boletÍn oficial do parlamento de galicia · redacción que presenta o proxecto de modificación da...

96
Número 437 IX lexislatura 26 de marzo de 2015 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.4. Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito - 34876 (09/PRE-009513) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa Sobre a realización polo Goberno galego dalgunha avaliación da redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa posible incidencia nas competencias de Galicia na materia e a valo- ración do modelo forestal que deseña, así como o traslado ao Goberno central dalgunha posición ao respecto 107049 - 34908 (09/PRE-009514) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Prado Cores, María Montserrat e 2 máis Sobre a opinión do Goberno galego respecto do cumprimento nos centros sanitarios concertados das disposicións e normas establecidas polo Sergas para os seus propios centros e, en par- ticular, a estipulación establecida no concerto subscrito con Povisa en materia de prestacións sanitarias, así como as actua- cións levadas a cabo e previstas para a readmisión dos traballa- dores despedidos pola empresa e a modificación da súa política de persoal 107052 - 35001 (09/PRE-009515) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia González Santín, Juan Carlos e 2 máis Sobre a publicidade realizada polo Goberno galego entre os consu- midores da posibilidade de reclamar a través do Instituto Galego de Consumo a eliminación das denominadas cláusulas chan dos seus contratos hipotecarios e os datos referidos ás xestións realizadas para ese fin por ese instituto, así como as sancións impostas ás entidades financeiras 107056 Fascículo 2

Upload: others

Post on 09-Nov-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Número 437 IX lexislatura 26 de marzo de 2015

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas

1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito

- 34876 (09/PRE-009513)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre a realización polo Goberno galego dalgunha avaliación da

redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003,

de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

posible incidencia nas competencias de Galicia na materia e a valo-

ración do modelo forestal que deseña, así como o traslado ao

Goberno central dalgunha posición ao respecto 107049

- 34908 (09/PRE-009514)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat e 2 máis

Sobre a opinión do Goberno galego respecto do cumprimento

nos centros sanitarios concertados das disposicións e normas

establecidas polo Sergas para os seus propios centros e, en par-

ticular, a estipulación establecida no concerto subscrito con

Povisa en materia de prestacións sanitarias, así como as actua-

cións levadas a cabo e previstas para a readmisión dos traballa-

dores despedidos pola empresa e a modificación da súa política

de persoal 107052

- 35001 (09/PRE-009515)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

González Santín, Juan Carlos e 2 máis

Sobre a publicidade realizada polo Goberno galego entre os consu-

midores da posibilidade de reclamar a través do Instituto Galego de

Consumo a eliminación das denominadas cláusulas chan dos seus

contratos hipotecarios e os datos referidos ás xestións realizadas

para ese fin por ese instituto, así como as sancións impostas ás

entidades financeiras 107056

Fascículo 2

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

- 35007 (09/PRE-009516)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Soneira Tajes, María Soledad e 2 máis

Sobre o número de subvencións, axudas ou achegas concedidas

pola Xunta de Galicia á Hermandad Gallega de Caracas nos últimos

anos e a realización dalgunha auditoría ou investigación en relación

co seu uso e xustificación, así como a súa opinión respecto da pre-

tensión desa entidade de adquirir un club de golf con parte deses

recursos 107059

- 35010 (09/PRE-009517)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Soneira Tajes, María Soledad e 2 máis

Sobre os trámites levados a cabo ou previstos polo Goberno galego

para solucionar os problemas que están a padecer os emigrantes

españois retornados de Venezuela para percibir as pensións dese

país 107061

- 35018 (09/PRE-009518)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda, e Solla Fernández, Eva

Sobre o número de permisos anuais concedidos por lactación e

asistencia a técnicas de fecundación asistida, así como de baixas

por maternidade rexistradas na Administración pública galega dende

o ano 2009, e as razóns da non incorporación á redacción do Pro-

xecto de lei do emprego público das achegas das organizacións sin-

dicais ao respecto 107063

- 35026 (09/PRE-009519)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre a demora da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria no ingreso ao CEIP Veleiro do Campo, de Castro de

Ribeiras de Lea, en Lugo, e a outros centros de Galicia, das ache-

gas para bolsas de comedor e gastos de funcionamento dos come-

dores escolares 107065

- 35029 (09/PRE-009520)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis

Sobre o impacto medioambiental da execución do proxecto de repo-

tenciación das minicentrais do río Xallas, a valoración do Goberno

galego respecto da redución pola empresa Ferroatlántica da produ-

ción na factoría de ferroaleacións de Brens, no concello de Cee, e

as actuacións previstas para garantir o mantemento da súa activi-

dade produtiva, así como os seus postos de traballo 107069

- 35038 (09/PRE-009521)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel

Sobre as modificacións que introduce o novo proxecto de constru-

ción do contradique de abrigo do porto de Fisterra en relación co

presentado no ano 2009, a dotación orzamentaria comprometida

para o ano 2015 e a as anualidades previstas, así como os prazos

de inicio e remate das obras e os motivos do desbotamento dun con-

tradique fixo 107075

- 35061 (09/PRE-009522)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 4 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto do arranxo das

instalacións do Conservatorio Superior de Música de Vigo e a súa

opinión en relación cos criterios seguidos para a concesión e

denegación de novas especialidades aos conservatorios de

música 107078

- 35070 (09/PRE-009523)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego desde o

ano 2008 para a creación dun novo xulgado de primeira instancia e

instrución en Sarria e a adquisición do compromiso de realizar unha

demanda ao Goberno central ao respecto 107080

- 35072 (09/PRE-009524)

Grupo Parlamentario Mixto

Martínez García, María Consuelo

Sobre a opinión do Goberno galego respecto do impacto nas uni-

versidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo das modi-

ficacións que introduce o Real decreto 43/2015, do 2 de febreiro, en

relación coa duración dos estudos universitarios 107082

- 35181 (09/PRE-009525)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre o prazo previsto pola Xunta de Galicia para a resolución do

expediente para a declaración como ben de interese cultural da

colección de ourivaría prerromana de D. Álvaro Gil Varela deposi-

tada no Museo Provincial de Lugo 107084

- 35185 (09/PRE-009526)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Paz Franco, María Tereixa

SUMARIO

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Sobre a información, as medidas adoptadas e as actuacións previstas

pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en

relación coas denuncias referidas ás supostas irregularidades que se

están a producir no funcionamento e na xestión do Instituto de Ensi-

nanza Secundaria de Vilamarín, na provincia de Ourense 107086

- 35304 (09/PRE-009527)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María Concepción e 2 máis

Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación actual

da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Cultu-

rais de Galicia e a súa opinión en relación coa necesidade da súa

integración no Sistema universitario de Galicia 107090

- 35309 (09/PRE-009528)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

Sobre a relación de contratos asinados por un importe de 1.400

millóns de euros polo sector naval de Galicia, a 28 de febreiro de

2015, coa especificación en cada un deles do estaleiro, da data de

asinamento e do importe do contrato, da data prevista de entrega do

buque e do emprego creado nel, en horas de traballo 107094

- 35317 (09/PRE-009529)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén e 2 máis

Sobre a opinión do Goberno galego respecto da elección do lugar

de Talai, no concello de Betanzos, para o asentamento dunha

fábrica de pellets, e as actuacións que vai levar cabo para evitarlle á

veciñanza o seu impacto 107096

- 35328 (09/PRE-009530)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Prado Cores, María Montserrat

Sobre a necesidade de dotar a comarca do Salnés dun servizo per-

manente de ambulancia medicalizada ou de soporte vital avanzado,

as intencións do Goberno galego ao respecto e o prazo previsto

para ese fin 107100

- 35331 (09/PRE-009552)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 4 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención das

demandas formuladas pola Sección Segunda da Audiencia Provin-

cial de Lugo en relación cos problemas que padece para atender o

volume de traballo existente 107104

- 35338 (09/PRE-009531)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

Sobre a relación de parques adxudicados no concurso eólico do ano

2010, coa especificación en cada un deles, a día 28 de febreiro de

2015, da localización xeográfica, do investimento previsto, do número

de muíños e da potencia total que se vai instalar, das datas de inicio

do procedemento administrativo e das obras, así como das previstas

para o seu remate, posta en funcionamento e conexión á rede

107107

- 35339 (09/PRE-009532)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis

Sobre a relación de investimentos empresariais vinculados á conce-

sión da explotación dos parques adxudicados no concurso eólico do

ano 2010, coa especificación en cada un deles, a día 28 de febreiro

de 2015, da localización xeográfica, do sector económico, do inves-

timento previsto, do número de postos de traballo creados ou que se

deben crear, das datas de inicio e remate das obras, así como da

posta en funcionamento da factoría 107110

- 35358 (09/PRE-009533)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis

Sobre o destino dos ingresos obtidos polo Goberno galego mediante

o depósito das fianzas correspondentes ás vivendas en réxime de

alugueiro, a contía recadada polos xuros desde o ano 2011 e os

datos referidos aos expedientes abertos polo incumprimento desa

obriga, así como os labores de inspección levados a cabo ao res-

pecto e a divulgación da normativa vixente na materia 107113

- 35359 (09/PRE-009534)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis

Sobre os datos referidos ás 50 vivendas cedidas á Xunta de Galicia

pola Sareb e destinadas a alugueiro social e uso preferente para o

realoxamento de persoas desafiuzadas, así como os criterios esta-

blecidos para o acceso dos cidadáns a elas 107115

- 35362 (09/PRE-009535)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis

Sobre a información e as actuacións previstas pola Consellería de

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en relación coas

supostas irregularidades que se están a producir no funcionamento

do Colexio Santa Apolonia, de Santiago de Compostela 107117

SUMARIO

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

- 35391 (09/PRE-009536)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 3 máis

Sobre os datos referidos ao impacto das modificacións aplicadas

aos requisitos establecidos para o pagamento do subsidio previo

á xubilación ás mulleres e a opinión do Goberno galego ao res-

pecto 1070119

- 35433 (09/PRE-009537)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para garantir a

seguridade e custodia das pezas de convicción, expedientes, arqui-

vos, bens e persoas nos xulgados de Galicia 107123

- 35441 (09/PRE-009538)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a información, as medidas adoptadas e o control levado a

cabo pola Consellería do Medio Rural e do Mar en relación coas

supostas irregularidades denunciadas polo colectivo de mariscado-

ras no funcionamento da Confraría de Cabo de Cruz 107125

- 35446 (09/PRE-009539)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre a licitación do contrato de prestación de servizos de diversos

medios aéreos para as campañas de loita contra os incendios fores-

tais dos anos 2015, 2016 e 2017 107128

- 35453 (09/PRE-009540)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Prado Cores, María Montserrat

Sobre o anuncio de dous ERE na empresa Vestas Nacelles Spain, S.A.

no concello de Viveiro, os datos referidos ás subvencións concedidas

polo Goberno galego a esa empresa e as medidas adoptadas ou pre-

vistas pola Xunta de Galicia para garantir o mantemento dos seus pos-

tos de traballo e a continuidade da súa actividade empresarial 107130

- 35457 (09/PRE-009541)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis

Sobre a vixencia do Plan sectorial de acceso á cidade de Santiago de

Compostela no referido ao concello de Teo e, especificamente, á reserva

de solo para o trazado da conexión da N-550 coa AC-841 107134

SUMARIO

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

1. Procedementos parlamentarios1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas

1.4.4.3. Preguntas para resposta por escrito

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de marzo de2015, adoptou os seguintes acordos:

Admisión a trámite e publicación

- 34876 (09/PRE-009513)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a realización polo Goberno galego dalgunha avalia-ción da redacción que presenta o proxecto de modificaciónda Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministeriode Agricultura, a súa posible incidencia nas competencias deGalicia na materia e a valoración do modelo forestal quedeseña, así como o traslado ao Goberno central dalgunhaposición ao respecto

- 34908 (09/PRE-009514)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 2 máisSobre a opinión do Goberno galego respecto do cumpri-mento nos centros sanitarios concertados das disposicións enormas establecidas polo Sergas para os seus propios cen-tros e, en particular, a estipulación establecida no concertosubscrito con Povisa en materia de prestacións sanitarias, asícomo as actuacións levadas a cabo e previstas para a read-misión dos traballadores despedidos pola empresa e a modi-ficación da súa política de persoal

- 35001 (09/PRE-009515)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGonzález Santín, Juan Carlos e 2 máisSobre a publicidade realizada polo Goberno galego entre osconsumidores da posibilidade de reclamar a través do Insti-tuto Galego de Consumo a eliminación das denominadascláusulas chan dos seus contratos hipotecarios e os datosreferidos ás xestións realizadas para ese fin por ese instituto,así como as sancións impostas ás entidades financeiras

- 35007 (09/PRE-009516)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María Soledad e 2 máis

Sobre o número de subvencións, axudas ou achegas con-cedidas pola Xunta de Galicia á Hermandad Gallega deCaracas nos últimos anos e a realización dalgunha audi-toría ou investigación en relación co seu uso e xustifica-ción, así como a súa opinión respecto da pretensión desaentidade de adquirir un club de golf con parte desesrecursos

- 35010 (09/PRE-009517)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSoneira Tajes, María Soledad e 2 máisSobre os trámites levados a cabo ou previstos polo Gobernogalego para solucionar os problemas que están a padecer osemigrantes españois retornados de Venezuela para percibiras pensións dese país

- 35018 (09/PRE-009518)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda, e Solla Fernández, EvaSobre o número de permisos anuais concedidos por lacta-ción e asistencia a técnicas de fecundación asistida, asícomo de baixas por maternidade rexistradas na Adminis-tración pública galega dende o ano 2009, e as razóns danon incorporación á redacción do Proxecto de lei doemprego público das achegas das organizacións sindicaisao respecto

- 35026 (09/PRE-009519)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme EladioSobre a demora da Consellería de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria no ingreso ao CEIP Veleiro doCampo, de Castro de Ribeiras de Lea, en Lugo, e a outroscentros de Galicia, das achegas para bolsas de comedor egastos de funcionamento dos comedores escolares

