contigo, sen ataduras · un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade...

45
goberno con visión de futuro CONTIGO, SEN ATADURAS PROGRAMA DA CANDIDATURA DE PILAR BERMEJO 2010

Upload: others

Post on 20-Jan-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

goberno con visión de futuroCONTIGO, SEN ATADURAS

PROGRAMA DA CANDIDATURA DE PILAR BERMEJO 2010

Page 2: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ÍNDICE

PRESENTACIÓN

ORGANIGRAMA DO EQUIPO RECTORAL

ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL

ORGANIZACIÓN ACADÉMICA: GRAOS, POSTGRAOS, DOUTORAMENTO, FORMACIÓN CONTINUA

INVESTIGACIÓN, POLÍTICA CIENTÍFICA E TRANSFERENCIA DO COÑECEMENTO

ECONOMÍA, FINANCIAMENTO E INFRAESTRUCTURAS

RELACIÓNS EXTERIORES E COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL

EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

POLÍTICAS INSTITUCIONAIS

COMUNIDADE UNIVERSITARIA

XESTIÓN E INNOVACIÓN ADMINISTRATIVA

ESTATUTOS

Page 3: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

PRESENTACIÓN

A Universidade de Santiago de Com-postela está en crise igual ca todas as Univer-sidades do mundo debido aos importantes cambios que se están producindo nos últimos tempos nos ámbitos político, económico, tecnolóxico, etc. Cambios que afectan á esencia mesma da Universidade. Ademais no noso caso esta crise está agravada polo con-texto sociocultural no que nos encontramos, porque padecemos as consecuencias dunha segregación mal feita e da mala xestión reali-zada polos equipos de goberno nos últimos tempos. Existe ademais un enorme desencan-to en como se xestionaron os asuntos máis importantes, sobre todo en relación coa falta de transparencia e de diálogo na toma de decisións. Isto provoca unha grande descon-fianza e desánimo. O modelo de Universidade que queremos para hoxe e para o futuro debe ser discutido e construído por todos, para que os membros da comunidade universitaria se sintan partícipes e comprometidos. Xa que logo é necesario un cambio nos estilos e formas de goberno que supoña a adaptación da nosa Universidade aos novos tempos, e que ademais sirva para sacar adiante todo o potencial humano que temos e colocar

á Universidade na posición que Galicia lle demanda.

Este diagnóstico, o sentido de responsabilida-de e compromiso coa institución, e a confian-za nas persoas que forman a Comunidade Uni-versitaria lévannos a formalizar a candidatura.

A nosa candidatura ten como obxectivo cons-tituír unha Reitoría fiable. Que leve a cabo unha xestión valente, aberta, participativa e integradora. Sexa quen de concertar o apoio maioritario da Comunidade Universitaria e asuma o interese maioritario por reforzar os sinais de identidade da USC como universida-de galega e pública de referencia.

Esta candidatura está formada por un grupo de persoas comprometidas coa Institución e convencidas da súa capacidade para sacala adiante. É unha alternativa integradora, partici-pativa e non personalista.

O noso reto é sacar a Universidade da situa-ción na que se atopa e ademais devolverlle a ilusión e a paixón pola Institución a toda a Comunidade Universitaria. Contra o fatalismo

Page 4: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Pilar Bermejo Barrera

que percibimos é necesario reinvindicar a forza da razón académica, da participación e da corresponsabilidade.

Presento un proxecto de renovación, proximi-dade e transparencia. Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa participación foi indispensable para asúa elaboración pero é un programa aberto ao debate para súa mellora xa que é un programa de todas e todos. Finalmente quero agradecer a colaboración de todas as persoas que direc-ta ó indirectamente participaron na redacción e debate deste proxecto.

A UNIVERSIDADE QUE QUEREMOS É:

Unha Universidade pública que abra un tempo novo. Plural e aglutinadora. Co impulso de saber que somos quen de acadar o futuro que queremos. Unha Universidade con capacidade de liderado. Que dialogue coa sociedade, a sensi-

bilice sobre as súas necesidades e responda ás súas demandas. Que dende Galicia faga unha aposta decidida pola internacionalización. Unha Universidade esixente. No logro da calidade docente e investigadora en todas e cada unha das cinco grandes áreas de coñece-mento. No compromiso co benestar, coa igual-dade, co medio natural e coa sostibilidade. Unha Universidade innovadora e emprendedora. Que vexa oportunidades nas situacións de dificultade. Que apoie e incenti-ve todos os cambios que permitan potenciar e mellorar os servizos que presta. Unha Universidade viva e prestixiosa. Da que todos os seus membros se sintan parte activa e da que esteamos orgullosos de pertencer.

Queremos unha Universidade cun goberno con visión de futuro, contigo, sen ataduras.

Page 5: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

EQUIPO

VICERREITOR DE RELACIÓNS EXTERIORESE POLÍTICAS INSTITUCIONAIS

RAMÓN FÁBREGAS VALCARCECatedrático de Prehistoria 

VICERREITOR DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA E COMUNIDADE UNIVERSITARIA

JOSÉ LUIS RELOVA QUINTEIROProfesor Titular de Fisioloxía 

VICERREITOR DE INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN

PABLO TABOADA ANTELOProfesor Titular de Física da Materia Condensada

REITORA

PILAR BERMEJO BARRERACatedrática de Química Analítica 

VICERREITORA DE ECONOMÍA, FINANCIAMENTO E INFRAESTRUTURAS

MARÍA LUÍSA DEL RÍO ARAÚJOProfesora Titular de Comercialización e Investigación de Mercados 

SECRETARIO XERAL

MIGUEL ÁNGEL VILAR RIVASProfesor Titular de Matemática Aplicada

Page 6: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ORGANIGRAMA DO EQUIPO REITORAL

ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL

O Vicerreitorado de Relacións Exte-riores e Políticas Institucionais, ten como funcións as relacións exteriores en todos os ámbitos, a comunicación institucional, e ade-mais inclúe todas as políticas institucionais.

O Vicerreitorado de Organización Académica e Comunidade Universitaria, asume todas as competencias relacionadas coa organización académica e dos diferentes estamentos da comunidade universitaria. Esta reestruturación faise para que sexa unha organización máis funcional e eficaz. O Vicerreitorado de Investigación e Innovación, asume todas as competencias relacionadas coa investigación e a innovación, así como as de transferencia de coñecemento. O Vicerreitorado de Economía, Finan-ciamento e Infraestruturas, asume todas as competencias relacionadas cos asuntos económicos e relativos ao financiamento, e ademais inclúe todos os aspectos relativos as infraestruturas.

A Secretaria Xeral, asume todas as funcións relacionadas coa Secretaría Xeral. E ademais de forma especial será o Delegado da Reitora no Campus de Lugo.

Como pode observarse, no organigra-ma non se inclúen Vicerreitorados de carácter estamental, debido a que os temas que lle atinxen a cada sector deben ser resoltos por Vicerreitorados diversos. Tampouco se inclúe un Vicerreitorado para o Campus de Lugo, xa que a experiencia dos últimos anos demostra que este modelo non contribúe ao seu progreso e integración. Polo contrario produce diferenzas no funcio-namento xenerando o sentimento de ser un segundo campus da USC. Este equipo de goberno non fará diferenzas entre os dous campus e comprométese a crear modos de funcionamento e xestión que así o demostren. Por iso lle damos un papel especial ao Secre-tario Xeral, para que vele por este fin.

As universidades europeas atópanse, na actualidade, nun proceso de reformulación colectiva dentro do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que busca a harmonización da educación universitaria en 46 países. Ao tempo, tamén se está desenvol-vendo o Espazo Europeo de Investigación (EEI), plataforma destinada a reagrupar e intensificar as actividades de investigación no ámbito comunitario e coordinalas coas iniciativas estatais e internacionais.

As accións implicadas nestes procesos coinci-den no tempo cunha severa limitación dos recursos financeiros dispoñibles que, no caso das universidades galegas, vén precedida dunha infra-dotación en termos comparativos co EEES.

As nosas debilidades son: a falta de orientación ás necesidades dos usuarios estudantes; o forte desequilibrio

docencia/investigación entre áreas; unha alta ratio alumnos/profesor; o uso de procedemen-tos burocráticos complexos; a existencia de desequilibrios entre capacidades e cargas de traballo; a coexistencia de distintos sistemas de información, que dificultan os fluxos internos e as análises globais; as escasas competencias en idiomas estranxeiros e unha realidade física complexa que drena excesivos recursos.

As nosas fortalezas son :a USC é unha Universidade de referencia en Galicia; con calidade docente e excelencia in-vestigadora; capacidade de atracción de estu-dantes; visibilidade internacional; presenza en redes de docencia, investigación e innovación.Estas fortalezas son suficientes para EMPREN-DER accións cara ao aproveitamento das oportunidades da contorna.

Page 7: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ESTAS SON AS NOSAS PROPOSTAS BÁSICAS:

1.- Un goberno participativo que escoite ás persoas e aos órganos institucionais da universidade e que poña o servizo ao coñecemento e á sociedade por enriba de calquera interese particular.

2.- Crear novas canles que favorezan a participación activa do alumnado na vida universitaria. 3.- Exixir un financiamento público suficiente, sostible e acorde co valor da nosa contribución á sociedade. Explorar novas vías de financiamento mediante alianzas con outras forzas sociais para a consecución de obxectivos de interese común. 4.- Un mellor aproveitamento de todos os recursos humanos e técnicos. 5.- Promoción do desenvolvemento de proxectos académicos integradores. Activar a interdisciplinariedade como vía de potenciación da Universidade. 6.- Acadar a internacionalización en todos os ámbitos.

7.- O recoñecemento da actividade docente e a valoración equilibrada de todo o traballo académico.

8.- O impulso á investigación en todas as áreas de coñecemento e a súa valoración segundo as especificidades de cada unha delas.

9.- A estabilidade e promoción de todo o persoal universitario e a planificación do cadro de PDI e PAS.

10.- A modernización e profesionalización da xestión dentro dos parámetros da sociedade da comunicación .

Page 8: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ORGANIZACIÓN ACADÉMICA: GRAOS, POSGRAOS, DOUTORAMENTO, TÍTULOS PROPIOS E FORMACIÓN CONTINUA É función básica da Universidade, e debe seguir sendo, a formación dos futuros profesio-nais. Está claro que a primeira ocupación dos centros universitarios é a docencia. A adaptación das nosas titulacións ao EEES precisa da transformación da metodoloxía docente, así como das infraestruturas que a soportan. O deseño e adaptación dos novos plans de estudos ao EEES é o primeiro dos aspectos que temos que considerar. Tamén é necesario examinar en profundidade a renovación dos modelos docentes usados no ensino universitario

As accións que levemos a cabo teñen que realizarse nun marco de austeridade, pero sen renunciar por iso á excelencia docente. É evidente que o cambio de modelo supón que o esforzo dedicado á docencia vaise incrementar nos próximos anos. É polo tanto imprescindible explorar novas formas de mellorar os modelos de aprendizaxe nun contorno no que os recursos son limita-dos.

Docencia Obxectivo: Diversificación da metodoloxía docente

O EEES pretende impulsar un enfoque máis plural da actividade docente, dando un maior peso ás modalidades presenciais dife-rentes da lectio e potenciando especialmente as actividades non presenciais co fin de que o alumnado teña máis oportunidades de ser o protagonista na busca do coñecemento. É necesaria polo tanto a implantación dun modelo docente que potencie o profesor como animador e catalizador de contornos e que os estudantes sexan capaces de xestionar as ferramentas necesarias para alcanzar a súa propia aprendizaxe. Impulsando a Aprendi-zaxe Activa. É preciso impulsar ao profesora-do para levar a cabo estes labores con maior motivación, formación e recoñecemento.

Accións: 1.- Uso de metodoloxías activas e inno-vadoras para lograr un maior dinamismo na aula, aumentando as competencias e o rendemento académico dos estudantes.

2.- Favorecer o traballo das alumnas e dos alumnos en equipo en coordinación cos profesores.

3.- Desenvolver modelos de ensinanza

adaptados á singularidade das diversas disci-plinas. En particular e para o caso dos estudos de Medicina, abordar os problemas derivados da descentralización das ensinanzas tanto teóricas como prácticas, a partir do cuarto curso, en todos os centros da rede do Servizo Galego de Saúde, e especialmente, nos Hos-pitais Universitarios. 4.- Introducir a figura do estudante mentor/a, como persoal de apoio na docencia nalgunhas actividades formativas, para o desenvolvemento de habilidades.

POTENCIACIÓNDO TRABALLO

EN EQUIPO

Obxectivo: Ferramentas tecnolóxicas

É necesario aprender mellor empre-gando os recursos tecnolóxicos axeitados para cada situación, integrando a tecnoloxía no proceso de aprendizaxe. Pero non debe-mos caer no uso indiscriminado da tecnoloxía, xa que suporía un custo excesivo e unha repercusión negativa no proceso.

Page 9: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Accións: 1.- Intensificar o uso de novas ferra-mentas TIC

2.- Facilitar o acceso do alumnado a lectores de libros electrónicos.

3.- Dispor de manuais e libros de texto en formato electrónico, promovendo a crea-ción destes contidos entre o profesorado.

4.- Impulsar o uso de ferramentas tecnolóxicas que faciliten tanto a adquisición de competencias como a toma de decisións mediante simuladores informáticos.

5.- Promover a dispoñibilidade de contidos docentes en formatos actuais tales como os audio-podcast ou vídeo-podcast.

Obxectivo: Redes de docencia

Do mesmo xeito que sucede no ámbito investigador cremos necesario o esta-blecemento de fórmulas de colaboración, fomentando deste modo unha rede de docentes e incrementando as sinerxias xera-das na relación e interdependencia da comu-nidade docente, abrindo así as portas da universidade á sociedade.

Accións: 1.- Establecer redes cooperativas entre diferentes áreas de coñecemento para com-partir experiencias, recursos de investigación e docencia.

2.- Promover a participación en redes temáticas europeas como MEDINE, ECTN, DENTED, etc. e incrementar a nosa presenza nas que xa participamos.

3.- Establecer unha base de informa-ción documental xerada polo colectivo universitario e ao servizo de toda a comuni-dade.

