boletÍn informativo municipal - concello de vedra

12
BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL Marzo 2015 - Nº 186 … Últimas actividades da programación das XX Xornadas Arredor da Camelia: “Charla–coloquio sobre os principais problemas e enfermidades da Camelia”. “Visita guiada ao Pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada”. ... II Gala do Deporte de Vedra: O venres 13 de marzo ás 19:30 h. na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla. Coa presenza do ciclista Oscar Pereiro. ... Teatrofilia 2015: Do 13 ao 29 de marzo todas as fins de semana no Centro Social de Vedra. ... Novas sesións do Programa Posta a Punto: Curso de mesturas musicais Dj o sábado 7 de marzo. Obradoiro de reutilización de roupa “A vida na tua roupa” o venres 27 de marzo. ... AXENDA PARA MARZO... ... e en abril chega a ... XXXV EXALTACIÓN DA FESTA DO VIÑO

Upload: others

Post on 08-Jul-2022

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

BOLETÍNINFORMATIVO

MUNICIPALMarzo 2015 - Nº 186

… Últimas actividades da programación das XX Xornadas Arredor da Camelia:

“Charla–coloquio sobre os principais problemas e enfermidades da Camelia”.“Visita guiada ao Pazo de Rubiáns e á Illa de Cortegada”.

... II Gala do Deporte de Vedra:O venres 13 de marzo ás 19:30 h. na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla. Coa presenza do ciclista Oscar Pereiro.

... Teatrofilia 2015:Do 13 ao 29 de marzo todas as fins de semana no Centro Social de Vedra.

... Novas sesións do Programa Posta a Punto:Curso de mesturas musicais Dj o sábado 7 de marzo.Obradoiro de reutilización de roupa “A vida na tua roupa” o venres 27 de marzo.

... AXENDA PARA MARZO...

... e en abril chega a ...XXXV EXALTACIÓN DA

FESTA DO VIÑO

Page 2: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

2

FOI EN FEBREIRO!!

Entroido municipal de Vedra.

FEBREIRO FOI O MES DO ENTROIDO!!

E como non, Vedra non ía ser menos con catro citas coa tradición do Val do Ulla e os seus xenerais...

Entroido en Vilanova.

Entroido en San Xian.Entroido en Trobe.

VIII XORNADAS DE FORMACIÓN E MOSTRA AUDIOVISUAL “LAV ´015”

E tamén en febreiro se desenvolveron as VIII xornadas de formación e mostra audiovisual “LAV ́ 015”, organizadas pola asociación Senunpeso e converténdose

unha vez máis en referente e éxito asegurado!!

Tanto os cursos de formación como a mostra audiovisual aberta a todo o público contaron cunha masiva asistencia e supuxeron unha nova reafirmación do éxito da súa organización!! PARABÉNS!!

Page 3: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

3

FOI EN FEBREIRO!!

TAMÉN FOI O MES DA CAMELIA...

que grazas á programación organizada dende o Concello de Vedra en colaboración coa asociación de Amigos da Camelia encheu de actividade e colorido este período:

V Ruta Btt da Camelia con 350 persoas inscritas que percorreron en bicicleta 35 km por terreo vedrés. Ademais nesta mesma xornada estreouse unha nova disciplina, o trail que contou con máis de 100 atletas. Foi unha intensa xornada na que Vedra se converteu nun fermoso escenario para estas probas deportivas, grazas á mobilización dun gran número de persoas voluntarias que fixeron posible o correcto desenvolvemento das actividades.

E chegou o gran día, o domingo 22 de febreiro, a antiga estación de tren de Santa Cruz de Ribadulla converteuse nun “escaparate” da flor que caracteriza ao noso Val do Ulla.

12 colectivos de diferentes parroquias presentaron os seus traballos ornamentais coa camelia sempre como elemento común. Tamén a flor da camelia tivo o seu espazo e os debuxos de camelia presentados no 15º concurso. Todo envolto cunha programación que trouxo música, entretemento e incluso a presentación do libro Os Bolechas van a Vedra!! Inauguración das xornadas da man da actriz María Bouzas e

coa visita do Conselleiro de Cultura e Educación.

Flor de Camelia gañadora.

