caderno de investigación sobre a idade media

45
Don Quixote e Sancho Panza na aventura dos muíños. CADERNO DE INVESTIGACIÓN DO 1º CICLO. PROXECTO: UN CASTELO DE LIBROS. A COVA DO LOBO SEITODO. CEIP BORMOIO-AGUALADA. PATRICIA RODRÍGUEZ BARDANCA. CURSO 2012-13 Adaptación da obra de Anxo Fariña (2005): Don Quixote e Breogán na aventura dos muíños. A Nosa Terra.

Upload: colexio-bormoio

Post on 24-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Caderno dirixido ao alumnado do 1º ciclo de Educación Primaria para afondar no estudo da Idade Media.

TRANSCRIPT

Don Quixote e Sancho Panza na aventura dos

muíños.

CADERNO DE INVESTIGACIÓN DO 1º CICLO.

PROXECTO: UN CASTELO DE LIBROS.

A COVA DO LOBO SEITODO.

CEIP BORMOIO-AGUALADA.

PATRICIA RODRÍGUEZ BARDANCA.

CURSO 2012-13

Adaptación da obra de Anxo Fariña (2005): Don Quixote e Breogán na aventura dos muíños. A Nosa

Terra.

“Prestade atención ao que vai acontecer,

un cabaleiro e o seu escudeiro divertiranvos a pracer.

Viviron fai moitos anos na época medieval,

tempo de loitas e guerras

e de castelos sen igual.

A través das aventuras do pequeno Breogán,

atravesaredes os balados, os cimentos máis pesados, as

torres máis altas, os pasos empedrados…

Todo para aprender a investigar

a Idade Media e o que alí tivo lugar.”

CAPÍTULO 1.

Breogán, mentres, canso de tanto ler, q

Chámase Breogán o que aquí vedes cun libro enorme

debaixo do brazo. Pediuno na biblioteca atraído polo coiro

antigo da encadernación e os debuxos tan vellos que tiña.

Trataba dun home, xa vello, que gostaba de ler libros

de cabaleiros. E tanto lía que toleou un pouquiño e quixo ser

un deles.

Tomou un veciño como escudeiro

que só existían na súa imaxinación.

Breogán, mentres, canso de tanto ler, quedou durmido…

Chámase Breogán o que aquí vedes cun libro enorme

debaixo do brazo. Pediuno na biblioteca atraído polo coiro

antigo da encadernación e os debuxos tan vellos que tiña.

Trataba dun home, xa vello, que gostaba de ler libros

. E tanto lía que toleou un pouquiño e quixo ser

escudeiro para vivir aventuras

1.- Os cabaleiros son guerreiros nobles que, dende pequenos, teñen que prepararse para loitar. Que máis sabedes sobre eles?

Anotade as vosas ideas. Neste enlace atoparedes máis información:

http://nea.educastur.princast.es/caballeros/principal.htm

OS CABALEIROS

ONDE VIVEN?

QUE FAN?

CÓMO VAN VESTIDOS?

A QUEN DEFENDEN?

2.- Ésta é a vestimenta dos cabaleiros, así como algunhas armas que empregaban para defenderse. Coloca o nome no cadro que corresponda. Logo, colorea.

escudo – armadura – casco ou ielmo – cota de maia – espada - lanza

3.- Realiza as sumas e colorea o debuxo seguindo o código de cores: 64 AZUL, 45 GRIS, 36 MARRÓN e 27

LARANXA.

4.- O escudeiro é o axudante do cabaleiro e ten encomendadas unhas funcións. Cales realiza? Une según corresponda.

• Agora que coñeces o que fan os cabaleiros e os escudeiros. Qué preferirías ser ti? Xustifica a túa resposta.

CABALEIRO

ESCUDEIRO

Limpiar as armas de combate. Obedecer ao seu Señor.

Defender aos máis débiles.

Coidar do cabalo.

Loitar polas causas xustas.

Axudarlle ao cabaleiro a colocar a armadura.

5.- Na época medieval o escudo era un elemento de defensa, como ben dixemos. Collíase cunha man por unha asa e colocábase

diante do corpo para protexelo. Cada señor tiña o seu propio escudo coas cores da familia. Atreveríaste a deseñar un?

Primeiro, escolle a plantilla e logo combina as diferentes figuras xeométricas, iconas... Éstes son algúns exemplos:

CAPÍTULO 2.

Cando acordou xa non estaba no seu cuarto.

-Onde foi a miña cama?

-Por que levo esta roupa posta?, e esta espada de madeira?