- 35029 (09/PRE-009520)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme e 2 máisSobre o impacto medioambiental da execución do proxectode repotenciación das minicentrais do río Xallas, a valora-ción do Goberno galego respecto da redución pola empresaFerroatlántica da produción na factoría de ferroaleacións deBrens, no concello de Cee, e as actuacións previstas paragarantir o mantemento da súa actividade produtiva, así comoos seus postos de traballo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 43726 de marzo de 2015

107045

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

- 35038 (09/PRE-009521)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre as modificacións que introduce o novo proxecto deconstrución do contradique de abrigo do porto de Fisterra enrelación co presentado no ano 2009, a dotación orzamenta-ria comprometida para o ano 2015 e a as anualidades pre-vistas, así como os prazos de inicio e remate das obras e osmotivos do desbotamento dun contradique fixo

- 35061 (09/PRE-009522)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 4 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto do arranxodas instalacións do Conservatorio Superior de Música deVigo e a súa opinión en relación cos criterios seguidos paraa concesión e denegación de novas especialidades aos con-servatorios de música

- 35070 (09/PRE-009523)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, YolandaSobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego desdeo ano 2008 para a creación dun novo xulgado de primeira ins-tancia e instrución en Sarria e a adquisición do compromiso derealizar unha demanda ao Goberno central ao respecto

- 35072 (09/PRE-009524)Grupo Parlamentario MixtoMartínez García, María ConsueloSobre a opinión do Goberno galego respecto do impacto nasuniversidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigodas modificacións que introduce o Real decreto 43/2015, do 2de febreiro, en relación coa duración dos estudos universitarios

- 35181 (09/PRE-009525)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio e Pontón Mondelo, AnaBelénSobre o prazo previsto pola Xunta de Galicia para a resolu-ción do expediente para a declaración como ben de interesecultural da colección de ourivaría prerromana de D. ÁlvaroGil Varela depositada no Museo Provincial de Lugo

- 35185 (09/PRE-009526)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Paz Franco, MaríaTereixaSobre a información, as medidas adoptadas e as actuaciónsprevistas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordena-ción Universitaria, en relación coas denuncias referidas ássupostas irregularidades que se están a producir no funcio-namento e na xestión do Instituto de Ensinanza Secundariade Vilamarín, na provincia de Ourense

- 35304 (09/PRE-009527)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción e 2 máisSobre a valoración do Goberno galego respecto da situaciónactual da Escola Superior de Conservación e Restauraciónde Bens Culturais de Galicia e a súa opinión en relación coanecesidade da súa integración no Sistema universitario deGalicia

- 35309 (09/PRE-009528)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a relación de contratos asinados por un importe de1.400 millóns de euros polo sector naval de Galicia, a 28 defebreiro de 2015, coa especificación en cada un deles doestaleiro, da data de asinamento e do importe do contrato, dadata prevista de entrega do buque e do emprego creado nel,en horas de traballo

- 35317 (09/PRE-009529)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 2 máisSobre a opinión do Goberno galego respecto da elección dolugar de Talai, no concello de Betanzos, para o asentamentodunha fábrica de pellets, e as actuacións que vai levar cabopara evitarlle á veciñanza o seu impacto

- 35328 (09/PRE-009530)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María MontserratSobre a necesidade de dotar a comarca do Salnés dun ser-vizo permanente de ambulancia medicalizada ou de soportevital avanzado, as intencións do Goberno galego ao respectoe o prazo previsto para ese fin

- 35331 (09/PRE-009552)Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

107046

Número 43726 de marzo de 2015

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 4 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto da atencióndas demandas formuladas pola Sección Segunda da Audien-cia Provincial de Lugo en relación cos problemas quepadece para atender o volume de traballo existente

- 35338 (09/PRE-009531)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a relación de parques adxudicados no concurso eólicodo ano 2010, coa especificación en cada un deles, a día 28de febreiro de 2015, da localización xeográfica, do investi-mento previsto, do número de muíños e da potencia total quese vai instalar, das datas de inicio do procedemento admi-nistrativo e das obras, así como das previstas para o seuremate, posta en funcionamento e conexión á rede

- 35339 (09/PRE-009532)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 2 máisSobre a relación de investimentos empresariais vinculados áconcesión da explotación dos parques adxudicados no concursoeólico do ano 2010, coa especificación en cada un deles, a día 28de febreiro de 2015, da localización xeográfica, do sector eco-nómico, do investimento previsto, do número de postos de tra-ballo creados ou que se deben crear, das datas de inicio e rematedas obras, así como da posta en funcionamento da factoría

- 35358 (09/PRE-009533)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre o destino dos ingresos obtidos polo Goberno galegomediante o depósito das fianzas correspondentes ás vivendasen réxime de alugueiro, a contía recadada polos xuros desdeo ano 2011 e os datos referidos aos expedientes abertos poloincumprimento desa obriga, así como os labores de inspec-ción levados a cabo ao respecto e a divulgación da norma-tiva vixente na materia

- 35359 (09/PRE-009534)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre os datos referidos ás 50 vivendas cedidas á Xunta deGalicia pola Sareb e destinadas a alugueiro social e uso prefe-rente para o realoxamento de persoas desafiuzadas, así comoos criterios establecidos para o acceso dos cidadáns a elas

- 35362 (09/PRE-009535)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máisSobre a información e as actuacións previstas pola Conse-llería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria enrelación coas supostas irregularidades que se están a produ-cir no funcionamento do Colexio Santa Apolonia, de San-tiago de Compostela

- 35391 (09/PRE-009536)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaAcuña do Campo, María Carmen e 3 máisSobre os datos referidos ao impacto das modificacións apli-cadas aos requisitos establecidos para o pagamento do sub-sidio previo á xubilación ás mulleres e a opinión do Gobernogalego ao respecto

- 35433 (09/PRE-009537)Grupo Parlamentario MixtoIglesias Sueiro, CarmenSobre as medidas previstas polo Goberno galego para garan-tir a seguridade e custodia das pezas de convicción, expe-dientes, arquivos, bens e persoas nos xulgados de Galicia

- 35441 (09/PRE-009538)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a información, as medidas adoptadas e o controllevado a cabo pola Consellería do Medio Rural e do Mar enrelación coas supostas irregularidades denunciadas polocolectivo de mariscadoras no funcionamento da Confraría deCabo de Cruz

- 35446 (09/PRE-009539)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a licitación do contrato de prestación de servizos dediversos medios aéreos para as campañas de loita contra osincendios forestais dos anos 2015, 2016 e 2017

- 35453 (09/PRE-009540)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme Eladio e Prado Cores, MaríaMontserratSobre o anuncio de dous ERE na empresa Vestas NacellesSpain, S.A. no concello de Viveiro, os datos referidos ás

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 43726 de marzo de 2015

107047

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

subvencións concedidas polo Goberno galego a esa empresae as medidas adoptadas ou previstas pola Xunta de Galiciapara garantir o mantemento dos seus postos de traballo e acontinuidade da súa actividade empresarial

- 35457 (09/PRE-009541)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre a vixencia do Plan sectorial de acceso á cidade deSantiago de Compostela no referido ao concello de Teo e,especificamente, á reserva de solo para o trazado da cone-xión da N-550 coa AC-841

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2015Miguel Ángel Santalices Vieira

Vicepresidente 1º

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

107048

Número 43726 de marzo de 2015

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á posición da

Xunta de Galiza á vista do contido do proxecto de modficación da Lei 43/2003, de

Montes, que está elaborando o Ministerio de Agricultura.

Hai meses que o Goberno do Estado ten tomada a decisión de modificar a

vixente lei de Montes do Estado, supostamente para adaptala ás necesidades actuais.

Porén dos elementos que coñecemos do contido do proxecto co que está traballando o

Ministerio a realidade é ben outra.

O primeiro que temos que dicir en relación ao seu contido é que hai unha clara

invasión e usurpación de competencias propias en materia de montes da nosa

Comunidade Autónoma. Isto ocorre en cuestióhs como a capacidade dos órganos das

comunidades autónomas para definir títulos posesorios; a capacidade de declarar

figuras de protección de montes, instrumentos de xestión, montes de titularidade

pública e crear rexistros de montes protectores; baixo o eufemismo de "coordenar"

expropianos competencias en materia de caza e pesca continental, entre outras moitas

cuestión.

Tamén resultan procupantes para o Grupo Parlamenar do Bloque Nacionalista

Galego outras disposicións que se conteñen neste proxecto de lei que afectan á

capacidade de participación sectorial nos diversos órganos por parte das entidades

107049

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

representativas e que defenden intereses do monte.

Desde o punto de vista do modelo forestal que se deseña no proxecto de lei

tamén mantén este Grupo Parlamentar unha enorme distancia e discrepancia xa que

nesta deseñase un modelo que desprotexe o monte, un tremendo retroceso na súa

conservación, eliminación de figuras de protección e de elementos que formenten o

seu aproveitamento multifuncional. Pola contra hai unha aposta inequívoca pola

forestación, mesmo de terras agrarias e pola extensión dos cultivos enerxéticos.

En definitiva un despropósito de modelo.

Estas son as razóns polas que se formulan as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- Ten realizada algunha avaliación do contido do proxecto de modificación

da lei de montes sobre o que traballa o Ministerio de Agricultura?

2.- Cal é a súa conclusión en relación coa invasión en materias que son

claramente competencias exclusivas reservadas á nosa Comunidade Autónoma?

3.- Como valora o modelo forestal que deseña esta modificación?

4.- Non considera que máis alá da súa invasión competencial, se trata dun

proxecto que resulta claramente lesivo para un desenvolvemento forestal en Galiza?

5.- Non cre que a eliminación da participación sectorial resulta

contraproducente no desenvolvemento do monte, ademais de antidemocrático?

107050

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

6.- Ten trasladado algunha posición ao Ministerio en relación cos contidos do

proxecto?

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tereixa Paz Franco na data 12/03/2015 19:18:41

107051

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Montserrat Prado Cores, María do Carme Adán Villamarín e Daniel

Rodas Chapela, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á situación

laboral en Povisa.

Povisa mantén constantemente unha conflitiva relación laboral c@s

traballadores/as. Esta situación levou a que fora denunciada en diversas ocasións

por vulnerar dereitos elementais do cadro de persoal, e que os xulgados ditaminen

sistematicamente dando a razón @s traballadores/as.

Esta situación de conflitividade laboral sigue a estar de triste e lamentábel

actualidade, ao ter comunicado a empresa a extinción do seu contrato a 13 persoas,

10 celadores e 3 auxiliares do arquivo, e a modificación das condicións laborais

doutras 26 argumentando causas organizativas.

Estes despedimentos prodúcense apenas 6 meses despois de ter o Sergas

renovado o concerto con este centro hospitalario para atender a máis de 130.000

beneficiarios da Seguridade Social ,da Área Sanitaria de Vigo, por un importe de

600.480.000 €, e poucos días despois de ter retirado un ERE co que pretendía a

extinción de 56 contratos.

Non teñen xustificación estes despedimentos cando o propio Goberno

galego esgrimiu o mantemento do emprego coma unha das principais

107052

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

xustificacións para renovar o concerto en setembro de 2014.

A Consellaría de Sanidade non pode manterse impasíbel, nin mirar para

outro lado diante desta situación nun centro sanitario co que ten asinado un

concerto millonario. Ten que aclarar si vai a consentir que os cartos públicos

sirvan para que a empresa mellore a súa conta de resultados, para que a empresa

sanee a súa economía e a do grupo ao que pertence ou para a prestación sanitaria

da poboación que ten adscrita.

Por estas razóns formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta

escrita:

-Considera o Goberno galego que as disposicións e normas de aplicación

establecidas polo Sergas para os seus centros propios se están a cumprir

nos centros cos que ten concertos?

-Considera que Povisa está a cumprir o que se establece ao final do

estipulación II “Prestacións Sanitarias” do concerto subscrito co Sergas

que dí : Povisa,SA obrígase a seguir e a cumprir todas as normas,

instrucións, programas e criterios organizativos establecidos polo Sergas

relativos aos servizos incluídos no obxecto deste concerto.Igualmente

deberá cumprir as disposicións e normas de aplicación establecidas polo

Sergas para os seus centros propios?

-Teñen realizado os responsábeis da Consellaría de Sanidade algunha

actuación diante da dirección de Povisa para que readmita @s 13

traballadores/as despedid@s e remate coa política laboral de represión,

107053

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

ameazas, despedimentos e arbitrariedade?

-De terse realizado en que teñen consistido? En que datas? Cal foi o

resultado das mesmas?

-Vai permitir o Goberno galego que Povisa despida a 13 profesionais da

súa plantilla, cando acaba de asinar un concerto millonario co Sergas, as

súas ratios de persoal están moi por debaixo da media da sanidade pública

galega, especialmente en algunhas categorías, e ten, con moito, as listas de

espera máis altas de Galiza?

-Que valoración fai a Consellaría de que practicamente a metade do

persoal de Povisa teña redución de xornada?

-Que valoración fai da redución temeraria de persoal en determinadas

franxas horarias?

-Considera que cumpre coas ratios de persoal?

- Considera o Goberno galego aceptábel que unha empresas que ten un

concerto millonario co Sergas pode levar a cabo unha precarización

constante do seu persoal sen que por parte do Goberno se faga nada para

impedilo?

-Avala o Goberno galego a política laboral que practica Povisa co seu

persoal?

-Considera o Goberno galego que a precarización laboral, a mobilidade e

107054

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

os cambios de quenda constantes aos que somete a dirección de Povisa @s

profesionais non afecta á calidade asistencial que reciben @s doentes que

teñen a este centro como hospital de referencia?

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2015

Asdo.: Montserrat Prado Cores

María do Carme Adán Villamarín

Daniel Rodas Chapela

Deputadas e deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Monserrat Prado Cores na data 13/03/2015 09:50:05

María do Carme Adán Villamarín na data 13/03/2015 09:50:11

Daniel Rodas Chapela na data 13/03/2015 09:50:16

107055

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Juan Carlos González Santín, José Luis Méndez Romeu e José Antonio Sánchez

Bugallo, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

O mes de outubro do pasado ano 2014 o Parlamento galego, a instancia dunha

proposición do Grupo Parlamentario dos Socialistas, aprobou una iniciativa na

que insta á Xunta de Galicia a que habilitase os mecanismos necesarios para que

o Instituto Galego de Consumo adoptase as medidas sancionadoras oportunas

contra as entidades financeiras que persistan no abuso de non retirar as “cláusulas

solo” dos contratos bancarios con particulares, ao tempo que se acordou darlle a

máxima cobertura os consumidores, poñendo todos os medios necesarios a dispor

dos afectados polas “cláusulas solo”.

