ceibe 2010

44
Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXIV - Nº 25 | Curso Escolar 2009/2010

Upload: ceip-a-lama

Post on 29-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

Revista Escolar do CEIP A Lama

TRANSCRIPT

Revista Escolar do CEIP “A Lama” - ANO XXIV - Nº 25 | Curso Escolar 2009/2010

- 2 -

COMO MOLA SER MONICREQUE! [páxinas 4 - 5]

Fotos e debuxos da actuación da Compañía “Matapiollos”

AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E MAGOSTO [páxinas 6 - 7]

Debuxo e crónicas.

NADAL [páxinas 8 - 9]

Día da festa: visita dos Reis Magos, Papá Noel, animación á lectura...

DÍA DA PAZ [páxinas 10 - 11]

Mural de Infantil de 3 e 4 anos

Mural de 3º de Educación Primaria

ENTROIDO [páxinas 12 - 15]

Reportaxe fotográfica e debuxos.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA [páxinas 16 –17]

Mural “Todos os días son 8 de marzo” Encontro con nais traballadoras

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL [páxinas 18 –19]

Charla: “A serra do Suído” Voz Natura: plantación na área de Racelo no día da árbore.

Charla: “O traballo dun Axente Forestal”

LETRAS GALEGAS [páxina 20]

Procura de información: alumnos de 5º E.P.

MÚSICA [páxina 21]

“El Reino del revés”

S

UM

ARIO

- 3 -

BIBLIOTECA [páxinas 22 - 25]

A nova biblioteca Algo de actividade Chrystyan Magic Día do libro SAÍDAS, TEATRO e MÚSICA [páxinas 26 - 31]

3º ciclo: “Os petroglifos de Campo Lameiro” Ed. Infantil: “El gusano que quería volar” 2º ciclo: “El niño colchón” 3º ciclo: “Familias de instrumentos” Ed. Infantil: “Camelot Park” 4º, 5º e 6º E.P.: “Museos científicos de A Coruña” SAÍDAS DE FIN DE CURSO [páxinas 32 - 37]

Escolas Viaxeiras As médulas O aeroporto e o zoo

CREACIÓNS LITERARIAS [páxinas 38 - 39]

Concurso : “Érase un día, una poesía” Día do libro Conto viaxeiro: “Unha noite en Romariz” NOVAS INSTALACIÓNS E CARTEIS TRILINGÜES [páxina 40] COMEZA O CURSO NA AULA DE INGLES [páxina 41] FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS [páxinas 42 - 43] AQUELES MARABILLOSOS ANOS [contraportada]

- 4 -

CO

MO

MO

LA S

ER M

ON

ICRQ

UE!

O día 30 de setembro veu a compañía de “Matapiollos”, uns titi-riteiros que daban moita risa!

A obra trataba duns monicre-ques chamados Trapos e Anteollos. Trapos quería ser un neno para poder xogar ao parchís.

Un día a Trapos picoulle unha polilla e converteuno nun neno de carne e óso.

Cando Ofelia entrou ao seu cuarto e veu a Trapos, pensaba que era un estraño. Ofelia sorprendeuse moito e ata se asustou.

Trapos quixo viaxar, entón Ofelia propúxolle ir á praia, pero como non lle gustaba ir á praia, propúxolle ir á neve cos pingüíns e..., tampouco lle

- 5 -

gustaba a neve. Nin os cruceiros, nin o deserto...

Por fin deu coa solución: facer unha obra de teatro, con princesas e príncipes. Trapos volveu a ser monicreque e Ofelia unha nena.

Inma 3º

Nerea 3º

- 6 -

AO

REDO

R D

O O

UTO

NO

, SAM

AÍN

E O

MAGO

STO

A festa do Magosto

O día 6 de novembro de 2009 celebramos o Magos-to no colexio. Os nenos e nenas de 3º cantamos unha canción.

Para cantar trouxemos uns sombreiros de bruxas e a profe de Inglés pintounos unha araña na cara.

Despois fomos ao salón de actos e cantamos a canción FIVE FUNNY PUMPKINS.

Tamén cantou o resto do cole e a que máis me gustou foi a que bailaron os ne-nos e as nenas de 5º curso.