4.- Incrementar como unha forma de proxección da Universidade a dispoñibilidade de contidos Open Course Ware

5.- Promover que profesionais de prestixio participen en actividades docentes, aumentando deste xeito a interrelación co noso contorno social, cultural e profesional máis próximo.

6.- Fomentar o traballo cooperativo no ámbito da docencia con empresas e enti-dades, dinamizando a relación da USC co noso contorno social máis próximo.

7.- Apoiar e promover os equipos docentes emerxentes e consolidados para potenciar a cooperación na creación de materiais docentes e de actividades de ensinanza/aprendizaxe.

Obxectivo: Avaliación da actividade docente

A actividade docente do profesor, a diferenza do que sucede coa actividade investigadora, non se avalía de forma rigoro-sa, e isto ten unha repercusión negativa.É necesario conseguir un equilibrio entre ambas funcións buscando medidores axeita-dos da docencia que realiza o profesorado e de forma especial da excelencia.

Accións: 1.- Valorar especificamente accións non recoñecidas como a participación en proxectos de innovación educativa e, dun xeito especial, os traballos de coordinación docente realizados para a mellora da calidade dos nosos títulos.

2.- Deseñar fórmulas de recoñece-mento das boas prácticas docentes.

3.- Deseñar un programa de estímulos ao rendemento académico.

4.- Definir de forma máis precisa todas as actividades docentes do PDI así como a forma de contabilizar estas actividades dentro da dedicación global: docencia, investigación, xestión.

INTENSIFICAR O USO DE FERRAMENTAS

TECNOLÓGICAS E TIC

PARTICIPAR EN REDES TEMÁTICAS

DOCENTES EUROPEAS

Page 10: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Titulacións A maioría das novas titulacións da USC, tanto graos como másteres e doutoramentos, xa foron acreditados polos organismos competentes. Enfrontámonos tanto á posta en marcha destas como á extinción das ofertadas antes da reforma do EEES.

Obxectivo: Dinamizar as novas titulacións

Nas novas titulacións contémplase a existencia dunha serie de órganos tanto unipersoais como colexiados. É necesario que estes órganos lideren e catalicen o proceso de cambio docente.

Accións 1.- As Comisións de Calidade dos Centros xunto coa Comisión de Calidade do Título nos Centros, nos que exista máis dunha titulación, deberán evolucionar para conver-terse en espazos de diálogo orientados ao traballo académico. Estas comisións serán competentes non só para o control e desen-volvemento do título, senón tamén para promover, asesorar e avaliar as metodoloxías docentes máis adecuadas, así como analizar e tomar as medidas correctoras necesarias acorde coas avaliacións/auditorías por parte de organismos externos. 2.- O Coordinador do Título será o encargado de propor e coordinar actividades como seminarios, titorías, talleres e traballos cooperativos etc. que concreten o perfil estratéxico e profesional de cada unha das titulacións.

Obxectivo: Infraestruturas docentes

Non pode haber calidade nos servizos nin excelencia académica sen inversión nin atención aos aspectos materiais.

Accións: 1.- Adecuación as novas tecnoloxías de aulas, laboratorios e bibliotecas.

2.- Establecer plans plurianuais de contratación co fin de que os departamentos planifiquen adecuadamente a incorporación do profesorado.

3.- Mellorar os procedementos infor-mativos para unha mais doada confección dos PDA e POD.

4.- Adecuar as necesidades de persoal de administración e servizos ás tarefas docen-tes

Obxectivo: Areas de coñecemento

É necesaria unha revisión das afinida-des das áreas de coñecemento das materias dos diversos graos evitando a xeneralidade que se vén aplicando con pouca transparen-cia. É preciso recuperar a especialización necesaria para dar as materias de titulacións universitarias.

Accións: 1.- Revisar as afinidades entre as áreas de coñecemento.

Obxectivo: Reordenación dos departamentos

A realidade bicampus da USC dificul-ta, en ocasións, o desenvolvemento e consoli-dación de diversas áreas do coñecemento no campus de menor tamaño e masa crítica, o Campus de Lugo. Isto tamén complica en certa medida a coordinación da docencia e investigación nos departamentos con presen-za en ámbolos dous Campus. Por iso, é nece-sario a mellora da estrutura organizativa e a eficiencia no emprego dos recursos humanos

VALORAR A DOCENCIA E ESPECIALMENTE A

EXCELENCIA DOCENTE

e técnicos dispoñibles da Institución e, en particular, do Campus de Lugo.

Accións: Esta candidatura contempla a creación de seccións departamentais/departamentos no Campus de Lugo naquelas áreas do coñe-cemento con suficiente entidade docente e investigadora co fin de consolidar e potenciar as súas actividades. Esta acción farase previo consenso co persoal e os departamentos implicados nesta posible reestructuración. Deste xeito, espérase contribuir tamén a un maior asentamento do persoal que desempe-ña integramente as súas funcións no Campus de Lugo, o que debería redundar nun pulo no desenvolvemento e consolidación deste Campus.

Page 11: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Obxectivo: Títulos competitivos

Os estudos de Máster e Doutoramento deben permitir a formación de profesionais que sexan competitivos no mercado laboral, adecuando o mapa de titulacións ás necesida-des da sociedade. Por outra banda, os nosos graduados nestas deben levar implícito un selo de excelencia e debemos facilitarlles a incorporación ao mercado laboral.

Accións 1.-Crear un Comité Consultivo, formado por contratantes, colexios profesionais, etc. para obter retroacción directamente da socie-dade sobre as necesidades formativas dos futuros, facilitando a súa inserción laboral.

2.- Poñer en funcionamento un Obser-vatorio para o Análise e a Demanda que permi-ta analizar o mercado laboral en relación ás ti-tulacións de Máster e Doutoramento e adecuar o mapa destas titulacións as necesidades reais do noso contorno.

3.- Creación dunha Oficina de Inserción Laboral que facilite non só a inserción dos nosos graduados, senón tamén que permita a orientación das saídas profesionais dende o momento do ingreso dos alumnos na universi-dade.

4.- Potenciar o compoñente práctico das titulacións tanto na USC como mediante practicas externas a nivel nacional e interna-cional. Para isto último negociaremos con entidades publicas e empresas, nacionais e internacionais, convenios de prácticas reguladas para todas as titulacións, evitando distorsións co mercado laboral.

Obxectivo: Formación ao longo da vida profesional

Tampouco podemos esquecer que o EEES contempla como aspecto vital a forma-ción ao longo de toda a vida profesional do individuo, o denominado Lifelong Learning. A USC debe afrontar o reto ofrecendo progra-mas adecuados a esta demanda emerxente, nun mercado no que debemos establecernos rapidamente.

Accións: 1.- Desenvolver a formación durante toda a vida, mediante cursos de reciclaxe

dirixidos a graduados da universidade. 2.- Potenciar o Cuarto Ciclo universita-rio.

Obxectivo: Novos mercados titulacións de posgrao

No ámbito da formación de posgrao debemos ofertar estudos que nos diferencien claramente doutras universidades do noso contorno, sen esquecer que a universidade, como sucede noutros moitos ámbitos da nosa sociedade, estase a globalizar. Por iso, non podemos seguir pensando en termos xeográficos restrinxidos senón que debemos afrontar o reto de explorar novos mercados.

Accións 1.- Facer un estudo das titulacións que se poderían ofertar neste senso.

2.- Desenvolver titulacións de posgrao interuniversitarias e internacionais

Obxectivo:Adecuación da oferta formativa ao perfil do estudante

É necesario considerar que o perfil do estudante universitario está cambiando, polo que debemos adecuar a oferta das nosas titu-lacións aos cambios que se producen na socie-dade. Investigacións recentes mostran que o número de estudantes universitarios que com-patibilizan os seus estudos cunha actividade laboral incrementouse nos últimos anos. Isto obriganos a contemplar titulacións a tempo parcial, semipresenciais ou mesmo con grande carga de cursos on-line. Se somos capaces de dar resposta a estes retos incrementaremos a demanda de alumnos para ingresar na USC.

Accións: 1.- Potenciar os cursos on-line e semipresenciais para facilitar a realización de estudos a tempo parcial.

2.- Facilitar a implantación de itinera-rios para estudantes a tempo parcial, con programacións docentes flexibles para os que combinan estudos e traballo.

CREACIÓN DUN COMITÉ CONSULTIVO

OFICINA DE INSERCIÓN

LABORAL

Page 12: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

INVESTIGACIÓN, POLÍTICA CIENTÍFICA E INNOVACIÓN

A xeración de novos coñecementos e avances científico-técnicos e a súa transmisión á sociedade, mediante a formación de capital humano altamente especializado para a súa introdu-ción no sector produtivo, constitúe a principal razón de ser da universidade. A integración da universidade co seu entorno supón a ampliación da súa misión para dar cabida ao seu papel como xerador de riqueza e benestar a través da aplicación dos coñecementos xerados no seu seo, na mellora do tecido produtivo e na transformación da sociedade mesma. En particular, a posta en valor do coñecemento científico-técnico universitario e o seu traslado ao entorno produtivo é unha das claves para transformar as estruturas produtivas e poder superar o contexto de crise económica mundial actual. Posto que no noso país máis do 50% das actividades de I+D+i son desenvolvidas polas universidades, estas deben exercer o liderado deste proceso. A nosa comuni-dade autónoma non é unha excepción e o papel preponderante da USC na I+D+i outórgalle a capacidade e responsabilidade de pilotar o proceso de dinamización, mellora e transformación da economía da sociedade galega. As actividades de I+D+i, desenvolvidas pola USC para acadar estes obxectivos, non deben ser accións illadas senón estratexicamente planificadas segundo as fortalezas e capacidades da Institución, e as políticas definidas dende as distintas administracións públicas autonómicas, nacionais e europeas. A USC debe de contar con suficiente financiamento e infraestruturas axeita-das para a realización destas accións, e deben ser executadas seguindo os principios de máxima produtividade, eficiencia, igualdade, responsabilidade e sostibilidade. Como entidade financiada en grande medida con fondos públicos é obriga da USC responder ás demandas da sociedade galega e dar conta das súas accións e do uso dos recursos postos á súa disposición. Finalmente, a propia USC debe atopar o necesario equilibrio entre a súa misión orixinal, isto é, a pura xeración de coñecemento –investigación básica- e a formación de capital humano cualificado –docencia- e estas novas responsabilidades asumidas mediante a investigación máis aplicada e a innovación.

Esta candidatura trata de dar resposta a estes desafíos mediante un conxunto de obxecti-vos e accións institucionais no ámbito da I+D+i a curto, medio e longo prazo que a continuación se detallan.

Obxectivo: Plan Estratéxico de Investigación e Innovación

Planificación e potenciación da actividade investigadora de calidade da USC a través da elaboración e desenvolvemento dun Plan Estratéxico de Investigación e Innovación, eliminando a dicotomía entre investigación en Ciencias Experimentais/Técnicas-Investigación en Ciencias Sociais/Humanidades, e buscando o equilibrio entre a investigación básica e aplicada.

Accións: 1.- Organización da actividade científica dos grupos de investigación, arredor de liñas prioritarias de investigación onde se asocien as súas capacidades e competencias, poñéndose en relación ás políticas públicas e ás demandas sociais de I+D+i. 1.1.-Creación dun Consello Consultivo de

Investigación (CCI) dependente do Vicerreito-rado de Investigación para detectar e orientar as potencialidades da nosa Universidade en consonancia co tecido socioeconómico circun-dante e coas políticas de I+D+i autonómicas, nacionais e internacionais. 1.2.-Redefinición do Proxecto Campus Vida en función da planificación estratéxica e a realidade socioeconómica da institución segundo as valoracións efectuadas pola comu-nidade universitaria nos órganos de Goberno e nos informes do CCI, e desenvolvemento deste proxecto dende Campus de Excelencia Internacional de Ámbito Rexional a verdadeiro Campus de Excelencia Internacional. 1.3.- Identificación de novas grandes áreas de investigación como posibles candida-tas a seren presentadas en futuras convocato-rias do programa de Campus de Excelencia Internacional como, por exemplo, a posible creación dun Campus Agropecuario na cidade

Page 13: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

CREACIÓN DO CONSELLO CONSULTIVO

DE INVESTIGACIÓN

PLAN DE INCENTIVACIÓN DA INVESTIGACIÓN

NO CAMPUS DE LUGO

de Lugo. Estudar a constitución dun Centro Interdisciplinar de Ciencias do Patrimonio Cultural (CCPC) en colaboración coa Xunta de Galicia e o CSIC.

2.- Promoción da participación do PDI da USC en convocatorias competitivas, princi-palmente nacionais e internacionais, e apoio decidido da institución para a consolidación dos grupos de investigación existentes e o fomento da creación de novos equipos de traballo.

2.1.-Dinamización da participación en Proxectos Internacionais, principalmente Proxectos Europeos, con obxectivos plurianuais verificables a posteriori. 2.2.-Creación dunha verdadeira Oficina de Proxectos de I+D+i Internacionais con medios humanos e técnicos axeitados para dar soporte aos grupos de investigación. 2.3-Establecemento dun Programa plurianual de actividades de I+D+i dos Departamentos e Institutos de Investigación, integrado nos seus Plans Estratéxicos, para a consecución dos obxectivos investigadores determinados pola Institución segundo as súas potencialidades, recursos e traxectoria. 2.4.- Pulo aos grupos de investigación competitivos, sobre todo nas áreas definidas como prioritarias, sen deixar de apoiar ao mesmo tempo aos demais grupos de investi-gación. Estableceranse diversos incentivos; prioridade nas convocatorias para a dotación de persoal técnico de apoio, elaboración de Contratos-Programa de adianto financeiro entre outros. 2.5.-Redución dos requisitos burocrá-ticos para a creación de grupos de investiga-ción. 2.6.-Creación dun Programa propio da USC para estimular o desenvolvemento de grupos emerxentes liderados por investi-gadores mozos cun potencial de excelencia investigadora dentro das liñas identificadas como estratéxicas pola Institución.