E botou a andar, buscando alguén a quen lle preguntar onde se atopaba.

-Detente e dime o teu nome!

O que lle berraba a Breogán era un señor de pelo gris moi fraco vestido cunha armadura e montando un vello cabalo morto de fame.

Ao seu lado, ía un home baixiño a lombos dunha burra.

-Non me faga nada señor, chámome Breogán e ando perdido.

-E eu son Don Quixote e estamos na escudeiro Sancho Panza e Rocinante

De seguida, Breogán preguntoulle como podía voltar a Galiza, pero quedaba tan lonxe que lle pediu a Don Quixote que o aceptase como aprendiz de cabaleir

Cando acordou xa non estaba no seu cuarto.

Onde foi a miña cama?

levo esta roupa posta?, e esta espada de madeira? – preguntábase Breogán.

E botou a andar, buscando alguén a quen lle preguntar onde se atopaba.

O que lle berraba a Breogán era un señor de pelo gris moi fraco vestido cunha armadura e montando un

Ao seu lado, ía un home baixiño a lombos dunha burra.

Non me faga nada señor, chámome Breogán e ando perdido.

e estamos na Mancha. Quen me acompaña é o meu Rocinante, o meu cabalo.

De seguida, Breogán preguntoulle como podía voltar a Galiza, pero quedaba tan lonxe que lle pediu a Don Quixote que o aceptase como aprendiz de cabaleiro.

preguntábase Breogán.

E botou a andar, buscando alguén a quen lle preguntar onde se atopaba.

O que lle berraba a Breogán era un señor de pelo gris moi fraco vestido cunha armadura e montando un

6.- Breogán é galego coma nós. Colgade o mapa de España na pizarra e localizade Galicia. Agora coloreade a nosa comunidade autónoma de azul. Onde se atopa Castela a Mancha? Coloreade esta rexión de amarelo.

7.- Cres que Breogán estaba moi lonxe da súa casa? Castela a Mancha? Rodéaos.

8.- Que medios de transporte cres que existían na Idade Media? anterior.

Cres que Breogán estaba moi lonxe da súa casa? Que medios de transporte empregarías ti para viaxar dende Galicia ata

Que medios de transporte cres que existían na Idade Media? Rodéaos e logo compara cos

Que medios de transporte empregarías ti para viaxar dende Galicia ata

Rodéaos e logo compara cos resultados da actividade

9.- Unhas edificacións típicas de Castela a Mancha, e que conforman a súa paisaxe, son os muíños de vento. Aquí tendes algunhas fotografías.

• Que corpos xeométricos se empregan para construír un muíño de vento? Risca.

Os corpos xeométricos que se empregan para construír os muíños de vento son

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

Para contestar ás seguintes preguntas precisaredes acudir aos enlaces do blogue e buscar a

información nos libros de consulta da biblioteca:

• Para qué se empregaban os muíños de vento na Idade Media?

CILINDRO CONO CUBO PIRÁMIDE

• A quen pertencían os muíños de vento na Idade Media? Sen embargo, quen facía uso deles?

• Coloca as partes do muíño de vento manchego: silo – habitación das pedras – aspa – camareta.

10.- Os muíños de vento manchegos son bastante antigos. Hoxe en día, nas nosas paisaxes, aparecen outros muíños de vento máis modernos. Buscade fotografías deles e pegádeos aquí.

11.- Investigade. En que se parecen os muíños manchegos aos muíños de vento actuais? Que uso lle damos agora aos muíños de vento?

CAPÍTULO 3.

Don Quixote aceptou a petición e partiu con Breogán a procura de aventuras. Polo camiño explicoulle como

se comportaba un cabaleiro. Tiña que ser amábel, intelixente e forte. E tamén defender aos débiles e loitar

sempre contra o mal…

Camiño adiante viron unhas estrañas siluetas.

-Eses son malvados xigantes que veñen arrasar estas terras. Temos que loitar contra eles – dixo Don

Quixote.

-Señor, non é por levarlle a contraria, máis xuraría que son muíños de vento-

comentou Sancho Panza.

Achegáronse aos muíños con Don Quixote aínda emperrechado en que eran

xigantes. Sancho seguía a pensar que non eran tal cousa e Breogán, morto de

medo, agachouse detrás do escudeiro.

Na Idade Media había que estar sempre listos para a guerra. Os reises e os nobles, que eran as persoas máis ricas e

poderosas, construían castelos para protexerse dos seus inimigos. Declarábanse a guerra bastante a miúdo xa que querían

apoderarse das terras e posesións do outro.