No mes de febreiro deste ano, a Sala Primeira do Tribunal Supremo, reunida en

Pleno, reafirmaba a doutrina pola que se declaraba a nulidade das denominadas

“cláusulas solo”. Unha sentenza do Tribunal Supremo do 9 de maio de 2013, un

Auto de aclaración do 3 de xuño de 2013, unha nova sentenza do 8 de setembro

de 2014 e este mes de febreiro, outra máis. Pronunciamentos todos do Tribunal

Supremo nos que se incide no carácter abusivo das “cláusulas solo” e se declara a

súa nulidade.

Un recente informe, coñecido este mesmo ano e elaborado pola entidade francesa

Société Générale, cifra en 780 millóns de euros os beneficios que os bancos están

a gañar grazas ás “cláusula solo”. Ese mesmo informe revela que estas cláusulas

abusivas supoñen ata o 18 % da marxe de interese que pode gañar un banco ao

longo do ano. En total, a eliminación das “cláusulas solo” suporía preto do 7 %

do conxunto dos ingresos procedentes das hipotecas e o 2,4 % da marxe de

interese que obteñen os bancos.

Estas cifras establecen un paralelismo claro entre o beneficio das entidades

financeiras e o abuso aos consumidores e así, canto máis se atrase a eliminación

das “cláusulas solo”, máis ganancias reportarán estas os bancos. Por iso, a

inacción e a pasividade das administracións competentes supón tomar parte en

beneficio dos bancos e en prexuízo dos consumidores afectados.

107056

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A Administración autonómica dispón das ferramentas para protexer aos

consumidores e así a Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das

persoas consumidoras e usuarias recoñece, no artigo 11, entre os dereitos básicos

dos consumidores: b) A protección dos seus lexítimos intereses económicos e

sociais, en particular fronte […] a introdución de cláusulas abusivas nos

contratos”. A mesma lei cualifica, como infracción grave, no seu artigo 82 punto

29: “A introdución de cláusulas abusivas.” e sanciona as infraccións graves entre

3.001 € e 15.000 €

Por todo o exposto e logo do aprobado no Parlamento de Galicia, os deputados

que asinan formulan as seguintes preguntas:

1ª) De que xeito se lle ten dado publicidade entre os consumidores da

posibilidade de facer uso do Instituto Galego de Consumo para reclamar a

eliminación das “cláusulas solo” dos seus contratos hipotecarios?

2ª) Como se ten reforzado o Instituto Galego de Consumo para, tal e como

recollía a proposición aprobada polo pleno do Parlamento galego, darlle “a

máxima cobertura aos consumidores afectados polas “cláusulas solo”?

3ª) Que número de “cláusulas solo” se teñen retirado dos contratos hipotecarios

logo das xestións realizadas a instancia do Instituto Galego de Consumo.

4ª) Cantas sancións e de que contía, en aplicación da Lei 2/2012, leva imposto o

Instituto Galego de Consumo ás entidades financeiras que persisten no uso das

“cláusulas solo”?

Pazo do Parlamento, 12 de marzo de 2015

Asinado dixitalmente por:

Juan Carlos González Santín na data 13/03/2015 13:39:48

107057

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Jose Luis Méndez Romeu na data 13/03/2015 13:40:01

José Antonio Sánchez Bugallo na data 13/03/2015 13:40:13

107058

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Mª Soledad Soneira Tajes, Beatriz Sestayo Doce e Vicente Docasar

Docasar, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta

para a súa escrita.

A Comisión Coordinadora da Agrupación Galaica, da Hermandad

Gallega de Caracas, remitiu unha carta ao secretario xeral de

Emigración, sobre a posible disposición irregular de subvencións e

axudas da Xunta de Galicia para fins distintos aos que deron lugar a súa

concesión. Máis concretamente, falan dunha cantidade de 400.000

euros, durante os últimos dous anos, que a dirección da Hermandad

Gallega pretende destinar, en parte, a adquirir a un club de golf.

Sabemos que este escrito foi remitido a distintas administracións e

persoas. Esta difusión fixo que a Secretaría Xeral de Emigración nos

remitise, a súa vez, a contestación que lle ten dado á Agrupación

Galaica. Resposta que non aborda, ao noso xuízo, os feitos gravísimos

que se denuncian.

É por iso que, as deputadas e o deputado asinantes, preguntamos a

Xunta de Galicia:

1.ª) Ten feito a Xunta de Galicia unha auditoría sobre a correcta

utilización das subvencións, axudas e outras achegas, á Hermandad

Gallega de Caracas durante os dous últimos anos?

2.ª) Ten investigado a Xunta de Galicia a posibilidade de que se

houbesen xustificado as subvencións e outras axudas, recibidas pola

Hermandad Gallega de Caracas, con documentación que non se

corresponde coa realidade?

3.ª) Cantas subvencións, axudas e outro tipo de achegas, se lle ten

concedido á Hermandad Gallega de Caracas ao longo dos últimos cinco

anos e para que finalidade?

107059

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

4.ª) Considera o Goberno galego que a economía de Galicia está en

disposición de subvencionar con fondos públicos a entidades que teñen

por finalidade adquirir campos de golf para o disfrute de elites

minoritarias nun país, Venezuela, onde miles de galegos e galegas están

sufrindo situacións persoais dramáticas?

Pazo do Parlamento, 13 de marzo de 2015

Asdo.: Mª Soledad Soneira Tajes

Beatriz Sestayo Doce

Vicente Docasar Docasar

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María Soledad Soneira Tajes na data 13/03/2015 13:33:31

Beatriz Sestayo Doce na data 13/03/2015 13:33:44

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 13/03/2015 13:33:49

107060

Page 21: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Mª Soledad Soneira Tajes, Beatriz Sestayo Doce e Vicente Docasar

Docasar, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta

para a súa resposta escita.

Os emigrantes retornados españois, que perciben pensións de Venezuela

de acordo co convenio subscrito entre esta república e o Reino de

España, estanse atopando con serias dificultades para a percepción da

mesma.

Entre eles destacan dous. O primeiro é o atraso na percepción das

mesmas, nalgún caso de varios meses. O segundo son as comisións,

tanto de mantemento da conta como dos gastos de tramitación, que

cobra a entidade bancaria que abona as mesmas por convenio co

Goberno venezolano. Estas comisións e gastos bancarios fan que,

nalgún caso, o “beneficiario” da pensión quede debedor coa entidade

financeira.

Diante desta situación, as deputadas e o deputado asinantes preguntan

a Xunta de Galicia:

1.ª) Coñece o Goberno galego esta situación que afecta aos emigrantes

retornados de Venezuela, perceptores de pensións de aquel país?

2.ª) Ten feito o Goberno galego algún tipo de trámite para solucionar

os problemas ao que fai referencia esta iniciativa?

3.ª) Se é así, cales foron os resultados das mesmas?

4.ª) Senón se tivera feito acción algunha, pensa facelas logo de ter

coñecemento, a través desta iniciativa, da situación que están a vivir

estes compatriotas retornados de Venezuela?

Pazo do Parlamento, 13 de marzo de 2015

Asdo.: Mª Soledad Soneira Tajes

Beatriz Sestayo Doce

Vicente Docasar Docasar

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

107061

Page 22: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

María Soledad Soneira Tajes na data 13/03/2015 13:39:18

Beatriz Sestayo Doce na data 13/03/2015 13:39:50

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 13/03/2015 13:39:57

107062

Page 23: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

As deputadas Yolanda Díaz Pérez e Eva Solla Fernández, integrantes do grupo

parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 157

do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa resposta

escrita, relativa aos avances na loita pola igualdade no ámbito do emprego público.

O proxecto de lei do emprego público, en trámite parlamentar, conseguiu concitar o

rexeitamento unánime tanto das organizacións sindicais que representan de maneira

lexítima aos traballadores e traballadoras públicos canto a infinidade de colectivos

profesionais que viron afectado negativamente a súa situación polo devandito

proxecto.

Tan masivo rexeitamento levou o PP a emendarse a si mesmo e presentar unha batería

de emendas para tentar suavizar o impacto negativo deste proxecto de lei. So o

decurso ulterior da tramitación parlamentar do proxecto dará claves para caracterizar

esa rectificación como xenuína e fonda ou oportunista e meramente publicitaria.

Na comunicación das emendas púsoxe enfase en aspectos vencellados ás políticas de

igualdade e o noso grupo ten o meirande interese en avaliar o alcance desas medidas a

partires do coñecemento real do punto de partida, toda vez que a administración

pública está a notar tamén o progresivo envellecemento ao non se proceder a cubrir

as vacantes a causa da ortodoxia neoliberal vixente.

Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte pregunta para a súa

resposta escrita:

- Cantos permisos por lactación de partos múltiples se concederon anualmente

dende 2009 na administración pública galega?

- Cantos baixas por maternidade rexistrou anualmente dende 2009 a

administración pública galega?

- Cantos permisos por asistencia a técnicas de fecundación asistida houbo de

maneira anual dende 2009 na administración pública galega?

107063

Page 24: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

- Cal é a razón de non incorporar as achegas das organizacións sindicais de clase

en materia de baixas por maternidade no trámite previo á presentación do

proxecto de lei no Parlamento?

En Compostela, a 13 de marzo do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Eva Solla Fernández

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 13/03/2015 10:59:44

Eva Solla Fernández na data 13/03/2015 10:59:50

107064

Page 25: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte pregunta para a súa resposta resposta escrita, relativa ao retraso

por parte da Consellería de Educación, no ingreso das achegas para gastos de

funcionamento e bolsas de comedor ao CEIP Veleiro do Campo, de Castro Ribeiras de

Lea- Lugo e a outros centros de Galiza.

O servizo de comedor escolar resulta fundamental, como recurso educativo

complementario, para un importante nº de alumnos/as en toda Galiza. Este recurso, que

ten un claro carácter de compensación social para moitos/as alumnos/as, resulta

fundamental para facer efectivo o principio de defensa da igualdade de oportunidades

no acceso á educación obrigatoria para o alumnado transportado e para a conciliación da

vida laboral e familiar de moitas persoas.

A consellería de Educación, no seu afán polo recorte de orzamentos no ensino

público, provocou un deterioro na calidade do mesmo así como no seus servizos

complementarios; un claro exemplo deste deterioro foron as modificacións introducidas

na xestión dos servizos complementarios de comedor que supuxeron o encarecemento

“considerábel” do mesmo para moitas familias pero que, curiosamente moitas veces,

non significou unha melloría “considerábel” do servizo. Un claro exemplo son os

retrasos nos ingresos, para a xestión dos comedores escolares, que a Consellería ten que

facer aos centros; retrasos que provocan graves problemas aos provedores dos

comedores e graves problemas aos propios servizos de comedor.

O Grupo Parlamentar do BNG non entende a razón pola que a Consellería de

107065

Page 26: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Educación: retrasa os ingresos correspondentes as “bolsas de comedor” que os centros

públicos deben recibir para o bo funcionamento do servizo e tampouco entende o

retraso dos ingresos correspondentes para o funcionamento normal deste servizo.

No primeiro trimestre a Consellería non ingresou ata o mes de decembro estas

cantidades, provocando problemas para a xestión dos comedores en moitos centros

públicos e provocando o malestar dos centros que se viron ao borde da asfixia

económica. Tiveron que aparecer denuncias por parte das comunidades educativas e

organizacións sindicais, para que a Consellería ingresase as cantidades correspondentes.

A día de hoxe continúan os retrasos da Consellería de Educación que aínda non

pagou a moitos centros educativos, o CEIP “Veleiro Docampo entre eles, as cantidades

asignadas ás bolsas de comedor escolar dos meses de xaneiro, febreiro e marzo de

2015, nin tampouco o 40 % da totalidade dos gastos de funcionamento que é o que

corresponde a este primeiro trimestres.

O Grupo Parlamentar do BNG non comparte este xeito de comportarse da

Consellería, pois obriga a moitos centros a non poder pagar aos seus provedores, en

tempo e forma, provocando un grave quebranto na economía do comercio local que

subministra os produtos e mesmo poñendo en perigo o funcionamento normal do

servizo de comedor escolar.

Polo exposto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1.- É consciente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

do problema que provocan os seus continuados retrasos, á hora de ingresar os importes

de bolsas de comedor e gastos de funcionamento do mesmo, aos centros educativos?

107066

Page 27: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2.- Considera a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

normal que os centros non poidan pagar, en tempo e forma, aos seus provedores de

produtos para o bo funcionamento dos comedores escolares.?

3.- Cal é a razón dos retrasos das achegas para cubrir o custo do servizo de

comedores, aos centros públicos de Galiza por parte da Consellería de Cultura,

Educación e Ordenación Universitaria?

4.- Si os obrigados ao pago dos prezos públicos do servizo de comedor escolar

teñen que abonalos nos 20 primeiros días do mes seguinte ao da prestación do servizo,

por qué a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tarda varios

meses en facelo?

5.- Cando ten pensado a Consellería regularizar as súas achegas aos centros para

gastos de comedores escolares, para que estes poidan regularizar os pagos aos

provedores?

6.- Quen se vai facer cargo do quebranto económico que se provoca aos

provedores de produtos para os comedores escolares, polo retraso no pago dos mesmos?

7.- Pensa a consellería de Educación que se poden xestionar os comedores

escolares cando a administración pública incumpre os seus cometidos.?

Santiago de Compostela, 13 marzo de 2015

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

107067

Page 28: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 13/03/2015 18:15:22

107068

Page 29: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín, Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco

Xesús Jorquera Caselas, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á repotenciación das

minicentrais do río Xallas e a o seu impacto na problemática da factoría de ferroaleacións

Ferroatlántica de Brens (Cee).