Entre todos os alumnos do cole fi-xemos un conto de medo que tamén li-mos ese día. O esce-nario estaba precio-so coas cabazas e cestas.

Despois fomos ao pavillón e fixe-mos moitos xogos.

Pola tarde no patio dos maiores, comemos castañas asadas.

María 3º

- 7 -

Infa

nti

l 3-4

an

os

- 8 -

O N

ADAL

Aischa - 3º ciclo

Paula - Ed. Infantil

Nerea - 2º ciclo

Marcela - 1º ciclo

- 9 -

Polo Nadal tivemos unha festa moi chula. A pesar da “crisis” os Reis Magos portáronse moi ben, e a AMPA trouxo unhas actividades moi divertidas pola ma-ñá: conta-contos, xogos, visita de Papá Noel… Na páxina anterior podedes ver as postais gañadoras de cada ciclo e a de-coración do escenario.

- 10 -

DÍA

DA P

AZ

- 11 -

O día da paz, algunhas clases fixe-ron uns murais conmemorativos.

Nestas pouquiñas fotos que vos achegamos podedes ver aos de Infantil, que elaboraron coas “súas propias mans” un, moi chulo, sobre a igualdade entre tódalas razas da terra. A clase de 3º buscou a palabra Paz en moitos idiomas e fixeron un traballo no que o personaxe Mafalda nos explica que significa “Vivir en Paz”. Pola tarde todo o cole puido ver a película: “Historia de una gaviota y el gato que le enseñó a volar”.

- 12 -

O E

NTRO

IDO

- 13 -

Despois de un ano tan frío, non podíamos disfrazarnos doutra cousa… de pingüíns! Pola mañá saímos de comparsa polo pobo, facendo as delicias de tódolos curiosos que se achegaron a vernos, aínda que o frío vol-veu a xogarnos unha mala pasada. Como o tempo non acompañaba, fixemos un percorrido máis curto. Pola tarde a festa continuou no salón do cole, onde os nenos volveron a sorprendernos cos seus disfraces.

- 14 -

O E

NTRO

IDO

Infa

nti

l 4 a

no

s

- 15 -

Os mestres tamén prepa-raron os seu disfraces. Este ano, recordando vellos tempos de xogos, foron de “come-cocos”. Custaba saber quen era quen! Seguindo a tradición, os “novos”, que non os máis no-vos, puxeron o doce á comida repartindo as filloas de Entroi-do. Máis de un quedou coa boca aberta!

- 16 -

DÍA

DA M

ULLER T

RABALLADO

RA

- 17 -

Baixo o lema: “Todos os días son 8 de marzo”, conme-moramos o “Día da muller tra-balladora”. Cada curso fixo un traba-llo de investigación sobre unha muller que destacara na súa profesión, e con todos eles confeccionamos un gran mural. Pola tarde recibimos a visita de cinco nais que nos explicaron en que consistía o seu traballo. Os alumnos pui-deron facer preguntas moi in-teresantes e de seguro que repetiremos a experiencia.

Julián de 2º

Alex de 2º

- 18 -

EDUCACIÓ

N M

EDIO

AM

BIE

NTAL

O noso cole leva dende o ano 1997 participan-do no “Proxecto Voz Natura” da Voz de Galicia que consiste en levar a cabo diversas actividades que fomenten o coidado e o coñecemento da natureza.

Este ano fomos plantar árbores a Racelo, pero tamén nos visitou Antonio para dar unha charla so-bre o traballo dun Axente Forestal. Ademais a Asem-blea Ecoloxista de Galicia acercounos ao noso entor-no coa charla “A serra do Suído”.

Tampouco deixamos de inculcar a importancia da reciclaxe, o aforro enerxético, o coidado das plantas…

Temos que dar as grazas aos alumnos e profe-sores do Obradoiro de Emprego pola súa colabora-ción.

O día 23 de marzo fo-mos plantar árbores a Ra-celo. Fixemos nove grupos e a min tocoume coa profe Ángeles (2º de primaria) e no meu grupo foron Rubén, Lucía, Marinel, Noelia, Adrián, Cristian, Aisha, Adrián e eu.

