4
Ratificar o acordo da Xunta de Goberno Local, de data 17/03/2017, de creación dunha
agrupación entre o Concello de Frades e o Concello de Ordes para colaborar no
desenvolvemento conxunto dun programa mixto de emprego e formación: “Obradoiro de
Emprego Concello de Ordes-Frades II”, e encomenda de xestión do proxecto ao Concello de
Ordes.
PUNTO QUINTO: APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, ALTERACIÓN
CALIFICACIÓN XURÍDICA BENS DE DOMINIO PÚBLICO.
Expediente de alteración da calificacion xurídica como ben de dominio publico (camiño
público).
Visto o disposto no art. 8.2 del R. D. 1372/1986, de 13 de xuño.
Visto o ditame favorable da Comisión informativa permanente de urbanismo, obras e
tráfico.
Aberto o debate prodúcense as intervencións seguintes.
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que sinala que non se opoñen a
esta alteración. Debe darse conta aos veciños afectados para que poidan alegar se se consideran
agraviados.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que a alteración do camiño público é pedida polos
propios veciños, foron eles os que se dirixiron ao Concello para buscarlle unha solución a este
camiño.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que sinala que a alteración da
calificación do camiño na Maquía, cando se fixo a rolda leste quedou completamente partido xa
que ía dende a Maquía á Gorita. A día de hoxe deixou practicamente de existir. Cree que incluso
esta chanzado. Están a favor xa que a día de hoxe este camiño non ten moita razón de ser.
Intervén o Sr. González Santos, en representación do grupo político UxO, que sinala que
como dixeron na Comisión Informativa están de acordo.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría absoluta de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3
grupo político BNG, Sr. Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número
legal dos seus membros, adoptou o acordo seguinte:
1.- Aprobar inicialmente o expediente de alteración da cualificación xurídica como ben de
dominio público, uso público, cualificándoo como ben patrimonial, do camiño público que
discorre entre o camiño de A Gorita a A Rúa e a rolda Leste, entre as fincas catastrais
9905101NH4790N0001GL, 15060A504003150000LL, 15060A513013640000LY,
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 5
15060A504003140000LP, 15060A504020840000LS, 15060A504003130000LQ, en Lg. A
Maquía, Buscás, Ordes, de 1.101,00 m2 de superficie.
2.- Abrir un trámite de información pública, por prazo dun mes, a contar desde o día
seguinte ao de publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os
interesados poderán consultar o expediente na Secretaría Municipal e presentar as reclamacións
que consideren oportunas.
No caso de que non se presente reclamación algunha, entenderase definitivamente
adoptado o acordo ata entón provisional.
Expediente de alteración da calificacion xurídica como ben de dominio publico (edificio
Local Social de Ordes).
Visto o disposto no art. 8.2 del R. D. 1372/1986, de 13 de xuño.
Visto o ditame favorable da Comisión informativa permanente de urbanismo, obras e
tráfico.
Aberto o debate prodúcense as intervencións seguintes.
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que sinala que na proposta de
convenio que se lles remitiu fálase dun período de cesión de cesión de dez anos, non se
menciona que se van a facer cargo dos custes de luz e auga, tampouco das obras de
acondicionamento a realizar. Non está en contra pero deberíase facer público por si hai algunha
outra asociación interesada nun convenio así.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que sinala que a proposta de
convenio que se lles achegou non é o que se vai a asinar definitivamente, é unha proposta da
propia asociación. Sen dispor do convenio que se pretende asinar, sen dispor desa información
non poden votar favorablemente a este punto. A súa postura será a abstención.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que sinala que está de
acordo coa intervención do voceiro do BNG. A maiores o convenio fala de que a selección das
persoas que participen no centro será por conta da Asociación. Fala de vinte e dous usuarios, en
Ordes dez casos, pero son oito, dous foron pedir información pero non están en ningún
programa. Ven eivas que se poderían subsanar. É un local municipal. Tamén cree que habería
que falar coas demais asociacións que temos en Ordes con discapacitados. Andaina é unha das
catorce asociacións que pertencen a FEAFES, non tes por que estar integrado nunha delas. Hai
moitas persoas cunha discapacidade que acceder a un centro de formación ocupacional lles pode
vir ver para a súa integración laboral. Tendo en conta o período de dez anos que propoñen, so
para dez persoas en Ordes, a unha Asociación cun perfil. Esa escola se pode adaptar para que a
poidan empregar outras persoas con diversidade funcional que non pertencen a Andaina.
Habería que ver o texto final do convenio. O seu voto tampouco pode ser favorable.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 6
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que como xa se dixo na Comisión Informativa este é un
borrador. Os compromisos con Andaina é que o texto do convenio se axustaría polo Secretaria,
un prazo de cinco anos, asumindo os gastos de funcionamento e o compromiso de compartir
coas demais asociacións. Son dez prazas pero non quere dicir que non poida haber máis
usuarios. Dan varias quendas ao longo do día. O problema que hai é que esta asociación teñen
concedida unha subvención que poden perder se non se asina o convenio e teñen a
dispoñibilidade do ben para poder acometer as obras que consistirían na instalación dun
ascensor e rehabilitación de tres cuartas partes do edificio. Independentemente de que se
absteñan comprométese a que todo o que aquí se esta a dicir e que esta falado con eles se recolla
no convenio.
Polo Sr. Secretario informase que para adopción dun acordo favorable é necesaria a
maioría absoluta dos membros da corporación.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se non se adopta un acordo favorable non se vai a
poder tramitar o expediente de cesión do ben, non van a poder executar as obras no prazo da
subvención, para eles é urxente. O compromiso de compartir xa o viñan facendo ata o de agora,
coas Amas de Casa, cos do Club Motor, non teñen ningún tipo de inconvinte. A parte esquerda
do edificio esta libre para seguir sendo utilizada por Adiscordes, as Amas de Casa. Van a
utilizar tres cuartas partes do edificio, marxe dereita e as de arriba, as que quedaron pendentes
de rehabilitar polo Obradoiro de Emprego.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que solicita que se faga un
receso para que se xunten os voceiros e falen deste punto.
Polo Sr. Alcalde ao abeiro do establecido no art. 41.5 do Regulamento Orgánico municipal
interrompe a sesión para permitir a deliberación dos grupos políticos sobre a cuestión obxecto
de debate, sendo as vinte horas e dezaseis minutos.
Sendo as vinte horas e vinte e cinco minutos reanúdase a sesión.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que despois de reunidos os voceiros dos grupos políticos
e a Sra. Martínez Candal, van a votar a favor da alteración da calificación xurídica deste ben
inmoble coa condición de que se elabore un texto dun convenio no que se recollan os seguintes
compromisos. Andaina vai a compartir o espazo cedido con outras asociacións. Que o período
de cesión sería de cinco anos. Que os gastos de funcionamento sería pola súa conta e que o
concello participaría no proceso de selección das persoas participantes no centro de formación
ocupacional. Hoxe acordaríase a alteración da calificación xurídica e non se asinaría o convenio
sen o visto bo de todos os grupos políticos ao texto do mesmo.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría absoluta de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3
grupo político BNG, Sr. Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número
legal dos seus membros, adoptou o acordo seguinte:
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 7
1.- Aprobar inicialmente o expediente de alteración da cualificación xurídica como ben de
dominio público, servizo público, cualificándoo como ben patrimonial, edificio Local Social de
Ordes:
Ben INM59137, rúa Galicia, 29, Ordes.
Finca catastral: 8798608NH4689N0001JW.
Superficie: 414,12 m2.
2.- Abrir un trámite de información pública, por prazo dun mes, a contar desde o día
seguinte ao de publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, durante o cal os
interesados poderán consultar o expediente na Secretaría Municipal e presentar as reclamacións
que consideren oportunas.
No caso de que non se presente reclamación algunha, entenderase definitivamente
adoptado o acordo ata entón provisional.
PUNTO SEXTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA.
En cumprimento do disposto no art. 42 do Regulamento de Organización, Funcionamento
e Réxime Xurídico das Entidades Locais, a Presidencia da conta das resolucións e decretos de
Alcaldía adoptados dende a última sesión ordinaria celebrada o día 22 de febreiro de 2.017, para
que os Srs. Concelleiros coñezan o desenvolvemento da administración municipal, aos efectos
de control e fiscalización dos órganos municipais de goberno, previsto no art. 22.2.a da Lei
7/1985 de 2 de abril e art. 42 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das Entidades Locais.
