c2201 r52084 012 111081.bk · 2015-05-07 · galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. entón,...

17

Upload: others

Post on 29-Jan-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me
Page 2: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

EN MARCHA•Aaparenciafísica•Asílaba•Opuntoeamaiúscula•Texto,parágrafoeoración•Aautoestima•Oretrato

Sen complexos1

12intelixencias múltiples

Page 3: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

13intelixencias múltiples

TAREFA INTEGRADAUnha caricatura é o retrato debuxado dunha persoa na que se esaxeran as súas caracte-rísticas para dar risa. Xogades a debuxar as vosas caricaturas?

Caricaturízate1. Pega unha fotografía túa na parte superior

dunha folla. Nunha folla á parte descríbete. Despois, pega tamén a descrición enriba da túa fotografía.

2. No resto da folla, debuxa a caricatura da túa cara esaxe-rando os trazos característicos.

3. Colgade as follas á vista de todo o mundo. Aseguráde-vos de que a vosa fotogra-fía quede tapada e que só se vexa a caricatura.

4. Xogade a adiviñarvos!

Page 4: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

Non todos temos a mesma aparencia física: cor de pel, ollos, ca-belo… O importante é que sexamos boas persoas.

— Que cousas podemos facer para ser mellores persoas?

Estou gordecho, e que? Cando nacín pesei catro quilos e trescentos gramos. Disque parecía un queixo de bóla e que ría moito, sobre todo despois de mamar.

—Que criatura máis fermosa! —dicía a miña avoa—. É cuspidiño ao pai!

Iso non era certo porque papá é moito máis grande ca min. E ten barba.

—Que guapo e que gordecho é! —dicía a miña outra avoa cando viña de visita.

—É un comellón —dicíalle papá.

Cada vez que sentía fame, botábame a choromicar no berce. Entón viña papá, collíame no colo e cantábame unha cantiga.

—Váisenos poñer coma un pote —comentaba papá. Pero mamá víame tan contento, que dicía:

—Non importa. É tan bonito!

E os dous quedaban pampos mirándome un bo anaco.

Despois comecei a tomar biberón e engordei moito máis porque a papá e a mamá gustáballes que o terminase enteiriño. Se non, po-día vir miña irmá e quitarmo.

—Dásme un pouco? Es un lambón! —dicíame ela e quería quitarmo ás agachadas.

—Que marabilla de neno! —dicía a xente cando a miña avoa me sacaba pasear polo parque.

LEMOS

14

Comellón: persoa que come moito.

Page 5: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa.

Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas.

O pediatra que me medía e pesaba díxolles a papá e a mamá:

—Este neno está moi gordo. Ten que comer menos.

Eles contáronllo á miña irmá e dixéronlle que non me consentise comer galdrupeiradas. Pero eu, pedíallas á avoa.

—Ten, larpeiro —dicíame ela cando estabamos sós—. Que non te vexa a túa irmá.

Desde que teño dentes podo comer bocadillos. Algunhas veces, téñolles quitado a merenda a outros nenos no parque, por iso me chamaban todos Bomba de Nata. E case nunca querían xogar conmigo. A min no me importaba porque estaba coa miña avoa.

—Non fagas caso a eses parvos, cariño —dicíame—. Ten, todo para ti.

E dábame unha galleta ou un bolo dos que máis me gustaban.

Eu non entendía por que os nenos e as nenas do parque se burlaban de min ou me tiñan medo. Eu corría detrás deles porque quería xogar pero nunca os pillaba. Era lento.

Unha tarde que estaba no parque coa avoa, salvei unha nena que esvarou no estanque. Metinme na auga con zapatos e todo e collín a nena coma se fose un peluche. Ao saír da auga, a xente do parque fixo unha roda arredor.

—Es un valente, rapaz! —díxome un bombeiro.

—Que neno máis forte! —comentaba a xente.

Dende que salvei aquela nena no estanque, os demais non me teñen medo e déixanme xogar con eles de cando en vez.

Seve e Calleja, Estou gordecho, e que? Editorial Galaxia. (Adaptación)

1

15

Page 6: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

16

COMPRENSIÓN

1 Primeiro que nada, comentade, entre todos, as palabras do tex-to que non comprendades. Buscádeas no dicionario se vos fai falta.