3.- Promoción da capacidade de inte-racción entre os grupos de investigación, e pulo ao desenvolvemento de investigacións interdisciplinares para crear e consolidar grupos altamente competitivos. 3.1.- Creación de agrupacións de coñecemento nos Departamentos e Institutos

de Investigación para alcanzar unha maior competitividade nas convocatorias de investi-gación nacionais e internacionais. 3.2.- Consolidación dos Institutos, Centros Propios e Centros Singulares de Investigación para que sexan referentes da investigación de calidade e de carácter interdisciplinar na USC mediante: a) Unha reorientación dos mesmos segundo as liñas prioritarias de investigación aprobadas pola comunidade universitaria tralo informe do CCI; b) unha harmonización da súa estrutura xurídica e dependencia funcional baixo unha estrutura organizativa común; c) a avaliación das súas actividades de acordo á planificación estratéxica mediante un Plan de Avaliación; d) unha xestión cotiá máis áxil e flexible. 3.3.-A colaboración con outras universi-dades, centros de investigación e institucións públicas para a creación de centros mixtos de investigación e a participación en proxectos de excelencia científica en liñas de carácter estratéxico. 3.4.-O desenvolvemento de diversas accións de apoio institucional para a difusión das actividades investigadoras da USC como: o pulo á incorporación dos grupos da USC en Redes de Excelencia Nacionais e Internacio-nais, e a elaboración e mantemento dun arqui-vo dixital onde se recolla a actividade científica dos grupos de investigación.

4.- Desenvolvemento dun Plan para o Incentivo da Investigación no Campus de Lugo, favorecendo o establecemento de novos grupos de investigación mediante o Programa propio da USC para a formación de grupos emerxentes liderados por investigadoras e in-vestigadores xoves, e a captación de estudan-tes estranxeiros de posgrao e doutoramento.

5.- Estímulos á actividade investigado-ra do PDI, como o compromiso para aplicar definitivamente e de maneira razoable o cómputo da actividade investigadora e de transferencia de coñecemento e tecnoloxía, a concesión de anos/períodos sabáticos asocia-dos a axudas de mobilidade do profesorado e a extensión da descarga docente despois do exercicio dun cargo unipersoal de xestión.

6.- Desenvolvemento da investigación de calidade en todas as disciplinas, para atraer novo estudantado, principalmente de posgrao (máster e doutoramento) mediante:

Page 14: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

PLAN DE INCENTIVACIÓN DA INVESTIGACIÓN

NO CAMPUS DE LUGO

POTENCIACIÓN DA RIADT

6.1. A elaboración, de acordo cos informes do CCI, dun Plan de Potenciación da Investigación naquelas áreas onde se detecte unha actividade investigadora reducida ou diminuída; 6.2. A revisión dos criterios para avaliar a actividade científica, dándolle máis peso aos factores de calidade, produtividade e eficien-cia 6.3 A adopción de novos criterios para a avaliación da actividade científica nas grandes áreas de CC. Sociais e Humanidades.

Obxectivo : medios técnicos e humanos

Mellora dos medios técnicos e huma-nos de investigación

Accións: 1.- Remodelación da estrutura organi-zativa e relativa ás competencias da Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT) para lograr unha xestión máis áxil, eficaz e dinámica das actividades de I+D+i desenvolvidas polos grupos de investigación.

2.- O fortalecemento da RIADT e das plataformas tecnolóxicas: 2.1 Prestación de novos servizos que se adecúen ás necesidades dos grupos de investigación. 2.2 Consolidación e dotación de novas prazas, onde proceda, de técnicos de apoio nos servizos da RIADT. 2.3 Reordenación dos servizos ofertados pola RIADT entre os dous Campus en función do seu volume de traballo e as liñas/grupos de investigación que demanden tales servizos; 2.4 Mellora da formación específica dos técnicos dos distintos servizos. 2.5 Promoción dos servizos e capaci-dades prestados pola RIADT e as plataformas tecnolóxicas mediante o aumento da oferta de cursos de formación, presenciais e web-seminars, e unha maior información no seu web.

3.-Unha xestión eficiente, racional e flexible dos espazos dedicados á investiga-ción: Plan de Revisión quinquenal de Aprovei-

tamento dos espazos dedicados a I+D+i.

4.- O apoio decidido aos programas de captación de recursos humanos altamente cualificados (Ramón e Cajal, Isidro Parga Pondal ou Marie Curie entre outros) de acordo coas liñas estratéxicas da USC, e considerando a incorporación estable destes polas vías docentes e investigadoras. En particular, asegurarase de xeito legalmente vinculante, o compromiso de estabilización das investiga-doras e investigadores destes programas con avaliacións positivas da súa actividade polas pertinentes axencias internacionais, nacionais e/ou autonómicas. Aplicándose criterios de avaliación preferentemente investigadores nas prazas de PDI xeradas a través dos procesos de estabilización deste persoal.

5.-Adecuación da oferta de prazas da USC nas convocatorias de captación de recur-sos humanos altamente cualificados de acordo á planificación estratéxica da institución e ás necesidades docentes e investigadoras das distintas áreas do coñecemento.

6.-Solucionar a precariedade dos investigadores contratados por proxectos de longa duración mediante a análise das posibles vías legais e económicas para consolidar a súa estabilización.

7.-Remodelación do Programa de Axudas Propias da USC e creación dunha convocatoria de axuda á contratación de persoal técnico de apoio polos grupos de investigación.

8.-Integración nun Programa de Investigadoras/es Mozos de diversas accións encamiñadas a favorecer a iniciación e forma-ción na actividade investigadora como: 8.1.- Creación de becas de iniciación á investigación de curta duración para novos Titulados para o período previo á obtención dunha beca de predoutoramento. 8.2.- Extensión dos contratos de predo-utoramento da USC a unha duración similar aos de FPI e FPU, e a revisión dos criterios de concesión destes contratos. 8.3.- Creación dunha convocatoria de Contratos-Ponte para doutores que están á espera de conseguir un contrato/beca de postdoutoramento. 8.4.- Creación dunha convocatoria de Premios da USC que valoren a calidade do

Page 15: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

CREACIÓN DUN PROGRAMA PROPIO DE INVESTIGADORAS/ES

MOZOS

PULO Á CREACIÓN DUN PARQUE CIENTÍFICO

traballo realizado polos investigadores en formación e postdoutourais. 8.5.- Elaboración dun Programa de creación de grupos emerxentes de investiga-ción liderados por investigadores mozos. 8.6.- Potenciación da oferta das axudas para a contratación de persoal investigador en formación en áreas con necesidades docentes.

9.-Favorecemento do intercambio do persoal investigador e das colaboracións cien-tíficas con investigadores de centros españois, da UE, Iberoamérica e países emerxentes (sueste asiático, China e India) mediante a participación en proxectos de investigación, programas de intercambio e convenios inter-nacionais.

10.-Elaboración dun amplo catálogo de software científico tanto libre como de licencias.

Obxectivo: responsabilidade no uso dos recursos

Toma de responsabilidade no emprego dos recursos humanos, económicos e de finan-ciamento nas actividades de investigación por parte dos Centros e Grupos de investigación.

Acción: Elaboración dun sistema de indicado-res que permitan medir a eficacia e produtivi-dade dos recursos empregados polos centros e grupos de investigación no desempeño das súas actividades de I+D+i.

Obxectivo: investigación e políticas institucionais

Integración no traballo dos investiga-dores dos factores socioeconómicos, éticos eambientais definidos e defendidos pola institu-ción.

Accións:

1.- Impartir seminarios de información e formación para dotar os investigadores das ferramentas e coñecementos para desenvolver esta misión.

2.-O fomento do liderado de grupos de investigación consolidados e de nova creación por investigadoras da USC.

3.-A consideración nos cálculos da produtividade científica dos períodos de baixa paternal/maternal, casos de dependencia, etc.

4.-A mellora dos medios técnicos para unha aplicación efectiva das políticas ambien-tais e de saúde laboral da institución mediante unha nova revisión in situ dos laboratorios de investigación, a dotación paulatina dos medios técnicos necesarios para a aplicación das me-didas correctoras, e a potenciación dos cursos de formación sobre investigación sostible e prevención de riscos laborais dirixidos aos investigadores.

Obxectivo: Proxección social da investigación

Detección do tipo de investigacións e avances tecnolóxicos concretos precisados polos distintos actores socioeconómicos e institucionais do entorno da USC a través de convenios e proxectos con entidades públicas e privadas en materia de I+d+i.

Accións: 1.-Elaboración dun Plan Estratéxico de Transferencia do Coñecemento (PETRA) que implique: 1.1.- A identificación pro-activa por parte da USC das necesidades de I+D+i das institucións e organizacións do tecido socioeconómico. 1.2.- A redefinición do papel da USC nas distintas actividades de innovación e emprendedoras nas que participa actualmente en función da estratexia xeral de investigación e innovación da institución. 1.3.- A clarificación do organigrama e avaliación das unidades e das accións desenvolvidas pola USC relacionadas coa innovación e transferencia do coñecemento (CITT, Uninova, Plan Uniemprende etc.) co fin de potenciar a súa capacidade de detección de novas oportunidades de innovación e transferencia do coñecemento.

2.- Creación dun Parque Científico, em-pregando o edificio Emprendia e os Institutos e Centros de investigación como xerme, que: 2.1.- Potencie o nacemento de empre-

Page 16: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

CREACIÓN DUNHA UNIDADE DE VALORIZACIÓN

E PROTECCIÓN DA INVESTIGACIÓN FORTE

PULO A CREACIÓN DE SPIN-OFFS

sas innovadoras baseadas no coñecemento. 2.2.- Aglutine as actividades de inno-vación e emprendedoras xurdidas da investi-gación promovida na USC coas actividades económicas de empresas e outros axentes de innovación implicados na transferencia do coñecemento. 2.3.- Permita acercar a realidade em-presarial aos contidos dos graos e posgraos mediante a realización de prácticas polos estudantes.

Obxectivo: cultura emprendedora

Fomento e desenvolvemento da cultu-ra emprendedora entre os investigadores da USC

Accións: 1.- Creación dunha Oficina de Valoriza-ción, Protección e Comercialización da investigación. Esta oficina disporá de recursos humanos e técnicos axeitados para realizar unha correcta identificación das investigacións desenvolvidas na USC con posible aplicabilida-de e potencialidade comercial. Isto permitirá aumentar o número de patentes, mellorar a súa comercialización, e impulsar a creación de empresas de base tecnolóxica (EBTs).

2.-Fortalecemento da área de Promo-ción e Difusión Tecnolóxica da USC como uni-dade encargada de transmitir as capacidades de I+D+i da institución e servir de punto de encontro entre a institución e o tecido empre-sarial.

3.-Acercamento á comunidade univer-sitaria da cultura emprendedora e creativa mediante a potenciación das actividades de promoción desenvolvidas pola Escola de Negocios de Uniemprende.

4.- Potenciar a creación de empresas de base tecnolóxica (EBTs) como resultado das actividades investigadoras mediante: 4.1.- A ampliación do programa de detección de innovación nos grupos de inves-tigación. 4.2.- O pulo aos programas de creación e maduración de EBTs. 4.3.- A axuda para un acceso máis sinxelo e áxil ás vías de financiamento a través

do Banco Europeo de Inversións, as socieda-des de Capital Risco nas que a USC participa e/ou os Programas Europeos. 4.4.- A mellora na formación técnica, empresarial e de xestión do persoal da USC implicado na creación das EBTs. 4.5.- A concesión de permisos ou descargas docentes para as investigadoras e investigadores involucrados na creación e constitución destas empresas.

5.- Diminución das trabas burocráticas, dentro do marco legal establecido, para facili-tar a obtención de permisos temporais para o desempeño de actividades de investigación e innovación en departamentos de I+D+i de empresas.

6.-Estimular a participación dos grupos de investigación en Plataformas Tecnolóxicas de ámbito Rexional, Nacional e Internacional para coñecer de primeira man as necesidades en I+D+i do tecido empresarial e como a inves-tigación realizada polos grupos da USC pode responder a elas.

7.-Estimular o establecemento de contratos e convenios de colaboración con empresas e institucións públicas e privadas para diversificar as fontes de financiamento e conseguir un modelo máis sostible da investigación. Neste contexto, estableceranse mecanismos de valorización axeitados para trasladar ás empresas o verdadeiro custo dos servizos prestados e, así, evitar prácticas de competencia desleal a outras empresas da contorna socioeconómica.

Obxectivo: Calidade na I+D+i

Desenvolvemento dunha política de calidade que conduza á acreditación de insta-lacións, servizos e do traballo realizado polos grupos de investigación.

Accións:

1.- Obtención das certificacións de calidade dos Servizos prestados pola RIADT (normas ISO 9001 y 14000). 2.- Promover que tódolos centros e grupos de investigación da USC establezan os sistemas de calidade que sexan máis axeitados en cada caso.

Page 17: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

TRANSFORMACIÓN DA BUSC EN USC-CRAI

3.- Implicación dos grupos de investi-gación na cultura de seguridade e saúde labo-ral: Aplicación efectiva do plan de Prevención de Riscos Laborais e Plan de Residuos Tóxicos e Perigosos.

Obxectivo: modernización da biblioteca universitaria

Adaptación da Biblioteca Universitaria (BUSC) ao novo marco do EEES e EEI.

Accións: 1.- Aprobación do Plan Estratéxico da BUSC.

2.- Paulatina transformación da estru-tura organizativa e de persoal, das instalacións e recursos tecnolóxicos da BUSC ao EEES e EEI: USC-CRAI (Centro de Recursos para o Aprendizaxe e a Investigación).

3.-Transformación da Biblioteca Xeral nunha Biblioteca Histórica. 4.- Pulo adicional á dixitalización do patrimonio documental e bibliográfico da USC mediante: 4.1.- A consolidación e ampliación do arquivo institucional.

4.2.- A inclusión dos materiais xerados polos grupos de investigación polas súas actividades de I+D+i. 4.3.- A inclusión dos materiais xerados polo profesorado pola súa actividade docente.

5.- Incremento do soporte das áreas TIC á xestión das actividades e servizos da BUSC, e á actualización tecnolóxica constante dos equipos do Servizo.

6.- Incremento dos programas de for-mación e actualización do persoal das biblio-tecas e realización de avaliacións sistemáticas periódicas para coñecer as necesidades reais e o grao de satisfacción dos usuarios.

