colecciÓn sistemas de informaciÓn sanitaria

43

Upload: others

Post on 24-Jul-2022

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA
Page 2: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA DA COMUNIDADE

AUTÓNOMA DE GALICIA

Boletín número 0 Decembro 1995 XUNTA DE GALICIA

Page 3: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INFORMACIÓN SANITARIA DIRECCIÓN XERAL DE ORGANIZACIÓN SANITARIA CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS.

Page 4: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

Í N D I C E 1.- Introducción .......................................................................................................................4 2.- Procedemento de envío de cuestións de Codificación .....................................................6 3.- Sección preguntas/respostas.- Resultados do Taller de Codificación........................ 10 4.- Novos erros detectados na CIE-9-MC, 2ª edición en castelán .................................... 18 5.- Situación do C.M.B.D. en Galicia. Anos 93-94 ............................................................. 23

Page 5: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 4

1.- INTRODUCCIÓN.

Page 6: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 5

Despois de dous anos de esforzo dirixido prioritariamente á posta en marcha dun C.M.B.D. operativo na Comunidade Autónoma Galega, é necesario continuar mellorando a unificación de criterios de codificación, mediante a posta ó día permanente dos coñecementos e a resolución das dúbidas puntuais que van xurdindo no traballo diario. Con esta finalidade nace o Boletín de Codificación Diagnóstica da Comunidade Autónoma de Galicia, para configurarse como un vehículo de comunicación entre tódolos codificadores dos hospitais, no que se aborden as cuestións de interese para o seu traballo. Esta publicación periódica ten unha sección fixa de preguntas/respostas elaborada coa colaboración dos codificadores. Con cada boletín xuntarase unha ficha por pregunta, incluindo a contestación normalizada pola Unidade de Referencia de Codificación Diagnóstica de Galicia. As fichas poderán coleccionarse por capítulos da CIE nunha carpeta que facilitará a tal efecto a Subdirección Xeral de Información Sanitaria. Está prevista a progresiva incorporación das suxerencias dos codificadores, tanto no contido como na estructura da publicación. Neste primeiro Boletín, recóllense os resultados do 1º Taller de Codificación Diagnóstica, celebrado en Santiago de Compostela os pasados días 24 e 25 de Abril de 1995.

Page 7: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 6

2.- PROCEDEMENTO DE ENVÍO DE CUESTIÓNS DE CODIFICACIÓN

Page 8: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 7

1.- Os codificadores remitirán semestralmente cinco preguntas por cada hospital á Unidade de

Referencia da Codificación Diagnóstica, no impreso que se adxunta, ás dependencias da Subdirección Xeral de Información Sanitaria no Edificio Administrativo de San Lázaro.

As preguntas deberán estar na Subdirección, como data límite, o 30 de abril (as corres-

pondentes ó primeiro número do ano) e o 31 de outubro (as correspondentes ó segundo número).

2.- As preguntas deben reuni-las seguintes características: a.- Deben segui-lo modelo que se xunta, cubertas a máquina ou con letra maiuscula)

(IMPRESO Nº 1) b.- Deben mante-la confidencialidade do paciente. b.- Deben referirse a casos concretos de codificación diagnóstica. c.- Deben documentarse axeitadamente. 3.- A Subdirección Xeral de Información Sanitaria recopilará e enviará ós codificadores dos

hospitais a relación completa das preguntas de cada semestre, asignándolle a cada pregunta un código identificativo.

Este envio farase na primeira semana de maio (as correspondentes ó primeiro número) e de

novembro (as correspondentes ó segundo). 4.- Os codificadores elaborarán e remitirán as respostas a tódalas preguntas, nun prazo de 3

semanas, á Subdirección Xeral de Información Sanitaria, facendo referencia, en cada resposta, ó código identificativo da pregunta.

As respostas deberán estar na Subdirección, como data límite, o 31 de maio (as corres-

pondentes ó primeiro número do ano) e o 30 de novembro (as correspondentes ó segundo número). Estas respostas enviaranse no modelo que se xunta (IMPRESO Nº 2).

5.- Nos meses de Xullo e Xaneiro elaboraranse os correspondentes boletíns de codificación

diagnóstica coas respostas correctas e unha análise dos principais erros e das porcentaxes de acerto.

No boletín identificarase en cada pregunta o hospital que a formulou pero, por contra,

manterase a confidencialidade respecto o grao de acertos e de erros nas respostas.

Page 9: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 8

IMPRESO Nº 1

HOSPITAL: DESCRIPCIÓN DO CASO.

PREGUNTA.

CÓDIGO DA PREGUNTA (a cubrir pola Unidade de Referencia da Codificación)

Page 10: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 9

IMPRESO Nº 2 HOSPITAL: CÓDIGO DA PREGUNTA

RESPOSTA.

Page 11: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 10

3.- SECCIÓN PREGUNTAS/RESPOSTAS RESULTADOS DO TALLER DE CODIFICACIÓN

Page 12: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 11

XENERALIDADES G.1- Bilateralidades. Resposta: No caso de existir código específico, utilizarase este. Se non existe, utilizarase o mesmo código

(tanto en diagnósticos como en procedementos ) dúas veces, salvo indicación para o contrario no código específico (por exemplo : 715 ).

DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO I I.1- Addison de orixe tuberculoso. Resposta: Codificaríase 017.6* (Principal) e 255.4 (secundario) se se refire ó proceso agudo. Se é unha

secuela dunha tuberculose non presente neste momento, codificaríase 255.4 (Principal) e 137.4 (secundario)

I.2- Codificación de enfermidades víricas e definición de estado de portador. Resposta: Ó estado de portador de enfermidade vírica non especificada correspondelle o código V02.9. A codificación de enfermidades víricas dependerá da enfermidade específica, tendo sempre en

conta que algunhas destas non se clasifican no Capítulo 1 senon no seu capítulo específico (Exemplo: a Pneumonía).