2 Completa a descrición do protagonista cando naceu, no teu ca-derno.

Pesaba . . . . . . . . . . quilos e trescentos gramos. Parecía un . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . de bóla e ría moito. A súa avóa dicía que era . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . e . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

3 Contesta estas preguntas:

— Que alcume tiña o protagonista do conto? Por que?

— Que lle daba a súa avoa?

— Que pasou unha tarde no parque?

4 Escribe no teu caderno a oración que mellor describe o rapaz do texto.

a. É un rapaz moi aburrido que se burlaba doutros nenos.

b. É un larpeiro que estaba a xogar sempre á pillada.

c. É forte e valente.

5 Explica que queren dicir as seguintes afirmacións.

— «Parecía un queixo de bóla.»

— «É cuspidiño ao seu pai.»

— «Váisenos poñer coma un pote.»

REFLEXIONAMOS

6 Os rapaces do conto puxéronlle un alcume ao protagonista, cres que está ben que lle chamen así? Como pensas que se sentiu?

— Como te sentirías ti? Que lles dirías a eses rapaces para que deixasen de chamarlle así?

7 O protagonista da lectura non entende por que os nenos do parque se burlan del ou lle teñen medo. Ti enténdelo? Tamén te rirías? E teríaslle medo?

— E por que cres que iso cambiou despois de salvar á nena no estanque? Ti que farías no seu lugar?

CREAMOS 8 Escribe ti como sería a historia do neno protagonista se fose moi moi delgado.

Page 7: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

17

LÉXICO a aparencia física 1Cando coñecemos alguén novo, o primeiro no que nos fixamos é no seu aspecto exterior. Imos saber como vemos os demais e como nos ven a nós.

9 Roi necesita completar unha ficha persoal coas súas características físicas. Le ou escoi-ta a descrición que fai de si mesmo e completa o esquema:

Chámome Roi e teño 9 anos. Son un neno bastante alto e bastante delgado. Teño a cara alongada e os ollos azuis. Teño o nariz pequeno e afiado. Na miña meixela dereita teño unha pequena mancha escura de nacemento.

O meu pelo é liso de cor castaña e normalmente lévoo moi curto.

ROI

DESCRICIÓN FÍSICA

cara ollos nariz

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

10 Le ou escoita a seguinte descrición, clasifica as características físicas nun esquema coma o seguinte e, deseguido, debuxa a nena segundo as mesmas.

Andrea Pazos Piñeiro naceu en Monforte de Lemos aínda que está a estudar en Vigo. É unha rapaza nova, de corpo atlético. Mide 1,90 metros e ten brazos longos e musculosos. Os seus ollos de cor negra resaltan na súa cara de pel escura, mentres que a súa longa cabeleira loura esténdese máis abaixo dos seus ombreiros.

Normalmente vai vestida con pantalón vaqueiro, camisetas de cores e zapatillas de deportes. É moi simpática e alegre. Gústalle ir andando a todas as partes.

11 A partir do que aprendiches, fai unha listaxe de palabras sobre a aparencia física. Des-pois, usa as que precises para describir un amigo ou unha amiga.

ANDREA

DESCRICIÓN FÍSICA

cabelo ollos nariz

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Page 8: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

18

a sílabaFONÉTICA E ORTOGRAFÍA

Cando aprendemos a ler, primeiro comezamos a ler sílabas e despois palabras ata chegar a oracións completas. Agora imos ver como se clasifican as palabras segundo o seu número de sílabas.

12 Ordena as sílabas e forma a palabra axeitada.

ro - lou bus - ro - ta ba - bar cho - cren

co - fra ta - vel - es do - pen - ca

Lembra: As palabras pronúncianse mediante golpes de voz chamados sílabas.

13 Separa as palabras en sílabas e escríbeas no teu caderno.

musculoso - floco - cicatriz - Xan - fermosa - delgada - tres corpulento - pel - mostacho - esbrancuxado - forte

Segundo o número de sílabas as palabras poden ser:

SÍLABAS

monosílabas bisílabas trisílabas polisílabas

teñen unha sílaba teñen dúas sílabas teñen tres sílabas teñen máis de 3 sílabas

— Clasifica as palabras do recadro anterior no teu caderno nunha táboa coma esta:

MONOSÍLABAS BISÍLABAS TRISÍLABAS POLISÍLABAS

un . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

A sílaba tónica e a sílaba átona 14 Debuxa o gráfico segundo a sílaba que soa máis forte. Sigue o exemplo para as seguin-

tes palabras:

cascabel - virtude - veciño - espertador - cóbado - reboludo - brétema

• •

infantil

• •

reloxo

••

sílaba

As palabras pronúncianse mediante golpes de voz chamados sílabas.