Por moito que o Goberno da Xunta e o Partido Popular presentasen o proxecto de

repotenciación das minicentrais do río Xallas como unha medida exemplar para sacar á

Costa da Morte da crise económica, chegando ao disparate de anunciar que esta actuación

sería capaz de xerar 700 postos de traballo, para o Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego esta actuación é un exemplo dun modelo de desenvolvemento de

características neocoloniais. Un modelo consistente en esquilmar os nosos recursos

naturais en beneficio de multinacionais, mentres emigran os beneficios económicos e

Galiza ten que apandar cos custes medioambientais.

O río Xallas, con catro encoros (Fervenza, Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxia)

era xa o río galego máis sobreexplotado dos xestionados directamente pola Xunta de

Galiza. Malia o grao de afectación que xa supuñan estes catro encoros, o Xallas mantén

treitos fluviais de alto valor ecolóxico, e unha das últimas fragas costeiras que fican en

Galiza e no occidente de Europa, a devesa de Anllares, unha fraga ata o de agora mellor

conservada que as fragas do Eume e que paradoxalmente a Xunta pretende protexer

estendendo o LIC Carnota-Monte Pindo da Rede Natura.

107069

Page 30: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

O proxecto de repotenciación agora en curso, que contempla a instalación de tres

novas turbinas (Novo Castrelo, Fervenza II, e Ponte Olveira II) supón unha grave ameaza

sobre estes espazos naturais. Crearanse novas subestacións eléctricas e liñas de transporte

e evacuación, coas conseguintes talas e apertura de pistas para dar servizo ás minicentrais

que están provocando a fragmentación e o deterioro do hábitat boscoso. De feito, o

proxecto en curso supón nalgúns casos novas centrais separadas das actuais con novas

canalizacións, acentuando a fragmentación.

Por se fose pouco, ademais en Ponte Olveira II deforestouse moito máis do

inicialmente previsto e entre Novo Castrelo e Ponte Olveira II optouse polo trazado con

máis afectación medioambiental para 2 quilómetros de liña de alta tensión. Neste último

caso podería terse optado por aproveitar e reforzar unha liña preexistente de 66 kv para

reducir a afectación ou por trazar o tendido pola outra beira do río, de menor valor

ambiental. Porén, co pretexto de non dilatar a execución, optouse polo trazado de maior

impacto provocando a tala de carballos.

A empresa que ten a concesión para explotar este recurso natural é Ferroatlántica,

unha empresa que se beneficiou de concesións públicas supeditadas ao mantemento dos

postos de traballo e que está reducindo a produción da súa factoría de ferroaleacións de

Brens en Cee para incrementala nas factorías de Sudáfrica e Venezuela e que incluso está

desmantelando algunhas das súas unidades de produción como o forno nº 11 da factoría

de Brens.

O desmantelamento do forno nº11 supón o peche dunha unidade de produción co

conseguinte impacto na actividade produtiva desta factoría e na xeración ou no

mantemento de postos de traballo.

Mentres Ferroatlántica reduce a súa produción na Galiza, increméntaa nas

factorías de Sudáfrica e Venezuela. Mentres en Galiza desmantela fornos para o despece,

107070

Page 31: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

nestes países reconvérteos para a produción de silicio solar, unha produción claramente á

alza. O resultado é o declive continuado da factoría de Brens.

Ademais, mentres se produce o declive continuado da factoría de Brens, a xestión

das minicentrais está centralizada en Madrid, pasando de xerar 8 postos de traballo na

capital do Estado aos 62 actuais.

Por moito que Ferroatlántica sexa unha empresa privada, explota recursos

naturais de Galiza, caso das augas do río Xallas, e beneficiouse de concesións públicas

supeditadas ao mantemento dos postos de traballo.

En 1986 a Declaración de Utilidade Pública, preceptiva para proceder á

expropiación dos terreos para a construción do encoro de Santa Uxía, xustificouse para

favorecer o mantemento dos postos de traballo. A realidade, en cambio, é que dunha

plantilla de 450 empregados en Brens en 1997 pasouse a 285 na actualidade.

A realidade é que a propietaria de Ferroatlántica, malia explotar os nosos recursos

naturais, destrúe postos de traballo en Galiza mentres os xera en Madrid. A propia

comercializadora de enerxía do grupo está radicada en Madrid, os provedores de

ordenadores e telefonía móbil ás minicentrais están radicados en Madrid e incluso o

grupo ata agora propietario de Ferroatlántica chegou a utilizar os beneficios xerados polas

minicentrais como aval no crédito concedido para construír Torre Espacio en Madrid.

Os incumprimentos por parte de Ferroatlántica dos compromisos adquiridos coa

administración son constantes. En 1997, a raíz da inauguración do edificio administrativo

das minicentrais Ézaro-Dumbría, o Sr. Villar Mir, Presidente de Ferroatlántica,

comprometeuse ante o Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, a construír un novo

forno en Dumbría nun prazo de 30 meses. Aínda que a obra foi comezada, o forno nunca

estivo en produción, optando a empresa por priorizar a actividade produtiva en

Venezuela.

107071

Page 32: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

O recente acordo de unión de Ferroatlántica coa norteamericana Globe non fai

senón engadir incerteza sobre a continuidade dos postos de traballo en Galiza e agrava o

perigo de deslocalización.

Polas razóns devanditas, formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta

escrita:

-Ten coñecemento a Xunta de Galiza de que en Ponte Olveira II deforestouse

moito máis do inicialmente previsto?

-Foi avalada esta actuación polos técnicos de medio ambiente? Foi autorizada

pola Xunta de Galiza? Exerceu a Xunta de Galiza algún labor de supervisión?

-Cal foi a causa de que entre Novo Castrelo e Ponte Olveira II se optase polo

trazado con máis afectación medioambiental para 2 quilómetros de liña de alta tensión?

-Cal foi a razón pola que non se optou por aproveitar e reforzar unha liña

preexistente de 66 kv para reducir a afectación?

-Cal foi a razón pola que non se optou por trazar o tendido pola outra beira do

río, de menor valor ambiental?

-Como valora a Xunta de Galiza que a empresa Ferroatlántica está

desmantelando para o seu despece o forno 11 (número 1 en Brens) na factoría de

ferroaleacións que a devandita empresa ten en Brens (Cee)?

-Como valora a Xunta de Galiza que mentres Ferroatlántica reduce a súa

produción na Galiza a incremente nas factorías de Sudáfrica e Venezuela?

107072

Page 33: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Como valora que mentres en Galiza desmantela fornos para o despece, nestes

países reconvérteos para a produción de silicio solar?

-Como valora que mentres a propietaria de Ferroatlántica, pese a explotar os

nosos recursos naturais, destrúe postos de traballo en Galiza, os xere en Madrid?

-É coñecedora dos incumprimentos por parte de Ferroatlántica dos compromisos

adquiridos coa administración?

-Non considera que o recente acordo de unión de Ferroatlántica coa

norteamericana Globe non fai senón engadir incerteza sobre a continuidade dos postos

de traballo en Galiza e agrava o perigo de deslocalización?

-Que actuacións pensa levar a cabo a Xunta de Galiza para garantir o

mantemento da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee?

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

107073

Page 34: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María do Carme Adán Villamarín na data 16/03/2015 10:56:35

Ana Belén Pontón Mondelo na data 16/03/2015 10:56:41

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 16/03/2015 10:56:45

107074

Page 35: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, reclamando de Portos de

Galiza que informe sobre a tramitación administrativa e en que estado de execución se

atopa o expediente do contradique de abrigo de Fisterra, e a ordenación e mellora das

instalacións portuarias.

A confraría de pescadores de Fisterra e usuarios do porto, veñen reclamando

dende fai tempo a necesidade de mellorar as condicións de abrigo do porto fisterrán,

reclamación que trasladou ao Parlamento galego o BNG instando a Portos de Galiza a

atender as demandas de construción dun contradique de abrigo, así como o compromiso

orzamentario correspondente.

Tamén trasladamos a reclamación da instalación dun surtidor de gasolina,

comprometida por Portos de Galiza, que ata o de agora non foi quen de atender estes

compromisos e inhibíndose da súa responsabilidade de dotar as instalacións portuarias

dos equipamentos que o sector está a demandar.

Estas iniciativas foron rexeitadas, e no debate dos orzamentos puidemos

comprobar como o compromiso tanxible da dotación económica era inexistente máis alá

dos compromisos de palabra.

A construción do contradique é unha obra comprometida dende o ano 2009 e

suporía poder acometer a regulación de moitas embarcacións que fondean na enseada, e

ofertar unha parte das instalacións para acoller o paso de embarcacións deportivas que

107075

Page 36: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

pasan polo noso litoral e que poderán ter aquí un porto de refuxio, de avituallamento ou

simplemente de visita, dado que Fisterra é un lugar emblemático.

Obra prioritaria para a seguridade das embarcacións de Fisterra, ao igual que o é

o porto de Laxe ou de Aldán onde cada inverno sofren situacións semellantes de perigo,

producíndose incluso varamentos ou afundimentos pero que por desgraza non pasan dos

compromisos de palabra, podendo comprobar como se actúa con total dilixencia e con

un orzamento ilimitado cando se trata dun inmoble pertencente ao Obispado de

Compostela pero se dilata pois é considerado excesivamente elevado o orzamento cando

se trata da seguridade dos mariñeiros.

Tamén é significativo que os compromisos que non se adoptan en sé

parlamentaria logo se veñan explicitar nos medios de comunicación e a poucos meses

das eleccións municipais. Unha maneira de exercer a política onde o importante non son

as persoas, a seguridade das embarcacións se non o mantemento dun engano que leva

repetindo o PP dende o ano 2009.

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- No ano 2009 presentouse un proxecto orzamentado e de inmediata execución

do contradique do porto de Fisterra. En que se diferenza co novo proxecto e cando se

vai executar?

2.- Dado que non aceptaron a emenda do BNG de incluír unha partida no

orzamento do 2015, cal é a dotación orzamentaria comprometida no orzamento deste

ano? Con cargo a que anualidades se vai adquirir o compromiso? Cando se van iniciar

as obras e que prazo de execución contempla?

107076

Page 37: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.- Cal é o motivo de descartar un contradique fixo por un modelo flotante?

Teñen avaliado esta proposta adecuadamente despois da experiencia negativa do dique

flotante do porto de Xufre (Illa de Arousa)? Alcanzará a cubrir ás necesidades de abrigo

reclamadas para garantir a seguridade das embarcacións nese porto?

4.- Cales foron as trabas administrativas que ocasionaron que o porto de Fisterra

a día de hoxe aínda non teñan surtidor de gasolina, co perxuízo económico ocasionado

ás embarcacións, cando outros portos coas mesmas necesidades, como Camelle, foron

atendidas con celeridade? Existe proxecto para a súa ubicación? Tramitouse a concesión

administrativa?

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 16/03/2015 11:37:19

107077

Page 38: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Vicente Docasar Docasar, José Manuel Gallego Lomba, Abel Losada

Álvarez, María Concepción Burgo López e Francisco Caamaño

Domínguez, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario

dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para

a súa resposta escrita.

O Conservatorio Superior de Música de Vigo é coñecido polo seu prestixio

dentro de Galicia, un prestixio que ninguén lles regalou senón que foi

gañado a pulso durante anos de esforzos dos seus profesionais.

Lamentablemente, nos últimos días estamos a ver como o Conservatorio

Superior de Música de Vigo (un edificio construído na década dos

cincuenta do século pasado) está de actualidade en diferentes medios de

comunicación galegos polo deterioro e abandono das súas instalacións, a

pesar de que a comunidade educativa leva moito tempo reclamando

desesperadamente o seu arranxo, sen que ata o momento actual os

responsables educativos atendesen esas peticións.

As carencias do centro falan de humidades e goteiras, fiestras que non

pechan, persianas en mal estado, falta de illamento axeitado, cuestións

todas elas que poden estar afectando mesmo ao estado de conservación dos

propios instrumentos musicais e ás condicións nas que alumnado e

profesorado desenvolven o seu cometido.

A todo iso temos que engadir a falta de renovación dos equipamentos

didácticos que foron quedando obsoletos por falta de reposición.

Mentres todo iso está a pasar no Conservatorio Superior de Música de

Vigo, o novo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

anunciou na súa recente comparecencia parlamentaria importantes

107078

Page 39: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

investimentos para obras de acondicionamento de centros educativos e

tamén para reposición de materiais didácticos.

Este grupo parlamentario ten constancia tamén de sendos escritos, tanto do

Consello Escolar (04.02.15) como do Claustro de profesores (25.02.2015),

denunciando esta situación ante as autoridades educativas.

Entendemos que manter unha educación pública e de calidade debe ser

unha das obrigas esenciais de todo Goberno que se prece, e por iso os

deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes preguntas:

1ª) Ten pensado a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria atender as xustas reivindicacións do Conservatorio Superior

de Música de Vigo, se for o caso, cando e con que orzamento concreto, de

ser a resposta negativa, por que razóns?

2ª) Considera razoable denegar novas especialidades aos conservatorios

públicos de música mentres se conceden os centros privados?

Pazo do Parlamento, 16 de marzo de 2015

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 16/03/2015 13:00:23

José Manuel Gallego Lomba na data 16/03/2015 13:00:37

Abel Fermín Losada Álvarez na data 16/03/2015 13:00:49

María Concepción Burgo López na data 16/03/2015 13:01:01

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 16/03/2015 13:01:07

107079

Page 40: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

A deputada Yolanda Díaz Pérez, que forma parte do grupo parlamentar da Alternativa

Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 157 do Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte pregunta para a súa resposta escrita, relativa á creación dun novo

xulgado en Sarria.

Unha simple ollada aos dados da memoria dos xulgados e tribunais de Galicia revela

con clareza a situación de saturación na que se atopa o xulgado de primeira instancia

e instrución de Sarria.

Os dados amosan o considerable retraso que acumula este órgano xudicial, que ao

rematar 2013 sumaba 556 asuntos sen resolver, certo que por baixo dos do ano

anterior, que totalizaban 747 asuntos. Este xulgado recibe unha media de dous

milleiros de asuntos ao ano, dos cales preto de setecentos son civís cando o límite

máximo marcado polo Consello Xeral do Poder Xudicial son 450 casos.

