carreira solidaria- fame no sahel

4
C FAME NO SAHEL Xuntos, polos dereitos da infancia Inscriba o seu Centro! Foto: Julien Lejour/Save the Children XI CARREIRA polos dereitos das crianzas de Malí QUILóMETROS DE SOLIDARIEDADE a n o s

Upload: cep-pedro-caselles

Post on 15-Jun-2015

318 views

Category:

Documents

3 download

TRANSCRIPT

Page 1: CARREIRA SOLIDARIA- FAME NO SAHEL

C

Pza. Puerto Rubio, 28 • 28053 Madrid Tel.: 91 513 05 00 • Fax: 91 552 32 72

www.savethechildren.es

Dende 1987, Save the Children traballa para mellorar as vidas dos nenos e nenas de Malí e defender os seus dereitos en múltiples áreas:

5 MILLÓNS DE NENOS E NENAS NO SAHEL NECESITAN ALIMENTOS PARA SOBREVIVIREN.

A SÚA AXUDA É IMPRESCINDIBLE PARA COMBATER A FAME NO SAHEL

Na rexión do Sahel moitas crianzas viven nunha situación moi vulnerable.

As recorrentes secas impiden que as colleitas prosperen e estímase que 5 millóns de crianzas sofren desnutrición neste momento.

Malí é un dos países máis afectados pola fame. Medio millón de nenos e nenas déitanse e espertan con fame día tras día. En Save the Children estamos levando a cabo programas de emerxencia para evitar que a desnutrición siga a cobrarse milleiros de vidas infantís.

Participando en Quilómetros de Solidariedade axudas a combater a fame en Malí mentres non cheguen as próximas colleitas.

• Alimentación: proporcionando alimentación suplementaria aos nenos e nenas con desnutrición, vitaminas a bebés e mulleres grávidas, así como recursos para que os granxeiros e agricultores poidan alimentar os seus fillos nos momentos difíciles (galiñas, cabras, sementes, cartos...).

• Educación: promovendo que tanto nenas coma nenos asistan á escola, formando profesores, reconstruíndo escolas derrubadas polas guerras, etc.

• Saúde: realizando campañas de vacinación para evitar que os menores de 5 anos morran por doenzas que se poden previr e curar, coma o sarampelo; formando persoal sanitario, principalmente matronas e traballadores sanitarios.

FAME NO SAHEL

Colabora:

Xuntos, polos dereitos da infancia

Inscriba o seu Centro!

Foto: Julien Lejour/Save the Children

Foto

: Sav

e th

e Ch

ildre

n

XI CARREIRA

polos dereitos das crianzas de Malí

QUILóMETROS DESOLIDARIEDADE

anos

SOMOS a organización independente líder a nivel mundial no traballo a favor da infancia.

A NOSA MISIóN é impulsarmos avances significativos na forma en que o mundo trata os nenos e as nenas, co fin de xerarmos cambios inmediatos e duradeiros nas súas vidas.

A NOSA vISIóN é a dun mundo en que todos os nenos e nenas teñan asegurado o dereito á supervivencia, á protección, ao desenvolvemento e á participación.

Page 2: CARREIRA SOLIDARIA- FAME NO SAHEL

INSCRIBA O SEU CENTRO: SUMÁNDONOS TODOS, MULTIPLICAMOS OS SEUS RECURSOS

CADA ANO, UNHA LECCIÓN DE SOLIDARIEDADE QUE ROMPE DESIGUALDADES: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. MÁIS DE 2.240.000 ESCOLARES, OS SEUS CENTROS ESCOLARES E OS SEUS FAMILIARES PARTICIPARON XA.

ASÍ É

PASO A PASO

Unha actividade educativa para defender os dereitos da infancia.

O SEU CENTRO OBTÉN UN DIPLOMA DE AGRADECEMENTO que lle acredita como participante en Quilómetros de Solidariedade.

RECIBE A MEMORIA DA XI EDICIÓN QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE. En primavera de 2015 recibirá os resultados da actividade, con fotos e a relación de todos os Centros que participaron.

Tamén recibirá a revista Los + Jóvenes Solidarios que lle permite seguir a traballar a educación en valores e compartir cos seus alumnos os resultados do seu esforzo ao participar na XI Edición Quilómetros de Solidariedade.

RECIBA GRATUITAMENTE os materiais que lle enviará Save the Children.• Material didáctico para

traballar na aula os Dereitos da Crianza e a situación da infancia no Sahel.