O Pleno Corporativo Municipal dáse por decatado.
PUNTO SÉTIMO: MOCIÓNS.
Concluído o exame dos asuntos incluídos na orde do día e antes de pasar á quenda de
rogos e preguntas o Sr. Alcalde pregunta se algún grupo político desexa someter á consideración
do Pleno por razóns de urxencia algún asunto non comprendido na orde do día que acompañaba
a convocatoria nos termos establecidos no art. 34.2 do Regulamento Orgánico Municipal e que
non teña cabida no punto de rogos e preguntas.
Polos grupos políticos preséntanse as mocións seguintes.
Intervén a Sra. Martínez Canal, concelleira non adscrita, que formula a moción que se
transcribe a continuación:
“Na estrada nacional 550 é altura do Qm 33 existe un cambio de sentido que da servicio
aos veciños da zona de Queirúa e de Buscás, ademáis de ser este vial entrada de unha das
grandes empresas de Ordes como é Internaco.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 8
Na actualidade e dende fai anos o estado do vial de servicio (excepto na ponte) encóntrase
en moi mal estado, dun xeito máis acentuado na marxe de Interncao, pero que tamén é visible na
outra marxe (zona de entrada ao Conde).
Este vial de servicio pertence ao Ministerio de Fomento.
E polo que propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
acordo:
1.- O Concello de Ordes solicitará ao Ministerio de Fomento a mellora dos viais de
servicio da estrada N550 no Qm 33 na zona de cambio de sentido, mediante aglomerado en
quente ou outra solución que garanta un vial en bo estado no tempo”.
2.- O Concello de Ordes pide que se considere ademáis a posibilidade de canalización de
pluviais no vial de servicio na marxe da empresa Internaco xa que coidamos que o mal estado
do vial desta marxe se debe á carencia desta canalización”
Sometida a votación a urxencia da moción presentada, esta resultou apreciada por maioría
de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo político BNG, Sr.
Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal de membros desta
corporación, procedendo seguidamente o seu debate e votación.
Aberto o debate prodúcense as intervencións seguintes.
Intervén a Sra. Castenda Blanco, en representación do grupo político BNG, que sinala que
están de acordo con esta moción. O BNG leva demandando o arranxo desta vía dende o ano
2013. Trouxeron un rogo en outubro de 2013, outro en maio de 2014, outro en setembro de
2015 e o último en xullo de 2016. En xullo de 2016 contestóuselles que non tiveran resposta de
Fomento. Pregunta se seguen sen ter resposta.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que na última visita que fixo á Demarcación se
analizaron todos e cada un destes puntos tanto a altura da Reboira, o tramo de estrada
abandonada antes de chegar ao Mesón do Vento, os problemas coas beirarrúas en Castrelos, as
zonas en Internaco, nas Casillas, Guindiboo, Montaos. A resposta é a de sempre, necesitan
dotación orzamentaria para poder facer estas actuacións. Seguen esperando por peticións que
foron demandadas en moitas ocasións por case todos os grupos, por anteriores gobernos.
Podemos seguir insistindo. O que nos din e que as actuacións se van facendo segundo teñen
dotación orzamentaria, neste momento non a teñen, seguen a espera. Todas estas reclamacións
foron trasladadas no seu momento.
Intervén a Sra. Castenda Blanco, que sinala que é o PP o que esta gobernando, debe seguir
a presionar o máximo posible por que tamén están en Madrid, poden presionar máis. Parécelle
ben que se traia esta moción ao Pleno pero a Sra. Martínez Candal no ano 2015 e no ano 2016
estaba no goberno, gustaríalle saber que tipo de presións, de accións fixo para que se
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 9
solucionase este problema que o BNG leva demandando dende fai catro anos. Están de acordo
cos dos puntos da proposta de acordo.
Intervén a Sra. Martínez Candal, que sinala que en Fomento so estivo unha vez e foi antes
da moción do BNG. Non tiña constancia desta petición ata que un veciño llo veu a recalcar.
Intervén a Sra. Castenda Blanco, que sinala que a trouxeron ao pleno no 2015 e 2016.
Intervén a Sra. Martínez Candal, que sinala que cando foi a Fomento levou unha lista de
todo o que había, foi en xullo ou agosto, no tiña constancia da súa petición, aínda non se tiña
presentado. Isto despois é algo do que se encargou o Alcalde persoalmente, non o levaba ela,
tampouco tiña moita maneira de facer presión.
Intervén o Sr. González Santos, en representación do grupo político UxO, que sinala que
están a favor. Se en Fomento non hai cartos o Concello pode arranxar un pouco se hai moita
falta, do outro lado onde están as casas fai uns anos o Concello fixo un pequeno arranxo.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que a Sra. Martínez Candal como todos era coñecedora
destas peticións por que se deu traslado dos acordos do pleno. Estando ela no goberno sempre se
tratou de solucionar todas as necesidades. As administracións toman os acordos que toman. É
certo que algunhas das vías de servizo se conseguiron arranxar por que se estivo enriba deles,
especialmente polo Sr. Méndez Rodríguez, coa empresa que fixo a obra dende rotonda ata
Santiago. Non foi tan fácil coa empresa que fixo a obra dende a rotonda do polígono ata A
Coruña. Esta pista ten necesidade de melloras. É moi lícita a proposta do Sr. González Santos,
habería que solicitarlle autorización ao titular da vía. Hai que analizala no futuro. A día de hoxe
esta sen arranxar, o Xefe da Demarcación é coñecedor. A actuación é necesaria por que é onde
ten previsto rematar a variante da N550 se algún día se chega a executar.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo
político BNG, Sr. Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal dos
seus membros, adoptou o seguinte acordo:
1.- O Concello de Ordes solicitará ao Ministerio de Fomento a mellora dos viais de
servicio da estrada N550 no Qm 33 na zona de cambio de sentido, mediante aglomerado en
quente ou outra solución que garanta un vial en bo estado no tempo”.
2.- O Concello de Ordes pide que se considere ademáis a posibilidade de canalización de
pluviais no vial de servicio na marxe da empresa Internaco xa que coidamos que o mal estado
do vial desta marxe se debe á carencia desta canalización.
Intervén a Sra. Martínez Canal, concelleira non adscrita, que formula a moción que se
transcribe a continuación:
“Segundo o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, no cal se aprobou o
Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades Locais, no
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 10
capítulo (Funcionamento da Comisión de Goberno), no seu artigo 113 apartado b) di o seguinte:
As sesións de Comisión de Goberno non serán públicas, sen prexuízo da publicidade e
comunicación ás Administracións Estatal e Autonómica dos acordos adoptados. Ademáis, no
prazo de dez días deberá enviarse a todos os membros de Corporación copia da Acta".
Na actualidade e dende que formo parte da corporación, veño observando como as actas
son enviadas de xeito irregular, non cumprindo a o establecido na citada Lei. Chegando a ter
retrasos nas entregas de dous a tres meses, e enviando as mesmas por lotes mensuais no canto
de enviar cada acta no seu debido prazo.
Con respecto aos Decretos e Resolucións de Alcaldía, que levo percibindo desde que
formo parte da corporación como concelleira non adscrita en cada sesión plenaria, cabe destacar
que tamén deben ser enviados aos compañeiros de goberno e non só ós compañeiros da
oposición, xa que deben ser coñecidas por todos os concelleiros da corporación as resolucións
que o Alcalde tomase dende a anterior sesión plenaria tal e como indica o Artigo 42 da mesma
Lei.
Os únicos motivos desta proposta, son a de fortalecer a confianza dos veciños nas
institucións promovendo a transparencia e o bo goberno como un compromiso adquirido por
todos os concelleiros.
É polo que propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal en aras de impulsar a
transparencia da xestión no Concello a adopción do seguinte acordo:
1.- As Actas de cada Xunta de Goberno Local serán remitidas a todos os concelleiros no
seu debido prazo, é dicir 10 dias.
2.- As resolucións de Alcaldía serán entregadas ademáis de aos concelleiros da oposición,
tamén aos que forman parte do goberno.
3.- Publicar as Actas de Xunta de Goberno Local na páxina Web do Concello de Ordes, do
mesmo xeito que se publican as Actas de Sesións Plenarias.
4.- Publicar as Resolucións de Alcaldía na páxina Web do Concello de Ordes, do mesmo
xeito que se publican as Actas de Sesións plenarias.”