As infeccións víricas de natureza ou sitio non especificado poden clasificarse na categoría 079. Sen embargo, debemos buscar información sobre o tipo de virus para a súa mellor clasificación.

Page 13: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 12

DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO II II.1- Diagnósticos clínicos contradictorios con Anatomía Patolóxica. Resposta: Cando o informe de Anatomía Patolóxica demostra a malignidade dun tumor, previo contacto

co médico responsable do paciente, codificarase este como diagnóstico principal. Nos casos contrarios prevalece o criterio clínico.

DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO III III.1- Nefropatía e diabete ¿codifícase como nefropatía diabética?. Resposta: Non. A relación causa-efecto deberá sempre ser reflexada polo médico e xamais deberá ser

suposta. DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO V V.1- Síndrome neuroléptico maligno. Resposta: O Síndrome neuroléptico maligno no ten entrada polo índice alfabético. Cando é debido a un fármaco codificarase como 995.2 e o código E correspondente. Se non está especificada a causa codificarase como "trast.piramidais inespecíficos" 333.90 V.2- Paciente con varios episodios codificados. No último coñecense unha serie de datos

(problemas crónicos, ADVP...) que nos anteriores non constaban ¿Tería que modificarse a codificación dos episodios anteriores engadíndose os datos agora coñecidos?

Resposta: Non se codificarán salvo que foran procedementos realizados no episodio anterior ( por

exemplo unha biopsia na que os resultados non chegaron ó alta). No caso das ADVP tampouco se codificarán hacia atrás a non ser que o clínico o poña específicamente na historia (Por exemplo: ADVP desde ..... data...).

Page 14: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 13

V.3- Tabaquismo ¿Codifícase como 989.8 ou como 305.1? Resposta: Tabaquismo.- 989.8 Fumador de...- 305.1 O "tabaquismo" é a intoxicación aguda por tabaco. Se o codificador ten dúbida sobre a

utilización deste termo, debe consultar co facultativo responsable. DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO VI VI.1- Otite media colesteomatosa. Resposta: Diagnóstico principal......................................................................................Colesteatoma 385.3* Diagnóstico secundario.......................................................... Otite media do tipo que sexa 382.** DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO VII VII.1- Anxina de reposo/ Anxina de decúbito ¿codifícanse igual?. Resposta: O termo "anxina de decúbito" e sinónomo de "anxina de reposo" ou "anxina de non esforzo" ou

"anxina espontanea", correspondéndolle o código 413.0 VII.2- ACVA e patoloxía cerebrovascular ¿Cómo se codifica no primeiro ingreso e nos reingresos?. Resposta: • Paciente que ingresa por ACVA agudo: D.P. 436 • Paciente que ingresa por outra patoloxía e con secuelas dun ACVA anterior: D.P.: A causa do ingreso D.S.: A secuela do ACVA D.S.: 438 • Paciente que ingresa por outra patoloxía e sen secuelas dun ACVA anterior: D.P.: A causa do ingreso

Page 15: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 14

D.S.: V12.5 • Paciente que ingresa por ACVA e con secuelas dun ACVA dun episodio anterior D.P.: 436 D.S.: A secuela do ACVA anterior Non se rexistrarán nin o 438 nin o V12.5 DIAGNOSTICOS- CAPÍTULO VIII No Boletín número 0 de "Codificación Cínica con la CI-9-MC" da Unidade Técnica da CIE-9-MC para o Sistema Nacional de Saúde,´inclúese un monográfico do Aparello Respiratorio, que aclara este capítulo tan controvertido. VIII.1- Hiperreactividade bronquial. Resposta: A traducción ó castelán do Índice Alfabético en uso actualmente, non presenta ningunha

entrada para esta patoloxía. Sen embargo, el Coding Clinic Vol 10 Nº 4 do 4º trimestre do ano 93, na páx. 32, asigna este código 493.90 e especifica que terá entrada.

Mentras tanto debe utilizarse o código 519.1 (entrando por -broncoespasmo e tendo en conta os modificadores esenciais)

VIII.2- Crise asmática. O 5º díxito da asma non o especifica. Resposta: "Crise asmática" non é sinónimo de "estatus asmático". Deberá sempre consultarse co

facultativo responsable. Unha vez aclarado o diagnóstico a codificación será: Crise asmática 493.*0 Status asmático 493.*1

Page 16: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 15

DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO IX IX.7- Plastrón apendicular. Resposta: O plastrón apendicular corresponde a unha apendicite subaguda polo que se codificará

como 542. DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO X X.1- Metaplasia colouterina ¿ Este termo é igual a displasia?. Resposta: A displasia posúe un código específico que é o 622.1. A metaplasia é: enfermidade do colo uterino non inflamatoria especificada ( 622.8) Os conceptos son diferentes, aínda que as veces o termo displasia se inclúe no de metaplasia

como causa desencadenante do cancro. X.2- Metrorraxia perimenopausica. Resposta: A metrorraxia non ten modificadores entrando polo índice alfabético, debéndose codificar

como 626.6 Se a expresión se refire a hemorraxia do climaterio será codificada como 627.*. Débese consultar co clínico responsable e aclara-la termoloxía. DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO XI XI.1- Liquido amniótico e sufrimento fetal. Resposta: Considerarase sufrimento fetal cando na análise do líquido amniótico apareza "aguas

meconiais" ou "meconio en líquido amniótico" ou cando o reflexe expresamente a historia clínica.

DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO XIV

Page 17: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 16

XIV.1- Síndromes cromosómicos non incluidos en lista. Resposta: 1º.- Buscar maior información para saber se os cromosomas afectados son os autosómicos

(758.5) ou os sexuais (758.8). 2º.- No caso de que non se especifique (758.9) 3º.- De existiren malformacións asociadas, codificar todas elas. DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO XVII XVII.1- Intoxicación dixitálica. ¿Ponse o código de envelenamento + o código do efecto adverso?. Resposta: Hai que aclarar co facultativo se foi un efecto adverso da medicación tomada na dose

indicada por el, ou foi un envelenamento accidental (confusión coa dose, etc..). - Se é efecto adverso: 995.2 + E942.1 - Se é envelenamento accidental: 972.1 + E858.3 DIAGNÓSTICOS- CAPÍTULO XVIII XVIII.1- V30. Resposta: Non se debería utilizar nunca xa que o R.N. san non debe ser un ingreso hospitalario. Non

obstante naqueles hospitais nos que nas historias dos R.N. ingresados non apareza ningunha patoloxía, débese codificar como V30.

Page 18: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 17

PROCEDEMENTOS P.1- Un procedemento diagnóstico ¿pode ser procedemento principal?. Si, sempre que se realice en quirófano ou sala de partos. P.2- Extracción órganos para doazón. Resposta: De momento non existe un criterio sobre este termo. Plantexarase á Unidade Central de

Codificación. P.3- Interconsulta. Resposta: Non existe ningunha norma que prohiba a súa codificación. P.4- Endarterectomía de arteria coronaria. O índice sinala o 36.00 que non existe no tabular. Resposta: Efectivamente trátase dun erro, xa que na CIE-9-MC de Outubro do 90 si que existía o

código 36.00. Neste caso o índice debería dicir "Vexase 36.0".

Page 19: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 18

4.- NOVOS ERROS DETECTADOS NA CIE-9-MC, 2ª EDICIÓN EN CASTELÁN

Page 20: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 19

ERROS DETECTADOS NA CIE-9-MC, 2ª EDICIÓN EN CASTELÁN Esta sección é unha recopilación dos erros que son detectados na 2ª edición en castelan da CIE-9-MC, tanto polos codificadores dos hospitais como pola Unidade de Referencia. Os que a continuación se relacionan son aqueles erros que non foron detectados en anteriores publicacións ("Notas Técnicas sobre a CIE-9-MC, 2ª edición en castelán" da Colección Sistemas de Información Sanitaria da Xunta de Galicia; "Boletíns número 0 e número 1 de Codificación Clínica coa CIE-9-MC" do Ministerio de Sanidade e Consumo). ( As palabras corrixidas ou engadidas aparecen cun dobre subliñado) VOLUME I: LISTA TABULAR DE ENFERMIDADES - Sección TUBERCULOSE (010-018) Na subclasificación de quinto díxito: 3 Bacilos tuberculosos * atopados (en esputos) mediante microscopía (* = se suprimíu a palabra "non") - 148.9 Orofarinxe, non especificada Nesta subcategoría clasifícase o Tumor maligno primario de orofarinxe ou Tumor de

Cavum. - 156.1 Conductos biliares extrahepáticos Engadir: Tumor de Klatskin - Sección NEOPLASIA MALIGNA DE TECIDOS LINFÁTICOS

Page 21: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 20

E HEMATOPOIETICOS (200-208) Na subclasificación de quinto díxito: 0 sitio non especificado ou órganos sólidos excepto bazo - 453 Outra embolia ou trombose venosa No exclúe debe dicir: Aquelas con inflamación, flebite e tromboflebite (451.0- 451.9) - Sección COMPLICACIÓNS PRINCIPALMENTE RELACIONADAS CO EMBARAZO (640- 648) Na subclasificación de quinto díxito: 1 parida, con ou sen mención de estado antepartum 2 parida, con mención de complicación postparto - 652 Estática e presentación defectuosa do feto

Exclúe: Aqueles con parto obstruido - 715.8 Osteoartrose que implica ou inclúe mención de, máis dunha localización, pero non

especificada como xeneralizada Entre corchetes, baixo o código debe dicir [0, 9] - Sección LESIÓN INTRACRANEAL, SALVO AQUELAS CON FRACTURA DE CRANEO (850-854) Na subclasificación de quinto díxito: 9 con contusión, non especificada - 952.17 Nivel T7-T12 , con síndrome de médula anterior - V10 Historial personal de neoplasia maligna VOLUME III: PROCEDEMENTOS - 02.39 Outras operacións para establecer drenaxes de ventrículo Derivación ventricular a localizar extracraneal NCOC

Page 22: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 21

- 04.2 Destrucción de nervios craneais e periféricos Destrucción de nervios craneais ou periféricos por: inxección de axente neurolítico radiofrecuencia - 04.81 Inxección de anestesia dentro de nervio periférico con fins analxésicos

Exclúe: aquela para anestesia operatoria- omitir código - 05.29 Outras simpatectomías e ganglionectomías

Exclúe: timpanosimpatectomía (20.91) - 06.94 Reimplantación de tecidos tiroideos Autotrasprante de tecido tiroideo - 08.3 Reparación de blefaroptose e retracción da pálpebra - 14.3 Reparación de esgazadura retinal En toda esta categoría (14.31-14.39) debe sustituirse a palabra "desgaste" por "esgazadura". - 20.62 Revisión de fenestración do oído interno - 22.31 Antrotomía maxilar externa (radical) - 37.21 Cateterismo cardíaco do lado dereito do corazón

Exclúe: aquela con cateterización do lado esquerdo do corazón (37.23) - 46.63 Fixación de intestino groso a parede abdominal Cecocoloplicopexia Sigmoidepexia (Moschowitz) - Páx 351 Biopsia -mama -pechada 85.11 - 46.99 Outra

