capelasixtina rafael bis

7
Á esquerda “O Parnaso”, á dereita “A escola de Atenas”. Na bóveda, enriba de cada fresco encóntrase un todo coa correspondente alegoría: Enriba de “O Parnaso”, a Poesía; enriba de “A escola de Atenas”, a As stanzas decoradas con frescos por Rafael, forman parte dun departamento na planta superior dos Palacios Vaticanos, onde o papa Xulio II instalou as súas dependencias privadas. A da “Segnatura” era a biblioteca privada do papa e lugar onde se reunía a “Signatura Apostólica” ( un tribunal vaticano), de o seu nome. Os temas representados nos catro muros, “O Escola de Atenas. Alegoría da Filosofía. O Parnaso. Alegoría da Poesía.

Upload: dives-gallaecia

Post on 22-Jun-2015

435 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Capelasixtina Rafael Bis

Á esquerda “O Parnaso”, á dereita “A escola de Atenas”. Na bóveda, enriba de cada fresco encóntrase un todo coa correspondente alegoría: Enriba de “O Parnaso”, a Poesía; enriba de “A escola de Atenas”, a Filosofía. Entre eles, rectángulos con esceas explicativas.

As stanzas decoradas con frescos por Rafael, forman parte dun departamento na planta superior dos Palacios Vaticanos, onde o papa Xulio II instalou as súas dependencias privadas. A da “Segnatura” era a biblioteca privada do papa e lugar onde se reunía a “Signatura Apostólica” ( un tribunal vaticano), de aí o seu nome. Os temas representados nos catro muros, “O Parnaso”; “A escola de Atenas”, “A disputa do Sacramento” e “A Xustiza” queren conciliar o coñecemento da antigüedade coas verdades rebeladas na Biblia.

Escola de Atenas.

Alegoría da Filosofía.

O Parnaso.

Alegoría da Poesía.

Page 2: Capelasixtina Rafael Bis

Miguel Anxo (vestido de canteiro) como Heráclito.

Bramante como o matemático Euclides

Rafael míranos directamento ós ollos para captar a nosa atención.

Platón (Leonardo) e Aristóteles ocupan o centro da composición. Platón, que represnta o mundo das ideas sinala cara a arriba. Aristóteles, que representa o mundo da filosofía, sinala cara a abaixo

O deus da razón, Apolo, que personifica o coñecemento relixioso e o poder civilizador da razón

A deusa da sabiduría, Atenea, protectora do coñecemento e da creación artística.

Page 3: Capelasixtina Rafael Bis

A disposición en perspectiva ten en conta que a obra sitúase por enriba da nosa cabeza (véxase o lintel da porta do ángulo esquerdo), cun punto de vista lixeiramente baixo. O marco arquitectónico onde Rafael representa a escena responde a unha dobre función. Por un lado permite o debuxado da representación atendendo ó riguroso emprego da perspectiva liñal central, recurrindo ás baldosas, entaboamentos... para marcar as liñas de fuga. Por outro lado, a concepción deste marco arquitectónico representa ós ideais arquitectónicos da época.

Page 4: Capelasixtina Rafael Bis

Xuizo final

Bóveda. Os campos centrais representan episodios do Xénese

Page 5: Capelasixtina Rafael Bis

Creación do mundoCreación do home e expulsión do Paraíso Historia de Noé

Separación da luz e das tebras

Creación dos astros

Separación das augas

Creación de Adán

Creación de Eva

Pecado orixinal e Expulsión do Paraiso

Sacrificio de Noé

O Dilubio Universal

Embriaguez de Noé

Page 6: Capelasixtina Rafael Bis

Caída e expulsión. A caída do home represéntase de maneira novidosa: á esquerda a tentación e a dereita a espulsión do Paraíso. No centro a serpe con torso de muller, á que Miguel Anxo outorga o papel de tentadora e responsable do pecado. Á dereita o arcaonxo Miguel expulsa á parella, temerosa, cara a unha paisaxe erma.

Ignudi: Xoves espidos situados nos bordes dos paneis, que parecen atender ó que sucede nas esceas e reaccionan de maneira individual. Non queda claro o significado destas imaxes paganas nuha representación cristiá.

Medallóns de bronce que representan esceas do Antigo Testamento que complementan ás narradas nos paneis principais.

Deus Pai. Contrasta a postura case hierática do Deus da Creación de Eva, co Deus da Creación de Adán, cheo de dinamismo. O Deus da Creación de Eva parece inclinar a cabeza ó non coller no espacio que lle foi asignado. Amosa o gusto do artista polas figuras moi volumétricas e corpóreas.

Page 7: Capelasixtina Rafael Bis

Creación de Adán. Deus, con semblante severo e barba gris que reflicten o seu poder absoluta e rodeado de anxos cruza os ceos coma un meteoro. Adán, perfecto de rostro e corpo pero aínda exánime, recibe do deodo de Deus unha descarga que percorre o seu corpo e lle insufla a vida. A súa mirada expresa asombro e sumisión. As dúas figuras están concebidas como esculturas tanto pola súa corporeidade como polas posturas que adoptan. Miguel Anxo inspirábase moitas veces nas posturas das esculturas da Grecia Clásica.