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que con respecto ao primeiro punto xa fixo unha
petición similar o BNG. O Secretario dixo que vai a tratar de cumprir co prazo dos dez días. A
segunda parte do acordo non procede, esta decisión correspóndelle aos membros do goberno, as
actas están a súa disposición. De acordo coa publicación as actas da Xunta de Goberno na
páxina web. Eliminaranse os datos de carácter persoal. As resolucións de Alcaldía non se vai a
proceder a súa publicación como tampouco o fai a Deputación Provincial, nin ningún concello.
Pide que se retiren os puntos segundo e cuarto.
Intervén a Sra. Martínez Candal, que sinala que retira os puntos segundo e cuarto.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 11
Sometida a votación a urxencia da moción presentada, esta resultou apreciada por maioría
de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo político BNG, Sr.
Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal de membros desta
corporación, procedendo seguidamente o seu debate e votación.
Aberto o debate prodúcense as intervencións seguintes.
Intervén a Sr. Caamaño Fraga, concelleiro non adscrito, que presenta unha emenda de
engádego que di: Polo Concello farase pública en forma e tempo a información a que fai
referencia o apartado a) do punto primeiro do artigo 8 da Lei 19/2013, de 9 de decembro.
Intervén o Sr. Secretario, que sinala que todos os contratos cuxa contratación se fai con
publicidade toda a información xa se están publicando, non se están a publicar os contratos
menores e procedemento negociado. Os datos económicos e orzamentarios hai que falalo co
interventor. Cumprirase o que di o artigo.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se cumprirá co que establece a lei.
Intervén a Sra. Martínez Candal, que sinala que acepta a emenda.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que sinala que é algo co que
están a favor, é algo que se ten debatido no pleno en máis ocasións. Levábamos tres meses de
retraso nas actas, ante dos pleno enviáronse dous meses. Algo xa se conseguiu. Intentar que as
actas vaian chegando en tempo e forma para que se poida controlar en tempo e forma
adaptándose aos prazos que establece a lexislación.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que sinala que están de
acordo coa moción presentada e coa emenda.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo
político BNG, Sr. Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal dos
seus membros, adoptou o seguinte acordo:
1.- As Actas de cada Xunta de Goberno Local serán remitidas a todos os concelleiros no
seu debido prazo, é dicir 10 dias.
2.- Publicar as Actas de Xunta de Goberno Local na páxina Web do Concello de Ordes, do
mesmo xeito que se publican as Actas de Sesións Plenarias.
3.- Publicar en forma e tempo a información a que fai referencia o apartado a) do punto
primeiro do artigo 8 da Lei 19/2013, de 9 de decembro.
Intervén o Sr. Veiras Carneiro, en representación do grupo político BNG, que formula a
moción que se transcribe a continuación:
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 12
“O pasado 16 de febreiro, os dous médicos asignados ás gardas do Punto de Atención
Continuada de Ordes tiveron que saír do centro para atender unhas urxencias, polo que o PAC
estivo durante máis de 3 horas sen médicos que puidesen atender os pacientes que ían chegando
ata o centro.
Durante ese espazo de tempo, no que o PAC de Ordes non contaba con médicos, chegou
unha ambulancia do 061 requirindo un médico, a cal, ante a falta de facultativos que puidesen
atender o paciente, emprende camiño hacia Santiago. O que mostra unha falla de coordinación
evidente nos servizos de emerxencias sanitarias.
Certamente, non é a primeira vez que se da esta situación no PAC de Ordes, que durante
un tempo máis ou menos prolongado queda sen médicos, unha situación que non resulta
admisible e que provoca enormes molestias os pacientes que acoden ás urxencias.
Cabe recordar que o PAC de Ordes atende á cidadanía de Trazo, Tordoia, Ordes, Frades,
Mesía e mesmo de algúns pacientes de Oroso.
E polo que propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
acordo:
1.- Instar á Consellería de Sanidade a que adopte as medidas oportunas para que esta
situación, a de falta de médicos no centro, na medida do posible non se volva repetir no PAC de
Ordes.
2.- Instar á Consellería de Sanidade para que se leven a cabo as accións correctoras
precisas para evitar erros na coordinación dos servizos de emerxencias.
3.- Se informe á Corporación Municipal de Ordes, por parte da Consellería de Sanidade,
das medidas adoptadas”.
Sometida a votación a urxencia da moción presentada, esta resultou apreciada por maioría
de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo político BNG, Sr.
Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal de membros desta
corporación, procedendo seguidamente o seu debate e votación.
Aberto o debate prodúcense as intervencións seguintes.
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que sinala que o Sergas situouse
como a administración pública con maior volume de protestas cidadáns, sobre un 30% das
queixas da administración. Levamos vendo anos que algo faia é o único que preocupa á
Consellería é a contención do gasto en sanidade e pola contra observamos como non se fai nada
por mellorar a atención ao paciente. Esta de acordo en conter o gasto, pero é clave unha
reorganización do sistema e tomar medidas para erradicar dunha vez por todas as dichosas
esperas que todos acabamos sufrindo antes ou despois. É incuestionable que o sistema público
de saúde constitúe un dos piares fundamentais do estado do benestar polo que cabe coidar del.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 13
Estamos a falar dun ámbito tan sensible como o sistema público de saúde. Esta de acordo con
esta proposta que propón a adopción de medidas para mellorar a calidade da PAC de Ordes.
Intervén o Sr. Regos Boquete, en representación do grupo político UxO, que sinala que
están de acordo coa moción. Non saben o caso concreto que pasou o día dezaseis. Como
empregado do Sergas non vai a falar da súa situación. Cree que están actuando en consecuencia.
Como humanos e por falta de medios as veces pasan estas cousas. O 061 coordina os medios,
ten que ser un caso moi urxente para que todos os médicos salgan e non que de ninguén no
centro. Están de acordo en que hai que reclamar para que haxa máis medios e servizos para que
non volva a ocorrer isto.
Intervén a Sra. García Gómez, en representación do goberno municipal, que sinala que
están de acordo en que os servizos que preste o Sergas sexan eficaces e eficientes. Consultaron
este problema e non é certo que estiveran tres horas, foron cincuenta e dous minutos. Transmite
as razóns polas que neses cincuenta e dous minutos non houbo médico. As urxencias estiveron
plenamente xustificadas xa que foron mobilizadas polo 061 que é o responsable das urxencias e
emerxencias na nosa Comunidade Autónoma, por dúas solicitudes de asistencia urxente por mor
do traslado foron coincidentes nun tramo horario. A primeira saída efectuouse ás 21:00 horas a
un domicilio de Ordes para atender unha urxencia que precisou estabilización e posteriormente
traslado ao CHUS de onde volveu a médico de familia ás 23:54 horas. A segunda saída foi ás
23:02 tamén polo 061 para atender unha urxencia na vía pública no contexto dun accidente co
regreso efectivo ao PAC de Ordes ás 01:22 horas do día 17 de febreiro, o paciente tamén
requiriu traslado ao CHUS. As dúas facultativas estiveron ausentes do PAC durante cincuenta e
dous minutos e por causas e patoloxías debidamente xustificadas e priorizadas. Durante a
ausencia destas facultativas do PAC é o 061 o que asume a responsabilidade do mesmo no
sentido de proporcionar, se fose o caso, atención urxente ou de emerxencias ás persoas que
demandasen asistencia nese PAC. A comunicación, colaboración e coordinación foi exquisita,
os recursos humanos son os axeitados para as necesidades poboacionais actuais do servizo de
atención primaria de Ordes. Dende o goberno municipal calquera mellora nos servizos médicos
de Ordes van a seguir procurando por eles.
Polo Sr. Alcalde ábrese unha segunda quenda de intervencións
Intervén o Sr. Veiras Carneiro, en representación do grupo político BNG, que sinala que
lle gustaría saír deste pleno menos preocupado do que sae. Ou é que os pacientes que
presentaron as reclamacións están a mentir, non foron cincuenta e dous minutos, foron
aproximadamente tres horas. A reclamación pon dende as sete e media ata as once que foi
atendida. Na contestación que recibiron os pacientes non se puxo en dúbida o horario que eles
indicaban.
Intervén a Sra. García Gómez, que sinala que estamos a falar dunha marxe horaria
totalmente diferente. O que trasladou foi o que contestou o Sergas. Non falan das sete da tarde.