Exclúe: Corpo estraño intraluminal de intestino delgado sen incisión (98.03)

- 48.0 Proctotomía lineal

Page 23: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 22

- 48.49 Outra resección de recto con reconstrucción tipo "pullthrough"

Exclúe: .............. tipo "pull-through" (48.65) - 49.3 Excisión local ou destrucción doutra lesión ou tecido de ano

Exclúe: control de hemorraxia postoperatoria de ano (49.95) - 88.65 Flebografía doutras veas intraabdominais con emprego de material de contraste - 89.17 Polisomnograma - 92.27 Implantación ou inserción de fontes radioactivas Código según lugar de incisión VOLUME II: ÍNDICE ALFABÉTICO DE ENFERMIDADES - Páx. 259 Enfermidade -von Recklinghausen (M9540/1) 237.71 - Páx. 441 Leucemia -aguda NCOC (M9801/3) 208.0 - Páx. 500 Neoplasia -Hipófise 194.3 198.89 234.8 227.3 237.0 239.7 - Páx. 508 Neopl -mama -pezón -porc. central 174.1 198.81 233.0 217 238.3 239.3 - Páx. 517 Neoplasia -recto(ampola) 154.1 197.5 230.4 211.4 235.2 239.0 - Páx. 599 Proliferación (Fungoide)(Neoplásica)(nueva) (M800/6)

Page 24: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 23

5.- SITUACIÓN DO C.M.B.D. EN GALICIA. ANOS 93-94

Page 25: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 24

a.- NIVEL DE CODIFICACIÓN O proxecto de posta en marcha do Conxunto Mínimo Básico de Datos en Galicia comeza a finais de

1992, ano en que codificaban de xeito sistemático tan só tres hospitais (cun volume de altas codifi-cadas dunhas 35.000). O incremento no volume de altas codificadas no primeiro ano, 1993, é moi significativo, xa que se acadaron as 94.456, o que representa arredor dun 200% de incremento respecto do ano anterior e un 57,0% sobre o total de altas producidas no ano 1993.

En 1993, os hospitais do SERGAS vanse dotando de persoal codificador, de xeito que as

porcentaxes de codificación son baixas debido a que nos primeiros trimestres do ano o volume de altas codificadas é pequeno. Unha vez resolto este problema as porcentaxes elévanse significativamente nos derradeiros trimestres do ano (p.e.: Meixoeiro e Conxo, codificaron so o derradeiro trimestre).

En 1994 sobre un total de 174.718 altas producidas nos hospitais do SERGAS codificáronse un total

de 134.730, o que representa un 77,1%. En xeral tódolos hospitais aumentan ou manteñen as porcentaxes de codificación, quedando no ano

1994 por debaixo do 85% o C.H. de Santiago, o Hospital Comarcal de Valdeorras e o Hospital Santa María Nai. No ano 1995 o Hospital Comarcal de Valdeorras estará por enriba do 92%, o C.H. de Santiago entre o 70 e o 80%. Respecto ó Hospital Santa María Nai existen problemas de organización de arquivo que van condicionar unha porcentaxe non superior ó 50%.

Unha peculiaridade da notificación en Galicia é que os hospitais do SERGAS envían

simultáneamente un ficheiro cos datos administrativos de tódalas altas producidas e outro ficheiro cos datos do C.M.B.D., de xeito que se estableceu un listado de control da porcentaxe de codificación en cada servicio, relacionando o total de altas producidas coas altas codificadas. Debido a que este listado relaciona exclusivamente o total de altas producidas coas codificadas en cada servicio dos hospitais que están a codificar, existe unha pequena variación das porcentaxes na táboa 3, respecto ás que aparecen noutras táboas en que se teñen en conta o total de altas producidas tamén en hospitais que non codifican.

Page 26: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 25

CAN: C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza GAL: C.H. de Santiago CIE: C.H. Xeral-Cies CRI: C.H. Cristal-Piñor CAL: C.H. Xeral-Calde MAR: C.H. Arquitecto Marcide-Novoa Santos MON: Hospital Montecelo MEI: Hospital Meixoeiro VAL: Hospital Comarcal de Valdeorras MNF. Hospital Comarcal de Monforte COS: Hospital Comarcal da Costa

COMPARACIÓN DAS PORCENTAXES DE CODIFICACIÓN NAS ALTAS DO BIENIO 93-94

HOSPITAIS SERGAS

CAN GAL CIE CRI CAL MAR MON MEI VAL MNF COS0

20

40

60

80

100PORCENTAXE ALTAS CODIFICADAS

1993 1994

Page 27: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 26

Táboa 1. ALTAS CODIFICADAS. ANO 1993

ALTAS PRODUCIDAS

ALTAS CODIFICADAS

%

JUAN CANALEJO-MARÍTIMO DE OZA 35.231 31.817 90,3

XERAL GALICIA-GIL CASARES 20.991 0 0,0

XERAL-CÍES 17.507 2.099 12,0

CRISTAL-PIÑOR 22.207 21.375 96,3

XERAL-CALDE 16.738 14.460 86,4

ARQUIT. MARCIDE-NOVOA SANTOS 10.639 10.585 99,5

MONTECELO 12.001 8.455 70,5

MEIXOEIRO 10.191 289 2,8

COMARCAL VALDEORRAS 3.252 1.349 41,5

COMARCAL MONFORTE 3.710 1.844 49,7

COMARCAL DA COSTA 3.756 1.793 47,7

HOSPITAL DE CONXO 4.759 390 8,2

HOSPITAL STª.M. NAI 4.671 0 0,0

T O T A L 165.653 94.456 57,0

ALTAS PRODUCIDAS. Corresponde ó número total de altas que tiveron lugar no centro. ALTAS CODIFICADAS. Son as altas en que se codificaron os diagnósticos e procedementos do