Presentación do libro Os Bolechas van a Vedra.

Gañador no concurso de traballos ornamentais.

V Ruta Btt da Camelia. I Trail da Camelia.

Page 4: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

CULTURA

4

DE INTERESE

CHARLA – COLOQUIO SOBRE OS PRINCIPAIS PROBLEMAS E ENFERMIDADES DA CAMELIA

DATA: O xoves 5 de marzo ás 18 h. na Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla.

Impartida por Pedro Mansilla, responsable da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, centro dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, dedicado á investigación práctica e ao diagnóstico en materia de fitopatoloxía forestal e agraria.

Prazas limitadas.Inscricións antes do 3 de marzo no teléfono:981 814 691.

EXCURSIÓN AO PAZO DE RUBIÁNSE Á ILLA DE CORTEGADA

DATA: O sábado 7 de marzo.

Trátase dunha actividade diferente que a Asociación Amigos da Camelia do Val do Ulla quere compartir con todos os seus socios e socias e tamén co resto da veciñanza.

A xornada servirá para coñecer o Parque Botánico do Pazo de Rubiáns, que acaba de ser declarado Xardín de Excelencia Internacional da Camelia 2014 e para visitar a Illa de Cortegada que forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas

Prazas limitadas.Inscricións antes do 3 de marzo no teléfono:981 814 691.

RECOLLIDA DE VIDRO EN 2014

A programación destas xornadas esténdese tamén á primeira semana de marzo coas seguintes actividades:

XX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA

A recollida selectiva de vidro segue a medrar no concello de Vedra, a través dos 50 colectores específicos distribuídos por todo o termo municipal, esta tendencia débenos seguir facendo traballar nesta mesma liña. A reciclaxe é importante para todos e todas!!

NO ANO 2013Recolléronse 94.640 kg de vidro

NO ANO 2014Recolléronse 99.600 kg de vidro

OMIC: Oficina Municipal de Información ao Consumo. Horario: de luns a venres de 10 a 14 h. ou no teléfono 981 814 692

OMIX: Oficina Municipal de Información Xuvenil.Horario: de luns a venres de 9 a 14. h ou no teléfono 981 814 691

Punto de información e asesoramento ás asociacións municipais. Horario: de luns a venres de 9 a 14 h. ou no teléfono 981 814 695

Punto de información e asesoramento educativo municipal. Horario: de luns a venres de 9 a 14 h. ou no teléfono 981 814 691

Punto de información e asesoramento urbanísticoHorario: luns, mércores e xoves de 9 a 14 h. ou no teléfono 981 814 694

O TEU CONCELLO ESTÁ PARA INFORMARTE!!FAI USO DOS SERVIZOS AO TEU ALCANCE:LEMBRA:

Page 5: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

5

XUVENTUDE

Este programa continúa coa súa actividade co obxectivo de ofertar un espazo de formación para a xuventude con obradoiros e actividades variadas e interesantes:

SESIÓNS DE MARZO:

O sábado 7. Curso de MESTURAS MUSICAIS DJ de 6 horas.Prezo: 30 €

O venres 27.“Obradoiro de Reutilización de Roupa: “A Vida na Túa Roupa”.Impartido por Elena Cortés Calvo.Técnicas para combinar.

... E EN ABRIL...

Multiaventura no “Ecoparque de Marín”O sábado 18 de abril de 2015.

CIRCUITO ARBÓREO CON: tirolinas, cordas colgantes, pasarelas, pontes tibetanos, escaleiras horizontais, pasos de bambán, lianas...

Prezo: 25 €.

Inclúe: transporte, circuíto arbóreo, seguro de accidentes e visita pola zona.

Terán prioridade os/as mozos/as de 14 a 35 anos (menores de idade con autorización).

As persoas non empadroadas no concello terán un incremento de 5 € no custe total.

POSTA A PUNTO

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES TERCEIRA IDADE

Bingo:Xoves 5 de marzo ás 20:00 h.