Intervén o Sr. Veiras Carneiro, en representación do grupo político BNG, que sinala que
as dúas reclamacións presentadas polas persoas que se achegaron a eles foron ás oito da tarde.
Había nove persoas esperando atención e non había médicos. Máis tarde chegou unha
ambulancia do 061 preguntando por un médico e a contestación do celador foi que non hai
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 14
médicos e o técnico da ambulancia puxo camiño para Santiago. Non dubida da profesionalidade
do 061, dos médicos, que estaba xustificada a saída do PAC, é evidente que hai unha falta de
coordinación. Pide que a Consellería de Sanidade dea máis aclaracións. Non coincide a
argumentación dos pacientes que estiveron alí, non teñen razón para mentir, co que esta a
informar a Consellería.
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que sinala que é evidente que
hai unha falta de coordinación, non di todos os días. Todos temos sufrido este tipo de cousas
cando imos ao médico. Está de acordo coa proposta.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que sinala que o 061 está a
funcionar ben. Van a apoiar a moción para mellorar a atención. Os veciños que asinaron as
queixas non as asinaron en balde.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que non dubida das queixas dos pacientes, hai que darlle
unha marxe de confianza ao informe que se lles fixo chegar. Van a preocuparse por esta
situación. Pide que se lle entregue unha copia das reclamacións para facelas chegar á
Consellería. Van a sumarse a este acordo.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo
político BNG, Sr. Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal dos
seus membros, adoptou o seguinte acordo:
1.- Instar á Consellería de Sanidade a que adopte as medidas oportunas para que esta
situación, a de falta de médicos no centro, na medida do posible non se volva repetir no PAC de
Ordes.
2.- Instar á Consellería de Sanidade para que se leven a cabo as accións correctoras
precisas para evitar erros na coordinación dos servizos de emerxencias.
3.- Se informe á Corporación Municipal de Ordes, por parte da Consellería de Sanidade,
das medidas adoptadas.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que formula a moción que se
transcribe a continuación:
“A Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 leva loitando por esclarecer as circunstancias
nas que se produciu o desgraciado accidente do tren Alvia 04155 con destino a Santiago de
Compostela o 24 de xullo de 2013. Neste accidente morreron 81 persoas e resultaron feridas
outras 145, converténdose no accidente ferroviario mais grave da historia da democracia no
estado español. Dita Plataforma constituíuse coa intención de reivindicar a verdade e xustiza no
sentido amplo, esixindo tamén responsabilidades políticas, polos feitos que rodearon ao
mencionado sinistro.
Un acontecemento tan grave non pode nin debe ficar no esquecemento das institucións
públicas e dos responsables políticos, e por elo é preciso procurar as causas e as
responsabilidades penais e políticas que puideran derivarse de dito accidente ferroviario.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 15
Á marxe das investigacións xudiciais e as responsabilidades penais que poidan derivarse
das mesmas, as vítimas sempre reivindicaron a apertura dunha Comisión de Investigación
Parlamentar para depurar as responsabilidades políticas e nun exercicio de responsabilidade é
preciso dar o noso apoio a esta iniciativa.
A Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 denunciou en reiteradas ocasións a falta de
sensibilidade das autoridades e unha incomprensible situación de indefensión que viola os seus
dereitos máis básicos como vítimas e familiares deste terrible acontecemento.
Con esta moción non podemos reparar o dano inmenso que estas persoas sufriron, non
podemos facer xustiza, nin esclarecer a verdade do acontecido, pero a través do consenso entre
tódolos partidos políticos con representación municipal, nun acto de responsabilidade e
compromiso, contribuímos a recoñecer e dignificar as vítimas e familiares do accidente
ferroviario Alvia 04155.
E polo que propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
acordo:
1.- O Pleno da corporación municipal de Ordes, amosa o seu total apoio á plataforma de
vítimas do Alvia-04155.
2.- O Pleno da corporación municipal de Ordes, solicita ao Goberno do Estado a que
encargue a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido.
3.- O Pleno da corporación municipal de Ordes, solicita ao Goberno do Estado a apertura
dunha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles
responsabilidades políticas.
4.- Dar conta e facer chegar unha copia do presente acordo ao Goberno do Estado”.
Sometida a votación a urxencia da moción presentada, esta resultou apreciada por maioría
de dezaseis votos a favor (6 grupo político UxO, 5 grupo político PP, 3 grupo político BNG, Sr.
Caamaño Fraga e Sra. Martínez Candal), sendo dezasete o número legal de membros desta
corporación, procedendo seguidamente o seu debate e votación.
Aberto o debate prodúcense as intervencións seguintes.
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que sinala que a Axencia
Ferroviaria Europea emitiu un informe encargado pola Comisión Europea no que se concluíu
que a investigación realizada en España pola Comisión de Investigación de Accidentes
Ferroviarios non foi independente e nela so se abordaron elementos clave. O informe indica que
Renfe Operadora e Adif forman parte do equipo de investigación o cal xera un conflito de
intereses. A Comisión de Investigación foi realizada por un equipo que incluía persoal de
organizacións directamente implicada no accidente. Pon en dúbida a neutralidade de Ineco a
empresa encargada de revisar a seguridade da liña. O informe conclúe que se incumpriu a
directiva europea de seguridade ferroviaria. O sistema de seguridade a empregar en cada tramo
é decidido por Adif entidade pública dependente do Ministerio de Fomento. A adecuación dos
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 16
trens aos sistemas instalados nas liñas ferroviarias a realiza Renfe Operadora. No punto do
accidente empregábase o sistema ASFA o cal está instalado en toda a rede nacional dende 1972.
Segundo as caixas negras un minuto antes do accidente o sistema ASFA emitiu unha sinal
acústica de vía libre, semáforo en verde, que indica circulación normal sen requirir acción
ningunha do maquinista. Outros accidentes ferroviarios en España de anos recentes nos que
unha sinala errónea de vía libre estivo tamén implicada foron os de Arévalo 2010, Villada 2006,
Chinchilla 2003 e Huarte-Araquil 1997. O Presidente de Adif nunha entrevista televisada catro
días despois recoñeceu que se podía ter evitado o sinistro substituíndo o sistema ASFA polo
sistema ERTMS, máis avanzado que o ASFA, que está deseñado para avisar ao maquinista das
limitacións de velocidade e impón a obriga de frear, e de non facelo por erro humano ou outros
o sistema frearía co freo de servizo, se este non fose suficiente o faría co freo de urxencia. Os
Alvias por problemas de compatibilidade co sistema ERTMS seguen a utilizar o sistema ASFA.
A loita da plataforma de vítimas do Alvia non debe que dar no esquecemento, tampouco os
responsables de non ter implantado un sistema totalmente seguro como o recomendado pola
Axencia Ferroviaria Europea polo que manifestamos o noso apoio á moción presentada polo
BNG.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que sinala que resulta
chamativo que unha liña como a 082 entre Ourense e Santiago de Compostela nas que está
autorizado que circulen se sitúan entre os 100 e 220 Qm/hora non dispoña de un segundo nivel
de protección que cubra a posibilidade de que o maquinista non atenda ás necesidades de freada
e se enfronte a esa curva a unha velocidade moi superior tal e como ocorreu ese fatídico día.
Tamén resulta chamativo que o Ministro, antes Alcalde de Santander, agora non estea a favor
desa Comisión de Investigación que dende aquí solicitamos e que dende esa Plataforma se ven
solicitando dende fai moito tempo. Hai moitas eivas en canto a esta investigación polo que nos
apoiamos como non podería ser de outra maneira esta moción.
Intervén a Sra. García Gómez, en representación do goberno municipal, que sinala que
manifesta a súa solidariedade con todas as familias e vítimas do accidente. Non vai a ir en
contra do que comentaron os compañeiros. A Comisión de Investigación de Accidentes
Ferroviarios é a comisión competente para o análise do accidente que determinou que o
accidente foi por un exceso de velocidade. Como consecuencia desta investigación a Comisión
fixo varias recomendacións. En todas as liñas de alta velocidade dende xaneiro de 2017 estase a
implantar o sistema ERTMS. Non é un sistema que responda a cuestións de seguridade, senón
de interoperabilidade na rede transeuropea de transporte. Hai un procedemento penal aberto no
Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago. Hai que ver a situación na vía penal. Esta Comisión foi
rexeitada catro veces a súa solicitude no Parlamento de Galicia. Non van a votar en contra,
queren saber o que pasou. Non se consideran competentes nun ámbito local para realmente
dirimir cales son as razóns polas que tivo lugar o accidente, non teñen os coñecementos, si que
queren saber. A Comisión Europea de Transporte comprometeuse coas vítimas a que en seis
semanas habería unha comisión independente á marxe do Ministerio de Fomento, imparcial.