Un castelo podía sufrir varios ataques, por eso eran construccións fortes e sólidas que estaban situadas nun lugar moi alto.

12.- Escribe ao carón de cada definición a parte do castelo que corresponda, tendo en conta as imaxes.

adarve - patio de armas – almena – ponte levadiza – rastrillo – torre da homenaxe – muralla – foso- mazmorra - saeteira.

Parede alta e grosa que rodea o castelo. É a _____________________

Ponte móbil que, cando se pechaba, parecía unha porta. É a _______________________

Canle de auga situado ao redor da muralla. É o ____________________

Prisión situada no sótano do castelo. É a ____________________

Torre máis alta do castelo, onde vivían nobles e reises e que era o último núcleo da resistencia. É a

__________________________________________.

Zona do patio interior onde se situaban os arqueiros, ferreiros, soldados, cabaleiros… É o

__________________________________________.

Cadrado que sobresaía da muralla para protexer aos soldados que se escondían detrás. É a

______________________.

Pesada porta con pinchos que impedía a entrada ao castelo. É o _______________________

Xanela moi estreita dende a cal se tiraban frechas e outras armas arroxadizas. Eran estreitas para que

non entrasen as armas dos inimigos. É a _____________________________

Camiño que percorrían os soldados na parte superior da muralla. É o ___________________________

13.- Agora que xa coñecedes as partes do castelo, colocádeas no seu lugar. Logo, coloreade as murallas de marrón e o foso de azul.

A torre da homenaxe é a parte mellor gardada do castelo. Alí vive o señor. En caso de ataque, todo o mundo se refuxia nela. En cada parte da torre realízase unha actividade. Debuxa seguindo as instruccións.

TORRE DA HOMENAXE

1.- Na cima da torre, os soldados vixían que non se achegue o inimigo, preparados coas lanzas e os arcos.

2.- No 3º andar os soldados de garda deixan as súas armas e as súas municións, e dormen todos xuntos.

3.- No 2º andar atópase a habitación do Señor. Ten poucos mobles e, no inverno, fai frío.

4.- No 1º andar hai unha gran sala onde se serven as comidas e onde o Señor celebra os xuicios. Os músicos tocan alí.

5.- Na planta baixa hai unha bodega onde se almacenan as provisións.

6.- No sótano están os prisioneiros nas mazmorras.

CAPÍTULO 4.

Cando xa estaban moi preto, Don Quixote correu cara os muíños, que el imaxinaba como xigantes. Abaneando os brazos e coa lanxa ben agarrada, foi directo a atacalos a galope do seu cabalo.

Don Quixote espetou con forza a lanza nos brazos do que el cría que era un xigante, máis en verdade era a aspa dun muíño, que o atrapou cando xiraba.

Don Quixote deu voltas prendido do muíño. E vendo que non paraba, Sancho e Breogán lanzáronlle unha corda para baixalo á terra. O muíño parou tan de súpeto que Don Quixote saíu disparado ao chan.

-Está vostede ben? – preguntoulle Breogán.

-De marabilla, máis avergoñado pola miña derrota ante os xigantes.

-Non tivemos derrota ningunha, pois non loitamos contra xigantes, senón contra muíños de vento.- explicou Breogán.

Don Quixote quedou con cara de pampo, e ollou para os muíños.

Na Idade Media non só había cabaleiros e escudeiros, senón que os habitantes do castelo tamén desenvolvían outras profesións. Atrevédesvos a averiguar cales? Cubride as liñas seguindo o esquema cos datos que atopedes nos libros de consulta.

Quen é?

É un

A que se adica?

Adícase a

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

Quen é?

A que se adica?

CAPÍTULO 5.

Don Quixote non entendía o que pasaba:

-Isto sen dúbida é cousa máxica. Debeu ser obra do feiticeiro Frestón, que gosta facer falcatruadas. O que antes eran xigantes, agora son simples muíños.

Pasado o susto, comezou a gabar o seu escudeiro Sancho Panza e o seu novo aprendiz. Mais Breogán, nese mesmo intre, sentía sono e só tiña ganas de durmir…

E durmiu tanto que acordou para a hora de cear. E xa na cama outra vez, entroulle gana de buscar novas aventuras lendo máis páxinas daquel libro máxico.

FIN

Breogán, o protagonista da historia, disfrutaba lendo libros. Ademáis de ler, que fas ti para divertirte? Presta atención ó

seguinte texto, colocando cada palabra conde corresponda, descubrirás cales eran as principais distraccións na Idade Media.