7.- Elaboración de cursos, seminarios e exposicións para incrementar a difusión dos contidos e recursos da BUSC, e os seus procedementos de emprego. Reorganización da web para clarificar aos potenciais usuarios a totalidade dos servizos que se ofertan.

8.- Incremento da dotación económica para a adquisición de recursos dixitais (libros e coleccións electrónicas, e-books…) nas áreas de coñecemento onde sexa interesante, para unha maior facilidade de acceso por parte dos usuarios e unha mellora das políticas de sostibilidade da institución.

9.- Construción da biblioteca-depósito.

Page 18: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

dirixidos a graduados da universidade. 2.- Potenciar o Cuarto Ciclo universita-rio.

Obxectivo: Novos mercados titulacións de posgrao

No ámbito da formación de posgrao debemos ofertar estudos que nos diferencien claramente doutras universidades do noso contorno, sen esquecer que a universidade, como sucede noutros moitos ámbitos da nosa sociedade, estase a globalizar. Por iso, non podemos seguir pensando en termos xeográficos restrinxidos senón que debemos afrontar o reto de explorar novos mercados.

Accións 1.- Facer un estudo das titulacións que se poderían ofertar neste senso.

2.- Desenvolver titulacións de posgrao interuniversitarias e internacionais

Obxectivo:Adecuación da oferta formativa ao perfil do estudante

É necesario considerar que o perfil do estudante universitario está cambiando, polo que debemos adecuar a oferta das nosas titu-lacións aos cambios que se producen na socie-dade. Investigacións recentes mostran que o número de estudantes universitarios que com-patibilizan os seus estudos cunha actividade laboral incrementouse nos últimos anos. Isto obriganos a contemplar titulacións a tempo parcial, semipresenciais ou mesmo con grande carga de cursos on-line. Se somos capaces de dar resposta a estes retos incrementaremos a demanda de alumnos para ingresar na USC.

Accións: 1.- Potenciar os cursos on-line e semipresenciais para facilitar a realización de estudos a tempo parcial.

2.- Facilitar a implantación de itinera-rios para estudantes a tempo parcial, con programacións docentes flexibles para os que combinan estudos e traballo.

ECONOMÍA, FINANCIAMENTO E INFRAESTRUTURAS Aínda que o sistema de financiamento da universidade pública española é mixto, o peso dos fondos públicos é moi superior ao dos privados. O groso das achegas provén das transferencias do Goberno central ás Comunidades Autónomas. Na súa maior parte trátase de financiamento non condicionado, aínda que hai partidas finalistas que entran ou non no financiamento como tal en función do modelo elixido. Os modelos utilizados ata agora na Comunidade Autónoma de Galicia foron cambiando a estructura e os criterios de financiamento. Pese aos esforzos dos últimos anos o resultado é que, historicamente, as universidades galegas obtiveron un financiamento público moi por debaixo da media da súa contorna. A estrutural escaseza de recursos financeiros convive, neste momento: • Cunhas circunstancias económicas negativas. • Coas necesidades derivadas da posta en marcha do EEES –cuxo desenvolvemento foi atendido ata o momento cunha filosofía de “custo cero” que vén afectando aos resultados. • Coa ausencia dun plan de financiamento. Entendemos que sen recursos non é posible a excelencia e cremos que debemos expoñer esta convicción na negociación coas autoridades económicas e os axentes sociais, na busca dunhas achegas suficientes e estables que posibiliten a prestación á sociedade dun servizo de calidade. A suficiencia financeira da universidade é irrenunciable. A porcentaxe do PIB destinado á educación superior é un indicador suficientemente obxectivo para valorar o esforzo que realiza unha sociedade neste ámbito. Para lograr un maior esforzo temos que facer comprender á sociedade e aos seus representantes o valor do que ofrecemos. Na busca da eficiencia financeira, os modelos de financiamento incremental están sendo desprazados polos que introducen criterios máis obxectivos. Entre estes últimos, consideramos os modelos de fórmula, máis adecuados para o financiamento dos gastos básicos de funcionamento; e os modelos de contrato, máis indicados cara a potenciar a consecución de obxectivos estratéxicos. No caso dos investimentos en capital, o uso de fórmulas pode servir para os cálculos das necesida-des de mantemento, mentres que o custo do proxecto debería servir de base para o financiamento das obras novas. Outra fonte de financiamento, a que resulta das taxas de matrícula, non chega en España a cubrir o 20% dos custos da formación. Asemade, a subvención implícita nos prezos públicos é

Page 19: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

regresiva, agás a mínima progresividade derivada da política de becas. O modelo ten sido criticado desde o punto de vista da equidade, non só pola ausencia de progresividade da subvención senón polo feito de que os principais beneficiarios participen escasamente no financiamento. Se a busca de equidade vén da man dun incremento dos prezos públicos para os usuarios, faise máis necesaria a dotación de bolsas que garantan a gratuidade -ou mínimo custo- para os estudantes con menos capacidade financeira e o establecemento de préstamos subvencionados para os que opten por diferir os custos da súa preparación ata o momento de extraerlle rendemento económico. O financiamento privado tamén é escaso. O tecido industrial da nosa contorna é feble e son poucas as organizacións que acoden ás universidades a contratar servizos de investigación, asesoramento ou formación de empregados. Isto é debido a que a universidade pública ten desen-volvido a súa actividade ao marxe da sociedade durante moitos anos. Ainda que os cambios na cultura das organizacións son lentos, tórnanse máis doados cando as circunstancias os esixen. As dificultades financeiras actuais deben actuar como revulsivo na comunidade universitaria e servir para o desenvolvemento dunha cultura de servizo orientada ao tecido social e produtivo. Todas as fontes de financiamento: público, privado e por medio de taxas de matriculación, dependen finalmente, da aposta da sociedade pola inversión en ensino superior. A medida en que a sociedade e os seus representantes tomen conciencia da importancia e potencialidade da achega da universidade, condicionará o modelo de desenvolvemento económico do futuro. Nós comprometemos á Universidade coa busca de eficiencia e coa rendición de contas. Ademais de facelo a través da elaboración dunha memoria de responsabilidade social -no que a USC é unha Universidade pioneira-, presentaremos indicadores obxectivos e actualizados da eficiencia coa que utilizamos os recursos dispoñibles. A satisfacción social cos resultados da USC é primordial.

Obxectivo: plan de financiamento

Negociación dun plan de financiamento que responda ao papel que a USC representa na sociedade e ao compromiso que con ela adquiriu, permitindo o desenvolvemento da actividade coa suficiencia financeira que a institución require.

Accións: 1.- Establecemento dun diálogo construtivo coas autoridades da Comunidade Autónoma que transmita a importancia da nosa achega e a nosa idea sobre o modelo de financiamento a implantar, baseado na suficiencia e estabilidade financeira garantida polos poderes públicos. Con especial atención a criterios de: 1.1.-Estrutura dos campus, antigüidade e peculiaridades arquitectónicas. Solicitude dunha partida orzamentaria específica que contemple a heteroxeneidade dos campus. 1.2.-Obrigas financeiras contraídas. 1.3.-Axuste da oferta de estudos (implantación de novas titulacións, estrutura do persoal e necesidades do EEES, grupos de docencia noutras linguas, etc.) 1.4.-Cantidade de alumnos nas distintas áreas. 1.5.-Recoñecemento efectivo da diversidade de actividades do profesorado. 1.6.-Consideración da excelencia en investigación (sexenios, grupos de excelencia, proxectos competitivos, actividades de transferencia, etc.). 1.7.-Consideración da responsabilidade social (servizos á comunidade universitaria, cultura, igualdade, cooperación, integración e sostibilidade).

2.- Comunicación aos axentes sociais do valor das nosas capacidades e da relevancia e utilidade dos coñecementos que podemos transferirlles a curto e a longo prazo.

3.- Revisión do plan de financiamento do Campus Vida, que non ten ata o momento finan-ciamento dispoñible para unha parte dos proxectos que integra e ten previsto absorber unha cantidade importante de recursos propios, asemade do compromiso de devolución dos anticipos reembolsables.

4.- Acceso dos membros da comunidade universitaria a información clara e puntual sobre a situación económica e financeira da Universidade.

Page 20: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Infraestruturas e servizos A longa historia da USC conformou unha realidade física de gran complexidade e singula-ridade que dificulta a concepción dun modelo integrado de campus.A creación e mantemento das infraestruturas suficientes en cada área de implantación universitaria, e o desenvolvemento de políticas eficaces de mobilidade inter-campus e de sostibilidade global requiren dun esforzo adicional

As necesidades abranguen novas dotacións pero, sobre todo, reparacións e mantemento das existentes. Nalgúns casos, semellan moi urxentes non só dende o punto de vista da comodida-de e a sostibilidade senón dende a perspectiva da seguridade e a saúde. Aínda que existe na Universidade unha diagnose dos problemas máis importantes, aínda carecemos dun Documento de Planeamento Preventivo no que se calcule a periodicidade das accións correctoras en función da súa urxencia.

No que respecta ás novas construcións, as edificacións dos centros CIBUS, CICUS, CIMUS, CITEV, edificio Emprendia, edificio docente Nóvoa Santos e Museo Luís Iglesias, previstas no proxecto Campus Vida, teñen dispoñible case a totalidade do seu financiamento –en moitos casos co investimento xa executado. O CITIUS e o Centro de Biomedicina Experimental teñen parte do seu financiamento dispoñible. Na peor situación están os edificios da Facultade de Medicina e o CIFUS, que non teñen financiamento dispoñible, o mesmo que acontece coa Facultade de Odonto-loxía, cuxas instalacións actuais pertencen ao Concello de Santiago polos acordos da “Operación Galeras”.

No Campus de Lugo, o acordo entre a USC, o Concello de Lugo e a Deputación Provincial lucense, plasmado no proxecto “Lugo 2015”, suporá un incremento da superficie a disposición da Universidade en cinco hectáreas. A USC contempla no proxecto a construción de dous edificios -un para apoiar o desenvolvemento de novas empresas relacionadas co coñecemento e outro para albergar un centro de investigación singular- e de novas instalacións deportivas. As obras de amplia-ción dos edificios do CACTUS e da residencia de estudantes Bal y Gay –previstas no mesmo acordo- veñen a paliar a escaseza de servizos, que constitúe un dos problemas do Campus de Lugo, aínda que quedan problemas importantes sen resolver como son a falta da gardería e os problemas de espazo da Escola de Maxisterio.

En canto ás reformas contidas no proxecto Campus Vida, existe financiamento dispoñible para case o 75% da Facultade de Bioloxía, dous terzos do presupostado para a do Auditorio, e ningún financiamento dispoñible para a da Facultade de Química.

Os problemas máis urxentes desde o punto de vista da habitabilidade dos espazos exterio-res preséntanse en Santiago. As molestias ocasionadas polo tráfico, a falta de prazas de aparcadoiro e a indefinición na delimitación das responsabilidades entre o Concello de Santiago e a USC no relativo ao mantemento das zonas urbanas que ocupan os campus, dificultan a vida universitaria. Dos case 3,5 millóns de euros que o proxecto Campus Vida destina á re-urbanización do campus, só 900.000 están dispoñibles. Tampouco hai financiamento dispoñible para construción da segunda fase do xardín botánico nin para a construción das instalacións deportivas previstas.

Os problemas de infraestrutura que se detectan nos edificios, nos campus e nas comunica-cións inter-campus requiren de solucións que precisan de planificación realizada por especialistas. Por elo, é imprescindible a delegación da toma de decisións técnicas nunha única estrutura integra-da responsable tanto dos aspectos de mantemento, seguridade e saúde ligados ás infraestruturas actuais, como da análise das novas infraestruturas e do control das actividades sub-contratadas. Obxectivo: Centralización das decisións relativas a Infraestructuras

Estudo da situación económica real das infraestruturas que están proxectadas.

Accións: 1.-Coordinación efectiva entre os servizos implicados na xestión de infraestruturas -Oficina de Arquitectura e Urbanismo, Oficina de Xestión de Infraestruturas e Servizo de Prevención de

Page 21: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Riscos- nunha mesma unidade organizativa: Servizo Integral de Xestión de Infraestruturas Sostibles (SIXIS). Esta unidade funcionará a todos os efectos como un servizo que se presentará e divulgará entre os usuarios facendo explícitas as súas funcións. A comunicación básica se establecerá a través dunha mesma páxina Web e dunha única extensión telefónica de atención ao usuario interno. SIXIS e os Servizos de Xestión Económica e de Contabilidade.

2.-Centralización na organización dos espazos físicos en función das necesidades das redes de traballo, na busca da proximidade que facilita o traballo conxunto e a comunicación continua entre unidades.

Obxectivo: Novas infraestructuras de docencia e investigación

Estudo de novas infraestruturas tanto para a docencia como para a investigación

Accións: 1.-Estudar a viabilidade do estado actual das novas infraestructuras que están proxectadas para poder tomar as decisións oportunas. 2.- Estudo de novas infraestruturas para os Institutos actuais con problemas de espazo. 3.- Estudo da constitución dun Centro de Ciencias do Patrimonio Cultural en Santiago de Compostela en colaboración coa Xunta de Galicia e o CSIC. 4.- Creación da casa do estudante nos Campus de Santiago e Lugo 5.- Creación da Biblioteca Depósito

Obxectivo: Mantemento infraestructuras

Enfase no mantemento preventivo das infraestructuras

Accións: 1.-Articulación dun programa plurianual que atenda as particularidades dos diferentes campus e os seus centros, facendo fincapé nas accións de prevención. 2.-Coordinación cos centros na posta en práctica de controis que permitan a detección de problemas potenciais e o establecemento das medidas correctoras propostas polos especialistas en mantemento, seguridade, saúde e arquitectura. Os mesmos especialistas terán que ser consultados antes da toma de calquera decisión que afecte ás infraestruturas. 3.-Certificación do cumprimento das normas de seguridade e hixiene unha vez que as deficiencias de cada centro teñan sido corrixidas. 4.-Esixencia de garantía de cinco ou dez anos para obras sub-contratadas (en función da natureza da obra).

Obxectivo: Mellora de infraestructuras

Mellora na detección de infraestructuras básicas implicadas na actividade cotiá

Accións: 1.-Transformación e adecuación de espazos docentes ás novas esixencias derivadas da implantación das modalidades formativas asociadas aos novos plans de estudo: aulas multimedia, salas de traballo en grupo, aulas de titoría en grupos reducidos, espazos dotados de recursos electrónicos, etc.