Dous técnicos da Axencia Europea de transportes supervisarían o proceso. Van a absterse na
procura de que as institucións competentes para depurar estas responsabilidades penais e
políticas emitan o seu informe.
Polo Sr. Alcalde ábrese unha segunda quenda de intervencións
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 17
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que sinala que o que se pide
aquí despois de tres anos é o que se debería ter feito. No Parlamento de Galicia non prosperou
pola oposición do PP e PSOE. É de xustiza. O pleno do Concello de Ordes non vai a solucionar
nada pero mostrar o seu apoio á Plataforma de vítimas do Alvia. Do que se trata é de axudar a
presionar por que o que piden é de xustiza. Unha comisión de expertos independentes que
investiguen o acontecido é o mínimo. Unha comisión de investigación para que explique o
acontecido, que depure responsabilidades políticas, se non hai nada que agochar, non pasa nada,
se as hai que sexan depuradas. Gustaríanos que fose aprobada por unanimidade. Mostrar o apoio
á Plataforma e solidarizarse coas familias de Ordes e coas outras que perderon familiares nese
accidente
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que sinala que isto é algo que
recomenda a Axencia Ferroviaria Europea, están de acordo. É un accidente que se puido ter
evitado. É bo depurar responsabilidades. Cando se optou por este tipo de tren alguén foi
responsable. Esta de acordo en que se faga unha nova investigación.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que sinala que están de
acordo en apoiar á Plataforma, que haxa unha investigación, xa pasaron tres anos e as familias
deben saber a verdade.
Tras unha pequena deliberación, o Pleno Corporativo Municipal, en votación ordinaria,
por maioría de once votos a favor (6 grupo político UxO, 3 grupo político BNG, Sr. Caamaño
Fraga e Sra. Martínez Candal), coas abstencións (5 grupo político PP), sendo dezasete o
número legal dos seus membros, adoptou o seguinte acordo:
1.- O Pleno da corporación municipal de Ordes, amosa o seu total apoio á plataforma de
vítimas do Alvia-04155.
2.- O Pleno da corporación municipal de Ordes, solicita ao Goberno do Estado a que
encargue a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido.
3.- O Pleno da corporación municipal de Ordes, solicita ao Goberno do Estado a apertura
dunha comisión de investigación en sede parlamentaria para establecer posibles
responsabilidades políticas.
4.- Dar conta e facer chegar unha copia do presente acordo ao Goberno do Estado.
PUNTO OITAVO: ROGOS E PREGUNTAS.
Ao abeiro do disposto no art. 21 do Regulamento Orgánico Municipal, o Sr. Alcalde abre
unha quenda de rogos e preguntas, dirixíndose aos Srs. Concelleiros por se desexan intervir
neste sentido, sinalando que as preguntas formuladas polos Srs. Concelleiros serán contestadas
polo seu destinatario na sesión seguinte, sen prexuízo de que o preguntado queira darlle resposta
inmediata.
Primeiramente ábrese unha quenda de formulación de rogos polos distintos grupos
políticos.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 18
Intervén a Sra. Martínez Candal, concelleira non adscrita, que formula os rogos seguintes:
No pasado pleno ordinario de febreiro, aprobáronse as obras do Plan Pos+2017 da
Deputación da Coruña, habéndolle expresado na comisión de obras ao alcalde que é
preciso que todos os concelleiros teñamos acceso a información completa das
valoracións das obras, como medicións, planos e presupostos desglosados, e non limitar
a aprobación das mesmas ao nome e cantidade de cada obra, polo que formulo o
seguinte rogo ao señor Alcalde:
Nos sexa remitida unha copia de cada proxecto aprobado a todos os concelleiros.
En diante, en futuras valoracións a estudiar nas comisións de obras, que a
documentación sexa completa, isto quere dicir: medicións, planos, presuposto
desglosado, e presuposto total.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se toma en consideración
Na nave de Mesón do Vento desenvólvense diferentes cursos e actividades, tanto de
ximnasia, como de ensaios, etc.
A limpeza que se leva a cabo quédase escasa debido ao uso diario e continuado das
instalacións.
Ademais, na clase de pilates a mestra amosou o seu descontento porque os dous
aparatos de música existentes están a dar fallos diariamente, polo que no seu día pedín
que se aportase un aparato que non dese estes problemas, e que a día de hoxe seguimos
usando os mesmos e con paradas constantes porque non funcionan correctamente.
A mestra tamén comentou na clase que pidamos ao concello que nos presten pelotas de
pilates (grandes) ou no las subministren para poder avanzar ca actividade.
É polo que solicito ao alcalde o seguinte:
Se leve a cabo unha limpeza semanal en todo o local que estamos a usar na Nave de
Mesón do Vento, con especial atención nos solados xa que este tipo de ximnasia se soe
realizar no chan, e levamos semanas sen que se limpe.
Se estude a posibilidade de que se poidan subministrar as pelotas de pilates grandes, ou
ben se chegue a un acordo directamente coa mestra para poder usar as que existen no
concello cando ela as requira para a actividade, e que en tal caso é necesario que se
poñan en contacto coa mestra.
Se dispoña para a clase de pilates de outro aparato de música que non dea problemas,
ben algún que non se use no resto do concello ou ben se proceda a mercar outro.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que a mestra nunca fixo chega ningunha problemática
deste tipo ata este rogo. Falouse con ela e dixo que parte das cousas é así. Estase a traballar para
solucionalas canto antes.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 19
Estase a levar a cabo a execución dos proxectos POS (Plan obras e servizos) do ano
2016, entre os que se inclúe o proxecto Camiño Edra (Ardemil) e outros, no cal se había
incluído a actuación de “Canalización de pluviais en acceso a Codeseda (Leira)”, por
importe de 7.657,53 € de presuposto de execución material.
Esta semana recibín a queixa dos veciños pola resposta do Alcalde a que non se poida
executar dita actuación debido a que non hai cartos.
Despois de consultalo coa Xefa de Plans da Deputación da Coruña, aclárame que para
poder modificar calquera actuación dun proxecto deste plan, debe ser acordado no pleno
por toda a corporación, despois de haber feito o modificado, e finalmente darlle o visto
bo a Deputación da Coruña.
Non me queda outra que advertir ao señor Alcalde que está incorrendo nunha
irregularidade si persiste na súa intención de facer cambios nas obras xa aprobadas polo
pleno no seu día, e que a desculpa de poder facer cambios sen que estes superen o 10 %
do importe do proxecto non é aplicable as obras deste plan.
Ademáis, o director da obra mencionou que para poder levar a cabo a actuación seria
necesario o cambio de diámetro da tubaxe que no proxecto aprobado esta en 400 mm. E
o diámetro apropiado seria o de 800 mm. Sendo entón a única clara causa de non poder
facer esta actuación o erro de cálculo no proxecto técnico.
É por todo isto que fago o seguinte rogo ao señor Alcalde:
Teña a ben facer un modificado do mencionado proxecto e que os técnicos fagan o
cálculo pertinente do diámetro da tubaxe realmente necesaria, para poder aprobalo
posteriormente na sesión plenaria que corresponda ou convoque unha sesión
extraordinaria se fose necesario. Ademáis de enviar para a súa aprobación a Deputación
da Coruña despois de seren aprobado pola correspondente sesión plenaria.
Si o Alcalde no accedese ao rogo anterior, sexa enviada unha consulta por escrito á
Xefa de Plans da Deputación da Coruña, ou a sección de Plans da Deputación
correspondente, para que aclare o modo a proceder neste caso. Tendo en conta tamén a
pregunta si é preciso aprobar en sesión plenaria a non execución dunha actuación que
estaba prevista dentro deste plan.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que o Secretario lle entregou unha copia do prego de
cláusulas. Non estamos ante unha modificación do proxecto técnico, senón dunha obra que xa
esta contratada e en execución. A remite á cláusula trinta e catro. A problemática á que se refire,
falou alí cun único veciño, non sabe de donde saca que falou cos veciños. Non se lle dixo o que
vostede por aquí, iso é falso. No seu día falouse de canalización de pluviais. Estamos a falar dun
canal de rego, ese é o problema co que nos encontramos. Non temos autorización de Augas de
Galicia para facer a actuación, nin o veciño aceptado esta coa actuación tal e como estaba
plantexada no proxecto e así lla explicou o director da obra e o encargada da súa execución. Hai
que obter as autorizacións previas para un canal de rego cun cauce constante que ven dende a
outra parte da N550 e da regadío a esa parcela e a outras moitas hacia o lugar de Codeseda. A
tubaxe que alí se plantexou de catrocentos non ten dimensión suficiente para o caudal. O que se
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 20
falou co veciño e ver a aliñación da súa vivenda, habería que facer un muro e tratar de facer
unha pasarela máis alta no caso de que consigamos a autorización. Estamos pendentes dunha
segunda reunión coa contrata e dirección de obra. Esta moi ben que poida todo isto. Todo o que
se faga será segundo indicación dos técnicos, do secretario, interventor e dirección de obra.