PALABRAS CAÍDAS

A distracción preferida dos señores na Idade Media era a _____________ do xabarín ou do cervo. Tamén adestraban

_____________ para cazar. Pola contra, as señoras facían ___________________ mentras escoitaban aos trovadores. Os

cabaleiros tamén xogaban ó _____________, a unha especie de _________ con paus ou á _____________. Mentras, os

nenos disfrutaban xogando co _________ ou ó __________________________________.

pelota – cabalo de madeira – xadrez – bordados – falcóns – xoquei – aro – caza.

14.- Ordenade os seguintes parágrafos e descubriredes como eran as festas na Idade Media..

En cambio, para os habitantes do pobo non hai pratos, nin garfos; só usan a culler e o coitelo. Comen sobre grandes anacos de pan.

Asimesmo, disfrutan de certas distraccións cando comen. Hai acróbatas e domadores de osos.

Viva a festa!

Os banquetes celébranse na gran sala do castelo. Hai certas diferenzas entre os nobres e o resto de habitantes do mesmo.

Os nobres e os seus invitados séntanse na mesa de honra. Teñen pratos de prata.

O menú é pouco variado: carne de vaca, carneiro, un prato de touciño con cebola e lentellas. As trompetas e os tambores anuncia a chegada de cada novo prato.

Recortade e pegade os parágrafos por orde.

Éste que vedes aquí é o autor da obra “O inxenioso fidalgo Don Quixote da Mancha”. Chámase Miguel de Cervantes Saavedra. Completade a súa biografía recurrindo ao material colgado no blogue da biblioteca.

BIOGRAFÍA DE MIGUEL DE CERVANTES

Cando naceu e onde?

A que se adicou antes de ser escritor?

Por que lle chamaban o “manco de Lepanto”?

Que outra obra literaria escribiu ademáis de Don Quixote?

SEMANA DA PRENSA.

Escribide, en grupos de dous, unha noticia para a revista LERIA basada no que lle aconteceu a Don Quixote cos muíños. Lembra que unha nova consta de varias partes: o titular (destaca o máis importante da noticia), a entrada (resume a nova e destaca e resposta ás preguntas básicas) e o corpo (texto onde se recollen os acontecementos por orde de importancia).

Escolle o título que consideres máis axeitado para a noticia.

Agora escolle a entrada.

REALIDADE OU FANTASÍA?

OS MUÍÑOS DE VENTO ATACAN ÁS PERSOAS.

A LOITA CONTRA OS MUÍÑOS.

Os muíños de vento cobran vida e atacan a un ancián e ao seu acompañante a plena luz do día.

Un ancián fica ferido despois de loitar contra uns muíños de vento, crendo que eran xigantes.

Algunhas persoas, contrarias ao uso dos muíños de vento, manifestan a súa opinión atacándoos violentamente.

LERIA, ______________ , ___ de __________ de ____________

Na comunidade autónoma de Castela a Mancha tivo lugar, a comezos desta semana, un estraño suceso moi comentado polos veciños do lugar. Un ancián montado a cabalo e o seu amigo, a lomos dunha mula, achegáronse a uns muíños de vento. De súpeto,

4

titular

entrada

DÍA DO LIBRO. MARCAPÁXINAS DE DULCINEA E DE DON QUIXOTE.

15.- Resolve a adaptación da adiviña de Gloria Fuertes. Logo, en grupo, inventade unha para Don Quixote.

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA:

Vai montado nun burriño

é baixo, gordo e con panza,

amigo dun cabaleiro

de escudo e lanza,

sabe refráns, é listo.

Adiviña, adiviñanza…

Quen é?

MÁIS IDEAS…

-Realización dun teatro de monicreques, un cómic ou un mural.

Neste enlace atoparedes plantillas (anverso e reverso) para facer teatro de monicreques, elaborar un cómic reflexando a aventura dos muíños ou construír un mural con escenarios: http://www.quixote.tv/SASTAGO/marionetas.htm

-Elaboración dun caderno de adiviñas que fagan referencia aos personaxes.

-Recortable dun cabaleiro.

-Realización dun mapa conceptual onde consten os conceptos básicos que se traballaron.

OBXECTIVOS XERAIS.

-Coñecer, de forma divertida, unha das obras máis importantes da literatura española, concretamente “O inxenioso figalgo Don Quixote da Mancha”.

-Desenvolver unha actitude positiva cara as súas personaxes principais como Don Quixote e Sancho Panza, mediante actividades e tarefas lúdicas.