paciente. %. (Altas codificadas : Altas producidas) x 100

Page 28: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 27

Táboa 2. ALTAS CODIFICADAS. ANO 1994

ALTAS PRODUCIDAS

ALTAS CODIFICADAS

%

JUAN CANALEJO-MARÍTIMO DE OZA 34.658 32.474 93,7

C. HOSPITALARIO DE SANTIAGO 26.900 4.943 18,4

XERAL-CÍES 20.498 17.414 85,0

CRISTAL-PIÑOR 21.145 19.830 93,8

XERAL-CALDE 18.647 16.272 87,3

ARQUIT. MARCIDE-NOVOA SANTOS 11.518 11.378 98,8

MONTECELO 12.655 12.240 96,7

MEIXOEIRO 11.034 10.069 91,3

COMARCAL VALDEORRAS 3.510 1.891 53,9

COMARCAL MONFORTE 4.220 4.145 98,2

COMARCAL DA COSTA 4.078 4.074 99,9

HOSPITAL STª.M. NAI 5.855 0 0,0

T O T A L 174.718 134.730 77,1

Page 29: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 28

Táboa 3. ALTAS CODIFICADAS POR SERVICIO

ANO 1993 ANO 1994

ALTAS PRODUC

ALTAS CODIF

% ALTAS PRODUC

ALTAS CODIF.

%

ALERXIOLOXÍA CARDIOLOXÍA DERMATOLOXÍA APARELLO DIXESTIVO ENDOCRINOLOXÍA XERIATRÍA HEMATOLOXÍA CLÍNICA MEDICINA INTERNA NEFROLOXÍA NEUMOLOXÍA NEUROLOXÍA ONCOLOXÍA MÉDICA REHABILITACIÓN REUMATOLOXÍA U. LESION. MEDULARES UNIDADE TRASPRANTES TOTAL ÁREA MÉDICA

0 4.030

214 2.394

437 1.075 1.639

19.600 1.433 4.028 2.011 2.211

317 353 115

0

39.857

0 2.869

168 1.634

258 491

1.047 15.304

974 2.684 1.336 1.371

280 250 107

0

28.773

0,00 71,86 78,50 68,25 59,04 45,67 63,88 78,08 67,97 66,63 66,43 62,01 88,33 70,82 93,04 0,00

72,19

2 5.504

398 3.136

711 1.228 2.126

22.897 1.718 5.299 3.055 2.265

354 775 136 27

49.631

2 4.112

171 2.528

425 1.033 1.425

18.899 1.164 3.971 2.406 2.011

350 510 135

0

39.142

100,00 74,71 42,96 80,61 59,77 84,12 67,03 82,54 67,75 74,94 78,76 88,79 97,87 65,81 99,26 0,00

78,87

ANESTESIOLOXÍA ANXIOLOXÍA E C. VASC. CIR. CARDÍACA CIR. XERAL E DIXESTIVA CIR. MAXILOFACIAL CIR. PEDIÁTRICA CIR. PLÁSTICA CIR. TORÁCICA NEUROCIRURXÍA OFTALMOLOXÍA OTORRINOLARINGOLOXÍA TRAUMATOLOXÍA UROLOXÍA XINECOLOXÍA TOTAL ÁREA CIRÚRXICA

9 1.387

582 16.968

196 1.549 1.925

539 1.724 4.579 4.873

10.549 4.849

11.619

61.348

0 1.016

530 11.402

153 1.450 1.473

332 1.229 3.346 3.454 7.433 3.781 7.328

42.527

0,00 73,25 91,07 67,20 78,06 93,61 76,52 61,60 71,29 73,07 70,88 70,46 77,97 63,07

69,32

27 1.930 1.130

20.749 302

2.203 1.728

872 2.348 7.490 6.541

12.857 6.389

11.513

76.079

12 1.127

722 17.694

22 1.750 1.254

422 1.642 5.846 5.563

11.341 5.549 9.444

62.388

44,44 58,39 63,89 85,28 7,28

79,44 72,57 48,39 69,93 78,05 85,05 88,21 86,85 82,03

80,94

OBSTETRICIA TOTAL ÁREA OBSTÉTRICA

17.002

17.002

11.696

11.696

68,79

68,79

20.045

20.045

16.682

16.682

83,22

83,22

PEDIATRÍA UCI PEDIÁTRICA TOTAL ÁREA PEDIÁTRICA

12.217 1.287

13.504

8.794 951

9.745

71,98 73,89

72,16

15.725 1.198

16.923

12.450 1.167

13.617

79,17 97,41

80,46

PSIQUIATRÍA TOTAL ÁREA PSIQUIÁTRICA

652

652

330

330

50,61

50,61

1.429

1.429

956

956

66,90

66,90

UCI TOTAL ÁREA UCI

1.282

1.282

700

700

54,60

54,60

1.556

1.556

1.207

1.207

77,57

77,57

OUTRAS TOTAL OUTRAS ÁREAS

413

413

258

258

62,47

62,47

1.734

1.734

738

738

42,56

42,56

T O T A L 134.058 94.456 70,46 167.397 134.730 80,49

Page 30: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 29

b.- ALTAS VÁLIDAS Os motivos de que se invaliden altas son os seguintes: - NÚMERO DE HISTORIA: altas duplicadas ou solapadas. - DATA DE NACEMENTO: en branco, posterior á actual, posterior á do ingreso, idade

maior de 120 anos ou data incorrecta. - DATA DE INGRESO: en branco, posterior á de final de período, posterior á de alta ou data

incorrecta. - DIAGNÓSTICO PRINCIPAL: en branco ou código non permitido. - DATA DE ALTA: en branco, fora do período estudiado ou data incorrecta. - ESTADAS: superior a 999. A porcentaxe de altas válidas e moi alta en tódolos hospitais, podemos destaca-los seguintes datos: Ano 1993: Valor mínimo 95,4 % Valor máximo 99,6 % Media 99,1 % Ano 1994: Valor mínimo 97,7 % Valor máximo 99,9 % Media 99,5 % En xeral tódolos hospitais diminúen a porcentaxe de altas invalidadas no ano 1994 respecto ó ano