Intervén a Sra. Castenda Blanco, en representación do grupo político BNG, que formula os
rogos seguintes:
No pleno de Xullo do ano pasado o Bloque Nacionalista Galego preguntou polas
alternativas que se tiñan pensado ofrecer aos usuarios/as da pista de tenis que estaba
situada na parte traseira do pavillón Campomaior, pois esta quedaba anulada por mor da
ampliación do pavillón situando ali un ximnasio.
En dito pleno contestóusenos que se lle solicitará unha autorización á Xefatura
Territorial da Consellería de Educación e que se ía a sinalizar a pista e a colocar o
soporte de rede na zona intermedia entre o colexio é o pavillón de maneira temporal.
Así mesmo tamén se nos dixo que había dúas opcións para o futuro, volver a facer a
pista ou tratar de trasladala á cidade deportiva de Vista Alegre.
Pasaron xa oito meses e segue sen dárselle solución á ubicación da pista de tenis.
Por iso instamos ao alcalde ao seguinte:
A que se nos informe que se ten pensado facer para solucionar a nova ubicación da pista
de tenis e que se nos explique a tardanza desta actuación.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que a autorización chegou en agosto de 2016,
sinalizouse a pista entre o centro educativo e o pavillón. Calquera persoa que quere ir o fin de
semana quédalle colocada o venres e retirase o luns. A cesión é fora do horario lectivo. Non hai
problema en fins de semana, festivos e verán. A maiores hai dúas instalacións cubertas para
xogar ao tenis Campomaior e Castelao II. A situación máis lóxica é a cidade deportiva de
Vistalegre, terreos anexos a pista de atletismo, o solo nos esta calificado como de equipamento
ata que se aprobe o PXOM.
No cruce de Vilasuso (Beán) sinalado no mapa que se adxunta, hai un contedor de
orgánico que como se pode ver na foto ten un buraco na parte inferior, o que fai que
verta materia orgánica das bolsas ao chan.
Por todo isto instamos ao alcalde ao seguinte:
Que se solucione o problema de filtración mediante reparación do existente ou a
reposición dun novo.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 21
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que este contedor mandouse cambiar. Esa parte de
abaixo é unha abertura que está máis deteriorada do habitual.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que formula os rogos seguintes:
O vindeiro día 7 de abril, vanse cumprir 3 anos desde que se formalizou a reversión ao
Concello de Ordes do Centro Comarcal. Desde o BNG propuxemos no pleno ordinario
do mes de abril de 2014 que fose adicado a Viveiro de Empresas, para que os novos/-as
emprendedores e empresas tivesen un lugar no que poder comezar a súa actividade con
certa tranquilidade, seguridade e respaldo.
No pleno ordinario de novembro de 2015, aprobouse por unanimidade unha moción do
BNG de Ordes para o acondicionamento do Centro Comarcal e a posta en marcha no
edificio dun Viveiro de Empresas.
No pleno ordinario de xuño de 2016, aprobouse coa abstención do PP unha moción do
BNG de Ordes para sacar a concurso a xestión do servizo de cafetaría nas instalacións
do antigo Centro Comarcal.
Un dos principais problemas en Ordes é a falta de oportunidades de emprego e o alto
nivel de desemprego, problema agravado recentemente coa destrución do sector téxtil
Ordense. Problemas que se poden combater e paliar coas propostas do BNG de Ordes
que foron aprobadas nas sesións plenarias, máis o goberno municipal amosa o seu total
desprezo e desinterese polas mesmas.
Por todo iso instamos ao alcalde ao seguinte:
A que se proceda a dar cumprimento aos acordos plenarios de novembro de 2015 e
xuño de 2016, para a posta en marcha dun viveiro de empresas nas instalacións do
antigo Centro Comarcal e sacar a concurso a xestión da cafetaría existente en ditas
instalacións.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que esa apertura esta condicionada a súa viabilidade,
estamos analizando esta viabilidade. En próximas datas manterei unha reunión cunhas persoas e
o interventor para este estudo. Xa lle dixo que concordaban con esta petición, non
comprometéndose nas datas. Agarda que poda ser no 2017 con dotación nos orzamentos.
Usuarios e usuarias do local de ensaio, trasladaron a súa preocupación a este grupo
municipal ao respecto do control de acceso e das persoas usuarias das instalacións.
Por todo iso instamos ao alcalde ao seguinte:
A que se proceda a convocar unha reunión coas persoas usuarias do local de ensaio,
para que podan expoñer o seu parecer da situación.
A reelaborar/actualizar a listaxe de persoas usuarias das instalacións.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 22
A cambiar a pechadura da porta exterior das instalacións.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que non constan queixas por ningún dos usuarios no
departamento de Cultura. Non comprende se hai queixas por que non se fixeron chegar. Non hai
problema.
Na última comisión informativa permanente de contas e facenda, acompañábanse na
documentación dous informes elaborados polo concello de Ordes. Nos mesmos non se
da cumprimento ás obrigas do concello recollidas na Lei de normalización lingüística de
Galiza, xa que emprega unicamente o castelán.
Por todo iso instamos ao alcalde ao seguinte:
A que se corrixa este erro, e os próximos informes se fagan en galego.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se toma en consideración, pedirase aos técnicos que
así o fagan.
Dende a aprobación do Regulamento de Organización e Funcionamento do Consello
Escolar Municipal, o pasado 14 de novembro de 2013, estase a producir un
incumprimento reiterado do mesmo.
Este grupo municipal solicitou en varias ocasións que nos fose remitido o informe sobre
o estado do ensino no municipio, tal e como establece o citado regulamento, pero o
goberno municipal limítase a dar continuamente largas, eludindo por completo as súas
obrigas.
Por todo iso instamos ao alcalde ao seguinte:
A que nos sexa remitido o informe sobre o estado do ensino no concello de Ordes do
ano 2016 elaborado polo Consello Escolar Municipal.
Intervén a Sra. García Gómez, concelleira delegada de educación, que sinala que lle reitera
o que xa lle dixo o 22 de xaneiro. Non se convocou o Consello Escolar pola súa situación
persoal, unha vez que se aprobe polo Consello Escolar daráselle traslado.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, que sinala que isto é algo que levamos reclamando xa dende a
anterior lexislatura. O Concello nin o Consello Escolar non se pode paralizar pola súa situación.
O Sr. Alcalde mediante decreto debe nomear un substituto e sacar adiante este informe. Reitera
a ver se dunha vez podemos ter este informe.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 23
Logo da última actuación nos semáforos da vila, os existentes no cruce da Avda.
Alfonso Senra e a Rúa da Galiza, empeorouse notablemente a seguridade viaria para os
peóns que pretendan cruzar a Avda. Alfonso Senra.
Para que o semáforo peonil permita o cruce, débese premer un botón no mesmo,
actuación que non é comprensible nin razoable nun cruce dese tipo (similar ao existente
no centro e que non dispón dese sistema).
Por todo iso instamos ao alcalde ao seguinte:
A que se proceda a eliminar dito sistema e que o semáforo peonil que regula a Avda.
Alfonso Senra, permita o cruce cando se produza a apertura do semáforo que regula o
tráfico na Rúa da Galicia.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que a policía local no opina o mesmo por ser o mellor
para a seguridade cidadá, foi a policía local a que pediu que se volvese a adoptar esta medida.
Van a seguir unhas semanas máis con esta medida, vai a facer caso dos técnicos e policía local.
