bouzas olladas salgadas - cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta...

8

Upload: others

Post on 13-Jul-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar
Page 2: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

bouzas olladas salgadas

Título: bouzas olladas salgadas

© Edita: Puri Pérez Leirós Elena de Frutos Martínez

Segunda edición, xullo 2014

Maquetación: Ramón Pais Martínez

© Reservados todos os dereitos. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización das titulares, salvo excepción prevista pola lei.

Diríxanse a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográfi cos,www.cedro.org) se precisan fotocopiar, escanear ou facer copias dixitaisdalgún fragmento desta obra.

ISBN: 978-84-8289-483-6Impresión: Gráfi cas Lasa, S. L.Depósito legal: VG 448-2014Impreso en Galicia

puri pérez leiróselena de frutos martínez

Page 3: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

6 7

Ao meu pai e a miña nai. Sen ela, sen el, imposible.

Á miña familia, toda boucense.

Ás mulleres e homes de Bouzas de todos os tempos.

Na súa honra.

Puri Pérez Leirós

Á miña proxenie mariña.

Elena de Frutos

Agradecementos

A todas as autoras e autores cuxas publicacións consultamos para facer este traballo.

Ás persoas que entrevistamos. Grazas pola herdanza inestimable da súa memoria, polo tempo

que nos dedicaron e o cariño con que nos recibiron. A Eulogio Vázquez Mato, propietario de “La

Forzosa Gallega”, a Telmo Comesaña polas súas inestimables aportacións e, moi especialmente, á miña

nai Pucha Leirós, tenaz, paciente e imprescindible colaboradora.

Ás persoas entrevistadas que xa non están entre nós: Ana Rodal, Inés Ruíz Leirós, Engracia Ruíz

Leirós, Maximino Ruíz Leirós, Santiago Montenegro Costas, María Guadalupe Leirós Freire e Waldo

Leirós Freire. Na súa lembranza.

A Xosé Ramón Iglesias Veiga pola súa paciencia e fundamental información sobre a arquitectura

de Bouzas.

A Juan Carlos Salgado pola información sobre os naufraxios dos vapores Ons, Sálvora e Pinzón

n.º 1; e a Antonio Giráldez por documentarnos sobre a batería militar de Alcabre.

Page 4: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

8 9

140 Espazos para a lembranza Chitina Villanueva Ruíz

156 Como se me apareció Bouzas Luísa Postigo Sastre

159 Citas

162 Bibliografía, Fontes, Fotografía

ÍNDICE

11 Limiar. ”No espazo lemos o tempo”

Puri Pérez Leirós

13 Camiñando por Bouzas. Itinerarios marítimo e interior

Elena de Frutos Martínez e Puri Pérez Leirós

102 Bouzas e o mar 103 Armar barcos. Caderno de don Ubaldino Leirós Mera, armador

105 Halar, halar. Pinceladas sobre a pesca en Galicia

Elena de Frutos Martínez e Puri Pérez Leirós

107 Ilustración de Antía Sánchez Alonso

112 Dos saberes mareiros

114 Naufraxios

Elena de Frutos Martínez e Puri Pérez Leirós

121 Poema. Lucía Novas Garrido

122 O mar e o lecer

127 Haikus. Waldo Leirós Álvarez

128 Na defensa do mar

139 Texto. Xurxo Pérez Pintos

Page 5: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

10 11

Bouzas é un texto a ler.

En Bouzas atopamos as pegadas dun vivir

mariño e mariñeiro; esa é a esencia e identidade

do seu casco histórico.

É unha obra feita polas mulleres e homes, as

nosas devanceiras e os nosos antecesores, que

habitaron esta escenografía con fondo de mar.

O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o

lugar de encontros e tamén de despedidas. Do

mar extraeron peixes, crustáceos e moluscos,

que despois as mulleres vendían nos areais,

bautizados cos nomes de Ribeira dos Barcos e

Ribeira do Mar.

Sobre estes areais vararon as súas embarcacións

para limpalas e calafatealas e volver a saír ao

mar de novo. Primeiro eran lanchas, faluchos…

movidas a vela e a remo, e a finais do século XIX

xa contaban con vapores para enfrontarse, cada

vez máis lonxe, coa mar e os seus destinos.

A carón deste mar construíron as súas casas,

estreitas e apertadas, entre as que baixaban as

rúas para o bote, acabadas en ramplas para,

en caso de galerna, subiren as embarcacións e

gorecelas.

Rúas curtas e estreitas cortadas por outras

transversais, rúas cortaventos, que evitaban

que os ventos dominantes se encanaran por

elas. Hoxe estas rúas son pequenos recunchos

de paraísos escondidos, por onde as luces e

os recendos a sal e algas se coan levemente e

os sons do mar e vento compoñen melodías

mariñas.

Mulleres e homes deseñaron espazos

para servirlles, as vivendas. Unhas cun

mínimo espazo, de planta baixa e case sen

compartimentar. Outras con dous andares; o

de abaixo dedicado a gardar os aparellos, as

No espazo lemos o tempoPuri Pérez Leirós

Page 6: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

12 13

barcas, os depósitos para encascar as redes,

e o de arriba, á vivenda. Miradoiros e galerías

engalanaron a escena urbana ao mesmo tempo

que aclimataban as estancias interiores destas

vivendas.