1993. Quizais os motivos desta reducción sexan que, por unha banda, en 1994 tódolos codificadores de hospitais do SERGAS tiñan realizado polo menos un curso básico de formación en codificación diagnóstica organizado pola Subdirección Xeral de Información Sanitaria, e por outro lado, tamén neste ano se pon en marcha a Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica.

Un aspecto a destacar, que explica estas porcentaxes de altas válidas, é que o programa de

codificación funciona integrado no hospital, de xeito que os datos administrativos do paciente non se codifican en arquivo, senón que se incorporan desde o aplicativo de admisión.

Page 31: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 30

Táboa 4. ALTAS VÁLIDAS. ANO 1993

ALTAS CODIFIC.

ALTAS VÁLIDAS

% VÁLIDAS

ALTAS INVALIDADAS

% INVALIDADAS

CANALEJO 31.817 31.677 99,6 140 0,4

XERAL GALICIA 0 0 0 0 0

XERAL-CÍES 2.099 2.003 95,4 96 4,6

CRISTAL-PIÑOR 21.375 21.155 99,0 220 1,0

XERAL-CALDE 14.460 14.365 99,3 95 0,7

MARCIDE 10.585 10.503 99,2 82 0,8

MONTECELO 8.455 8.377 99,1 78 0,9

MEIXOEIRO 289 278 96,2 11 3,8

VALDEORRAS 1.349 1.308 97,0 41 3,0

MONFORTE 1.844 1.761 95,5 83 4,5

COSTA 1.793 1.768 98,6 25 1,4

H. CONXO 390 382 98,0 8 2,1

Sta. M. NAI 0 0 0 0 0

TOTAL 94.456 93.577 99,1 879 0,9

ALTAS VÁLIDAS. Altas en que non se detecta ningún erro que faga necesario a súa exclusión da base de datos. Ver Anexo I.

ALTAS INVALIDADAS. Altas con información incompleta ou errónea en: datas de ingreso ou de alta ou

de nacemento ou sen diagnóstico principal. Ver Anexo I. %. Sobre as altas codificadas.

Page 32: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 31

Táboa 5. ALTAS VÁLIDAS. ANO 1994

ALTAS CODIFIC.

ALTAS VÁLIDAS

% VÁLIDAS

ALTAS INVALIDADAS

% INVALIDADAS

CANALEJO 32.474 32.452 99,9 22 0,1

C.H. SANTIAGO 4.943 4.892 99,0 51 1,0

XERAL-CÍES 17.414 17.306 99,4 108 0,6

CRISTAL-PIÑOR 19.830 19.816 99,9 14 0,1

XERAL-CALDE 16.272 16.185 99,5 87 0,5

MARCIDE 11.378 11.291 99,2 87 0,8

MONTECELO 12.240 12.180 99,5 60 0,5

MEIXOEIRO 10.069 9.942 98,7 127 1,3

VALDEORRAS 1.891 1.880 99,4 11 0,6

MONFORTE 4.145 4.049 97,7 96 2,3

COSTA 4.074 4.028 98,9 46 1,1

Sta. M. NAI 0 0 0 0 0

TOTAL 134.730 134.021 99,5 709 0,5

Page 33: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 32

c.- NIVEL DE ERROS

Ademáis dos erros que invalidan as altas, revisánse tódalas variables do C.M.B.D. en busca doutros erros que se detectan para a súa corrección pero que non son de entidade suficiente como para invalidar as altas (ver anexo I). Neste aspecto a mellora é moi importante, xa que se pasa dun 21,8 % de altas con algún erro en 1993 a tan só un 3,3 % de altas con erro no ano 1994. Esto fai que a media de erros por altas pase dun 0,24 a un 0,04.

Ano 1993:

Cabe destacar o número de erros do Hospitais Meixoeiro, de Conxo e Juan Canalejo.

En Meixoeiro e en Juan Canalejo o longo deste ano 1993 non se estaba a codifica-lo campo de financiamento, no caso de Meixoeiro durante todo o ano e no de Juan Canalejo no primeiro trimestre. No Hospital de Conxo o motivo deste 88,2% de altas con erro é por non codifica-lo concello de residencia.

Ano 1994:

Todavía manteñen unhas cifras por enriba do 10% de altas con erro os hospitais de Santiago e o Comarcal da Costa.

No caso do C.H. de Santiago o motivo desta porcentaxe de altas con erro (30,1 %) ven dada frecuentemente pola non codificación do concello de residencia e, en menor medida, por non codifica-lo procedemento cirúrxico en altas con data de intervención.

No Hospital Comarcal da Costa o motivo do 12,4 % de altas con erro é pola deficiente codificación do concello de residencia.

Page 34: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 33

Táboa 6. ALTAS CON ERROS CONFIRMADOS . ANO 1993

ALTAS CODIFIC.