Os retrasos que se miden en anos atentan contra o dereito da cidadanía a dispor

dunha xustiza efectiva e agravan as condicións de traballo do persoal público e dos

profesionais dese sector. Este grupo parlamentar vai seguir a presentar novas

iniciativas que favorezan a creación de novos órganos xudiciais, para manter e ampliar

os reforzos xudiciais e para conquerir unha completa dotación técnica que redunde

nunha mellora das condicións nas que se presta un servizo público esencial.

Polo referido, o grupo parlamentar da AGE presenta a seguinte pregunta para a súa

resposta escrita:

- Que actuacións, acreditadas documentalmente, desenvolveu a Xunta de Galicia

dende 2008 para conquerir a creación dun segundo xulgado de primeira

instancia e instrución en Sarria?

- Comprométese o goberno galego a demandar con carácter de urxencia a

creación do segundo xulgado de primeira instancia e instrución de Sarria?

107080

Page 41: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

En Compostela, a 16 de marzo do 2015.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 16/03/2015 11:07:34

107081

Page 42: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada Consuelo

Martínez García ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta

a seguinte Pregunta para a súa contestación por escrito:

O Real Decreto 43/2015, de 2 de febreiro, recentemente publicado polo

ministro de Educación, Cultura e Deporte do Reino de España dispón que en

diante os estudos de grado teñan entre 180 e 240 créditos.

Esta modificación supón reducir os estudos de grado a tres cursos e, pola

contra, engadir ás titulacións de posgrao un curso máis.

Polo exposto, a deputada que subscribe, pregunta para a súa contestación por

escrito:

Que opinión ten o Goberno galego sobre devandita modificación e como vai

afectar ás universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo?

Pazo do Parlamento a 16 de marzo de 2015

Asdo.: Consuelo Martínez García

Deputada e Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

Asinado dixitalmente por:

107082

Page 43: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

2

María Consuelo Martínez García na data 16/03/2015 13:45:32

107083

Page 44: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez e Ana Belén Pontón Mondelo, deputado e deputada

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita,

relativa ao expediente para a declaración como BIC, da colección de ourivería de D.

Álvaro Gil Varela do Museo Provincial de Lugo.

O pasado 10 de febreiro do presente ano regresa a colección de ourivería de D.

Álvaro Gil Varela ao Museo Provincial de Lugo, unha importante colección de pezas de

valor incalculábel para o patrimonio cultural de todos/as os/as galegos/as. Faino dun xeito

definitivo tralas negociacións mantidas entre a Área de Cultura da Deputación de Lugo e

a familia Gil.

O pasado 23 de outubro de 2013 a Consellaría de Cultura publicaba no Diario

Oficial de Galiza a resolución de incoación de expediente para a declaración de ben de

interese cultural, BIC, da colección Álvaro Gil de ourivaría prerromana, a instancias da

Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. A

Consellaría ademais de non cuestionar o carácter sobranceiro desta colección establece un

prazo de 20 meses para a resolución do expediente, prazo que remata en xuño.

A protección e posta en valor do legado queda garantida ao instalarse

definitivamente no Museo Provincial de Lugo. Porén, tendo en conta que a colección de

ourivería é todo un referente fundamental para o patrimonio cultural galego e incluso en

parte da propia imaxe da institución museística dependente da Deputación de Lugo, e

visto que a sociedade e a cidadanía considera moitas desas pezas símbolos identitarios do

seu pasado, presente e futuro, a declaración de BIC pode axudar a proxectar a colección

cara ao exterior cuns retornos considerábeis nos ámbitos turísticos e económicos.

107084

Page 45: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polo exposto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1.- Comparte o Goberno galego que a declaración de BIC, da colección “Álvaro

Gil”, pode axudar a proxectar a colección cara ao exterior cuns retornos considerables

nos ámbitos turísticos e económicos?

2.- Cando ten previsto a Xunta de Galiza rematar o expediente para a declaración

de BIC desta importante colección?

3.- Ten previsto a Xunta de Galiza esgotar o máximo de 20 meses a partir da

incoación do expediente que establece a lei para a declaración BIC?

Santiago de Compostela, 16 marzo de 2015

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputado e deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 16/03/2015 18:39:50

Ana Belén Pontón Mondelo na data 16/03/2015 18:39:58

107085

Page 46: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez e Tereixa Paz Franco, deputado e deputada do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita,

relativa a denuncias formuladas sobre presuntas irregularidades no IES Vilamarín da

provincia de Ourense.

O IES Vilamarín, centro que na actualidade conta con máis de 300 alumnos/as, é

un centro dependente da Xunta de Galiza no que se imparten ciclos formativos das

familias profesionais de hostalería e turismo, industrias alimentaria e actividades

agrarias. Tamén oferta, previo pago, servizos de comedor e residencia.

Varios membros da comunidade educativa deste centro veñen denunciando,

diante da inspección educativa e diante dos órganos colexiados dos que forman parte,

unha serie de feitos irregulares en canto ao control e xestión económica do centro:

Impedimento de acceso para consulta de actas das reunións dos órganos

colexiados dos que fan parte (Claustro e Consello Escolar)

Incumprimento da normativa de acceso aos membros do consello escolar á

información e documentación que figura na orde do día e que serán obxecto de

avaliación, debate e votación.

Irregularidades na elaboración e aprobación dos orzamentos anuais.

Incumprimentos da normativa referente á execución do orzamento, modificación

do mesmo e xustificación dos gastos dos exercicios económicos...

107086

Page 47: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Lamentabelmente, os responsábeis da Consellería de cultura, Educación e

Ordenación Universitaria, parecen non ter interese na toma de decisións para a

aclaración e solución das denuncias formuladas.

Non hai moito tempo que, os portavoces de educación dos diferentes grupos

parlamentares da oposición, atendemos no Parlamento a unha representación deste

instituto e nesa xuntanza fomos informados das “supostas irregularidades” que parte do

profesorado ven denunciando dende hai tempo no funcionamento deste IES Vilamarín.

Segundo manifestacións destes portavoces, soubemos que:

“Distintos membros do claustro de profesores e profesoras do IES Vilamarín da

provincia de Ourense veñen facendo, dende hai tempo, unha serie de denuncias sobre o

funcionamento irregular de dito centro ante os órganos colexiados dos que forman parte

e ante a Inspección Educativa e Xefatura Territorial de Educación de Ourense”.

“O 21 de febreiro de 2014, 14 profesores e profesoras do centro, solicitaron unha

reunión coa inspectora onde lle trasladaron a súa preocupación sobre distintas

irregularidades que, ao seu entender, estaba cometendo a equipa directiva do centro”.

“Hai unha parte do profesorado que, no presente curso 2014/2015, continua

denunciando un funcionamento irregular da equipa directiva”.

Ao Grupo Parlamentar do BNG chámalle a atención o feito de que, diante de

denuncias de “presuntas irregularidades” cometidas, non houbese unha contestación por

parte da administración educativa, durante un curso enteiro, de cara a solucionar os

problemas denunciados.

Para o noso Grupo Parlamentar resúltalle inconcebíbel que non se aclaren e

subsanen denuncias que fan referencia a:

107087

Page 48: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1.- Funcionamento irregular dos órganos colexiados do Centro: Claustro e

Consello Escolar.

2.- Funcionamento irregular na xestión administrativa e económica do centro,

nomeadamente no referente á elaboración, aprobación e control de orzamentos.

3.- Posíbel instalación irregular de cámaras de videovixilancia.

4.- Posíbeis irregularidades na elaboración de horarios e programación xeral.

5.- Posíbeis irregularidades diante da presentación de numerosos escritos que nin

son considerados nin son contestados.

O grupo Parlamentar do BNG, diante da información recibida e diante das

denuncias manifestadas por un sector do profesorado do IES Vilamarín, entendemos que

merecen unha explicación por parte da administración educativa galega.

Polo exposto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1.- É coñecedora a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria das denuncias presentadas por un sector do profesorado do IES Vilamarín

de Ourense?

2.- Tomou algunha medida a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria para garantir os dereitos do profesorado no exercicio da participación,

información e intervención nos Claustros e Consellos Escolares do IES Vilamarín?

3.- Comprobou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

se no IES Vilamarín se limita, por parte da dirección do centro, o dereito á participación

e ao control e xestión do centro por parte do profesorado?

107088

Page 49: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- Ten pensado a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

comprobar a veracidade das denuncias presentadas?

5.- Que actuacións ten pensado impulsar a Xunta de Galiza para resolver a

problemática denunciada, por unha parte do profesorado do IES Vilamarín de Ourense,

no referente á mala xestión económica e a garantir o funcionamento democrático,

transparente e participativo deste centro?

Santiago de Compostela, 16 marzo de 2015

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Tereixa Paz Franco

Deputado e deputada do G.P. Do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 16/03/2015 19:12:03

María Tereixa Paz Franco na data 16/03/2015 19:12:08

107089

Page 50: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Concepción Burgo López, Francisco Caamaño Domínguez e Ricardo

Vicente Docasar Docasar, deputada e deputados pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta por escrito.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de

Galicia, localizada en Pontevedra, foi creada en 1991 e é a única que oferta

esta titulación na nosa Comunidade Autónoma.

A Escola depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria e está englobada nas denominadas Ensinanzas Artísticas

Superiores, e como tal está afectada polos problemas que se deron en torno

ao título de grado outorgado polo Real decreto 1614/2009 e invalidado por

sucesivas sentencias do Tribunal Supremo.

Pero ademais, os estudos de Conservación e Restauración teñen uns

problemas particulares, que realmente veñen dun pasado mais afastado,

pero que a aplicación do Plan Bolonia e os sucesivos problemas co título de

grao non fixeron máis que ampliar.

En efecto, os estudos de Conservación e Restauración sofren dende fai

moito tempo unha organización pouco usual que inclúe dúas vías para

conseguir o título: a través das universidades e a través das Escolas

Superiores. Antes da aplicación do Plan Bolonia, as universidades

outorgaban o título de licenciado e as escolas o equivalente a diplomado,

sendo diferente, loxicamente, a duración dos estudos.

Pero agora estas diferenzas desapareceron e as Escolas Superiores, entre

elas claro está a galega, están sufrindo de forma directa a forte competencia

das universidades que implantaron o título de grao en Conservación e

Restauración de Bens Culturais. Así, as universidades de Granada, Sevilla,

Valencia, Complutense de Madrid e a de Barcelona entre outras, imparten

o titulo de grao con unha carga docente de 240 ECTS e unha duración de 4

anos. Exactamente a mesma carga docente e duración que teñen os estudos

na Escola Superior de Pontevedra, pero mentres o título das universidades

107090

Page 51: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

é un título de grao universitario, as escolas outorgan un título Superior en

Conservación e Restauración que ten a equivalencia ao grao, pero que non

é un título universitario, ao contrario ten un status xurídico feble e, ao ter

un réxime non universitario, as condicións de alumnos e profesores son

moi distintas.

Isto provoca que cada vez máis alumnos e alumnas opten por cursar un

grao universitario e non os estudos dunha escola. En efecto, as estatísticas

dos últimos anos demostran que está crecendo o número de estudantes dos

graos universitarios en Conservación e Restauración de todas as

universidades que o ofertan, mentres que nas escolas non se chega a cubrir

totalmente a oferta de prazas.

A Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ten

unha excelente reputación pola súa longa experiencia e polo bo traballo que

realiza do que dá fe a contratación dos seus alumnos e alumnas nalgúns dos

mellores museos e centros de arte do mundo, así como os convenios

realizados tanto ca Xunta de Galicia, ca igrexa, os concellos e outros

propietarios de bens culturais para a realización de labores de conservación

e restauración de pezas artísticas de todas as épocas e xéneros, labor, que

por certo, realizan de balde.

Non podemos permitir que a esta escola e estes estudos continúen

aumentando os seus problemas e incluso corran o risco de non sobrevivir.

Os estudos de Conservación e Restauración teñen unha grande importancia

para a preservación do nosos patrimonio histórico e artístico o que é unha

obriga das administracións públicas.

Para conseguir o mantemento e consolidación da Escola Superior e en

Conservación e Restauración de Bens Culturais creemos que é

absolutamente necesario que sexa integrada, no menor tempo posible, no

Sistema Universitario de Galicia, independentemente das decisións que se

tomen en torno as Ensinanzas Artísticas Superiores, cuxas reclamacións

apoiamos. As características propias destes estudos tal como explicamos, e

a forte e xa activa competencia das universidades fronte a Escola Superior

fai esta integración esencial e urxente.

107091

Page 52: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, a deputada e os deputados que asinan formulan as

seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1. Como valora a situación actual da Escola Superior de Conservación

e Restauración de Bens Culturais de Galicia?

2. Considera que está a sufrir a competencia das universidades que

imparten os mesmos estudos?

3. Considera que é lóxico que sigan existindo dúas vías para acadar un

título en Conservación e Restauración, a vía universitaria e as escolas

superiores ca mesma duración e carga docente?

4. Considera que estes estudos son necesarios para a sociedade galega?

5. Considera que a Escola Superior de Conservación e Restauración de

Bens Culturais de Galicia debe integrarse no Sistema Universitario

de Galicia? Por que?

Pazo do Parlamento, 17 de marzo de 2015

Asdo.: Concepción Burgo López

Francisco Caamaño Domínguez

Ricardo Vicente Docasar Docasar

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

107092

Page 53: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

María Concepción Burgo López na data 17/03/2015 13:42:52

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 17/03/2015 13:42:58

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 17/03/2015 13:43:02

107093

Page 54: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Beatriz Sestayo

Doce, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta

para a súa resposta por escrito.

Ante as reiteradas afirmacións do Goberno galego de que o sector naval ten

contratado en Galicia traballo por un importe de 1.400 millóns de euros.

Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan formulan a

seguinte pregunta para a súa resposta escrita:

Cal é o detalle destes contratos, a data 28 de febreiro do presente ano?

Especificando:

1. Estaleiro.

2. Data de asinamento do contrato.

3. Data prevista de entrega do buque.

4. Importe do contrato.

5. Emprego creado nese contrato, en horas de traballo.

Pazo do Parlamento, 17 de marzo de 2015

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Beatriz Sestayo Doce

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

107094

Page 55: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 17/03/2015 14:10:44

José Manuel Gallego Lomba na data 17/03/2015 14:10:50

Beatriz Sestayo Doce na data 17/03/2015 14:10:55

107095

Page 56: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, María do Carme Adán Villamarín e Francisco

Xesús Jorquera Caselas, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan

a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á instalación dunha fábrica de

pellets no lugar de Talai (Betanzos).