A finais do século XIX e primeiros do XX, e sobre

todo coa chegada dos vapores, producíronse

importantes cambios nas relacións de produción

que incluían a separación entre capital e

traballo. Os posuidores do capital (armadores

e armadoras, donos de estaleiros, de efectos

navais, algún conserveiro) encargarán a

construción das súas vivendas a arquitectos

coñecidos e escribirán, sobre o espazo de

Bouzas, textos dos seus triunfos feitos en

pedra. Trátase de vivendas que se emprazan en

esquinas e rúas principais, fillas dos estilos da

época: eclécticas, rexionalistas, modernistas,

racionalistas.

O mar deseñou chabolas para gardar os

aparellos dos barcos, ramplas para varalos,

peiraos, carpinterías de ribeira para construílos,

varadoiros, estaleiros, cabrias para secar as

redes e o peixe, fábricas de salga, conserveiras,

almacéns para efectos navais.

O mar tamén deseñou aldrabas con motivos de

mar, áncoras, nomes de rúas, a Historia, a nosa

Historia, a túa Historia.

Este é o legado que nos deixaron, a nosa

herdanza feita de sal, patrimonio histórico

mariñeiro cunha linguaxe que hai que coñecer,

coidar e rescatar do esquecemento, e evitar

políticas rehabilitadoras feitas en serie que fan

cirurxías de borrado da memoria herdada.

Depende de cada unha de nós, de cada un

de nós, coñecer, valorar e defender este

patrimonio.

Como di Pedro Navascués, historiador de arte:

“A arquitectura é un monumental documento”.(1)

Por este paseo mariño, iremos descubrindo eses

documentos que nos falan dunha actividade industrial,

que é maiormente de mar. En Galicia, e Bouzas non é

unha excepción, “a industria entrou polo mar”, como di

Xoán Carmona, catedrático de Historia Económica.(2)

A industria moderna entra en Galicia da man da

conserva, actividade que á súa vez lle dá pulo á pesca e

á construción naval. “A gama de actividades á que deu

lugar o desenvolvemento conserveiro da primeira década

do século XX, localizada na súa maior parte na ría de Vigo,

pode dicirse que configura a nosa modesta revolución

industrial, a primeira etapa da industrialización galega”.(3)

Como iremos vendo, estas actividades van creando a súa

propia arquitectura: almacéns de salga, fábricas, ramplas,

estaleiros, varadoiros, peiraos, chabolas… sinais da

identidade mariñeira e industrial desta Vila.

Tamén iremos descubrindo a arquitectura

doméstica, igualmente ligada ao mar.

As casas tradicionais, a maioría en pedra, térreas,

do pincho, de patín etc., falan das familias mariñeiras;

son casas de pequenas dimensións acaroadas ao mar

e con elementos ou espazos que falan das actividades

pesqueiras; mentres que a burguesía boucense,

nutrida de pequen@s armador@s e propietarios de

estaleiros e efectos navais, encarga aos arquitectos

de prestixio do momento as súas casas, tamén de

granito, seguindo os estilos arquitectónicos da época.

A burguesía boucense é endogámica e autóctona(4)

en contraposición á do veciño Vigo, de orixe foránea

—sobre todo catalá— e que se dedica á conserva de

sardiña e outros negocios marítimos. De aí o nome de

sardiñocracia que lle dá Blanco Amor.

A sociedade boucense reflicte no plano esta

sociedade nacida do mar.

camiñando por bouzasElena de Frutos Martínez e Puri Pérez Leirós

Page 7: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

14 15

—O peixe, a materia prima, é desembarcado

directamente na rampla.

—Dentro da fábrica prodúcese a manufactura da

conserva.

—O produto final sae pola fachada sur á rúa Tomás

Alonso para ser distribuído en camións e barcos ao

mercado. O destino da facturación gardaba un certo

equilibrio entre o destinado ao mercado exterior e o

destinado ao mercado

nacional, unha

característica que

diferenciaba esta fábrica

viguesa da maior parte

das fábricas da ría, que

tiñan os seus mellores

clientes en Europa ou

en Latino América.

Hoxe esta rampla, medio abandonada, perdida

a súa antiga función, actúa como parte deste texto

histórico que nos ilustra sobre a racionalidade do

emprazamento destas fábricas.

Esta factoría é unha mostra do poderío das grandes

familias conserveiras de principios do século XX.

Cronoloxicamente, a primeira factoría da familia Alfageme

nesta ría localízase no areal de Coia, na chamada Punta

de San Gregorio, entre 1910-20, seguida dunha breve

estancia provisional no Areal vigués mentres se acometía

esta ambiciosa construción. Durante a I Guerra Mundial,

España mantívose como país neutral o que permitiu a

estas empresas conserveiras abastecer de alimentos

non perecedoiros a ámbolos dous bandos belixerantes.