A sílaba pronunciada con máis forza chámase sílaba tónica. As outras son sílaba átonas.

Page 9: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

19

FONÉTICA E ORTOGRAFÍA o punto e a maiúscula 1Ao escribir unha mensaxe é importante colocar de xeito correcto os signos de puntuación como o punto (.) e usar correctamente as maiúsculas. Porque mal colocados poden alterar o significado da nosa mensaxe. Fíxate nestes exemplo e explica a diferenza entre eles:

Veño axiña mamá. ou Veño axiña. Mamá

15 Le este texto. Que palabras van en maiúscula? Anótaas e explica por que.

16 Le e fíxate nos puntos destacados. Deseguido relaciona cando se usa o punto (.).

• Punto e seguido • Ao final do texto

• Punto e á parte • Separa oracións e detrás del escríbese na mesma liña.

• Punto e final • Separa parágrafos e detrás del escríbese na liña seguinte.

17 Copia o seguinte texto poñendo os puntos e as maiúsculas onde corresponda.

Escribimos maiúscula:– Ao comezo dun texto.– Despois dun punto.– Nos nomes propios de persoas, animais, lugares...

Non escribimos punto e final:– Despois de interrogativo (?) nin exclamativo (!).

Hoxe é o primeiro día de colexio e Xacobe está moi nervioso. Xacobe veu vivir a Lugo cos seus pais e coa súa cadela Petra. Non coñece a ninguén pero seguro que axiña fará moitos amigos.

Ía de porta en porta vendendo. Co cal o seu aspecto de home apracible nunca non tería espera-do sospeitas de que, detrás daqueles ollos achinesados, había un par de escáneres que rexis-traban calquera movemento estraño nos cuartos que visitaba.Despois, cando remataba a súa xeira, quitaba o traxe e a garavata e puña a súa roupa de pes-cuda.

As aventuras de Enrico Müller. Xavier Frías Conde. Ed. Rodeira

entón luís repara no vaso baleiro que lle puxeron para o leite e ocórreselle unha idea xenial non pode fallar!mete a culler no chocolate e, con disimulo, verte unhas poucas pingas sobre a mesa repite a operación varias veces, ata formar unha pequena lagoa marrón no mantel.

A pastelaría de dona Remedios. Agustín Fernández Paz. Ed. rodeira

punto e seguido punto e á parte

punto e final

Page 10: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

20

Para poñer por escrito feitos ou ideas que queremos comunicar, de-bemos ter en conta as partes que vai ter o noso texto e a orde das ideas que queremos expresar.

18 Le o seguinte texto e fíxate nas diferentes partes marcadas con distintas cores.

GRAMÁTICA o texto

O primeiro día de Roque

Sempre lembrarei o día que chegou Roque ao noso colexio. O primeiro día nun novo colexio é moi impor-tante na vida dun rapaz.

Un martes de novembro, a directora entrou na nosa aula cun novo alumno. Era un rapaz de cara morena, cabelos negros e ollos tamén negros e grandes. A directora, despois de terlle falado ao oído ao mes-tre, marchou e deixou ao novo diante de todos nós. Entón, o mestre colleuno da man e díxonos á clase:

– Estamos de sorte! A partir de hoxe seremos un máis. Dádelle a benvida a Roque!

Desde aquel intre fixémonos inseparables.

. . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . .

. . . . . . . . . . . . . . . .

Alí naceu a lenda dos vampiros, pois outramente preferiría o zume de tomate con curri ou pe-menta, mais deixaremos iso. Eu nacín nunha pequena aldea de Transilvania, si, coma o mítico conde Drácula. Aquela era unha terra que favorece o abeiro das criaturas estrañas, mais non nos xulgue antes de coñecer as nosas historias.Debe saber que os vampiros zugan sangue humano porque un home os habituou a iso. Por unha aposta nunha taberna da miña terra entre labregos... e maldita a hora en que apostaron que obrigarían a un rato a saltar dun campanario despois de ter bebido sangue...A historia de Ralu Petruscu

As aventuras de Enrico Müller. Xavier Fráis Conde. Ed. rodeira

1. Título: indícanos de que vai tratar o texto.2. Introdución: adiántanos brevemente o contido do texto.3. Nó: é a parte do texto na que sucede o importante, a acción.4. Desenlace: é o final do texto.