ALTAS SEN ERRO

% SEN ERRO

ALTAS CON ERRO

% CON ERRO

CANALEJO 31.817 14.999 47,1 16.818 52,9

XERAL GALICIA 0 0 0 0 0

XERAL-CÍES 2.099 1.820 86,7 279 13,3

CRISTAL-PIÑOR 21.375 20.523 96,0 852 4,0

XERAL-CALDE 14.460 13.799 95,4 661 4,6

MARCIDE 10.585 10.182 96,2 403 3,8

MONTECELO 8.455 8.188 96,8 267 3,2

MEIXOEIRO 289 0 0,0 289 100,0

VALDEORRAS 1.349 1.243 92,1 106 7,9

MONFORTE 1.844 1551 84,1 293 15,9

COSTA 1.793 1.557 86,8 236 13,2

H. CONXO 390 46 11,8 344 88,2

Sta. M. NAI 0 0 0 0 0

TOTAL 94.456 73.908 78,3 20.548 21,8

ALTAS SEN ERRO. Son as altas sen ningún erro confirmado. ALTAS CON ERRO. Altas en que o programa informático de validación atopa algún dos erros con-

firmados que se indican no Anexo I. %. Sobre altas codificadas.

Page 35: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 34

Táboa 7. ALTAS CON ERROS CONFIRMADOS . ANO 1994

ALTAS CODIFIC.

ALTAS SEN ERRO

% SEN ERRO

ALTAS CON ERRO

% CON ERRO

CANALEJO 32.474 32.324 99,5 150 0,5

C.H. SANTIAGO 4.943 3.457 69,9 1.486 30,1

XERAL-CÍES 17.414 16.625 95,5 789 4,5

CRISTAL-PIÑOR 19.830 19.605 98,9 225 1,1

XERAL-CALDE 16.272 15.878 97,6 394 2,4

MARCIDE 11.378 11.264 99,0 114 1,0

MONTECELO 12.240 12.004 98,1 236 1,9

MEIXOEIRO 10.069 9.922 98,5 147 1,5

VALDEORRAS 1.891 1.806 95,5 85 4,5

MONFORTE 4.145 3.853 93,0 292 7,0

COSTA 4.074 3.571 87,7 503 12,4

Sta. M. NAI 0 0 0 0 0

TOTAL 134.730 130.309 96,7 4.421 3,3

Page 36: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 35

Táboa 8. NÚMERO DE ERROS CONFIRMADOS . ANO 1993

ALTAS CODIFIC.

NÚMERO ERROS

MEDIA ERROS POR ALTA

CANALEJO 31.817 18.251 0,57

XERAL GALICIA 0 0 0

XERAL-CÍES 2.099 282 0,13

CRISTAL-PIÑOR 21.375 894 0,04

XERAL-CALDE 14.460 670 0,05

MARCIDE 10.585 408 0,04

MONTECELO 8.455 282 0,03

MEIXOEIRO 289 426 1,47

VALDEORRAS 1.349 110 0,08

MONFORTE 1.844 309 0,17

COSTA 1.793 240 0,13

H. CONXO 390 418 1,07

Sta. M. NAI 0 0 0

TOTAL 94.456 22.290 0,24

MEDIA DE ERROS POR ALTA. Total de erros confirmados detectados, dividido entre o total de altas codificadas.

Page 37: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 36

Táboa 9. NÚMERO DE ERROS CONFIRMADOS . ANO 1994

ALTAS CODIFIC.

NÚMERO ERROS

MEDIA ERROS POR ALTA

CANALEJO 32.474 168 0,01

C.H. SANTIAGO 4.943 1.748 0,35

XERAL-CÍES 17.414 803 0,05

CRISTAL-PIÑOR 19.830 225 0,01

XERAL-CALDE 16.272 404 0,02

MARCIDE 11.378 122 0,01

MONTECELO 12.240 249 0,02

MEIXOEIRO 10.069 147 0,01

VALDEORRAS 1.891 89 0,05

MONFORTE 4.145 301 0,07

COSTA 4.074 521 0,13

Sta. M. NAI 0 0 0

TOTAL 134.730 4.777 0,04

Page 38: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 37

d.- TIPOS DE ERROS MÁIS FRECUENTES

O máis destacable neste aspecto, como xa se comentou anteriormente, é o importante descenso do número total de erros de 22.285 no ano 1993 a 4.777 no ano 1994. Cabe salientar que se manten un importante volume de erros en tres variables: - RESIDENCIA: Moitos destes erros veñen dados pola incompatibilidade dos códigos do concello e do código postal. - MORFOLOXÍA DE TUMORES: A detección dun importante número de erros nesta variable é debida a unha disfuncionalidade do programa informático de control de erros por canto marca como erro aquelas altas con código de morfoloxía de tumor repetido. Na actualidade esto está correxido. - CIRCUNSTANCIAS DA ALTA: Nunha todavía importante porcentaxe de altas non se coñece a circunstancia á alta.

Page 39: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 38

Táboa 10. TIPOS DE ERROS CONFIRMADOS MÁIS FRECUENTES.