Excursión á Rioxa e Pamplona:Do 12 ao 15 de marzo.Prezo: 245 €(Inclúe: transporte, pensión completa e servizo de guía).Prazas limitadas.Aberta a todos os interesados.Con visitas a: Haro, Logroño, Pamplona, Laguardia, Viana, Santo Domingo da Calzada, visita e degustación nunha adega...(O prazo de inscrición para esta saída, ábrese o 3 de febreiro. As prazas e número de asento adxudicaranse por orde de inscrición)

Viaxe ás termas de Outariz o 8 de abrilDía de inscrición 27 de marzo.

Romaría da Terceira IdadeSábado 18 de abril.

Escola de Saúde, charla do Doutor Gómez-Ulla sobre a vista nas persoas maiores.

Page 6: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

6

SERVIZOS SOCIAIS

LUDOTECA

Tendo como base das nosas actividades o Programa Conxuga, no que o desenvolvemento da igualdade e a conciliación é o punto de referencia, no mes de marzo centrarémonos na análise de revistas infantís e xuvenís sendo @s propi@s nen@s, a través de distintas dinámicas, os que perciban os estereotipos que nelas se reflicten ademais de crear eles a súa propia revista.

Ademais disto, e partindo da idea “se queres, podes” tentaremos transmitir que nas tarefas temos que implicarnos tod@s. A estas actividades sumaremos a realización das “olimpíadas das oportunidades” ademais da realización de distintos talleres e obradoiros.

Lembrarvos que durante as vacacións de Semana Santa o horario da ludoteca será de 8.30 a 14.30h.

Continúa este proxecto dirixido ás familias con fillos menores de 3 anos do concello de Vedra.

Trátase de traballar coas familias tentando:

Promover o recoñecemento e valoración do rol de pais e nais no desenvolvemento integral dos menores de 3 anos.

Fortalecer as capacidades como pais e nais para promover o desenvolvemento infantil nas accións da vida, facendo uso dos recursos e espazos do contorno familiar como elementos educativos.

Fortalecer as redes de apoio na crianza e educación dos menores.

O desenvolvemento do programa realizarase durante o curso 2014-2015 a través de actividades eminentemente prácticas que se desenvolverán a través de distintos obradoiros:

A chegada dun novo membro á familia.

Estimulación e desenvolvemento nos tres primeiros anos de vida.

Xogo como ferramenta de estimulación no desenvolvemento do neno.

Desenvolvemento de hábitos e rutinas saudables.

Como poñer límites.

Obradoiro de risoterapia e masaxe en familia.

As persoas interesadas contactar no teléfono699 041 486 en horario de 9.00h a 14.00h.

(É imprescindible anotarse para poder asistir).

SESIÓNS DO MES DE MARZO:OS LUNS 2, 16 E 30 DE MARZO

NA ESCOLA UNITARIA DE SAN MIGUEL DE SARANDÓN ÁS 17.30 H

VEDRA EDUCA

Page 7: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

7

SERVIZOS SOCIAIS

Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Poderán ser beneficiarias as persoas que teñan fillos ou fillas menores de tres anos a 1 de xaneiro do 2015 (nacidos entre o 2-1-2012 e o 1-1-2015, incluídos) e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

DOCUMENTACIÓN:

Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do rexistro civil de cada fillo menor de tres anos.

Certificado de empadroamento de toda a unidade familiar.

Número de conta no que se desexe recibir o ingreso, e na cal debe figurar como titular a persoa solicitante.

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de marzo de 2015.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

VI SEMINARIO OBRADOIRO INTERNACIONALDE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS.

O pasado 20 e 21 de febreiro de 2015, o concello de Vedra acolleu o VI Seminario Obradoiro Internacional de avaliación de materiais didácticos.

Na conferencia inaugural, que contou coa presencia do reitor da universidade Don Juan Viaño Rey, do alcalde de Vedra Carlos Martinez, do director do CPI Plurilingüe de Vedra don José Viaño Rey, do presidente da ANPA de Vedra don Xavier Rodríguez Prieto e de do membro de Nova Escola Galega e profesor da USC don Xesús Rodríguez Rodríguez, falouse sobre a educación e os materiais didácticos en Finlandia: que podemos apren-der? Entre os máis de 60 participantes atopábase profe-sorado de Finlandia, Arxelia, Brasil, Portugal e de outras comunidades autónomas como por exemplo Valencia.Estas xornadas foron organizadas, por Nova Escola

Galega, a USC o CPI Plurilingüe de Vedra e a ANPA do mesmo centro, contando coa colaboración do Concello de Vedra. En termos xerais as xornadas foron todo un éxito dende o punto de vista da organización e dos asistentes, ademais de ser pioneiras no desenvolvemento deste tipo de encontros fóra da Universidade de Santiago e neste caso nun concello rural como é Vedra. PARABENS!!!