— Completa no teu caderno coas partes do texto anterior. As cores daranche unha pista.

• De que fala o texto? • Como é fisicamente o rapaz? • Como remata o texto?

19 Ordena o seguinte texto do libro As aventuras de Enrico Müller e escríbeo de novo. Des-pois sinala as súas partes.

Page 11: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

21

GRAMÁTICA o texto, o parágrafo e a oración 1Os textos están formados por diferentes partes, que teñen que es-tar correctamente integradas, aínda que os parágrafos deben estar separados.

20 Le o seguinte texto, fíxate nas súas partes e deseguido contesta as preguntas.

— Cal é o tema do texto?

— Cal é a idea principal de cada parágrafo?

— Cantas oracións hai en cada parágrafo?

— Cal é o contido de cada oración?

Exemplo: Oración 1, Xil ergueuse ás dez.

21 O seguinte texto de Amizades secretas está todo xunto. Escrí-beo de novo separando as oracións.

22 Inventa un texto sobre o teu animal preferido. Debe ter máis dun parágrafo.

O sábado pola mañá, Xil ergueuse sobre as dez. Almorzou axiña. Devecía por xogar á buxaina coa súa amiga Sofía. Despois deron unha volta polo parque.Ao mediodía, foi para a casa. Seu pai fixera a súa comida preferi-da, espaguetes con atún. De sobremesa comeron torta de amo-rodos. Todo estaba moi bo. Despois, Xil lavou os pratos.Pola tarde, foron á aldea ver os tíos. Foi un día completiño!

O niño onde viven os ratos está nunha casa da cidade vella Ocupa boa parte da cámara de aire dunha parede que separa as dúas vivendas do primeiro andar Nun dos pisos reside un home novo, con grandes bigotes e a cabeza pelada, que sae da casa moi cedo e non regresa ata que a noite asolaga a cidade O outro, aínda que conserva todos os mobles, leva bastantes meses deshabitado.

Amizades secretas. Agustín Fernández Paz. Ed. rodeira

oración

parágrafos

texto

A oración é un conxunto de palabras que expresan un contido.

O parágrafo é un conxunto de oracións que expoñen unha idea.

O texto está formado por un ou varios parágrafos que falan do mesmo tema.

Page 12: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

22

LINGUA E SOCIEDADE a autoestima

Gústome como son: alto ou baixo, gordo ou delgado, listo ou torpe... A autoestima é a valo-ración que temos de nós mesmos.

23 Observa as viñetas e responde:

— Que ocorre nestas ilustracións?

— Como te sentirías ti se che ocorrese algo parecido?

— Como o solucionarías?

24 Copia e rodea de azul os pensamentos positivos e, de vermello, os negativos.

• Cambias de colexio e pensas…: — Non o vou pasar ben no novo colexio. — Esforzareime por ter novas amigas.

• A túa mellor amiga está a xogar — Direille se quere xogar comigo outro día. con outras rapazas e pensas…: — Xa non quere xogar comigo.

• Tes dificultades para resolver — As matemáticas son aburridas e difíciles. un problema de matemáticas…: — Vou dar coa solución deste problema.

25 Converte estas frases negativas en afirmacións positivas.

— Non sirvo para nada. — Non son quen de facelo.

— Son un parvo. — A min non me quere ninguén.

É moi importante sentirse ben cun mes-mo e aceptarse tal e como un é. Valora as calidades positivas que tes e esquécete dos pensamentos negativos e das frases negativas que usas. Síntete ben contigo mesmo e superarás todas as dificultades.

AUTOESTIMA

Page 13: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

23

1

Entre todos— Por parellas, intercambiade a vosa descrición. Cada un engadirá un aspecto de ca-

rácter do compañeiro.

— Dálles a ler a túa descrición aos teus pais ou irmáns. Están de acordo? Entre todos, pensade outra calidade e escribídea.