Cando chegamos a Ra-celo un señor ensinounos como podar unha árbore e despois fomos con Adriana (a nosa monitora ) a plan-tar árbores. O noso grupo plantou 12 árbores.

Tamén baixamos a ver a nosa plantación do ano pasado e a merendar. ¡Quedou moi bonito e me-draron moito! ¡Paseino moi ben!

Inma 3º

- 19 -

Inma 3º

Charla de Antnio, Axente Forestal da Xunta de Galicia Plantación de árbores en Racelo

O venres 26 de marzo visitounos o axente forestal Antonio para explicarnos en que consiste o seu traballo e como funcionan os equipos na extinción de incendios.

Púxolle un traxe ignífugo a un compañeiro e amo-sounos os compoñentes que forman o equipo de protec-ción individual (EPI): o casco para protexerse dos golpes, botica de emerxencia, botas, dúas emisoras e un cinto pa-ra colgar os guantes, a máscara, a cantimplora e as ga-fas.

Deixounos un batelume de recordo. Foi unha experiencia interesante e divertida.

Tibu e Santos 4º

- 20 -

LETRAS G

ALEGAS 2

010

Este ano, o Día das Letras Galegas estivo dedicado a Uxío Novoneyra, poeta nacido no Courel en 1930.

Para traballar un pouco a súa biogra-fía, os alumnos de 5º curso foron á aula de informática na procura de información e, xa de paso, ensaiar como a terían que expo-ñer en público.

- 21 -

MÚSIC

A: “E

l reino d

el revés”

EL REINO DEL REVÉS

María Elena Walsh

Me dijeron que en el Reino del Revés nada el pájaro y vuela el pez, que los gatos no hacen miau y dicen yes porque estudian mucho inglés. Vamos a ver cómo es el Reino del Revés. Me dijeron que en el Reino del Revés nadie baila con los pies, que un ladrón es vigilante y otro es juez y que dos y dos son tres. Me dijeron que en el Reino del Revés cabe un oso en una nuez, que usan barbas y bigotes los bebés y que un año dura un mes. Me dijeron que en el Reino del Revés hay un perro pekinés que se cae para arriba y una vez no pudo bajar después. Me dijeron que en el Reino del Revés un señor llamado Andrés tiene 1.530 chimpancés que si miras no los ves. Me dijeron que en el Reino del Revés una araña y un ciempiés van montados al palacio del marqués en caballos de ajedrez.

Alumnos de 3º E.P.

- 22 -

O R

ECAN

TO

DE L

EO

(…

é dicir: A B

iblio

teca

)

Este curso estreamos unha nova biblioteca. Moito máis grande e con moitas máis cousas.

Contamos cun recanto para os ordenadores (todos con conexión a Internet), un recanto informal de lectura, estantes para o cómic, panta-lla de proxección e home ci-nema, moble de audiovisuais,

mesas de traballo, e o máis importante: moitísimo fondos novos en diversos soportes (libros, cd, dvd…).

Foi un traballo inten-so, que comezou en se-tembro coas obras de re-modelación do espazo que agora ocupamos.

Despois chegou o

- 23 -

amoblamento e a decoración, para poder comezar coas actividades programadas e moitas outras que foron xurdindo.

Todo isto sería case que imposible de non contar cos fondos achegados pola Con-sellería de Educación a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia. (PLAMBE)

O proxecto que redactamos o ano pasado foi un dos escollidos pola Asesoría de Bibliote-cas para entrar no mencionado Plan.

Nas páxinas seguintes queremos amosarvos algunhas das iniciativas levadas a cabo.

VO

LUN

TAR

IOS

20

09

/20

10

- 24 -

O R

ECAN

TO

DE L

EO

: Chry

styan M

agi

c

O luns 15 de marzo veu ao noso colexio un mago a presentar un libro e uns trucos máxicos. O primeiro foi que fixo levitar unha mesa agarrán-doa polo mantel. Tamén teletransportou un dado dunha caixa ao gorro de mago. Despois sacou a

Sara (de 3º) e a Cristina (da clase de 5 anos) para convertelas en magas.

Cristina converteu tres discos negros en discos amarelos, verdes e azuis. ¡Ah! A “theacher” Pilar ta-mén fixo maxia!