Se segue o conflito mirarán de eliminalo.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, que sinala que para eles o sistema de pulsador esta ben no
semáforo no Paraíso. Neste cruce este sistema non funciona, provoca o contrario, confunde aos
peóns, podendo chegar a provocar un atropelo. Debe volverse ao sistema anterior.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que formula os rogos
seguintes:
Recentemente gastáronse arredor de 40.000 euros en cambiar os semáforos da nosa
Vila, pero estrañamente os báculos máis grandes dos mesmos non foron substituídos. O
semáforo que está ao lado da de Calvo, ademáis, non cumpre a normativa de
accesibilidade, pois ao ter que premer un botón para pasar os peóns as persoas cegas,
por exemplo, teñen grandes dificultades para facelo de maneira autónoma.
Por todo isto, instamos ao alcalde ao seguinte:
Rogamos se emita un informe por parte dos técnicos competentes, onde se analice se os
dous báculos grandes que non foron substituídos compren coa normativa de seguridade
vixente.
Se proceda a adaptar a normativa de discapacidade o semáforo que está onde a de
Calvo.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que so queda un báculo sen retirar, o da entrada ao lado
do supermercado. Foron os técnicos revisando, estaba alí a policía local. Están garantidos que
non teñen ningún problema. Váiselle pedir á empresa que o poña por escrito. Mellorouse cos
avisadores acústicos. Pediralle que o oficial da policía local o analice
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 24
Primeiro.- O 1 de marzo de 2017 foron adoptados diversos acordos plenarios sobre as
seguintes materias:
1.- Fixación da periodicidade das sesións do pleno.
2.- Creación e composición das comisións informativas permanentes. Composición do
Consello da emisora municipal.
3.- Nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados.
4.- Determinación dos cargos que leven aparellado o seu desempeño con dedicación
exclusiva ou dedicación parcial e das retribucións dos mesmos.
5.- Fixación do importe das asistencias a órganos colexiados.
6.- Dar conta dos grupos políticos constituídos.
7.- Fixación do importe da dotación económica dos grupos políticos.
Segundo.- Na sesión plenaria do 1 de marzo de 2017, o Alcalde-Presidente da
Corporación Municipal manifestou a súa intención de non dar cumprimento a algúns
dos acordos plenarios adoptados, anticipando, por tanto, a súa negativa a realizar os
trámites administrativos pertinentes e obrigatorios para a efectiva realización dos
mesmos.
Terceiro.- Esa manifestación do alcalde tense visto corroborada, entre outras cousas,
polo súa negativa a realizar os trámites administrativos que permitan o cambio efectivo
dos representantes da Corporación nos órganos colexiados, tal e como se acordou na
sesión plenaria de 1 de marzo de 2017.
Cuarto.- Máis alá das responsabilidades administrativas e/ou penais que se poidan
derivar do comportamento do Alcalde de Ordes, consideramos ética e políticamente
inadmisible que o máximo representante do Concello de Ordes manifeste este desprezo
absoluto polo respecto á Lei.
Por todo isto, instamos ao alcalde ao seguinte:
A dar inmediato cumprimento aos acordos plenarios adoptados na sesión plenaria do 1
de marzo de 2017, realizando coa máxima celeridade os trámites administrativos
pertinentes e obrigatorios para dotar de plena eficacia aos mesmos.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que pensei que ía retirar este rogo unha vez que o
Secretario lle fixo chegar un informe no día de hoxe onde todos e cada uns dos acordos
plenarios están notificados en tempo e forma a todos os organismos. Todos os demais acordos
que atinxen aos demais asuntos están cumpridos. En ningún momento no pleno dixo que non ía
cumprir estes acordos, o que dixo é que non ía cumprir algúns dos acordos cos que non estivera
de acordo por que vostedes non lle ían impor a forma de gobernar habería que ver se se poden
executar, nunca dos acordos do pleno de 1 de marzo. Están todos executados.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 25
Independentemente do acordo e en base ao informe da Deputación provincial fixo chegar a
todos estes órganos a súa proposta da Alcaldía e ao mesmo tempo interpuxeron un recurso
contencioso-administrativo contra o acordo plenario. Se está en desacordo xa sabe o que ten que
facer.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, que sinala que efectivamente temos un informe xurídico,
pero é certo que o Secretario no pleno dixo que as competencias eran do pleno nesta materia.
Vostede anticípase á resolución do Xulgado. É unha vulneración dos dereitos fundamentais dos
concelleiros ao revogarse un acordo plenario cun decreto de 9 de marzo de 2017. É moi atrevido
pola súa parte. Mediante un decreto contradícese un acordo plenario, que dixo o Secretario que
non estaba de acordo co que vostede estaba a dicir. Vostede é un representante da Corporación
municipal, a elección dos representantes da Corporación municipal correspóndelle á propia
corporación municipal. Podémonos remitir 1999, 2003, 2007, 2001, sempre se decidiu en pleno.
Estamos ante unha vulneración dos dereitos dos compañeiros que alí foron elixidos ese día.
Estase anticipando a unha resolución dun contencioso, o que lle parece moi grave, tomarán as
medidas pertinentes.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que esta a espera que tomen as medidas pertinentes.
Insiste no mesmo, esta dando datos falsos e erróneos. No pleno díxolle o que ía facer. Eu tiña a
posibilidade de facer un decreto, de interpor un recurso contencioso-administrativo, fíxose
chegar en tempo e forma a notificación do acordo plenario.
Intervén a Sra. Iglesias Mirás, en representación do grupo político UxO, que formula os
rogos seguintes:
O Concello contratoulle a unha empresa a substitución das farolas de ferro fundido na
Avenida Alfonso Senra e na Alameda. No contrato, ademáis da retirada destas e a
colocación dos novos puntos de luz, estaba incluída a reposición das beirarrúas nos
lugares onde estaban colocadas as antigas farolas.
Por todo isto, instamos ao alcalde ao seguinte:
Se nos explique por que estivo un albanel do Concello reparando as beirarrúas de pedra.
¿Por que aínda non se repuxo a pedra nalgúns puntos desas beirarrúas?.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que non é certo que estivese incluída a reposición das
beirarrúas, estaba incluído o formigonado. Como había pedra é algo que tiveron que subsanar
segundo se ía facendo a actuación. Poden pasar a comprobar o proxecto e as unidades de obra.
Foi un erro. Esa reposición fíxose con medios propios, unicamente nas zonas con pedra.
Intervén o Sr. González Santos, que sinala que o proxecto non estaba ben. Vai a
comprobar o proxecto.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 26
No Parque Félix Rodríguez de la Fuente retirouse no seu día un valado de ferro fundido
que máis tarde foi colocado do Campo da Feira do Mesón do Vento. Despois volveu ser
substituído por un valado de aceiro.
Por todo isto, instamos ao alcalde ao seguinte:
Se nos explique a utilidade que se lle vai dar a o valado antigo.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se xestionou como residuo, ao retiralo rompeu polos
desperfectos que tiña. Poden ver o certificado de xestión como residuo.
Existen numerosos erros nas denominacións das rúas do noso Concello en internet.
Por todo isto, instamos ao alcalde ao seguinte:
Rogamos que o Concello encargue ao persoal competente a revisión dos nomes das rúas
da Vila que aparecen nos mapas dalgúns sitios web, por exemplo Google Maps, e
intente poñerse en contacto cos xestores dos mesmos para corrixir os erros que se
observen. Isto sería de grande utilidade para todas as persoas que consultan a través de
Internet os enderezos de organismos públicos, empresas e particulares residentes en
Ordes.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se toma en consideración.
Fai aproximadamente un ano, o Concello contratou a un albanel para realizar diversas
reparacións menores, entre elas a reparación de baldosas rotas ou levantadas das
beirarrúas. A realidade e que segue a haber moitas deficiencias nas beirarrúas da vila.
Por todo isto, instamos ao alcalde ao seguinte:
Se nos explique en que emprega o seu tempo esta persoa.
¿Estase adicando a outras actividades?.
De ser o caso, ¿cales son esas ocupacións?.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que as tarefas son con arranxo ao contrato, entre elas
reparación de beirarrúas. Hai moitas beirarrúas en mal estado. Esta adscrito á brigada e vai a
seguir traballando en diferentes tarefas.
Intervén o Sr. González Santos, que sinala que a rúa Alfonso Senra ten moitas baldosas
desprendidas, mais de douscentas, isto no pode ser. Pode falar doutras rúas, Recreo, Lagartos. O
albanel é necesario. Non ve que as beirarrúas estean reparadas.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 27
Intervén o Sr. Alcalde, que se reparou a entrada do tanatorio, parte do Campo da Feira,
Rosalía de Castro algunha zona, pode pasar a comprobalo. O traballo da para o que da, hai
moitas necesidades. As do IES nº2 esta avisado para facelo.