— Cando acabes, terás o teu retrato completo. Sénteste identificado co que escribi-ron? Sorprendeute o que liches?

26 Debuxa unha árbore coma esta nun folio e escribe:

• nas raíces, as calidades e capacidades que sabes que tes.

• nas pólas, as cousas positivas que fas.

• nos froitos, os éxitos ou triunfos.

— Deseguido, pásalle o folio ao teu compañeiro para que engada nas raíces e nos froitos as calidades positivas que ve en ti.

— Agora reflexiona:

• Valóraste o suficiente?

• O teu compañeiro atopou moitas cousas que ti non valoraras?

• Como te sentiches.

27 Investiga como te ven os teus compañeiros e a túa familia.

— Elabora, a partir da información que recolliches, unha descrición de ti mesmo ou mesma. Destaca as características boas que ven en ti os demais e comproba se son as mesmas que ves ti.

Os teus logros

As cousas positivas que fas

O teu nome

As túas calidades persoais Os teus valores

Page 14: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

24

OBRADOIRO DE EXPRESIÓN o retrato

Somos todos iguais, non si? Aínda que os nosos trazos físicos (cor de ollos, de pelo etc.) poden ser diferentes aos dos compañeiros. Cando nos fan unha fotografía apreciamos estes trazos, pero tamén podemos facer un retrato noso se nos describimos por escrito e lle engadimos o noso carácter e afeccións.

28 Le o seguinte texto e deseguido responde as preguntas para coñecer un pouco mellor a Hawa.

• Onde vive? • Que familia ten?

• Como é o seu aspecto físico? • Cal é a súa forma de ser?

29 Anímaste a facer un retrato? Escolle unha destas opcións.

A. Un compañeiro de clase.

B. O teu personaxe favorito da televisión.

— Pensa como é o seu aspecto físico e a súa forma de ser.

— Redacta o retrato: primeiro, o aspecto físico e, despois, a forma de ser. Non os mestures!

— Revisa o texto para ver se incluíches toda a información e se o que contas é interesante.

— Por último, vólveo ler e corrixe todo o que estea mal. Non fagas borranchos!

Hawa ten a mesma idade ca min, 9 anos. Vive coa súa familia nunha sinxela casiña á beira da praia en Banjul, na costa de Gambia.Como é moi presumida, o seu pelo, escuro e crecho, está sempre brillante; lévao recollido en pequenas trenzas que lle quitan a calor.Os seus ollos negros son enormes, e sempre semellan estar un pouco tris-tes, aínda que o seu sorriso ilumine o resto da cara.Coas súas mans, cativas e doces, gústalle acariñar a súa avoa querida e os seus irmanciños, mais tampouco esquece os cans fedorentos que atopa pola rúa.Á pesar da súa aparencia de fraxilidade, é moi espelida e está chea de enerxía e vitalidade.

Nun retrato estamos informando de como é fisicamente unha persoa e tamén da súa forma de ser e actuar.Debemos explicar todo o que nos chama a atención para que os demais poidan imaxinalo coma se a tivesen diante.

Ás veces sentímonos diferentes e iso provó-canos malestar e se os demais se rin aínda nos sentimos peor.

•Como podemos supe-rar estas situacións?

Aula aberta

Page 15: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

1

O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ao retrato.Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado. [...]E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ao retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...Aquel si que era o pai de Migueliño.

Castelao. Cousas

AVALIACIÓN da unidade 1 1 1 Separa as seguintes palabras en sílabas, clasifícaas nunha táboa e destaca a sílaba tónica.

churrusqueiro - bisté - relampo - galopín - bágoa - fociño - vacacións - escola - fazula campá - durmiñón - barítono - chato - aguzado - cadrís - ñáñaras

2 Forma unha palabra unindo as sílabas tónicas de cada grupo de palabras.

• antes - abondo - cariño - mañá • riso - dígrafo - cume - pelota

• medo - mandíbula - cobra • avó - falante - bisté

3 Observa o autorretrato de Eugenio Granell e descríbeo no teu caderno. Podes seguir estes pasos:

—Fai unha breve presentación do personaxe.

—Descríbeo fisicamente: como é a forma da cara, cal é a tonalidade da pel, de que cor é o cabelo, forma do nariz...