2.- Ordenadores: tanto en dotación como en mantemento e servizo (número de ordenado-res en correcto funcionamento, dotación e actualización de software, posibilidades de impresión, comodidade e seguridade dos espazos, etc.). Algunhas destas melloras farían necesaria un novo calibrado da RAI.

3.- Bibliotecas: en numero, comodidade e seguridade dos postos, dotacións de materiais -cunha clara aposta pola información en formato electrónico- amplitude de horarios dentro e fóra dos períodos de exames, etc.

4.- Dispoñibilidade de prazas de aparcadoiro nos campus. Aínda que melloraremos a conec-tividade entre os campus e entre estes e as cidades mediante o transporte colectivo, é un feito que

Page 22: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

una grande parte dos membros da nosa comunidade universitaria se desprazan en coche propio, polo que precisan de servizos de aparcadoiro. Os aparcadoiros subterráneos son unha solución que melloraría simultaneamente a vida nos campus.

Obxectivo: Sofware e formatos libres

Implantación de sofware e formatos libres

Accións: 1.-Uso de formatos libres nos documentos dixitais, sempre que sexa posible. 2.-Utilización de software libre, non só co obxecto de aforrar custos, senón tamén co de adaptalo ás necesidades da institución.

Obxectivo: calidade dos campus

Recuperación da concepción orixinal dos Campus como contornas de convivencia univer-sitaria.

Accións: 1.-Establecemento dun diálogo co Concello de Santiago na busca dunha solución integral aos problemas derivados destas deficiencias e as relativas ao alumeado, limpeza e seguridade nos campus. 2.- Busca de novas solucións que permitan o aforro de enerxía. 3.- Mellora das instalacións para a práctica do deporte. 4.- Espazos lúdicos e de descanso. 5.- Optimización do uso dos espazos cara ao desenvolvemento de actividades de conexión e vertebración coas cidades.

Obxectivo: Conectividade intercampus

Mellora de conectividade dos Campus con criterios de sostibilidade.

Accións: 1.-Mellora da conectividade inter-campus: Establecemento do autobús Lugo- Santiago, mellora do servizo do autobús Campus Norte- Campus Sur e negociación co Concello de Santiago da habilitación dun carril-bici inter e intra campus.

Page 23: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

RELACIÓNS EXTERIORES E COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL

Relacións Exteriores A presenza da USC na escena internacional reduciuse dun xeito alarmante nos últimos anos, incluso en ámbitos como o Iberoamericano, no que deberíamos ter unha posición natural, sendo claramente desprazados por outras universidades. Non existe un plan estratéxico para a proxección exterior e as relacións internacionais da universidade, as políticas que foron aplicadas resultaron erráticas, pouco ambiciosas apenas acordes coa posición que debería ocupar a USC no contexto internacional.

A páxina web da USC é a súa tarxeta de presentación cara a potenciais estudantes nacionais e inter-nacionais, pero estes atopan grandes dificultades para obter información dos estudos ofertados, sendo a principal barreira as linguas nas que esta dispoñible a información.

Non se desenvolveron políticas activas para trasladar á Comunidade Universitaria o interese estratéxico que ten a recepción de estudantes para a proxección exterior da Universidade e así, asegurar a captación de máis recursos pola vía de internacionalización da Universidade.

A Oficina de Relacións Exteriores non foi nunca dotada axeitadamente xerándose importantes disfuncións.

Obxectivo: mobilidade de todo o colectivo universitario

Incrementar a mobilidade de estudan-tes, PDI e PAS. Aínda que tradicionalmente foi dirixida aos estudantes é preciso potenciar a mobilidade dos outros colectivos polo benefi-cio que suporá para a institución.

Accións:

1.- Impulsar a mobilidade de cara ao EEES incrementado a mobilidade de estudan-tes, e incrementando o establecemento de proxectos docentes.

2.- Establecer Becas de Mobilidade tanto para estudantes enviados como para os que reciba a USC.

3.- Incrementar a mobilidade do PDI para mellorar a súa formación, facilitando e promovendo a realización de anos sabáticos con especial fincapé na formación docente.

4.- Impulsar a mobilidade do PAS a uni-versidades coas que temos acordos bilaterais

Obxectivo: internacionalización

Establecer acordos bilaterais entre a USC e aquelas universidades que, ben por

interese estratéxico ou ben por demanda dos estudantes, se consideren prioritarias. Os estudantes demandan continuamente mobilidade con países de fala inglesa, polo que estes destinos deben ser de captación prioritaria. Por elo, potenciaremos os progra-mas de intercambio con Estados Unidos e Canada: TASSEP e ISEP.

Accións:

1.- Elaborar un Plan Estratéxico de Internacionalización da USC.

2.- Programar visitas institucionais naquelas universidades nas que se considere estratéxico para os intereses da USC o estable-cemento ou incremento das relacións.

3.- Participar de forma regular en eventos internacionais de presentación de institucións universitarias.

4.- Recuperar o papel de liderado da USC no Grupo Compostela de Universidades.

5.- Consolidar as funcións da Oficina de Relacións Exteriores, dotándoa de maior autonomía, persoal e capacidade de manobra dentro do marco establecido polo Plan Estra-téxico de Internacionalización.

Page 24: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

USO DO INGLÉS EN TITULACIÓNS DE GRAO

ESCOLA DE POSTGRAO INTERNACIONAL

Obxectivo: Uso de linguas europeas

Incrementar de forma progresiva o uso do inglés nas materias ofertadas en todas as titulacións, permitindo unha maior captación de alumnos internacionais, e familiarizando aos nosos alumnos no uso do inglés.

Accións:

Potenciar e facilitar a docencia en linguas europeas, especialmente en inglés, para favorecer a mobilidade.

Obxectivo: colaboración docente internacional

Co fin de incrementar a internaciona-lización da USC é necesario levar a cabo accións que incrementen a colaboración con universidades no ámbito internacional, tanto na docencia como na investigación.

Accións:

1.- No ámbito das titulacións ofertadas pola USC, establecer titulacións compartidas, fundamentalmente, con universidades do EEES

2.- Estudar a Creación da Escola de Posgrao Internacional da USC.

3.- Potenciar a participación da USC en redes internacionais de docencia.

Obxectivo: Prácticas externas no EEES

As prácticas externas ofertadas aos es-tudantes non deben limitarse exclusivamente a empresas e institucións do noso contorno, é desexable que estas actividades se desenvol-van en institución e empresas de ámbito inter-nacional.

Acción:

1.- Realización de prácticas externas en

institucións / empresas do EEES.

Obxectivo: Países emerxentes

O establecemento de relacións e proxectos con países de África e Asia debe ser un obxectivo prioritario da USC. É necesario que a Institución participe no desenvolvemen-to educativo destes países, e se implique en proxectos de axuda ao desenvolvemento.

Accións:

1.- Impulsar as relacións en todos os ámbitos con universidades de Asia e África, desenvolvendo programas con especial finca-pé no desenvolvemento de programas educa-tivos de axuda ao crecemento destes países.

2.- Potenciar as relacións de investigación con outros países, principalmente do ámbito europeo, América Latina e Asia mediante convenios, programas de cooperación e inter-cambio.

Obxectivo: América Latina

A USC debe liderar as relacións con universidades Iberoamericanas e xunto con universidades portuguesas establecer relacións permanentes e sólidas con universi-dades brasileiras.

Acción:

1.- Impulsar as relacións con universida-des de Iberoamérica, con especial atención a Brasil.

Obxectivo: Internacionalización da investigación

Elevar o nivel de internacionalización e de calidade da nosa actividade científica, con atracción e retención de talento científico, fomentando o intercambio de persoal investi-gador con países da Unión Europea, de Ibero-américa e con países emerxentes.

Page 25: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

PRÁCTICAS EXTERNAS EN PAÍSES DO EEES

INTERNACIONALIZAR A INVESTIGACIÓN DA USC

Accións:

1.- Axustar os esforzos investigadores ás grandes orientacións establecidas para construír a Área Europea de Investigación 2020. Con esa fin, elaborarase un catálogo de centros europeos cos que xa existen colabora-cións activas e de centros novos que sexan referencia nas áreas prioritarias.

2.- Crear a Unidade de Proxectos de I+D+i internacionais para atraer recursos e aumentar a visibilidade internacional da USC.

3.- Apoiar e fomentar a proxección internacional da investigación: participación en Programas de investigación europeos (VII Programa Marco). 3.1.- Incremento do número de grupos que coordinan proxectos europeos. 3.2.- Firma de convenios de investiga-ción internacionais 3.3.- Apoio á participación en redes internacionais. 3.4.- Impulso á visibilidade e recoñece-mento da investigación da USC.

4.- Favorecer a participación no Euro-pean Institute of Innovation and Technology creado pola UE nas súas áreas de coñecemen-to e innovación.

5.- Atraer investigadores e apoiar a mobilidade investigadora: 5.1.- Programa de estabilización de investigadores Ramón y Cajal e Isidro Parga Pondal, Marie Curier e outros. 5.2.- Creación de grupos anfitrións de programas de prestixio (Marie Curie Hosts fellowship). 5.3.- Apoio á mobilidade do persoal investigador e ás estancias de nosos investiga-dores en centros de investigación de universi-dades de prestixio internacional.

6.- Incremento da porcentaxe dos másteres internacionais, para que exerzan de polo de atracción de mozas/os con talento investiga-dor.

7.- Intensificar a difusión de convocatorias para becas e estancias no estranxeiro de inves-tigadores, como por exemplo, as becas do

Goberno de España, Xunta de Galicia, e outras institucións como Fulbright, e Fundacións e organismos internacionais.

8.- Fomentar a participación en congresos, ac-tividades científicas e publicacións periódicas internacionais para impulsar a nosa presenza nos rankings internacionais.

9.- Promover acordos co Ministerio do Interior para facilitar as condicións de obtención do visado dos estudantes e investigadores estranxeiros que o requiran, e vaian a desem-peñar tarefas de formación e de investigación na nosa Universidade.

10.- Redución dos custos para a firma de con-venios con universidades estranxeiros.

11.- Maior facilidade nos trámites administrati-vos dependentes da USC para os investigado-res estranxeiros.

Page 26: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Comunicación institucional

Comunicarse mellor internamente e proxectar a USC cara á sociedade serán obxectivos principais deste programa que, dentro dunha política de austeridade e contención do gasto, pre-tende levar a cabo unha verdadeira Comunicación Institucional dirixida ás persoas e grupos do contorno social da Universidade, facendo máis transparentes os muros de illamento que aínda prevalecen na institución e proxectando unha imaxe pública que faga máis comprensibles as fins e as actividades da nosa Universidade.

Non se trata dunha política de relacións públicas, nin de simple marketing publicitario, senón de ir máis aló, buscando transmitir a personalidade da institución e os valores que a fundamentan. Nunha época tan difícil, con percepcións tan equívocas ou diluídas, é preciso transmitir á sociedade a imaxe real da institución. Neste sentido buscamos a harmonía entre a imaxe que queremos dar de nós mesmos, a imaxe real da institución e a imaxe percibida pola sociedade.

Xestionar a Comunicación institucional, tanto interna como externamente, será unha das prioridades do equipo reitoral que porá en marcha un novo Plan de Comunicación baseado en catro fases:

-Investigación: Mediante o estudo en profundidade da institución e dos públicos cos que se relaciona, para detectar as carencias, as capacidades competitivas, os desafíos futuros e as posibles oportunidades. -Programación: Coa creación dunha estratexia comunicativa interna e externa para os vindeiros anos, tomando como base a información recollida e os recursos humanos e técnicos da propia USC. -Realización: Poñendo en marcha a estratexia programada cos obxectivos que a USC proxecte sobre a sociedade a imaxe que realmente lle corresponde. -Avaliación: Valorando continuamente os resultados acadados de cara a corrixir ou afondar na estratexia elixida.

Esta política de Comunicación institucional pretende ir máis aló de transmitir unha imaxe positiva dunha institución plural que debe ser motor da sociedade galega, pero na que sempre vai haber carencias e conflitos. Trátase de facer chegar á Sociedade os valores dunha institución viva, que ten capacidade para dar resposta a grande parte dos problemas da sociedade e que non pode ser ignorada. Comunicar ben o alcance da marca USC é unha necesidade ineludible para mellorar a posición da nosa institución non só na sociedade, senón dentro do amplo colectivo de universitarios que a integramos.

Obxectivo: Plan de Comunicación Institucional

Desenvolvemento dun ambicioso Plan de Comunicación Institucional da USC. Este plan de Comunicación que pretendemos levar a cabo determinará accións máis específicas de carácter interno e de carácter externo, entre as que incluiremos as carencias máis palpables, percibidas actualmente pola comu-nidade universitaria e que serán a base do futuro plan de comunicación.

Accións internas:

1.- Mellorar as ferramentas de comuni-cación en rede, se ben é certo que actualmen-

te poñen a disposición da comunidade univer-sitaria a información mínima dos distintos servizos, centros e departamentos, fáno cunha presentación e cunha linguaxe inadecuadas. Trátase de maximizar os contidos e que toda a información de carácter público sexa accesible e se mostre dunha forma clara e transparente, utilizando adecuadamente a linguaxe que esixen os medios electrónicos.

2.-Potenciar o Gabinete de Prensa e o Xornal Electrónico como o principal instrumento de comunicación institucional da Universidade de Santiago.

3.-Favorecer a comunicación interna da comunidade universitaria mediante a posta en

Page 27: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

PLAN DE COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL DA USC

CREACIÓN DE TV E RADIO ON-LINE

marcha dun “taboleiro electrónico”, colocado na entrada dos centros, que facilite a difusión da axenda diaria da Universidade e do propio centro académico, residencial ou deportivo.

4.-Favorecer a creación dunha web diferenciada da oficial e xestionada directa-mente polos estudantes, con mecanismos de autenticación, na que poidan incluírse contidos propios individuais ou de grupo, tanto textuais como audiovisuais, con ferramentas de partici-pación que permitan plasmar o pulso dun dos colectivos máis vitais da sociedade galega.