Gustoume moito e espero que as profes o traian outra vez.

Inma 3º

Infantil 3-4

- 25 -

O R

ECAN

TO

DE L

EO

: Día

Intern

acion

al d

o Lib

ro

Tódolos anos, polo 23 de abril, conmemórase o Día Internacional do Libro.

Para festexar esta data, o Equi-po de Biblioteca, en colaboración co de Normalización Lingüística, organi-zou unha actividade que consistía en intercambiar unha creación literaria por un libro.

Podían ser poesías, contos, adi-viñas, ilustracións… o único obrigato-rio era que tiña que vir feito da casa, e as familias tiñan que axudar.

Quedamos moi ledos co resulta-do, xa que participaron moitísimos nenos.

Estamos traballando para reco-ller todas esas creacións nun libro que máis adiante poderedes ver na “biblio”.

Na sección de creacións propias poderedes ver algúns exemplos de-ses traballos.

- 26 -

SAÍD

AS: Visita a

os p

etro

glifos

de

Cam

po

Lam

eiro

Un día fomos os de 5º e 6º de excursión a Campo La-meiro a ver uns petroglifos.

Entramos no colexio á hora de sempre, esperamos un ratiño e xa entramos no autobús. Polo camiño vimos cida-des, pobos, campos… cando pasamos por unha curva moi es-treita o autobús non cabía, e tivemos que ir 3 Km camiñando ata os petroglifos.

Chegamos moi cansados, entón os profes deixáronnos ir ao baño e sentarnos nuns bancos que había alí fóra. Des-pois dun bo rato, uns monitores explicáronnos que os petro-glifos eran debuxos que estaban feitos nas pedras fai moitos anos. Entón puxéronnos un folio xigante no chan e tivemos que pintar petroglifos.

Despois de pintalos, os monitores leváronnos de paseo a velos. Vimos un que era un corzo con tres frechas atrave-sadas e algunhas espirais que parecían árbores.

Despois do paseo déronnos un papel con preguntas co-mo: gústanvos os petroglifos?, cal foi o petroglifo que máis

che gustou?...

Máis tarde fomos co autobús a un parque, era un sitio moi bonito. Estivemos xogando un pouco, e despois subimos unhas escaleiras ata arriba. Alí había un petroglifo dunha serpe, estivemos mi-rándoa e despois fomos ó cole.

Aischa 5º

Nerea 5º

- 27 -

SAÍD

AS: “E

l gusa

no qu

e quería

volar”

O día 12 de maio os alumnos de infantil foron ver unha obra de teatro.

Para algúns era a primeira experiencia, e quedaron abraiados.

Pasárono moi ben.

Aglaia Infantil 4 anos

- 28 -

SAÍD

AS: “E

l niñ

o co

lchón

O día 20 de abril fomos a ver “O neno colchón”.

Trataba de un neno chamado Xoán e dos seus pais que se querían separar.

Xoán pensaba que ao separarse o ían deixar de querer por iso se enfada cando os seus pais lle dan a noticia, e marcha da casa.

Coñece a moitos personaxes: dous vixiantes, un vagabundo, a súa sombra… Todos lle dan consellos e dinlle que iso é algo normal e que os seus pais van seguir queréndoo coma antes.

Xoán entende que o que lle din é verdade e que os seus pais non o van deixar de querer porque estean separados.

Paseino moi ben e foi moi divertido. Cando acabou a obra déronnos un folleto que contaba o argumento do que acaba-bamos de ver.

Inma 3º E.P

Sara 3º E.P.

- 29 -

SAÍD

AS: “F

am

ilias d

e instru

men

tos”

O teatro abriu as súas portas para que os nenos de 3º ciclo se achegaran ao mundo das familias instru-mentais.

Mesmo se converteron en músicos formando parte dunha divertida orquestra.

Un experiencia que gus-tou moito xa que aínda non puideran ver algúns de eses instrumentos en vivo.

- 30 -

SAÍD

AS: “C

am

elot

Park

Un día en Pontevedra que os nosos ca-tivos non poderán esquecer.

Comezaron xogando no Camelot Park, e custoulles moito saír de alí co ben que o estaban a pasar.