Isto traduciuse en pingües beneficios, que posibilitaron

a construción de grandes e fastosos edificios, como o

caso que nos ocupa,

edificios que pretendían

reflectir o seu poderío

económico. Esta nova

fábrica converteuse de

contado no emblema

de empresa, chegando

a ser un dos símbolos

da industria viguesa.(5)

Foi proxectada

polo afamado arquitecto Manuel Gómez Román para

o industrial de Candás (Asturias), Bernardo Alfageme

no ano 1928. O terreo sobre o que se erixiu albergaba

o campo de fútbol utilizado polo Real Club Fortuna

de Vigo, equipo que se fusionou en 1923 co Vigo

Sporting, dando lugar ao Celta de Vigo.

Gómez Román utiliza para esta fábrica un esquema

clasicista: sobre un corpo base se sitúan pilastras que

Aínda que sen desenvolver neste traballo,

observamos que os anos de máis beneficios

pesqueiros coinciden coas épocas de auxe construtivo

en Bouzas.

Para facer practicable a visita, faremos dous

itinerarios: un que segue a antiga beiramar, e outro

que percorre o casco histórico e ensanche.

Inicio: Fábrica Alfageme, fachada avda. de

Beiramar.

Fin: Museo do Mar de Galicia. Avda. Atlántida, 160.

Percorrido: toda a franxa litoral desde Alfageme

até o Museo do Mar. Este percorrido discorre pola

antiga beiramar, onde se concentra a práctica

totalidade da arquitectura industrial.

Duración: 50 minutos aproximadamente.

Fábrica de conservas Alfageme

Cando esta fábrica foi

construída, alá polo 1929,

o mar chegaba até a súa

mesma fachada, do que

é testemuño esta rampla

pétrea que nos lembra a

importancia e funcionalidade

do emprazamento destes

edificios ao pé do mar.

Na fábrica que nos ocupa

o proceso era o seguinte:

itinerario bouzas marítimo

Rampla da fábrica de Alfageme. 2013

Fábrica de Alfageme, fachada Beiramar. 2014

Page 8: bouzas olladas salgadas - Cumio · nosas devanceiras e os nosos antecesores, que habitaron esta escenografía con fondo de mar. O mar foi a súa forma de vida, o seu sustento, o lugar

16 17

Fábrica de Alfageme, fachada da rúa Tomás Alonso

percorren o primeiro e segundo andar a modo de

columnas, actuando o último andar como entaboamento.

A estrutura das fachadas é exclusivamente de granito, con

excelente traballo de cantería.

Este esquema pecha as tres naves por diante e

por detrás. O arquitecto alixeira a fachada pétrea

interpoñendo grandes vans de vidro entre as pilastras,

conseguindo así ademais unha boa iluminación

interior.(6)

Dez anos despois, o mesmo arquitecto constrúe

o chalé en clave rexionalista para os donos, seguindo

así a tradición dos fomentadores, quen edificaban as

súas casas a carón dos seus almacéns de salga. Esta

fábrica é dirixida por Hermenegildo Alfageme, coñecido

popularmente como “don Hermene”, fillo do patriarca.

É unha das poucas xoias da arquitectura industrial

que permanece, sen alteracións, no territorio de

Bouzas e en todo Vigo. Desde aquí reclamamos a súa

conservación porque é o símbolo da industrialización,

que en Galicia, chegou polo mar, un fito arquitectónico

fundamental para entendermos a nosa historia industrial.

O procesado do peixe foi unha actividade

feminina desde os inicios da industrialización:

aproximadamente o 80 % da man de obra que

aquí traballaba eran mulleres, porcentaxe que

segue vixente hoxe en día nesta fase da produción.

Este foi un traballo fundamental, que contribuíu

ao mantemento familiar, froito dunha aprendizaxe

informal, e que nunca foi igual contratado nin

remunerado que o traballo realizado polos homes.

Enlataban, como a práctica totalidade das fábricas

da cidade, fundamentalmente sardiña, aínda que nas

épocas do ano en que esta escaseaba traballaban

tamén os cefalópodos (lura, pota, xiba…) e os

moluscos (ameixa, mexillón, croque…).

Tras o estoupido da Guerra Civil, esta empresa

esforzarase, como todas as do sector, en aproveitar

ao máximo a demanda de guerra. Neses anos enlatará

non só os seus produtos tradicionais, senón outros,

como pescada, carioca, peixe sapo, e incluso congro e

raia. Ao final da guerra a empresa presenta un balance

saneado, grazas a estes beneficios extraordinarios,

que se atopan entre os máis elevados dos declarados

polas empresas viguesas.

Estes beneficios permitiron a ampliación a outros

sectores como a compra de barcos pesqueiros, dos

que nos queda un rexio e único exemplar bautizado

co nome do patriarca Bernardo Alfageme, atracado no

peirao de Bouzas. Tamén na inmediata posguerra, no

1941 acométese a posta en marcha dunha planta de

aceites e fariñas de peixe no lugar de Roade (Alcabre)

utilizando os refugallos resultantes desta fábrica.