Por último, polo Sr. Alcalde ábrese unha quenda de formulación de preguntas polos
distintos grupos políticos.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, voceiro do grupo político BNG, que formula as preguntas
seguintes:
No pleno ordinario do mes de febreiro, aprobouse por unanimidade unha moción do
BNG de Ordes onde se acorda: Solicitar a Consellería de Economía, Emprego e
Industria, a elaboración de un plan de reactivación do emprego, que contribúa a facilitar
a reinserción laboral das ex-traballadoras do téxtil
Por todo iso preguntamos ao alcalde ao seguinte:
¿Cumpriuse o acordo da moción facendo a solicitude sinalada?.
¿Que medidas ten pensado adoptar o goberno municipal para conseguir que a Xunta de
Galiza leve a cabo en Ordes o plan de reactivación do emprego?.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se enviou con data 28 de marzo de 2017, rexistro de
saída nº 769. Houbo varios contactos coa Secretaria Xeral de Emprego e técnicos da
Consellería, nalgunhas desas reunións participaron as traballadoras afectadas. Avanzáronse liñas
que non pode avanzar, espera que sexan realidade, para ser unha oportunidade de futuro.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, que pide que se loite por isto. O emprego é unha preocupación
para Ordes. Se non son efectivas convoque unha reunión co representante da Xunta á que
acudan todos os voceiros dos grupos políticos.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que vamos a dar unha marxe de confianza
O ano pasado na Festa do Champiñón tivo lugar o I Salón Moda & Eventos no pavillón
Campomaior. Ao substituírse a pista do pavillón, quizás non sexa o lugar axeitado para
a súa celebración na edición deste ano.
Por todo iso preguntamos ao alcalde ao seguinte:
¿Vaise organizar na vindeira edición da Festa do Champiñón o II Salón Moda &
Eventos?.
¿Onde terá lugar?.
¿Vai ter a Festa do Champiñón algunha novidade na vindeira edición?.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 28
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que hai doce establecementos interesados, van a
ubicarse na carpa principal, non no Campomaior. Esta sen pechar a participación dalgunha
desas novas propostas. A día de hoxe esta cuberta a carpa principal. Tratarase de facer algunha
cousa engadida, se teñen algunha proposta a estudaremos.
Intervén o Sr. Vidal Ríos, que sinala que hai que buscar que a Festa vaia evolucionando, o
que si lle teñen trasladado os hostaleiros é facer unha especie de concurso de tapas.
No pleno ordinario do mes da maio da 2016, aprobouse por unanimidade unha moción
do BNG de Ordes sobre o respecto ao ornato público onde se acorda:
- O pleno do concello de Ordes insta ao goberno municipal a que leve a cabo
unha campaña de sensibilización sobre o respecto ao ornato público a
informativa da ordenanza sobre a conservación de edificacións a solares. Como
solución económica da cara a propiedade, pódese propoñer a cesión de fachadas
de baixos ou peches ao Desordes Creativas.
- O concello de Ordes dará exemplo nas obras que leve a cabo, coidando o
aspecto exterior das construcións, evitando especialmente o acabado en fábrica
vista.
- O pleno do concello de Ordes insta ao alcalde a que obrigue a telefónica a
manter nunhas axeitadas condicións de estética a cabina existente no encontro
da rúa Rosalía de Castro coa rúa dos Lagartos, ou ben é retirada da mesma.
- O concello de Ordes estenderá paulatinamente polo rueiro da vila o sistema de
recollida de lixo mediante contadores soterrados, semellantes aos existentes na
Alameda de Ordes.
- O concello de Ordes deberá integrar no medio os contadores da recollida de
lixo, especialmente os existentes en zonas protexidas, como o percorrido do
camiño Inglés. Paulatinamente irá ocultando os contedores con sistemas
semellantes aos propostos no anexo a esta moción.
Por todo iso preguntamos ao alcalde o seguinte:
¿Que actuacións levou a cabo o goberno municipal para dar cumprimento aos acordos
da moción?.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que se pediu que se limpasen os canalóns, foi unha
tarefa que se fixo porta a porta. Desordes Creativas non conseguiron pintar todas as fachadas
que lles conseguimos. Xestionáronse fachadas que demandaban e non podían acceder a elas.
Hai unha céntrica que comprometeron eles a pintar como organizadores. Contactouse
telefonicamente co responsable da cabina, eliminouse a da parte inferior da Alameda, manteñen
a da parte de arriba. Os dos últimos puntos están pendentes. Esta pendente a actuación do Plan
Xacobeo Programa 20/20, a continuación verase se poden acondicionar algún destes contedores.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 29
Intervén a Sra. Marín Pereiro, voceira do grupo político UxO, que formula as preguntas
seguintes:
Con data de 16 de febreiro de 2017 derrubouse na parroquia de Mercurín, ao lado da
igrexa, unha edificación catalogada para aumentar o aparcadoiro existente. Supoñemos
que vostede é coñecedor de que se trata de un elemento catalogado con grado de
protección estrutural de Nivel II, que forma parte do catálogo do Plan Xeral de
Ordenación Municipal do Concello e no inventario da Dirección Xeral de Patrimonio da
Xunta de Galicia.
Por todo iso preguntamos ao alcalde,
¿Ten o concello permiso da Dirección Xeral de Patrimonio para derrubar esa
edificación?.
¿Quen dou a orde de derribo de dita Casa Reitoral?.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que despois de falar co responsable da Igrexa Católica.
No PXOM está pero non forma parte do inventario da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta
de Galicia. Os veciños e o cura párroco pediron colaboración para facer esa actuación sobre
unhas ruínas de ladrillo e formigón, nunca un elemento protexidos. No PXOM parece que hai
un erro. Ao Arcebispado non lle consta ningunha protección nese ben, limitáronse a facer a
autorización para que se puidese facer esa demolición. Como en anteriores ocasións o concello
fixo unha colaboración. Non é precisa a autorización de Patrimonio
Intervén a Sra. Marín Pereiro, que sinala que consta nas Normas Subsidiarias.
Intervén o Sr. González Santos, que sinala que o erro é de Patrimonio. 100 m do adro
estaba ese edificio. Sen permiso de Patrimonio non se podería tirar. O Secretario tome nota.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, que sinala que segundo a Lei 5/2016, de 4 de maio, no art.
131, cataloga como infracción moi grave a destrución ou dano xeneralizado grave e irreparable
dun ben declarado de interese cultural e catalogado. Parécelle moi grave que se derrube sen
permiso de Patrimonio un ben incluído no PXOM, xa estaba nas Normas Subsidiarias.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que insiste que o que lle informan dende o Arcebispado
é que non o teñen como ben catalogado, non esta protexido. Hoxe pediulle aos técnicos que
comprobasen esta parte. O Arcebispado foi o que deu a autorización, so se fixo unha
colaboración con el como se ten feito en outras ocasións.
Intervén a Sra. Marín Pereiro, que sinala que tomarán as medidas aos respecto.
Intervén a Sra. Iglesias Mirás, voceira do grupo político UxO, que formula as preguntas
seguintes:
As farolas de ferro fundido grabadas co nome do Concello de Ordes foron retiradas da
Avenida Alfonso Senra e da Alameda.
C O N C E L L O D E O R D E S
(A CORUÑA)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
FOLLA Nº 30
¿Onde se atopan?.
¿Que teñen pensado facer con elas?.
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que na parcela do polígono e está sen decidir o que se
vai a facer con elas.
Diante da Oficina de Emprego hai un paso de peóns que se puxo non hai moitas datas
que non está adaptado, ten o bordillo sen rebaixar.
¿Teñen pensado adaptalo para que poida ser empregado por persoas con diversidade
funcional, cativos e persoas con mobilidade reducida? .
Intervén o Sr. Alcalde, que sinala que tratarase de facer cando se poida.
E non habendo máis asuntos que tratar segundo a orde do día da convocatoria, o Sr.
Alcalde levanta a sesión, sendo ás vinte e unha horas e cincuenta e cinco minutos do día ao
principio sinalado, e para constancia do que se tratou e dos acordos adoptados, estendo a
presente acta, que como Secretario certifico.
O ALCALDE O SECRETARIO