—Explica que elementos o acompañan.

—Imaxina como podería ser o seu carácter tendo en conta a expresión da súa cara.

—Que particulariedade aprecias?

4 Inventa unha descrición sobre ti mesmo. Debe ter máis dun parágrafo.

5 Le o texto de Castelao e responde:

—Cal é o tema do texto?

—Cantos parágrafos ten? Cantas oracións hai en cada parágrafo?

25

palabra separación silábica tipo de palabra polo número de sílabas

sílaba tónica

padriño pa - dri - ño trisílaba pa - dri - ño

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Eugenio Granell. Autorretrato, 1944. Óleo sobre lenzo, 52 x 47 cm. Col. Fundación Granell, Santiago de Compostela.

Page 16: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

PARA ACABARPON EN PRÁCTICA— Nunha páxina web hai este artigo dedicado ao autorretrato.

1 Le atentamente a ficha do cadro e responde.

• Cal é o título da obra?

• Quen o pintou?

• Quen é a persoa que aparece no cadro? Por que sabes que é el e non outra persoa?

2 Observa o autorretrato e descríbeo no teu caderno. Podes seguir estes pasos:

• Fai unha breve presentación do personaxe.

• Describe fisicamente: como é a forma da cara, cal é a tonalidade da pel, de que cor é o cabelo, forma das cellas...

• Imaxina como podería ser o seu carácter tendo en conta a expresión da cara.

3 Le o texto e explica que información achega cada parte. Resúmea nun texto que teña as seguintes partes:

• Título • Introdución • Nó • Desenlace

Competencias

26

Autorretrato de Rafael AlonsoEstamos ante unha das primeiras acuarelas realiza-das polo autor que, como excelente retratista, capta os trazos e a ánima. Os ollos e a mirada intensa son o elemento máis expresivo.A posición a contraluz converte a obra nun estudo de luces e sombras. As cores delimitan os distintos niveis, predominando na dereita os tonos azuis e verdes intensos mentres que na esquerda imponse o rosa, o branco e o azul celeste.O debuxo é excesivamente minucioso e descritivo. Estúdase con detalle o cabelo, a mirada e a pel, ma-tizada incluso mediante un fino sombreado realizado a lapis.A disposición do rostro a contraluz reviste o autorre-trato de misterio e de provocación que se acentúa coa observación directa ao espectador e a cella ar-queada nunha actitude entre expectante e retadora.

Adaptado de www:coleccion.afundacion.org

Rafael Alonso. Autorretrato, 1944. Acuarela sobre papel.

Page 17: C2201 R52084 012 111081.BK · 2015-05-07 · Galdrupeirada: lambe-tada con moita graxa. Entón, destapábame para que todos puidesen verme as rollas das pernas. O pediatra que me

Competencias

REFLEXIONA – Que che pareceu a unidade? Gustouche? Por que?

– Se un amigo ou amiga che pregunta cando hai que poñer maiúscula, que lle dirías?

– Para que pensas que che pode servir saber describirte a ti mesmo?

Diario de aprendizaxe

27

4 Fíxate nos puntos que aparecen no texto:

• Cantos puntos seguidos hai?

• Cantos puntos e á parte aparecen? E puntos final?

• Despois de punto, como comeza a seguinte oración?

• Cantas frases hai? E parágrafos?

5 Volve escribir, no teu caderno, a introdución do texto.

6 Escribe tres oracións a partir do autorretrato de Rafael Alonso.

— Ten en conta que as oracións teñen que acabar cun punto e comezar con maiúscula.

7 Debuxa o teu autorretrato e escribe un texto que conteña:

— Presentación

— Aspecto xeral e descrición física

— Carácter e afeccións

8 Separa en sílabas, no teu caderno, as palabras en negriña. Deseguido, clasifícaas segundo o seu número de sílabas e indica cal é a súa sílaba tónica.

Rafael Alonso debuxa directamente co pincel e en ocasións unha mancha súa cobre boa parte do cadro. Os rostros dos seus retratos son sínteses de vidas que transmiten á perfección os caracteres e as psicoloxías.

EMPRENDEImaxina que tes que pintar o teu autorretrato con acuarelas e, xusto o día antes de presen-talo perante a túa clase, daste conta que se emborrallou.— Como o amañarías?