5.- En previsión da transformación dos teléfonos móbiles en verdadeiras terminais audiovisuais, destinadas a substituír os sopor-tes convencionais, mediante acordos cos operadores, impulsar unha rede avanzada de telefonía móbil para todos os membros da comunidade universitaria, especialmente os estudantes, que abarate o custo do servizo telefónico e permita a extensión dos servizos de datos, voz e imaxe.

Accións Externas:

1.- Reforzar e modernizar a imaxe corporativa da USC. 2.- Desenvolver unha política máis eficaz que chegue con maior eficacia á sociedade galega e española, así como á comunidade internacional, tanto europea como americana, para recolocar a USC no lugar que lle corresponde. Neste sentido, dentro das facilidades que ofrecen as redes, cómpre dar maior importancia aos contidos internacionais, utilizando adecuadamente os idiomas de maior alcance, e ofrecendo infor-macións contextualizadas para unha mellor comprensión pola comunidade internacional. Debemos permitir a realización de xestións de información, captación, inscrición e matrí-cula de estudantes estranxeiros, actualmente irrealizables.

3.-Crear unha páxina na rede dirixida especificamente aos estudantes de ensino medio para fomentar o coñecemento das titulacións universitarias que ofrece a USC, o

seu contido formativo, as súas saídas profesio-nais. A ferramenta informática debe facilitar o contacto, a formulación de preguntas e as visitas organizadas entre futuros alumnos e os centros de referencia e pode incluír a participación de universitarios das distintas titulacións que respondan ás preguntas e narren experiencias persoais. A páxina non só sería un elemento necesario para a captación de futuros universitarios, senón un mecanismo de información indispensable dentro dun panorama profesional tan confuso.

4.- Crear unha televisión e unha radio “on line” que se nutra de contidos elaborados pola propia Universidade. Os contidos, abertos á participación de toda a comunidade universi-taria, estarían coordinados por un profesor res-ponsable e nutriríanse, de forma especial, dos materiais prácticos elaborados pola Facultade de Ciencias da Comunicación que, a falta dun servidor específico para este fin, conta con estudos e medios materiais e humanos para poder facer esta función comunicativa innova-dora en Galicia, pero habitual no panorama universitario internacional. Ademais de ser un medio barato, a radio e tv “on line” favorecería tanto a imaxe interna como a proxección externa da institución.

Page 28: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

EXTENSIÓN UNIVERSITARIA

A situación económica xeral e o estado financeiro da propia USC fan que os recursos para este sector se vexan en perigo de diminución fronte a partidas como Infraestruturas, Profesorado ou Investigación, cuxa importancia estratéxica é maior. Nembargantes é preciso facer un esforzo suplementario nas áreas relacionadas coa extensión universitaria, pois ademais de ter que ver co benestar dos membros da nosa Universidade, serven para proxectar a imaxe corporativa e as achegas que realiza a nosa institución. Por outra banda, as limitacións que poden afectar a esta área deben ser vistas simultaneamente como oportunidades a aproveitar.

Cultura

As tarefas da USC non rematan no contorno dos graos e posgraos senón que é preciso facer unha oferta formativa alén dos títulos oficiais. Esta candidatura tentará continuar e mellorar os programas actualmente existentes.

Obxectivos: cursos e actividades de extensión universitaria

Regular a grande oferta de cursos e actividades de extensión universitaria que ofrece a USC na actualidade, tendo en conta as modificacións que introduce nas titulacións o proceso de adaptación ao Plan de Boloña, e procurando novas fontes de financiamento.

Accións:

1.- Estudar e racionalizar a oferta dos cursos que na actualidade se están a impartir na USC.

2.- Identificar cales son os cursos máis demandados polos nosos alumnos graduados e pola sociedade en xeral, contactando para elo cos diferentes colexios profesionais.

3.- Buscar novas fontes de financiamento complementario para os cursos relacionados coa extensión universitaria. A USC deberá desenvolver unha política de implicación das institucións (Concellos, Deputacións, Consellerías, fundacións e outras entidades privadas) en accións que lles merezan o esforzo financieiro.

4.- Ampliar a oferta de cursos propoñendo non só como cursos de verán, senón tamén cursos de especialización, de reciclaxe, etc.

5.- Desenvolver programas de Cuarto Ciclo atractivos e áxiles que respondan ás demandas reais da sociedade.

6.- Promover a formación mediante cursos on-line.

Page 29: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

Divulgación Unha adecuada divulgación do traballo realizado na USC é non só unha contribución ao co-ñecemento en si mesmo nun marco puramente académico, senón que debe servir para incrementar a nosa proxección exterior e aumentar a influencia (liderado) da nosa institución sobre a sociedade no seu conxunto. En xeral, a divulgación do traballo que realiza a USC está insuficientemente desen-volvida e resulta necesario facer un esforzo suplementario neste ámbito.

Obxectivo: publicacións

Apoiar e reforzar todos aqueles servizos relacionados coa divulgación do labor realizado na nosa Universidade en especial o Servizo de Publicacións, mellorando e incrementando a súa produción editorial.

Accións:

1.- Reforzar o Servizo de Publicacións e difundir amplamente a súa labor a todos os mem-bros da comunidade universitaria.

2.- Incrementar a sección Biblioteca de Divulgació,. Serie Galicia (11 volumes entre 1993 e 2009) que ten un catálogo excesivamente curto para a importancia da nosa Universidade, Asemade compre modernizar o seu formato.

3.- Fomentar a publicación de Guías Docentes, necesarias na implantación das novas titula-cións, en formato papel ou dixital.

4.- Promover a Sección Manuais Universitarios do Servizo de Publicacións xa que se obser-va unha produción relativamente pequena, tendo en conta o tamaño do noso corpo docente e a multiplicidade de campos nos que se desenvolve a súa investigación e ensino.

5.- Actualizar e incrementar os glosarios e vocabularios das diferentes disciplinas nos idiomas galego e inglés. O ideal será dispor de glosarios trilingües para todas as disciplinas.

6.- Promover publicacións que recollan as actividades relacionadas cos cursos de divulga-ción , así como cos cursos do Cuarto Ciclo, e os cursos relacionados co LifeLong Learning.

Obxectivo: novas formas de divulgación

Abordar novas modos de difundir o labor realizado na USC, aproveitando o potencial dos seus centros para esa mesma finalidade.

Accións:

1.- Realizar Xornadas de Portas Abertas, Ciclos de Conferencias ou actividades como o Forum Orienta. Este último debe continuar ou mesmo ampliarse na medida do posible, resaltando aqueles tópicos de interese xeral que impliquen aproximacións interdisciplinares.

2.- Realizar exposicións temáticas dos sectores punteiros ou cun potencial atractivo para o público.

3.- Promover a participación da USC e dos seus grupos de investigación na Semana da Ciencia.

4.- Facer un uso extensivo dos centros da USC (Estación marítima da Graña, Estación

Page 30: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

hidrolóxica Encoro de Con, Estación biolóxica do Courel, Museo de Historia Natural…) para a realización de cursos de formación e divulgación científica nas áreas asociadas a eses espazos, cursos de formación medioambiental e/ou diversas actividades lúdicas: roteiros de sendeirismo, cursos de submarinismo, cursos de pesca…

5.- Utilizar o potencial das novas tecnoloxías, nomeadamente das redes sociais, para a difusión da investigación e innovación realizada na USC.

6.- Posta en marcha dun ciclo de conferencias anual estable apoiado polas autoridades municipais e autonómicas sobre as distintas actividades científicas levadas a cabo na USC.

7.- Elaboración dunha base documental que recolla as páxinas Web dos grupos de investiga-ción e os materiais xerados polos mesmos (artigos, conferencias, teses, resultados de proxectos, traballos fin de Máster, etc), para dar maior visibilidade á produción científica e de coñecemento xerados pola USC.

8.- Participación en programas internacionais de divulgación científica.

Deportes e benestar Fomentarse a práctica da actividade física e deportiva entre todos os colectivos universita-rios, adaptando a programación a súas características (idade, condición física, horario de traballo, etc.).

Obxectivo: infraestruturas deportivas

O mantemento, revisión e mellora das instalacións deportivas e a construción de novos espazos con tal fin, nomeadamente , no Campus de Lugo é un obxectivo a corto e medio prazo.

Accións:

1.- Mellora das infraestruturas das instalacións deportivas existentes no Campus de Santiago

2.- Promover a construción dun Pavillón Polideportivo e dunha piscina no Campus de Lugo.

3.- Estudar a posibilidade de construír outra piscina no campus norte, semi-aberta e climati-zada mediante enerxía solar, que complemente a oferta deportiva neste eido e destinada a usuarios que poidan ter problemas de sensibilización alérxica ao cloro.

Obxectivo: potenciación do deporte universitario

Fomentar o deporte entre as actividades da USC e mellorar a xestión do funcionamento das instalacións deportivas para obter o máximo rendemento.

Accións:

1.- Promover o deporte universitario como unha vía de participación dos estudantes na vida universitaria e de interrelación destes con PDI e PAS.

2.- Ampliar os horarios de uso das instalacións deportivas, mesmo nas fins de semana para facelas máis accesibles aos usuarios e permitir un mellor aproveitamento destes espazos. A tal fin poderán recorrer estudantes da USC, para complementar o servizo ofrecido polos PAS.

Page 31: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

POLÍTICAS INSTITUCIONAISIgualdade e Conciliación De acordo o artigo 2º dos estatutos da USC, onde se di que “...a Universidade de Santiago de Compostela, levará a cabo unha decidida defensa da igualdade entre homes e mulleres...” apostamos firmemente por traballar na igualdade efectiva ( non só no papel ) entre homes e mulleres.

Obxectivo: igualdade

Potenciar a Oficina de Igualdade de Xénero da USC

Acción:

Dotar a Oficina de Igualdade de Xénero da USC dos recursos necesarios para que cumpra axeitadamente a súa función.

Obxectivo: Conciliación

Implantar con medidas reais o “Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC ( 2009-2011)” aprobado no Consello de Goberno o 25 de marzo de 2009.

Accións:

1.- Velar polo cumprimento das dispo-sicións legais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

2.- Garantir de maneira efectiva o per-miso de maternidade e paternidade poñendo os medios necesarios para elo.

3.- Mellorar as políticas de Conciliación, con iniciativas que faciliten unha maior implementación dass mesmas: horarios, optimización do servizo das Escolas infantís ou Garderías

4.- Desenvolver actividades nos perío-dos de vacacións escolares para os fillos de membros da Comunidade Universitaria, por exemplo, a través de campamentos urbanos nos que poden participar como monitores os estudantes que dispoñan da acreditación correspondente.

MELLORAR AS POLÍTICAS DE CONCILIACIÓN

5.- Estudar a posibilidade de novos horarios na USC que permitan unha maior conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

6.- Promover a igualdade de oportuni-dades e resultados nas condicións laborais do persoal da USC.

7.- Combater o sexismo, a discrimina-ción e as situacións de acoso na USC.

Prevención Aínda que nos últimos tempos se fixeron importantes avances nas políticas de prevención é preciso dar un maior apoio neste ámbito.

Obxectivos: plan de prevención

Desenvolver na súa totalidade o Plan de Prevención de Riscos Laborais , a área responsable do mesmo e impulsar a concien-ciación neste ámbito.

Accións:

1.- Incrementar o protagonismo que os membros da Comunidade Universitaria deben asumir, dentro dunha cultura de Seguridade e Saúde Laboral, aplicando en maior medida e con máis eficacia o Plan de Prevención de Riscos Laborais.

2.- Garantir que todos os membros do persoal ao servizo da USC poidan ter acceso ás correspondentes revisións xerais anuais, mediante técnicas de alto valor diagnóstico, sen os efectos secundarios acumulativos das técnicas clásicas de imaxe, en beneficio da saúde individual do traballador.

3.- Incorporar a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais, establecendo plans de saúde específicos e traballando para lograr condicións ergonómicas para mulleres e homes.

Page 32: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ESTABILIDADE DO SEPIU

Responsabilidade corporativa En materia de participación e integra-ción universitaria, a USC vén desenvolvendo unha inxente actividade, maioritariamente a través do Servizo de Participación e Integra-ción Universitaria (en diante SEPIU), pero tamén a través de convenios de cooperación asinados por outras unidades. Aínda que se están a acometer moitas accións, o SEPIU non ten unha estrutura asentada dentro da Universidade e parte das tarefas que lle correspondería desenvolver atópanse disper-sas entre distintos servizos e vicerreitorías. A cooperación e a participación social como xeito de exercela debe ser entendida transver-salmente e xestionada a través dunha unidade organizativa estable, coñecida dentro e fóra da USC, o que requirirá dun esforzo para darlle visibilidade. O seu traballo fará da USC unha universidade cun engadido de calidade, derivado da súa implicación na formación de profesionais coas competencias e habilidades transversais necesarias para o máis correcto desenvolvemento económico, cultural e social da nosa contorna. Obxectivo: Reforzar as competencias do SEPIU

Integración das actividades de coope-ración, integración e participación social da USC no Servizo de Participación e Integración Universitaria, dotándoo dunha estrutura esta-ble.

Accións:

1. Dotar o SEPIU dunha estrutura máis áxil de cara á xestión do persoal e á captación de fondos en convocatorias de axudas e sub-vencións públicas.

2.- Uso do SEPIU como vencello entre as entidades de iniciativa social e os diferentes departamentos da USC co fin de favorecer a adquisición das competencias transversais necesarias para a obtención dos Graos.

3.- Posta en marcha de novos proxec-tos que favorezan o sentimento de pertenza á comunidade universitaria, como a creación dun banco de tempo, proxectos a prol da conciliación da vida familiar, laboral e cidadán, proxectos vinculados ao movemento 0,7, etc.

4.- Integración no SEPIU das iniciativas de cooperación das distintas unidades.

5.- Negociación, coa Xunta de Galicia, dos apoios a estudantes con necesidades educativas especiais derivadas dunha discapa-cidade (contratación de asistentes persoais para alumnos con alto grao de dependencia, proxectos relacionados coas TIC e a accesibili-dade das plataformas de e-learning, etc.).