• Dorsais, carnés do corredor e diplomas para todos os alumnos participantes.

• Carteis para anunciar Quilómetros de Solidariedade na contorna do seu Centro.

BÚSQUEDA DE “PATROCINADORES”. Cada alumno participante busca familiares e amigos dispostos a pagarlle “x” euros por cada quilómetro que o alumno percorra, explicándolles que os cartos se destinarán a combater a fame na rexión do Sahel.

CELEBRACIÓN DE QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE o día escollido polo seu Centro.Recomendamos realizar a actividade en datas sinaladas, como o 20 de novembro - Día Internacional dos Dereitos da Crianza -, ou o 30 de xaneiro - Día Escolar da Paz -. O seu Centro é libre de escoller a data que máis lle conveña.

Ese día, os profesores que coordinan as carreiras anotan os quilómetros percorridos no carné de cada participante, asinándoo. Os quilómetros son simbólicos: poden decidir, por exemplo, que 1 km sexa unha volta ao patio.

Tamén entregan a cada corredor o seu Diploma Solidario.

ENTREGA DOS CARTOS a Save the Children.Unha vez que os alumnos participantes entregan os cartos no seu Centro, este fainos chegar a Save the Children por transferencia, ingreso ou cheque.

INSCRICIÓN DO SEU CENTRO.Enviando a Ficha de Inscrición adxunta por fax ou correo electrónico antes do 22 de outubro de 2014.

306.422 participantes

83.000 participantes 60.000 participantes145.500 participantes

2013 20112012 2010 2009

189.300 participantes242.600 participantes

273.000 participantes308.000 participantes337.761 participantes297.446 participantes

O CORREDOR RECADA OS CARTOS DOS SEUS “PATROCINADORES”.Para isto, o único que precisa é amosarlles aos seus patrocinadores o carné que lle asinaron no seu Centro xustificando os quilómetros percorridos e solicita os cartos pactados previamente. Así, se o avó prometera 0,50 € por cada quilómetro, terá que multiplicar esa cantidade polos quilómetros que veñan no seu carné e darlla.

TODOS OS MATERIAIS SON

GRATUÍTOS

1

5

6

7

8

2

3

4

Quilómetros de

COA SÚA PARTICIPACIÓN, MILES DE NENOS E NENAS NO SAHEL TERÁN ALIMENTOS PARA SOBREVIVIREN Á FAME.

SolidariedadePor undécimo ao consecutivo, celébrase Quilómetros de Solidariedade nos Centros Educativos de toda España. Todos poden participar, públicos e privados, dende infantil ata bacharelato. É unha actividade cun dobre obxectivo:• Inculcar nos máis novos un espírito crítico perante as inxustizas

que sofre a infancia. Isto lógrase con actividades de sensibilización que se realizan nas aulas, apoiadas por material didáctico proporcionado gratuitamente por Save the Children.

• Recadar fondos para defender os dereitos dos nenos e das nenas en Malí. Para iso, realízanse carreiras solidarias ou outras actividades como xincanas, marchas, carreiras de sacos, de bicicletas, de triciclos, etc. nas que se recollen cartos.

Este ano, os cartos recadados por Quilómetros de Solidariedade destinaranse aos programas de Save the Children en Malí, e, se fose necesario, a outros programas para atender situacións imprevistas que afecten á infancia máis desfavorecida.

Grazas á participación do seu Centro, miles de nenos e nenas poderán sobrevivir á fame que sofren en Malí. A falta de chuvias provocou a perda das colleitas e, en consecuencia, de alimentos. Os máis débiles, as crianzas, carecen dos nutrientes básicos para sobreviviren e desenvolvérense adecuadamente.

2008 20062007 2005 2004

Quilómetros de Solidariedade

CEIP Ntra. Sra. dE la SIErra (Cabra, Córdoba)

Page 3: CARREIRA SOLIDARIA- FAME NO SAHEL

INSCRIBA O SEU CENTRO: SUMÁNDONOS TODOS, MULTIPLICAMOS OS SEUS RECURSOS

CADA ANO, UNHA LECCIóN DE SOLIDARIEDADE QUE ROMPE DESIGUALDADES: QUILóMETROS DE SOLIDARIEDADE. MÁIS DE 2.240.000 ESCOLARES, OS SEUS CENTROS ESCOLARES E OS SEUS FAMILIARES PARTICIPARON XA.

CEIP Ntra. Sra. dE La SIErra (Cabra, Córdoba)

Page 4: CARREIRA SOLIDARIA- FAME NO SAHEL