Na veciñanza do lugar de Talai (Betanzos) hai inquedanza polas posíbeis molestias

que pode provocar a fábrica de pellets que a empresa Visecorsa puxo en funcionamento no

devandito núcleo, situada moi próxima ás vivendas.

Dáse a circunstancia de que a devandita fábrica está subvencionada nun 80% polo

IGAPE con cargo aos fondos FEDER. Así, no Diario Oficial de Galiza do 19 de setembro

de 2013 publicouse a concesión dunha subvención do Instituto Galego de Promoción

Económica (IGAPE) ao abeiro da Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG n. 155, do 13

de agosto) pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto

Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do IGAPE

aos proxectos de investimento empresarial (cofinanciadas polo Fondo Europeo de

Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galiza 2007-2013) e

procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Esta axuda de 150.737,60 euros tiña por finalidade, segundo o propio DOG,

“fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega estimulando a

posta en marcha de proxectos”. Contra esta resolución interpuxo recurso a empresa

interesada, fallando o pasado 9 de decembro de 2014 a Audiencia Nacional que a achega

de fondos públicos debería elevarse até os 283.634,84 euros. Este cambio débese a que o

107096

Page 57: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

tribunal estima, sen posibilidade de recurso, que as obras desenvolvidas pola empresa

foron construcións de nova planta.

A licenza municipal de obras foi concedida polo Concello de Betanzos o 8 de

setembro de 2012 como reforma e ampliación dunha nave existente previamente no

lugar para a posta en marcha dun aserradoiro e fábrica de viruta para cama de

animais, que é o proxecto que acada a subvención da Xunta. Porén, esta licenza, xunto

coa licenza de actividade, foi despois modificada eliminando, entre outros cambios,o

aserradoiro. Este cambio concluíu coa construción dunha cheminea de 12 metros non

contemplada no proxecto orixinal e a instalación de diversa maquinaria. Todo isto foi

autorizado dado que as normas subsidiarias de planeamento que rexen en Betanzos

contemplan como uso permitido en solo rústico- que é o da parcela- a instalación de

obradoiros artesanais e pequenas industrias familiares. En base a tal precepto autorizouse

a instalación dunha empresa multinacional nun lugar que non semella o máis acaído para

este tipo de actividades industriais, pois provocan emisións de fumes, partículas e ruídos

coas conseguintes molestias para a poboación do núcleo de Talai, ubicado ao outro lado

da parcela na que se asentou esta empresa. O feito de que o tal núcleo non figure como tal

nas obsoletas normas de planeamento municipal non debe ser carta que permita que se

furte o dereito elemental ao descanso e a saúde da veciñanza.

Por todas estas razóns formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta

escrita:

-Considera a Xunta de Galiza acaído o lugar onde se estableceu a fabrica de

pellets da empresa Visecorsa?

107097

Page 58: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Non considera que este tipo de instalacións provocan emisións de fumes,

partículas e ruídos que se traducen en molestias para a poboación do núcleo de Talai,

ubicado ao outro lado da parcela na que se asentou esta empresa?

-Non considera que tal circunstancia esixe a adopción de medidas para

minimizar o impacto desta fábrica entre a veciñanza e asegurar o seu dereito á saúde e

ao descanso?

-Vai realizar a Xunta de Galiza medicións de ruídos e emisións?

-Vai esixir á empresa a adopción de cantas medidas sexan necesarias para evitar

estes impactos na veciñanza?

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

María do Carme Adán Villamarín

Deputadas do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 17/03/2015 17:42:01

107098

Page 59: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María do Carme Adán Villamarín na data 17/03/2015 17:42:08

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 17/03/2015 17:42:12

107099

Page 60: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Montserrat Prado Cores, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula

a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á necesidade de dotar á

comarca do Salnés dunha ambulancia medicalizada de xeito permanente.

As urxencias sanitarias que se produzan na comarca do Salnés no ámbito extra

hospitalario nos concellos de Sanxenxo, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, A Illa de

Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Ribadumia só contan con catro

ambulancias asistenciais de soporte vital básico, que só contan cunha persoa que

conduce o vehículo e un/unha técnico-auxiliar. Estas ambulancias teñen as súas bases en

Ogrobe, Sanxenxo, Vilagarcía e Cambados.

A comarca do Salnés está por debaixo da ratio recomendada pola OMS (

Organización Mundial da Saúde ) que recomenda a existencia dunha ambulancia de

“Soporte Vital Básico” por cada 25.000 habitantes, estamos a ver como a día de hoxe na

comarca do Salnés as ratios de atención superan as recomendacións.

Na atención das patoloxías de gravidade o tempo é un factor esencial, polo cal

non é entendíbel que unha comarca tan ampla e con tanta poboación como a do Salnés

teña un hospital que non está dotado con UCI e non conte con ningunha ambulancia

medicalizada ( Soporte Vital Avanzado ) é dicir dotada cun equipo humano composto

por un/unha médico e persoal de enfermería especializado na atención sanitaria en

situacións de emerxencias e dous técnicos en transporte sanitario urxente, algo

claramente necesario tendo en conta ademais da súa poboación o alto índice de sinistros

que se rexistran.

O persoal que presta os seus servizos nas ambulancias do 061 no Salnés veñen

107100

Page 61: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

de denunciar que están a prestar os servizos propios dunha ambulancia medicalizada

con ambulancias convencionais ou asistenciais, que, ou ben son “medicalizadas” indo a

buscar o persoal médico e de enfermería aos centros de saúde ou PACs, co cal se perde

un tempo vital,ademais de deixar desatendidos estes centros, ou proceder ás chamadas

transferencias en ruta, consistentes en saír ao encontro da ambulancia medicalizada, que

ten base en Pontevedra, e proceder a medio camiño a transvasar @s doentes dunha

ambulancia a outra no medio da rúa ou en gasolineiras, cando non ter que seguir hacia o

centro hospitalario por atoparse esta ocupada.

É evidente que os recursos sanitarios existentes no Salnés non permiten a

atención de patoloxías de extrema gravidade, nin a maior parte das veces, prestar

asistencia médica in situ a doentes de extrema gravidade, nin asistilos con persoal

facultativo nin de enfermería durante os traslados a un centro hospitalario, ao non contar

con ambulancia medicalizada nin ter UCI o Hospital do Salnés,

Dende finais do mes de novembro a Xunta de Galiza abreu o prazo para o novo

concurso de transporte Sanitario Urxente na Galiza, que non contempla a dotación de

ambulancia medicalizada para o Salnés, e que ademais está sendo aproveitado o mesmo

para reducir e precarizar este servizo público e primar o negocio fronte ao servizo. Un

negocio, que máis unha vez, como xa fixo na adxudicación do Hospital do Salnés, o

Partido Popular prima ás grandes empresas de fora de Galiza.

O PP ten demostrado sobradamente que a súa folla de ruta é a de privatizar e

recortar cada vez máis nestes servizos públicos, coa única fin de que as empresas

adxudicatarias aumenten os seus beneficios, aínda a conta de precarizar na atención e

servizos ás persoas.

Fronte a isto, dende o BNG entendendo que é preciso reclamar un servizo tan

necesario, e que atenda e teña como principal obxetivo o de servir e velar pola saúde de

toda a poboación do Salnés con unha ambulancia medicalizada, imprescindibel para non

107101

Page 62: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

seguir a poñer en risco a saúde e vida d@s veciñ@s da comarca, formúlanse as

seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

- Considera que @s veciñ@s da comarca do Salnés poden recibir unha atención

sanitaria rápida e con garantías, diante dunha patoloxía de gravidade, carecendo de UCI

no Hospital do Salnés e de ambulancia medicalizada?

- Tendo en conta que o tempo é un factor esencial, considera que os veciñ@s do

Salnés teñen as mesmas oportunidades diante dunha patoloxía de gravidade que os de

outras zonas do país?

- Considera un proceder axeitado transvasar doentes dunha ambulancia a outra

no medio da rúa ou en gasolineiras?

- Que opinión lle merece que o Salnés teña unhas ratios poboación/ambulancia

moi por debaixo do que establece a OMS?

- Ten intención o Goberno galego de dotar ao Salnés dunha ambulancia

medicalizada?, de ser así, en que prazo?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2015

Asdo.: Montserrat Prado Cores

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

107102

Page 63: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María Monserrat Prado Cores na data 18/03/2015 09:55:35

107103

Page 64: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, Beatriz Sestayo Doce, Marisol Soneira Tajes,

Juan Carlos González Santín, María Concepción Burgo López e José Ramón Val

Alonso, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentaria dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

A Xustiza é un dos piares esenciais do funcionamento dun Estado de dereito, e

como os demais servizos públicos esenciais (educación, sanidade, servizos

sociais e mesmo a seguridade) está sendo atacado de maneira importante nos

últimos anos, ao amparo da crise económica.

Galicia conta na actualidade con catro audiencias provinciais, unha delas na

cidade de Lugo.

Na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Lugo veñen de recibir hai uns

días un fax da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia comunicándolles a

eliminación da praza de cobertura de funcionario tramitador de reforzo, a pesares

de que o traballo desenvolvido por esta sección ten evolucionado de maneira

moi significativa nos últimos anos, pasando de atender en 2007 931 casos a

ocuparse de 1.504 en 2014, motivo que ten dado lugar a dotar a esta sección da

Audiencia Provincial de Lugo dun cuarto maxistrado, e, non obstante, non

cubrir a vacante de funcionario tramitador dende 2012.

Ao Grupo Parlamentario Socialista teñen chegado nas últimas semanas diversas

informacións desa sección da Audiencia Provincial de Lugo queixándose do gran

volume de traballo que teñen que atender por mor da chegada á dita Sección de

causas complexas e gran cantidade de documentación que dificulta, mesmo

dende o seu rexistro, a tramitación das dilixencias, e todo iso a pesares do

enorme traballo que está a desenvolver o persoal funcionario que alí traballa, un

persoal que está disposto a prolongar a súa xornada laboral para sacar adiante o

seu cometido.

107104

Page 65: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Dáse tamén a circunstancia de que os datos que chegan aos xulgados non foron

migrados ás bases de datos da propia sección da Audiencia, situación que

comporta un esforzo extra innecesario e evitable de terse adoptado, por parte da

administración, as correspondentes medidas informáticas de compatibilidade.

Hai tamén outra situación que debe ser posta en valor para a presentación desta

iniciativa parlamentaria do Grupo Socialista: entre o 20 de febreiro de 2015 e o

30 de abril de 2015 están sinalados 23 días para celebrar xuízos orais.

En definitiva toda unha serie de circunstancias que están a producir un profundo

desasosego entre funcionariado, secretaria e maxistraturas da Sección Segunda

da Audiencia Provincial de Lugo coas decisións tomadas por parte da Dirección

Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.

Non hai migración de datos dos xulgados á propia Audiencia, hai causas sen

rexistrar dende hai semanas, existen causas moi complexas de difícil control e

manexo, está sen cubrir dende 2012 unha praza de funcionario tramitador, temos

coñecemento de que hai funcionarios e funcionarias dispostos a prolongar a súa

xornada laboral para acometer funcións que non poden atender no seu horario

habitual e existe unha previsión de 23 xuízos orais a desenvolver ata finais de

abril de 2015 ...

Ante todos estas circunstancias que vimos de expoñer os deputados e as

deputadas que asinan preguntan:

1ª) Ten previsto facer algo a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia

para atender as xustas reivindicacións da Sección Segunda da Audiencia

Provincial de Lugo, de non ser así, por que razóns?

2ª) Considera normal a Xunta de Galicia que a Dirección Xeral de Xustiza

comunique unha decisión desas características vía fax?

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2015

107105

Page 66: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 18/03/2015 11:43:29

Beatriz Sestayo Doce na data 18/03/2015 11:44:07

María Soledad Soneira Tajes na data 18/03/2015 11:44:16

Juan Carlos González Santín na data 18/03/2015 11:44:28

María Concepción Burgo López na data 18/03/2015 11:44:39

José Ramón Val Alonso na data 18/03/2015 11:46:15

107106

Page 67: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Beatriz Sestayo

Doce, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte pregunta para

a súa resposta por escrito.

A desculpa da crise, utilizada polos gobernos do Partido Popular para

modificar substancialmente o seu modelo produtivo, ten afectado a moitos

ámbitos da vida económica e social deste país. A enerxía é un dos casos

máis claro. O cambio dun modelo baseado nas enerxías renovables por

outro modelo que defende os intereses das grandes empresas produtoras de

enerxía eléctrica, tense levado por parte do Goberno de España coa

complicidade do Goberno do Sr. Feijóo.

A parálise do sector eólico galego é evidente para todo o mundo na

Comunidade Autónoma, excepto para o departamento de publicidade e

propaganda da Xunta de Galicia do Sr. Feijóo que machaconamente segue

a falar de avances significativos no sector.

O derradeiro exemplo témolo na inauguración do parque eólico de Cordal

de Montouto (Gas Natural Fenosa), con seis aeroxeneradores, o día 17 de

marzo de 2015, aínda que xa entrou en operación en decembro, supoñemos

que o retraso ten que ver cun problema de axendas dos señores Feijóo e

Gabarró e non coa proximidade das eleccións municipais; o Sr. Feijóo

manifestou que: “O concurso eólico sigue vivo, que a Xunta de Galicia vai

seguir impulsándoo e que neste momento difícil temos once parques

autorizados que suman 254 megavatios e que suporán unha inversión de

345 millóns de euros”.

Aínda que o parque de Cordal de Montouto (situado entre os concellos de

Aranga y Guitiriz) iniciou a súa tramitación no 2008, é polo tanto anterior

ao concurso eólico en vigor, o Sr. Feijóo segue colgándose medallas dun

sector que, por motivos ideolóxicos, ten literalmente paralizado dende que

chegou ao Goberno no ano 2009, coa colaboración necesaria do ministro

Soria.