Medio Ambiente e sostibilidade A Universidade como entidade de carácter docente e investigador é un dos prin-cipais axentes de cambio que constantemente está a ofrecer respostas aos problemas da so-ciedade. Cada vez son máis as universidades que se comprometen a introducir criterios de sostibilidade nos ámbitos da docencia, investi-gación e xestión. Esta iniciativa, que xurdiu puntualmente en varias universidades españo-las, vese apoiada agora polo Ministerio de Educación que sinala como dous obxectivos fundamentais da súa Estratexia 2015:

- Transformación social e económica As universidades teñen que tomar ademais unha posición responsable a favor dos países socios, fomentando o desenvolvemento sosti-ble e humano de todos os pobos do mundo. - Coordinación e colaboración institu-cional. Preténdense fomentar actuacións específicas de mellora das universidades en materias como a medioambiental, sostibili-dade, seguridade e saúde nos laboratorios, actividades culturais, vivendas e residencias universitarias.

A Universidade de Santiago de Com-postela leva xa un longo percorrido traballan-do no ámbito da sostibilidade. En novembro de 2003, a USC aprobou o Plan de Desenvol-vemento Sostible. Trátase dun documento estratéxico onde se asume o compromiso de incorporar medidas que consigan unha acti-vidade docente e investigadora desenvolvida baixo criterios de sostibilidade, fomentando entre todos os membros da comunidade universitaria o sentido da responsabilidade sobre o medio ambiente e a protección do mesmo

Os obxectivos que se marcan no Plan de Desenvolvemento Sostible agrúpanse en tres eixos: - Xeración de coñecemento e educa-

Page 33: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

APOSTAR POLO PLAN DE DESENVOLVEMENTO SOSITIBLE

ción ambiental

- Planificación, xestión e avaliación ambiental

- Divulgación, participación e sensibili-zación

O noso equipo de goberno pretende dar un importante impulso neste ámbito e propón os seguintes obxectivos aos que corresponden diferentes accións clasificadas nos diferentes ámbitos.

Obxectivos: Sostibilidade na docencia e na investigación

Desenvolvemento da docencia e inves-tigación baixo criterios de sostibilidade; é dicir, contemplando a actividade universitaria nun marco social, ambiental e económico.

Accións:

1.- Lograr unha colaboración entre diferentes estamentos universitarios para traballar no establecemento dun modelo de sostibilidade curricular, que transversalmente inclúa os temas de sostibilidade nas novas titulacións.

2.- Emprender novos proxectos de educación ambiental dirixidos a toda a comu-nidade universitaria, e desenvolver programas específicos sobre xestión ambiental no Progra-ma de Accións Formativas para PDI e PAS.

3.-Organizar actividades de docencia extra-curricular: seminarios, cursos, exposi-cións relacionadas co medio ambiente e o desenvolvemento sostible.

4.- Favorecer as ligazóns con asocia-cións que promover actividades de educación ambiental para que oferten as súas actividades á comunidade universitaria.

5.- Elaborar unha estratexia para a “sostibilidade curricular” dos estudos. Con “sostibilidade curricular” facemos referencia a un proceso de adaptación da docencia para que esta inclúa a formación transversal non só en temas ambientais senón tamén en aspectos éticos e sociais que fagan dos

titulados universitarios persoas capaces de desenvolver a súa profesión con verdadeira responsabilidade. Esta estratexia de sostibili-dade curricular require a colaboración entre diferentes vicerreitorías e o persoal dos cen-tros e debe desenvolverse de xeito gradual.

6.- Establecer un marco de colabora-ción entre as diferentes unidades de investiga-ción que sirva para o intercambio de experien-cias neste ámbito.

7.- Fomentar a investigación sostible en todas as áreas de coñecemento.

Obxectivos: Sostibilidade na docencia e na investigación

Continuar cos proxectos xa postos en marcha no ámbito da xestión ambiental e da participación: programa de préstamo de bicicletas, estudos de contaminación luminosa, xestión de residuos, avaliación de impacto ambiental nos campus,etc

Accións:

1.-Continuar coas estratexias de xestión ambiental, buscando unha colaboración efecti-va con outras unidades e servizos técnicos (Oficina de Xestión de Infraestruturas, Oficina de Arquitectura e Urbanismo, Servizo de Prevención de Riscos…). 1.1.-Continuar e incrementar as políticas de separación e reciclaxe dos distintos tipos de residuos xerados pola USC. 1.2.-Acometer obras nos edificios para incrementar a súa eficiencia enerxética, como un illamento adecuado, ou o emprego de enerxías alternativas (placas solares, enerxía xeotérmica.). 1.3.-Axustar os sistemas de calefacción, o emprego de lámpadas de baixo consumo e a implantación de sistemas de aforro, como sen-sores de movemento para iluminar estancias ou corredores.

2.- Arbitrar medidas que favorezan o uso compartido dos coches polos membros dos diferentes sectores da Comunidade Universitaria, así como o uso do transporte público buscando melloras no mesmo.

3.- Pulo ao aluguer ou mesmo leasing de bicicletas, incluíndo as eléctricas, puntos de aparcamento específicos para estas, trazado de carril-bici.

4.- A utilización dun autobús para comunicar os campus de Lugo e Santiago

Page 34: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

será outra contribución á diminución do custo enerxético e á seguridade e comodidade dos docentes que se han de desprazar entre os dous campus.

5.- Desenvolver, en colaboración co Servizo de Xestión Económica e a Xerencia, a inclusión de criterios ambientais e sostibles nas novas contratacións. En xeral procurarase que a USC se sume a iniciativas que favorezan o comercio xusto, así como a defensa do medio e o uso eficiente dos recursos naturais. Nas concesións dos comedores, por exemplo, tentarase que a calidade dos alimentos e a obtención destes se axusten as conveniencias dunha dieta saudable e aos produtos que im-pliquen un menor impacto sobre o contorno.

6.- Establecer un sistema de avaliación da sostibilidade que sirva de ferramenta ligada ás políticas de calidade universitarias.

7.- Establecer un sistema de xestión ambiental que deberá ser implantado en todas as unidades administrativas.

Obxectivos: Participación e sostibilidade

Consideramos que as Bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria son o proxecto máis importante de participación ambiental, xa que permite que alumnos universitarios poidan realizar actividades de educación nos seus centros.

Accións: 1.- Desenvolver os programas de bolsas neste eido,aumentando a súa visibilidade nos centros.

2.-Nomeamento dunha Comisión de Sostibilidade onde se tratarán as principais inquedanzas nesta temática e se decidirán as estratexias mais axeitadas.

Normalización lingüística O Plan de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela finaliza este ano 2010. No período do seu desenvolvemento avanzou o uso do galego na USC, pero non tanto como se esperaba. Neste momento é preciso facer unha reflexión sobre cal é a situación real do galego, sobre cales dos obxectivos do Plan non se acadaron, cales foron as razóns de elo, e á vista de toda esa información elaborar un novo Plan de Normali-

zación Lingüística, e actualizar o Regulamento do uso do galego na USC.

Obxectivo: estudo da situación actual do uso galego

É preciso ter un coñecemento real de cal é a situación do galego na USC en todos os niveis, xa que os últimos datos dos que dispoñemos neste senso datan do ano 1996.

Acción:

1.- Realizar un estudo sobre cal é a situación real do galego na nosa Universidade en todos os estamentos.

Obxectivo: Novo Plan de Normalización Lingüística

Accións:

1.- Unha vez coñecida a situación actual do galego na USC ,cómpre elaborar un novo Plan de Normalización Lingüística.

2.- Actualizar o Regulamento do uso do galego na USC

Obxectivo: Uso do galego

Desenvolver novas accións que incen-tiven o uso do galego en diferentes ámbitos.

Accións:

1.- Incremento da oferta formativa e da información sobre o uso do galego na comunidade universitaria.

2.- Fomento do uso do galego en todas as áreas e seccións da USC e, en parti-cular, nos departamentos co obxectivo de que en todos exista algunha materia impartida en lingua galega.

3.- Pulo ao desenvolvemento e difu-sión de vocabularios temáticos nas distintas áreas do coñecemento.

4.- Estudar a posibilidade de dar acceso aberto ao bUSCatermos da USC, e sobre todo, aos estudantes.

Page 35: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

COMUNIDADE UNIVERSITARIA

Profesorado Unha das prioridades desta candidatura é o desenvolvemento dunha Política Integral do PDI que teña en conta as necesidades da USC a medio prazo, adopte unha estratexia de renovación do cadro de persoal, xere os recursos necesarios para dar resposta ás necesidades de implantación con calidade das novas titulacións adaptadas ao EEES, e aos procesos de internacionalización da investigación no EEI.

Obxectivo: Cadro de persoal docente

Deseñar un novo procedemento para a configuración do cadro de persoal docente basea-do no conxunto das actividades do PDI. Estimar a situación real da actividade docente dos depar-tamentos tendo en conta o EEES e o EEI e racionalizar os cadros de persoal das distintas áreas de coñecemento.

Accións:

1.- Definir a Política da Carreira Académica do PDI de forma totalmente transparente.

2.- Definir claramente as diversas tarefas do profesor universitario: docencia, investigación, transferencia e xestión para establecer a dedicación do PDI.

3.- Desenvolver unha política de distribución equitativa e equilibrada dos recursos docentes entre centros, titulacións e grandes áreas de coñecemento.

4.- Recoñecer unha dedicación docente de 240 horas aos Profesores Titulares de Escola, doutores,ou que estean a facer a súa tese de doutoramento.

5.- Resolver con axilidade os problemas relacionados coas baixas do profesorado.

Page 36: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

6.- Realizar unha política de incorporación de profesorado novo, captación de talento e de renovación do cadro de persoal, co fin de atender as necesidades derivadas da implantación das novas titulacións do EEES e as apostas pola investigación, con especial atención na incorporación de doutoras e doutores.

7.- Revisión do convenio USC-Sergas en relación á composición da comisión mixta e á posibilidade de vinculación e desvinculación do profesorado.

8.- Redefinir as funcións docentes do Profesorado Asociado de Ciencias da Saúde, PACS.

Obxectivo: Estabilización do profesorado

Facilitar a carreira profesional que estableza o Estatuto do Persoal Docente e Investigador, favorecendo a estabilización do PDI contratado,e a promoción dos profesores acreditados pola ANECA a través da dotación sostida no tempo de Titularidades e Cátedras.

Accións: 1.-Compromiso para garantir que o PDI contratado dispoña de facilidades para o progreso da súa formación e medios para o desenvolvemento do seu potencial investigador.

2.- Revisar os criterios de avaliación para as prazas de profesores contratados.

3.- Definir con rigorosidade e transparencia a política de promoción do profesorado incorpo-rando a creación de oportunidades para a consolidación do profesorado acreditado pola ANECA, comprometéndonos na dotación sostida de prazas de acordo coas necesidades docentes e as dispoñibilidades presupostarias.

Obxectivo: Relevo xeracional

Facer previsións para o relevo xeracional da cadro de persoal do profesorado

Accións:

1.- Desenvolver un modelo que permita abordar con antelación o relevo xeracional, modelo que debe ter en conta as particularidades dos departamentos e áreas, tanto na docencia como na investigación.

2.- Establecer unha política de flexibilidade nas prestacións a partir dos 60 anos e nas formas de acollerse a mesma.

3.- Establecer un Plan de Prexubilación do PDI.

4.- Revisar a normativa de Profesores Eméritos da USC.

Obxectivo: Formación do profesorado

Facilitar a formación docente do profesorado adecuada á súa especialidade e á implanta-ción do EEES, incentivando as actuacións orientadas á innovación docente, e motivar ao profeso-rado cara unha maior eficiencia na súa actividade docente e investigadora.

Accións:

1.- Desenvolver políticas transparentes que aseguren a formación dos futuros profesores, fo-mentando a colaboración na docencia do persoal en formación e garantindo o seu recoñecemento no POD.

Page 37: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

2.- Incrementar e diversificar a oferta do Programa de Formación Continua do profesorado que responda ás necesidades de implantación do EEES, facilitando que se dean cursos rápidos para a aprendizaxe de ferramentas básicas.

3.- Favorecer e incentivar a dedicación especial á innovación docente de calidade contras-tada e ás contribucións significativas no ámbito docente.

4.- Fomentar os programas de innovación educativa sobre o uso de novos recursos didácti-cos, programas que poderán realizarse en modo presencial ou on-line.

5.- Racionalización dos métodos adecuados de avaliación da calidade docente do profeso-rado da USC.

Obxectivo: Internacionalización e mobilidade do PDI

Favorecer a mobilidade de todo o PDI, facilitando estadias en institucións de calidade e excelencia contrastadas, así como incentivar o programa de profesores visitantes.

Accións:

1.- Potenciación da mobilidade do profesorado desenvolvendo o programa de anos sabáti-cos para ampliación de estudos ou para realizar estadias de investigación.

2.- Intensificación do programa de profesores visitantes de recoñecido prestixio para dinamizar aos departamentos e fomentar a calidade das tarefas docentes e investigadoras.

Persoal de Administración e Servizos O principio de autonomía universitaria que naceu da L.R.U. de 1983, e que se foi ampliando nas leis posteriores, evidenciou a necesidade de contar cun persoal non docente responsable, incen-tivado, participativo e cun alto grao de profesionalidade. Dende o establecemento deste principio as universidades crearon as súas propias escalas de persoal de administración e servizos co fin de posi-bilitar o desenvolvemento cotián das súas tarefas esenciais de docencia, investigación e innovación.

Hoxe, aumentan as esixencias profesionais de todo o persoal ao servizo das universidades públicas diante da integración no EEES e da implantación a curto prazo do novo modelo de finan-ciamento do Sistema Universitario Español. Neste contexto, a organización, dimensión, profesio-nalidade, especialización, formación e motivación dos equipos humanos dedicados á xestión é imprescindible para a consecución de calquera obxectivo docente ou investigador.

Obxectivo: Racionalizar e Profesionalizar a Xestión

Consecución dunha cultura de servizo á sociedade baseada na racionalización da organiza-ción e na dimensión dos servizos; e na profesionalidade, especialización, formación continua e motivación de equipos humanos de xestión satisfeitos coa súa actividade profesional.

Accións:

1. Diálogo continuo cos representantes do PAS para conseguir a súa participación activa no desenvolvemento das políticas e na toma de decisións.