Despois da comida un paseo pola “Boa Vila” fíxoos acabar na alameda onde descu-briron o parque e as súas árbores.

- 31 -

SAÍD

AS: “M

useos cien

tíficos de A

Coru

ña”

Os nenos máis maiores visitaron a Domus, o Planetario e o Acuario da Coruña.

Un achegamento ao mundo das ciencias do mar, do corpo e do uni-verso.

Un día cheo de novos coñece-mentos que de seguro responderon moitas preguntas aos nosos alumnos.

- 32 -

SAÍD

AS D

E F

IN D

E C

URSO

-Esc

olas

viaxe

iras

- 33 -

O martes 18 de maio collemos rum-bo ao aeroporto de Vigo para ir cara Barcelona.

Xunto cos nenos de outros coles de Asturias e Ciudad Real fomos a ver moi-tas cousas pola cidade.

Os profes déronnos un caderno e alí apuntábamos as nosas cousas e o que viamos para contarllo logo os nosos compañeiros.

O que máis me gustou foi estar nun albergue con outros nenos. Pasámolo moi ben e foi moi divertido.

E non houbo deberes durante unha semana!

Gabriel 5ºE.P.

- 34 -

SAÍD

AS D

E F

IN D

E C

URSO

- A

s m

édula

s

O xoves 20 de maio saímos de excursión ás Médulas.

Fomos en autobús ata Pon-tevedra. Alí collemos o tren ata Redondela, onde enlazamos con outro tren que nos levou ata o Barco de Valdeorras. Unha viaxe un pouco longa pero divertida.

Despois outro autobús le-vounos ata as “cabañas de Ca-rucedo”. Deixamos alí as mochi-las e Sofía, a monitora, foinos ensinar o lago e explicounos a súa orixe e que especies viven nel (patos e carpas, sobre todo). Tamén nos contou unha lenda dunha princesa; fixemos un xo-go de xesticular e fomos cear.

Ao rematar, xogamos á “caixa tola”, tiñamos que elixir un papel e facer o que alí se nos mandaba. Sobre as 11 da noite fomos lavar os dentes e a “durmir” (máis ben a xogar co-as compañeiras da cabana).

- 35 -

O venres levantámonos ás 8:15; duchámonos, almorzamos e emprendemos a ruta cara ás Médulas. Acompañounos Euloxio, un monitor moi bo e que nos explicou moi ben como extraían o ouro das minas antigamente. Comemos de pic-nic e compramos moitos agasallos e recordos. Despois de comer visitamos lagoas, o lago Somido e o Mirador. Ás 5 da tarde recolleunos o auto-bús para regresar ao campamento, recoller as mochilas e emprender a viaxe de regreso.

Espero volver, porque aínda que tivemos que andar (8 Km.) gustoume, aprendín moitas cou-sas e, sobre todo, divertinme moito cos monitores, cos meus amigos e amigas e coas profes.

Ángela 4º

María 3º E.P.

Inma 3ºE.P.

Nerea 3º E.P.

Ainoa 3º E.P.

- 36 -

SAÍD

AS D

E F

IN D

E C

URSO

- O

aer

opor

to e

o z

oo

- 37 -

Un día ben completo que vivimos o 7 de xuño os alumnos de E.I., 1º ciclo e 3º E.P.

Pola mañá fomos ao Zoo de Vigo e da man de dúas guías descubrimos no-vas cousas sobre os animais.

Despois dun ratiño de xogos fomos cara o aeroporto de Peinador. Moitos nenos viron por primeira vez as instala-cións e os avións. Que ruído facían!

- 38 -

CREACIÓ

NS L

ITERARIA

S P

RO

PIA

S

Mis amigos Me gustan los animales, no son todos iguales hay leones y gatos y también hay patos. Si fuera mayor los cuidaría a diario les daría mucho amor y sería extraordinario.

Nerea 3º

Mi perro Pericles Tengo un perro salchicha, que me causa gran desdicha. De marrón está vestido, y tiene un genio divertido. Lo bauticé como "Pericles", y el tonto tragó unos chicles. Ya no se que hacer con él ¡Se enamoró de un cartel! Vio la foto de una perrita, cuyo nombre es Perlita. No sé que hacer con el enamorado. Está muy triste y desconsolado…

María 3º

Saidou3 anos

Alex 2º E.P.