EDUCACIÓN

Page 8: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

8

AS INICIATIVAS DAS ASOCIACIÓNS

TEATROFILIA 2015 EN MARZO

Venres 13 ás 21:15 h.

Grupo de teatro do Centro Sociocultural da 3ª idade de Vedra Autoescola Fitipaldi (TP).

Grupo de teatro da A.C. Cotomanguelo A consulta do avogado e O testamento do Nacho (TP).

Sábado14 ás 21:15 h.

Gargallada Teatro (O Barco de Valdeorras) Estación Sombría (+14).

Domingo 15 ás 16:15 h. Tarde infantil:

Grupo de teatro da A.C. Cotomanguelo (Orazo) O Guindastre.

Escola de San Miguel de Sarandón O bosque enfermo.

Tira e afloxa Cativos (San Pedro de Vilanova).

A.C. San Campio (San Miguel de Sarandón) Sola na aldea.

Ás 19:15h.

Chévere As Fillas Bravas (+12).

Venres 20 ás 21:15 h.

Vacaloura Teátrica (Santiago) Musicando... que é xerundio (TP).

Sábado 21 ás 17:00 h.

Aula de teatro do C.P.I de Vedra Destino interior (TP).

A.C. Cotomanguelo (Orazo) En clave rosa (TP).

E na sesión das 21:15 h.

Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) Martini Seco (TP).

Domingo 22 ás 17:00 h.

Andaravía Teatro (Vedra) Brincacontos (Infantil).

Na sesión das 19:15 h.

Tangatutanga (Santiago) Urraca (+8).

Venres 27 ás 21:15 h.

Pinchacarneiro (Santiago) Vilar de Inferno (+8).

Sábado 28 ás 21:15 h.

Teatro Carbayín (Asturias) Tu y yo y el vecín (TP).

Domingo 29 ás 19:15 h.

Aquelando Teatro (Muros) A noticia (TP).

Tira e Afloxa (San Pedro de Vilanova) A raíña loba (TP).

Page 9: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

9

DEPORTE

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

SÁBADO 14 DE MARZO

O sábado 14 de marzo terá lugar o campionato Galego de Duatlón contra o reloxo por equipos, 2º Duatlón Con-cello de Vedra.

A proba dará comezo as 16:30 e nela participarán os me-llores equipos de Galiza. Nesta modalidade, os equipos, compostos por entre 4 e 6 compoñentes, teñen que per-

correr a distancia de 5 km correndo, 20 km en bicicleta e 2,5 km correndo, coa particularidade de que o teñen que facer con todos os integrantes xuntos, saíndo cada equi-po cunha separa-ción dun minuto e non podendo se-guir a estela unhas doutras. Na pro-ba, que se prevé unha participación de 40 equipos, o Olímpico de Vedra contará con repre-sentación tanto na categoría masculi-na como feminina.

9º DUATLÓN CONCELLO DE VEDRASÁBADO 14 DE MARZO

Previamente, na mañá do mesmo sábado terá lugar a proba do 9º Duatlón Escolar de Vedra, que será clasificatoria para o Campionato Provincial en Idade Escolar. A competición comezará ás 11 da mañá coa competición benxamín, para posteriormente dar paso aos alevíns e infantís e rematar as 12:30 coa proba cadete. Na proba participarán deportistas de toda a provincia de A Coruña e unha nutrida representación da escola do club Olímpico de Vedra.

II GALA DO DEPORTE • 13 de marzo

O venres 13 de marzo ás 19.30 h na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla desenvolverase esta segunda homenaxe ao deporte do municipio e ás persoas que o practican e lle dedican boa parte das súas vidas.

Nesta ocasión o invitado de honra será o ciclista Óscar Pereiro que recibirá o galardón de Lenda do Deporte e xunto a el os mellores deportistas de Vedra segundo o xurado.