107107

Page 68: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan formulan as

seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

Cales son os parques eólicos adxudicados no concurso do ano 2010?

Información detallada no que conste de maneira individualizada de cada

parque, a data do 28 de febreiro de 2015:

Localización xeográfica.

Inversión prevista.

Número de muíños e potencia total a instalar.

Data de inicio do procedemento administrativo.

Data de inicio das obras.

Data prevista de remate das mesmas.

Data prevista de posta en funcionamento e conexión á rede.

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2015

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Beatriz Sestayo Doce

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/03/2015 12:56:43

José Manuel Gallego Lomba na data 18/03/2015 12:56:49

107108

Page 69: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Beatriz Sestayo Doce na data 18/03/2015 12:56:54

107109

Page 70: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego Lomba e Beatriz Sestayo

Doce, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte pregunta para

a súa resposta por escrito.

A desculpa da crise, utilizada polos gobernos do Partido Popular para

modificar substancialmente o seu modelo produtivo, ten afectado a moitos

ámbitos da vida económica e social deste país. A enerxía é un dos casos

máis claro. O cambio dun modelo baseado nas enerxías renovables por

outro modelo que defende os intereses das grandes empresas produtoras de

enerxía eléctrica, tense levado por parte do Goberno de España coa

complicidade do Goberno do Sr. Feijóo.

A parálise do sector eólico galego é evidente para todo o mundo na

Comunidade Autónoma, excepto para o departamento de publicidade e

propaganda da Xunta de Galicia do Sr. Feijóo que machaconamente segue

a falar de avances significativos no sector.

O derradeiro exemplo témolo na inauguración do parque eólico de Cordal

de Montouto (Gas Natural Fenosa), con seis aeroxeneradores, o día 17 de

marzo de 2015, aínda que xa entrou en operación en decembro, supoñemos

que o retraso ten que ver cun problema de axendas dos señores Feijóo e

Gabarró e non coa proximidade das eleccións municipais; o Sr. Feijóo

manifestou que: “O concurso eólico sigue vivo, que a Xunta de Galicia vai

seguir impulsándoo e que neste momento difícil temos once parques

autorizados que suman 254 megavatios e que suporán unha inversión de

345 millóns de euros”.

Aínda que o parque de Cordal de Montouto (situado entre os concellos de

Aranga y Guitiriz) iniciou a súa tramitación no 2008, é polo tanto anterior

ao concurso eólico en vigor, o Sr. Feijóo segue colgándose medallas dun

sector que, por motivos ideolóxicos, ten literalmente paralizado dende que

chegou ao Goberno no ano 2009, coa colaboración necesaria do ministro

Soria.

107110

Page 71: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Por todo o exposto, os deputados e a deputada que asinan formulan as

seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

Cales son as inversións empresariais vinculadas á concesión da explotación

dos parques eólicos adxudicados no concurso do ano 2010? Información

detallada no que conste de maneira individualizada de cada inversión, a

data do 28 de febreiro de 2015:

Localización xeográfica.

Sector económico da inversión.

Inversión prevista.

Número de postos de traballo creados ou a crear.

Data de inicio das obras.

Data prevista de remate das mesmas.

Data prevista de posta en funcionamento da factoría.

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2015

Asdo.: Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Beatriz Sestayo Doce

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/03/2015 12:57:06

107111

Page 72: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

José Manuel Gallego Lomba na data 18/03/2015 12:57:10

Beatriz Sestayo Doce na data 18/03/2015 12:57:15

107112

Page 73: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Sánchez Bugallo, José Luis Méndez Romeu e Juan Carlos

González Santín, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento

da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta

escrita.

Desde o ano 2011 é obrigatorio depositar na Xunta de Galicia as fianzas

correspondentes ás vivendas en réxime de aluguer. Segundo os datos

publicados por ese concepto foron ingresados nas contas da Xunta de

Galicia 40,9 millóns de euros durante estes catro anos correspondentes a

66.782 contratos de aluguer. Durante este período a Administración

autonómica recadou 143.566 euros, en concepto de multas por

incumprimento desta obriga.

Á vista do anterior os deputados que asinan solicitan en resposta escrita

contestación ás seguintes preguntas:

1ª) Cal é o uso que se da por parte da Xunta de Galicia aos ingresos

procedentes das fianzas?

2ª) Canto se ingresou por xuros durante este período?

3ª) Cantos expedientes se abriron por incumprimento desta obriga?

4ª) Cantos deles se pecharon?

5ª) Que labores de inspección realiza o Goberno galego para comprobar o

cumprimento desta normativa?

107113

Page 74: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

6ª) Ten previsto o Goberno algunha acción divulgativa fronte ao amplo

descoñecemento da normativa existente?

7ª) Por que non está a funcionar correctamente a tramitación a medio da

páxina web?

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Sánchez Bugallo na data 18/03/2015 16:18:57

Jose Luis Méndez Romeu na data 18/03/2015 16:19:09

Juan Carlos González Santín na data 18/03/2015 16:19:21

107114

Page 75: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán

Lorenzo, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta escrita.

Segundo as informacións publicadas o 17 de marzo de 2015, foi asinado un

convenio entre a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o

director xeral de Desenvolvemento Corporativo e Asuntos Legais da Sareb, polo

que a Xunta de Galicia recibía 50 vivendas en réxime de cesión destinadas a

aluguer social, dicíase tamén na información publicada que o seu uso preferente

sería o realoxo de desafiuzados.

Ante esta situación os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes

preguntas:

1ª) En que concellos están radicadas estas 50 vivendas, e cantas en cada un

deles?

2ª) Que características xenéricas ten cada vivenda, e cales son as condicións de

uso e pago?

3ª) Cales son os criterios establecidos para que os cidadáns poidan acceder a

estas vivendas?

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2015

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Sánchez Bugallo na data 18/03/2015 16:30:01

Raúl Fernández Fernández na data 18/03/2015 16:30:14

107115

Page 76: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Patricia Vilán Lorenzo na data 18/03/2015 16:30:26

107116

Page 77: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Vicente Docasar Docasar, María Concepción Burgo López e Francisco Caamaño

Domínguez, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa as seguintes preguntas para a súa resposta

escrita.

Neste grupo parlamentario temos recibido nas última semanas unha serie de

informacións relativas ao funcionamento do colexio privado Santa Apolonia de

Santiago de Compostela.

Nas informacións que nos chegaron fálase dunhas “supostas irregularidades” no

funcionamento dese centro compostelán, e que foron comunicadas tanto aos

responsables do centro educativo como aos responsables da propia Consellería

de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sen que ata o momento actual

foran atendidas.

En concreto, a denuncia foi presentada por escrito o día 6 de outubro de 2014

ante a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria, e nese escrito dicíase o seguinte:

- O CPR Santa Apolonia agrupa ao alumnado de 1º e 2º de ESO dende o inicio do

curso 2014-15

- O CPR Santa Apolonia agrupa ao alumnado de 3º e 4º de ESO os mércores de

8:55 a 9:55 para impartir a materia de Matemáticas.

Dáse tamén a circunstancia de que non é a primeira vez que este centro realiza

este tipo de agrupamentos, posto que xa o fixo no curso 2013-14, e todo iso a

pesar dos diversos contactos mantidos coa inspección educativa e da visita que

unha inspectora fixo ao centro o 26 de marzo de 2014 para comprobar “ in situ “

os feitos denunciados.

107117

Page 78: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

O Grupo Parlamentario Socialista entende que estamos diante dun auténtico

despropósito, xa que a normativa educativa en vigor debe ser de obrigado

cumprimento tanto nos centros públicos como nos centros privados.

Ante todas estas circunstancias que vimos de expoñer, os deputados e a deputada

que asinan preguntan:

1ª) Ten coñecemento a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria das “supostas irregularidades” que se están a producir no colexio

privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela?

2ª) Ten pensado facer algo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria para que os responsables do colexio privado Santa Apolonia de

Santiago de Compostela cumpran a normativa educativa en vigor?

3ª) E de non ser así, por que razóns?

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2015

Asinado dixitalmente por:

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 18/03/2015 16:45:03

María Concepción Burgo López na data 18/03/2015 16:45:12

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 18/03/2015 16:45:16

107118

Page 79: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Carmen Acuña do Campo, Manuel Vázquez Fernández, María

Quintas Alvarez e Carmen Gallego Calvar, deputadas e deputado

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta por escrito.

O Señor Feijoo, na campaña electoral de 2009, prometeu acabar co paro en

45 días. Hoxe, “algúns” días despois deses 45, resulta que hai 100.000

persoas máis no paro e que por cada unha que topou traballo hai agora 2,5

paradas.

Na campaña electoral, concretamente no debate celebrado na televisión

pública, a preguntas do Sr. Rubalcaba, Rajoy negou rotundamente que fose

revisar o subsidio de desemprego con estas palabras textuais: “Le voy a

responder con mucho gusto. Usted miente, y está dejando caer una insidia.

No voy a modificar el seguro de desempleo.”

Pero resulta que aínda que en Galicia entre o 2011 e o 2014 o paro

aumentou en preto de 40.000 persoas, un 17 % máis, o gasto para

prestacións reduciuse en ao redor de 250 millóns de euros anuais, un 18 %

menos. Co PP hai máis persoas paradas pero menos cartos para atendelas,

sendo evidente que o seguro de desemprego tamén foi recortado.

Pero ademais foron recortes desiguais e no caso dos subsidios tiveron un

claro compoñente de discriminación cara á muller, un compoñente

machista.

Así os subsidios previos á xubilación foron moi recortados e ademais

dunha forma que prexudicou especialmente ás mulleres. Por un lado

atrasaron a idade na que se empezaba a cobrar pasando dos 55 aos 52; por

outro fixeron que se tivera que ter dereito a outra prestación para poder

percibilo; e, sobre todo, en marzo de 2013 o vincularon coas rendas

familiares.

O que provocou que estes recortes tiveran un gran impacto de xénero. O

que se comproba mirando a repercusión sobre as parellas nas que é a muller

a que está parada. Nos fogares onde é o home quen está parado, soamente

no 22 % deles a muller ten un traballo a tempo completo. Cando é a muller

107119

Page 80: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

quen está parada, no 52 % dos casos o home ten un traballo a tempo

completo. E como cun traballo a tempo completo é difícil que non se

supere o límite que se marca para poder optar a este subsidio (833 euros

mensuais) na maioría dos casos a muller vese privada do subsidio previo a

xubilación, un dereito individual consecuencia do que esa persoa levara

traballado na súa vida. E cando se comproba que unha medida afecta máis

do dobre ás mulleres que aos homes, se pode afirmar que é unha medida

discriminatoria para as mulleres e ademais profundamente machista.

Así en Galicia aínda que o paro das persoas de máis de 51 anos aumentou

nun 40 % entre 2011 e 2014, as altas iniciais no subsidio para maiores de

52 sen embargo reducíronse no 50 %, á forza de deixar fóra do mesmo ás

mulleres.

E, por si todo isto fose pouco, outro recorte o de parcializar o subsidio

tamén castiga máis duramente ás mulleres.

A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de

mulleres e homes recolle que: “A contía do subsidio será igual ao 80 por

100 do IPREM mensual, vixente en cada momento. No caso de

desemprego por perda dun traballo a tempo parcial tamén se percibirá a

contía antes indicada”. Algo moi lóxico dado que a contía do subsidio é

mínima, é de subsistencia e por iso non se pode parcializar (non se pode

subsistir parcialmente).

Como preto do 80 % das mulleres en Galicia teñen contratos a tempo

parcial serán tamén na maioría, mulleres, as que terán un subsidio

parcializado. Parcializar os subsidios é outra medida cunha clara incidencia

de xénero negativa, outra medida machista.

En Galicia dúas de cada cinco mulleres traballa, no sector privado, a tempo

parcial.Cando chegou Feijoo á Xunta de Galicia, era tan só unha de cada

cinco.

Pero, sen embargo, na práctica se traballan bastantes máis horas das

contratadas. Se sabe que se fan máis horas das que se aseguran e das que se

cobran pero a consellería mira para outro lado. Soamente o 11,4 % das

actuacións da inspección de traballo céntrase no emprego e relacións

laborais.

107120

Page 81: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A reforma laboral do PP fomentou que cada posto de traballo se divida en

anacos porque así é máis doado a fraude e a explotación. Logo parcializa a

prestación de subsistencia para que non chegue e destina os recursos

públicos a perseguir a fraude das persoas traballadoras en lugar de buscar

aos empresarios defraudadores.

Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que formulan as seguintes

preguntas para a súa resposta escrita:

1. Como explica o Goberno que, mentres o paro en Galicia tense

incrementado nun 17 % entre o ano 2011 e 2014, as prestacións para

atender ás persoas paradas se reduciran nun 18 %?

2. Cantas mulleres maiores de 52 anos están cobrando o subsidio previo

a xubilación? E porque? Cantos homes maiores de 52 anos cobran

ese subsidio?

3. Considera o Goberno que esta medida pode estar tendo un impacto

negativo para as mulleres?

4. Cantas mulleres en Galicia están cobrando o subsidio parcializado?

Cantas no ano 2011, 2012, 2013 e 2014? Cantos homes nestes anos?

5. Considera o Goberno que se pode parcializar un subsidio de

supervivencia? E considera o Goberno que se pode subsistir con esas

axudas “parcializadas”?

6. Considera o Goberno que esa medida de parcializar non so o

emprego senón tamén o subsidio pode estar tendo un impacto

negativo para as mulleres?

Pazo do Parlamento, 16 de marzo de 2015

Asdo.: Carmen Acuña do Campo

Manuel Vázquez Fernández

María Quintas Alvarez

Carmen Gallego Calvar

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por:

María del Carmen Acuña do Campo na data 19/03/2015 12:43:57

Manuel Vázquez Fernández na data 19/03/2015 12:44:03

107121

Page 82: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Maria Remedios Quintas Alvarez na data 19/03/2015 12:44:08

Carmen Gallego Calvar na data 19/03/2015 12:44:13

107122

Page 83: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

1

Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

O G. P. Mixto, a iniciativa da súa deputada, Carmen Iglesias Sueiro, ao

abeiro do establecido no regulamento desta cámara, presenta a seguinte

Pregunta para a súa contestación por escrito.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Os recentes roubos de xoias e reloxos acontecidos no Pazo de Xustiza de

Ourense, supoñen un feito de extraordinaria gravidade que menoscaba o

principio de confianza que calquera cidadán pode ter nas institucións dun

Estado de Dereito.