Viaxeira do mundo Non son francesa, porque non falo Francés. Tampouco son inglesa, porque non falo Inglés. Quixera ir a un lugar, onde se falara ao revés, así podería falar ao dereito e ao revés. En China falase chinés e en Xapón xaponés. Eu quixera ser viaxeira do mundo, así podería falar Francés, Inglés, Chinés e Xaponés.

Aischa 5º

- 39 -

Los corazones Mi amigo Ramón tiene el corazón de melón, y su amiga María lo tiene de sandía. Yo lo querría tener de fresa pero lo tengo de milanesa ¡qué suerte tiene mi madre! pues lo tiene de frambuesa.

Ainoa 3º

Martín 3 anos

Aischa 5º E.P.

Todo o cole

- 40 -

NO

VAS IN

STALACIÓ

NS E

CARTEIS

TRIL

INGÜES

Despacho de dirección, xefatura e secretaría

Sala de mestres

E por fin logramos o cambio que tanto se precisaba!

Uns novos despachos para o equipo di-rectivo, a sala de mestres e a creación do de-partamento de orientación, deron un xiro total á organización do centro. Agora gozamos dun espazo amplo e cómodo.

Os novos carteis trilingües axudan non só a orientarse polo centro se non a facerse co vocabulario nas tres linguas. Carteis trilingües

- 41 -

CO

MEZA O

CURSO

NA A

ULA D

E IN

GLÉS

O primeiro mes de inglés foi algo difícil porque non entendíamos moito.

Fixemos un libro chulísimo, aínda que era un pouco pequeno, é un “mini-book” sobre nós: o no-so nome, idade, onde vivimos, e cousas que nos gustan, como: as cores, animais ou comida. O que nos sorprendeu foi que puxeran a televisión e o proxector de DVD no aula de inglés, polo que ago-ra miramos vídeos: uns foron moi graciosos eran sobre uns porquiños. Tamén facemos copias, es-coitamos cancións, etc. E deste xeito pasou o pri-meiro mes do curso.

Ángel e Mónica 6º E.P.

Comezamos o cole e tivemos inglés pero todo cambiara: a clase e a mes-tra, este ano viu a “teacher Pilar”. Desde que comezamos aprendemos moitísimas cousas, entre outras: o verbo “to be”, vocabulario sobre ob-xectos de clase, as cores, números, os días da semana, os meses, animais, e moitas máis. Esperamos seguir aprendendo moito e pasalo moi ben na clase de inglés.

Abel e Antía 6º E.P.

- 42 -

FESTIV

AL D

AS L

ETRAS G

ALEGAS

EL HORMIGUERO 6º E.P.

LAS DIVINAS 4ºE.P.

CIRCLE OF SMILES 5º E 6º E.P.

IF YOUR ARE HAPPY, HAPPY… 1º E 2º THE RAINBOW SONG. E.I.

O CONTADOR DE CHISTES E MOVE YOUR BODY 5º E.P.

NO SPEAK SPANISH MY LOVE2º E.P.

CAPOEIRA 6º E.P.

ONE NOSE, ONE MOUTH 4º E.P.

- 43 -

RUN, RUN, RUN… 3º E.P.

THRILER 5ºE.P.

IF YOUR ARE HAPPY, HAPPY… 1º E 2º

O AUTO DE PAPÁ, DON PEPITO E A PRIMAVEIRA . E.I.

O CORPO 4ºE.P.

O CONTADOR DE CHISTES E MOVE YOUR BODY 5º E.P.

NO SPEAK SPANISH MY LOVE2º E.P.

O ECO DESOBEDIENTE 1º E 3º E.P.

I GOTTA FELLING 3º E.P.

Subvencionada por:

A revista escolar “Ceibe” está editada polo Equipo de Normalización Lingüística do CEIP A LAMA e subvenciónase cos fondos recibidos da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística dentro do Plan de Fomento do uso do Galego.

Aqueles marabillosos anos...Aqueles marabillosos anos...