ATENCIÓN!!!NESTA XORNADA HABERÁ RESTRICIÓNS DE TRÁFICO QUE SERÁN COMINICADAS CON ANTELACIÓN.

Page 10: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

10

DEPORTE

SENDEIRISMO • 21 de marzo

Nova etapa do grupo de camiñantes de “Puebla de Sanabria a Padornelo”

PARADAS DO AUTOBÚS:

Estación de autobús: Ás 7:00 h.Hipercor ás 17:10 h.Breixo: 7:15 h.Lestedo: 7:20 h.Mosqueiro: 7:30 h.

Para participar nesta andaina chamar ao 981 814 691 ata o mércores 18 de marzo.

Page 11: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

11

EMPREGO

ESPAZO DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO

Cruz Vermella Santiago en colaboración co Concello de Vedra presenta para o día 10 de Marzo en horario de 10.00 a 13.00 na Casa da Terceira Idade de Vedra, a actividade EBAE na rúa, co obxectivo de difundir os servizos prestados no EBAE (Espazo de Busca Activa de Emprego) que é a porta de entrada ao Plan de Emprego de Cruz Vermella de Santiago.

Este servizo é un espazo de información, apoio e asesoramento a todas as persoas que están buscando emprego, sendo un primeiro filtro para poder acceder aos proxectos de emprego que se desenvolven dentro do Plan de Emprego de Cruz Vermella Santiago e que están financiados polo Fondo Social Europeo.

Os proxectos do Plan de Emprego materialízanse en itinerarios personalizados de inserción que actualmente atenden a case trescentos participantes ao ano.

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE: Orientar e asesorar ás persoas interesadas sobre as distintas ferramentas e recursos necesarios para mellorar a súa empregabilidade.Informar sobre o Plan de Emprego de Cruz Vermella en Santiago.

A QUEN VAI DIRIXIDO:Persoas en situación de desemprego.

INFORMACIÓN OU INSCRICIÓNS:Cruz Vermella Santiago (Plan de Emprego) ou no teléfono 981.586.969 (Cecilia)Concello de Vedra (oficina da técnico local de emprego) ou no teléfono 669.450.801 (Cruz).

GRATUITO

Page 12: BOLETÍN INFORMATIVO MUNICIPAL - Concello de Vedra

Edita Colaboran

PUBLICA A TÚA PROPOSTA: Se pertences a calquera das asociacións de Vedra e o que queres é que a túa actividade saia publicada no Boletín, fáinolo saber no teléfono 981 814 691 ou no correo [email protected] asunto:NOVA PARA O BOLETÍN. A DATA LÍMITE PARA FACELO SERÁ O 20 DE CADA MES

O DEPORTE ESTÁ DE PARABÉNS!!

Parabéns ao Club Olímpico Polo seu excepcional mes de febreiro no que conseguiu 6 medallas autonómicas!

O sábado 14 de febreiro no campionato galego de pista cuberta celebrado no Pazo de Deportes de Riazor (A Coruña) Carla Pérez proclamábase campioa galega na proba alevín de 50 metros lisos mentres Lucía Castro se facía co bronce na proba de lanza-mento de peso alevín.

O domingo 15 no campionato galego de marcha en ruta que se disputou en Marín, Sara Lema proclamábase subcampioa galega de marcha alevín e Noela Baltasar facíase co bronce na mesma proba, mentres que Fran de Roo acadaba a medalla de prata na proba benxamín.

E para pechar o frutífero mes en canto a medallas, no campionato galego de cross que tivo como sede o Complexo Deportivo de Monterrei en Ourense, Gabriela Quintás aca-daba o subcampionato galego alevín feminino. Carla Perez, Campiona Galega.

Frans De Roo,Subcampion Benxamín.

Gabriela Quintas,Subcampiona Galega.

Lucia Castro,Bronce Autonómico.

Sara Lema e Noela Baltasar, Prata e Bronce.

Parabéns a Hugo Rey Pérez

Veciño de Santa Cruz de Ribadulla de 11 anos que foi con-vocado pola Selección Galega de Baloncesto para xogar o Campionato de España de minibasket na próxima Semana Santa. Parabéns e moita sorte!!