-Escoitar e participar dalgunha das historias coñecidas do libro como a dos muíños de vento, realizando actividades sinxelas.

-Fomentar a curiosidade e a capacidade de investigar sobre diferentes aspectos da Idade Media.

-Desenvolver destrezas de busca e uso da información.

-Ampliar o coñecemento sobre a biblioteca do centro e o seu blogue: cales son as súas funcións, que tipo de recursos proporcionan e de cales dispoñen.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS.

-Organizar as ideas en esquemas ou agrupalas en diferentes blocos, en función de se están relacionadas ou non.

-Distinguir entre información principal e secundaria atendendo a unha serie de requerimentos.

-Traballar coa prensa e diferenciar as partes dunha noticia.

-Producir pequenos textos, axeitados á idade do alumnado.

-Coñecer a xeografía española, a súa historia e algunhas das edificacións máis características.

CONTRIBUCIÓNS AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS.

• Competencia en comunicación lingüística.

-Elaborar pequenos textos ou completar os xa iniciados.

-Interpretar diferentes tipos de información.

-Seleccionar os datos máis significativos.

-Empregar a lectura para acceder a outro tipo de contorno, cultura, fantasía e saber.

• Competencia matemática.

-Coñecer e manexar algúns corpos xeométricos.

-Poñer en práctica procesos de razoamento que leven á solución de problemas ou á obtención de información.

• Competencia no coñecemento e a interación co mundo físico.

-Interpretar os cambios tecnolóxicos dados no ámbito do transporte e nas máquinas.

-Coñecer os diferentes hábitos de alimentación, ocio… que se levaban a cabo na Idade Media e comparalos cos desenvolvidos na actualidade.

• Tratamento da información e da competencia dixital.

-Dispoñer de habilidades para buscar, obter e seleccionar a información, utilizando os medios cos que conta a biblioteca para acceder a ela.

-Usar diferentes soportes (impresos, audiovisuais, dixitais e multimedia).

-Realizar deducións de distinto nivel de complexidade, tendo en conta a idade cronolóxica do alumnado.

-Desenvolver a actitude crítica e reflexiva na valoración da información dispoñible.

• Competencia social e cidadá.

-Comprender a realidade histórica e social e a súa evolución.

-Fomentar a cooperación e as dinámicas de traballo en grupo.

• Competencia cultural e artística.

-Apreciar as diferentes manifestacións culturais e artísticas da Idade Media.

-Apreciar as obras máis importantes da nosa literatura.

• Competencia para aprender a aprender.

-Adquirir consciencia acerca do que un mesmo pode facer e do que pode chegar a realizar coa axuda de outros (p.ex. as figuras adultas de referencia).

-Desenvolver a habilidade de obter información e transformala en coñecemento propio.

• Autonomía e iniciativa persoal.

-Afrontar as tarefas académicas, coñecendo e manexando diferentes técnicas que permitan resolvelas satisfactoriamente.

BIBLIOGRAFÍA

• Fariña, A. (2005): Don Quixote e Breogán na aventura dos muíños. A Nosa Terra. • Vanderviele, A. (2012): Caballeros y castillos. Barcelona. Larousse.

ENLACES

• Crea a túa propia espada e o teu escudo: http://www.youtube.com/watch?v=N7PFZw9_6qU • Os castelos e as cidades medievais: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=piOzMCSiWzk

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=0l3TnxKs_C8#

http://proyectosmyblog.wordpress.com/los-castillos-medievales/

• Don Quixote e os muíños de vento: http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm http://www.madridejos.net/todomolinos/generalidades.htm

http://www.madridejos.net/Molinos/index.htm

• Don Quixote en audio: http://www.cervantesvirtual.com/obra/el-ingenioso-hidalgo-don-quijote-de-la-mancha--0/

http://www.youtube.com/watch?v=xo7lk6aRjjQ

• Don Quixote na Biblioteca Nacional: http://quijote.bne.es/libro.html

• Debuxos animados de Don Quixote: http://www.youtube.com/watch?v=pZMfvOSz5rk • As profesións: http://www.tudiscoverykids.com/juegos/jugando-a-las-profesiones/

http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/a/03/animaciones/a_fa23_04.html

• Plantillas: http://www.quixote.tv/SASTAGO/marionetas.htm

• Biografía de Miguel de Cervantes: http://www.youtube.com/watch?v=qSNQQT0ClPA

http://www.youtube.com/watch?v=dwiO2ImFuPU

• Cabaleiros e castelos: http://nea.educastur.princast.es/caballeros/index.htm