Os roubos que foron varios, en distintos días e en diferentes estancias do Pazo

de Xustiza, afectaron ás chamadas “pezas de convicción” dun caso de

asasinato acaecido en Ourense e que está aberto.

As pezas de convicción, son probas que se custodian nos xulgados para ser

utilizadas nos xuízos penais. Poden ser obxectos roubados ou utilizados para

delinquir, e demostran a comisión dun delito.

As probas estaban custodiadas nunha caixa forte, sen clave numérica, por non

funcionar, e que estaba pechada simplemente cunha chave que se gardaba

nun caixón. A caixa está localizada no despacho da Secretaría da Sección

Segunda sen acceso restrinxido ao público.

Entre elas, figuraban un lote de valiosos reloxos, valorados preto dos 50.000

euros e algunha outra xoia.

Precisamente estes obxectos son a proba fundamental que pode acreditar o

delito de roubo con violencia e intimidación que se lle imputa ao presunto

107123

Page 84: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento De Galicia | PRE

2

asasino. O seu roubo podería ter afectado ao procedemento en curso, incluso

podería facilitar a anulación dunha condena.

Tendo en conta a gravidade dos feitos e as súas consecuencias, a vixilancia

das instalación xudiciais non debe estar soamente orientada cara a seguridade

perimetral dos edificios xudiciais, tamén debe incluír os espazos comúns, as

dependencias interiores e a seguridade dos cidadáns, dos funcionarios e dos

bens, particularmente das “pezas de convicción”, dos expedientes e dos

arquivos que afectan a causas.

Por todo o anteriormente exposto, a deputada Carmen Iglesias Sueiro, formula

a seguinte Pregunta para a súa contestación Escrita:

Que medidas vai adoptar o Goberno da Xunta para que nos Xulgados da

Galiza se asegure a custodia das Pezas de Convicción, dos expedientes

xudiciais, dos arquivos, dos bens e das persoas, imprescindibles nun

Estado de Dereito que se pon en cuestión con feitos tan graves como os

mencionados na exposición de motivos?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 19/03/2015 13:43:44

107124

Page 85: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta escrita,

relativa a saber as medidas que adoptou a Consellería do Medio Rural e do Mar para

investigar estas supostas irregularidades na confraría de Cabo da Cruz.

Axentes da Garda civil veñen de arrestar ao ex-patrón maior e a ex-presidenta

das mariscadoras da confraría de Cabo da Cruz, presuntamente por delitos fiscais

relacionados coa súa xestión durante moitos anos neste cabido.

Estas dúas persoas foron membros destacados dunha directiva que nos últimos

anos foi moi cuestionada polo colectivo de mariscadoras, e incluso chegou a promover

unha moción de censura a presidenta da asociación de mariscadoras cun resultado

desfavorábel, pois foron 91 as mariscadoras que solicitaron a súa dimisión e 48 as que a

apoiaron, e así e todo non dimitiu.

O retraso na convocatoria da elección por parte da Xunta consolidaba unha

continuidade nos órganos de dirección antidemocrática sumábase as diferentes

denuncias de diversas irregularidades no funcionamento da confraría, ata teñen

transcendido acusacións de utilización de medios para uso particular, aproveitamento de

avituallamentos da propia entidade e venda de determinados medios con escasa

transparencia e cuxa finalidade non estaba nada clara.

Neste contexto de denuncia por parte do colectivo das mariscadoras de abuso de

poder e trapicheo no funcionamento da confraría nunca contou co apoio ou

107125

Page 86: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

independencia da Consellería de Medio Rural e Mar. É máis, a administración galega

tomou partido por parte da confraría apoiando a directiva en vigor e tramitando diversos

expedientes de infracción contra as mariscadoras que se opoñían a levar a cabo

determinados traballos que non foron referendados na xunta xeral do colectivo, nun

intento de amedrentar as mariscadoras.

A convocatoria de eleccións posibilitou a rexeneración democrática do pósito e

posibilitou unha a democratización do mesmo cunha xestión transparente e

participativa.

A Conselleira ven de afirmar que este suceso é unha anomalía dentro do

funcionamento das confrarías, pero existen outros casos similares como o acontecido na

confraría de Noia ou de Arcade, onde a administración non se caracteriza por esixir luz

e taquígrafos. se non que máis ben mira para outro lado e non toma ningunha medida

que garanta unha xestión democrática e transparente.

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- Cando tivo coñecemento a Consellería de Medio Rural e Mar das presuntas

irregularidades na confraría de Cabo da Cruz? Cando lle comunicaron que estes feitos

foron postos en coñecemento do Fiscal?

2.- Que medidas adopta a Consellería do Medio Rural e Mariño para investigar

estas supostas irregularidades denunciadas polo colectivo de mariscadoras ?

3.- Que control realizou das contas de dito cabido e do funcionamento ordinario

da pexase, poxa e comercialización da lonxa?

107126

Page 87: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- Abriu algún expediente de investigación para esclarecer estas denuncias?

Mandou a algún funcionario ou empresa colaboradora a comprobar as contas e o

funcionamento ordinario? Puxo as probas a disposición da fiscalía?

5.- É esta a forma de actuar dunha administración pública, transparente e

profesional que ante as denuncias non toma ningunha medida para comprobar se teñen

algunha consistencia? Quen vai asumir responsabilidades políticas por contribuír a tapar

todas estas irregularidades por afectarlle directamente a persoas vinculadas ao PP?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 19/03/2015 14:17:24

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 19/03/2015 14:17:30

107127

Page 88: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte

Pregunta para a súa resposta escrita, relativa á licitación para a contratación dos

medios aéreos para o dispositivo de loita contra incendios forestais.

Recentemente a Consellaría do Medio Rural e Mar ven de publicar a licitación

do contrato para a prestación de servizos de diversos medios aéreos para as campañas de

loita contra incendios forestais 2015, 2016 e 2017, por un importe de algo máis de 3

millóns de euros.

Tendo en conta que as prácticas da Consellaría en relación coa contratación dos

medios aéreos foron postos en cuestión polo informe do Consello de Contas

correspondente aos exercicios 2010 e 2011, e á vista do contido dos pregos desta

licitación, e o elevado custe que ten para as arcas públicas consideramos necesarias

algunhas explicacións.

Estas son as razóns polas que se formulan as seguintes preguntas para a súa

resposta escrita:

1.- Tivéronse en conta as consideracións do Consello de Contas á hora de

elaborar os pregos e cláusulas deste novo proceso de contratación?

2.- De ser así, en que consisten os cambios introducidos?

3.- Que necesidades concretas do servizo de loita contra incendios forestais se

pretenden cubrir a través desta licitación?

107128

Page 89: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- En función desas necesidade, tivéronse en conta os datos históricos á hora de

establecer as condicións temporais de dita contratación?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tereixa Paz Franco na data 19/03/2015 16:28:06

107129

Page 90: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez e Montserrat Prado Cores, deputado e deputada

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta

escrita, relativa ao anuncio de 2 ERES (un de extinción e outro de suspensión temporal

de emprego) na empresa “Vestas Nacelles Spain S.A.” de Viveiro.

A Empresa “Vestas Nacelles Spain”, está ubicada no concello de Viveiro dende

o ano 1997 adícase á fabricación de ensamblaxe e subministro de Aeroxeneradores

eólicos e, por facturación, é a 2ª en importancia na provincia de Lugo. Dá traballo fixo a

150 traballadores/as e temporal a varios centos máis, de aí a importancia para a

economía da Comarca da Mariña e para a posibilidade de creación de emprego na

mesma.

Lamentabelmente, a dirección da empresa “Vestas”, acaba de informar que

pretende parar a produción da fábrica de aeroxeneradores de Chavín, Viveiro, durante

varios meses (deica o mes de outubro).

Esta medida vai supoñer, segundo a empresa, unha “reorganización” da plantilla

fixa. “Reorganización” que supoñerá, na práctica, un expediente de extinción de

emprego para 54 traballadores (Perda de 54 postos de traballo) e un expediente de

regulación temporal para os 95 restantes, segundo o comité de empresa.

O vindeiro luns, día 23 de marzo, está prevista a apertura do período de

negociación entre empresa e representantes dos traballadores.

107130

Page 91: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Segundo a empresa, as razóns do anuncio dos dous ERES son as de que “non

hai traballo” mentres non se acometa unha inversión dun millón de euros, na factoría de

Viveiro, para “comezar a producir xeneradores de última tecnología”, o Super Slim de

2MW.

A empresa, por boca do director da factoría, tamén di “lamentar o impacto desta

situación nos empregados no corto prazo”, mais o proceso de “transferencia de

tecnoloxía” e a “conversión das liñas de produción requerirán un período de

suspensión” da actividade, e manifesta que a posibilidade de produción aeroxeneradores

de última tecnoloxía na fábrica de Viveiro é fundamental para manter a competitividade

de Vestas a nivel global.

O comité de empresa de Vestas mostrou a súa preocupación e desacordo coa

empresa diante dos 2 ERES anunciados e reclamou o apoio de todos os grupos políticos

para tentar defender os postos de traballo e a actividade empresarial de Vestas.

O Grupo Parlamentar do BNG comparte a preocupación do Comité de Empresa

diante do anuncio de máis perda de postos de traballo na comarca da Mariña Luguesa.

O BNG entende que os axustes de plantillas nas empresas do sector eléctrico xa

se acometeron ao longo destes anos e non deberan ser necesario máis reaxustes, como o

que se acaba de anunciar e, para o BNG por suposto, non é de recibo a eliminación de

postos de traballo.

O BNG entende que, en todo caso, o Goberno galego debera de tomar iniciativas

de cara a: garantir os postos de traballo existentes e xenerar actividade para aumentar os

postos de traballo no sector eólico galego.

O BNG entende que, de levarse a cabo a intención de eliminar definitivamente

54 postos de traballo e, temporalmente 95 máis, implicará tamén desemprego para

varios centos de traballadores/as que viñan traballando temporalmente para a empresa

107131

Page 92: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Vestas, e suporá o empobrecemento do tecido industrial da comarca da mariña así

como, moito máis paro e máis emigración.

Para o BNG este procedemento de despido colectivo non ten xustificación, xa

que os datos indican que a fábrica é rendible, produtiva e competitiva, como así o

demostran as porcentaxes de produción e ganancias dos últimos anos; polo que as

actuacións que se están a realizar dende a dirección da empresa enchen de dúbida a toda

a comarca sobre a pervivencia e futuro da empresa.

Por todas estas razóns formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta

escrita:

1.- É coñecedora a Xunta de Galiza da situación laboral da empresa “Vestas

Nacelles Spain” de Viveiro?

2.- Concedeu axudas ou subvencións a Xunta de Galiza a esta empresa por

algún concepto nos últimos anos?

3º.- Caso de ter concedido subvencións ou axudas. En qué datas?. Cales foron as

cuantías económicas?. Con qué compromisos?

4º.- Que medidas tomou ou pensa tomar a Xunta de Galiza para garantir os

postos de traballo e a continuidade da actividade empresarial desta factoría?

5º.-Ten realizado algún contacto coa dirección da empresa?

6º.-De levarse a cabo as pretensións da empresa, ten avaliado o Goberno galego

o impacto laboral que vai supor tanto polos despedimentos directos como polo

indirectos?

107132

Page 93: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

7º.- Que medidas vai a poñer en marcha o Goberno galego para paliar a

situación?

8º.- Considera o Goberno galego xustificado a presentación de expediente de

despido colectivo cos datos económicos e de produción da empresa?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Montserrat Prado Cores

Deputado e deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 19/03/2015 16:54:28

María Monserrat Prado Cores na data 19/03/2015 16:54:37

107133

Page 94: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Sánchez Bugallo, Raúl Fernández Fernández e Patricia Vilán

Lorenzo, deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento

da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta

escrita.

Por sentenza do Tribunal Supremo do 23 de decembro de 2014 foi anulada

parcialmente a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas, pola que se aprobou definitivamente o Plan xeral de

ordenación municipal de Teo en canto á conexión da N-550 coa AC-841 e

no referente á delimitación e radicación do SUD-9 (solo urbanizable

delimitado 9).

Como consecuencia desta sentenza queda anulado o único polígono de solo

industrial previsto no concello de Teo e parcialmente a actuación prevista

no Plan sectorial de acceso á cidade de Santiago, aprobado no seu día pola

Xunta de Galicia. Deste xeito a rede perimetral debuxada neste plan e

prevista nos plans xerais de ordenación municipal dos concellos de Ames,

Santiago e Brión, os tres en vigor, quedaría incompleta ao suprimirse a

conexión entre Ames-Milladoiro e Santiago-Santa Lucía.

Se a primeira condiciona grave e negativamente a eventualidade do

desenvolvemento económico do concello de Teo e de xerar postos de

traballo para os seus veciños, a segunda condiciona a conectividade da área

de Compostela obrigando ao día de mañá a unha persoa que veña de Noia

ou da Barbanza, ou de Ames, ou de Brión a ter que cruzar a cidade de

Santiago para ir ao aeroporto ou para dirixirse cara á Coruña ou Lugo.

Ante esta situación os deputados e a deputada que asinan formulan as

seguintes preguntas:

107134

Page 95: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1ª) Pódese considerar que segue en vigor e é de aplicación a previsión do

Plan sectorial no referente ao concello de Teo e especificamente á reserva

de solo para o trazado dese viario?

2ª) Que pensa facer a Xunta de Galicia ao respecto?

Pazo do Parlamento, 19 de marzo de 2014

Asinado dixitalmente por:

José Antonio Sánchez Bugallo na data 19/03/2015 17:04:13

Raúl Fernández Fernández na data 19/03/2015 17:04:27

Patricia Vilán Lorenzo na data 19/03/2015 17:04:40

107135

Page 96: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · redacción que presenta o proxecto de modificación da Lei 43/2003, de montes, que está a elaborar o Ministerio de Agricultura, a súa

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727