2.- Adaptación progresiva da RPT aos novos requirimentos do EEES e da Lei de Ciencia: 2.1.- Definición de novos perfís profesionais especializados nas diferentes funcións que a universidade vai demandando, especialmente no ámbito da docencia, na investigación e na transferencia de coñecemento e tecnoloxía. 2.2.- Aproveitamento da experiencia do colectivo do PAS cara ao proxecto de moderniza-

Page 38: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ción da USC, introducindo o deseño de carreiras profesionais que fagan posible a incorporación dos mellor preparados, basando a promoción interna na profesionalidade, competencia profesio-nal e obxectividade. 2.3.- Incremento do persoal técnico de alta cualificación de soporte ás actividades de investigación e transferencia tecnolóxica. É fundamental o incremento na dotación da USC de profesionais e técnicos especialmente preparados para as funcións e responsabilidades da I+D+i, que cubran o arco que vai dende a actividade máis científica nun ámbito produtivo ata a máis tecnolóxica no ámbito máis científico. 2.4.- Formación efectiva en idiomas estranxeiros, fundamentalmente o inglés, facilitando a mobilidade voluntaria mediante convenios con universidades estranxeiras.

3.- Establecemento de medidas efectivas de avaliación asociada ás retribucións e de promo-ción horizontal e vertical para aplicar o Estatuto Básico do Empregado Público.

4.- Mellora da formación para o desenvolvemento profesional, adecuando a carreira profe-sional ás exixencias da moderna xestión universitaria.

5.- Aumento do peso da Xerencia na toma de decisións estratéxicas no ámbito da I+D+i.

6.- Mellora das capacidades do persoal e das instalacións das bibliotecas -nas que se require cada vez unha maior especialización- e das dotacións de infraestrutura informática cara a cubrir a demanda en rede do conxunto de usuarios da institución.

7.- Realización periódica de avaliacións individuais das necesidades formativas que redun-den en beneficio individual e colectivo.

8.- Aplicación do Plan integral para a conciliación da vida persoal e laboral na Administración (Plan Concilia).

9.- Mellora das políticas de conciliación e prestacións sociais, así como de todas as iniciati-vas que leven consigo a implantación destas -horarios, escolas infantís ou gardarías, espazos de ocio nas bibliotecas, campus de verán, plans de pensións, ou atención socio-sanitaria, entre outros aspectos.

10.-Concienciación da importancia da seguridade e saúde laboral, aplicando en maior medida e eficacia o Plan de Prevención de Riscos Laborais.

11.- Establecer un Plan de Prexubilación de PAS.

Estudantes Os estudantes son o centro da actividade universitaria, membros de pleno dereito dela, e destinatarios e usuarios dos principais servizos que realiza a universidade. Eles teñen que ser os actores principais da vida universitaria. A súa falta de participación pon en evidencia que están sendo desatendidos e é preciso recuperar o seu protagonismo.

Obxectivo: Potenciación e mellora dos programas de intercambio

No contexto no que nos atopamos a internacionalización é un proceso imparable, por iso é preciso potenciar e mellorar os programas de intercambio.

Accións:

1.-Transmitir aos estudantes, dende o primeiro curso, a importancia de facer estadías noutra universidade.

2.- Establecer mecanismos máis transparentes nas normativas dos programas de intercam-bio de estudantes, que garantan a igualdade de oportunidades en todos os centros da USC.

Page 39: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

3.- Incrementar a oferta dos cursos de Idiomas do Centro de Linguas Modernas.

4.- Impulsar as prácticas en ámbitos internacionais.

5.-Desenvolver a figura do titor para estudantes estranxeiros co fin de facilitar a súa integra-ción.

Obxectivo: Asesoramento

É imprescindible a reordenación dos distintos servizos de información e asesoramento aos estudantes.

Accións:

1.-Creación dunha web especifica atractiva para os estudantes, clara e constantemente actualizada, a xeito de revista dixital que inclúa temas académicos, culturais, deportivos e lúdicos. Tamén se crearían “newletters” para que os estudantes interesados poidan subscribirse e estean informados das novidades. Dentro desta web crearíase un canal de TV e radio que levarían os estudantes.

2.-Creación da Oficina do Estudante, onde calquera membro deste colectivo poida presen-tar ideas e proxectos, así como problemas e queixas, e onde sexan atendidos de xeito personaliza-do sen trámites burocráticos. Esta oficina tamén estudaría en primeira instancia as súas propostas e xestionaría a páxina web dos estudantes.

3.-Creación de seminarios de introdución ás distintas titulacións na primeira semana do curso, onde se desenvolvese unha información clara, accesible e sistemática sobre as directrices xerais, configuración e contidos temáticos de cada titulación.

4.-Acercar os alumnos ao mercado laboral, desenvolveremos xornadas de divulgación sobre saídas profesionais e orientación laboral mediante cursos ou talleres, e implicando aos Colexios Profesionais e ás Asociacións Empresariais.

5.-Garantir as prácticas en empresas en todas as titulacións.

6.-Desenvolver a formación complementaria a través de cursos de formación de interese para os estudantes como por exemplo: creación de empresas, oratoria, inversión en bolsa, idiomas estranxeiros,etc.

7.-Creación do Servizo de Asistencia Legal aos estudantes, que dependendo organicamen-te da Asesoría Xurídica contará coa colaboración de estudantes voluntarios en prácticas da Faculta-de de Dereito.

8.- Creación da Oficina de Inserción Laboral para facilitar a inserción laboral dos nosos egresados.

Obxectivo: servizos e infraestruturas

Ademais da calidade na docencia é necesario implantar melloras importantes en todos os servizos relacionados cos estudantes, por iso introduciremos importantes cambios neste ámbito.

Accións:

1.-Simplificación das xestións administrativas e potenciación da administración electrónica.

2.-Establecemento de pautas de transparencia e validación de especial importancia na transformación das licenciaturas en graos e nos recoñecementos dos programas de intercambio.

Page 40: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

3.-Creación da casa do estudante ( student union ), local xestionado polos estudantes para súas actividades

4.-Incentivar a contratación prioritaria de estudantes para certos servizos da USC, Plan de Emprego nos Campus (camareiros nos comedores, fotocopiadoras, socorristas, etc).

5.-Acceso dos estudantes aos Centros de Investigación para realización de prácticas ou de proxectos fin de grao ou máster.

6.-Participación directa dos estudantes na elaboración de propostas culturais, lúdicas e deportivas, reforzando ditas actividades. Promoción da área deportiva: mellora das instalacións, facilidade de acceso e creación de equipos universitarios

7.-Mellora das residencias, comedores, cafeterías universitarias.Establecemento de zonas de autoservicio que permitan o uso de precociñados, e faciliten a estancia nos centros e o aprovei-tamento do tempo.

8.-Creación dunha oficina de mediación no proceso de aluguer de vivendas polos estudan-tes, co fin de resolver os múltiples problemas asociados especialmente para os recen chegados a USC.

9.- Facilitar a adquisición de e-books aos estudantes e creación dun servizo de préstamo de ordenadores portátiles con opción a compra.

10.- Impulsar unha rede avanzada de telefonía móbil para todos os membros da comunidade universitaria, especialmente aos estudantes, que abarate o custo do servizo telefónico e permita a extensión dos servizos de datos, voz e imaxe.

Obxectivo: Participación

Outro obxectivo de grande importancia está relacionado coa escasa participación dos estudantes na vida universitaria, por iso centraremos os nosos esforzos en políticas encamiñadas a incentivar a súa participación nos diferentes ámbitos académicos.

Accións:

1.- Incentivación da participación dos estudantes na construción da comunidade universi-taria, impulsando o papel de representación nos órganos de goberno, e promovendo espazos de comunicación permanente e consulta cos estudantes.

2.-Fomentar as actividades de cooperación e voluntariado, propiciando a implicación e o compromiso social, e o consumo responsable.

Page 41: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

XESTIÓN E INNOVACIÓN ADMINISTRATIVA A xestión universitaria é un ámbito profesional relativamente novo, que viu como se foron modificando de forma substancial e en moi poucas décadas os seus requirimentos e demandas, tanto polo volume crecente das actividades vinculadas ás universidades como pola complexidade e diversificación destas.

Xestionar unha universidade é, a día de hoxe, máis complexo non só polo tamaño da comu-nidade universitaria, senón tamén porque a universidade converteuse nunha institución clave na sociedade do coñecemento. Esta complexidade convive, no momento actual, cunha situación de escaseza que fai prioritaria a eficiencia no uso dos recursos e reclama melloras na xestión.

POTENCIACIÓN DAADMINISTRACIÓN

ELECTRÓNICA

Obxectivo : Mellora da xestión

Lograr unha xestión eficiente, asociati-va e transparente que ten como obxectivo a optimización dos recursos.

Accións:

1. Racionalización e optimización do uso dos recursos, establecendo un sistema de información integral que evite as duplicidades e incongruencias derivadas do uso de aplica-cións incompatibles por parte dos diferentes servizos.

2.- Incremento das capacidades de xestión e de toma de decisións da Administración e Xerencia no seu funcionamento ordinario dotándoas, na medida do posible, de maiores e mellores recursos materiais e humanos.

3. Mellora da relación PAS/PDI ata alcanzar a proporción media das universida-des españolas (PDI/PAS =2). As novas incor-poracións de persoal estarán orientadas a potenciar as capacidades vinculadas directa-mente aos servizos de apoio e ás actividades de innovación relacionadas co novo modelo de ensino aprendizaxe: á planificación,

programación e avaliación; documentación e comunicación; soporte informático para a aprendizaxe; apoio técnico en servizos xerais de investigación; xestión e divulgación dos resultado das investigacións; e xestión e conservación de instalacións e equipamentos universitarios.

4.- Recollida, análise e transmisión de información relativa o nivel de satisfacción dos usuarios internos e externos cos distintos servizos prestados pola Universidade. Impulsar a avaliación e certificación dos servizos docen-tes, de investigación e administrativos, invitan-do aos grupos, departamentos e institutos, a participar en procesos de avaliación estandari-zada.

Obxectivo : Adaptación da estrutura organizativa

Adaptación e adecuación da estrutura organizativa de xestión e de servizos ás novas esixencias derivadas da adaptación ao EEES e do novo ámbito competitivo universitario fixado na Estratexia Universidade 2015.

Accións:

1. Articulación dun sistema de medición das cargas de traballo das unidades adminis-trativas e análise da posible redistribución de efectivos –de común acordo coa Xunta do PAS e o Comité de Empresa- en función das necesidades.

2.- Elaboración de indicadores de

Page 42: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

SIMPLIFICACIÓN DOS TRÁMITES BUROCRÁTICOS

actividade e eficiencia que permitan o segui-mento e o control do nivel de consecución de obxectivos nas distintas áreas (sistemas de cálculo de custos e de logro de obxectivos estratéxicos nos diferentes ámbitos de activi-dade universitaria).

Obxectivo : Administración electrónica Potenciar e desenvolver a administra-ción electrónica en todos os ámbitos.

Accións:

1. Integración da OIT Virtual coa Secre-taría Virtual. 2. Desenvolvemento de novas aplicacións que axilicen e faciliten a xestión administrativa da I+D+i (proxectos, convenios, contratos).

3. Emprego da sinatura electrónica entre o PDI, PAS e estudantes.

4. Incorporación de mecanismos para o seguimento e validación dos trámites burocrá-ticos.

5.- Simplificación dos cobros a través de procedementos electrónicos, fundamental-mente transferencias bancarias e pagamentos con tarxeta -articulando sistemas que posibili-ten o cobro en divisas.

Obxectivo: Simplificación dos trámites administrativos

Redución dos trámites burocráticos nas distintas actividades usando sistemas máis eficientes e menos formalistas.

Accións: 1. Compromiso de xeneralización da uti-lización de tarxetas de crédito polos responsa-bles dos centros de gasto para contías peque-nas e medias, co obxectivo de que a execución deste sexa máis áxil e sinxela.

2.- Simplificación das xestións adminis-trativas, e racionalización dos calendarios para incentivar a mobilidade internacional de estudantes, PDI e PAS.

3.- Redución da burocracia na tramita-ción e seguimento de proxectos nun marco máis integrado, amplo e universal có existente. O actual procedemento de presentación da memoria de investigación nos departamentos, as memorias de gasto por desprazamento ou as solicitudes de complementos son exemplo de burocratización excesiva.

Obxectivo : Xestión sostible

Incorporar os criterios de sostibilidade en todos os procesos administrativos.

Accións:

1. Fomento dos procedementos de reunión electrónica dos órganos colexiados.

2.- Eliminación da información en papel. A información dirixida aos diferentes membros da comunidade universitaria realiza-rase exclusivamente a través do correo electró-nico. 3.- Descentralización das xestións que requiran presenza física, potenciando o uso das tecnoloxías da información e da comunicación e creando oficinas de atención aos usuarios nos diferentes Campus.

Page 43: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

ESTATUTOS

Nestes tempos de cambios profundos e vertixinosos experimentados na nosa sociedade, condicionada actualmente pola crise económica, as estruturas organizativas nos eidos da docencia e investigación están sendo cambiadas para tentar de cubrir as necesidades formativas e as innova-cións científico-técnicas demandadas pola sociedade e o seu sistema produtivo. Nembargantes, é imperativo realizar unha adaptación das estruturas da Universidade, do seu funcionamento e goberno ós novos tempos que nos son ditados, particularmente, a través da entrada no EEES e o EEI. Para poder proceder a esta actualización é preciso en primeiro lugar unha revisión da norma superior que rexe a vida da nosa Institución: os seus Estatutos. Por iso, é o noso obxectivo retoma-la redacción, discusión e aprobación duns novos Estatutos consensuados coa totalidade da comunidade universitaria. Estes deberán recoller as modificacións e actualizacións necesarias para axeita-las estruturas da institución e as relacións dos seus membros entre si e co entorno, ó novo contexto socioeconómico, exercendo as funcións e proporcionando as respostas que se demandan á institución.

Page 44: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa
Page 45: CONTIGO, SEN ATADURAS · Un proxecto realista e obxectivo, baseado no coñecemento da reali-dade universitaria, froito do diaologo debate con moitas persoas desta Universidad. A súa

PROGRAMA DA CANDIDATURA DE PILAR BERMEJO 2010