ANO 1993 ANO 1994

NÚMERO % NÚMERO %

CÓDIGO DO HOSPITAL 0 0,00 0 0,00

NÚMERO DE HISTORIA 185 0,83 144 3,01

DATA NACEMENTO 374 1,68 412 8,62

SEXO 2 0,01 0 0,00

RESIDENCIA 898 4,03 893 18,69

FINANCIAMENTO 16.950 76,06 49 1,03

SERVICIO 87 0,39 460 9,63

CIRCUNSTANCIA INGRESO 34 0,15 220 4,61

DIAGNÓSTICO PRINCIPAL 406 1,82 231 4,84

OUTROS DIAGNÓSTICOS 9 0,04 12 0,25

PROC. CIRÚRXICOS PRINCIPAIS 131 0,59 347 7,26

OUTROS PROCEDEMENTOS 12 0,05 11 0,23

MORFOLOXÍAS DE TUMOR 1.495 6,71 1.322 27,67

DATA INTERVENCIÓN 10 0,04 13 0,27

ESTADÍAS 4 0,02 2 0,04

CIRCUNSTANCIAS DA ALTA 1.688 7,57 661 13,84

TOTAL 22.285 100,00 4.777 100,00

Page 40: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 39

e.- MEDIA DE DIAGNÓSTICOS E PROCEDEMENTOS POR ALTA. Neste apartado obsérvase un incremento da media por alta tanto en diagnósticos como en

procedementos. Ano 1993: Valor mínimo 1,24 en diagnósticos e 0,60 en procedementos Valor máximo 4,60 e 3,79 respectivamente Media 2,16 e 1,02 Ano 1994: Valor mínimo 1,93 en diagnósticos e 0,82 en procedementos Valor máximo 3,57 e 3,70 Media 2,36 e 1,37 Respecto a este dato consideramos que non debe codificarse indiscriminadamente co fin de acadar

medias de diagnósticos e procedementos artificialmente altas. Parece moito máis axeitado unha codificación que describa fielmente o episodio asistencial, de forma que non queden sen codificar diagnósticos ou procedementos de interés que poidan ter influencia á hora da asignación da alta a determinado DRG ou PMC.

Page 41: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 40

Táboa 11. MEDIA DE DIAGNÓSTICOS E PROCEDEMENTOS.

MEDIA DE DIAGNÓSTICOS MEDIA DE PROCEDEMENTOS

ANO 1993 ANO 1994 ANO 1993 ANO 1994

CANALEJO 1,77 2,11 0,98 1,32

XERAL GALICIA 0,00 2,56* 0,00 3,70*

XERAL-CÍES 4,60 2,29 1,75 1,40

CRISTAL-PIÑOR 2,32 2,49 0,99 1,22

XERAL-CALDE 1,97 2,27 0,65 1,14

MARCIDE 3,18 3,57 1,24 1,42

MONTECELO 1,93 1,93 1,16 1,20

MEIXOEIRO 1,24 2,09 1,60 1,01

VALDEORRAS 1,73 2,45 0,72 2,25

MONFORTE 1,62 1,93 0,75 0,82

COSTA 2,14 3,18 1,81 1,98

H. CONXO 2,21 * 3,79 *

Sta. M. NAI 0,00 0,00 0,00 0,00

TOTAL 2,16 2,36 1,02 1,37

* No ano 1994 fusiónase o C.H Xeral de Galicia co H. Médico-Cirúrxico de Conxo, pasando a constitui-lo C.H. de

Santiago. Estos son os datos que se reflexan nesta casilla

MEDIA DE DIAGNÓSTICOS POR ALTA. Calcúlase dividindo o total de códigos de diagnósticos entre o total de altas codificadas. MEDIA DE PROCEDEMENTOS POR ALTA. Calcúlase dividindo o total de códigos de procedementos entre o total de altas codificadas.

Page 42: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

BOLETÍN DE CODIFICACIÓN DIAGNÓSTICA Boletín número 0

Unidade de Referencia da Codificación Diagnóstica de Galicia Páx.: 41

f.- DRG´s: VALIDACIÓN Tódolos datos obtidos por agrupadores están condicionados polas porcentaxes de codificación en cada hospital (ve-la páxina 28). Táboa 73. DRG´s: VALIDACIÓN.

CÓDIGO LITERAL ANO 1993

NÚMERO % EM

468 Proced. cirúrxico extensivo sen relación co diagnóstico principal 481 0,51 20,87

469 Diagnóstico principal non válido como diagnóstico de alta 110 0,11 5,55

470 Non agrupable 2.501 2,67 11,06

476 Procedemento cirúrxico prostático non relacionado co diag. princ. 12 0,01 19,66

477 Procedem. cirúrxico non extensivo non relacionado co diag. princ. 177 0,18 14,09

T O T A L 3.281 3,51 12,51

ALTAS EN DRG´s CON COEFICIENTE DE VARIACIÓN > 1 35.736 38,2 9,18

CÓDIGO LITERAL ANO 1994

NÚMERO % EM

468 Proced. cirúrxico extensivo sen relación co diagnóstico principal 523 0,39 20,73

469 Diagnóstico principal non válido como diagnóstico de alta 247 0,18 6,96

470 Non agrupable 2.468 1,84 11,19

476 Procedemento cirúrxico prostático non relacionado co diag. princ. 10 0,00 23,90

477 Procedem. cirúrxico non extensivo non relacionado co diag. princ. 218 0,16 15,16

T O T A L 3.466 2,58 12,62

ALTAS EN DRG´s CON COEFICIENTE DE VARIACIÓN > 1 43.613 32,5 10,22

Page 43: COLECCIÓN SISTEMAS DE INFORMACIÓN SANITARIA

Táboa 74. DRG 470: ERROS NA ASIGNACIÓN

ANO 1993 ANO 1994

Nº % EM Nº % EM

Diagnóstico non válido 0 0 - 0 0 -

Non asignable a ningún DRG 48 0,05 5,7 43 0,03 6,4

Idade en anos non válida 0 0 - 0 0 -

Sexo non válido 9 0,00 3,2 8 0,00 3,6

Circunstancia alta non válida 53 0,05 13,1 31 0,02 9,5

Peso recén nado non válido 0 0 - 0 0 -

Diagnóstico principal ilóxico 0 0 - 0 0 -

Diag. principal non válido 2.391 2,55 11,1 2.386 1,78 11,3

TOTAL DRG´s 470 2.501 2,67 11,1 2.468 1,84 11,2